Os Coutos de Reboredo proceden
de Ardemil, pois alí naceu Juan Couto. Tiña polo menos un irmán, chamado Bernardo,
e unha irmá, María,
nacida en 1885 e que por certo case foi asasinada a tiros por un ex-mozo en
1915.
Bernardo casaría con María
Sanjurjo e serían os pais da centenaria Concha (1915-2015), do guerrilleiro Juan
Couto Sanjurjo* (1917-1999) e do barbeiro Manuel (n.1919) que tamén estivo no
cárcere por axudar á guerrilla. Outros dos seus fillos serían Evangelina, José o Moreno de Couto (1924-1996), casado con Mª Carmen
Sánchez Viqueira, e Pura (1928-2021) que viviu no Canedo co seu marido José Mª
Garaboa Candal.
Juan Couto Candal (1890-1968) casou con Estrella Prado Cancelada (1895-1974)
e estableceuse en Reboredo.
Estrella si era de Reboredo, da familia
Prado. Un dos seus irmáns foi José Prado
Cancelada (1900-1989), pai de 7 fillos, o 2º dos cales foi o
construtor Manolo Prado Moure Manolo de Prado
(1934-2011). Algunha das súas irmás eran María (1897-1982) que non casou, Rosa
(1906-1994) que casou para A Espenica con Andrés Iglesias Vázquez, e Jesusa
(1907-1980) que casou con Vilariño de Reboredo.
|
Juan
e Estrella tiveron 6 fillos: Manuel, Avelino, Mercedes, José, Andrés e Juan
Couto Prado. Algúns deles na súa mocidade montaron un grupo de música tradicional.
Manuel Couto Prado casou con Antonia Santos Loureiro e estableceuse na
Coruña. Tiveron dous fillos: María e Manuel Couto Santos.
Avelino (1924-2014) viviu en Reboredo coa súa muller Josefa Rivas Suárez (1928-1978),
coa que tivo dous fillos: Manuel e Fernando. O primeiro morrería moi novo, aos
23 anos de idade. Avelino rematou os seus días na illa de Fuerteventura.
Mercedes Couto Prado (1926-2020), a única muller da familia, casou con Ricardo
Remuiñán Ríos (1924-2010) que procedía do lugar dos Blancos, a pouca
distancia de Reboredo. Alí vivía a súa nai, María Ríos Regos (1888-1973) que
casou co seu criado Antonio Remuiñán Pulleiro (1896-1963). Mercedes e Ricardo tiveron
4 fillos: Antonio, Carlos, Manuel e Ricardo Remuiñán Couto. Antonio Cachito tivo unha tenda de motos a carón da de
Higino. Manuel, o 3º, morreu moi novo aos 35 anos de idade.
José Che (1932-2018) tivo
un fillo con Emilia Franqueira da Poza de Mercurín pero casou con Carmen Castro
de Vilaverde da que se acabou separando. José Antonio, o fillo, casou cunha
moza de Darefe da coñecida familia Carril.
Andrés Couto Prado (1934-2021) de mozo foi barbeiro. Emigrou xunto co
seu irmán Juan a América. Á volta e coa herencia asociáronse con Caxide e
Alberte en negocios de construción. Casou con María Rivas Suárez (1936-2023),
irmá da muller de Avelino, e acabaron vivindo no Piñeiro. O matrimonio tivo
dous fillos: Mª Esther e Juan.
María Esther Couto Rivas que naceu en Montevideo en 1960 é a máis
coñecida da familia. Licenciada en Dereito, militou no PSOE e foi concelleira e
portavoz do seu grupo en Ordes. Entre 2004 e 2008 sería deputada do Congreso e
posteriormente entraría no Ministerio de Cultura como asesora parlamentaria do
ministro César Antonio Molina. Casou co seu primo 2º, José María Couto Sánchez
(o 2º fillo de José Couto Sanjurjo). O matrimonio ten dous fillos: Carlos e
Natalia Couto Couto.
Juan Couto Rivas casou con Teresa Viqueira Campos, filla do construtor
Manolo de Pura. Con ela tivo dous fillos:
Iago e Laura Couto Viqueira.
Curiosamente Andrés Couto
morrería practicamente ao mesmo tempo que a súa consogra Manuela Campos Boquete
(1946-2021). El sería soterrado ás 4 e ela ás 5 da tarde do 24 de decembro de
2021.
Juan Couto Prado casou con Carmen Lago Bastos, filla de Jesús Lago Campos
e Carmen Bastos Estévez, ambos os dous mortos en 1988. Tiveron dous fillos: Álex e Rosana.
*Juan Couto Sanjurjo, coñecido
como Simeón,
naceu en Mámoas (Ardemil) en 1917.
Traballaba
como labrador e empezou a facer de enlace da guerrilla ata que foi descuberto,
polo que se botou ao monte en xaneiro de 1946, incorporándose ao destacamento
Manuel del Río Botana dirixido por Manuel Ponte. Participou en varias accións
como o asalto a un tren cargado de armamento na liña Coruña-Santiago e no recrutamento
de veciños de Ardemil para atentar contra postes de comunicacións. Ese ano tivo
lugar o asasinato do párroco de Viós (Abegondo) don Juan Díaz Manso no que a
súa participación foi dubidosa. Perdeu o ollo dereito ao recibir unha
perdigonada nunha refrega en Oíns (Arzúa) o 6 de decembro de 1946. Na
emboscada do Fontao de abril de 1947 onde morreron Ponte e dous guerrilleiros
máis, el logrou escapar xunto con Emilio Pérez. Foi aguantando como puido e
resistiu ata o 22 de xuño de 1952 en que a casa onde se refuxiaba xunto con
Manuel Ramiro e José Galán foi rodeada pola Garda Civil. Os seus compañeiros
morreron no enfrontamento e el foi detido. Sería xulgado o 6 de xullo de 1953
en Consello de guerra e condenado a morte, sendo a pena conmutada pola de
cadea perpetua. Pasou polos cárceres da Coruña, Dueso en Santoña (5 anos),
Alcalá de Henares (3 anos), Carabanchel e Guadalajara. Foi posto en liberdade
en 1963 e instalouse na Coruña onde foi empregado de EMESA. Casou con Gloria Rivas Viqueira Gloria da Tiopeira (1924-2017) que xa tiña unha
filla de solteira e coa que tivo un fillo, chamado Bernardo (como o pai de
Juan). Morreu o 12 de outubro de 1999 e está soterrado en Buscás xunto á súa
muller.
|
Soy Esther Couto, te agradezco esta publicación donde relatas, con pequeños detalles que desconocía, de forma veraz, el árbol genealógico de mi familia. Muchas gracias, un saludo
ResponderEliminarMoi agradecido polo comentario. Un saúdo.
EliminarFas un labor formidable, Xan. Moitas grazas por axudarnos a coñecer un pouco máis aos nosos antepasados.
ResponderEliminarAgradecido de que vos gustara. Un saúdo.
EliminarOla, Juan. Son Rossana Couto, a filla de Juan, o único irmán que queda dos Coutos de Reboredo. Graciñas por escribir sobre a nosa historia. Encantounos.
ResponderEliminarEstaremos encantados de falar contigo se queres para ampliar algúns datos que che faltan e compartir algunha foto. Hai máis irmáns da avoa Estrella que non citas e fáltanche os Coutos máis noviños, como os meus fillos, Mauro, Xiana e Xavier do Río Couto e o meu sobriño Iván Couto Carballido.
Graciñas. Alégrome moito de que vos gustara. Xa imaxinaba que Estrella tería moitos máis irmáns pero non sabía deles. Podedes mandarme a información que queirades ao meu correo osvaldoguia@gmail.com e eu engadireina con rapidez. Un afectuoso saúdo.
Eliminar