viernes, 27 de mayo de 2022

O ano 1942

   No ano 1942 viviuse o cambio de rumbo definitivo na 2ª GM. Se ata ese momento o Eixo encadeara vitoria tras vitoria, agora chegaban as derrotas. En xaneiro as tropas xaponesas entraron en Manila, Indonesia e Birmania pero en maio perderon a batalla do Mar do Coral, en xuño a batalla de Midway e en novembro a de Guadalcanal.
  Alemaña pagou a súa temeraria aposta de atacar a URSS: en agosto comezou o ataque a Stalingrado que concluiría xa no ano seguinte coa rendición das súas tropas.
  1942 tamén foi o ano en que Anne Frank comezou a escribir o seu diario, Albert Camus publicou L' Etranger e en USA apareceron dúas películas míticas: Bambi e Casablanca.
  Ah! E en xuño rexistrouse en Tirat Tsivi (Israel) a temperatura máis alta na historía de Asia (53,9º C). Para que nos queixemos agora do cambio climático!
 
  En España a situación mellorou con respecto ao dramático 1941. Por primeira vez na historia o número de defuncións baixou das 15 por cada 1.000 habitantes. En febreiro de 1942 chegaba a Barcelona o vapor "Apolo" cargado de trigo arxentino e Franco entrevistábase en Sevilla co ditador portugués Oliveira de Salazar con quen tiña boa sintonía. Pero pronto tivo que lidar cunha grave crise causada polas diverxencias entre as diversas "familias". En maio estudantes monárquicos e falanxistas pelexáronse en Santiago, tendo que pechar uns días a USC e dimitir o seu reitor Carlos Ruíz (por ser demasiado "liberal"). Pasou o mesmo noutros lugares chegando a haber enfrontamentos a tiros. Pero o máis rechamante foi o atentado de Begoña perpetrado por falanxistas contra unha multitude de carlistas entre os que estaba o xeneral Varela. A pesar de que Franco tentaba non tomar parte, a crise levou por diante ao seu cuñado Serrano Suñer e a preeminencia da Falanxe que se viu substituída polos católicos. Este xiro, por outra banda, era útil para o réxime en vistas á agora previsible vitoria dos aliados.
  En setembro formouse o 4º Goberno Nacional que durou ata 1945. En outubro continuou a represión e foron fusilados os dirixentes do PCE Heriberto Quiñones, Luis Sendín e Ángel Garvín.
 
 
  E... que pasaba en Ordes?
XANEIRO: Concurso para dotar á estafeta de correos dun local axeitado. Carlos Troche, veterinario municipal na Coruña, puxo á venda o seu mítico local. Nomeado médico do 2º distrito de Ordes Manuel Amigo Iglesias. O día 3 morreu con 55 anos Beatriz Martínez Barreiro (sogra de Manuel Concheiro) e o 6 morreu o médico forense do partido Antonio Concheiro.
 
Antonio Concheiro Rodríguez (1876-1942): fillo do alcalde de Mesía, Benigno Concheiro, e irmán de Pedro Concheiro, patriarca dos de Carballo. Estudou medicina na USC e exerceu en Ordes. En 1909 foi nomeado subdelegado de medicina do partido xudicial e forense do Xulgado de 1ª Instancia de Ordes. Tamén foi un dos caciques do Partido Liberal e logo da dereita na vila. Casou en maio de 1903 con Asunción Iglesias Rápela coa que tería 7 fillos, entre eles o alcalde e médico Antonio Concheiro Iglesias.
 
MARZO: Morreu Dolores Martínez Martínez.
ABRIL: Nomeado recadador para a zona de Ordes Germán Amigo Lera. Reintegrado ao seu destino en Ordes o xuíz Ubaldo Rivas. Crime en Senra (Oroso). Voda de Consuelito Nine con Celestino Concheiro. Bautizo de Mario Concheiro, 4º fillo de Manuel Concheiro. Morreu Antonia Ríos Rama, muller de Manuel Souto Ferro (m.1966).
MAIO: O día 30, con motivo da festividade de San Fernando (patrono da Fronte de Xuventudes) os mestres de Ordes levaron á misa aos seus alumnos que comulgaron "prometiendo ser buenos defensores de nuestra patria y de su religión".
XUÑO: Ingresou no cárcere Antonio Area Seoane o Regos. Morreu en Montaos María Blanco Fernández aos 27 anos.
XULLO: Andrés Candal Mosquera nomeado capataz da zona de Ordes na estrada Curtis-Carballo. Ramón Ferreiro aprobou o exame de ingreso na USC para estudar a carreira de practicante. Morreron Antonio Regos Recouso e José Brandariz Fuentes (55 anos) de Leira.
AGOSTO: Jesús Mosquera Remuiñán nomeado alguacil do Xulgado de 1ª Instancia. Debut de Airiños de Buscás nas festas da vila. O día 9 morreu Ascensión Amor del Río, viúva do médico de Trazo Joaquín Castro Amor e nai do mestre Lisardo o Peseta (e por tanto avoa do coñecido avogado Julio Castro Pol) e de Amparo que viviu na Fonte Estrei. O día 27 morreu María del Río Caramelo. Nomeado secretario do concello Ángel Concheiro Rodríguez.
SETEMBRO: Subasta da Casa Troche. Morreu Carmen Amado Ferreiro (filla do propietario da Casa Amado, un importantísimo comercio que había no norte da vila, máis ou menos onde hoxe están os Chinos) e José Stolle García, tío político de Juan Liñares Castro.
OUTUBRO: Nomeado notario Alfonso Leirós Fernández. Manuel Blanco Vázquez de Mesía nomeado recadador de cedulas persoais en Ordes. Voda de Pilarita Liñares Castro con Jesús Pomar Díaz, matrimonio que se establecería na Coruña. Morreu con 74 anos a mestra Juana Soto Menlle doña Juanita.
 
Juana Soto Menlle doña Juanita (1868-1942): aprobou as oposicións no século XIX (en 1889), deu clase uns meses en Couso (Coristanco), pero a finais de ano veu para Ordes. Casada co procurador José Carnota Pérez (irmán do xornalista Vicente), foi nai de tres fillos: María (casada en 1930 con Antonio Barcia Bonavida), Piedad (m.1953) que viviu na casa familiar onde agora está a xestoría Cristín e Antonio Carnota que emigrou. Morreu o 5 de outubro de 1942.
 
NOVEMBRO: Rafael Mariño Vilela nomeado novo alcalde, encabezando esta corporación: 
CORPORACIÓN de 1942
Rafael Mariño Vilela

Eduardo Somoza del Río

Rafael Álvarez Salgueiro

Manuel Verea Remeseiro

Ricardo Caamaño Lata

Manuel Amor Gestal

Ramón Mosquera Varela

Laureano Mosquera Candal

Andrés Varela Ferreiro

 Voda de Manuel Fernández Barreiro (fillo de Manuel Fernández Uzal e Andrea Barreiro) con María Carnota Mirás da Coruña. Don Lino Caramés García nomeado ecónomo da parroquia de Mercurín (e da de Lesta que estaba anexa).
DECEMBRO: Morreu no hospital de Santiago o mozo de 14 anos Ricardo Martínez Ríos da Fraga da Galiña, vítima dun atropelo. Tamén faleceu Antonio Franqueira Recouso aos 35 anos e Blanca González Faya, irmá menor do zapateiro e escritor Víctor, aos 21.
 
E coma sempre a relación de multas.
XANEIRO: 250 pesetas a José Candal Vieites, Francisco Pazos Juncal e José Rodríguez Martínez (infracción do Regulamento de armas e explosivos). 50 a María Prado Liste (infracción das disposicións de abastos).
FEBREIRO: 4.000 pesetas a Victoriano Fuentes Brandariz Vitorio (ocultación e transporte clandestino de trigo). 150 a Francisca Areoso Ríos (celebrar un baile sen autorización).
MARZO: 1.500 pesetas a Antonio del Río Regos e 1.000 a Carmen Boquete García, os dous de Parada (circulación e venda clandestina de avea). 1.000 a Jesús Candal Croque e Manuel Villaverde Boquete (compra-venda de superfosfato de cal a prezos abusivos). 25 a Manuel Mariño Vilela (viaxar sen salvoconduto).
ABRIL: 150 pesetas a Andrés López Fernández e Carmen Gómez Rumbo (escándalo).
MAIO: 1.500 pesetas a Gregorio González Patiño (transporte e compra ilegal de gando vacún). 1.000 a José Mariño García (cobrar de máis nas tarifas da súa fonda + clausura desta) e 250 (ter casa de comidas clandestina). 250 a Juan Rodríguez Iglesias Carril (ter aberto o establecemento a deshoras). 150 a Carmen Veiras Vázquez (escándalo). 75 a Jesús Juncal Corbelle, José Ríos Presedo, Antonio Rey Moure, Manuel Lago Noya, Antonio Liste e Manuel Liste (escándalo). 50 a Antonio Insua Seoane (infracción nas disposicións de abastos). 25 a Manuel Pena Martínez e Manuel Gómez (escándalo).
XUÑO: 3.000 pesetas a María Couto Louzao (moer trigo clandestinamente). 75 a Antonio Liste N e Manuel Liste N (reincidencia en escándalo). 50 a Antonio Noya Noya (escándalo).
XULLO: 250 pesetas a José Mª Rama Sánchez (infracción no Regulamento de armas).
AGOSTO: 1.500 pesetas a Andrés Gaudeoso Pazos (non consignar na cartilla da maquía as cantidades de trigo moídas). 1.000 a Manuel Eirín de la Fuente (venda de pan a prezos abusivos). 50 a Emilio Sánchez Álvarez e Antonio García Varela (embriaguez e escándalo). 50 a Manuel Fernández Uzal, Luis Noya Vilariño, Dolores Vidal, José Fernández Nogueira, Josefa Vázquez, Manuel Caramelo Montero, Santiago Caramelo Montero, Benito Fernández, Luis Faya Rodríguez, Jesús Vidal, Pedro Fernández Mareque e Luis Vázquez López (causar danos nun arboredo). 50 a Manuel Rama Juncal (infracción nas disposicións de abastos).
SETEMBRO: 150 pesetas a José Varela Barbeito e Manuel Rodríguez Noya (escándalo).
OUTUBRO: 1.500 pesetas a Manuel Barreiro Uzal (carecer de lista de prezos e venda de potas! a prezos abusivos). 1.000 a Francisco Vilar Nouche o Chocolateiro (carecer de lista de prezos).
NOVEMBRO: 250 pesetas a José Mª Pallas Guillín (infracción do Regulamento de armas e explosivos).
DECEMBRO: 1.500 pesetas a Juan Rodríguez Iglesias Carril e 1.000 a Federico Lamela Reino (posesión ilícita de tabaco).

sábado, 21 de mayo de 2022

Pensións medias en 2020

   Segundo os últimos datos do IGE o importe medio das pensións contributivas en Galicia era de 988 euros no ano 2020. Coma sempre as provincias de Pontevedra (1.026) e A Coruña (1.023) superaban os 1.000 euros de media, mentres Lugo (919) e sobre todo Ourense (870) estaban moi lonxe destas cifras.

 

  A comarca de Ordes cos seus 813 euros estaba por debaixo da media galega e obviamente moi por debaixo da media provincial. De feito, só nas Terras de Soneira (705 €) e na comarca do Xallas (671 €) as pensións medias eran menores que as de Ordes, aínda que estabamos practicamente igualados con Arzúa (817 €).

  Pola contra a comarca do Eume era a de pensións medias máis altas (1.257 €) e contaba co concello Nº 1 en Galicia, As Pontes de Gª Rodríguez con 1.488 €. Logo estaban Ferrol (con Fene, o 2º concello de Galicia cos seus 1.318 €), A Coruña e Santiago que eran as catro comarcas que superaban os 1.000 euros de media.

 

  O número total de pensionistas en Galicia era de 669.074, o que significaba unha media de 248 perceptores por cada 1.000 habitantes. Nos municipios rurais este cociente aumentaba. Así, mentres en lugares proximos a Santiago como Ames (126 pensionistas por cada 1.000 veciños), Teo (163) ou Oroso (170) baixaban de 200, Ordes chegaba aos 250, Frades superaba os 300 (331) e Tordoia alcanzaba os 400 pensionistas por cada 1.000 habitantes (40%), iso si, sendo tamén os que menos cobraban.

 

  O que era común en todas partes era a diferenza entre as pensións de homes e mulleres. De media en Galicia as mulleres cobraban 284 euros menos que os homes.

  Por que? A pensión é o resultado dos anos cotizados e da contía do achegado, binomio que ten efectos perversos nas mulleres, que moitas veces non traballan durante longos períodos de tempo (e por tanto están sen cotizar) ou tamén porque o fan en traballos coa cotización mínima, como a agraria, ou a tempo parcial noutros oficios, algúns deles con particularidades similares ao agrario (polo escaso da cotización), como as empregadas de fogar por exemplo.

  Na comarca a diferenza era de 214 euros. Tordoia era o concello onde máis baixas eran as pensións e menor diferenza había. Pola contra Oroso, que era o de pensións máis altas, tamén era o de maior desigualdade.

lunes, 16 de mayo de 2022

Sangue en Cerceda e Buxán

   En 1941 a violencia seguiu moi presente nas terras da comarca.
 
  O 18 de marzo de 1941 foi a quenda de Cerceda. Soledad Regueiro, unha veciña de Cerceda, ía acompañada do seu fillo de 18 anos José Regueiro, cando atoparon no camiño a Antonio Muiño Fraga. Eran veciños mal levados así que iniciaron unha discusión que acabou con Antonio agredindo a Soledad. José Regueiro defendeu á súa nai e Antonio sacou unha pistola coa que lle disparou dous tiros. Ambos os dous encerelláronse nunha pelexa que acabou con Antonio bastante maltreito e con José morto.
  O xuízo atrasouse dous anos e tivo lugar en maio de 1943. Actuou como acusador privado o avogado Jesús Molina Paz mentres o defensor foi Ángel Aperribay. O fiscal Pedro de Alcántara García Hernández pediu para Antonio Muiño a pena de 14 anos, 8 meses e un día de reclusión menor máis unha multa de 15.000 para os herdeiros.
 
  A noite do 31 de agosto de 1941 volveu aparecer a negra sombra da morte contrastando coa alegría da verbena. Esta vez o crime tivo lugar na parroquia de Buxán, que entón tamén daba nome ao concello que hoxe coñecemos como Val do Dubra.
  Era a festa do Sacramento cando os sons da gaita víronse interrompidos polos berros e queixumes de dor. Varios mozos de Buxán e Niveiro armados de paus e armas brancas participaron nunha refrega. Cando cesou o combate, os asistentes puideron ver un corpo tendido no chan. Tratábase de Santiago Casal, un labrador de 27 anos. Varios veciños seus recollérono e levárono nunha camioneta ata o hospital de Santiago, pero cando ingresou era xa cadáver e non se puido facer nada por el.
  O mércores, día 3, o médico forense Francisco Amigo López practicou a autopsia ao corpo que presentaba numerosas contusións, unha puñalada nas costas e a fractura da base do cranio como consecuencia dun golpe cun pau. O cadáver recibiría logo sepultura no cemiterio de Boisaca en Santiago.
  Iniciadas as pescudas para esclarecer o feito, pronto se deu cos autores. O brigada da Garda Civil Gervasio Carballo Pimentel e o garda segundo Esteban Tuda García detiveron a José Fraga Fraga de 24 anos e a Mariano Fraga N. de 28, ambos os dous labradores, solteiros e veciños de Buxán. O primeiro xa tiña antecedentes violentos, pois o ano anterior tivera unha pelexa en Portomouro cun tal Manuel Fraga Grille ao que disparou nunha perna mentres el foi ferido de dúas navalladas no abdome.
  O motivo do crime de Santiago Casal foi unha das máis habituais naqueles tempos: un conflito por discrepancias no aproveitamento da auga para rega das súas propiedades. Iso foi creando unha forte inimizade que desembocou finalmente na pelexa.
  O xuízo tivo lugar un ano despois, en novembro de 1942. José e Mariano foron defendidos polo avogado Juan Fernández García. O fiscal señor Alcántara solicitou para cada un dos procesados 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión menor.

sábado, 14 de mayo de 2022

Nacemento do río Cabrón

 
  No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados ao concello de Ordes. Este foi publicado o 19 de marzo de 2022.

 

  No existe en Galicia la costumbre tan británica de recorrer un río desde su nacimiento hasta su final. Y por lo tanto, no hay paseos no agresivos al lado de la corriente, meros senderos como el que, por ejemplo, discurre paralelo al Támesis. Pero la aventura encierra su encanto, máxime si el río se llama Cabrón. El topónimo resulta malsonante porque recuerda la palabra homónima digna de no ser reproducida en un periódico serio. Porque este Cabrón procede del indoeuropeo kar, piedra, «ao dar case sempre nome a lugares pedregosos», dice en su libro Toponimia de Galicia el profesor Fernando Cabeza.

 

  Para conocer el nacimiento del Cabrón hay que dirigirse al Mesón do Vento, y saliendo de esta pequeña localidad a la izquierda, hacia Cerceda, y rodeando el restaurante Avelino (uno de los templos de la comida tradicional gallega en la comarca compostelana), la carretera va sorteando viviendas unifamiliares. Puro espacio rural tal y como se ha conformado en los últimos decenios en este país. A los 700 metros aparece una pista de tierra, la tercera a mano izquierda, y por ahí hay que meterse.

 

  Dónde está el río se adivina sin dificultad incluso siendo lego en materia geográfica: corre por la parte más baja. Y, en efecto, si se mira a la izquierda se tiene ahí mismo el nacimiento del Cabrón. Un charquito de nada que debe unirse a un manantial más potente debajo de la pista y ya corre claramente ladera abajo.

 

  En este primer tramo las torres de electricidad sirven de referencia, puesto que el río es compañero del cableado. De manera que hay que describir una u (o sea, dos giros a la derecha en los siguientes cruces) por esas pistas de la parcelaria para ver el siguiente paso, que queda a la altura de la aldea de Moscoso, en donde en tiempos medievales fue levantada una torre de la que nada queda. Por cierto, en esa aldea hay dos hórreos, uno de ellos muy grande y con unos pocos mimos que reciba lucirá espectacular. Ojo: perros sueltos.

 

  De nuevo en u (esta va a ser la tónica) para ver de nuevo la corriente. Ya se adivina sin problemas por dónde va a ir, porque desde esos casi primeros metros forma un denso, delgado y bello bosquete de ribera que parece protegerlo y esconderlo. Aquí y allá, otra característica del recorrido: mimosas en flor, no muchas pero ponen una nota de colorido a la excursión, aunque esté considerada una especia invasora y goce de poco aprecio popular.

 

  Algún campo de maíz, segado, imprime una tonalidad diferente, mientras los eucaliptos parecen conformase con ocupar las partes más altas de un territorio que por ahí muestra bastante pendiente.

 

  En fin, una pista muy recta y desde luego nueva marcha en paralelo al Cabrón, dejándolo a la derecha a escasa distancia. Cuando el excursionista gira hacia la mano contraria, ascendiendo, pone rumbo a Os Carrucheiros. Ahí un par de casas llaman la atención, sobre todo una de ellas, con un magnífico hórreo. Pero el visitante se pregunta dónde está la belleza. Para disfrutar de ella hay que continuar y contemplar el frente de los edificios, no la parte trasera.
 

  Desde Os Carrucheiros se gana la N-550 y a la derecha, hay que cruzar —desde luego con sumo cuidado— y a los pocos metros tomar la primera pista. Es ese un punto donde más de uno se desorienta, puesto que va a caminar más de cinco minutos en dirección contraria, hacia el punto de partida, pero luego se toma la primera a la derecha y se recupera el Cabrón, que sigue estando a la diestra.

 

  Pero ¿por dónde pasó el río? Pues por debajo del asfalto a la altura del punto kilométrico 30, a la entrada de la parroquia de Leira. Lo ha hecho de una manera muy discreta y, sobre todo, muy emboscada. Tanto que nadie se da cuenta.
 Cristóbal Ramírez
EL NACIMIENTO: 43º08'36''N  8º23'44''W.
EN BICICLETA: Muy fácil desde Mesón do Vento. El problema es la vuelta.
LA MEJOR FOTO: En el nacimiento.
EL DESAFÍO: Continuar el curso del río.

lunes, 9 de mayo de 2022

Mámoas ou medorras

 
 QUE É UN DOLMEN?
  Un dolmen ou mesa de pedra* é unha construción prehistórica feita con megalitos (mega = grande, litos = pedra).
  En todos os dolmens hai entre 5 e 9 grandes pedras, cravadas verticalmente no chan, chamadas chantos ou esteos sobre as que aparece outra horizontal, a tampa ou cuberta.
  Normalmente forman unha cámara funeraria (servían de enterramento) chamada anta. Posteriormente o dolmen era rodeado con terra e croios formando unha especie de pequenos outeiros chamados mámoas ou medorras. Os croios denomínanse couraza.
  Sobre estas medorras o pobo inventou moitas lendas. Dicíase que estaban habitadas por "mouros" e e que había fabulosos tesouros, por iso a maioría delas teñen un furado no cumio, o que significa que foron escavadas para buscar eses supostos tesouros.
  Dentro dalgunhas antas atopouse material usado como ofrendas funerarias: puntas de frechas, machados... Tamén hai casos nos que aparecen pinturas e gravados moi sinxelos, normalmente só liñas sen nengún debuxo especial.
 
COMO SE FACÍAN?
  Supoñemos, non o sabemos con seguridade porque non deixaron nada escrito nin había fotógrafos naqueles tempos, que os construtores dos dolmens arrastraban as pedras usando cordas e troncos de árbores tal como se ve nas ilustracións. Así abondaría cuns 50 homes para o transporte e o levantamento do megalito.
  Se isto non fose así, se non empregasen os rolos de madeira, necesitarían polo menos uns 150 homes.
 
 
CANDO E QUEN?
  Os construtores dos dolmens viviron desde hai uns 5.500 anos (contemporáneos de Ötzi, o home que se atopou no Tirol), ata hai uns 3.500 anos, é dicir desde o ano 3.500 antes de Xesucristo ata o 1.500 tamén antes do nacemento de Xesucristo.
  Eran cazadores e recolectores de cereais. Evidentemente tiñan un gran respecto polos defuntos porque dedicaron moitísimo tempo e traballo aos dolmens. Ademais de buscar as pedras, movelas e colocalas, tamén lles debía de ser difícil poñerse de acordo e xuntar tanta xente.
 
 
ONDE?
  En toda Galicia hai numerosos dolmens ou restos deles. Os máis antigos son os máis pequenos e pechados. Os máis modernos teñen corredor e son máis grandes.
  Na nosa comarca o mellor conservado é o dolmen de Cabaleiros, que era coñecido como a "Casa da Moura", pero en case todas as parroquias hai restos prehistóricos.
FONTE PRINCIPAL: Obradoiro da Historia.
 
Dolmen é unha palabra que ven do breton tolmen onde tol significa mesa e men pedra, por tanto sería mesa de pedra.
Mámoa ven do latín mammula, diminutivo de mamma (mama), pola súa forma redondeada que recorda a un peito feminino.
Medorra ven da palabra meda, do latín meta (morea).

jueves, 5 de mayo de 2022

Festas en 1941

   1941 foi para España o terceiro ano máis mortífero do século XX (máis que tres dos anos da anterior guerra) pero se pensades que isto puido disuadir aos ordenses daquela época de celebrar as súas sacrosantas festas... estades totalmente enganados. De feito ese ano volveuse a organizar a festa do barrio do Recreo, e nas parroquias había máis que na actualidade.
 
  No mes de xuño celebrouse a festividade da Institución da Eucaristía. Veu o Padre Capuchino Enrique Mª de Cevico que disertou sobre o mandato de Xesús "Amáos los  unos a los otros como yo he amado a mi Iglesia" (moi axeitado para aqueles tempos). Non faltou a procesión que chegou ata a capela de Lourdes onde o barítono santiagués e profesor da Escola Normal Antonio García Jiménez cantou unha peza. Tamén dirixiu o canto na misa, acompañando ao armonio.
  No Bidueiro celebrouse o San Xoán Bautista, pagando os gastos os veciños do Bidueiro, Casal, Darefe, Balado e O Alto. Houbo misa solemne, a Banda de Música da Garabanxa e o gaiteiro de Ardemil, fogos de lucería, globos e queima de vistosas figuras.
  En Ardemil celebraron a festividade de San Pedro e en xullo tamén habería festa de Corpus grazas ao interese dos fregreses e do párroco don Manuel Gª Castro.
  En Ordes celebrouse o Sagrado Corazón de Xesús cunha misa oficiada por don José Barreiro Uzal, asistido polo párroco de Ordes sr. Mosteiro e o coadxutor sr. Barbeito. O predicador invitado foi o franciscano Padre Darío Cabanelas que disertou sobre o tema "El corazón de Jesús es el centro de la humanidad". Pola tarde saiu a procesión na que levou o estandarte o avogado Manuel Astray Mato.
 
  En Poulo celebrouse o día 3 de agosto na honra da Virxe do Carme. A festa foi preparada polo párroco don José Mª Barreiro García.
  En Ardemil son especialmente amigos das festas, así que, por se non abondara co San Pedro e o Corpus, o 5 de agosto celebraron tamén a Virxe das Neves, que tiña unha confraría desde había moitos anos. O día 4 xa houbo unha verbena nocturna e queimáronse infinidade de fogos e "caprichosas figuras". O día grande tivo lugar a misa solemne a toda orquestra, procesión polo adro e logo pola tarde a festa campestre amenizada por unha "afinada" banda. 
 
  O xornal El Compostelano informaba do programa das festas patronais na súa edición do 12 de agosto, engadindo que "La comisión, integrada por destacados jóvenes. viene gestionando todos los medios de dar a los festivales el mayor esplendor posible".
  As festas duraron 4 días, de xoves 14 a domingo 17. Contaron coa Banda de Música de Santiago dirixida polo compositor Bernardo del Río (antigo director da Banda de Ordes) que fixo a súa aparición ás 8 da mañá do venres. Ese día grande a Misa maior das 11 da mañá foi cantada a toda orquestra baixo a batuta de Antonio García Jiménez. A continuación tivo lugar a solemne procesión. De 6 a 8 houbo o paseo de moda pola rúa Alfonso Senra e a partir das 10 iluminación eléctrica na Alameda do Soldado Lois. As festas tamén contaron coa habitual Banda da Garabanxa e por suposto gaitas do país.

  En setembro retornaron coa súa antiga brillantez as festas do Recreo, ou como dicía a prensa da "calle Primo de Rivera" na honra da Virxe de Lourdes. A comisión estivo integrada por Amadeo Patiño Blanco, Antonio del Río Pampín, Manuel Fernández Uzal e José Conde Ferreiro.
 
  Doutra banda Ordes seguía a ser un lugar frecuentado por moitos veraneantes. Eran habituais avogados como Joaquín Varela Rendueles, que viña para o Pazo do Peñasco, ou José María Méndez Gil, que viña para a Casa de Brandón, e outros como Federico García, inspector da Asemblea da Cruz Vermella, e o delegado comarcal sindical Ignacio Castro.