domingo, 30 de agosto de 2020

Os Ferreiros do Casal

 
  Unha rama da familia Ferreiro foron os Ferreiros do Casal, que logo se estenderon tamén polo Recreo e o Balado.
  O patriarca foi José Ferreiro López, o maior de varios irmáns*, dos cales o máis coñecido na vila foi Ramón o Relojero.
  Ramón Ferreiro López (1892-1974) tiña unha reloxería a carón do que hoxe é o Banco de Santander. Casou con Xesusa Sánchez Patiño coa que tivo dous fillos: Ramón Ferreiro Sánchez Mitito (1928-1978), tamén reloxeiro e que apenas sobreviviu catro anos ao pai, e Anuncia (1930-2018). Ambos os dous morreron solteiros polo que desapareceu esta rama familiar.
  Outro dos irmáns foi Domingo Ferreiro López, establecido no Balado. Casou con Manuela Villaverde del Río (1894-1974) coa que tivo dous fillos: Amparo e Manuel Ferreiro Villaverde.
   Jesús Ferreiro López casou con Concha Rodríguez dos Carriles de Oroso, lugar onde se estableceu. Alí tiveron 5 fillos.
 
  Volvendo ao irmán maior José Ferreiro López (1879-1946), este casou cunha moza dos Xuncales de Lesta, Jesusa Juncal Bermúdez, coa que tivo 8 fillos: Antonio, Francisca, Manuel, Ramón, Jesús, José, Elvira e Sofía Ferreiro Juncal.
  Antonio (1917-1973) foi o que quedou na casa familiar. Casou con Jesusa Barreiro Mosquera (1915-1983), a 3ª filla de José Barreiro Recouso (1888-1963) o patriarca dos Barreiros do Casal.
  Tamén na casa familiar quedou Manuel (1922-1997) que morreu solteiro. Ramón, casado con América Recouso*, estableceuse no Recreo, Jesús emigrou a América e finalmente José (1927-2014) instalouse na Rúa de Buscás de onde era a súa muller Jesusa Boga.
  Francisca (1919-1992) casou para Darefe, Elvira (1929-2014) para Trasmonte, e Sofía (a máis nova) casou con Antón do Outeiro da parroquia de Poulo.

* O pai, probablemente, foi un rico propietario do Casal chamado Manuel Ferreiro Recouso.
Os dous fillos de Ramón Ferreiro Juncal e América Recouso Boquete, Milagros Minucha e José Antonio, levan por tanto os apelidos Ferreiro Recouso, igual cos Ramechos e os Faberos, sen ter unha relación de parentesco próximo. De feito, cos Faberos, hai mais proximidade por parte da rama Recouso.

miércoles, 26 de agosto de 2020

O ano 2002

  No ano 2002 Aznar seguía gobernando España. Era unha época de espectacular bonanza económica.


UN FINAL DE INFARTO
  O país enteiro tiña postos os seus ollos nos participantes da primeira edición de "Operación Triunfo" que ata eran noticia do telexornal (o que daquela era unha gran novidade). O sistema de eliminación dos participantes era mixto: había un xurado pero o público tiña a última palabra. Desde un principio houbo tres favoritos claros: Rosa, David Bisbal e Chenoa. Pero como en toda boa obra que se prece tamén houbo a sorpresa final. O cántabro David Bustamante formou parte do trío gañador grazas ás mensaxes masivas dos seus paisanos.

ADEUS PESETA, ADEUS ...
  Foi a nosa mellor compañeira durante 131 anos. Naceu despois da revolución "Gloriosa" de 1868 e veu substituír ao real de vellón. No ano 1869 apareceu a primeira peseta, inspirada nunha moeda do emperador hispalense Hadriano. Nela aparecía a matrona Hispania cunha póla de oliveira na man e no reverso o escudo de España. O seu nome, segundo algúns estudosos podería vir do catalán ou do italiano e significaría "peciña". Logo de máis de 40 cambios de forma e tamaño abandonounos o 28 de febreiro dese ano 2002.

MAREA NEGRA
  Para Galicia tamén era un bo ano, aínda que perdéramos a dous dos nosos máis importantes escritores: Camilo José Cela e Carlos Casares.
  Pero iso cambiou en novembro cando un petroleiro chamado "Prestige", despois dunha errática vianxe onde se luciron as autoridades, derramou a súa carga nas costas galegas.
  Iso provocou unha gran indignación e a creación da plataforma cidadá "Nunca máis" que o 1 de decembro dese ano movilizou preto de 200.000 persoas nunha histórica manifestación en Santiago de Compostela.


MOVIDA SEN CONTROL
  Ordes comezou o ano coa inauguración do Punto Limpo e coa sobredose de José Luis, un mozo de 24 anos que apareceu sen vida no lavadoiro do Recreo. En marzo foi liberado Manuel Queijo Rey, un mozo de 34 anos con problemas mentais que se autoinculpara do asasinato de Manuel Gómez Ramos, ocurrido en 1994 en Fosado.
  En agosto inaugurouse a primeira rúa peonil da vila, a rúa Mundito, homenaxeando ao mesmo tempo tempo a Segismundo Viqueira e a Víctor González Faya
  En setembro comezaba o novo curso escolar coa supresión das unitarias de Poulo e Vilamaior. Tamén foi anunciado o comezo da fase 1 da Ronda Leste, pero en realidade quedaría parada ata o ano 2009.
  Os problemas máis graves foron como sempre os provocados pola movida que comezaba a caer no exceso. Eran habituais estragos, altercados e pelexas multitudinarias, o que ocasionou que en setembro aumentara o número de policías locais e gardas civís para intentar controlar a situación, cousa que non evitou unha agresión con arma branca a un mozo de Oroso en novembro.
  O ano rematou cunha merecida homenaxe ao atleta Herminio Rial Naveiro de 39 anos poñendo o seu nome á praciña colindante coa Casa de Cultura.
 
  2002 deu títulos cinematográficos tan interesantes como "The Pianist" e o musical "Chicago" pero é máis recordado pola primeira película de Tobey Maguire como "Spider-Man" e pola aparición do esquío Scrat en "Ice Age".
  Musicalmente foi o ano de Christina Aguilera, pero en España (e logo no mundo) bailabamos ao son das Ketchup co seu "Aserejé" e "Que la detengan" de David Civera e coñecemos aquel ano a Juanes cantando "A Dios le pido". 

sábado, 22 de agosto de 2020

Domingo Antonio Moar Veiras

  No ano 1933 continuou aumentando a tensión política, tensión que chegou a agresións e atentados. O 4 de outubro houbo unha nova mostra cando estalou unha bomba na xanela da casa do avogado Domingo Antonio Moar. A pesar de que a prensa acostumaba denominar "petardos" a esa clase de artefactos, a explosión foi tan poderosa que rompeu a fiestra, esnaquizou algúns mobles da habitación e fixo saltar en anaquiños numerosos cristais do edificio e das casas veciñas. Os estragos estimáronse en mil pesetas pero afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Aínda que nun primeiro momento mencionouse como autor a Jesús del Río, pronto foi exculpado.
  Obviamente supúxose que o atentado obedeceu a causas políticas, xa que Moar era un dos caciques do lugar e obxecto do odio da esquerda desde había moito tempo. Estaba moi recente a clausura de varias sociedades e o procesamento dos seus directivos, así como a subida no imposto de cédulas persoais (Moar era o encargado do cobro) que motivara a presenza na vila de Ordes de numerosos campesiños para protestar contra o devandito imposto
  Ao final nunca se chegou a saber quen foi concretamente o autor do atentado.

  Domingo Antonio Moar Veiras naceu en 1871 en Buscás. Era o cuarto fillo de Andrés Moar del Río (m.1876) e de Mª Jesusa Veiras Camba (m.1915) ambos os dous de ricas familias. Outros irmáns foron Antonio, Mª José, José, Manuel e Jesús. Este último pai dos Moar Pérez (por tanto avó de Manolito de Ramos) e dos Moar Gómez.
 
 O seu irmán maior Antonio Moar Veiras (1864-1941) foi alcalde brevemente desde finais de 1909 ata mediados do ano seguinte. Por certo que nas eleccións municipais de 1910 que o ratificaron houbo, como era costume no distrito, bastantes irregularidades e protestas. Ostentaría de novo a alcaldía sete anos desde 1912 ata finais de 1918.
  Estaba casado con Dolores Lata Ramos (1879-1931) coa que tivo 14 fillos polo menos, entre eles Teresa, casada con José da Calzada, e Rafael Moar Lata (1905-1979), o pai de Antonio Moar, fundador de "Órdenes 2000".
 
  Estudou dereito en Santiago e pronto formou parte da elite política ordense que estaba adscrita ao Partido Liberal. Exerceu de avogado e agrimensor e foi aumentando poder e fortuna (a zona norte da Rúa da Canteira, onde logo se construíron as casas de Viriato, era toda súa). 
 En 1916 unha carta que supostamente foi enviada polo xuíz de 1ª instancia de Ordes a Alejandro Lerroux acusábao de encirrar aos asistentes a un baile para que atacaran á Garda Civil. Segundo a carta escusouse mencionando que estaba bébedo. Non sabemos o que houbo de verdade no incidente pero era notorio que tiña problemas coa bebida.
  En 1917 era xuíz de 1ª Instancia accidental e, desde 1919, xuíz municipal.
  En 1920 casou con Purificación Viqueira Noya (1896-1990), filla do taberneiro José Viqueira Vieites, quen faleceu o 5 de maio de 1920, escasos días despois da cerimonia. O matrimonio tería unha única filla, Mª Jesús (1922-1950), que morrería moi nova.
  En 1923, á morte de Saturnino Aller, Domingo Antonio era considerado o principal cacique de Ordes. Acabará formando parte da Unión Patriótica na ditadura de Primo de Rivera, xunto con outros reciclados dirixentes liberais como Juan Liñares Iglesias. 
  Coa chegada da República en 1931 foi concelleiro ata marzo de 1936 en que entraron a gobernar os partidarios da Fronte Popular. Ese ano, ao final dunha manifestación de esquerda, varios dos participantes nela lanzaron pedras contra a súa casa. A súa sogra, Josefa Noya Candal (1870-1936), morreu poucas horas despois, segundo el como consecuencia dunha crise nerviosa por tal suceso.
 
 
Despois do Alzamento dedicouse a lanzar acusacións contra os "novos nacionais" como a familia Liñares, pero non recuperou o seu status, o que o encheu de amargura. En 1937 sufriu tres multas por parte do gobernador civil, unha de 500 pesetas por acaparar moedas de prata, outra tamén de 500 por non descubrirse ao paso da bandeira e dicir palabras malsonantes ás señoritas encargadas da recadación do Auxilio Social e outra de 2.000 "por su probada y reiterada falta de «cooperación de ciudadano» a pesar de profesar ideas derechistas".
  Morreu o 27 de abril de 1939 aos 68 anos de idade. Os seus restos repousan no cemiterio do Piñeiro.

miércoles, 19 de agosto de 2020

Manifesto contra a ORGA

  O xornal El Compostelano tiña unha ideoloxía de dereita aínda que tamén sentía simpatías polo agrarismo e galeguismo. Loxicamente non conxeniaba coa esquerda máis radical pero o seu odio máis profundo gardábao para a ORGA, como podemos ver neste artigo publicado o 2 de novembro de 1933.

FILMÓFONO ELECTORAL
  El último gobernador civil de La Coruña, perteneciente a la Orga, hizo en Órdenes una labor tan admirable con las sociedades agrarias que ahora les está dando el fruto.
  La sociedades agrarias de todo el Partido de Órdenes se habían constituido con carácter apolítico para la mejor defensa de sus intereses y sobre todo para desconectar a los campesinos de la morralla caciquil que en dicho partido judicial impera, acaudillada por hombres como un tal Moar Veiga [refírese a Domingo Antonio Moar Veiras].
  Con este carácter y este sentido de independencia y asepsia vinieron funcionando dichas instituciones campesinas, hasta que la Orga comenzó a vivir y colear.
  A esta independencia y a esta neutralidad se propuso atentar cazurramente dicho partido político, tratando de hacer ingresar dichas colectividades en los cuadros del nefando partido político. Se hicieron esfuerzos supremos ante la resistencia de los campesinos a ingresar en partido político alguno. Llevaron la voz cantante en esta odisea absurda, varios personajillos de la mencionada pandilla caciquil, pero los labradores de Órdenes, no se han rendido. Continuaron en pie, dispuestos a no dejarse llevar por las veleidades de tales gentes.
  Entonces los cancerberos de Casares Quiroga, esa chusma odiosa que le sigue, tramó una nueva treta que ha sido encomendada en su parte ejecutiva al gobernador civil. Ya que los campesinos de Órdenes no se dejaban alelar por los cantos de las sirenas de la Pandorga, se les aplicaría el gastado procedimiento de la monarquía. Una de las grandes ideas del alcalde de La Coruña [Manuel Iglesias Corral], excelente discípulo de toda la cazurrería bugallallista, fue la de denunciarles como sociedades legalmente constituidas. Sacado de la mollera y puesto en práctica. Los gobernadores de la Pandorga se han distinguido por atender especialmente toda soplonería antirrepublicana de los advenedizos, de los intrusos de la Pandorga.
  Se iniciaron diligencias sumariales por tan estúpido motivo y se procesó a más de cincuenta campesinos de Órdenes, a pesar de que tenían constituidas sus asociaciones con arreglo a derecho y en legal forma. Y aún continúan así, entre tanto el diligente alcalde de La Coruña ofrece puentes, carreteras y fuentes a los incautos, sin darse cuenta de que puede haber alguien que le arranque la careta y le diga a los campesinos de Órdenes que la única organización política que ha causado sus procesamientos es la Orga, esa pandilla de madrugadores que ahora baraja sus nombres, como electores en masa, en el Casino Republicano de La Coruña.
  Esa es la verdad, campesinos de Órdenes. Tened en cuenta que quien produjo la ruina de la economía gallega, quien destrozó todo el sentir republicano de la región, quien pretendió implantar uno de los más negros caciquismos en Galicia ha sido esa pandilla de malos republicanos que integran la Orga.
  Ojo con la Orga, campesinos de Órdenes. He ahí la farsa.
Juan JESÚS GONZÁLEZ.
  
  Juan Jesús González (1895-1936): nacido en Curtis, foi avogado, xornalista, poeta e autor de ensaios sobre socioloxía e política. A pesar de ser publicado por El Compostelano era socialista. De feito fundou a Unión Socialista Gallega, unha escisión do PSOE que defendía o marxismo aplicado a Galicia como estado autónomo. Preveu o tráxico final da 2ª República e foi fusilado pouco tempo despois do Alzamento.

sábado, 15 de agosto de 2020

Produción de millo en 2019

  As vacas galegas comen principalmente millo. De feito un animal de alta produción pode chegar a inxerir ata 40 quilos diarios. Tal é a importancia desta gramínea en Galicia que en 2019 sementáronse un total de 68.639 hectáreas de terreo que deron lugar a unha colleita histórica de máis de 2,2 millóns de toneladas de alimento, o 75 % de todo o millo forraxeiro español. Asturias e Cantabria son as seguintes rexións produtoras do estado con 7.081 e 4.817 hectáreas respectivamente. Ségueas Navarra con 2.030, Aragón con 1.981 e Castela e León con 1.934 hectáreas. Estas seis comunidades aglutinan o 85 % de todo o millo forraxeiro español.


   Mundialmente famoso é o Corn belt (cinto do millo), unha franxa no centro dos USA que abarca boa parte dos estados de Iowa, Illinois, Michigan, Ohio, Kansas e Kentucky. Salvando as distancias, en Galicia temos o noso propio "cinto milleiro": os 20 concellos de maior produción forman unha liña que arrinca en Mazaricos e remata na Pastoriza (Lugo). En conxunto dedican ás plantacións de millo máis de 32.000 hectáreas, o 40 %! de toda España.

  O crecemento experimentado por este cultivo nos últimos anos (un 7 % en só doce meses) reflíctese no feito de que en 265 dos 314 concellos galegos xa hai leiras destinadas ao cultivo desta gramínea, sobre a que se sustenta a alimentación das vacas leiteiras. Tanto por superficie como por rendemento o millo é, dende hai anos, o cultivo anual máis importante en Galicia. A pesar dos elevados custos que supón a súa sementeira (arredor de 1.100 euros por hectárea), o rendemento que permite aos gandeiros é enorme. É un alimento imprescindible para as explotacións leiteiras e cada vez máis empregado nas de carne.

A clave: o amidón
  Se a soia (o ingrediente principal dos piensos) achega proteína, o millo é a principal fonte de enerxía para as vacas leiteiras. Na espiga atópase o amidón, un hidrato de carbono de gran calidade para manter as funcións vitais dos animais e que, no caso do millo, debe gardar certo equilibrio coa dixestibilidade da fibra que achega o resto do planta.
  Os expertos destacan o gran traballo realizado no campo galego que en pouco máis de dúas décadas logrou duplicar as porcentaxes de amidón do millo galego ata situalos por encima do 30 %.
  «Nos últimos anos mellorouse moito a calidade das colleitas. Tanto no referente á produtividade das sementes como na forma de conservar o ensilado, aspecto este último tan importante como o propio feito de ter unha boa colleita», apuntan desde o departamento técnico de Dekalb, propiedade de Monsanto, primeiro fabricante mundial de sementes.

  A importancia que ten o millo para o campo galego non só se ve na ración das vacas -a media dunha vaca de alta produción ten 30 quilos de ensilaxe de millo, outros 10 de herba e 10 quilos máis de pienso-, tamén se reflicte no tipo de maquinaria que se utiliza para sementalo e colleitalo.
  A necesidade de realizar estas tarefas coa maior rapidez, precisión e seguridade fai posible que poidan verse polas leiras galegas algunhas das maiores e máis modernas máquinas existentes no mercado. É o caso de colleitadoras con capacidade para procesar máis de tres hectáreas de terreo por hora variando, con só un botón e en cuestión de segundos, o ancho do corte da planta en función das prioridades do agricultor ou do estado de maduración da colleita. O prezo destas máquinas rolda o medio millón de euros, cantidade á que hai que sumar os 300.000 euros que custan moitos dos tractores e remolques que se utilizan para trasladar o gran desde a leira ata a explotación onde se almacena.

martes, 11 de agosto de 2020

Manuel Pérez Rivas

  Como a inmensa maioría dos industriais e comerciantes a principios do século XX, Manuel Pérez Rivas, o segundo reloxeiro de Ordes (o 1º foi José Vázquez), tamén era forasteiro.

  Nacido en San Miguel de Castro (A Estrada) en 1878, era fillo de labradores acomodados, pois o seu pai percibía unha pensión de dous reais diarios concedida polo xeneral Prim por ter gañada unha Cruz de Prata. Cando só tiña tres anos a morte do seu pai supuxo perder esa pensión. Con grandes sacrificios a súa nai destinou mil reais para que el puidera aprender o oficio de reloxeiro.
  Manuel instalouse en Curtis esperando que a entón nova estación de ferrocarril provocase un crecemento económico. Non cumprindo as súas expectativas, trasladouse a Carral para acabar ao pouco tempo en Ordes. Aquí coñeceu a Aurora Graña Blanco, nacida en Leira en 1882, e fixéronse noivos.

  A familia Graña tiña unha maquía en Leira e un batán que funcionou ata os anos 60. Aurora, unha das fillas, traballou como aia dunha familia de Santiago. Mentres Manuel emigraba a Cuba, ela marchou a Buenos Aires onde entrou a servir á riquísima familia Unzué, de orixe vasca. Tiñan contacto coas máis altas autoridades e por iso Aurora colaborou ás veces nas recepcións da Embaixada española en Arxentina. Cos Unzué viaxou por varios países europeos e formou parte dunha comitiva que en Roma estivo na recepción do Papa.
  Despois de 11 anos! de relacións maiormente epistolares comprometeuse con Manuel, tamén por carta, e finalmente casarían por poderes no ano 1913.


  Instaláronse en Ordes nunha casa -no que hoxe sería Alfonso Senra 40, fronte a DIA- que Aurora comprara en 1912 a José Recouso del Río por 4.000 pesetas, despois do seu regreso a España. Alí viviron e alí tiveron aos seus 6 fillos: Manuel, Aurora, Adolfo, Alfonso, María e José Pérez Graña.
  Grazas a esa vida de viaxes Manuel Pérez era bastante culto e gustáballe moito ler, sobre todo xornais, revistas ilustradas e libros de viaxes.
  Durante a ditadura de Primo de Rivera moitos comerciantes e profesionais liberais substituíron aos vellos políticos da Restauración. Manuel nesa época foi xuíz de paz, fiscal suplente, e tamén pertenceu ao Somatén.
  En 1938 morreu a súa muller Aurora aos 56 anos e dous anos despois, o 21 de novembro de 1940, faleceu el contando 62 anos.
 
  Debido a que o seu fillo maior Manuel, tamén excelente reloxeiro, decidiu instalarse na Coruña e a que o terceiro, Adolfo, prefería a arte da talla de madeira, o herdeiro da reloxería de Ordes acabou sendo Alfonso Pérez Graña.
  Este continuou dúas décadas no norte de Alfonso Senra sendo o único reloxeiro de Ordes xunto con Ramón Ferreiro López (1892-1974). Logo instalouse nun edificio construído no adro da desparecida capela de Lourdes e compartido a medias con Kilé.
  Alí segue estando hoxe a Xoiería Alfonso.
FONTE: Antonio Pérez Casas

sábado, 8 de agosto de 2020

Morte nas Encrobas

  A tensión social en 1933 eran tan grande e os actos violentos tan habituais que, cando naquel verán tivo lugar un crime na parroquia cercedense das Encrobas, inmediatamente todo o mundo pensou que fora por motivacións políticas, pero ao final resultou non ser así. Foi o produto de antigos resentimentos persoais, que por desgraza remataron unha vez máis con sangue derramado.

  O suceso tivo lugar o 18 de agosto de 1933. A vítima foi Domingo Campos Mosquera, un labrador de 35 anos, casado e natural do lugar de Francelos nas Encrobas.
  Aquela noite acudiu a un velorio onde coincidiu cos seus veciños Manuel Candamio, Antonio Feito Vilamisar e Manuel Rey Barbeito. Os tres estaban postos a mal con Domingo e xa tiveran un xuízo de faltas en Cerceda que acabara nunha gran rifa entre as súas mulleres, o que acendera aínda máis os ánimos. Así que sairon antes ca el do velorio e esperárono na ponte das Carrás.
  Probablemente a intención non era matalo pero o caso é que a emprenderon a paus con Domingo, que quedou agonizante (morrería ao día seguinte da hemorraxia producida por un golpe no cranio). Logo fuxiron do lugar do crime pero, ben aconsellados por alguén máis sabio, acabaron por presentarse ao xulgado de instrución do partido de Ordes e confesar o seu delito. Alí ingresaron no cárcere.

  O xuízo tardou máis de ano e medio xa que se celebrou en abril de 1935 na Audiencia da Coruña. Os homicidas foron defendidos polo avogado Manuel Iglesias Corral. O fiscal era José Gómez Naveira que pediu para Manuel Candamio e Antonio Feito unha pena de 17 anos, 4 meses e 1 día de presidio por estimar como circunstancia agravante a nocturnidade. Para Manuel Rey, que era menor de 18 anos no momento do crime, pediu 10 anos e 21 días.
  Aínda que hoxe pódenos parecer estraño, dado que os acusados provocaran premeditadamente a pelexa e levaban unha forca de ferro ademais dos habituais bastóns, o tribunal, como era bastante común na época, absolveu aos condenados e rexeitou a revisión que propoñía o fiscal.
  Non era país para brandos.

lunes, 3 de agosto de 2020

A lenda do primeiro Mosqueira

  Mosquera -castelanización de Mosqueira- é un  dos apelidos máis frecuentes de Ordes (o 6º segundo o Instituto da Lingua Galega que na súa páxina web otórganos un número de 520 portadores, e o 7º segundo o Instituto Galego de Estatística que baixa o número de portadores a 475).
  Se vemos o mapa de distribución do apelido en Galicia, constatamos que hai 2 áreas onde predomina: unha, no oeste da provincia de Ourense, e outra centrada na parte leste da comarca ordense. De feito, Oroso é o concello galego onde existe maior porcentaxe deste apelido e Frades, Mesía e Ordes están entre os 6 primeiros.
  En números absolutos Ordes é o 4º concello de Galicia só por detrás das cidades de Coruña (algo máis de 2.000 portadores), Vigo e Santiago (ambas as dúas con pouco máis de 1.000).
  Coa emigración, hoxe o país onde hai maior número de mosqueras non é España ou Portugal senón Colombia con 180.000 portadores! seguido de Ecuador e Venezuela.


  Aparentemente a súa etimoloxía é moi clara. Se buscamos no dicionario da RAG, un "mosqueiro-a" é un lugar onde hai moitas moscas. Parece, por tanto, provir da palabra latina musca.
  Non obstante parece difícil que a xente empregara este insecto como topónimo porque en gran parte do ano é case inexistente e no verán voan por todas partes. Doutra banda, os topónimos "Mosc-" (pouco numerosos) que hai en Galicia e no resto de España parecen estar sempre en lugares altos e non especialmente favorables para este animal.
  Manuel Mañas Núñez ve máis ben a súa orixe na palabra latina muscus (musgo), así a Pedra Mosqueira non sería "pedra con moscas" senón "pedra chea de musgo". Dado que en Cáceres hai unha Sierra de la Mosca, propón tamén a posibilidade de que o topónimo veña do latín vulgar mossicare (morder) e teña o significado da palabra castelá muesca, é dicir, fendedura. E aínda explora a posibilidade de que os topónimos deste tipo non teñan orixe latina senón que poidan proceder dunha palabra prelatina *musk- (rocha).
  César Varela García suponlle unha procedencia do verbo moneo ou admoneo (advertir, avisar). Nos documentos medievais aparecen referencias a unha pena moasqueira que el interpreta como "pena avisadora", da que sairían topónimos como Mosqueira, Moscallos, Moscán ... e tamén os máis fidalgos apelidos de Galicia como Penela, Moscoso ou Mosqueira, todos nomes que fan referencia a alturas ou torres de vixía e ao oficio de vixiante ou mosqueiro.

  Como dixemos antes, Colombia é o lugar onde hai máis mosqueras. Mesmo un presidente, Lleras Camargo, tiña relación coa familia e a el debemos a florida narración sobre as orixes lendarias dos Mosqueira.

  Transcurso Legendario de una Gota de Sangre. Introducción a la vida del apellido “Mosquera”.
  El rey Ramiro II peleó tercamente contra el agareno. No lo impulsaba solamente su fe, sino la necesidad de dar expansión a su genio proceloso y actividad a sus tropas, leoneses, astures, gallegos de sombrías barbas enmarañadas y dientes fulgurantes de perro salvaje. El califa de Córdoba y el rey Ramiro se disputaban, una y otra vez, la posesión de Zamora. El Duero se enturbiaba con el pasar y repasar de vencedores y fugitivos, y sus aguas lavaban las heridas de los pesados infantes. En su largo reinado Ramiro pactó, más de una vez, treguas y aún paz eterna con el califa. Rompía su palabra con frías traiciones y asaltos falaces.
  En los tiempos de amistad, la morisma y el cristianaje plebeyo fraternizaban, se relajaba la disciplina de los ejércitos y comenzaban los escándalos, estimulados por el agrio vino extremeño. Los caballeros árabes de ojos profundos, comenzaban a rondar los castillos desde donde los seguían las miradas rapaces de las cristianas recluidas. Un día ordenaba a los obispos y clérigos del reino clamar por el exterminio del infiel. En las cuadras los mozos comenzaban a sacar brillo al pelo de los caballos. En las ciudades sonaban las trompetas. El rey, cubierto de hierro, precedido de heraldos, trotaba por las calles, y los maestros de taller, las mujeres, los mendigos, desde las puertas, lo aclamaban. Sentía entonces la alegría de la guerra y la conveniencia de ser aliado y buen amigo de Dios. Los infieles, en los campos, comenzaban a caer, como jabalíes acosados, en crueles celadas, en trampas arteras. Al fin, bajando por la sierra de Gredos hacia las vegas, aparecía el moro, al aire el blanco alquicel. La media luna entraba a disputarle a la cruz un trozo áspero de España.
  Se cuenta que llegó a León, llamado por Ramiro, en el primer cuarto del siglo X, el príncipe de Moscovia, extraño aventurero que por luchar contra el moro había corrido toda la Europa, como soldado de fortuna, al través de cien reinos y ducados. Ganando o perdiendo batallas al fin entró por la Aquitania a las tierras de Ramiro que lo incorporó a sus milicias y le dio puesto en la Corte. Dórico, que así se llamaba el príncipe, debió ser tan valeroso y feroz, que los hirsutos capitanes leoneses lo miraron con respeto y asombro.
  Se lanzaba a las batallas mascullando improperios en una lengua extraña y difícil y cuando bebía cantaba sones profundos y lejanos. A nadie debió extrañar cuando se anunció que Ingaluisa, hija del rey, se casaba con el ruso. El  príncipe no abandonó, por eso, las batallas. Llegaba de ellas oliendo a sangre, a guerra y a caballo. Cuando el rey lo sentía desmontarse en el patio de anchas losas graníticas, se asomaba a las ventanas y sonreía, paternalmente, por entre las barbas. Una vez, en un ardiente verano, Dórico llegó cubierto de moscas. Lo seguían alrededor de su casco refulgente, se amontonaban sobre las frescas heridas.
-¡Qué mosquera trae mi yerno!- Dijo el rey a los cortesanos y a él, mientras atravesaba, tambaleante y metálico, el salón:
-¡Qué Moscoso venís!-
Los duques, condes, capitanes y aún los enanos de la Corte, celebraron con ruidosas carcajadas la aparición del joven príncipe, sangriento y hosco, entre el zumbar de las moscas. Pero se sabía que por cada mosca, un moro, yacía, tendido en el campo, despanzurrado por su lanza. El moscoso, el de la mosquera, fue implacable con el moro.
  Cuando murió, ya estaba fundado el solar, y los hijos y nietos comenzaban a disputarse las suaves tierras de Galicia que el rey le otorgara. Moscosos y Mosqueras lucharían, aún más, contra los infieles sin descanso, hasta que otro rey tuviera que recordar sus hazañas y las del legendario Dórico, dando a los primeros escudo con tres lobos negros, que lamen sangre sobre campo de plata, y a los Mosquera, cinco, no menos siniestros, prietos y heráldicos lobos.
  Entre las nieblas de la Edad Media, Mosqueras y Moscosos se hunden, reaparecen, cambian de nombre y facilitan así, desde luego sin proponérselo, la tarea que centurias más tarde emprenderán los ociosos genealogistas americanos. Los Moscosos fundan con el tiempo la casa de los Condes de Altamira y se agrega el Marquesado de Astorga. Sus hazañas se narran por generaciones enteras de soldados. Un Mosquera engendrará la rama que irá a parar a María Mosquera, mujer de Luis Colón, duque de Veraguas, marqués de Jamaica, Adelantado de las Indias, en cuyas pobres venas se extingue la sucesión del descubridor del Continente.
  Hay que trepar con audacia por el ancho tronco para llegar a Lorenzo Suárez de Figueroa, señor de Zafra y Feria, en cuya descendencia enraizará la progenie de García Álvarez de Toledo, duque de Alba; y hay que descender sin miedo al vértigo, persiguiendo la misma gota de sangre del antiguo solar gallego de los Mosqueras, bajando por los Gutiérrez de Sotomayor para aislarla en el padre de don Francisco Mosquera; o bien, por el Comendador Diosdado Mosquera y Alvarado hasta su nieto don Cristóbal Mosquera y Figueroa, primos ellos dos, y los primeros Mosquera que aventó España sobre la tierra firme de Nueva Granada.
  Artesanos minuciosos de su prehistoria, estos Mosqueras hallarán en el conde Lorenzo Suárez, el vínculo con Alonso Pérez de Guzmán, El Bueno.
  ¿No son, por ventura, los Mosquera coloniales, a más de ramas vagabundas, de los Suárez de Figueroa, Prieto de Tobar, y por tanto descendientes directos de Juana Guzmán y Florez?
  Los Mosqueras, son pues, una casta de soldados. Todo el tiempo que va desde la mítica fundación de la estirpe hasta el descubrimiento de América es empleado por los Mosqueras en guerrear. No hay paz en la Península para nadie. Ciertamente se trata de gente nada plebeya.
  En Galicia, por siglos enteros, se oye el refrán, cuando alguien cuenta algún tormentoso episodio de otro atrevido Mosquera: “Seixa Mosquera y Seixa quien pueda ...”