viernes, 29 de diciembre de 2017

Eleccións de 1914

  Despois da morte de Canalejas e a breve presidencia do Conde de Romanones chegou a enésima crise de goberno. O rei Alfonso XIII entrevistouse co conservador Maura pero ese púxolle condicións inaceptables, así que o que finalmente recibiu o encargo de formar goberno foi o galego Eduardo Dato Iradier. Isto supuxo a ruptura do Partido Conservador en dous grupos: os "mauristas" e os "datistas" ou "idóneos".
  Dato convocou as eleccións en marzo de 1914 (antes do comezo da 1ª GM) e, por suposto, gañou con máis do 50 % de deputados (193). Os liberais, tamén divididos en dous grupos quedaron bastante lonxe. Os partidarios de Maura sacaron 22 deputados e a Lliga Regionalista de Cambó 15.

  Ordes non gozou das emocións electorais esta vez. Foron máis entretidos os meses anteriores, cheos de rumores. En xaneiro parecía que repetiría candidatura o liberal Joaquín Chapaprieta e que o goberno conservador apoiaría a súa vitoria fronte a Jaime Quiroga e Pardo Bazán (fillo da famosa escritora), con gran desencanto dos conservadores galegos. Alfredo Vicenti soaba para o distrito de Padrón. Finalmente houbo un cambio de cromos e Chapaprieta presentouse en Noia, mentres Vicenti acabou en Ordes.

 En ambos os dous casos non se presentaron outros candidatos polo que foron nomeados deputados sen necesidade de eleccións en virtude do polémico artigo 29 da Lei Electoral. Por certo que Wais (o conservador que disputara Ordes a Chapaprieta nas eleccións de 1910) tamén repetiu escano por Pontedeume polo mesmo procedemento.

  Quizais sexa máis interesante ver quen constituía a cabeza do Partido Liberal no distrito de Ordes, ou sexa, os que mandaban. Podémolo saber porque cando o deputado se achegaba pola vila recibía o que a prensa denominaba "adhesión incondicional y amistad entusiasta y decidida" (léase homenaxe e diversas peticións) dos personaxes que o apoiaran.
  En setembro de 2015 nunha das súas viaxes a Ordes, Vicenti, foi agasallado xunto ao seu fillo, a Saturnino Aller (o presidente da Deputación e auténtico capo do distrito) e ao xornalista Enrique Gómez Carrillo.
  A recepción foi organizada polo alcalde de Trazo Gumersindo Liñares, patriarca da coñecida familia Liñares, acompañado dos seus fillos, Juan (fiscal municipal de Ordes ... sen ter título de avogado!) e Francisco (médico). Á cea asistiron o alcalde de Mesía, Benigno Concheiro (patriarca, á súa vez, da familia Concheiro), cos seus fillos: Antonio (médico, pai do futuro alcalde), Pedro (avogado, secretario do concello de Ordes e pai dos de Carballo) e Ángel Concheiro Rodríguez (secretario do Concello de Mesía e cuñado do mestre Alfonso Lesta).
  Outras personalidades que acudiron foron os avogados Domingo Moar (futuro cacique á morte de Aller) e José Iglesias Álvarez, os médicos Luis Rivas e Ignacio Castro Iglesias (da rica familia de Oroso propietaria do Pazo de Meimixe), o secretario municipal José Sánchez Somoza (do Pazo de Marzoa), o administrador de correos Antonio Salvadores, o xuíz municipal de Trazo Ricardo Viqueira (patriarca da familia do "Nogallás"), o párroco de Cabaleiros Manuel Ruibal, o alcalde de "Buján" -actual Val do Dubra- José Gándara Porcero e, finalmente, o rico propietario Manuel García Bermúdez (sogro de Pedro Concheiro).
  Oh casualidade! Xente cos mesmos apelidos seguiría mandando no concello 50 anos despois.

lunes, 25 de diciembre de 2017

O ano 1914

   Loxicamente o ano 1914 será lembrado por ser o inicio da 1ª GM, suceso que opaca a todos os demais, pero non é o único importante. 


  Por exemplo tamén é o ano da chegada de Woodrow Wilson á Casa Branca e o comezo do espertar dos Estados Unidos como gran potencia. Cando acabe a guerra, por primeira vez en séculos, Europa xa non estará soa ao mando. A primeira demostración é que ese ano inaugurouse o Canal de Panamá, feito e controlado polos estadounidenses (despois do fracaso francés).

  España vive novamente un cambio de goberno. O conservador galego Eduardo Dato Iradier será o presidente que convoque eleccións. Cando a guerra europea estala, o noso país declárase neutral, basicamente porque non estabamos en condicións de axudar a ningún bando. Tampouco habería acordo a quen apoiar: a dereita era en xeral xermanófila mentres a esquerda era partidaria dos aliados, pero con excepcións en ambos os dous bandos. En todo caso, o conflito axudou ao desenvolvemento da nosa industria porque as necesidades dos contendentes aumentaron e a competencia comercial baixou. Claro que tamén aumentou a inflación.
  A nivel sanitario houbo unha grave epidemia de tifus, menos coñecida que a de gripe que atacaría 4 anos despois.

  En Galicia sufrimos fortemente esa epidemia de tifus por contaminación das fontes de auga. Vigo, que tiña uns 45.000 habitantes, tivo case 1.000 mortos (mentres Barcelona tivo 2.000 cunha poboación de 600.000 habitantes).
  A emigración descendeu ese ano en toda España e tamén en Galicia debido á guerra e ás malas condicións económicas americanas. Aínda así saíron máis de 22.000 emigrantes (6.400 da provincia coruñesa) con destino principalmente a Arxentina. Por certo que a viaxe en 3ª clase custaba entre 85 e 100 pesetas, unha pequena fortuna naqueles tempos.

  En Ordes segue o dominio de Saturnino Aller, agora sen discusión. De feito o candidato liberal, Alfredo Vicenti, non ten que competir nas eleccións pois non hai adversario, así que é proclamado deputado polo artigo 29.
  Como sempre, abundaban os actos violentos. O 12 de febreiro dese ano en Castro (Mesía) Manuel Seijas Boo, un mozo solteiro de 23 anos, apuñalou e matou a Ramón Verea Vilariño, tamén solteiro de 53. 

  E da crónica social destaca o paso da Infanta Isabel la Chata, a personalidade máis popular e querida da familia real aos seus 63 anos, que ese verán veu de visita a Galicia. 
  O 7 de xullo, despois dunha estancia na Coruña, dirixiuse a Santiago nun coche engalanado con flores. Fixo unha parada en Carral e logo, ás 12:45 pasou por Ordes entre repenique de campás e a "Marcha Real" tocada por unha banda de música. Detívose e foi cumprimentada polas autoridades. Tamén recibiu un ramo de flores ofrecido por un grupo de fermosas señoritas. A infanta, compracida, deixou un donativo para os pobres e despediuse entre os aplausos do numeroso xentío que se congregara para vela.
  Posteriormente tamén parou en Sigüeiro. Alí volveu ser cumprimentada polas autoridades (despois de comer, que xa era a hora), volveu deixar outro donativo e volveu ser aclamada polos paisanos.
 
Lista de industriais en maio de 1913
Ramón Calvo Vieites
ferraxería
Calle Real
Antonio Viqueira
obxectos de latón
Calle Real
Juan Liñares Iglesias
mercería
Calle Real
José Romero Faya
mercería
Calle Real
Manuel García Bermúdez
mercería
Calle Real
Juan Barreiro Ríos
ultramarinos
Calle Real
Carmen Mato González
ultramarinos
Calle Real
Pedro Sánchez Neira
carne
Calle Real
María Vaamonde García
carne
Calle Real
José Viqueira Vieites
comestibles
Calle Real
Manuel Iglesias
comestibles
Ponte
Manuel Franqueira
comestibles
Ponte
Antonio Amado Amado
viños ao por menor
Calle Real
Manuel Castro Liste
viños ao por menor
Calle Real
José Mariño
viños ao por menor
Calle Nueva
Manuel Vieites Franqueira
taberna
As Casillas
Cándido Castaño Franco
chocolatería
Calle Real
Ricardo Trasmonte
bodegón
Calle Real
Francisca Remuiñán
bodegón
Calle Real
Ventura Caramelo Paz
bodegón
Calle Real
Luis Ferreiro Franqueira
bodegón
Calle Real
Antonio Ramos
bodegón
Mesón do Vento
Antonio Bascoy Castro
bodegón
Vilamaior
Antonio Grela Veiras
bodegón
Montaos
Joaquín Sanmartín
bodegón
Poulo
José Sánchez Somoza
fábrica de gasosa
Calle Real
Juan Barreiro Ríos
muíño 2 pedras
Calle Real
salto de auga
Calle Real
Susana Gómez
muíño 2 pedras
Leira
salto de auga
Leira
Ramón Faya Fernández
fábrica de curtidos
Ordes
muíño uso exclusivo
Ordes
Manuel Álvarez del Río
farmacia
Calle Real
José Mª Carballido
farmacia
Calle Real
Carlos Troche Rivas
veterinario
Calle Real
Domingo A. Moar
avogado e agrimensor
Calle Real
Andrés Domínguez Guitián
avogado e notario
Calle Real
Celestino Amigo Oreiro
avogado
Calle Real
José Iglesias Álvarez
avogado
Calle Real
José Carnota Pérez
procurador
Calle Real
Policarpo Rivas Godoy
procurador
Calle Real
Andrés Villar Santos
procurador
Calle Real
Manuel García Rivas
procurador
Calle Real
Baldomero Posse Pérez
actuario
Calle Real
José Calviño
forno de pan e tenda
Calle Real
Juan Eirín
forno de pan e tenda
Calle Nueva
Manuel García Bermúdez
forno de pan e tenda
Calle Real
cobrador letras de xiro
Calle Real
José Vázquez
reloxeiro
Calle Real
Ramón López
parada de sementais
Leira
José Veiras Camba
parada de sementais
Poulo