martes, 28 de marzo de 2023

O ano 2004

   2004 foi un ano terrible. Internacionalmente ao principio non o pareceu pois en xuño Estados Unidos remataba teoricamente a invasión de Irak transferindo o poder a un goberno do país, pero os problemas por suposto non remataron aí. Hugo Chávez gañou un referendo que pretendía sacalo do poder, mentres no Uruguay vencía nas eleccións Tabaré Vázquez, o primeiro presidente de esquerdas do país.
  Pero todo foi unha minucia comparado coa forza desatada da natureza. O 26 de decembro tivo lugar o evento máis devastador de todo o século: un potente terremoto no Océano Índico provocou xigantescas ondas que arrasaron unha enorme cantidade de terreo e acabaron coa vida de máis de 225.000 persoas. 
 
   En ESPAÑA todo parecía ir ben... ata o 11 de marzo. Ese día 10 bombas postas por integristas musulmáns mataron a 191 persoas. O atentado foi nunha data estratéxica. Tres días despois o PSOE gañous as eleccións xerais, pero o país quedou estarrecido e dividido e o goberno de Zapatero a pesar do seu "talante" nunca puido volvelo recompoñer. E ese marzo cargado de noticias aínda viu outra máis: a voda do entón principe Felipe coa xornalista Letizia Ortiz.
 
 
  En ORDES 2004 empezou cun relevo no BNG. Este partido que a finais dos 90 parecía que podía ser unha alternativa real ao dominio do PP, no cumpriu as expectativas. Quedou de perenne 2ª forza pero cun teito electoral moi claro e sen posibilidades reais de alcanzar o poder. Neste contexto o seu líder Ramiro Recouso decidiu abandonar (sería un abandono temporal) e foi substituído polo veciño do Mesón Avelino Candal, cousa que non cambiou para nada a dinámica do BNG.
  Pero as noticias máis impactantes e preocupantes tiveron que ver coa violencia asociada á movida. Ese ano non houbo monumentais pelexas pero si incidentes graves. En febreiro un mozo de Deixebre de 22 anos foi ferido cunha navalla e, a pesar de que o orificio de entrada tiña 20 cm, por fortuna non tocou órganos vitais e foi dado de alta. Dous irmáns da Coruña de 19 e 18 anos foron os que pelexaron con el e o máis novo foi o agresor. Outra liorta, esta sen armas por medio, ocasionou que un mozo de Oroso lle rompera o tabique nasal a outro de Visantoña. 
  Afortunadamente a situación foise controlando. En todo caso a culpa non era do garrafón pois en maio a policía municipal tomou mostras de whisky, ron e xenebra en once locais do Campo da Feira para realizar un estudo que concluíu que as bebidas estaban limpas de po e palla ao 100 %. Claro que o feito de que o que ordenaba esa revisión, o alcalde Martino, tivese relación cun pub da movida, non axudaba a parar as suspicacias sobre o resultado de dito estudo. 
  Outro dos asuntos que preocupaban aos ordenses era o alto número de mortes por cancro especialmente no Recreo, así que organizouse unha comisión que efectuaría outro estudo (que sería polémico) sobre o que había detrás diso. 
  Os tempos de bonanza económica deixábanse notar na abundancia de inmigrantes, máis de 800, especialmente suramericanos e marroquís.
  
  Non faltaron tampouco noticias divertidas como a da incompetente ladroa ordense ou a do ovo de 10 cm. Este último foi posto por unha galiña de Mesía, propiedade de Manuel Mosquera Souto. Xa unha vez atopara outro moi grande pero algo roto. A segunda vez que unha das súas sete galiñas puxo un ovo xigante regaloullo ao seu irmán Saturnino, que foi quen llo ensinou á prensa. Aquí podedes ver na foto aos fillos deste co tremendo ovo de 92,8 mm de lonxitude por 59,8 mm de anchura. E iso a pesar de que todas eran pitas "moi normais". 

  2004 foi o ano dun libro supervendedor, "O Código da Vinci", e de grandes películas: "Million Dollar Baby", "Crash", "The Incredibles" e o terror desatado de "Saw". Tamén foi o ano de "Mar adentro" de Amenabar.
  Musicalmente escoitábanse a todas horas "This love" de Maroon 5, "Let´s Get It Started" de The Black Eyed Peas e a "Bulería" de David Bisbal.

miércoles, 22 de marzo de 2023

Muíños de Mercurín

  O curso alto e medio do río Mercurín é un pequeno tesouro para os amantes das construcións populares. En apenas cinco quilómetros e medio hai na actualidade ata 8 muíños con distintos graos de conservación. 3 deles están localizados na parroquia de Mercurín e son dos que se vai falar neste artigo. Os outros 5 xa se sitúan na parroquia de Ordes. Se vos parecen bastantes, tede en conta que aínda existiron dous máis (o muíño Vello de Vilaverde e o muíño de Fernanducho onde hoxe está a rúa do Mediodía) que desapareceron e dos que quedan algúns restos e os recordos dos anciáns.
  Segundo o Catastro del Marqués de La Ensenada no século XVII había en Mercurín 4 muíños, ningún dos cales pertencía á xente da parroquia. A mediados do XVIII o número que daba o Diccionario de Madoz era de só dous. Agora nas marxes do río Mercurín podemos ver tres, 2 en Tras o Río e un en Mañufe.  
 
MUÍÑOS DE TRAS O RÍO
  Preto de Tras o Río (Tralorrío en argot local) localízanse dous muíños a menos de 200 metros entre si. Parece ser que o máis setentrional era o que usaba a xente do Cruceiro e arredores, mentres os de Pedre por exemplo moían no que está máis ao sur.
  Antes de nada, aviso a navegantes: se algún insensato pretende achegarse ao primeiro, aconséllolle que leve zapatóns de combate, grosos e longos pantalóns aos que non lle teña ningún aprecio e unha fouce ou mellor aínda un gabillo para cortar e apartar a maraña de silvas que vai atopar. Eu non o tiven en conta e custoume literalmente, sen esaxeración, sangue, suor e bágoas (estas últimas de frustración).
 Tamén sen esaxeración, ata que estiven a uns 5 metros non me decatei da súa presenza porque está tan cuberto de vexetación que apenas se divisa un pouco unha das paredes. Así que dificilmente podo ofrecer algún dato máis.
 
 
  O segundo en cambio está a escasos 20 metros da estrada, así que podemos achegarnos con bastante dificultade e mesmo entrar nel. Tamén está cuberto pola vexetación pero nun menor grao. É un pequeno muíño feito de cachotería con tellado a unha auga. A carón da porta podemos ver o pousadoiro para poñer o saco. O interior está revocado e aínda conserva o pé. 
 
 
MUÍÑO DE MAÑUFE
  Preto do lugar de Mañufe atopamos o terceiro muíño. Este, a diferencia dos anteriores, é perfectamente visible e accesible. Está a poucos metros da estrada e só temos que andar por un prado para achegarnos. O seu estado de conservación non é o mellor porque (en febreiro de 2023) hai unha capa vexetal sobre o tellado. A canle é longa pero está completamente chea de vexetación.
  Non é demasiado grande, uns 5,20 metros por 3,40, ou sexa menos de 18 metros cadrados. As paredes son de cachotería e o tellado é a unha auga. O interior está revocado e conserva non só as pedras senón tamén os elementos de madeira, o que o fai digno de ser visitado.
 

sábado, 18 de marzo de 2023

Manuel Ponte en 1946

 
Se hai algún personaxe determinante na vida da comarca no ano 1946 ese foi sen dúbida Manuel Ponte Pedreira. Despois de saír do cárcere pola súa defensa da 2ª República, vivía en Ordes coa súa muller María Rivas fronte á igrexa parroquial, exercendo o seu oficio de xastre e presentándose ao cuartel cada pouco tempo. Pero en 1945, para sorpresa e conmoción do pobo, botouse ao monte. En 1946 era o xefe da IV agrupación do Exército Guerrilleiro e unha gran preocupación para as autoridades como o mostran estas requisitorias publicadas pola prensa.
 
EL IDEAL GALLEGO 25-05-1946
REQUISITORIA
MANUEL PONTE PEDREIRA (a) “MIRACIELO”, natural de Abellá (Frades) partido judicial de Órdenes, de 34 años de edad, vecino de Órdenes, casado, cuyas otras circunstancias se desconocen.
MANUEL PENA CAMINO, natural de Castro, Ayuntamiento de Mesía, Partido Judicial de Carballo, vecino de La Coruña, casado de 35 años de edad, cuyas demás circunstancias se desconocen.
BENIGNO ANDRADE GARCÍA (a) “FOUCELLAS”, natural de Cabruy, Ayuntamiento de Mesía, vecino de Curtis, de 36 años de edad, cuyas demás circunstancias se desconocen.
Todos ellos en ignorado paradero, comparecerán en el plazo de cuatro días ante el Juzgado Especial de esta Región, del que es juez el comandante de Artillería D. Manuel Chacón Barcala, sito en el Gobierno Militar de La Coruña, para responder de los cargos que se les hacen en la causa 159/46, bajo apercibimiento de que el no efectuarlo serán declarados rebeldes.
Por tanto se encarga a todas las autoridades la busca y captura de dichos individuos, los cuales, caso de ser habidos, deberán ser ingresados en prisión a disposición de este Juzgado.
La Coruña, 24 de Mayo de 1946.
El Comandante Juez Instructor MANUEL CHACÓN.

LA VOZ DE GALICIA 17-09-1946
REQUISITORIA
MANUEL PONTE PEDREIRA, hijo de Andrés y de Juana de 33 años de edad, natural de Abellá, del Ayuntamiento de frades y avecindado en Órdenes, de profesión sastre, usa gafas, mide de estatura 1,700. Se le conoce por “PONTE”.
JUAN COUTO SANJURJO, hijo de Bernardo y de María, de 28 años de edad, natural de Ardemil del Ayuntamiento de Órdenes, de estado soltero, de profesión labrador, avecindado en Ardemil del Ayuntamiento de Órdenes.
JOSÉ REMUIÑÁN BARREIRO, hijo de José y de Antonia, de 35 años de edad, natural de la parroquia de Parada del Ayuntamiento de Órdenes, soltero, de profesión jornalero y avecindado en Parada del Ayuntamiento de Órdenes.
SAÚL MAYO MÉNDEZ, hijo de Gregorio y de María, de oficio cantero, de 22 años de edad, natural de Santa María de la Vega, Ayuntamiento de Morales del Rey de la provincia de Zamora y con domicilio en el lugar de Mato de Arriba en la parroquia de Olas del Ayuntamiento de Frades.
Todos ellos en ignorado paradero y procesados por el delito de REBELIÓN MILITAR en la causa número 341-46, comparecerán ante este Juzgado en el plazo de OCHO DÍAS (Juzgado Militar Permanente de la Octava Región, sito en La Coruña, calle de Fernández Latorre), bajo apercibimiento de que si no compareciesen en el citado plazo serán declarados rebeldes, siguiéndoseles el perjuicio a que haya lugar.
Al propio tiempo ruego a todas las autoridades tanto civiles como militares, y a todos los agentes de la Policía judicial, para que practiquen activas gestiones en la busca y captura de los procesados de referencia, y caso de ser habidos se les conduzca a esta plaza a mi disposición con las seguridades convenientes.
La Coruña, 13 de Septiembre de 1946 – El Capitán Juez permanente, Jesualdo Rodríguez Linares.
 
  Ponte, un home con gran confianza en si mesmo, concibiu accións cada vez máis audaces e non só na comarca de Ordes senón tamén en Bergantiños onde tiña unha importante rede de colaboradores.
  A máis salientable tivo lugar en Vimianzo. O xornal El Guerrillero do 25 de decembro de 1946 contouna así:
«El día 8 de noviembre a las 22 horas, fuerzas del Destacamento "Botana" de la IV agrupación, al mando de su jefe, Manuel Ponte, ocuparon el pueblo de Vimianzo (Coruña), entablándose un combate con fuerzas de la Guardia Civil que duró por espacio de una hora. El enemigo tuvo tres muertos, dos en el cuartel y uno en el café del pueblo. El cuartel quedó hecho escombros. Por nuestra parte tuvimos que lamentar la baja del camarada Jesús Pazos Mesías. En esta operación se destacó como un bravo guerrillero el camarada Emilio».
 
  A realidade foi bastante diferente. Un grupo de guerrilleiros formado* por Manuel Ponte, José Remuiñán Barreiro, Manuel Pena Camino, Emilio Pérez Vilariño e Jesús Pazos Mesías pernoitaron en dúas casas amigas de Baio e achegáronse á tardiña do día 8 ata a casa cuartel de Vimianzo con intención de asaltala e apoderarse das armas que alí houbese. Atopárona pechada pero decatáronse de que na rúa da Torre, na entón chamada Casa Mira (agora o restaurante "O Castillo") estaba un garda civil de uniforme xogando ao dominó, así que decidiron tomalo de refén para que lles abrise. Mentres Emilio vixiaba pola xanela, Jesús Pazos entrou no local pistola en man, pero na confusión o garda, Manuel Rodríguez Paz, sacou tamén a súa arma e houbo un intercambio de disparos contra os dous guerrilleiros. Pazos morreu alí mesmo mentres o garda quedou mortalmente ferido. Os guerrilleiros tiraron unha bomba contra o cuartel provocando escasos danos materiais. Logo fuxiron, internándose no monte.
 
  * Algunhas fontes din que nese grupo tamén ía José Dasilva Bartolomé pero non é posible porque morrera a mans dos seus compañeiros uns 20 días antes. Supostamente acusárono de ser un infiltrado e disparáronlle varios tiros na Chousa Nova de Trasmonte (Oroso).
 
  Todos os membros desta operación terían un triste final: Jesús Pazos foi soterrado entre unhas táboas no cemiterio de Vimianzo. Ponte foi abatido en abril do 47 no Fontao. Manuel Pena en 1949 no Val do Dubra. José Remuiñán probablemente morreu no mesmo ano. Finalmente, Emilio remataría os seu días en Curtis no ano 1951.

miércoles, 15 de marzo de 2023

Genaro González González

  Xunto a Saturnino Aller ou Alfonso Senra, o médico Genaro González é outro dos grandes esquecidos da historia de Ordes.
    
  Genaro González González naceu o 11 de agosto de 1912 en La Habana. Era fillo de Gonzalo González González (1875-1953), un betanceiro que con só 17 anos emigrou a Cuba en 1892. Alí fixo unha gran fortuna e casou en 1901 con Ana González Cabrera de la Torre (1880-1918), filla dun impresor de La Habana. Grazas á súa privilexiada situación económica toda a familia viaxou a miúdo a Betanzos e alí estaban en 1918, o pavoroso ano da gripe, cando Ana deu a luz á súa sétima filla e morreu pouco despois a causa do virus fatal.
  
  Genaro alternou Cuba con Betanzos e, desde 1932, con Santiago onde comezou a carreira de medicina.
  En agosto de 1936 foi chamado a filas. Estivo no primeiro Rexemento Zamora 29 que combateu en varias frontes. Genaro foi ferido en Asturias dúas veces, na man esquerda e no costado. Acabada a guerra onde alcanzou o grao de brigada, cursou en Santiago o último ano de medicina.  
 
  Nos duros anos 40 chegou a Ordes como médico da Obra Sindical, institución que tiña unha clínica na calle Calvo Sotelo, hoxe rúa dos Lagartos. Pouco despois aceptou ser alcalde. Hai que precisar que nesa segunda metade dos 40, coa guerrilla en plena loita, era un posto perigoso e nada apetecible. De feito José Candal Vieites, alcalde de Mesía, morreu a mans dos Foucellas en 1947.
 
   Genaro comezou no cargo o 7 de xaneiro de 1946 e estivo case catro anos completos ata finais de 1950. Non foi demasiado tempo pero eses catro anos contemplaron importantes avances. Para empezar, puxo orde na recollida de tributos conseguindo reducir o déficit do concello e logrando que o orzamento se achegase ás 400.000 pesetas da época. Genaro inaugurou a figura de policía municipal, contratando a Alfonso Noya Bermúdez Cachorro e a Francisco Casal Cajiao (m.1969), paisano seu de Betanzos. Tamén contratou ao primeiro varredor municipal: Jesús Iglesias Bello Jesús de Simón (1921-2014). A Fiscalía de Vivenda, labor desempeñado por Joaquín de Juan Casas, vixiou o saneamento das casas campesiñas. Finalmente, aínda que o proxecto da nova casa do concello viña xa da época de Rafael Mariño, el foi quen levou a cabo os trámites e recibiu finalmente o préstamo de 464.000 pesetas que permitirían realizar a obra.  
  A finais de 1950, época máis tranquila, o avogado Juan Liñares Castro relevouno na alcaldía. Genaro dedicouse entón unicamente ao seu traballo como médico.
 
   Na súa vida persoal casou cunha tía do coñecido Vicente Rodríguez Couceiro Vicente da Sindical, coa que tivo tres fillas: Beatriz, Marta e Susana González Rodríguez. Viviu en Alfonso Senra de aluguer na casa de Manuel Moar Pérez Manolo dos Ramos (1906-1975). A pesar dos seus ollos afundidos e o seu aspecto sombrío que lle valeron que a mocidade daquela época o alcumara o Drácula, foi, segundo os poucos que o lembran e cos que falei, un home afable e un profesional competente.  
 
  A finais dos anos 60 marchou de Ordes e instalouse en Carnota.  Morreu en novembro de 1990 aos 78 anos de idade en Santiago.  
  A súa filla Marta é especialista en obstetricia e xinecoloxía no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e profesora na Facultade de Medicina da USC.

sábado, 11 de marzo de 2023

San Clemente de Mercurín


  A igrexa parroquial de Mercurín ten planta rectangular, da que sobresaen a pequena sancristía polo lado norte e unha capela polo sur. Cuns 14 metros de longo por case 7 de anchura na nave principal, a súa superficie é de só uns 130 metros cadrados, o que a sitúa dentro do grupo das máis pequenas, xunto ás de Poulo e Lesta. 
  Está construída de cachotería revocada e pintada de branco, agás a fachada que ten bloques de granito en toda a súa superficie. O tellado, a dúas augas, está cuberto con tella do país.
 
  
Aínda que o interior do edificio suxire bastante antigüidade, a fachada, moi sobria e rematada nunha espadana con dúas campás, é claramente moito máis moderna, posiblemente dunha reconstrución do século XVIII ou XIX. Un elemento distintivo no exterior é unha especie de escudo, composto unicamente dunha torre ou un castelo, na parede oeste da capela.

 
No interior hai dúas pías bautismais a ambos os dous lados da entrada pero o máis rechamante é o arco de acceso ao presbiterio, claramente gótico, que dá indicios de que o templo orixinal pode datar do século XIV ou XV. En cambio na parede de entrada á capela que está a man dereita hai un arco de medio punto. Sabemos que a capela foi erixida no ano 1699 polo sacerdote D. Domingo Pedrouzo que a dedicou á Inmaculada Concepción, aínda que posteriormente ocupouna unha imaxe de Santa Lucía, santa pola que se sente moita devoción na parroquia. A escultura actual é de principios do século XX, posiblemente realizada no taller de José Rivas de Santiago, para substituír outra máis antiga.
  

  Na parede norte unhas manchas escuras sinalan o lugar onde se queimou un altar. O revestimento do teito, moi escuro e de estilo tradicional, tamén chama moito a atención. 
  Dentro do presbiterio hai un espectacular retablo barroco con estípites que data de 1742, momento en que foi retirado outro anterior completamente deteriorado. Obviamente no centro figura San Clemente, aínda que a súa imaxe non é máis grande cas outras. Na parte superior hai dous papas e na inferior, xunto a unha pequena Virxe do Carme, están San Xosé e San Antonio, todos eles presididos por Deus Pai en acto de bendicir. Ao parecer, San Antonio tamén contaba antigamente cun carro e uns bois que foron vendidos para custear a última reparación e pintado do retablo. 
 
 
  A cruz parroquial que se usa nas peregrinacións foi realizada a finais do século XVIII e conta no anverso cun Cristo crucificado e no reverso co patrón da parroquia, San Clemente. 
  A igrexa tivo varias restauracións, unha despois de 1984 cando sufriu as consecuencias do Hortensia que derrubou o pináculo da espadana e estragou o tellado. Actualmente está nun magnífico estado de conservación.
  Para coñecer outros templos do concello preme en Igrexas e capelas de Ordes.  

martes, 7 de marzo de 2023

As pegadas de Eiroa e Barral

  E diredes vós: -Quen demos son Eiroa e Barral? 
  Pois nin máis nin menos que os propietarios de dous dos obradoiros composteláns que traballaban o mármore. Foron os máis prestixiosos na primeira metade do século XX, así que algunhas lápidas nos cemiterios do concello e da comarca levan as súas sinaturas. Non hai demasiadas porque obviamente poucas familias podían permitirse ese luxo, pero as que hai son dignas de admirar: pequenas obras de arte cheas de beleza e complexidade. Nada que ver coas lápidas actuais e as súas letras feitas en serie.

Vicente Eiroa Varela (1863-1949), un gran artesán, propietario do obradoiro que había no Nº 5 da Rúa Nova. Casado con Andrea Barral Barreiro (m.1925), tivo 3 fillas e dous fillos varóns, José e Francisco.
José Eiroa Barral (1892-1935) xa non foi simplemente artesán, senón que pasoi a ser considerado artista, un escultor con todas as da lei. Casou con Elisa Antelo González, filla do ebanista José Antelo Pardal (m.1934).
Francisco Eiroa Barral (1906-1972) herdou o obradoiro despois da morte do seu pai. Baixo a súa dirección comezou a instalación de maquinaria eléctrica para modernizar a produción.

  Competidor comercial de Eiroa, foi Enrique Barral Barreiro que tiña o seu obradoiro na Senra. Destacaba por utilizar a miúdo mármore gris. Estaba casado con Inocencia Bouzas. Á súa morte, o 4 de xuño de 1945, o obradoiro pasou a máns do seu fillo Julio Barral Bouzas, quen trasladaría o obradoiro á Ponte de Vidán.
 

 Outros artesáns de Santiago eran  Manuel Rey Carracedo do campo de San Domingos, Manuel Silva López, da rúa Lagartos, José Ferreiro Ameijeiras ou Manuel Alende Ferro, de Ponte do Sar.

domingo, 5 de marzo de 2023

Sangue nas Encrobas

  A parroquia das Encrobas foi a máis poboada de toda a comarca durante o século XIX. No século XX viuse superada por Ordes, pero seguiu sendo un lugar con gran cantidade de xente. Quizais por iso, tamén o número de conflitos, pelexas e crimes foi bastante alto. 
  En 1933 converteuse en escenario da morte de Domingo Campos e en 1946 foi o sangue de Manuel Loureiro a que mollou a súa terra. 
 
  Sucedeu o 10 de xuño cando regresaba da romaría da Peregrina o campesiño Manuel Loureiro Candal, de 34 anos, casado con María Seoane Gacio e natural da parroquia. No camiño atopouse co seu cuñado Andrés Seoane Gacio, mozo solteiro de 29 anos, con quen estaba en tirantes relacións. 
  Non houbo moitas palabras ao parecer, antes de que Andrés lle disparase un tiro no ventre. Manuel, atravesado pola bala, caeu ao chan bañado en sangue. Nun automóbil foi trasladado á Coruña, á Casa de Socorro do hospital, onde se lle practicou unha laboriosa cura de urxencia. 
  O xulgado de Instrución Nº 2 puido tomarlle declaración antes de que ocupase unha cama no hospital. Pero aínda que resistiu unhas horas, a ferida era mortal de necesidade e Manuel morreu no hospital. 
  Mentres tanto, Andrés, ben aconsellado polos seus familiares, presentouse no Xulgado de garda da Coruña e declarouse culpable do crime.  
 
  O xuízo tivo lugar case un ano despois, en abril de 1947. O tribunal estivo presidido por D. Manuel de Navasqués e o avogado defensor foi José María Bejarano Ortiz de Rozas. 
  O fiscal acusou a Andrés de homicidio e tenencia ilícita de arma de fogo, aínda que recoñeceu a atenuante de que se entregou voluntariamente, e pediu para el 13 anos de reclusión menor polo homicidio e outros 3 pola posesión da arma, máis a obrigación de indemnizar aos herdeiros de Manuel con 25.000 pesetas. 
  A defensa destacou os supostos malos tratos dos que Manuel facía vítima á nai de Andrés e ao temor que lle ocasionaba, xustificando a agresión como réplica -e defensa- da que lle fixera Manuel. Ademais resaltou que se non se aceptaba a lexítima defensa, si se aceptase exceso na defensa e as atenuantes de arrebato e obcecación e arrepentimento espontáneo. 
  Desfilaron diante do tribunal 21 testemuñas, entre eles a nai e irmáns do procesado.  
  Non teño información do veredicto pero supoño que foi bastante favorable. 
 
  Andrés Seoane seguiría logo vivindo nas Encrobas e casou cunha muller que xa tiña tres fillos e coa que el tería outro máis. Morreu en 1999.

miércoles, 1 de marzo de 2023

Camiño de Morgade

    No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados ao concello de Ordes. Este foi publicado o 31 de xullo de 2021.
  
  Y se sube y se sube, poco a poco, hasta las tierras de Mesón do Vento, para luego descender hacia As Mariñas y Betanzos. Así que a nadie se le escapa que por fuerza había que controlar esas alturas. Sin duda se ha hecho en tiempos prehistóricos (ahí está el castro de As Travesas para demostrarlo), y con seguridad en tiempos medievales, como bien quedó demostrado en una investigación de la profesora Rosario Valdés. 
Y es esa profesora la que deja una referencia clara sobre el castillo, sin duda humilde, que hubo en esa parte alta, un lugar idóneo como destino de una excursión con toda la familia, bicicletas incluidas, porque en aquellos parajes escasamente poblados el riesgo de contraer el covid se acerca al cero absoluto.
  
 
  De manera que en la rotonda de la llegada a Mesón do Vento gírese a la izquierda, rumbo a Cerceda por la DP-2405, y a los setecientos metros cójase la pista ancha, descendente y sin señalizar que arranca a la derecha, y a los pocos metros a la izquierda por tierra. Si hay bicicletas, ese es el punto perfecto para dejar el coche y ponerse a dar pedales, y 400 metros más allá -o sea, pasando bajo una línea eléctrica-, a la misma mano, divisando arriba una vivienda blanca que es la primera del núcleo de Morgade. Y si se ha ido andando y solo se desea dar un paseo, entonces diríjanse los pasos hacia ella. 
Pero si se dispone de tiempo y ganas, toca descender por esa pista bastante ancha, muy emboscada, con sombra y, desde luego, muy grata, que va a llegar casi a la altura de una pequeña corriente de agua que es precisamente el Rego de Morgade y que discurre encajonado un poco más abajo todavía. 
Esa pista da un gran giro a la diestra, sin posibilidad de equivocarse porque no hay cruce alguno, y en la siguiente y larga recta, casi por la mitad desvío a la izquierda que sí se coge y en las dos dudas siguientes, también a la izquierda. Y de esa forma se llega al mismo punto pero haciendo más ejercicio: la aldea de Morgade, un par de casas cuidadas y nada menos que un templario en imponente tamaño natural dentro del recinto de una de esas viviendas, para asombro del recién llegado.
  
 
Pero ¿y la fortaleza, castillo, torre o lo que sea? Pues yendo hasta la última casa a la derecha, una pareja realmente amable señala dónde está y permite pasar hasta ese territorio histórico: un espacio saturado de vegetación -Galicia es así- en el cual, para distinguir alguna construcción medieval habría que llevar a cabo una excavación como el Apóstol Santiago manda. 
Mientras tanto, y como dice uno de los habitantes del lugar «aí rozaron moito, moito, pero non se ve nada». Y cuando se vea, seguro que también sale a la luz el castro sobre el cual todo apunta a que se edificó el castillo. Y es que desde el enclave circular de unos veinticinco metros cuadrados se controlaba el tráfico de personas, mercancías y peregrinos. Esos peregrinos que iban desde A Coruña y desde Betanzos hasta Santiago. Y volvían, claro.
 Cristóbal Ramírez

 

EL COMIENZO: 43º09’14’’N 8º23’36’’W. 
LA AVENTURA: Llegar al solar del castillo. 
LA FOTO MÁS PERSONAL: Con el rego de Morgade al fondo. 
PARA REFRESCARSE: Fuente pública a la entrada de Morgade.