miércoles, 29 de noviembre de 2023

O cruceiro de Santa Cruz

 
  Situado no adro da igrexa de Santa Cruz de Montaos a uns 60 metros ao oeste do edificio e preto da N-550, este cruceiro destaca pola súa altura xa que se aproxima aos 5 metros e medio.
  A base é unha plataforma cuadrangular de tres graos que se elevan uns 70 centímetros do chan. Enriba deles hai un pedestal duns 55 centímetros de alto cunha gran moldura cóncava (o que en linguaxe arquitectónica se denomina escocia).
  Do pedestal xorde un alto varal duns 3 metros. Nace cadrado durante uns 50 centímetros e tamén remata cadrado pero a maior parte é octogonal. O capitel ten forma troncopiramidal invertida con astrágalo cuadrangular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Está adornado con volutas, follas de bordes lobulados e flores.
  A cruz, sen figuras e cuadrangular con brazos achafranados, ten case un metro de altura. É o único elemento do cruceiro que está feito de formigón, o que fai supoñer que pode ter unha orixe máis recente, de principios do século XX.
  Se queres ver máis fotos e unha vista de rúa preme en Cruceiro de Santa Cruz da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.

lunes, 27 de noviembre de 2023

O fin da guerrilla

  En 1952 chegou o fin definitivo da guerrilla antifranquista en case toda Galicia (só quedou algún combatente illado como José Castro Veiga o Piloto na zona de Chantada).
 
  E marzo de 1952 resultou ser o principio dese fin. O domingo 9 na Costa da Regueira en Oza dos Ríos foi detido ademais de ser gravemente ferido nunha perna o lendario Benigno Andrade Foucellas
  O tenente da Garda Civil Enrique Vázquez Martínez foi informado de que o guerrilleiro estaba refuxiado nunha cova no lugar da costa. Achegáronse os gardas ata alí sobre as 8 da tarde e rodearon o lugar. Foucellas saiu da cova para asearse no río, momento no que foi abordado, capturado e ferido nunha perna, resultando ferido tamén o garda Nicanor Álvarez. Na cova quedaba o guerrilleiro Manuel Vilar Arnoso que foi abatido, mentres a Garda Civil sufriu a morte de Cesáreo Díaz Pérez. Foucellas sería logo trasladado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos onde foi interrogado e torturado.
 

  Pero o último golpe á guerrilla tivo lugar na comarca de Ordes, máis concretamente en Visantoña (Mesía). Alí atopábanse o día 22 de xullo os guerrilleiros José Galán Núñez, Manuel Ramiro Souto e Juan Couto Sanjurjo.
  Os tres estaban agochados nas cortes da taberna de Lino de Visantoña, casa que tamén tiña unha parada de sementais. Rapidamente presentáronse numerosos gardas civís procedentes dos postos do Abelar (Abegondo), do Peñasco (entre Ordes e Frades) e de Xanceda.
  Esa fulgurante resposta da Garda Civil fixo crer que o dono da casa decatouse da súa presenza e avisou ás autoridades, pero máis tarde tamén se especulou que Juan Couto (ou algún dos seus irmáns) delatara a súa posición a cambio de saír con vida e dunha estancia breve no cárcere. En todo caso non hai probas de ningunha destas suposicións e tamén se puido dar o caso de que os gardas xa estivesen detrás da súa pista.
  A única realidade coñecida é que ese martes unha choiva de balas caeu sobre os tres guerrilleiros. Galán e Ramiro morreron debido en ambos os dous casos, segundo consta no libro de defuncións, a unha "lesión endocranial" -ou sexa, disparo(s) na cabeza-.
  Juan Couto Sanjurjo rendeuse e foi collido con vida. En 1953 someteríano a un xuízo no que a inicial pena de morte sería conmutada por 30 anos de prisión, dos que cumpriría 10, xa que lograría a liberdade en 1963.
 
José Galán Núñez o Dereito naceu en Alvedro, no concello de Culleredo, sobre 1922, fillo de José Galán e Dolores Núñez. Desertou do servizo militar cando lle faltaban tres meses para rematalo e uniuse á guerrilla, ao grupo de Foucellas, co que participou en diversas accións. Morreu en Visantoña en 1952 e no seu cemiterio foi soterrado.
Manuel Ramiro Souto naceu en Ombre, tamén no concello de Culleredo, en 1925. De profesión albanel, uniuse á guerrilla e formou parte do destacamento Manolito Bello da IV Agrupación que actuaba na zona das Mariñas do norte de Lugo. En 1949 comezou a actuar na zona de Ordes ata a súa morte en 1952 en Visantoña, lugar onde foi soterrado.
 
  Catro días máis tarde da morte de Galán e Ramiro, o sábado 26 de xuño de 1952 na Agrupación da Sanidade Militar da Coruña  tivo lugar o Consello de Guerra contra Benigno Andrade. Foi sentenciado a morte no garrote vil, sentencia que se cumpriu o 7 de agosto de 1952 na prisión provincial da Coruña.
FONTE: "A Guerra silenciada" de Manuel Pazos Gómez.

sábado, 25 de noviembre de 2023

Rodando por Vilasenín

  No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados á comarca de Ordes. Este foi publicado o 31 de decembro de 2022.
 
 
  Si se echa un vistazo a Google Maps, el embalse de Vilasenín, en esa zona alta que delimita las tierras que miran a Compostela con las que lo hacen hacia el golfo Ártabro, no es más que una mancha azul tirando a negro que no anima en absoluto a llegarse hasta allí. O sea, justo lo contrario de lo que se encuentra quien se acerque a los límites del municipio de Cerceda. En realidad, las aguas de este embalse se reparten entre este concello y el de Ordes, en el que también entrará el excursionista.
  Súmesele que arribar a las cercanías de esa obra del hombre alimentada por cuatro arroyos (Prados, Fonte da Pedra, Uceira y Nosa Señora) es sumamente fácil: desde Cerceda a Mesón do Vento y pasada A Brea desvío a la derecha rumbo a Porta do Nó, y a la salida de esta aldea, a la derecha. Ese es el punto de partida.
  A partir de ahí el recorrido se puede hacer en coche sin problemas y conduciendo muy despacio, pero resulta idóneo para los amigos de la bicicleta. No de los de andar por el monte bravo, sino idóneo para los que gustan de ir despacio, sin apenas subidas ni bajadas (y las que hay son cortas y muy suaves).
 
 
  Todavía no se ve el embalse, ni cuando ante una parada de bus tercermundista se elige la derecha, alejándose de San Cosmade. Y así se llega al gran muro que retiene el agua, por encima de la cual es posible pasar. Muy estrecho, pero incluso los camiones se atreven a ir por ahí, lo cual sin duda tiene su mérito.
  Toca subir algo menos de un kilómetro, y ahí, en ese cruce que por la derecha conduce a A Espiñeira, por la izquierda baja una pista que, serpenteando, conduce a Meitufe. Parada obligada porque esa colina de la derecha, un auténtico bosque de difícil tránsito por sus entrañas, es un castro con unas notables murallas aunque la vegetación impida contemplarlas en su totalidad, y el lugar se llama así, Coto dos Castros.
  Si se ha elegido la mañana, el lugar se mostrará generoso en nieblas, de forma que la aparición ante los ojos del embalse encierra algo de fantasmagórico.
 
 
  La pista va algo elevada, dejando agua a un lado, brañas al otro, No hay pérdida, aunque justo al pasar el Uceira el asfalto se aparta de la orilla para recorrer los campos de Tirás y regresar a la ribera a la altura del puente que salva el Fonte da Pedra. Ahí mismo hubo dos molinos de los que solo quedan restos, el de A Braña y el Novo, pero no se divisan. Quienes quieran hacerles una foto deberán ir caminando 400 metros desde Tirás.
Y suave subida final. Ante los ojos el gran seto que anuncia que el excursionista está de nuevo en Porta do Nó.
Cristóbal Ramírez
 
INICIO: 43º09'05”N 8º24'52”.
LA FOTO MÁS PERSONAL: En el puente de Fonte da Pedra.
PARA NIÑOS: Idóneo.
MAPA RECOMENDADO: Instituto Geográfico Nacional 70-I.

jueves, 23 de noviembre de 2023

O cura Duro

    Na primeira metade do século XX cando case ninguén tiña radio (a primeira emisión foi en 1924) e a televisión e por suposto Internet eran meros soños, a xente tiña que buscar maneiras de divertirse. Unha desas maneiras era gastar bromas (máis ou menos pesadas) que ademais despois eran moi comentadas nas tabernas e nas lareiras. Algúns coma Estevo de Cestaños ou o xastre Picho fixéronse famosos entre a veciñanza por ser moi trangalleiros e inventar algunhas bromas lendarias das que se falou durante décadas. Máis sorprendente é que outro destes personaxes fose un cura. Sí, don Antonio Duro Cotón, sacerdote das parroquias de Montaos e Pereira nas tres primeiras décadas do século XX, tamén era un gran bromista segundo nos conta Victorino Cores.

  O cura Duro seica era moi amigo do viño, das trangalladas e da baralla. Sendo eu rapaz, téñolle escoitado a xente que o coñeceu anécdotas moi divertidas del.
  Unha vez seica estiveran el e outros tres xogando ás cartas toda a noite e de paso bebendo uns grolos de caña do Ribeiro. Pola mañá, cando estaba misando no altar, volveuse cara aos fregueses presentes na igrexa e sorprendeunos dicindo:
- Trunfa en copas!
Loxicamente escachizáronse coa risa.
 
  Noutra ocasión fixo unha aposta cun xastre que había en Santa Cruz a quen lle gustaba o viño tanto como el.
- Se despois de media noite sobes á figueira e permaneces nela máis de media hora, gañas unha carta de viños. Senón tes que pagala ti.
- Feito! - aceptoulle o xastre, ignorante de que Duro non pensaba xogar limpo.
  A figueira estaba na horta do cura, chea de nabal, detrás dos primeiros panteóns que se fixeran no cemiterio.
  Á hora acordada o xastre gabeou á figueira a esperar que o tempo pasase axiña para logo enchouparse de viño.
  O cura estaba alertando no adro a catro mozos agachados e cubertos con manteis vellos da igrexa.
- Se non colle medo coas garatuzas que lle fagades, zorregádeslle un lamboirazo e tirádelo da árbore abaixo que non quero que ese farfallán me gañe o viño - díxolle o cura aos mozos.
  Meu dito, meu feito. As "pantasmas" saíron do escondite cunha saba collida na man e foron apañando nabizas cara á figueira e cantando a coro:
- Cando estabamos vivos, comíamolas cocidas, e agora que estamos mortos comémolas coma os porcos. E ti que vas na dianteira, colle ese que está na figueira!!!
  Cando o xastre viu que se dirixían cara a el, tirouse abaixo e saíu correndo cara ao mesón. O cura berráballe:
- Eh, valente! Volve aquí, ho, ou toleaches?
 
  Outras veces tiña mandado porlles medo aos que ían ao muíño e mesmo a un criado seu, que era de Queis, tamén mandou asustalo. Pero o criado non colleu medo e fixo fuxir ás "pantasmas" a cardeñazo limpo. Desde entón Duro sempre presumiu de teren un criado valente.
Victorino Cores Liste

jueves, 16 de noviembre de 2023

Vodas en 1952

  No ano 1952 Ordes, e máis particularmente a familia Astray, viviu un par de vodas de avoengo.
 
  A primeira tivo lugar a principios de xullo. O avogado Manuel Astray Rivas, entón un mozo de 28 anos, casaba con Mª Ángeles Mariño Iglesias doutra importante familia da vila, os Mariños dos Lagartos.
  A noiva, que todos coñecían como Marujita, levaba un elegante traxe "de raso duquesa" e entrou na igrexa parroquial do brazo do seu irmán Francisco Mariño Iglesias. O noivo, de rigorosa etiqueta, fixo a súa aparición acompañado da súa nai Clara Rivas Marzoa. Portaban as arras os "encantadores" nenos Mª Jesús Pomar Liñares e Miguel Ángel Mariño San Juan. Bendiciu a unión o párroco don Joaquín Andrade que dirixiu unha "sentida plática" aos contraentes. Durante a misa púidose escoitar o "Ave María" de Gounod. Representou á lei o avogado Manuel Astray Mato, pai do noivo. Asinaron por parte da noiva José Pérez Riesco, Felipe Solórzano Rodríguez, Jose Insua Insua e os seus irmáns Manuel, Rafael, Ángel e José Mariño. Por parte do noivo asinaron Plácido Peña Mariño, Ramón Ríos Silva, José Lado París, Óscar Fernández Refojo, Fernando Concheiro García e o seu irmán Antonio Astray.
  Terminada a cerimonia houbo unha "espléndida" merenda fría e festa e baile ata medianoite. Os noivos fixeron a súa viaxe de vodas a varias capitais españolas.
  O matrimonio instalaríase en Ordes e tería dous fillos: Ángeles e Manuel. Duraría ata o ano 1994 en que morreu Manuel Astray. Marujita morrería 22 anos máis tarde en 2016. Ambos os dous están soterrados no cemiterio do Piñeiro nos panteóns das súas respectivas familias.
 
  Poucos días despois, o venres 18 de xullo, a que pasou pola vigairía foi a irmá de Manuel, Mª del Carmen Clara Astray Rivas. Demasiado adiantada para aqueles tempos polas súas actitudes liberais que incluían estar licenciada en Dereito, era coñecida na vila como Clarita a Cabra. O noivo era Bartolomé Siquier Serra, un médico balear.
 
  Baixo os acordes da Marcha nupcial Clarita fixo a súa entrada na igrexa ataviada con traxe de encaixe de Chantilly e tul ilusión, que "realzaba a súa beleza" acompañada polo seu pai Manuel Astray Mato.
O noivo, de rigorosa etiqueta, ía acompañado por Clara Rivas en representación da súa nai Francisca Mascaró de Siquier. A portadora das arras era a "encantadora" nena Maruchi Ponte Rivas, filla do guerrilleiro Manuel Ponte.
 
  Nesta ocasión o sacerdote que oficiou a cerimonia foi o reverendo doutor Paulino Pedret Casado, catedrático de Dereito Canónico e decano da Facultade de Dereito da USC, que na súa homilía ensalzou as virtudes do matrimonio.
  Representou á lei o presidente da Audiencia da Coruña Cándido Conde Pumpido. Por parte da noiva asinaron como testemuñas o rexistrador da propiedade Manuel Conde Pumpido, o notario Alfonso Leirós Fernández, o tamén rexistrador da propiedade de Ordes Pedro Trepat Fadró, o avogado Emilio Astray Lozano, o xuíz comarcal Bartolomé Pericas, o avogado e alcalde de Ordes Juan Liñares Castro e o seu irmán Manuel Astray Rivas, que xa volvera da súa lúa de mel. Por parte do noivo asinaron o seu pai Bartolome Siquier Crespi, o catedrático de obstetricía e xinecoloxía na USC Alejandro Novo González, o profesor da mesma doutor Santos Sanz y Sánchez, o forense e ex-alcalde Antonio Concheiro Iglesias, o tocólogo municipal de Vilalba Zoilo López Ron e o tocoxinecólogo de Betanzos Alfonso Pando.
  Houbo logo un coktail-cea onde os invitados celebraron a unión. O novo matrimonio, despois dunha viaxe por capitales españolas e francesas, instalouse en Palma de Mallorca. Terían unha filla, Clara Siquier Astray, que seguiu os pasos da súa nai e tamén é avogada.

sábado, 11 de noviembre de 2023

O ano 1952

  En 1952 continuaba a Guerra Fría. A súa máxima expresión era a Guerra de Corea que chegou a unha fase de estancamento arredor do Paralelo 38. Ademais os USA -onde gañou as eleccións Dwight Eisenhower en novembro- lanzaron a súa 1ª bomba de hidróxeno (750 veces máis potente que a de Hiroshima) e o RU sumouse á festa coa súa 1ª primeira proba atómica.

  Europa occidental continuaba o seu proceso de unión coa entrada en vigor da CECA (creada o ano anterior). No RU faleceu en febreiro o rei George VI, comezando así o moi longo reinado de Elizabeth II e non foi un bo inicio pois en decembro, Londres, famoso pola súa néboa, viu como esta se convertía nunha terrible ameaza.

  Oriente Medio en cambio era un polvorín: en Exipto un golpe de estado encabezado polo xeneral Naguib logrou a abdicación do rei Faruk e en Xordania Hussein I debeu subir ao trono con 16 anos por incapacidade mental do seu pai. Tampouco había tranquilidade en Kenia co movemento Mau Mau e en América do sur que contemplou a viaxe de Che Guevara e Alberto Granado polo continente, a revolución boliviana coa chegada á presidencia de Paz Estensoro, o inicio da dictadura de Marcos Pérez-Jiménez en Venezuela e a morte por cancro de Evita Perón.
  Tamén foi o ano das Olimpíadas de Helsinki, do nacemento do código de barras -aínda que non se comercializou ata 1966-, da aparición de "The old man and the Sea" de Ernest Hemingway e "East of Eden" de John Steinbeck, e de marabillosas películas como "High Noon" ou "Singing on the rain".  
 
  En España 1952 foi un ano bastante bo onde se baixou das 300.000 defuncións absolutas e por 1ª vez na historia tamén o índice de mortalidade baixou do 10 ‰. A partir deste ano nunca se volverían a superar estes límites no século XX (pero si no 2020, o ano do Coronavirus). Para máis alegría o 1 de xuño suprimíronse as cartillas de racionamento, co que de paso se acabou co mercado negro que orixinaran, e tres días despois inaugúrabase a factoría de SEAT en Barcelona. Probas do novo status internacional do Réxime foron a anecdótica 1ª chegada desde 1936 dun buque español a un porto británico e a aceptación do país na UNESCO (entraría oficialmente en xaneiro de 1953).
  O mundo da cultura contemplou a primeira versión da canción "Dos cruces" por Jorge Gallarzo e varias películas de éxito: "Doña Francisquita","La hermana San Sulpicio" e "Violetas imperiales", as dúas últimas cunha esplendorosa Carmen Sevilla.
  En 1952 en Galicia emigraron 26.000 persoas. Ese ano pódese considerar o do final definitivo da guerrilla coa morte de Ramiro e Galán en Mesía, a detención de Couto e o proceso e posterior morte no garrote vil de Benigno Andrade, o popular Foucellas. Tamén foi o ano da maior traxedia ferroviaria cun terrible accidente entre Pazos e A Escravitude onde morreron máis de 10 persoas. Ata 2013 cos 80 mortos de Angrois non volvería a haber outro accidente tan grave.
 

E que pasaba en Ordes? O máis importante foi a construción da Casa Consistorial, case rematada (xa tiña a torre e o reloxo) na que se puxo a praza de abastos nos baixos, a explanación do campo da feira (actual parque infantil) con casetas debaixo da Alameda e o inicio da construción do novo campo de fútbol, ademais...
FEBREIRO: Fernando Conde Recouso premiado pola produción de leite (4.457 litros en 339 días) da súa vaca Roja. O día 22 morreu aos 69 anos Manuela Mosquera Villaverde, nai de Pedro do Piñeiro, e o día 29 Pedro Graña Blanco aos 55 anos.
MARZO: Foucellas ferido e detido en Oza dos Ríos. Carmen Peña, esposa do notario Alfonso Leirós deu a luz o 3º fillo do matrimonio. Morreu en Poulo Ramona Botana Castro aos 76 anos.
ABRIL: Segundo Faya vendía máquinas de coser de 2ª man.
MAIO: O alcalde Juan Liñares asistiu aos funerais polos mortos no accidente de tren da Escravitude. Na campaña provincial contra o analfabetismo aparecen como lugares onde actuar Adrán, Ardemil, Beán e Vilamaior de Ordes. Tamén Encrobas e Queixas de Cerceda; Albixoi, Bascoi, Cabrui, Boado e Olas de Mesía; e Cabaleiros, Andoio, Viladabade e Anxeriz de Tordoia.
XUÑO: Homenaxe póstuma en Ordes á mestra Clotilde Stolle, morta no accidente de tren da Escravitude. Consuelo Silva, esposa do rexistrador da propiedade Pedro Trepat, deu a luz a unha nena. Constantino Suárez condenado por furto. Mortos en Mesía os guerrilleiros Manuel Ramiro e José Galán e detido o guerrilleiro Juan Couto Sanjurjo.
XULLO: Consello de guerra contra Benigno Andrade Foucellas. Voda do administrador de Correos Manuel Botana Uzal coa mestra Rosalía Ferreiro Barreiro en San Miguel de Vilar (Touro). Tamén casaron en Ordes Clara Astray co médico balear Bartolomé Siquier e Mª Ángeles Mariño Iglesias con Manuel Astray Rivas. Modesto Iglesias e Manuel Piñeiro, 1º e 2º nun campionato de pesca celebrado no Tambre en Berreo. Veu de vacacións o comandante médico José Otero Valcárcel.
AGOSTO: Partido amigable en Santa Isabel entre o Santiago e o Ordes onde a afección ordense encheu o campo. Morreron Dolores Iglesias Ferrer, muller de Rogelio Prado, aos 48 anos e Juan Calvo Pérez aos 60. O día 7 foi axustizado Benigno Andrade Foucellas no cárcere da Coruña.
SETEMBRO: Emilio Pita Álvarez nomeado xuíz do Xulgado Comarcal de Ordes. Morreron en Leira Manuel Antón Liñares aos 51 anos e en Ordes Antonio Pazos Martínez aos 61 anos.
OUTUBRO: Morreron en Buscás Manuel Suárez Viqueira aos 56 anos e en Leira José Graña Blanco aos 52 anos.
NOVEMBRO: O gobernador civil Pardo de Santayana acompañado doutras autoridades visitou Cerceda, Tordoia e Trazo o día 19. O mércores 26 visitou Mesía, Frades, Oroso e Ordes e deu subvencións de 150.000 pesetas a Mesía e 75.000 a Ordes. Morreu en Parada Manuela Remuiñán Ríos. En Ordes morreron Juan Carballido Conde, dos Carballidos do Piñeiro, aos 80 anos e Margarita Fernández Vázquez (sogra de Amancio Castro) aos 62.
DECEMBRO: Concurso de Calidade de patacas o domingo 7 para todos os agricultores das comarcas de Ordes e Carballo. A Xunta de electrificación presentou proxectos para achegar a electricidade á parroquia de Montaos e a outras de Ordes. Morreu en Beán Juan Reboredo Gómez aos 62 anos.

domingo, 5 de noviembre de 2023

Oficios: carpinteiros

  O oficio de carpinteiro era moi estimado. Como eles recordaban, ata o Noso Señor Xesucristo desempeñou ese traballo no taller do seu pai San Xosé.
  O rapaz que quería facerse carpinteiro tiña que empezar de aprendiz nun taller pagando ao mestre para que lle ensinase o oficio. Comezaba desbastando os paus, serrando e facendo traballos moi sinxelos coa machada para seguir co garlopín e o cepillo ata usar a garlopa e as molduras.
  Os carpinteiros tiñan un banco especial co seu correspondente fuso onde se axustaban as pezas que había que traballar. Usaban dous serróns pequenos e un máis grande. Os pequenos eran o de punta e o de cota. Para serrar os paus usaban o tronzador e para fender algunha táboa a serra pequena, empregada tamén para facer as táboas dun tronco de carballo ou castiñeiro. En ningunha carpintería faltaba un xogo de machadiñas, trenchas, gubias e formóns, limas, mazos, martelos, berbequí, trade, escuadro, gramil, desparafusador e diferentes pezas para poder afirmar un pau ou unha táboa cando non chegaba o fuso do mesmo banco, metro, compás e nivel.
 
 
  Todas esas ferramentas tíñanas no taller onde traballaban pero cando ían ás casas levaban unhas esportas coas ferramentas máis indispensables, a non ser que tiveran que traballar na feitura dunha vivenda, que entón levaban un ou dous bancos e establecían alí o seu taller.
 
   Cando se construía unha casa os carpinteiros facían o soporte do tellado, as trabes, o chan do sobrado e as escaleiras que sempre era de madeira, os marcos e contras das fiestras e as portas, así como os portalóns dos alpendres e as cancelas das eiras, aínda que estas ás veces tamén as facía o propio campesiño.
  Fabricaban todo o mobiliario da casa: louceiro ou alzadeiro, lacena e artesa para a cociña, mesas, roupeiro, cómodas, camas e mesas de noite, un sillón ou dous, bancos de respaldo e algunhas sillas. Tamén o escano e os banquiños pequenos para acomodar tanto na cociña como nos traballos da esfolla, escoller patacas ou muxir as vacas.
  Os carpinteiros facían ademais os mangos para a maioría de ferramentas do campo, o corpo dos hórreos que na nosa comarca era de madeira de castiñeiro e os carros e arados. Os carros acostumaban facelos carpinteiros especializados en rodeiros chamados "os fragueiros", que poñían os ferraxes axudados polos ferreiros. En Vilaverde José de Xaniño facía todos os carros da contorna.
  Un dos traballos que tiveron importancia e ata certa emoción foron as arcas de noiva onde esta gardaba a roupa que levaba ao matrimonio e que hoxe podemos admirar nalgún museo. Por iso non é extraño que a cántiga faga o eloxio do carpinteiro:
 
            Non te cases cun ferreiro / que o pican as muxicas,
            cásate cun carpinteiro / que fai as arcas bonitas.
 
  Nos anos 20 tiñan sona os carpinteiros dos Murís (Esmorís). O mestre era un home alto e moreno, Manuel d'Antón, que traballaba co seu irmán Pedro de Regueiro e con José da Tiopeira (este último tamén sabía tocar o acordeón). No ano 1929 foron facerlle un carro á casa de García no Casal, botáronlle o tellado e máis os puntos do hórreo novo de pedra, os cinco tramos, e a porta da capela. Traballaban todo o día a mantido, de sol a sol, e ían durmir ás súas casas. Ao rematar pintárono todo con cadros de cores con pintura bermella, azul, amarela e branca para admiración da señora que dicía que quedara tan bonito "que parecía un cemiterio".
  Houbo albaroque (celebración) con participación dos canteiros da Maquía de Buscás que foran os que fixeran as cepas, os penais e as rateiras do hórreo. 
 
 
Outros carpinteiros moi coñecidos foron os Regos. Juan Regos Caramelo (1888-1960), fillo do alcalde Benito Regos e marido de Angustias, foi un bo carpinteiro que estivo bastante tempo emigrado pero aínda así tivo moitos fillos. Os tres varóns, Manuel (1917-1971), Juan (1918-1996) e José Regos Viqueira (1928-1996) tamén exerceron o oficio e no taller do maior, que estaba onde hoxe é a farmacia de Pilar Cristín Mariño, aprenderon moitos outros carpinteiros da vila como José Villaverde Prego Pepe da Pandareta ou Manuel del Río Rodríguez Manoliño do Carteiro. Eran lentos pero o seu traballo era de calidade.
 
  En Alfonso Senra tivo o seu taller José Iglesias Brandariz José da Calzada (1899-1971) que casou con Teresa Moar Lata (1903-1984), filla do alcalde Antonio Moar de Buscás. O taller sería logo desde finais dos 60 o ultramarinos do seu fillo Higinio.
  Tamén procedía de Buscás Juan Ruibal García (1899-1993), casado con María López Castro (1903-1985), que tivo o seu taller no Recreo.
  Nos Lagartos, preto da vella maquía de Fernanducho estaba a carpintería de José Fernández Bello (1920-1981). Con el traballou un tempo Modesto Fernández Vázquez (1916-1989), casado con Anuncia Álvarez Fernández, que logo sería o fundador de Pompas Fúnebres San Isidro.
  Na entón calle Generalísimo -e hoxe rúa Ramón Carro- estaba a carpintería de José Castro Rivas (1915-2001) máis coñecido como Pepe de Segunda porque estaba casado con Segunda Gómez Míguez (1916-2001). Aí traballaron Pepe da Pandareta e José María Fuentes, o fillo do panadeiro Pepe de Juana.
  E finalmente en Vilar estaba José Villaverde Martínez Pepe da Xuliana (1914-1999), que casou con Consuelo Presedo Ruibal (1914-1990) coa que tivo 8 fillas e un só varón.

miércoles, 1 de noviembre de 2023

Capela da Mercé de Poulo


  A súa situación na Calle de Poulo ao pé do Camiño Inglés permite supoñerlle unha orixe medieval, pero sufriu tantas modificacións que agora nun primeiro momento ata poderíamos confundila cunha igrexa do sur de España ou Portugal polo seu aspecto exterior. 
 
 
  Ten planta rectangular cunha ábsida algo máis estreita á que está acaroada pola parte norte a sancristía, o que lle da unha forma de L común a outras igrexas da zona como as de Buscás, Ardemil e Parada. A pesar da súa condición de capela, é moi grande. Os seus 20 metros de lonxitude por case 7 de anchura, máis o engadido da sancristía fan que ocupe un 165 metros cadrados, superando en tamaño á maioría das igrexas do concello, e obviamente á do Outeiro (que é das máis pequenas).
  Está feita de cachotería revocada, agas as esquinas e marcos de portas e ventás onde se empregaron perpiaños. O tellado a dúas augas está cuberto con tella do país. A espadana e unha escaleira ata ela son de formigón, froito dunha reforma a principios do século XX. No ano 2021 volveuse a reformar, cambiando a forma da baranda.
 

  Na fachada hai unha placa en recordo do sacerdote don Manuel Otero Rodríguez e na esquina do muro norte coa sancristía hai outra de mármore na honra dos fregueses caídos "por Dios y por España" na Guerra Civil: José Suárez, Manuel Veiras, Jesús Gómez, Manuel Rodríguez, Benito Botana e Ricardo Pulleiro.
 
 
 
O interior sufriu numerosos engadidos. Así e todo consérvase o piso de lousas orixinais. Hai notables pezas de carpintería e dous retablos laterais neoclásicos enfrontados. Un arco de medio punto, tamén moi reformado, da acceso ao presbiterio onde destaca un retablo maior neóclasico da segunda metade do século XIX, pero con tal profusión de adornos e dourados que máis parece rococó. Na súa parte alta hai tres imaxes de pequeno tamaño. A imaxe central é unha Virxe do Rosario flanqueada ao norte por San Sebastián e o Papa San Silvestre e ao sur por San Bieito e San Xian, o patrón da parroquia.
  Por suposto nun lugar destacado a carón do muro sur da nave está a imaxe da Virxe da Mercé. Ténselle moita devoción na zona e na súa honra celébrase unha concorrida romaría o día 24 de setembro.
  Para coñecer outros templos do concello preme en Igrexas e capelas de Ordes.