A Causa
400/47 iniciouse en agosto de 1947 e afectou a numerosas persoas da comarca.
Por exemplo, o día 20 foron detidos 3 membros da familia do guerrilleiro Antonio Nouche Costa (os pais -Jesús
Nouche García de 64 anos e Dolores Costa Liste de 58- e o irmán Manuel).
Posteriormente serían trasladados á Prisión da Coruña pero os seus cargos
serían desestimados e eles postos en liberdade o 2 de abril de 1948 (Dolores Costa xa estaba en prisión atenuada para cuidar da súa nai, que estaba impedida). Así mesmo dous
irmáns do guerrilleiro Juan Couto Sanjurjo foron detidos, Manuel e Evangelina, pero esta última tamén sería
posta en liberdade o 2 de abril.
  O xoves 4 de novembro de 1948 celebrouse na sala de Xustiza do Rexemento Isabel la Católica o consello de guerra
contra 18 paisanos (moitos de Ordes) por delitos regulados na Ley de Represión de Bandidaje y Terrorismo.
Os dous procesados por delitos máis graves eran os guerrilleiros José Santiago
Temprano e Pedro Rodríguez Gómez Pedro
do Serrador. Os outros 16 estaban acusados de ser enlaces ou de apoiar
nalgunha ocasión aos guerrilleiros.
  Presidiu o tribunal o coronel de Infantería Ricardo Molezún
Núñez, sendo vogais os capitáns de Infantería Tarsicio Roel Gerbolés
e Antonio Vázquez Blanco, e o de Enxeñeiros Conrado de la Gándara Carrera. Leu
o sumario o xuíz militar eventual José Santamaría Viso.
  Despois da lectura chegou o turno do fiscal,
o tenente Antonio
Martí Coll, que rematou por pedir para os dous principais acusados a
pena de morte. 
  Para Francisco Iglesias N, garda civil que
proporcionaba municións e otras provisións aos guerrilleiros, Manuel Couto
Sanjurjo (irmán do guerrilleiro Juan Couto), Teresa Pastoriza Moreira Marrota e Ramón Ponte Pedreira (irmán do
guerrilleiro Manuel Ponte) pediu 6 anos.
  Para Jesús Bao Bello e Antonio Pastoriza
Moreira, que prestaron os seus domicilios como punto de apoio á guerrilla, pediu 3 anos. 
  Para María
Remuiñán Barreiro (irmá do guerrilleiro José Remuiñán de Parada), Antonio Uzal Blanco, José Candal Bouzas, Andrés Sanjurjo
Suárez, Javier Manuel Rodríguez Gómez (irmán de Pedro do Serrador) e Carmen Pan Riobóo (nai de Manuel Díaz Pan), por auxiliar aos guerrilleiros, pediu 2 anos. 
  Finalmente para o resto dos 18 procesados,
Benito Louro Candal, Francisco Rosende Boga, Andrés Gómez López e Carmen Vieito
Baña, solicitou un ano de prisión.
  Actuaron de defensores os capitáns de
Artillería José Naveiro Amor, Juan Antonio Quiroga de Abarca e José María Lage
Vizoso, e o de Infantería Eugenio Pita Blanco. Alegaron inculpabilidade ou
atenuantes polo que pediron nalgúns casos rebaixas de penas e noutros a
absolución.
  Finalmente José Santiago foi condenado á pena
de morte e Pedro Rodríguez a cadea perpetua, da que só cumpriu uns 10 anos. O
resto saíu bastante mellor librado.
| 
   José Santiago
  Temprano Moisés (1916-1948): naceu na Coruña. De oficio carpinteiro, foi militante so Sindicato de
  Carpinteiros da CNT. Detido en 1937 e condenado a cadena perpetua, sería
  amnistiado en 1941. Incorporouse á guerrilla en xaneiro de 1946. Foi ferido
  en Cestaños no tiroteo no que morreu Antonio Recouso. Participou en accións
  como o atraco a unha parada de sementais en Gonzar e ao alcalde de Cerceda,
  no roubo de armamento ao Somatén da Baña, e finalmente no asalto ao cuartel
  de Vimianzo. En novembro de 1946 desertou e tentou chegar á fronteira
  francesa, pero foi detido. Xulgado nesta causa, sería condenado a morte e
  executado con garrote vil na prisión da Coruña o 9 de decembro de 1948. 
  Pedro
  Rodríguez Gómez Pedro do Serrador (1916-1977): naceu en
  Ordes e casou con Josefa Regos del Río (1925-2009) coa que tería dous fillos,
  Luisa e Manuel. Militante do Partido Comunista, foi detido acusado de
  escoitar Radio Moscú. Posto en liberdade en maio de 1946, uníuse á guerrilla.
  Participou no roubo ao alcalde de Cerceda e no do Somatén de Marcelle na
  Baña. Detido na Coruña en xullo de 1947, no Consello de guerra foi condenado
  a cadea perpetua, pero despois de 10 anos na Prisión Central de Burgos saíu
  en liberdade condicional en xaneiro de 1959 e volveu a Ordes, onde morrería
  en 1977, tres meses despois da legalización do PCE. 
  Manuel Couto
  Sanjurjo: era barbeiro en Mámoas (Ardemil) e tiña 28 anos. Foi acusado de
  enlace coa guerrilla e de ser o introdutor de Pedro do Serrador nela.
  Finalmente sería condenado a 5 anos de prisión. 
  Ramón Ponte
  Pedreira: xastre coma o seu irmán Manuel, residente en Ordes e casado cunha irmá do xastre Pispa. Desterrado o 9 de marzo de 1947 a Villalón de Campos
  (valladolid) e detido o 9 de agosto. Trasladado á Prisión Provincial da
  Coruña, foi acusado de enlace e de ter no seu domicilio municións e outro
  material destinado á guerrilla. Sería finalmente condenado a 4 anos de
  prisión. Logo marcharía a Arxentina onde vivían outros 3 irmán seus: Andrés,
  Antonio e Gumersindo. En España quedaron outros 4: José, María, Elvira e
  Aurora.   
   | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario