domingo, 29 de abril de 2018

Carta desde Teixeiro

  Esta é unha carta publicada no xornal da Coruña "El Ideal Gallego" o 14 de febreiro de 1918, titulada "Desde Teijeiro", onde o autor se queixa ao deputado do distrito das poucas obras públicas na súa parroquia. En fin, nada novo baixo o sol. Se cambiásemos os nomes valería para hoxe e probablemente valerá para dentro de cen anos.

  Anda por estos mundos montañeses una hoja impresa donde se contiene todo un programa de mejoras para el distrito de Órdenes. La firma don Alfonso Senra y en ella expone sus deseos de alcanzar de nuevo la representación de los electores de Órdenes en el Parlamento, «en donde continuará defendiendo la "política de Cultivo y Cultura" que personifica su ilustre jefe don Rafael Gasset».
  El señor Senra hace una especie de estado comparativo exponiendo en elogiosos términos la provechosa actuación de los administradores municipales adictos a la política de don Rafael Gasset.
  Dice el señor Senra: "Bajo la inteligente y asidua dirección de don Saturnino Aller, ha encontrado el distrito una ventaja económica de más de ochenta mil duros". Y añade: "Además, durante todo el tiempo de mando de los mauristas y del Marqués de Figueroa no se ha conseguido una sola peseta del Estado para obras en el distrito de Órdenes. Por el contrario, desde que los adictos del señor Gasset gobiernan los comunes intereses, el Tesoro Público ha aportado una respetable suma de miles de duros; valgan como ejemplo la carretera de Curtis a Carballo, el camino de Órdenes a Puente Carreira y los estudios para el de Órdenes a Puente Chonia".
  El clásico botón de muestra poco dice acerca de la labor que hubiera podido realizarse en años y años de inercia aplastante. Poco importa que calcemos unas botas nuevas y lustrosas si el resto de la indumentaria no sirve. Llamará la atención nuestro calzado y asqueará lo demás por no ajustarse a la armonía imprescindible del conjunto. Y esto es lo que nos pasa: botas nuevas y el traje astroso y mugriento.
  El partido de Órdenes -entérese el señor Senra- no se compone solamente del pueblo que a espaldas de la estación de Curtis se extiende, ni se limita a Mesía y sus cercanías y algún otro punto, donde, no cabe dudarlo, se han llevado a cabo algunas mejoras de muy relativa importancia. No. El partido de Órdenes está comprendido por varios ayuntamientos rurales, a alguno de los cuales no ha llegado nunca el beneficio oficial, ni aún siquiera el aire de sublime protección con que suele saturar el ambiente la voz de nuestros representantes en el Parlamento.
  Aquí, en este rincón, centro del Ayuntamiento de Curtis, no hemos logrado nunca -a pesar de haberlas solicitado insistentemente- una sola mejora que beneficiase los intereses locales. Incomunicados por los cuatro vientos, solo Dios sabe cuando nuestra vida se verá libre del estancamiento de que es presa. Veinte años hemos esperado por una carretera cuyos trabajos comenzados dan la sensación de las cosas que no han de llegar nunca a tener fin. En el aire se comenzaron dichos trabajos. Se empezó por el segundo trozo para ir al quinto sin haber hecho el primero. Y este, como el último trozo, están incubándose aún y saldrán a la luz cuando alguna mano piadosa quiera sacarles de encima el enorme "croyo" que sobre ellos pesa. Nos referimos a la carretera titulada: "De la carretera general a la de La Golada y Betanzos por Teijeiro y Sobrado" estacionada, más aún, sin salida en Castro y Teijeiro respectivamente.
    Nosotros creemos muy posible y hasta nos atreveríamos a afirmar que el señor Senra obtendrá el número de votos suficientes para seguir representando a Órdenes en las futuras Cortes. Por ese lado nada tiene que temer el político liberal, pues aquí, en Curtis como en otros muchos ayuntamientos rurales vivimos de "frases hechas" y de ningún modo ni bajo pretexto alguno habremos de cambiar por otro el papelito obligado...
  Pero si don Alfonso Senra ha de saborear cumplidamente la almibarada fruta del triunfo, le rogamos que él, él mismo en persona recoja las aspiraciones de todos los pueblos del distrito electoral de Órdenes, recorriendo esos pueblos uno por uno y ahondando en sus necesidades más urgentes.
  Los pueblos rurales solo han menester vías de comunicación para que se desborde el río de oro que esconden en su fecundísima entraña. El político que logre poner en práctica el programa de carreteras y caminos vecinales, puesto como cebo en toda época de elecciones con el fin de que el pueblo pique, será el ídolo que arrastre tras de si a las multitudes. El señor Senra habla en su hoja-programa de mejoras en lo sucesivo, de voluntad y de experiencia. Nosotros solo aspiramos a que el señor Senra se haga cargo de una cosa: de que el cuerpo tiene cabeza, tronco y extremidades.
Los electores del Rincón.

viernes, 27 de abril de 2018

Réptiles da comarca

  A fauna de réptiles de Galicia está composta de 24 especies, das cales 9 poden atoparse na comarca. Este número relativamente baixo xustifícase porque o sur da comunidade galega, cun clima máis favorable, é bastante máis rico en especies que o norte.
  A nosa fauna está conformada por 4 ofidios e 5 saurios, sendo 4 deles endémicos da Península Ibérica. Para observalos hai que esperar aos meses de primavera e verán, durante os cales a súa actividade é máxima. No inverno, aínda que non existe un fenómeno de hibernación estrito, a maioría retarda enormemente os seus ritmos de actividade, aínda que as pequenas lagartas ou algunha cóbrega poden asomar entre as fendas de muros e rochas nos días de sol.

(Anguis fragilis)
lución
(Chalcides striatus)
eslizón tridáctilo ibérico
(Lacerta lapida)
lagarto ocelado
(Lacerta schreiberi)
lagarto verdinegro
(Podarcis bocagei)
lagartija de Bocage
(Coronella austriaca)
culebra lisa europea
(Natrix natrix)
culebra de collar
(Natrix maura)
culebra viperina
(Vipera seoanei)
víbora de Seoane

 Os saurios presentes están representados por unha especie ápoda (sen patas), o escáncer [lución] (Anguis fragilis), outra coas extremidades moi reducidas, o esgonzo [eslizón tridáctilo] (Chalcides striatus), e tres especies de lagartos e lagartas con extremidades anteriores e posteriores de tamaño normal. 


  A pesar do seu aspecto serpentiforme o escáncer non é un ofidio e, en realidade, está moi próximo ás lagartas, feito que se reflicte na presenza de pálpebras móbiles, características das escamas e a capacidade para rexenerar a cola.
  O esgonzo lembra vagamente ao escáncer, pero presenta unha coloración dorsal con estrías lonxitudinais característica, ausentes naquel, así como extremidades reducidas. Do mesmo xeito que o escáncer é un réptil ovovivíparo, é dicir, os ovos fecundados desenvólvense dentro do corpo da femia, do que saen relativamente maduras un número de crías que oscila entre 3 e 15.
  Os lacértidos con extremidades normais gustan en xeral de moverse polas pedras, sendo unha excepción o lagarto das silvas [lagarto verdinegro] (Lacerta schreiberi), o cal prefire hábitats húmidos. En todas estas especies os machos posúen cores moito máis rechamantes que as das femias, así como un acusado comportamento territorial. A diferenza do escancer e os esgonzos, tanto o lagarto arnal [lagarto ocelado] (Lacerta lepida) como o das silvas e a lagarta galega [lagartija de bocage] (Podarcis bocagei) son réptiles ovíparos, é dicir, o desenvolvemento dos ovos fecundados prodúcese no medio externo, fóra do corpo da femia. As tres especies son bastante abundantes.
  Dos ofidios 3 pertencen á familia Colubridae e 1 á Viperidae.
  As primeiras son especies inofensivas, carentes de veleno e facilmente diferenciables (para os que se acheguen -cousa non demasiado prudente-) das víboras pola posesión de grandes placas cefálicas, pupilas redondas e placa anal dividida.
  O único ofidio endémico é a víbora de Seoane, amplamente difundida por toda Galicia e fácil de ver na nosa contorna. As víboras si son perigosas para o home (especialmente para os nenos) xa que posúen veleno e dentes inoculadores. Con todo son raros os accidentes -se non tentamos collelas, claro-.
  Diferéncianse das culebras no reducido número de placas cefálicas, pupila vertical e escama preanal enteira. Ademais destes trazos, a víbora de seoane adoita presentar un deseño dorsal con dúas bandas claras paralelas e unha banda central máis escura, que facilita a súa identificación a distancia. 

martes, 24 de abril de 2018

A Nacional 550

  A principios do século XVIII a principal vía que atravesaba a comarca de Ordes era o Camiño Real ou Camiño Inglés. As demais eran apenas corredoiras de mala morte.
  O resto de Galicia e España non estaba moito mellor, así que o rei Fernando VI e posteriormente Carlos III propuxéronse crear unha nova rede de "rutas majestuosas" para mellorar o comercio entre as distintas provincias do estado.
  O Real Decreto do 10 de xuño de 1761 (que foi aprobado polo marqués de Squilace "Esquilache" -o do famoso motín-) determinaba que estes novos camiños, seguindo o modelo francés, serían rectos (o máis posible), anchos (máis de 19 metros) e sólidos. Serían financiados cun imposto sobre o sal e, ao igual que en Francia, serían denominados "Caminos Reales".
  Un deles sería o "Camino Real de Galicia" desde Madrid á Coruña, orixe da actual N-VI, que en parte seguiría a Vía Romana XIX e que comezaría a construírse en 1763.

   Outro, o que agora nos interesa, sería o denominado "Camino Nuevo de Coruña a Santiago" (consérvanse planos do ano 1775 do enxeñeiro militar Fernando Gaver).
  As obras que comezaron en 1764 e custaron 2 millóns de reais, cambiaron para sempre a historia do concello de Ordes, pois o novo trazado afástabase de Bruma, Ardemil, Buscás e Poulo para atravesar outros lugares como o Mesón do Vento, Leira e Ordes.
  Os construtores non tiñan o nivel daqueles que ían coas lexións romanas, porque un informe realizado en 1776, apenas 12 anos despois, denunciaba o estado lamentable no que se atopaba a nova estrada debido ás abundantes choivas e ás rodeiras dos vehículos.
  Con todo era do mellor que había. A mediados do século XIX, en 1850, Mellado dicía sobre os camiños galegos que eran “muy malos y difíciles, con el peligro de los salteadores, que abundan bastante en Galicia, por las muchas gargantas, encrucijadas y espesuras que en el terreno se encuentran a cada paso, y por la cercanía a Portugal, donde se ocultan los malhechores en cuanto perpetran un robo, burlando la persecución de las tropas”. Non obstante, había “algunas hermosas carreteras construidas con el mayor lujo” e citaba como exemplo as que hoxe son a N-550 e a N-VI.
  A vila de Ordes colleu gran impulso coa estrada. No século XIX, en 1836, foi nomeada capital do concello e do partido xudicial, o que aumentou a súa poboación e importancia. Medrou durante todo o século XIX ao longo da estrada, que co tempo foi nomeada como "Calle Real".

  En 1923 o deputado do noso distrito, Alfonso Senra, consegue a dotación para poñer lastras ao longo de varios centos de metros desde un pouco máis abaixo do cruce ata o que hoxe é o número 39. Ese adoquinado duraría máis de medio século, xa que foi retirado en 1979. Durante ese tempo foi unha especie de sinal de identidade (e unha pequena axuda para os viaxeiros que viñan a Ordes en autobús e quedaban durmidos pois espertaban co traqueteo de rodar polas lastras).

  A alegría por tal obra, levou a que o concello cambiara o nome da rúa polo de Alfonso Senra e (de momento) aí segue.


  Despois da guerra co 4º Plan Xeral de Estradas (Plan Peña) a estrada pasou a denominarse N-550 (o primeiro 5 porque nace entre a N-V e a N-VI, o 2º 5 pola distancia da Coruña a Madrid en quilómetros dividida entre 100, e o 0 porque é unha nacional transversal e non radial -dirección Madrid-).
  Non obstante a xente sempre lle chamou "carretera de Santiago" ou "carretera da Coruña" e só a partir dos anos 60 se popularizou -relativamente- a denominación N-550.
  En Ordes iso daba igual. O que importaba era o beneficio -e a animación- que traía á vila: establecementos hostaleiros como o Nogallás, o Túnel ou o Bar Juanito fixéronse famosos en toda a provincia e aproveitaron durante décadas este filón comercial despachando cafés, comidas, pasteis e os populares queiques aos viaxeiros.
  Hoxe quizá non traia o mesmo beneficio, pero indiscutiblemente segue a proporcionar vida -e atascos- á vila.

jueves, 19 de abril de 2018

Buscás en 1946

  Volvendo ás imaxes tomadas en 1946 polos avións militares estadounidenses, que están dispoñibles na web fototeca.cnig.es, e que son ideais para comparar a evolución dun lugar a través do tempo, hoxe tócalle o turno á Rúa de Buscás.


  Se queredes facer unha rápida viaxe no tempo de 70 anos, podedes observar as dúas fotos de abaixo, aproximadamente á mesma escala. 

(Premede na imaxe para ver máis grande)

viernes, 13 de abril de 2018

O crime de Queixas

  En agosto de 1918 o xuíz de Ordes, Marcial del Río Díaz, o forense Antonio Concheiro Rodríguez e unha parella da Garda Civil acudiron a unha chamada do xuíz de Cerceda. 
  O corpo sen vida do mozo Andrés Rodríguez Rama foi atopado nunha leira de millo na parroquia de Queixas, onde se supoñía que fora levado polo agresor (ou agresores). Concheiro, con quilométrica experiencia en atender a feridos en liortas, determinou inmediatamente que a causa da morte foran tres puñaladas, unha no pescozo, outra no ventre e outra no tórax. Esta última foi mortal de necesidade, pois tocou ao corazón.
  Tamén foron achados preto do lugar un revólver, un pau e un coitelo, probablemente o usado no crime.
  A investigación non lle levou moito tempo ao xuíz de instrución. Simplemente preguntou por algún paisano que estivese posto a mal co morto e todas as respostas conducírono aos irmáns Antonio e Manuel Muiño Fraga, conveciños de Andrés.
  Rexistrada a súa casa, a camisa que levaba aquel día Antonio, aínda que recentemente lavada, tiña vestixios de sangue. Non foi necesario máis para deter aos dous irmáns como supostos criminais e aos seus pais, José Muiño Gómez e Carmen Fraga, por encubridores.
  Ante isto, Antonio Muiño Fraga recoñeceuse único autor da morte. Declarou que á noitiña do día 18, cando ía entrar nunha leira, topouse con Andrés Rodríguez. Ambos os dous tiñan unha inimizade que viña de vello, así que comezaron a insultarse e pronto chegaron ás mans. Como levaba a peor parte, Antonio botou man do seu coitelo e asestoulle varios golpes con el para defenderse. Logo, asustado ao ver que Andrés estaba morto, escondeu un pouco o seu corpo e tirou as armas.

  O xuízo case tardou un ano. Celebrouse en xullo de 1919 e foille moi favorable.
  Xa temos dito algunha outra vez que naquela época víanse as liortas como unha especie de fatalidade plenamente aceptada. Optábase por seguir a filosofía do refrán castelán "El muerto al hoyo y el vivo al bollo", así que as sentenzas, agás casos moi raros, eran bastante benévolas.
  O mesmo sucedeu aquel día: o fiscal Ignacio Docavo, pediu 12 anos, 8 meses e un día de reclusión máis unha multa de 5.000 pesetas de indemnización para os herdeiros de Andrés Rodríguez, pero o avogado defensor Emilio Suárez Carrero foi máis convincente para os xurados que ditaminaron a inculpabilidade de Antonio Muiño.
  Así que o 3 de xullo de 1919 volveu gozar da súa liberdade, mentres os restos de Andrés Rodríguez repousaban para sempre no cemiterio parroquial de Santa María de Queixas.

martes, 10 de abril de 2018

1918: O ano da gripe

  O ano 1918 viu dous feitos relevantes:
- Rematou a 1ª GM coa vitoria dos aliados, o que supuxo un completo cambio no mapa de Europa (desapareceron os imperios austrohúngaro e turco e naceron varios novos países). Tristemente foi un final en falso que deixou profundas feridas e pode dicirse que xa quedaron aí sentadas as bases para unha nova guerra.
- A epidemia de gripe "española" (española porque no noso país, non sometido á censura de guerra, informouse dela e pareceu en principio o máis afectado). Foi a máis mortífera da historia, moitísimo máis letal que a propia guerra. Calcúlase que morreu máis do 2,5 % da poboación mundial.
  Anecdoticamente 1918 tamén foi o ano que viu por 1ª vez (en Estados Unidos) o adianto dunha hora no reloxo, costume que segue dándonos a vara actualmente.

  España, como non, seguía en crise. Volvía gobernar o Partido Liberal que convocou eleccións en febreiro. O goberno de García Prieto non foi capaz de resolver o dobre problema causado polos obreiros (que en constantes manifestacións solicitaban melloras laborais, salariais e sociais) e polos deputados catalanistas. En maio sucedeuno Maura, en novembro volveu García Prieto e en decembro o Conde de Romanones, pero os problemas, lonxe de resolverse, seguiron medrando.


  En Galicia as Irmandades participaron con 4 candidatos ás eleccións pero non lograron bos resultados. A finais de 1918 abandonan o rexionalismo e decláranse "nazonalistas". Aínda que agora isto ten un alto valor simbólico, naquel momento contaban con moi pouco peso real.


  En Ordes Alfonso Senra (nese momento definido como "gassetista"), que se enfrontaba ao maurista Luís Harguindey, obtivo de novo o escano sen maiores problemas.
  Un novo actor sumouse ao conflitivo mundo agrario: o sindicalismo católico iniciou a súa andaina en Ordes despois dun concorrido mítin en novembro.
  Houbo 86 xuízos no distrito, o 3,8% do total coruñés que foi de 2.231. Ordes tiña o 4,6% da poboación provincial, así que non éramos a zona máis problemática. Problemática era, en cambio, a condición do cárcere como demostrou a fuga dun recluso en xuño queimando o teito da súa celda, porque o xefe da prisión... non tiña subordinados. A persoa que cobraba como vixiante non aparecía por alí desde a súa toma de posesión... había máis dun ano!!!
 

O ANO DA GRIPE
  Pero a gran noticia foi, como en todo o mundo, a gripe -entón aínda se escribía ao estilo francés "grippe"-. 
  Mentres no centro e sur de España sufriron os seus efectos no verán, Galicia librouse ata o último trimestre do ano en que atacou desapiadadamente. Da fe da súa inclemencia que na cidade de Santiago o 29 de outubro de 1918, 12 das 21 defuncións foron causadas pola epidemia. Había tantas mortes na cidade que as campás deixaron de soar para non desmoralizar á poboación. Na cidade da Coruña as mortes foron 38 o día 15 de outubro e superaron as 560 (delas houbo máis de 140 de nenos menores de 10 anos).
  Calcúlase que entre agosto de 1918 e abril de 1919 o índice de mortes en Galicia foi de 1,45 % en Ourense (a provincia peor parada), 1,27 na Coruña, 1,1 en Lugo e 0,89 en Pontevedra -esta última estivo por algo por debaixo da media española que se estima en 0,92 %).
  Nese ano 1918 en España morreron case 700.000 persoas! (695.758), o que supón 33 por cada 1.000 habitantes. Para dar idea da magnitude da catástrofe, o 2º ano máis letal do século XX que foi 1938, coas matanzas da Guerra Civil, "só" faleceron 484.940 persoas, ou sexa, 19 de cada 1.000 habitantes.
  E na nosa comarca?  
  En outubro Ordes xa superaba os 160 enfermos, Cerceda os 70 e Val do Dubra 60. Nun determinado momento todos os médicos de Ordes estiveron enfermos. Sabemos de tres defuncións na vila: Soledad Vilela (1ª esposa do comerciante José Mariño), Carmen del Río e Carmencita García (muller e filla do notario José García Álvarez). Tamén probablemente Manuel Liste Mosquera, irman de Fernanducho, que morreu en novembro. Pero o número total tivo que ser moi alto, posiblemente máis de 60 persoas.
  Afortunadamente, como veu, foise, e na primavera de 1919 rematou o pesadelo. "¡Vivimos de milagro!" proclamou aliviado un redactor de La Voz de Galicia e non lle faltaba razón.

viernes, 6 de abril de 2018

A familia Amigo

  Procede de Ordes a familia Amigo de Sigüeiro? Pois... non, pero si tivo unha gran relación co noso concello.

  Os Amigo do século XIX eran de Val do Dubra (antigamente "Buján"). En Portomouro viviu o rico comerciante Baldomero Amigo (1865-1948) que, casado en segundas nupcias con Celsa Lera Soloeta, tivo -nin máis nin menos- 15 fillos! (o 5º, Jacinto Amigo Lera -Chinto-, sería nos anos 70 un dos máis populares alcaldes de Carballo). A 2ª, Celsa, casou co médico de Sigüeiro Manuel Iglesias Romero (1897-1968), da familia Rapela, co que tivo 9 fillos.

  E a pesar daqueles 15 fillos de Baldomero hoxe case non quedan rastros do apelido no concello de Val do Dubra!

  Pero quen máis nos interesa é o seu irmán maior Celestino Amigo Oreiro (1858-1935) que foi un personaxe moi importante no distrito a principios do século XX. Celestino foi avogado e político (militou no Partido Conservador) e en ambos os dous campos destacou: chegou a ser xuíz en Ordes (1900) e deputado provincial tres veces. Tamén foi candidato a Cortes nalgunhas ocasións (en 1898 estivo cerca pero non resultou elixido). Nunca abandonou do todo Val do Dubra, concello que manexou 22 anos, onde tiña a súa mansión, "a Quinta de Faxón" na parroquia de San Vicente de Niveiro, pero tamén posuía unha casa (que por certo sufriu un incendio en 1904) en Ordes, centro político e xudicial do distrito. Ademais tiña diversos negocios: unha botica no Toural de Santiago (inaugurada en 1897), un serradoiro en Ordes...
  Casou con Mª Concepción Iglesias Rápela (os Rapela era unha familia de posición e todas as fillas casaron con xente importante, deste xeito Celestino estaba emparentado politicamente cos Concheiro e os Liñares).
 Faleceu en outubro de 1935 e o seu enterro foi o máis concorrido e espectacular que nunca se vira no Val do Dubra.

  O matrimonio tivo 6 fillos: 3 homes (Celestino, Juan e Manuel) e 3 mulleres (Concepción, María e Antonia). Como era habitual na época unha deles, Concha, morreu aínda nena en 1899. Tamén Celestino morreu novo en 1925.

  Juan Amigo Iglesias (1896-1967), foi un dos varios avogados que había en Ordes. Participou en política e chegou a ser deputado provincial e ata alcalde accidental en 1925. Curmán do médico Antonio Concheiro Iglesias, foi detido con el unha vez nos tempos da República. Vivía en Alfonso Senra onde agora está o edificio de 10 pisos coa súa muller e curmá (3ª filla do seu tío Baldomero)  Mª Luisa Amigo Lera coa que tivo 7 fillos, que son os que se criaron en Ordes.
  A pesar de residir case toda a vida na nosa vila nunca esqueceu o seu lugar de orixe na parroquia de Niveiro onde está soterrado.
  Os seus dous fillos maiores asentáronse en Sigüeiro. Celestino (1934-1995), casado con Celia Liñares Piñeiro, foi secretario do Concello de Oroso. Juan Luis (1936-2018), o 2º, dedicouse á medicina e casou con Elena Ferreiro Gasamáns, filla do fogueteiro da Sionlla, coa que tivo dous fillos: Malena e Juan Luis.
  Celsa, Concepción e Mª Luisa son mestras, Mª Teresa é licenciada en filosofía e Mª Purificación auxiliar de Telecomunicacións.
  Juan Luis Amigo Ferreiro (n.1969), o fillo varón do médico, máis coñecido como Juanito, foi un dos mellores futbolistas da comarca. Comezou no Compostela, estivo no "Superdepor" -onde practicamente non participaba- e xogou co Betis con quen lle meteu un mítico gol ao Barcelona na copa.

  Manuel Amigo Iglesias foi médico en Monfero, Baños de Molgas e finalmente en Narón. Casou en 1949 con Encarna Lorenzo González-Alegre, filla dun xeneral de artillería. Morreu na Coruña 9 anos despois en 1958.

  María Amigo Iglesias (m.1969) casou con José Mª Piñeiro Mallón (m.1946), secretario do Concello de Santa Comba, con quen vivía na finca chamada "A Rapada" en Niveiro. Tiveron 4 fillos: Mª José, José Manuel, Celestino e Luis Piñeiro.
  O 2º, José Manuel Piñeiro Amigo, logrou o que non puido o seu avó: ser deputado nas Cortes de Madrid. En 1969 comezou o seu labor como secretario do Concello de Ordes que se prolongou máis de 2 décadas. Logo instalouse en Santiago.

  Antonia Amigo Iglesias (m.1982) casou co médico dubrés Gerardo Antelo Rodríguez (n.1910) con que viviu en Rial (Val do Dubra). Non tiveron fillos.

lunes, 2 de abril de 2018

Distribución da poboación

  No ano 2020 a poboación do concello de Ordes era de 12.625 habitantes. Dividindo pola súa extensión, que é de 157,23 quilómetros cadrados, o resultado é de 80 habitantes / Km2, que está por baixo da media galega (90 hab / Km2) e moi afastada da provincial (140 hab / Km2).

  Por suposto a distribución non é uniforme. A vila de Ordes, capital do concello ben comunicada e con numerosos servizos, foi aumentando paulatinamente o seu peso demográfico durante os dous últimos séculos. Se en 1980 na parroquia de Ordes vivían 3.300 persoas, que eran o 30 % da poboación do concello, en 2020 xa vivían máis de 7.600 persoas, o 60 % da poboación total.
  Tendo en conta que as parroquias máis rurais seguen despoboándose é posible que ese peso da vila aínda aumente nos próximos anos.

  O outro gran polo de atracción é a estrada N-550. Se botamos unha ollada ao mapa, podemos observar que as parroquias máis poboadas (Ordes e Montaos) son atravesadas por ela e as máis despoboadas son as máis afastadas.
 

PARROQUIA

Km2

2000

2021

+- %

H./ Km2

Ardemil

20,48

1.146

  920

- 19,7%

 45

Barbeiros

 9,62

283

  221

- 21,9%

 22

Beán

10,30

345

  248

- 28,1%

 24

Buscás

13,24

545

  502

- 7,8%

 37

Leira

16,28

674

  620

- 8,0%

 38

Lesta

 9,38

269

  189

- 29,7%

 21

Mercurín

11,09

325

  251

- 22,7%

 22

Montaos

 9,68

870

  808

- 7,1%

 83

Ordes

18,62

6.003

7.628

+ 27,0%

408

Parada

11,21

353

  283

- 19,8%

 26

Pereira

 6,64

361

  313

- 13,2%

 47

Poulo

 9,66

346

  317

- 8,3%

 31

Vilamaior

10,79

422

  305

- 27,7%

 29