Unha das familias máis ricas de Ordes foron
os Liñares, propietarios da mellor zona da vila, a esquina nordeste do cruce.
Sen embargo hoxe apenas queda algún membro na vila porque a maioría marcharon a
outros lugares.
O patriarca da familia foi, no século XIX, Juan Liñares Carmuega casado con Carmen Iglesias Rodríguez. O seu fillo, Gumersindo Liñares Iglesias (m.1929), foi alcalde de
Trazo durante 18 anos.
Politicamente, apoiou a Antonio del Río, pero cando este caeu non tivo
problemas en pasar ao bando de Saturnino Aller. Era un home de carácter porque
no ano 1923, no golpe de estado de
Primo de Rivera, negouse a entregar o "seu" bastón de mando á
autoridade militar, o que lle custou ser detido e levado á Coruña. A prensa quedou
sorprendida de que no seu concello non houbese libros de actas nin de contas.
Casou con Pilar Iglesias Rápela. Os Iglesias Rápela (coñecidos popularmente como os Rapelas) eran unha familia de posición con casa en Deixebre. Unha das irmás casou co
médico Antonio Concheiro Ródriguez, por tanto os Concheiro Iglesias eran curmáns dos Liñares Iglesias.
Tiveron cinco fillos que compartían os mesmos
apelidos que o pai: Carmen, Francisco, Juan, Teresa e Gumersinda Liñares Iglesias.
Carmen, a filla maior, casou con Diego Ruíz, Teresa co médico de Cerceda Luis Rivas Marzoa e Gumersinda co administrador de correos de Cambre Antonio de Salvador Guzmán de Villoria y Palavicini (m.1965 e soterrado en Ordes no panteón familiar).
O segundo irmán, Francisco (1882-1941), foi médico en Frades e Ordes e casou en 1917 coa moza do Mesón, Concepción Ramos Insua -irmá de Celsa, a muller máis rica do lugar-, matrimonio que non tivo fillos.
Carmen, a filla maior, casou con Diego Ruíz, Teresa co médico de Cerceda Luis Rivas Marzoa e Gumersinda co administrador de correos de Cambre Antonio de Salvador Guzmán de Villoria y Palavicini (m.1965 e soterrado en Ordes no panteón familiar).
O segundo irmán, Francisco (1882-1941), foi médico en Frades e Ordes e casou en 1917 coa moza do Mesón, Concepción Ramos Insua -irmá de Celsa, a muller máis rica do lugar-, matrimonio que non tivo fillos.
Pero o que máis nos interesa é Juan Liñares Iglesias (1885-1951) que foi xuíz municipal,
empresario (xerente dos autobuses "El Noroeste" e da "Eléctrica de Órdenes"), banqueiro e, en 1930, alcalde do concello. Casou en 1906 con María Castro Bao (1887-1961) e
tiveron 10 fillos: Gumersindo, Juan, Luis, Pilar, Olimpio, Julio, José, Manuel, Mª de los Ángeles e Ramón.
Parece que foi el o que iniciou a tendencia de quitar o "ñ" do apelido para castelanizalo como "Linares" que lle parecía máis elegante.
Parece que foi el o que iniciou a tendencia de quitar o "ñ" do apelido para castelanizalo como "Linares" que lle parecía máis elegante.
Gumersindo
Liñares Castro foi o propietario do famoso "Bar Liñares", punto
de reunión das familias VIP de Ordes na posguerra. Casou en 1931 cunha
moza da boa sociedade madrileña, Valentina
Martiáñez Bengochea, e un dos seus fillos foi o moi famoso bailarín Juanjo Linares (sen "ñ" coma o seu avó). Cando Gumersindo deixou o bar, pasou a mans do seu irmán Julio. A muller deste, Dolores Iglesias Moar, foi a inventora
do popular "queique" de Ordes.
Outro irmán, Manuel (1923-1999), foi propietario da droguería próxima ao cruce.
O máis destacado foi Juan Liñares Castro (de mozo Juanitiño e tamén -por razóns obvias- O manco dos
Liñares), avogado, que chegou a ser alcalde
de Ordes nos anos 50. Casou con Ángela
Stolle Ramos, filla de Pastor Stolle, xefe de telégrafos. Tiveron
10 fillos, dos cales poucos quedaron en Ordes: Mario que traballaba na Caixa
de Aforros, Mª Jesús Liñares
Stolle, propietaria da farmacia que había en Alfonso Senra 112 (agora, no outro lado da rúa, Nº 139, a propietaria xa é unha neta, Mª Gemma
Rodríguez Liñares), Pituca, muller de Jorge Concheiro, e Gemma, de Mario Concheiro. O resto dos fillos espalláronse por diveros lugares como
Coruña, Ferrol e mesmo Pola de Laviana en Asturias (Juan Pastor, tamén farmacéutico).
No hay comentarios:
Publicar un comentario