domingo, 28 de agosto de 2022

Motíns en Tordoia e Cerceda

  A miúdo cáese no erro de considerar ao campesiñado galego como totalmente submiso ao franquismo. É verdade que a oposición clara e armada ao Réxime era cousa de esquerdistas e comunistas, que estaban moi afastados socioloxicamente duns labregos maioritariamente moi relixiosos e fanáticos defensores da propiedade privada.
  Pero iso non significaba que non houbese descontento entre eles, só que polas perigosas circunstancias daqueles anos, era excepcional expresalo abertamente.
 
  E se había algo que lles causase un profundo malestar iso era o SNT, o Servicio Nacional del Trigo, organismo ao que os agricultores debían informar da colleita real obtida anualmente, base sobre a que se impoñía a entrega da cota forzosa de determinadas producións. Ambos os dous procesos, o de declaración e o pago, provocaron a reacción dos labregos por consideralo tremendamente oneroso e inxusto. As numerosas e continuas sancións, tanto por falsear a declaración como por atraso ou incumprimento do pago da cota, que tramitaron primeiro o gobernador civil e logo a Fiscalía de Taxas en Galicia, son mostra da extensión destas prácticas. Na Coruña, ata 17 municipios tiveron problemas en 1942 co atraso da maioría dos seus conveciños á hora de facer as súas declaracións, o que provocou que fosen amoestados polo Goberno Civil. Nos Libros de Rexistro de Multas de Abastos da mesma provincia aparecen quendas completas cos nomes de veciños dos diferentes concellos que na mesma data foron multados por negarse a entregar a cota obrigatoria. É o caso de 280 labradores do municipio de Laracha, todos multados por esta causa.
  
   En Tordoia o descontento chegaría a converterse en revolta popular, grazas ao apoio das súas autoridades. Proba diso é que xa en abril de 1943 o alcalde Manuel Baleato Costa* foi multado con 500 pesetas por "no cumplir órdenes dictadas por la Comisaría de Recursos de la zona octava". En novembro foron varios campesiños de Castenda (Manuel Gándara, Manuel Rama, Lucía Sanjurjo, María Pena, Francisco Iglesias, Benito Vázquez, José Castro, José Fraga, Manuel Veiras, José Iglesias e a viúva de José Noya) os que recibiron unha multa de 1000 pesetas por "negarse a facilitar la labor de inspección de funcionarios de esta Comisaría de Recursos, y a la entrega de los cupos de patata, trigo y centeno, lo que obliga a tomar una medida radical que corte esta actitud intransigente y que sirva al propio tiempo de estímulo a los que cumplen las órdenes emanadas de la superioridad".
  Ese mesmo mes os labregos de 5 parroquias (Cabaleiros, Gorgullos, Castenda, Numide e Leobalde) coa colaboración dos seus alcaldes pedáneos decidiron recuperar o trigo e millo confiscado polo SNT. Concentráronse nas inmediacións do almacén, provocando graves incidentes, incluíndo ameazas ao cobrador do SNT, ata logar recuperar o gran. As autoridades non conseguiron deter aos veciños, a pesar da ameaza de severas multas no caso de que non reintegrasen as cantidades de cereal confiscado ou devolvesen o seu importe. 
  A xefatura do SNT provincial solicitou ao Gobernador Civil unha forte sanción ás parroquias de Tordoia "pues de otra manera sentarían un precedente que seguirían otros ayuntamientos con el consiguiente perjuicio [...] y la anarquía que supondrá la falta de autoridad". A Comisaría de Abastecementos esixía tamén un castigo severo "pues de repetirse tales anomalías, además de mermar el prestigio de esta Comisaría, predisponen el ánimo del paisano carente de cultura suficiente para hacerse cargo de ciertas equivocaciones". 
  Pero as ameazas non tiveron gran efecto porque en 1944 o novo alcalde foi incapaz de informar sobre o gran dispoñible en Tordoia, xa que as familias seguiron negándose a declaralo. O secretario foi multado dúas veces por outros temas, o que presupón que tampouco tiña boa sintonía coa superioridade. 
 
  Nese mesmo ano de 1944 a revolta estendeuse ao veciño concello de Cerceda. Un total de 169 persoas das súas seis parroquias boicotearon a entrega da cota de millo que lles pretendían impoñer. O cobrador do SNT para a comarca de Ordes escusábase diante dos seus superiores manifestando que tiña feito todo o que estaba na súa man, acudindo en varias ocasións á zona para obter só unha cantidade ridícula de millo. O seu xefe provincial advertía: "Además de suponer una merma en las disponibilidades de cereales con destino a la panificación, con el consecuente perjuicio del abastecimiento, si no se corrige servirá para que en la próxima cosecha no se entregue ningún cereal, no solo de estos mismos agricultores, sino el resto de los ayuntamientos circundantes". 
 
  As autoridades interpretaban os motíns como altercados moi graves e, por tanto, debían ser castigados duramente para que non volvesen repetirse alí onde se xeraron e, sobre todo, para que non se estendesen a zonas próximas. Pero ao mesmo tempo a amplitude das protestas obrigáronos a contemporizar ás veces e a facer a vista gorda, concedendo prórrogas ou condonando multas. En Tordoia a calma chegou en xuño de 1944 despois do nomeamento de Santiago Peiteado Iglesias como secretario de Abastos do concello.
FONTE: Ana Cabana Iglesia

* Manuel Baleato Costa (1915-1988): Da Carballeira de Abaixo en Viladabade (Tordoia). Casou con María Costa Muiño e foi pai de Antonio, José e Jesús Baleato Costa. O segundo, José, casou con María Carmen Veiras Pérez dos Veiras de Pardiñas, lugar onde viven.

miércoles, 24 de agosto de 2022

Peregrinación de 1943

  1943 foi Ano Santo e como era habitual a diocese de Berreo de Arriba, á que pertencían a maioría das parroquias ordenses, organizou unha peregrinación bastante concorrida -non tanto coma outros anos-, que se efectuou o xoves, día 23 de setembro. Velaquí o artigo que lle dedicou o xornal El Correo Gallego. 
 
  Varios centenares de peregrinos de ambos sexos procedentes de todo el arciprestazgo de Berreo de Arriba y particularmente de la villa de Órdenes, ganaron ayer por la mañana el Jubileo del Año Santo compostelano visitando en colectividad el sepulcro del glorioso Apóstol Santiago al que reverenciaron fervorosamente durante toda la jornada. 
  Los peregrinos, muchos de ellos venidos a pie en penitencia piadosa, se concentraron en el paseo de la Alameda a las doce de la mañana, partiendo de allí formados por las calles de costumbre en dirección a la catedral donde fueron recibidos por una comisión de capitulares de la Metropolitana Iglesia. Iniciaba el desfile la Banda Municipal y seguidamente el grupo de hombres llevando el estandarte de esta sección el alcalde de Órdenes, don Rafael Mariño Vilela, figurando a continuación las mujeres cuyo estandarte condujo la señorita Amelia Álvarez Amor*. En la presidencia iban las comisiones santiaguesas encargadas de la recepción de los peregrinos y el arcipreste de Berreo de Arriba, don Ramón Mosteiro Ferro. 
  Los actos celebrados en la basílica para ganar el Jubileo se ajustaron al ritual de siempre, resultando muy brillantes. Presentó la ofrenda de un cofre con un importante donativo en metálico el párroco de Leira, don Ramón Pérez Rajoán quien pronunció la siguiente invocación*: 
 
  ¡Apóstol Santiago!¡Patrón de España! 
  Este día de septiembre del Año Santo en curso, lo reservaste a los peregrinos del Arciprestazgo de Berreo de Arriba, que con obediencia y disciplina aquí nos tienes en tu presencia; en la catedral Basílica; en tu casa, que es la casa de nuestro Padre.
 [...] Y en ella te pedimos primeramente que calmes ese gran torbellino en que, arremolinados, se revuelven la mayoría de los hombres, que buscando siempre más felicidad, se encuentran con superior desventura. Guía, además, e ilumina como hasta ahora al invicto e indiscutible Caudillo de España. Ampara continuamente a la Santa Madre Iglesia y a todos los aquí presentes, peregrinos hoy en Santiago, y peregrinos siempre en el mundo, concédenos la gracia de vivir y de morir en tu santa fe. ¡Que así sea!".

  Le contestó el canónigo Magistral don Andrés Lago Cizur, en nombre del Arzobispo.
  El arcipreste, sacerdotes y un grupo de peregrinos de Berreo se trasladaron después al Palacio Arzobispal para cumplimentar al señor Arzobispo, que les recibió con el mayor cariño dándoles su bendición.
 
 
* Amelia Álvarez Amor (1911-1985): filla do mestre Pedro Álvarez Villaverde e de Generosa Amor del Río, que morrería o ano seguinte. Irmáns seus foron Josefina, Ricardo e Marina Álvarez Amor. Casaría con Pedro Castro del Río con quen viviu en Alfonso Senra 2 e co que tivo unha filla: Margarita Castro Álvarez.
 
* A invocación é moi longa, así que non incluín todos os prolegómenos. Sorprende que a petición do remate da 2ª Guerra Mundial, recomendación explícita do Papa Pío XII, sexa tan sutil que é difícil de entender.

viernes, 19 de agosto de 2022

A familia Ruibal

  Os Ruibal foron unha das máis coñecidas familias de Buscás. Logo estenderíanse tamén por Ordes, Carral e Santiago.
  José Ruibal era no século XIX un construtor de Moraña (Pontevedra) que veu facerlle a casa ao maquieiro de Buscás e casou coa súa filla. Só tiveron un fillo, Nicolás Ruibal (n.1819) que casou con Mercedes Vilela de Toques (outras fontes din que se chamaba Ramona Vilela Escarís). Este matrimonio si tivo varios fillos e o herdeiro sería Manuel Ruibal Vilela (1871-1951), importante construtor a principios do século XX. Namorouse de María Graña Viqueira (1876-1966) de Ardemil, a quen raptou* cando tiña 16 anos. O matrimonio tivo sete fillos: José, Gumersindo, Juan, María, Manuela, Carmen e Manuel Ruibal Graña.

José Ruibal Graña (1895-1981) o primoxénito, herdou o oficio e a casa paterna. Casou con Jesusa Rivas Viqueira (1900-1982) e tivo 9 fillos: Aurelia, Francisca, Sofía, Florentino, José, Pura, Flora, Josefina e Sara Ruibal Rivas. As tres últimas emigraron a América.
A maior, Aurelia (1924-2014), casou para o veciño lugar de Carballedo. 
A segunda filla, Francisca Ruibal Rivas (1926-2016), casou cun dos Estevos do Casal, Manuel Rodríguez García (1924-1999)*. Este matrimonio estableceuse en Santiago na Algalia de Abaixo onde tivo unha ferraxería. O fillo maior, Euloxio Rodríguez Ruibal, é o máis famoso escritor ordense e, xa en vida, ten unha rúa dedicada na vila.  
 
Sofía
(1926-2001), a terceira irmá, tamén se estableceu en Santiago onde se dedicou a servir en distintas casas. Tivo un fillo de solteira, chamado José Luis, e gozou de bastante popularidade na cidade porque tiña a afección de escribir poemas que logo enviaba a La Voz de Galicia e aos seus destinatarios (o rei, o presidente Felipe González, o alcalde Xerardo Estévez...) e algunha vez ata recibiu contestación!
 
Pero, indubidablemente, o cuarto fillo, Florentino Ruibal Rivas Flor da Maquía, foi o máis famoso na comarca de Ordes porque xunto co seu irmán José María formou parte do grupo Airiños de Buscás, unha lenda dentro da música tradicional galega.  
Purificación (1934-1991), casada con José Martinez Mosquera Martís da Maquía (1931-2019), foi a que quedou na casa paterna.
 
Gumersindo Ruibal Graña (1896-1979) foi empresario en Ordes onde as cousas lle ían moi ben -en 1926 era o 21º home máis rico do concello- pero aínda así marchou para Carral onde fundou a empresa de transporte "Industrial". Casou con Jesusa Boga Garabato coa que tivo tres fillos.

 
Juan Ruibal Graña (1899-1993) casou con María López Castro (1903-1985) coa que viviu no Recreo e coa que tivo 5 fillos: Milagros, Alfonso o Canaima, Carmen, Manuel e Gumersindo Ruibal López. Debido ao apelido da súa nai, son coñecidos como os da Lopas.
 
María Ruibal Graña (1900-1990) casou para o lugar de Vilariño con Antonio Mouriño Gómez. O matrimonio tivo 6 fillos que chegaron á idade adulta: Jesús, Concepción, José, Adelina, Elvira e Antonio Mouriño Ruibal, e outros 3 (Carmen, Manuel e Isolina) mortos de rapaces. O máis coñecido foi o primoxénito, Jesús Mouriño Ruibal (1921-2010), fundador e propietario de "Muebles Mouriño" fronte á Casa do Concello (logo a súa muller tamén poñería outro comercio nos Parques Municipais). A segunda, Concepción (1924-2013), casou con Roque Rossier Bressan (1924-1984) e tiveron unha pequena fábrica de roupa.
 
Manuela Ruibal Graña (1905-1998) casou con José Campelo con quen viviu na rúa da Mina e con quen tivo dous fillos: José e María Campelo Ruibal.
De Carmen non teño datos.
Finalmente Manuel Ruibal Graña (1909-2004) tamén se estableceu en Carral e casou con María Castelo, coa que tivo dous fillos: Pilar e Jesús Ruibal Castelo.
 
* Estratexia habitual cando á familia non lle gustaba o pretendente.
  Manuel Rodríguez García tamén tivo afeccións literarias e escribiu un libro, "Historia viva" (1998), con anécdotas dos seus veciños de xuventude. Algunhas eran bastante escabrosas e o libro non foi ben recibido por todos.
 

martes, 16 de agosto de 2022

Festas en 1943


   Existe a percepción de que os anos de posguerra foron unanimemente escuros e dramáticos pero isto é en parte errado. Foron anos de penurias, si, pero tamén ou precisamente por esa razón non faltaban infinidade de festas repartidas ao longo de todo o ano que supoñían un respiro de alegría e de cor en medio de tanta dureza cotiá. Velaquí algunhas das que temos noticias pola prensa. 
 
  Como o Entroido seguía prohibido, unha das primeiras festividades de 1943 foi a da Nosa Señora do Perpetuo Socorro que se celebrou a finais de febreiro. Predicou na misa o padre Sáenz da Orde Redentorista, logo efectuouse a procesión que parou diante da casa do funcionista Manuel González Romero o Capitán, onde Antonio García Giménez cantou un motete con acompañamento de armonio. Tamén se repartiron estampas da Virxe litografiadas polo Eco Franciscano. Agradou moito a imaxe que se inaugurou na igrexa. 
 
  Durante o mes de maio celebráronse cultos na honra da Inmaculada Concepción que acabaron a principios de xuño cunha actuación onde as Fillas de María, instruídas polas damas de Acción Católica Marina Concheiro Iglesias e a profesora Conchita Moar Vázquez, foron ata o altar e recitaron poemas e pregarias, pedindo en todas elas a súa intercesión para logar "una paz honrosa que termine con la sangrienta guerra mundial". Esas nenas* eran Josefina Blanco García, Maruja e Paquita López Camino, Maruja Gaudeoso Bascoy, Josefa Gómez González, Pilar Santos, Lola Prado Iglesias, Lola Botana e Estrella de la Fuente. Non faltou o coro de Viriato Lamas durante a misa. 
   En xuño os veciños das Casillas, A Fraga, Espenica, Vilar, Sar e outros lugares celebraron o San Antón cunha misa cantada por un "coro de señoritas" auxiliadas polo tenor señor Lamas e o barítono señor Faya, acompañados ao armonio por Raquel Soto. 
  En Montaos celebrouse o 24 de xuño a festa do Sacro Corazón onde predicou o padre Tadeo da Orde Capuchina. Tamén celebraron a onomástica do seu párroco don Juan Simal, que foi moi felicitado polos seus fregueses. 
  Os veciños do Casal, Bidueiro, Balado, Darefe, O Alto e outros lugares celebraron ese mesmo día á Virxe do Carmen con misa solemne e verbena. 
  O 27 en Ordes foi a quenda do Corpus Christi, festa custeada por Manuel Cancelada. O funcionista portou o estandarte durante a procesión que percorreu a vila. As casas estaban engalanadas e os seus ocupantes botaban flores ao paso do desfile. Predicou o habitual padre capuchino Enrique María de Cevico e amenizou a festa a orquestra de García Giménez. 
  En Ardemil, parroquia rexentada por don Manuel García Castro, as festas do Mesón dedicadas a San Pedro e ao Santísimo Sacramento ían durar tres días, do 29 ao 31, pero acabaron facéndose tamén o 1 de xullo. 
  Continuando con xullo, o día 2, en Leira celebrouse a festividade da Visitación da Virxe a Santa Isabel con misa solemne e pola tarde romaría con banda de música. 
 
  En agosto tiveron lugar as festas patronais de Ordes, que a pesar de durar esta vez só 4 días, foron unhas das máis memorables da súa historia, porque ese ano (e tamén en 1944) a comisión, encabezada polo alcalde Rafel Mariño Vilela, conseguiu que estivesen amenizadas pola mellor agrupación que se podía conseguir naqueles tempos: a Banda de Infantería de Marina de Ferrol. 
  Vexamos como o conta El Ideal Gallego: 
  «[...] Todo el pueblo se echó a la calle para presenciar el desfile de esta afinada agrupación, que con su banda de gaitas, recorrieron esta villa en medio de la admiración y el aplauso del vecindario, que no recuerda otro acontecimiento semejante. 
  Ya el día anterior se habían escuchado los afinados acordes de la Orquesta "American Jazz" de Marín, la cual también supo conquistar numerosos y merecidos aplausos, debido a la magistral interpretación de las partituras, viniendo hoy a coronar la parte musical la primera agrupación citada, constituyendo ambas la principal distracción de estos habitantes y forasteros [...]». 
  E a pesar diso en Leira non lles tremeu o pulso e competiron con Ordes facendo festa ese ano por Santa María e San Roque con banda de música e "profusión" de fogos artificiais. 
 
  En setembro, o día 14, foi a festividade da Exaltación da Santa Cruz en Montaos e o 16 a Santa Eufemia, con festas multitudinarias en Leira e Barbeiros. En Leira a misa grande tivo que celebrarse ao aire libre pola abundancia de fieis. Foi cantada polo coadxutor de Ordes don Domingo Barbeito Veiras, asistido polos párrocos de Buscás e Ardemil. O sermón estivo a cargo do novo párroco de Rivasar e electo de Fisterra don Juan Bueno Bueno. Pola tarde tivo lugar a romaría amenizada por unha boa banda. 
  Finalmente, o 24, foi a festa da nosa Señora da Mercé na Calle de Poulo, con misa solemne, procesión ata o cruceiro onde se pediu pola paz mundial seguindo as instrucións do Papa Pío XII, e pola tarde a habitual romaría campestre amenizada por unha "afinada" banda.
 
* Josefina Blanco García: filla maior do panadeiro Andrés Blanco Calvo (1903-1975) e de Alfreda García Gende Fleira.
Maruja López Camino: filla do carniceiro Ignacio, muller do Vasco.
Paquita López Camino (1934-1960): muller do taxista Pedro Santos e nai de Alba Santos.
Maruja Gaudeoso Bascoy: filla do panadeiro Andrés Gaudeoso o Loreta e tía da mestra Mª Paz Robado. Emigrou a Brasil.
Josefa Gómez González Fefa (1933-2022): filla do garda civil Jesús Gómez Iglesias o Tolimpo (m.1956) e de Josefa González Jácome (1909-1985), e irmá de Jesús, Elisabet e Alfonso. Casada con Manuel del Río Rodríguez Manoliño do Carteiro, foi nai do profesor e director do IES 1 Manuel del Río Gómez.
Pilar Santos: Posiblemente Pilar Santos Calviño (emigrada), filla de Acacio Santos e Concha Calviño e irmá de Concha Santos, que viviron nos Lagartos.
Lola Prado Iglesias (1932-2016): Filla de Rogelio, casada co carpinteiro pontevedrés José Fontán Fariñas (1934-2021) e nai de Esther Fontán.
Lola Botana: Nin idea de quen podía ser.
Estrella de la Fuente (1934-1978): filla do panadeiro Che e nai da profesora Olga Iglesias de la Fuente.

sábado, 13 de agosto de 2022

Do Cabrón ao Lengüelle

   No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados ao concello de Ordes. Este foi publicado o 2 de abril de 2022.

  En indoeuropeo (ese paraguas general del que proceden casi todas las lenguas de Europa y parte de las de Asia), kar equivale a piedra. Y de ahí deriva el topónimo Cabrón. Nada que ver con la palabra malsonante. Y el río Cabrón nace en O Mesón do Vento y desciende siempre por territorio de Ordes hasta entrar, ya en sus últimos metros, en el de Oroso.
 

   El punto de arranque del paseo es la aldea de As Pombas, que está entre la Nacional 550 a la salida de Ordes (pasada la rotonda y la consiguiente subida) y la iglesia de Buscás. El Cabrón queda a la derecha, abajo, y la pista de tierra resulta cómoda de andar -no apta para coches- o para recorrerla en bicicleta. Cuando se acaba, se desciende, se cruza la corriente y se sigue andando, ahora por la otra margen.
 
  El tramo que viene a continuación abandona de manera decidida el discurrir entre colinas y el Cabrón acomete una llanura muy ancha. La presencia de eucaliptos se mantiene pero a distancia, no están casi encima del río, como sucede metros atrás. En los días de bruma, con los jirones de luz, el espectáculo es fantasmagórico. Una vez cruzado el río, a los cien metros hay que desviarse por una pista sin asfaltar que, en este caso sí, tiene repoblación de altos eucaliptos a una mano y a otra. A la izquierda se deja una granja y pasada esta se intuye por dónde va el Cabrón, si bien no se ve.
 
  Medio kilómetro más adelante remata esa pista y empieza otra. A la derecha, por una zona de monte salvaje, con carballos que siempre animan, vegetación baja. El río está ahí mismo, pero el bosquete de ribera impide la visión. Cuatrocientos metros después arranca un camino alfombrado, casi una corredoira, que permite acercarse a la orilla y tener una visión diferente. Y al poco se acaba la tierra. A la diestra para cruzar una corriente. No, no es el Cabrón, es el Rego de Ponte Ribeira, que de estrecho no tiene nada. Se trata de un afluente que remata su aventura casi ahí mismo.
 

  Otros cuatrocientos metros y el excursionista va a dar a la N-550. O sea, mucho tráfico. A la derecha y la primera a la izquierda. Se circula ahora por una carretera de cuyo firme jamás podría decirse que se encuentra en buen estado. Alguna vivienda salpica en principio el paisaje. El río queda a la izquierda, ya tiene una envergadura respetable, y el caudal va a aumentar porque a los doscientos metros se cruza otro pequeño afluente que en los mapas figura con dos nombres: Rego do Valado y Das Castañas, el cual cincuenta metros más allá rinde sus aguas al Cabrón. En la siguiente duda, a la izquierda (hay un trozo de cemento) y vuelta a cruzar el río trescientos metros más allá, que aquí va muy alegre y cantarín, con aguas claras y escasa profundidad.
 
  El río parece empeñado en despistar al intruso, porque se retuerce dando curva tras curva. Es posible marchar siempre más o menos pegado a él, aunque se pierde de vista porque se interna en un denso bosque del que sale casi al mismo tiempo que el excursionista pisa asfalto y ve las casas de Fosado (topónimo que empieza a ser popular porque ahí se construyó la nueva estación de ferrocarril de Ordes). Hacia la estación hay que ir bordeando el lugar llamado Baldomar. Y un inciso. Podría pensarse que Baldomar viene de Val do Mar, curioso topónimo tierra adentro (¿Dónde está el mar?). El profesor Cabeza Quiles, estudioso de la toponimia gallega, ilustra que se deriva de un antiguo poseedor de ese territorio, Baldemari, de Baldomarus.

 

  En fin, en vez de subir a la estación se pasa por debajo de la vía férrea y se toma el camino de la izquierda, en paralelo a la Vía Verde que está a punto de inaugurarse. Gran plantación de eucaliptos y se llega al punto mágico: el lugar exacto, de gran belleza, donde el Cabrón acaba su recorrido y mezcla sus aguas con las del Lengüelle. De sobresaliente.
Cristóbal Ramírez
EL INICIO: 42º05'49"N  8º23'10"W.
LA FOTO MÁS PERSONAL: En la desembocadura.
TIEMPO: Una jornada relajada si se va andando.
EN BICICLETA: Itinerario factible con unos metros peligrosos al cruzar la N-550.

martes, 9 de agosto de 2022

O Castro Ceidón

 
  O castro Ceidón esta localizado na parroquia de Ordes, ao sueste da vila entre a rúa García Gerpe (que é a pista que vai á Espenica) e a estrada a Poulo CP-3802. 
  É un recinto máis ou menos circular que mide aproximadamente uns 130 metros de norte a sur e uns 120 de oeste a leste. Como tantos outros castros da zona, o terreo está destinado a usos agrícolas e en diversas zonas hai unha vexetación tan densa que é imposible facerse unha idea exacta do lugar. 
  Na súa parte occidental hai un alto terraplén reforzado cun parapeto onde se situaría un foso e un contrafoso, que xa non existen na zona meridional. Na zona norte, xunto a unha profunda depresión do terreo existe un camiño que permite entrar ao interior do recinto, hoxe case totalmente cuberto de arboredo. Na zona leste hai unha terraza defendida por foso e parapeto, visibles porque houbo unha recente corta de árbores que danou algo o parapeto. 
  Ao norte do castro localizábase unha fonte chamada a "fonte das Meigas", orixe dunha lenda popular na zona.
 


sábado, 6 de agosto de 2022

Vodas en 1943

  En 1943 houbo un trío de vodas bastante distinguidas celebradas na igrexa parroquial de Ordes. Curiosamente ningún deses tres matrimonios tería fillos. 
 
  En xuño foi a quenda de María Jesús Moar Viqueira (1922-1950), única filla do xa falecido avogado e político ordense Domingo Antonio Moar Veiras (1871-1939). Mª Jesús, que contaba entón 21 anos de idade, casaba con Carlos Ramón Ballesteros (1917-2004), un mozo de 26 anos, procedente de Corcubión. Carlos era fillo de Cándido Ramón Carrera, médico forense do partido de Corcubión e de Mercedes Ballesteros. Era procurador de tribunais pero veu a Ordes como delegado de Abastos. Por certo que na vila todo o mundo pensaba que "Ramón" era nome e non apelido, así que era coñecido como Ballesteros. 
  O oficiante da misa foi o párroco de Brion, don Domingo Conde Cardama e actuaron de padriños a nai da noiva, Purificación Viqueira Noya (1896-1990), e o pai do noivo, Candido Ramón. Asinaron a acta como testemuñas Ángel e Antonio Concheiro por parte da noiva e Manuel Sendón Amado, José María Ballesteros e José Trillo por parte do noivo. Como delegado do xuíz actuou o prestixioso avogado José María Gil Brandón. 
  Os noivos saíron inmediatamente despois da cerimonia de viaxe para visitar varias cidades españolas. 
  O matrimonio sería feliz pero curto e sen descendencia. María Jesús morrería só 7 anos despois en outubro de 1950, o que sumiu a Ballesteros nunha gran tristeza. Logo deixaría a vila e marcharía para a Coruña coa súa sogra. Anos despois vendeu as valiosas posesións dos Moar (a esquina norte de Alfonso Senra coa Rúa da Canteira onde se fixeron as casas de Viriato). Volveu casar en 1957 con Carmenchu López-Chaves Meléndrez coa que tivo tres fillos. Unha das súas fillas está soterrada no cemiterio de Ordes. 
 
  En xullo os que pasaron polo altar foron Mª del Carmen Verea Remeseiro (1919-2012) e o mestre José Bello Segade (1914-1961). 
  Carmen era filla de Antonio Verea Fandiño (1873-1970), comerciante e primeiro taxista da vila e de Josefa Remeseiro Liste (1896-1986). José Bello, coñecido en Ordes como Pepe Bello, era o mestre que veu substituír a don Nicolás. 
  A voda contou con Olga Bello Segade, irmá do noivo, como madriña e Manuel Verea Remeseiro, irmán da noiva -tamén taxista e futuro alcalde un par de anos despois- como padriño. As testemuñas foron o notario Alfonso Leirós Fernández, o alcalde Rafael Mariño Vilela, o inspector de primeiro ensino Olimpio Liste Naveira e os axentes da Policía armada José Vez Vilar e Jesús Costoya Camoiras. En representación do xuíz actuou Segismundo Viqueira Ramos Mundito. 
  O matrimonio non foi demasiado longo, durou 18 anos, e tampouco tivo descendencia. José Bello morreu en 1961 e Mª Carmen casou de novo con Rogelio Paredes García (tamén viúvo de Mercedes Oubiña Regueiro) arredor de 1970. 
 
  A finais de ano, concretamente o 29 de novembro, contraeron matrimonio o farmacéutico Rafael Álvarez Salgueiro (1910-1974) e Elvira Stolle Ramos (1916-1997), filla do xa falecido xefe de Telégrafos Pastor Stolle. 
  O párroco de Leira don Ramón Pérez Rajoán oficiou a cerimonia, que foi moi íntima por mor do loito da familia do noivo (morrera en marzo a súa irmá Carmelita). 
  Foron os padriños o cuñado da noiva, o avogado e futuro alcalde Juan Liñares Castro, e a nai do noivo Mercedes Salgueiro García. Deu fe da acta o avogado e propietario do Pazo do Peñasco Joaquín Varela Rendueles e asinárona o rexistrador da propiedade Manuel Herrero Maroto, Eduardo Somoza del Río, Segismundo Viqueira Ramos e Antonio Ramos. 
  Neste caso o matrimonio non foi tan curto, pero igualmente non tivo descendencia.

miércoles, 3 de agosto de 2022

O apelido Candal

 
   Segundo o ILG o apelido Candal é escaso en Galicia, apenas algo mais de 2.100 portadores, pero en cambio é o décimo máis abundante en Ordes. Probablemente orixinouse na parroquia de Ardemil e de aí estendeuse polos lugares veciños, incluído o municipio de Carral que é o líder en porcentaxe, aínda que o maior número absoluto corresponde á Coruña con máis de 520 portadores, seguido de Ordes con 425. 
  Do mesmo xeito que Calvo ou Moreno é un apelido que indica unha calidade física da persoa. Candal ten o significado de "alto e delgado como unha candea". Debía ser un alcume que tiveron os primeiros portadores. 
  Como dixemos antes debeuse orixinar preto do Mesón do Vento, porque aínda hoxe máis do 20 % dos alumnos do seu colexio levan este apelido (e algúns por partida dobre). Con esta abundancia houbo bastantes portadores destacados. 
 
  A mediados do século XIX sabemos que había un tal Jacobo Candal, propietario dunha parada de sementais na parroquia de San Pedro de Ardemil. 
  Xa nos anos 30 do século XX o asociacionismo agrario deixouse sentir en toda Galicia e Ardemil non foi a excepción. Unha destas organizacións foi o Sindicato de Profesiones varias y Campesinos de Brea-Ardemil. Era o seu presidente Francisco Candal Barbeito e Maximino Candal Ríos o seu secretario. 
  Ao remate da Guerra Civil Ardemil foi unha das parroquias onde houbo máis resistencia antifranquista. Aí destacaron dous homes:
José Candal Bouzas Candal (1907-1990) era veciño e natural de Mámoas. Foi militante das Juventudes Socialistas, logrando saír indemne do golpe de 1936. Posteriormente ingresou como enlace da 4ª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 7 de agosto de 1947 foi preso pola Garda Civil de Ordes da que sufriu tortura.
José Candal Gómez formou parte da ducia de homes que Juan Couto Sanjurjo recrutou na súa parroquia natal para, o 13 de abril de 1946, levar a cabo unha sabotaxe no Canedo. Foi condenado a 4 anos de cadea.
 

  Moi coñecido pola súa actividade comercial foi Avelino Candal Candal (1923-2005), o 3º dos 5 fillos de Pedro Candal e Carmen Candal Boga (1900-1973). Avelino foi o propietario do que hoxe é o máis famoso restaurante do Mesón do Vento. Casado con Carmen Fariña Barbeito (1935-2022), tivo dous fillos tamén moi coñecidos, Jose Manuel Candal Fariña, o actual propietario do restaurante, e Avelino Candal Fariña que tamén traballa na restauración en Santiago e foi uns anos concelleiro e líder do BNG de Ordes (mentres o seu irmán curiosamente simpatizaba co PP).
 
 
  Non obstante o Candal máis coñecido a nivel galego non foi nativo de Ardemil, senón de Gouzón en Leira. Falamos de Manuel Candal Candal (1935-2009) o Manco de Gouzón, que emigrou a Vilamartín de Valdeorras onde traballou como funcionario e onde sería alcalde durante 36 anos! El é a orixe dos portadores do apelido nese concello. 
  
 
  Na vila de Ordes establecéronse campesiños de Ardemil buscando un futuro mellor. Tal foi o caso de Alfonso Candal Iglesias (1906-1978), chamado Alfonso de Mingos por ser fillo de Domingo Candal Candal (m.1947) -e de Manuela  Iglesias García (m.1954)-. Alfonso traballou no serradoiro Wais e casou con Antonia Iglesias López (1911-2007) coa que tivo 7 fillos: Amalia, Javier Alfonso, Mª Teresa, Milagros, José Luis, Jaime e Juan Ignacio. Obviamente, o 2º, Javier Alfonso Candal Iglesias (1934-2010), foi o máis coñecido. Aprendeu o oficio de xastre e montou un famoso comercio de roupa na rúa Alfonso Senra 120. Casado con Aurelia González Hernández, tivo catro fillos: Javier Alfonso, Cristina, Beatriz e Mario Candal González, que continuaron co negocio familiar e montaron máis tendas en Ordes, Santiago e Bertamiráns.
 
  Outros que emigraron a Ordes foron algúns dos 8 irmáns Candal Candal, dos que varios traballaron como taxistas. Os dous menores, Oswaldo Candal Candal (1936-2002) e Dionisio Candal Candal foron os que montaron a principios dos anos 70 a primeira sala de festas da vila que se chamaba -viva a redundancia- Os Candales. O irmán maior Manuel Candal Candal (1922-2017), casado con María Vázquez Leis (1922-2008) e que viviu na rúa de Compostela, foi chófer do serradoiro Wais e taxista, oficio que tamén desempeñou Ismael Candal Candal e que continúa o seu fillo Ismael Candal Maroño.