sábado, 24 de abril de 2021

A Corporación do 36

   As eleccións do 16 de febreiro de 1936 foron gañadas pola Fronte Popular en España, pero isto non supuxo un cambio inmediato en Ordes. Os elementos de esquerdas fixeron unha gran celebración na casa de Juana García Mouriño, matriarca dos de Carballo e tía de García Gerpe. Tamén se manifestaron pola vila ao día seguinte, pero a constitución da nova corporación non tivo lugar ata o 7 de marzo, case tres semanas despois. Sería delegado gubernativo Manuel García Rivas (con amplas facultades, mesmo a de elixir concelleiros) e constaba dos seguintes integrantes: 11 membros de Izquierda Republicana, 4 do Partido Galeguista e 2 do Partido Socialista.

Alcalde: Antonio Fuentes Gonzálvarez, Ordes. IR
1º Tenente: Pedro del Río Carmelo, Ordes. IR
2º Tenente: Pedro Álvarez Sánchez, Ordes. PG
3º Tenente: Jesus Nouche Maceiras, Lagos - Barbeiros. IR 
Sindico: José Areoso Vieites, o Bidueiro - Ordes. PG
Concelleiros: Jesus Liste Remuiñan, Grela de Abaixo - Parada. PS
Pedro Gomez Gaudeoso, Ameixeira - Vilamaior.  PS
José Raña Fernandez, Ludiño - Pereira. IR
José Castro, Queis - Montaos. IR
José Iglesias Liñares, A Rúa - Buscás. IR
Juan Rios García, Ordes  IR
Manuel Remuiñan Figueira, Castro - Parada. IR
Pedro Graña Blanco, Ordes. IR
Manuel Fraga Castro, Parada. IR
José Lopez Garaboa, Castiñeira - Leira. IR
Ramón del Río Vázquez, Ordes. PG
Juan Rodríguez Iglesias, Ordes. PG
 
  Curiosamente nin Manuel García Gerpe (Izquierda Republicana), nin José del Río Pampín (Partido Galeguista), nin Manuel del Río Pampín (PSOE), os líderes dos partidos da Fronte Popular en Ordes estaban nesa corporación.

 O día 8 de marzo, con gran xolda, trasladan documentación e mobles nun camión ata a nova Casa do concello, o domicilio do propio García Rivas, alegando mal estado da anterior. O 15 de marzo, apenas unha semana despois, ignoramos a razón, o Gobernador Civil destituíu ao alcalde Antonio Fuentes, que sería substituído o 26 de marzo polo profesor de Carral Germán Doval García, sendo alcalde interino durante ese breve lapso Pedro del Río Caramelo.

  Inmediatamente comezaron as represalias. Investigouse a actuación do alcalde de dereitas Antonio Concheiro Iglesias durante o seu mandato desde o ano 1931. Obviamente realizáronse acusacións de falsificación de documentos e malversación de fondos públicos e enviouse un informe ao presidente da Audiencia Provincial. Tamén se pediu a suspensión de emprego e soldo do médico municipal Antonio Concheiro Rodríguez, pai do anterior, ao que acusaron de cobrar por atender a familias pobres e por expedir cobrando certificados de defunción e pobreza. Ese mes de abril foron detidos por reunión ilegal Antonio Concheiro, Juan Amigo Iglesias (avogado), Jesús García Calvo (escribán) e as mulleres Jesusa Ramos, Carmen Prego, María Candal e Dolores Ferreiro.

  Logo chegou a hora dos proxectos: elaboración dunha listaxe de pobres de solemnidade para que puidesen recibir asistencia gratuíta e creación de escolas mixtas en Montaos, Parada e Vilamaior. Pero, como sempre, a escaseza de fondos impediu que chegasen a bo porto. Si houbo o habitual cambio de nomes de rúas. A rúa do Recreo que ata entón era "Saturnino Aller" (o cacique da restauración), pasou a ser denominada "Santiago Casares Quiroga", nese momento ministro de Obras Públicas e do mesmo partido que a maioría da corporación.

  En maio unha comisión de destacados da Fronte Popular viaxan a Madrid para visitalo e tentar conseguir diñeiro para os seus proxectos.

  O 16 de xullo a corporación, presidida por Pedro del Río Caramelo, celebra a súa vixésima (e última) sesión. 8 días despois, o 24 de xullo, a corporación será oficialmente disolta polo novo réxime e Policarpo Galán Pérez, tenente da Garda Civil retirado, nomeado delegado militar e responsable do concello. O 14 de setembro sería nomeado primeiro alcalde da época franquista o tamén militar Arturo Pérez Loureiro
FONTE: Obradoiro da Historia

sábado, 17 de abril de 2021

A visita do gobernador

  Velaquí un interesante artigo publicado en La Voz de Galicia o 28 de Xullo de 1891, que narra dun xeito bastante divertido a visita a Ordes do gobernador civil Maximiliano Linares Rivas nun complicado momento político no que o cacique do distrito, Saturnino Aller, a pesar de pertencer ao Partido Liberal, estaba apoiando aos conservadores.
 
Sr. Director de LA VOZ DE GALICIA
  Distinguido amigo: A las doce de la mañana del 23 llegó a esta localidad, procedente de esa capital, un ripert con 20 músicos y danzantes.
  Pertenecían aquellos a la banda de Luzón y les acompañaba el oficial primero del Gobierno Civil D. Ponciano Rodríguez y el procurador de este juzgado D. Policarpo Rivas Godoy.
 
  Divulgada la noticia de que tales viajeros venían contratados para dar serenata al Sr. Linares Rivas durante su corta estancia en esta villa, el vecindario se apercibió a contemplar como el ex-secretario de este municipio, Sr. Aller, preparaba, con celo digno de alimentista neófito, alojamiento para los forasteros, viandas para el banquete político y elementos para una espontánea recepción entusiasta.
  La ovación no resultó, porque los chicuelos, gratificados con perras chicas, se cansaban de dar vivas y de hacer ruido, y aún tornan los vivas en mueras si hay quien les de perras grandes, como aconteció aquí.
 
  A las siete y media de la tarde llegaron el gobernador, su inseparable hija, su agradable doncella, el comandante de la Guardia Civil señor Obrador y los señores Amigo, Vázquez, Rodríguez y Aller, que habían salido en coche una hora antes.
  En el domicilio de este último se hospedó el gobernador con su familia.
  La serenata comenzó a las nueve de la noche con escasísima concurrencia de curiosos.
 
  Entretanto se celebraba el banquete, al que asistieron los siguientes comensales:
  Señor Linares, su hija señorita Daniela, su doncella, señor comandante de la Guardia Civil don Antonio Obrador, oficial primero del Gobierno Civil D. Ponciano Rodríguez.
  En representación del Ayuntamiento de Trazo: D. Juan Liñares Camuerga y su hijo D. Gumersindo; por el de Oroso, D. Jacobo de la Iglesia y D. Jesús Varela; por el de Mesía, D. Ricardo Vázquez; por el de Frades, D. Antonio Garea; por el de Tordoya, D. Antonio Mosquera; por el de Buján D. Juan Amigo Fontán y su hijo D. Celestino; por el de Cerceda, D. Manuel Pedreira Álvarez; por el clero, el cura párroco de Lavín D. José Queipo, y no llegamos a saber a quienes representaban los sres. D. Manuel Astray López, Saturnino Aller Rodríguez y Policarpo Rivas Godoy: total 19 comensales.
 
  Observarán nuestros lectores, que no tuvo Órdenes representación en el banquete, y nadie con más derecho podría hacerlo que D. José Pena Frape, alcalde presidente del municipio de esta localidad, pero nos aseguran, que su amo D. Saturnino, lo tenía ocupado en la cocina disponiendo el menú.
  No pudo, en verdad, llegar a menos la alcaldía de Órdenes.
  Parece que no hubo brindis, para evitar que salieran a la superficie las disidencias que dividen a los comensales.
  No obstante, uno de estos pidió que en el reparto de consumos no se incluyese a los curas de Trazo.
  La proposición es digna de los conservadores.
  No he podido averiguar si brindó la doncella del gobernador por la salud de la señora gobernadora, porque acerca de tan delicados extremos guardan los convidados impenetrable reserva.
  
  A las doce de la noche terminaron comida y serenata, y cada mochuelo se retiró a su olivo.
  A las cinco de la madrugada la música tocó diana en la carretera.
  Algunas bombas anunciaron la salida de los viajeros para Santiago.
  Cuando llegaron a Sigüeiro advirtió la señorita Daniela que se habían quedado en Órdenes sus zapatillas.
  ¿Para qué sirve la Guardia Civil? Para hacer una jornada en busca de las zapatillas de las hijas de los gobernadores aficionados a viajar en familia.
  La Guardia Civil llenó esta misión cumplidamente.
 
  Resulta demasiado extensa esta carta, y por eso dejo para otra ocasión el ocuparme del aumento de gastos en los presupuestos municipales, de la consignación de sueldos para oficiales que no existen más que en la nómina y de otros asuntos de dinero que han de dar motivo a comentarios y disgustos.
  Puedo anticiparle que la moralidad de los conservadores no se ha dignado todavía hacer una visita a este distrito. Suyo afectísimo.
EL CORRESPONSAL.
Órdenes, Julio 25 de 1891.

lunes, 5 de abril de 2021

Parroquia de Poulo

  Poulo, xunto con Buscás e Ordes é unha das tres parroquias interiores do concello. Iso significa que está localizada  máis ou menos no centro pero algo ao sueste.
   Segundo a páxina web do concello a súa extensión é de 9,66 km², o que parece excesivo mirando o mapa oficial da Xunta. Outros documentos anteriores dábanlle só 8,17 km².

  A súa orografía presenta unha clara pendente de leste a oeste. No nordés están as cotas máis altas (370 metros no Costón) mentres que as máis baixas sitúanse no oeste e suroeste ás beiras do río Cabrón. Este, que serve de fronteira coa parroquia de Ordes, é o principal curso fluvial xunto co seu afluente o Rego da Ponte Ribeira, co Rego dos Muíños do Cubo como subafluente, regando os dous últimos a zona oriental da parroquia.

 

  Aínda que polo sueste discorre a AP-9, as principais vías de comunicación son a estrada a Curtis AC-524, que percorre a parte norte, e a estrada a Pontecarreira AC-3802 polo sur. A pista que as une xunto con un ramal que desemboca na rotonda da Ronda Leste son as verdadeiras vías de vertebración, porque nelas están todos os núcleos de poboación agás Pardiñas, o máis setentrional da parroquia.

  Esta configuración define os usos do solo. Nesa franxa onde están 8 dos 9 núcleos (a Costa, o Outeiro, Lavandeira de Baixo, Lavandeira de Riba, a Blanca, a Senra, a Calle e o Piñeiro) e que chega ata o río Cabrón predominan os pasteiros e as leiras de millo. O resto (norte, sur e leste) é zona arborada agás nos arredores de Pardiñas.

  A poboación no ano 2000 era de 346 habitantes. A pesar de ter un par de pequenas subidas, agora está en claro descenso e en 2021 era de 317 habitantes, sendo a Calle (159) o núcleo máis poboado.
 
LUGARES: A Blanca, A Calle, A Costa, Lavandeira de Baixo, Lavandeira de Riba, O Outeiro, Pardiñas, O Piñeiro, A Senra.
 
 
  Conta con fermosas paisaxes e está atravesada polo Camiño Inglés que é onde podemos atopar os principais monumentos e lugares de interese. No Outeiro están a igrexa parroquial de San Xian, a antiga reitoral, hoxe convertida en albergue de peregrinos, e a casa rural "Antón Veiras". No principal núcleo, a Calle, están a Casa Maldonado (onde pernoctou o rei Felipe II), un interesante cruceiro ao lado do Bar "O Cruceiro" e a capela da Mercé. Nesta gárdase a imaxe da Virxe da Mercé que esperta moita devoción e a quen se lle dedica unha famosa romería o 24 de setembro.
 
 
  A parroquia estivo habitada deste tempos prehistóricos como testemuñan o castro da Senra e o que está a uns 400 metros ao nordeste de Pardiñas.
  No Antigo Réxime, Poulo (xunto con Leira, Ardemil, Faramilláns e Buscás) pertencía á xurisdición de Mesía, mentres as outras parroquias ordenses formaban parte da de Folgoso.
  O feito de estar cruzada polo Camiño Inglés era unha fonte de prosperidade para a parroquia. En 1554 pernoctou na Calle o propio rei Felipe II e en 1669 o Gran duque de Toscana Cosme III de Médici.
 
 
  En 1607 Jerónimo del Hoyo nas "Memorias del Arzobispado de Santiago" di que Poulo tiña 48 fregueses (uns 216 habitantes dos 2.600 que habería no concello), máis que Ordes que tiña 44, pero por debaixo de Ardemil, Buscás, Leira e Vilamaior.
  Sabemos que, polo menos desde 1720, había na Calle unha casa de postas onde se cambiaban os tiros dos cabalos e repousaban os viaxeiros. No Catastro del Marqués de La Ensenada de 1749 os habitantes declaran ser de señorío do arcebispo de Santiago a quen lle pagaban os impostos. Había uns 65 veciños que cultivaban trigo, centeo, millo, millo miúdo, liño, nabos e verzas "gallegas". Contaban na Calle cun mesón e taberna propiedade de Benito Uzal. En 1764 comezou a construción do Camiño Novo (actual N-550) que afectaría profundamente á parroquia no futuro.
 
  Ao redor de 1820 operou na zona unha partida de bandoleiros denominada a "Gavela de Poulo" que asaltaba xente rica, curas e viaxeiros. Formaban parte dela dúas mulleres: Andrea Agustina Rodríguez e María Benita Barragán.  
  Ese mesmo ano, Poulo foi a capital dun partido xudicial que constaba de 9 concellos: Poulo, Pasarelos, Montaos, Encrobas, Val de Barcia, Dubra, Vilarprego, Folgoso e Mesía.
  Só durou 3 anos porque o rei Fernando VII en 1823 decidiu declarar nulos todos os concellos constitucionais e retornar ao Antigo Réxime. Despois da súa morte, cando se reorganizou de novo o territorio en 1836, a capitalidade do concello e do partido xudicial xa lle correspondería a Ordes.
  En 1849 o Diccionario de Madoz di que Poulo tiña 50 veciños, cuns 600 habitantes -dato pouco fiable, pois a Ordes con 63 veciños só lle atribuía 322 habitantes-. Producía centeo, millo, trigo, legumes e pastos. Había vacas, cabalos, ovellas e porcos ademais de caza de perdices, lebres e xabarís. A industria era a agrícola e dous muíños fariñeiros. Xa se celebraba unha importante feira na Calle.
  Esta feira sería logo trasladada a Ordes pero en 1872, sendo alcalde Antonio Mosquera, voulveu a celebrarse en Poulo o 2º domingo do mes. No século XX perderíaa definitivamente.
  Nese século unha das familias máis ricas eran os Veiras, que tiñan unha parada de sementais.
  En 1876 Poulo tiña 422 habitantes (moitos máis que na actualidade) e era unha das parroquias máis poboadas do concello.
  En 1889 tivo lugar en Leira o Crime dos caldeireiros, famosísimo na época. Tanto a vítima como os asasinos eran de Poulo.
  A finais do século XIX xa había escola na parroquia e algunhas das mestras foron Clotilde Amor del Río, Francisca Platas Piñeiro e Teresa Culebras. O sacerdote era Felipe Castro Conde.
 
  A principios do século XX a escola tivo de mestras a Mercedes Castro Amor, Mª del Carmen Rivas Marzoa, etc. Sería suprimida no ano 2002. Volveu Laureano Varela Ferreiro (1869-1928), un rico indiano que fixo a súa fortuna coa cana de azucre en Puerto Rico e logo chegaría a ser propietario da Casa Maldonado. Tamén chegou nese tempo o sacerdote José Mª Barreiro García (1878-1972), que arranxou as igrexas e a casa reitoral.
  Poulo non foi das parroquias máis afectadas pola Guerra Civil. Se ben o guerrilleiro José Ríos Gómez (1912-1947) era natural do Outeiro, trasladouse de moi neno a Parada e era coñecido como Ríos da Pontraga.
  Desde a posguerra, como o resto do rural ordense, Poulo foi perdendo habitantes aos poucos. En 1961 chegou a electricidade, pero non revertiu esta tendencia.

jueves, 1 de abril de 2021

Valadouro & Co

   Setembro de 1998 foi o momento da aparición do primeiro cómic* producido e publicado na comarca de Ordes e que ademais tiña unha temática local. 
 
  O autor, Xan Ferreiro de 38 anos, vivía naquel momento en Ponteceso porque era profesor de Educación Primaria en Cabana de Bergantiños. Gran afeccionado ao cómic, levaba desde os anos 80 debuxando baixo guión propio páxinas soltas coa idea de chegar ás 48 dos clásicos álbums franco-belgas. Cando alcanzou esa cifra, contactou con Edicións Xerais que se negaron a publicalas porque non vían mercado suficiente para o cómic non subvencionado (aínda que doutra banda lle propuxeron ilustrar libros infantís). Manuel Pazos, o creador da asociación Obradoiro da Historia coa que Xan colaboraba, aconselloulle a autopublicación de 500 exemplares e ofreceuse para a distribución. Así, a finais de ano apareceu en librerías e tendas da Coruña, Santiago, Sigüeiro, e por suposto Ordes "Valadouro & Co".
 
  As historias autoconclusivas seguían as andanzas de Xan Valadouro, un mozo "mediocre nos estudos, pobre, baixo e non moi guapo, co estómago estragado, preocupado pola caída do seu cabelo e porque as rapazas non lle facían caso". De paso, aínda que el non o dixese, era bastante pedante. Como todo bo antiheroe que se prece as historias de Xan adoitaban acabar mal.
  Do mesmo xeito que Xan estaba baseado no propio autor, os secundarios tamén se inspiraban nos seus amigos e en personaxes reais de Ordes, porque aínda que Valadouro vivía nunha vila chamada Torpes, a primeira viñeta deixaba ben claro onde se enmarcaba a historia. 
 
 
  O éxito foi total. Vendéronse os 500 exemplares e hoxe a revista é practicamente imposible de atopar. O autor foi entrevistado por Carlos Portela (o Doutor TNT) e algúns dos seus amigos apareceron na TVG no "Xabarín Club". En Ordes especialmente celebrada foi a páxina 23 "Marcados polas urnas" onde se caricaturizaba aos tres líderes políticos de entón: Teodosio Martino, Jaime Ferreiro e Ramiro Recouso.
 

Catro anos despois sairía unha 2ª parte, "Valadouro & Co2", pero esa xa é outra historia. 
 
* Polo menos o primeiro cunha comercialización "profesional" porque pola mesma época Pedro Fernández Faya tamén facía cómics, como "Capitán Greenpis" (1995), que fotocopiaba e distribuía ás súas amizades.