O cruceiro de
Cabeza de Lobo está uns 40
 metros ao norte da igrexa de San Pedro, a carón do Camiño Inglés. 
  É claramente
antigo, aínda que o varal, cadrado e con chafráns, de dous metros e medio de
altura, está fabricado en formigón. Isto evidencia que o orixinal rompeu nalgún
momento a principios do século XX e foi substituído polo actual. 
  Sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos, cunha mesa
acaroada a ela, repousa o varal. Na parte superior conecta cun capitel cuadrangular moldurado. 
  A cruz é o elemento máis antigo do cruceiro. Polo seu estilo podería datar mesmo do século XVI ou XVII. É moi
grande (supera o metro de altura) e voluminosa. Está recrucetada e ten nos
brazos e na cabeceira un remate forquillado e con bólas, rasgo moi pouco común.
  Posúe dúas
figuras. O habitual Cristo crucificado no leste, á vista dos peregrinos,
ten a cabeza inclinada cara ao seu ombro dereito, sen coroa, e pano dobre. Vese
claramente o INRI. Ao oeste hai unha Virxe coroada sobre unha peaña coas mans
orando. 
  Todo o
conxunto sobrepasa un pouco os 4
 metros de altura.
  Para ver máis fotos e unha vista de rúa preme en Cruceiro de Cabeza de Lobo da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario