O apelido Veiras é o duodécimo máis habitual
no concello de Ordes con 400 portadores, a maioría na parroquia de Poulo
(Pardiñas, o Outeiro, a Calle, Lavandeira...). Probablemente aí tivo a súa
orixe e logo estendeuse tamén ás parroquias veciñas como Buscás, Barbeiros ou
Ordes (a Espenica, a vila ...).
De todos eles, a familia máis coñecida son os
chamados Veiras de Pardiñas.
O primeiro membro da familia de quen temos
noticia foi José Veiras Sánchez, propietario dunha parada de cabalos e asnos sementais, casado con Margarita Camba y Agra de Sta María de Viladavil de Arzua
(1809-1879), irmá do sacerdote José María Camba (m.1873) moi coñecido naqueles
tempos. Con ela tivo 4 fillos: José, Domingo, Antonio e Jesusa.
Domingo
Veiras Camba (m.1887 de tuberculose) casou con Pilar
Veiras Viqueira da Blanca. Foron os bisavós de Gumersindo de Pardiñas.
Antonio
Veiras Camba (1845-1930) -concelleiro en 1910- e María Mosquera Uzal (m.1925), irmá do patriarca dos Mosqueiras da Costa, foron os bisavós de Concha
Veiras, herdeira da casa rural Antón Veiras.
María Jesusa (m.1915) casou
para Buscás con Andrés Moar del Río (m.1876) da rica familia
Moar dos Ramos e sería nai de
varios fillos, un deles o famoso avogado Domingo Antonio Moar Veiras. Tamén é a
bisavoa de Manuel Moar Martínez Manolito de Ramos.
|
O maior, José
Veiras Camba (m.1914), herdeiro da casa familiar, casou con Josefa Pérez Souto da rica familia
Pérez (os Peres de Barbeiros), coa que tivo 10
fillos.
José Veiras Pérez, o primoxénito, morreu en 1890.
Mª Josefa casou con Pedro Sánchez Sánchez de Xanceda (Mesía).
María casou en 1894 con Jerónimo Villaverde da Espenica e tiveron 2 fillos.
Dolores con Manuel Villasenín Mosquera
da Aldeíña (Barbeiros) e tiveron 3 fillos.
Jesús Veiras Pérez foi o herdeiro da casa familiar pola morte do
primoxénito.
Manuel casou en 1908 con Josefa
Suárez Mosquera de Barbeiros.
Pedro casou con Margarita Martínez Rey de
Carballedo (Buscás).
Jesusa casou con Ricardo Viqueira de Nogalláns
(Trazo), patriarca dos Nogallás.
Margarita casou con Manuel Castro Juncal de
Tordoia.
Mª Antonia casou con Vicente Cancelada de Carballedo e non tiveron fillos.
|
Jesus
Veiras Pérez (1877-1954) casou en febreiro de 1901 con Francisca
Bello Suárez (1875-1950) doutra rica familia campesiña, os Bello
de Pereira. O matrimonio tivo 5 fillas e un único e último fillo varón: José.
A
maior, María
Josefa (1902-1985), casou co seu curmán por parte materna José Mosquera Bello, herdeiro da
familia Mosqueira
da Costa de Poulo que vivía a
escasos 1.500 metros
de Pardiñas. Tiveron 7 fillos.
A
segunda, María
(1906-2002), viviu no Casal despois do seu matrimonio con José Martínez Martís (1901-1992) con
quen tivo 6 fillos. Un dos seus netos é o actual alcalde de Ordes.
Dolores (1910-1993) casou con Manuel Mariño Martínez Mariño das
Corredoiras (1913-1978) co que tivo 3 fillos.
A
máis nova das catro, Mª Carmen (1912-2010), volveu unir o sangue
familiar cos Peres de Barbeiros. Viviu nos
Mandaios co seu marido Jesús Pérez Cea
co que tivo dous fillos.
Houbo
outra irmá, Jesusa,
que morreu moi nova en 1921.
José Veiras Bello (1915-1994), coñecido como Veiras
de Pardiñas ou o Pardiñao, non foi o
típico propietario que viviu das súas terras. Tamén foi empresario, propietario
do "Salón Veiras" (naquel tempo chamábanlle salóns ás salas de
festas) que estivo aberto entre os anos 1965 e 1972, ubicado ao lado dun
edificio en Alfonso Senra 96 que tamén era seu -sede durante moito anos do
"Centro cultural e recreativo", o casino-.
José
casou con Dolores Pérez Cea (m.2020) -irmá do
seu cuñado Jesús, ou sexa: houbo dobre unión cos Peres-.
Con ela tivo 3 fillos: Mª Carmen, Jesusa e Jesús. Estes dous últimos casaron
para Curtis e Noia, sendo a primeira, Mª Carmen Veiras e o seu marido José
Baleato Costa (1938-2025), quen viven agora na casa familiar.
FONTE: Francisco Javier Baleato Veiras e Manuel Moar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario