lunes, 20 de mayo de 2024

Andando por Buscás e Poulo

   No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados á comarca de Ordes. Este foi publicado o 23 de decembro de 2023.
 
 No tiene la belleza de la otra ruta de este municipio de Ordes, la de Mercurín, pero la que parte de la iglesia de Buscás, circular, es un itinerario tranquilo, muy bonito en varios enclaves y con posibilidad de acortarlo si se va con niños pequeños, o no hay ganas o tiempo. Cómodo también, porque aunque siempre o se sube o se baja, se trata de pendientes muy moderadas que, además, no son largas en absoluto. Solo hay que ponerle una pega: la señalización es deficiente, ya que en algunos cruces no existe y en otros está pero no se ve. Por supuesto, en otros sí es correcta.
 
 
  La iglesia de Buscás se define como un templo románico -magnífica puerta- con modificaciones muy posteriores. A todo el mundo le llama la atención su colorido San Paio, a la vista. Por ahí pasaba el viejo camino que unía el Golfo Ártabro con Compostela, y por ahí pasa hoy en día el Camino Inglés. El otero a la izquierda de la iglesia es un castro, y la elevación frente a ella acogió una torre medieval que controlaba el paso de personas y mercancías.
  En cualquier caso, el excursionista se va a encontrar un panel explicativo muy claro. A partir de ahí echa a andar dejando a la derecha un pequeño centro educativo. El asfalto que tiene bajo los pies va a ser sustituido a los cinco minutos por una pista ancha de tierra en excelente estado en todo el recorrido menos en una subida, donde las lluvias han dejado una tímida huella.
  Cruzar el arroyo Cabo se convierte en la señal de que esperan rincones bonitos, que no todo va a ser andar por andar y oxigenar pulmones. También recuerda lo obvio: se baja a las corrientes de agua e inmediatamente toca subir, en este caso por un fino bosque autóctono que tapan visualmente los eucaliptos, los cuales van a ser mayoritarios durante todo el trayecto, con los pinos haciéndoles alguna compañía. Por cierto, una curiosidad: está el cauce del arroyo, pero la vegetación en superficie es tan densa que no se ve líquido alguno. Medio kilómetro después de haber arrancado aparece ante los ojos un cruce de dos pistas. ¿Por dónde ir? Una señal no normativizada parece indicar que por la diestra, pero no. Hay que continuar cien metros, encontrar otro cruce y ahí sí elegir la diestra, hacia abajo.
 

  La siguiente pista a la derecha es la que hay que tomar si solo se quiere dar un paseo corto, desembocando en otra y girando siempre a la misma mano. Pero si hay ánimo se sigue para abajo hasta el río Penedos, con dos carteles de madera que de alguna forma dan tranquilidad. El paisaje ahí, precioso, con túnel de árboles que dan paso a la aldea de Pardiñas, donde obviamente hay asfalto. Quede constancia de que un notable hórreo que vivió tiempos mejores está perdiendo la verticalidad.
 

  Zona alta esta, en la bifurcación por la diestra, nuevo cruce con una pista sin señal alguna (hay que continuar de frente) y ahí sí se divisa una señal para ir a la izquierda. Excepto que se tenga mucho espíritu aventurero, no merece la pena en absoluto. Siguiendo la pista se va a dar al mismo sitio, la carretera que une Ordes con Lanzá.
  Salvar esta implica riesgo pero es necesario, para dar con una bifurcación bien señalizada: por la derecha por enésima vez, excelente entorno y problema final por falta de pintura blanca y amarilla. Que la hay, pero en un lugar que no se ve. Resumen: cójase el primer camino a la derecha para ir a dar a la casa de turismo rural de Antón Veiras, con restaurante (entrada por el otro lado).
 

  Desde ahí, vuelta por el Camino Inglés, que se abandona a la altura de Vilariño y su puente, para regresar a Buscás pasando ante el rehabilitado molino local.
Cristóbal Ramírez
INICIO: 43°05’42’’N 8°22’55’’ W
PARA NIÑOS: Mejor la ruta corta.
CALZADO: Zapatos o botas, ambos de montaña.
LA FOTO MÁS PERSONAL: En el túnel de árboles de Pardiñas.

viernes, 17 de mayo de 2024

Homenaxe a Carnota (1955)

 
O domingo 9 de outubro de 1955 celebrouse en Ordes un acto en homenaxe á figura do xornalista Vicente Carnota, con motivo do seu centenario. O gran xornalista ordense naceu o 7 de outubro de 1855 e inicialmente a celebración estaba prevista para o día 7, pero ao cadrar esa data en venres dificultaba a asistencia, así que foi posposta dous días.
  Se a homenaxe que se lle tributara en 1925 (en novembro, por culpa de retrasos na fundición da estatua) fora un enorme evento que reuniu a gran cantidade de membros da cultura galega, a de 1955 foi unha pequena decepción.
  Mentres en 1925 o recordo da figura de Carnota estaba moi presente, 30 anos despois xa se esvaecera nas persoas máis novas. Contribuíu a iso que xa non quedaran parentes seus na vila, pois a súa sobriña, Piedad Carnota Soto, morrera solteira 6 meses atrás.
 
  Os actos iniciáronse cunha misa celebrada na igrexa parroquial ás 12 da mañá. A continuación os participantes achegáronse á estatua do prócer que naqueles tempos estaba no sur da Alameda.
  Alí descubriuse unha lápida* na que se copiaba un párrafo dun artigo de Carnota publicado no xornal El Eco de Santiago o 21 de decembro de 1918:
  "Llevado de inquietudes tan vivas como inexorables, anduve siempre por el mundo, no como las golondrinas sus primaveras, sino como las gaviotas sus días crudos y sus tempestades".
  Fixo uso da palabra o catedrático da Facultade de Dereito Paulino Pedret Casado, promotor do acto, que recordou a aportación de Carnota ao xornalismo. Contestou logo o alcalde Juan Liñares Castro agradecendo a homenaxe que lle tributaban a un fillo da vila ordense.
 Asistiron algunhas personalidades das letras e os fillos do xornalista, xa septuaxenarios, que vivían en Santiago, pero o pobo ordense apenas participou.
 
* Esa lápida perdeuse nun traslado da estatua (quizais se rompera) e agora non forma parte do monumento.

domingo, 12 de mayo de 2024

José Manuel Piñeiro Amigo

  Jose Manuel Piñeiro Amigo naceu o 27 de maio de 1938 en Cambados (Pontevedra). Foi o 2º fillo de José Mª Piñeiro Mallón (m.1946) e de María Amigo Iglesias (m.1969) dos Amigo de Niveiro en Val do Dubra. No momento da voda o seu pai era secretario do Concello de Santa Comba. Viviron na finca chamada "A Rapada" en Niveiro pero os azares da súa profesión tamén os levaron a outros lugares -de aí o seu nacemento pontevedrés-. O matrimonio tería 4 fillos: Mª José, José Manuel, Celestino e Luis Piñeiro Amigo. Este último sería un famoso médico.
 
  José Manuel estudou Dereito na USC e licenciouse en 1961. Dou anos máis tarde, en 1963, lograría o título de Graduado social, e en 1966 imitaría ao seu pai e sería Secretario de Administración Local de Primera Categoría.
  Comezou exercendo como secretario interino no Concello de Teo, onde xa logrou a praza en propiedade, pero en 1968 veu a Ordes onde tiña lazos familiares*.
 
  Casou con Regina González Palacios, filla de José González Bartolomé, destinado na Capitanía da Coruña. Regina foi profesora de Educación Física na entón chamada Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Santiago. Con ela viviría na Praza de Vigo en Santiago e con ela tería catro fillos: María Regina (que a familia chamaba agarimosamente Mariquiña), José, Jesús e Luis Piñeiro González.
  Como xa dixemos José Manuel Piñeiro foi secretario do Concello de Ordes e da Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes. Tamén rematou sendo secretario (por acumulación) dos concellos de Padrón, Val do Dubra e Melide.
  Paralelamente fundou o seu bufete "Piñeiro Abogados".
 
  Coa morte de Franco chegou a Transición e formou parte do Partido Gallego Independiente, de orientación socialdemócrata, cuxo secretario xeral era Perfecto Yebra Martul-Ortega, e no que el cocuparía o cargo de tesoureiro. O partido integrouse na UCD, a coalición centrista que comandaba o presidente Adolfo Suárez. Ocupando o 7º posto pola provincia da Coruña logrou ser elixido deputado a Cortes nas eleccións de xuño de 1977 (grazas ao abandono dun compañeiro, pois a UCD acadou 6 deputados). Era a Lexislatura constituínte que só durou dous anos (1977-1979). Volvería a ser elixido nas eleccións de marzo de 1979 nas Cortes da primeira lexislatura (1979-1982). Ese ano de 1979 tamén foi conselleiro da Xunta preautonómica (de xaneiro a maio) e membro da comisión de transferencias Xunta-Deputacións.  
  As eleccións de 1982 significarían o seu retiro da pólitica pois a UCD só acadou un solitario escano pola Coruña. 
 
 Tamén destacou na Secretaría da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), posto que desempeñou durante 14 anos e catro presidencias. Está considerado un dos pioneiros que sentaron as bases da organización, xa que participou de xeito importante na creación dos Estatutos e no texto do Pacto Local.
 
  José Manuel Piñeiro morreu o 1 de xuño de 2021 aos 83 anos de idade e esta soterrado no cemiterio parroquial de San Vicente de Niveiro no Val do Dubra.
 
  O seu tempo en Ordes, non obstante, presenta máis sombras que luces.
  Comezou o seu traballo de secretario na época franquista, sendo alcalde Antonio Concheiro, época de "ordeno e mando". Cando chegou a democracia, moitos queixáronse de que, a pesar do seu centrismo en política, os asuntos municipais seguíaos levando como na época dictatorial e tomaba parte en decisións que debían estar fóra da súa competencia. En 1977 tivo un conflito cos veciños do Mesón do Vento porque apoiaba a centralización escolar na vila de Ordes.
  Outra cousa que se lle achacaba era dedicar tempo e recursos municipais ao seu traballo de avogado. Ademais algún dos casos que defendeu, especialmente  en 1992 o do ex-alcalde de Cerceda Jesús Orgeira Muiño Penzo, non se vían demasiado éticos.
  Cando o alcalde foi Teodosio Martino, a oposición alegou que Piñeiro se aproveitaba da falta de experiencia deste e era realmente el quen mandaba no concello. As peticións de información á que tiña dereito a oposición eran sistematicamente ignoradas.
  Por todo isto a súa marcha do concello trouxo alivio e bastante alegría a moita xente.    
 
* O seu tío materno Juan Amigo Iglesias (1896-1967), tamén avogado, viviu en Alfonso Senra onde agora está o edificio de 10 pisos. Tivo 7 fillos, criados en Ordes, pero os dous maiores foron vivir a Sigüeiro e as fillas a Santiago.

miércoles, 8 de mayo de 2024

Os incendios do ano 2006

 
   2006 quedará no recordo dos galegos como o Ano dos incendios. Desde o 3 ata o 15 de agosto declaráronse non menos de 1970 incendios forestais (37 deles moi grandes) que arrasaron a comunidade, especialmente as zonas atlánticas.
  A cifra de hectáreas queimadas varía segundo a fonte consultada: das 77.000 que publicou a Xunta de Galicia (entón en mans do bipartito PSOE-BNG), pasando polas 86.000 do Ministerio de Medio Ambiente, ata as 175.000 que contabilizou o PP que estaba neses momentos na oposición. A provincia de Pontevedra foi a peor parada con 43.000 hectáres queimadas (arredor do 50% do total galego) e as súas principais cidades, Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía viron as lapas moi preto.
  Catro persoas faleceron por intoxicación co fume e unha resultou ferida moi grave. Os danos económicos foron enormes. Un estudo posterior fixounos entre 248 (0,62% do PIB) e 336 millóns de euros (0,84% do PIB).
  Os lumes causaron ademais gran alarma social porque, a diferencia doutros anos, moitos deles producíronse preto de casas e zonas habitadas no eixo atlántico en vez de zonas menos poboadas como Lugo e Ourense.
  Contribuíu á confusión unha campaña do goberno galego que xiraba arredor da idea de que nunca se vira tal cousa e que especulaba con motivos de escuros intereses económicos e mesmo políticos na profusión de incendios, ou sexa que inculpaba de xeito sutil aos simpatizantes do partido opositor.
 
 
  Non obstante, un ano despois, a Fiscalía de Galicia presentou un informe onde desacreditaba todas estas especulacións sen fundamento.  
    A vaga de incendios non foi inusual en Galicia. Houbo unha onda cada ano desde o 2000, sendo o número de incendios similar e mesmo superior ao do ano 2006. Só se diferenciou polas condicións climatolóxicas extremas, que non se deron no resto dos anos. É o que se chama a "regra dos 3 trintas": cando hai temperaturas superiores a 30ºC, ventos superiores a 30 km/h e menos do 30 % de humidade relativa do aire xéranse as condicións ideais para incendios enormes. Realmente non é así exactamente xa que en Galicia a humidade sempre é máis alta, pero si se deron os dous restantes xunto con outros como a abundancia de vexetación descoidada ou a difícil orografía.
  Non se atoparon probas de tramas ou de terrorismo incendiario, nin que se pretendese causar alarma social. As motivacións políticas, urbanísticas ou relacionadas coa venda de madeira eran casos insignificantes en relación co número total de sinistros.
  A principal causa dos incendios seguía sendo o uso tradicional do lume no medio rural. O elevado número de queimas autorizadas pola Xunta (unha media de 300.000 anuais) e a falta de control adecuado orixinaron un número importante de incendios. O “incendiario-tipo” actuaba só, estaba vinculado a actividades agrícola-gandeiras, vivía nunha localidade próxima ao lugar do incendio e ás veces podía reincidir, distinguíndose tres perfís: o imprudente, o incendiario e o pirómano. En particular, o imprudente era responsable dun importante número de incendios, caracterizándose por usar o lume como ferramenta agraria de forma indisciplinada, incontrolada ou sen adoptar suficientes medidas de prevención, ao que se engadía, en moitos casos mala capacidade física por razóns de idade. Cando os incendios foron investigados en profundidade, a proporción de intencionados descendeu do 85% ao 60%.
 
  En Ordes, segundo estimacións do Concello, queimáronse 220 hectáreas de monte entre o 20 de xullo e o 15 de agosto de 2006, bastante menos que a media galega. Gran parte era superficie arborada, o que incrementou as perdas, sobre todo porque moitas eran árbores que tiñan máis de 10 anos e xa estaban en condicións de ser taladas para a súa transformación en madeira. Pero tamén houbo unha importante perda de forraxe para as explotacións gandeiras.
  O Concello manifestou ademais o seu agradecemento aos equipos de Protección Civil, bombeiros, membros do Grupo municipal de intervención Rápida e aos agricultores que colaboraron aportando cisternas e maquinaría agrícola para acabar coas lapas.

domingo, 5 de mayo de 2024

Festas patronais de 1955

   As festas patronais de 1955 foron moi parecidas ás de anos anteriores. Duraron 4 días e volveron a contar coa actuación da Banda de Música de Arca (xa tocaran en 1951 e en 1954) e a novidade da Orquesta X da Coruña co seu vocalista Pepín de la Torre. O xornal La Noche non lles dedicou o seu habitual especial, pero si La Voz de Galicia (co programa, moitos anuncios e un eloxio da vila por un tal Milotes) e El Ideal Gallego, no que apareceu unha entrevista co alcalde Juan Liñares. Nela falaba das últimas actuacións na vila: mellora do alumeado, da rede de sumidoiros e inminente finalización da praza de abastos nos baixos da Casa Consistorial. Por certo, en ambos os dous xornais, o anuncio de maior tamaño foi o da fábrica de leite das Casillas.
 

  O domingo 14 ás 12 da mañá as festas deron inicio oficialmente con repenique de campás e salvas de bombas, mentres gaiteiros, xigantes e cabezudos percorrían as rúas. Ás 6 da tarde fixo a súa entrada na vila a Banda de Arca con alegres pasarrúas. Ás 10 da noite na Alameda comezou a verbena. Ao remate bombas e elevación de globos.
  O luns 15, día grande, ás 8 da mañá unha salva de bombas espertou aos ordenses. A banda de Arca percorreu as rúas tocando alegres dianas e alboradas. Logo os gaiteiros acompañaron aos xigantes e cabezudos polas rúas. Ás 12 tivo lugar a misa solemne. Á unha da tarde tivo lugar  na Alameda o concerto da banda alternando coa Orquesta X.
  Ás seis da tarde celebrouse un partido de fútbol entre o Lasalle Juvenil e o Órdenes Juvenil, disputando un trofeo doada pola Casa Aníbal. A anécdota foi que o balón co que se xogou foi doado polo mozo arxentino (fillo de emigrantes) Ángel Gende Rodís, que un par de anos atrás xogara no equipo.
  Ás 7 e media tivo lugar a magna procesión da Virxe coas autoridades e ás 8 e media festa vespertina coa banda e a orquestra. Despois de parar para cear, ás 11 da noite houbo verbena. A iluminación da Alameda ese ano foi obra dos industriais García y Blanco de Padrón. Ás 12 da noite houbo a habitual sesión de pirotecnia con queima de fachada incluída a cargo dos irmáns Rocha de Oza dos Ríos.
 
  O martes 16, día de San Roque, ás 9 saíu a banda. Tamén ás 12 volveu a ser a misa esta vez na honra de San Roque. Á unha da tarde música na Alameda.
  Pero o prato forte non só deste día senón de todas as festas foi o partido de fútbol celebrado ás 6 da tarde: nada menos que o Ordes contra todo un Deportivo (naquel tempo un equipo de 1ª División).
 
  O partido non decepcionou cunha boa primeira parte e unha segunda máis frouxa. O Deportivo demostrou a súa xerarquía (axudado en que os de Ordes tiñan coidado de non pasarse de duros). O adestrador Neira fixo xogar a Mangana, Ponte, Modesto, Janito, Mena, David, Tonete, Pepiño, Casteleiro, Chas e Losa. O máis destacado foi o central Modesto. No Deportivo Lexo marcou dous goles, un no minuto 35 e outro xa preto do descanso. Bouzas na 2ª parte metería outro máis, aínda que axudado por un defensor. O Ordes logrou logo o "gol da honra", rematando o partido cun marcador de 3-1. Non faltou unha merenda posterior para un equipo visitante que tiña moi boa relación co Ordes e que adestraría un par de semanas no precioso campo de Vista Alegre.

 Ás 8  e ás 11 repetiuse o baile. Ás 12 da noite houbo de novo sesión de fogos artificiais.
  O mércores 17 saíu a banda ás 9 da maña e houbo sesión vermú á unha. Ás 6 da tarde foi o momento das carreiras de sacos e cintas. Ás 7 e ás 11 novamente baile. E, como non, o remate sería con fogos artificiais, bombas e elevación de globos.

miércoles, 1 de mayo de 2024

Máis oficios tradicionais

   Ademais de canteiros, carpinteiros, ferreiros, ferradores, latoeiros, zapateiros, xastres e costureiras, había moitos oficios que se perderon ou cambiaron drasticamente no tempo. Algúns non eran moi habituais na nosa comarca.
 
Tratantes
: pululaban por todas as feiras, recoñecibles moitas veces polos seus blusóns negros e por levar un bastón con moca (un vulto na punta) que tanto servía para arrearlle ao gando como para dirimir un negocio cun cliente insatisfeito ou con outro tratante rival. Algúns tamén podían levar unhas grandes tesoiras para marcar aos animais que compraban e cordas para atalos. Os tratantes* dedicábanse á compravenda de gando. Normalmente tiñan algunhas mulleres contratadas a quen deixaban o gando para que o alimentase algún tempo antes de volvelo a vender. Noutros casos levaban o negocio a medias.
Aínda que os máis numerosos eran os tratantes de vacas tamén había de porcos e gando cabalar. As mulas eran moi apreciadas porque as querían os casteláns para traballar no campo e chegábanse a pagar 16.000 pesetas polas crías nos anos 50.
Neses tempos tampouco había moitos camións e as vacas viñan desde Santiago a pé conducidas por homes contratados que levaban 3 ou 4 animais cada un. Pedro da Carnicería levábaas  ata o tren en Betanzos de noite porque había menos tráfico. Estaban nunha corte na casa de Mariano Amado e pola noite facían a viaxe.
Cesteiros: había xente na comarca que sabía fabricar cestos empregando bimbios, salgueiros ou láminas de madeira. Algúns só os facían para uso propio ou dalgúns veciños, outros ían de feira en feira vendendo o seu produto. En Galicia percorrían os camiños cando se achegaban os traballos que necesitaban cestas, como a recollida da pataca, do millo e do viño principalmente. Tamén había quen facía outros produtos de maior tamaño como canizas, cancelas máis lixeiras que as que podían facer os carpinteiros e, como traballo de máis categoría, hórreos circulares montados sobre unha base de madeira que na nosa zona denominábanse "cabanotes".
Peneireiros: traballaban na súa casa facendo peneiras e cribos que logo levaban ás feiras. Segundo a finura do aramado as peneiras usábanse para a fariña, mentres os cribos eran para millo e centeo principalmente, aínda que tamén se usaran coas fabas para separar os restos das follas e as ruíns das boas. 
Leiteiras: eran campesiñas que ordeñaban as vacas e logo levaban o leite ás cidades ou vilas grandes onde había xente que non tiña vacas. Coas súas grandes sellas na cabeza era unha imaxe moi buscada polos fotógrafos. En Ordes practicamente todo o mundo tiña algunha vaca ata os anos 50. Foi nos 60 e 70 que se empezaron a ver as leiteiras, deixando a cantidade estipulada na botella de cristal que o cliente poñía na porta. Á miña casa traía o leite Francisca de Buscás, acompañada do seu inseparable burro*.
 

Matachíns e capadores: era moitas veces, oficio de complemento, pois a matanza era estacional, xeralmente en novembro ou decembro, meses fríos para que a carne non se estragara. O matachín* mataba o porco (que era suxeitado polos membros da familia e veciños) e logo tamén era o encargado de abrilo. Ese día comía na casa da matanza e sempre había fígado do sacrificado animal como prato fixo. Capar podíase facer todo o ano e era moito máis fácil porque os cochos aínda eran pequenos e non daban tanto traballo para inmovilizalos. Con só outra persoa máis era suficiente.
Muíñeiros e maquieiros: non era un oficio moi habitual na comarca pois a maioría de muíños eran comunais e a persoa que levaba o cereal a moer era a que realizaba o traballo. Cando non era así e había un propietario, era o maquieiro. El collía o saco, que botaba para moer e cobraba en especie. A porción que se quedaba para si chamábase "maquía" (de aí ven o nome, claro). Na nosa zona había maquías en Trabes, en Leira e en Guindibóo. Na vila houbo a de Fernanducho e logo as de Graña e Carril, pero xa non eran hidráulicas senón que funcionaban con electricidade.
Fogueteiros: unha boa festa necesitaba ruído, así que os fogueteiros eran moi apreciados. Antigamente eles mesmos preparaban a pólvora e buscaban as canas de encher (os canivetes) e as que fan de rabo. O seu taller estaba nun lugar apartado por se había algún accidente. Na comarca de Ordes era moi coñecido o fogueteiro da Sionlla Maximino Ferreiro Mosquera, fillo e sucesor de Manuel Ferreiro Gándara.
Oleiros e telleiros: eran oficios que non existían na comarca porque tampouco había boa arxila. Así que os oleiros de máis sona estaban en Buño e traían os seus produtos a vender nas feiras. As cuadrillas de telleiros procedían normalmente do Baixo Miño, eran itinerantes e instalábanse nun lugar nos meses de bo tempo (para que secara ben a tella), por exemplo en Santaia de Moar había unha telleira na que traballaba a familia Trigo de Salcidos (A Guarda). Tamén no camiño de Guindibóo a Pereira houbo outra telleira, pero eran tellas de moi mala calidade. Normalmente vendíanse por monllos (un monllo eran 100 tellas).
Arrieiros: serían o equivalente aos actuais transportistas, só que empregando recuas de 10 ou 12 mulas en vez de camións. Era un oficio máis habitual da Galicia suroriental pois o principal produto de transporte eran odres de viño das bodegas aos centros de consumo. Tamén podían levar outras mercadorías ou mesmo cartos que lles eran confiados pola súa boa sona.
Paragüeiros e afiadores: tampouco había na comarca. Procedían habitualmente de Ourense e ían polas vilas anunciándose co silbido dun chifre. Afiaban coitelos e compoñían as potas rotas, para o que levaban anacos de lata. Ata tiñan unha lingua propia, o "barallete" que só eles entendían.
 
* Os tratantes acostumaban ter mala prensa, pero especialmente Antonio Gestal Calvo de Ardemil a quen o mesmo Boletín Oficial de la provincia de La Coruña de 20 de marzo de 1928 calificaba directamente de "especulador de ganado vacuno", mentres que a outros como José Gil Viqueira, Pedro Fraga Rodríguez e Antonio García Varela chamáballes "tratantes de ganado". 
  O burro de Francisca coñecía tan ben o percorrido que paraba diante das casas onde había que deixar o leite sen que ela llo tivese que mandar. Logro comprou unha pequena furgoneta e xubilou ao burro. Segundo comentaba Francisca el non levaba ben o ocio e volvía con gran ledicia ao traballo cando a ela se lle avariaba a furgoneta.
  O meu pai, Juan de Babila, a finais dos 70 e 80 cando empezou a ser difícil atopar matachíns profesionais, comezou a facelo el para todos os coñecidos -e logo non tan coñecidos-. Eu acompañábao sempre para suxeitar o porco, porque ás veces tamén escaseaban veciños dispoñibles. Así que, por unha vez, é un tema que domino de primeira man (e por certo preferiría non telo tan dominado!).