domingo, 28 de febrero de 2021
martes, 23 de febrero de 2021
Ardemil (historia)
Ardemil foi un dos lugares onde máis se deixou sentir a axitación campesiña. Ata tres sociedades agrarias se constituiron: o Sindicato de Profesiones Varias y Campesinos de Brea-Ardemil presidido por Francisco Candal Barbeito, La Harmonía Campesina e La Defensa del Agro de Ardemil domiciliada no Mesón do Vento, ambas as dúas presididas por Francisco Gómez Gaudeoso. Tamén foi unha das zonas onde se padeceron máis conflitos, especialmente no ano 1933, onde houbo un atentado contra o sacerdote da parroquia Pascual Couce Pico.
O Alzamento ocasionou a detención de varios veciños de Ordes, entre eles José de la Iglesia Vilariño, natural da parroquia, e o seu fusilamento no cemiterio de Boisaca o 8 de febreiro de 1937. Ardemil foi un dos lugares onde houbo máis resistencia anti-franquista.
O guerrilleiro Juan Couto Sanjurjo Simeón (1917-1999) naceu en Mámoas. Resistiu ata 1952, ano en que foi capturado. Logo sería condenado á pena de morte, conmutada pola de 30 anos, aínda que obtería a liberdade no ano 1963. Os seus familiares Bernardo Couto Candal, Manuel Couto Sanjurjo e Maria Couto Candal foron procesados por “auxilio a la rebelión”.
Tamén outro veciño de Mámoas foi membro da 4ª Agrupación do Exército Guerrilleiro, José Candal Bouzas (1907-1990). Dentro das accións da guerrilla tivo lugar en 1946 unha sabotaxe no Canedo contra os postes do telégrafo que lles custou 4 anos de cárcere a José Candal Gómez, Celestino García, José Louro Garaboa, José Gómez Gómez, Jesús Louro Raposo e Lorenzo Louro Raposo, estes últimos integrantes do cuarteto musical "Os da Fraga".
Nos anos 60 o Mesón do Vento consolidou a súa importancia. Instalouse na vila a antena de RTVE e edificouse a nova igrexa (1964). Pola contra a zona rural seguía vivindo no atraso como demostran as fotos que alí tomou nesa década o etnógrafo danés Gustav Henningsen.
A construción da Central Térmica de Meirama nos 70 foi un momento de auxe económico e demográfico para a zona. A finais dos 70 naceu o colexio do Mesón e xa se tivo que ampliar nos anos 80.
sábado, 20 de febrero de 2021
Parroquia de Ardemil
É a de maior extensión. Segundo a web do concello ten 20,48 km² (un 13% do total municipal), chegando a duplicar os números de máis da metade das outras parroquias. Tamén é a que alcanza maiores alturas, pois os 464 metros que hai no Mesón do Vento son a cota máis alta do concello. Desde ese punto o terreo descende suavemente cara ao leste e oeste e máis abruptamente en dirección norte. Case todo o seu territorio supera os 350 metros de altura agás a zona sur, denominada apropiadamente a Baixa de Ardemil, onde descende ata os 285 metros a carón do rego Portomanteiga.
Nas altas terras próximas ao Mesón teñen o seu nacemento numerosos cursos de auga, dos cales o máis coñecido é o Cabrón con dúas fontes, unha preto da Salgueira e outra da vila. Algo máis ao sur nace o rego Portomanteiga, un dos seus pequenos afluentes. No leste na fronteira con Abegondo temos o rego dos Outeiros que augas abaixo será chamado río Traveso (o principal afluente do Samo). No noroeste o rego Fonte da Pedra verte as súas augas ao Encoro de Vilasenín e no norte nace o rego do Canedo, único que non desauga no Tambre, xa que pertence á cunca do río Barcés.
Tradicionalmente as fértiles terras da Baixa de Ardemil estaban destinadas aos cultivos mentres o norte era unha especie de páramo cheo de matogueiras batidas polo vento. Hoxe predominan os pasteiros preto dos núcleos, con algunhas leiras de millo polo medio, mentres aumenta o arboredo (novas plantacións de eucaliptos) no que antes era monte baixo.
A poboación roldaba no ano 2000 os 1.150 habitantes pero sufriu un continuo descenso. No ano 2021 tiña 920 habitantes, dos cales case un terzo (285) viven no núcleo do Mesón do Vento, sendo o segundo en importancia a Brea (máis de 110). Estos números convértena na segunda parroquia máis poboada despois da de Ordes e por diante da de Montaos que ten uns 800 habitantes.
Grazas á súa extensión tamén é a que ten o maior número de entidades de poboación, 35 en total (o 15% do total municipal). Non se reparten de forma homoxénea: na Baixa de Ardemil hai varios núcleos tan próximos que é difícil discernir onde remata un e empeza o outro, no norte e noroeste están máis espallados e, pola contra, o leste está case despoboado (cun solitario núcleo na Barcula que conta cuns 30 habitantes).
LUGARES: Achán, Adina, Axáns,
A Barcula, A Brea, Cabeza de Lobo, O Canedo, A Carballeira, A Carreira, Os
Carrucheiros, O Castro, A Hedra, A Folgueira, A Fraga, Froxil, As Mámoas, O
Mesón do Vento, Morgade, Moscoso, Orellán, O Pazo, A Piolla, Porta do Nó, Porto,
As Raposeiras, A Reboira, A Salgueira, O Seixo, Xenarde.
|
A principal vía de comunicación que atravesa a parroquia é a N-550, grazas á cal naceu a vila do Mesón do Vento, lugar onde enlaza coa AC-523 cara a Cerceda e coa AC-542 cara a Abegondo e Betanzos. Unha das pistas locais é a que discorre polo antigo Camiño Inglés e atravesa a Baixa de Ardemil.
O Mesón do Vento (a capital oficiosa da parroquia), ademais da recente Igrexa de San Andrés (1964) cos seus
correspondentes cruceiro e cemiterio, conta cun colexio de Infantil e Primaria, campo de fútbol, tanatorio e unha
boa cantidade de comercios, oficinas bancarias, bares e restaurantes (O
Avelino, A Ruta, O Canaima) e un par de hoteis (O Canaima e o Mesón Novo). A
estensa explanada que hai no centro da vila foi sede dunha das feiras máis
famosas e concorridas da provincia, a Feira
da Adina, que hoxe só é unha minúscula fracción do que foi. Desde 1963
hai un repetidor da televisión pública española (RTVE) cunha longa e esvelta
antena que é a imaxe máis icónica da vila. Uns dous quilómetos ao sur, a carón da N-550 destaca o pazo dos Carrucheiros.
Na capital histórica e oficial, Cabeza de Lobo, atopamos os monumentos máis importantes: a Igrexa de San Pedro e o antigo cruceiro. 600 metros ao sur hai un par de bares (o Bar Porto e o Café bar Uzal) e o bizarro grupo escultórico de Orencio Uzal, fotografado por miles de peregrinos nos últimos anos.
A festa tradicional é o San Pedro, a finais de xuño, pero os ardemilenses son amigos das celebracións e nos últimos tempos contan desde 1999 coa Festa do Lacón con grelos no Mesón do Vento e desde 2006 coa Festa da Malla na Cruz de Ardemil.
Continúa en Ardemil (historia).
miércoles, 17 de febrero de 2021
Ordes 1994
En España eran bos tempos económicos, aínda que o goberno do PSOE de Felipe González xa comezaba a abanear por mor da corrupción (foi o ano no que se fugou Luis Roldán), pero ETA seguía matando.
domingo, 14 de febrero de 2021
A familia Verea
martes, 9 de febrero de 2021
Ordes 1936-1950
Eleccións
que gana a esquerda. Estatuto de Galicia. Alcalde Germán Doval. ALZAMENTO e GUERRA CIVIL. Numerosas mortes na
comarca. Voda de Jaime Concheiro con Sofía del Río.
|
|
Consello
de guerra con 11 fusilados en Boisaca. Festa da Árbore. Voda de Celia del Río con Ángel
Varela. Morren Pastor Stolle, Alejandro Nine, Pascual Couce (párroco de
Ardemil), Ricardo Trasmonte, o militar Eugenio Jack (accidente de tráfico) e Manuel Lois (acción de guerra).
|
|
Voda
de Juan Liñares Castro e Ángela Stolle. Morren o notario C.A. Sánchez Paniagua, Policarpo Galán, Antón
de Simón (pai de Mundito), Manuel Patiño, Manuel Mosquera, José Abeijón Suárez, Aurora Graña, Emilia Pardo e na guerra Joaquín Verea Remeseiro, Ramón Calvo Abeijón e Jesús Mosquera.
|
|
Remata
a guerra. Voda de Asunción Concheiro Iglesias con Enrique
Sánchez e de Amelia del Río co militar Adolfo Garza. Morren Domingo A. Moar e o secretario do Concello Juan Campos Fernández. Novo secretario Ángel Concheiro.
|
|
Construción da Reitoral e
restauración da igrexa. Arranxo do camiño a Curtis. Inicio da empresa CRC. Voda de Ángel Concheiro. Morren o reloxeiro
Manuel Pérez Rivas, Manuela Faya, muller do Capitán, Juan Ferreiro e José del Río Martínez no Mesón de Deus.
|
|
Ano da fame. Gran temporal
en febreiro. O alcalde Arturo Pérez Loureiro fai as rúas "General Mola" e "Generalísimo" (Rúa de
Galicia e Rúa Nova). Antón do Túnel comeza co seu negocio. Volven a celebrarse as festas do Recreo. Morren Julio Pol, o médico
Francisco Liñares e Luis Ferreiro.
|
|
Alcalde Rafael Mariño. Homicidio en Senra. Debuta Airiños de Buscás nas festas de Ordes. Voda de
Celestino Concheiro con Consuelo Nine. Morren Antonio Concheiro Rodríguez, e a mestra doña Juanita.
|
|
Inauguración da liña férrea Santiago-Coruña. Motín
contra o SNT en Tordoia. Inaugúrase o Sanatorio Concheiro. Serradoiro de Manuel Vieites. Viriato o Vello funda o 1º coro de canto e baile galego. Rafael Álvarez (farmacia de abaixo) casa con Elvira
Stolle e o mestre José Bello con Mª Carmen Verea. Morren Antonio Ramos e José Sánchez Somoza.
|
|
Novo sacerdote: D. Joaquín Andrade Orza. Xubílase o
mestre don Nicolás. Víctor González estrea "Un marido interino". Morren Manuel Gª Bermúdez, o avogado Benigno Concheiro e o panadeiro Antonio Ferreiro Eirín. Motín en Cerceda.
|
|
Alcalde Manuel Verea Remeseiro. 1º Concurso de calidade de patacas. Morren Ramón Faya da Fábrica, Jaime Concheiro, Asunción Iglesias
Rapela e Tilita
Viqueira. Abatido Manuel del Río Botana. Os Foucellas matan a Antonio Martínez Boquete.
|
|
Novo alcalde Genaro González. Inauguración
da carnicería de Buyo. Sabotaxe de postes da luz no Canedo. Atentado de Manuel Ponte en Vimianzo. Abatido Antonio Recouso Boquete. Morren Manuel Castro o Ferreiro e José Ferreiro López.
|
|
O ano máis sanguento na comarca. Abatido no Fontao Manuel Ponte. Morto en atentado o zapateiro Liñares Pepe de Ramas. Falecen José Mariño, patriarca dos Mariños, e o Capitán.
|
|
Inaugurado o servizo de buses á estación da Pontraga. Sabotaxe de postes da luz en Guindibóo. Peregrinación do arciprestado. Consello de Guerra contra varios paisanos. Morren Clotilde Viqueira, Ramón Abeijón (pai de Kilé) e o mestre don Nicolás. Abatido Antonio Nouche Costa.
|
|
Abatido José Remuiñán Ricardito (fin dos guerrilleiros na comarca). Morren Manuel de Calvo e Manuel Álvarez da farmacia. En Buenos Aires morreu o político republicano Manuel García Gerpe.
|
|
Abre a oficina da Caixa de
Aforros de Santiago. Instálase en Ordes Viriato Lamas Gutiérrez. Festa da
Árbore no Mesón do Vento. Voda de Antonio del Río con Elvira Pardo. Abatido o guerrilleiro Saúl. Morre o
ex-alcalde e militar Arturo Pérez Loureiro. Juan Liñares, novo alcalde.
|
sábado, 6 de febrero de 2021
A Torre de Moscoso
martes, 2 de febrero de 2021
Paradas de sementais
Como remate desta historia vou contar
unha anécdota que non é exactamente de Ordes, pero que ben puido pasar aqui.
Había un lugar onde o cura da
parroquia era tamén socio da parada. Un día chegou unha neniña de curta idade
levando unha vaca. O sacerdote, incómodo diante da perspectiva de que unha
nena tan pequena presenciase o encontro sexual, berroulle irritado:
- Por que non vas dicirlle á túa nai que isto
mellor o faga o teu pai?
A rapariga, obediente, marchou coa
vaca, pero non pasou demasiado tempo antes de que volvera de novo. Con total
seriadade explicou:
- Miña nai di que o meu pai non vale, que ten
que ser o boi.
|