sábado, 2 de julio de 2022

A voda Concheiro Nine

   Dentro da crónica rosa o evento máis destacado de 1942 en Ordes foi a voda de Celestino Concheiro con Consuelo Nine. 
  Celestino (1906-1983) era o segundo fillo do matrimonio formado polo médico forense Antonio Concheiro Rodríguez e Asunción Iglesias Rápela. Tiveron sete fillos, entre eles Antonio, médico e alcalde nos tempos da República e logo nos anos 70, e Ángel Concheiro Iglesias, que chegou a ser secretario do Concello da Coruña. 
 
 
Consuelo (1915-1999), á que todos chamaban Consuelito, era filla de Alejandro Nine Fraga (m.1937), avogado e funcionario xefe de Facenda residente na Coruña, e Consuelo Puertas Roa, de distinguida familia compostelá. Os Nine eran unha das varias familias de alta posición que levaban moitos anos veraneando en Ordes, entablando unha relación de amizade cos Concheiros.
 
  A cerimonia non foi moi suntuosa porque ambas as dúas familias estaban de loito. En outubro de 1941 morrera con so 19 anos Josefina, a irmá menor de Consuelo, e en xaneiro de 1942, tres meses antes da voda, o pai de Celestino. Velaquí o artigo que El Ideal Gallego lles dedicou na súa edición do 23 de abril.  
 
  En la villa de Órdenes, en medio de gran sencillez, en virtud del reciente luto de las familias de los novios, han contraído matrimonio ante el altar mayor de la iglesia parroquial, adornada con exquisito gusto, la señorita Consuelo Nine Puertas y el abogado don Celestino Concheiro Iglesias. Fueron apadrinados por doña Consuelo Puertas, viuda de Nine, y don Antonio Concheiro Iglesias, médico forense y hermano del novio. Bendijo la unión y celebró el Santo Sacrificio de la misa, el párroco de San Martín de Rodís, don Manuel Fernández, quien dirigió sentida y conmovedora plática, siendo auxiliado por el cura párroco don Ramón Mosteiro Ferro, que actuó de maestro de ceremonias. 
  Firmaron el acta como testigos, por parte de la desposada, don Juan Pérez González, don Miguel Nine Puertas y don José Carreró Nine, y por parte del novio, don Juan Amigo Iglesias, don Rafael Echevarría y don Manuel Concheiro García. 
  El nuevo matrimonio salió a efectuar su viaje nupcial por diversas poblaciones de España, recibiendo, lo mismo que sus distinguidos deudos, efusivas enhorabuenas. 
 
 
  A parella estableceuse en Ordes no norte da Calle Generalísimo (o que hoxe é a Rúa Ramón Carro) en terreos comprados á familia de Daniel, entón propietaria de case toda a zona da Mina. Celestino, ademais de avogado, foi xuíz comarcal, concelleiro e presidente da mancomunidade.
  Tiveron tres fillos: Alejandro, tamén avogado, Mª Elena e Ángel Concheiro Nine, catedrático de Farmacia. O matrimonio durou moitos anos anos, ata a morte de Celestino en setembro de 1983. Consuelo aínda viviría 16 anos máis, morrendo en novembro de 1999.
 
  Ese mesmo mes de abril tamén tivo lugar outro acontecemento social centrado na familia Concheiro, pero neste caso a rama dos de Carballo. Foi o bautizo de Julio Mario, o 4º fillo de Manuel Concheiro García e Elena Barreiro Martínez, do que foron padriños os seus irmáns Fernando (futuro médico) e Estrella. O evento congregou a toda a familia e amizades.

  E en novembro, o mércores 25 ás 12 da mañá, na igrexa de Santa Lucía en Santiago casou unha irmá de Consuelito, Mª Teresa Nine, co avogado Joaquín Varela Rendueles (1909-1992), fillo do avogado santiagués xa falecido Joaquín Varela Tojo e propietario do Pazo do Peñasco onde pasarían a lúa de mel. Os padriños foron Purificación Rendueles Menéndez, nai do noivo, e o doutor José Carrero Nine, primo da noiva. Asinaron a acta Diego Delicado Marañón, Juan Pérez González, Celestino Concheiro e Miguel Nine Puertas por parte da noiva, e Pedro Varela Pais, Cándido Varela Rueda de Andrés e Rafael Álvarez Salgueiro por parte do noivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario