Unha rama da familia Ferreiro foron os
Ferreiros do Casal, que logo se estenderon tamén polo Recreo e o Balado.
O patriarca foi José Ferreiro López, o maior
de varios irmáns*, dos cales o máis coñecido na vila foi Ramón o Relojero.
Ramón Ferreiro López (1892-1974) tiña unha
reloxería a carón do que hoxe é o Banco de Santander. Casou con Xesusa Sánchez
Patiño coa que tivo dous fillos: Ramón Ferreiro Sánchez Mitito (1928-1978), tamén
reloxeiro e que apenas sobreviviu catro anos ao pai, e Anuncia (1930-2018).
Ambos os dous morreron solteiros polo que desapareceu esta rama familiar.
Outro dos irmáns foi Domingo Ferreiro López, establecido
no Balado. Casou con Manuela Villaverde del Río (1894-1974) coa que tivo dous
fillos: Amparo e Manuel Ferreiro Villaverde.
Jesús Ferreiro López casou con Concha Rodríguez dos Carriles de Oroso, lugar onde se estableceu. Alí tiveron 5 fillos.
Volvendo
ao irmán maior José Ferreiro López
(1879-1946), este casou cunha moza dos Xuncales de Lesta, Jesusa Juncal Bermúdez, coa que tivo 8 fillos: Antonio, Francisca,
Manuel, Ramón, Jesús, José, Elvira e Sofía Ferreiro Juncal.
Antonio (1917-1973) foi o que quedou na casa familiar. Casou con Jesusa
Barreiro Mosquera (1915-1983), a 3ª filla de José Barreiro Recouso (1888-1963)
o patriarca dos Barreiros do Casal.
Tamén na casa familiar quedou Manuel
(1922-1997) que morreu solteiro. Ramón, casado con América Recouso*, estableceuse
no Recreo, Jesús
emigrou a América e finalmente José (1927-2014) instalouse na Rúa de Buscás
de onde era a súa muller Jesusa Boga.
Francisca (1919-1992) casou para Darefe, Elvira (1929-2014) para Trasmonte, e Sofía
(a máis nova) casou con Antón do Outeiro da parroquia de Poulo.
* O pai, probablemente, foi un rico propietario do Casal chamado Manuel Ferreiro Recouso.
Os dous fillos de Ramón Ferreiro Juncal e América Recouso Boquete, Milagros Minucha
e José Antonio, levan por tanto os apelidos Ferreiro Recouso, igual cos Ramechos e os Faberos,
sen ter unha relación de parentesco próximo. De feito, cos Faberos, hai mais
proximidade por parte da rama Recouso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario