sábado, 29 de diciembre de 2018

Anuncios de prensa en 1951

  Velaquí anuncios que apareceron no xornal La Noche do 14 de agosto de 1951 no que había un monográfico sobre festas patronais de Ordes.


jueves, 27 de diciembre de 2018

Inicio da ditadura de Primo

  O novo réxime comezou en España en setembro de 1923. O seu programa era moi simple (orde na rúas, combate ao caciquismo e rexeneración social) pero de enorme aceptación popular. Moitos dos que despois criticaron a Alfonso XIII polo seu apoio á ditadura foron os primeiros en recibila con entusiasmo.
  Era tal o cansazo producido polo réxime da Restauración que gran parte da poboación só vía saída nun modelo autoritario ao estilo do "cirurxián de ferro" que teorizara Joaquín Costa.
  Do mesmo xeito que no resto de España, en Galicia o novo réxime foi saudado con xúbilo, mesmo polos nacionalistas das Irmandades dá Fala.

  Os primeiros pasos do directorio militar foron varios: supresión dos vellos partidos, peche das cámaras parlamentarias e entrega de concellos e deputacións a novo persoal político mentres as gobernacións civís quedaban en mans dos militares, definidos como técnicos e "politicamente neutros".
  É dicir, houbo unha gran renovación das elites, anticipación da que logo tería lugar no franquismo. As denuncias de corrupción foron constantes nos primeiros meses da ditadura, satanizando toda a tradición política anterior. Lonxevos caciques como Manuel Viturro na Coruña ou Pepe Benito en Lugo foron apartados do poder e substituídos polos partidarios do novo réxime.
  Estes eran unha amálgama de descontentos do anterior réxime: conservadores e ultracatólicos, mauristas, agraristas, rexionalistas e persoas sen anterior adscrición seducidas pola mensaxe de rexeneración. E por suposto non faltaban os oportunistas que sempre se apuntan ao carro dos vencedores.

  Os mauristas foron un dos soportes máis importantes. Na súa maioría mozos católicos con certo aire rexionalista, achegaron algunha das figuras máis sólidas da ditadura en materia de organización administrativa e económica. Entre eles o máis destacado foi Calvo Sotelo, un dos poucos políticos que acompañou a Primo en toda a súa travesía de goberno, primeiro como secretario técnico de Administración local e logo como ministro de Facenda no Directorio civil, a partir de 1925.
  O outro gran apoio do réxime en Galicia foron os agraristas. A súa invertebración organizativa e o seu pluralismo ideolóxico facilitaron a incorporación ao réxime. Desde a CRAG de Basilio Álvarez ata moitas sociedades comarcais e parroquiais apoiaron con entusiasmo ao ditador. Moitos dos seus líderes como Varela de Limia, Maseda Bouso ou Domingo Bueno acabarían formando parte da CEDA. Xunto aos agrarios tamén os indianos participaron activamente na política local en moitos casos como alcaldes designados polo goberno civil.
 O apoio do mundo rural á ditadura foi correspondido con medidas tan esperadas como a solución do problema foral (decreto de redención de foros en xuño de 1926) e fomento da repoboación forestal e individualización dos montes comunais.

  En cambio o inicial apoio dos rexionalistas e nacionalistas como Vicente Risco ou Losada Diéguez pronto desapareceu cando viron como se foron enfriando os sentimentos rexionalistas do réxime, cousa que fixo fracasar o proxecto de Mancomunidade Galega tan desexado por eles.

  En Ordes a ditadura tamén supuxo a substitución das elites. Dúas das familias máis ligadas ao antigo réxime, os Liñares e os Concheiro-García, viron recortado o seu poder. Gumersindo Liñares, que nese momento era alcalde de Trazo, foi detido e levado á Coruña en outubro pois negouse a entregar o seu bastón de mando á autoridade militar. En Ordes José García Bermúdez tamén foi deposto e substituído brevemente por Benito Regos. Ademais as inspeccións no concello levaron á detención do ex-alcalde Juan Liste, de José Varela e do secretario accidental.

  Novos nomes que respondían aos criterios que primaban na acción do réxime (profesións liberais, pertenza ás "forzas vivas", prestixio) saltaron á primeira liña: o antigo republicano e agrarista Julio Pol Caamaño, o farmacéutico Santiago del Río Seoane, os irmáns Jacobo e Ricardo Amor del Río, o procurador de tribunais Manuel García Rivas ou o profesor Nicolás del Río Castelo foron algúns dos escollidos. De todos os xeitos non se pode dicir que en Ordes se producise un cambio radical como demostra o feito de que o responsable da Unión Patriótica, o partido do réxime, fose un membro da familia Liñares, o médico Francisco Liñares Iglesias.

viernes, 21 de diciembre de 2018

Crenzas populares (4)

SUPERSTICIÓNS ANIMAIS
 
Como sociedade campesiña que convivía a diario coa natureza, os animais ocupaban un lugar preferente na vida dos galegos. Así que non é estraño que abundasen supersticións (algunhas das cales chegaron ata os nosos días) cos animais como protagonistas. Divididos en dous grupos (positivos e negativos), os animais cumprían tres funcións:
- Prognosticar o tempo meteorolóxico.
- Traer boa ou mala fortuna cando eran vistos.
- Avisar dunha próxima defunción no lugar.

 Abella e abellón: Ademais de ser emblema de laboriosidade e traballo, críase que o espírito dos mortos podía baixar algunha vez a terra en forma de abella, de aí o respecto que os nosos campesiños lle tiñan ás abellas, como se ve no refrán -que ten moitas variantes- "O que mata a unha abella ten 7/9/100 días/anos de pena".
Todo o contrario sucedía cos abellóns -e moscóns- porque se pensaba que as meigas adoptaban a súa forma. Neste caso o refrán di "O que mata a un abellón ten 100 días de perdón".

Alacrán: aínda que, agás casos excepcionais, a picadura do escorpión non é mortal, non o crían así os campesiños galegos que, polo contrario, dicían "Se te pica un alacrán, chama ao crego e coce pan" -o pan era para repartir no enterro-.

Andoriña: Este paxariño era moi apreciado (hai unha lenda de que aliviou os sufrimentos de Cristo quitando algunhas espiñas da súa coroa) e críase que daba sorte á casa onde edificaba os seus niños, polo que xeralmente eran respectados.

Araña: En xeral, a pesar de que son bastante beneficiosas por eliminar moscas e mosquitos, a poucas persoas lles gustan as arañas, especialmente se se quere manter algo limpas as habitacións. Non obstante, os nosos antergos tíñanas en boa estima porque consideraban que a súa tea purificaba o aire ao atrapar os corpúsculos que nel pululaban ata o punto de que cando había unha ferida pequena -un corte nun dedo, por exemplo- era costume poñerlle tea de araña e algo de azucre para frear a hemorraxia.
  A súa forma de andar é indicativo meteorolóxico: se saen dos escondedoiros "ventan choiva", se andan cara abaixo treboada, e se andan cara arriba é signo de bo tempo.

Corvo e pega: Pola súa cor negra e dieta de animais mortos ao corvo non se lle tiña moito aprecio. Nalgúns casos críase que podía predicir morte no lugar como se ve no refrán
"Se o corvo se aveciña, hai morte na campiña", pero tamén que dependía de onde se vían, herencia dos romanos que consideraban que daba mala sorte ver determinadas aves a man esquerda ("sinistro/a" ven da palabra latina "sinister" = esquerdo) pero era boa se se vían á man dereita.
  Coas pegas tamén había diversidade de opinións: uns consideraban que a súa presenza preto dunha casa era sinal de morte próxima, mentres outros crían que só significaba que sucedería algún feito que tanto podía ser positivo como negativo.

Donicela: É un animal aínda hoxe moi temido. Atribuíaselle unha mordedura letal, como mostran os refráns "Se te morde a donicela, busca camisa para a terra" ou tamén "Se te morde unha denuciña, busca confesor axiña". Non só iso, tamén se lle atribuía intelixencia e comprensión da linguaxe porque era capaz de entender se alguén a insultaba e responder atacando ao provocador.
  O meu profesor de latín, o distinguido lingüista Amable Veiga Arias (1929-1994), fíxonos notar que este temor xa o sentían os antigos romanos, quen a tentaban aplacar utilizando o agarimoso nome de "domnula" (donceliña), costume que herdaron a maioría de linguas romances e tamén algunhas que non o son, como o grego -"nifitsa" (pequena ninfa)- ou o bretón -"Schöntierlein" (bonita bestiña)-.


Gato: Era un imprescindible aliado do campesiño por ter no rato un inimigo común. A pesar diso había certa desconfianza. Polo menos na nosa comarca os gatos negros eran sinal de boa sorte, ao contrario que noutros lugares.

Grilo: Un grilo na casa daba boa sorte, así que non se mataba nin se botaba fóra, senón que se debía deixalo marchar cando el quixera.

Lagarto, lagarta, píntega e sapo: Estes animais, a pesar do beneficio que fan ao eliminar insectos, eran vistos moi negativamente. Críase que por onde pasaban deixaban como un efluvio maligno (o aire, colleitizo ou orballo) capaz de enfermar persoas e gando.

Margaridiña: Sempre chamada con nomes agarimosos como xoaniña ou avelaíña, é moi apreciada. Considérase especialmente de moi boa sorte se, cando está na palma da man, se bota a voar. Como no caso das abellas, non é ben visto matar unha margaridiña.

Moucho, curuxa e avelaiona: Descontando ao lobo, víbora e escorpión -animais realmente perigosos que poden matar a unha persoa- as rapaces nocturnas eran os animais máis temidos. Os seus ouveos eran de fatal agoiro, sinal do vagar dunha ánima en pena ou de que alguén do lugar falecería pronto. Hai unha cantiga popular onde se pode apreciar claramente o medo que producían estas aves, aínda que o protagonista finxa valentía:
                
     Eu ben vin estar o moucho / enriba daquel penedo.
     Non che teño medo, moucho, / moucho, non che teño medo.

A curuxa e a avelaiona, [cárabo en castelán] tamén chamada "marta" (sen ter nada que ver co pequeno mámifero carnívoro do mesmo nome), daban o mesmo ou máis medo, que non era exclusivo de Galicia senón compartido con moitos outros pobos do mundo.
  Tamén a outros animais como o cuco (se cantaba de noite), o can (cando ouveaba) ou as galiñas (cando cacarexaban alborotadas ou caían do poleiro) se lles suponían capacidade de predicir unha morte na veciñanza. Mesmo se podía deducir ás veces pola dirección ou o tipo de son o lugar e a idade do presunto defunto.

Para máis información sobre o tema, podedes consultar aquí.

martes, 18 de diciembre de 2018

A reitoral de Poulo

  A antiga reitoral de Poulo está situada no lugar do Outeiro a menos de 200 metros ao norte da igrexa de San Xian e a uns 60 metros ao leste da coñecida casa rural Antón Veiras. Ten uns 182 metros cadrados e ocupa unha parcela de máis de media hectárea de extensión.
  Non sabemos exactamente cando foi construída pero si que o seu aspecto actual data do ano 1923 en que o entón párroco de Poulo don José Mª Barreiro García decidiu remodelala e ampliala, anticipando 4.000 pesetas do seu propio peto para as obras.
  Foi o lugar de residencia dos sacerdotes de Poulo ata que, xa a finais do século XX, deixouse de utilizar. A partir deste momento foise deteriorando lentamente.


  No século XXI, o Concello de Ordes concibiu a idea de crear un albergue para peregrinos. Con tal fin comezaron as conversacións co Arcebispado de Santiago para a cesión da reitoral, conversacións que chegaron a bo porto en abril de 2016 coa firma dun convenio de colaboración mediante o cal a Igrexa cedeu gratuitamente o seu uso ata o ano 2046, condicionado a que o albergue estivese listo antes de 5 anos. Neste momento era alcalde José Luis Martínez Sanjurjo

  En xullo de 2017 a Axencia de Turismo de Galicia, dependente da Xunta, sacou a concurso as obras por valor de case 537.000 euros. En outubro de 2018 xa estaba rematada a rehabilitación do edificio, quedando só a dotación de mobiliario e a posta a punto das zonas exteriores.
  O albergue ten capacidade para algo máis de 40 persoas, estando adapatado tamén para as de mobilidade reducida, e será o segundo de titularidade pública na comarca de Ordes, despois do de Hospital de Bruma (Mesía). Tamén está prevista unha senda peonil con carril bici entre Poulo e a vila de Ordes. Nesta iniciativa a Xunta prevé investir uns 600.000 euros.


  A inauguración tivo lugar o 18 de xuño de 2019 e nela estiveron o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, o delegado territorial da Xunta na Coruña Ovidio Rodeiro, a directora de Turismo de Galicia María Nava Castro e o vicario xeral do Arcebispado de Santigo Víctor Maroño. A delegación local estaba encabezada polo presidente da Mancomunidade Roberto Rey e o alcalde de Ordes José luis Martínez.

viernes, 14 de diciembre de 2018

Festas do Recreo en 1923

  Iniciadas en 1916, as festas do Recreo consolidáronse rapidamente. Velaquí o artigo que o xornal El Compostelano lles dedicou no seu número do 26 de setembro de 1923.

  Se ha celebrado aquí con gran suntuosidad la función religiosa dedicada a Nuestra Señora de Lourdes, habiendo sido costeada por el funcionista D. Ramón Abeijón Suárez, acreditado industrial de esta plaza.
  Por la mañana dieron la alborada la afinada banda del Tambre, que dirigió con singular maestría D. Severino Méndez, y la charanga de Santa Cristina de Barro, Noya, bajo la batuta del reputado director don José Mª Romero Blanco.
  A las once salió la procesión con la milagrosa imagen, de la capilla a la parroquial, habiendo portado el estandarte el Sr. Abeijón, a cuyo lado llevó a dos preciosas niñas, Carmen y Valentina Astray, con las cintas y ramos de flores.
  Con vela y presididas por la culta maestra nacional Srta. Milagros Patiño, iban otras varias en dos nutridas filas, recordando a Obdulia Abeijón, Paquita Pinal, Moncha, Paquita, Maruja y Pura Faya, Lola, Carmen y Estrella Caramelo y Lucrecia Canedo.
  A continuación se celebró la misa solemne, habiendo actuado nuestro venerable párroco Dr. Morgade auxiliado por los de Leira y Poulo*.
  Y a su terminación regresaron en procesión a la capilla de la adoración de la Virgen en la misma forma que lo habían hecho anteriormente.
  Condujeron la imagen por devoción los simpáticos jóvenes Ramón Abeijón, Emilio Sánchez, Manuel y Eduardo Villar, vecinos de esta villa.
  En casa del funcionista referido hubo luego un gran banquete al que fueron invitados los más distinguidos elementos que aquí existen, recordando haber visto allí a D. Antonio Canedo, propietario de la Perla, D. Antonio Troche, secretario de La Coruña, D. Nicolás del Río, maestro nacional, D. Ricardo Patiño, maestro de Gándara, D. Santiago Sanmartín, practicante del Gran Hospital, D. José Sánchez Somoza, secretario del juzgado, D. Manuel Patiño, comerciante, D. Emilio Patiño, secretario de Oroso, D. José Abeijón, industrial, D. Alejandro Nine, oficial de Hacienda, D. Manuel García Rivas, procurador, D. Eduardo Folgar, maestro nacional, D. Eduardo Mato, jefe de la Prisión, D. Santiago Ameneiro, industrial, D. Antonio Louro, abogado, D. Ramón Calvo, comerciante, D. José Uzal, secretario del Son, D. Domingo Bagaña, industrial, Don Ramón y D. Luis Faya, industriales, y don Laureano Iglesias, comerciante. La mayor parte de los cuales fueron acompañados de sus respectivas señoras, cuyos nombres no cito por brevedad.
  Por la tarde hubo un gran baile campestre, amenizado por las citadas bandas de música, que se prolongó hasta la noche, durante la cual lució una artística iluminación a la veneciana delante de la casa del funcionista.

* O párroco de Leira era Emilio Regueiro García e o de Poulo José Mª Barreiro García.

domingo, 9 de diciembre de 2018

Festas patronais de 1923

  Unha vez máis a comisión das festas de 1923 foi encabezada polo habitual Ezequiel Astray, a quen acompañaban nesta ocasión Manuel Mariño, Antonio del Río e Ramón Abeijón. En xullo xa tiñan organizada unha tómbola para acadar máis recursos para as festas.
  O programa foi similar ao doutros anos pero cunha novidade importante: serían as primeiras festas nas que habería iluminación eléctrica, pois a Ordes chegara este avance a finais do ano 1922. Ademais, aproveitouse un arco (custeado por Juan Liñares) que se creara previamente para a homenaxe ao deputado Alfonso Senra pola gran dotación económica lograda para obras en Ordes ese ano.
  O día 14 ás doce do mediodía deron inicio as festas co inevitable disparo de bombas de palenque e repenique xeral de campás. Ás tres da tarde fixo a súa entrada a banda de Merza (Vila de Cruces) e ás cinco houbo vésperas solemnes na igrexa parroquial. Ás nove da noite comezou a gran verbena na Alameda.
  O 15, día grande, iniciou con diana ás oito da mañá! seguiu ás once con misa solemne e a continuación procesión coas imaxes da Virxe e San Roque. Dunha a dúas houbo o tradicional paseo de moda na antiga "Calle Real" e agora, desde ese mesmo mes, Avenida Alfonso Senra (a inauguración do nome da rúa celebraríase poucos días despois e a ela asistirían o deputado e a súa esposa). O paseo repetiuse pola tarde, de seis a nove, do mesmo xeito que os días seguintes. Por fin, de dez a doce, o público gozou da iluminación eléctrica por arcos voltaicos e lámpadas de varias cores. Tamén houbo fogos artificiais e elevación de numerosos globos.
  O día 16, celebrouse a festividade de San Roque, custeada por Carmen Mato, viúva de Manuel Astray López (o patriarca dos Astray na vila de Ordes).
  O día 17 repetíronse os festexos, e pola noite, deuse un gran baile de sociedade na honra dos forasteiros, que foi amenizado tamén pola banda de Merza.
  Velaquí o artigo que dedicou ás festas La Voz de Galicia.

  Como resultaría pálido cuanto pudié­ramos decir respecto al esplendor con que se han celebrado las fiestas de esta villa, me concretaré a hacer constar que las iluminaciones fueron vistosísimas, sobre todo la eléctrica, que por ser la primera vez que lucía en este pueblo, llamó poderosamente la atención, pues colocados los focos entre la frondosidad del arbolado de la Alameda, daban a aquel paraje, un aspecto fantástico.
  El fuego de lucería fue variadísimo y entretuvo a la numerosa concurrencia allí congregada hasta hora muy avanzada de la noche.­ La sección de globos agradó igualmente, acreditándose una vez más el buen gusto del industrial de Betanzos Claudino Pita*.
  La banda de música de Merza ejecutó con una gran afinación y gusto varias notables composiciones, que fueron del agrado del público, que las aplaudió con gran entusiasmo. La gente joven bailó a su antojo al compás de los preciosos bailables ejecu­tados por la banda.
  Las solemnidades religiosas resulta­ron igualmente espléndidas, siendo cos­teada por la señora viuda de Astray, la función de San Roque, cuya insignia de funcionista fue llevada por la nieta de dicha señora, la angelical Carmiña As­tray Troche, a quien acompañaron sus primitas Marujita y Pilar. La misa solemne fue cantada por un coro de bellas señoritas, bajo la direc­ción del inteligente párroco de Santiago de Rovidiños, D. Jesús Castro Naya.

Claudino Pita Pandelo (m. 1933) empresario de Betanzos que construía globos e faroliños para as festas, foi case unha institución a finais do século XIX e principios do XX: non había festa que se prezara que non contase cos seus globos e iluminación. Está intimamente ligado ao globo de Betanzos que comezou a fabricar en 1875 e que aínda seguen a facer os seus descendentes.

miércoles, 5 de diciembre de 2018

A familia Amado

  Os Amado son outra das numerosas familias ordenses que viñeron de Noia. Dese concello era o zapateiro e logo rico comerciante Antonio Amado Amado (1869-1934). que se instalou no que hoxe é Alfonso Senra 34 (onde agora está o bazar do chino Hongy Zhang). O seu comercio competía co de Mariño na Rúa dos Lagartos por ser o máis grande e importante da vila.
  Casou con Josefa Ferreiro Franqueira (1871-1958), dos Ferreiros do norte, coa que tivo 8 fillos: Carmen, Esclavitud, Manuel, Dolores, Aurora, Mariano, Jesusa e Concepción.
  Como os dous únicos fillos varóns emigraron, hoxe apenas quedan restos do apelido no concello de Ordes.

  Carmen Amado (1894-1942) levou a tenda xunto aos irmáns ata a súa morte aos 48 anos, logo quedou en mans da segunda irmá, Esclavitud (1896-1986), a máis lonxeva da familia. Cando Mariano e ela separaron os camiños, construíu unha casa en Alfonso Senra 47 onde instalou unha mercería.
  Manuel Amado emigrou ao Uruguay e Dolores (1900-1936) que non casou, igual que as súas irmás maiores, morreu nova aos 36 anos antes do comezo da Guerra Civil.

  Aurora casou en 1924 con Ramón Abeijón Sánchez (da familia Abeijón tamén con orixe noiesa) que era funcionario no Concello e con quen tivo 4 fillos: Aurora, Ramón, José e Antonio.
  Sucedéronse os infortunios nesta familia: morreron Aurora (1937) e Ramón (1948), así que os seus fillos foron acollidos pola avoa Josefa Ferreiro. Antonio, o máis novo, morreu afogado no Regato Mercurín e logo José, mecánico que estaba en Negreira, cun tío seu que era alcalde alí, tamén morreu afogado no Tambre. Aurora (1926-2013) viviu logo coa súa tía Esclavitud e fíxose cargo da mercería. Casou xa maior cun camioneiro ourensán, Valentín Gónzalez Rodríguez.
  Ramón Abeijón Amado (1927-2021), o moi coñecido Kilé, tamén foi oficial do concello como o seu pai. Casou con Carmen Casas Regos coa que tivo tres fillos, Juan de Dios, José Ramón (ambos os dous morreron de nenos) e Juan Francisco Abeijón Casas que herdou o alcume do pai, tivo un famoso pub nos anos 80-90 e logo iniciou o seu traballo na radio municipal.

  Mariano (1909-1980), levou o comercio xunto con Esclavitud. Casou con Nieves Señarís Bello (1922-2009) e rematou por establecerse en Santiago (na Algalia de Arriba 33 onde montou un ultramarinos), aínda que durante moitos anos a familia seguiu vindo veranear a Ordes.
  O seu fillo maior, Tonecho, estudou medicina e exerceu no Hospital Universitario Marqués de Valdecilla en Cantabria. O 2º fillo, Santi, estudou químicas e foi un dos fundadores nos anos 70 da asociación cultural "O Terruño". Mariano viviu a vida e Nieves, a menor, é profesora de secundaria.
  Os terreos onde había unha tenda de viños, a casa e tenda principal e un almacén onde se gardaba o sal (que naqueles tempos se despachaba a granel) remataron sendo vendidos a Iglesias, Casa e Benxamín que construíron o actual edificio no que se atopa o bazar chino e outros comercios. Caxide comprou os terreos adxacentes (o que hoxe é o 26-28) aos herdeiros do Latoneiro.

  Jesusa (1914-1994) casou co tratante de gando José García Freire Pepe de Betanzos (1905-1988) co que montou a gran carnicería que lindaba coa igrexa (Alfonso Senra 99). Tiveron 6 fillos: Mª Carmen, Rosa, José, Elena, Julio e Mª Jesús.
  O terceiro, Pepe, foi o que continuou coa carnicería. O quinto, Julio, tamén é moi coñecido por ter sido director da sucursal en Ordes do Banco del Noroeste.

  Concepción Amado (1914-1994), a irmá máis nova, casou co tratante de madeira José González Insua Pepe de Cambre (m. 1969) con quen viviu en Alfonso Senra 69. Tiveron dous fillos: Cristina (que reside na vila) e Roberto González Amado, catedrático de física e escritor, tanto de libros técnicos como de novelas ("Los dioses que no podían serlo" e "Azar y cenizas").

sábado, 1 de diciembre de 2018

Carta desde Bembibre

  Velaquí unha carta publicada no xornal El Ideal Gallego o 2 de setembro de 1923 onde un veciño de Bembibre se queixa do cacique local e pide ao diputado polo distrito de Ordes, Alfonso Senra, obras na súa vila.

  Se espera aquí de un momento a otro la llegada del diputado a Cortes por el distrito, don Alfonso Senra, cuya visita hace días que tiene anunciada. Con tal motivo el cacique local despliega estos días gran actividad para recibirlo y agasajarlo, y el pueblo ¿qué sabe el pueblo quien es Senra? Dudamos que llegue a una veintena el número de personas que sepan aquí que Senra es su diputado. Mas no importa; sea bienvenido, don Alfonso, que bien merece este rinconcito que, así como es lo mejor del distrito que usted representa, una mirada "reparadora" de sus ojos benévolos y compasivos: repare, don Alfonso, mire, escudriñe y verá ... verá cosas verdaderamente peregrinas que le convencerán de que su distrito se compone de algo más que de la villa de Órdenes, de que son tan electores los de aquí como los de allí y de que, por lo mismo, merecen, sino mejor, igual trato y consideración. No es que protestemos envidiosos por los favores que usted dispensa a la villa y sus habitantes: nos parecen de perlas las carreteras a Carballo y a Buján, las aceras y el adoquinado y aplaudimos sus promesas de mayores mejoras que serán en breve realidad; pero más de perlas nos parecería y le más le aplaudiríamos, por ser de interés más vital, el que usted se interesase por la terminación de la carretera Santiago-Carballo que pone en contacto dos zonas de las más ricas de Galicia.
  Pero dejemos esto aparte y fijémonos -no dudamos que usted se fijará- en algunas "cosas" de "dentro", que dicen mucho en pro del "interés de nuestra administración local por el bien público". Prescindiremos de "pequeñas cosas", como lo de la cartería, que debiendo estar donde estuvo siempre, en Bembibre, en el centro del Ayuntamiento, la tiene en su casa el cacique, desde donde reparte la correspondencia de Santiago, por ejemplo, a los ocho días de su fecha y los periódicos cuando a él "le da la gana", razón por la que aquí apenas hay suscriptores, y llamaremos su atención sobre el asunto de mayor interés para el municipio: el camino de Bembibre.
  Bembibre, poblado situado en el corazón del valle del Dubra, a la orilla derecha del río de igual nombre, con un número de habitantes muy superior a los demás del término municipal, con buena planta de edificios modernos, en su mayor parte dedicados a establecimientos comerciales de venta al detalle, y, sobre todo, con sus dos ferias al mes que se celebran el primer lunes y el tercer martes de cada uno; Bembibre, por todo esto, aparte su rica y abundante producción, es cual usted en justicia habrá de reconocer, el pueblo de mayor importancia del contorno, importancia que se multiplicará el día que termine la carretera de Santiago a Carballo, por situar en el punto medio de la distancia que separa ambas poblaciones. Pues a pesar de esas circunstancias, admira y pasma a propios y extraños el abandono en que la tiene la autoridad local: de la aludida carretera de Carballo sale un ramal hacia el poblado del que solo se construyeron, hace unos veinte años, unos doscientos metros, siguiendo una antigua vereda de una anchura de seis a ocho metros que lo cruza a lo largo hasta el campo de la feria que dice al suroeste del mismo; esta vereda en cuanto llueve un poco, dado lo arcilloso del suelo, se pone intransitable, y durante el invierno imposible.
  La iniciativa privada intentó ponerla en condiciones de camino vecinal, pero fue ahogada por la promesa de la alcaldía de hacerlo a costa del presupuesto municipal. Pasaron unos cuantos años al cabo de los cuales, en el de 1920, el cacique manifestó públicamente el propósito de construir el camino, para lo que disponía de la cantidad suficiente; los vecinos vieron el cielo abierto cuando, en efecto, fueron invitados a portar gratuitamente la piedra, pero no tardó en empañársele de nuevo, pues cuando ya habían transportado una buena cantidad de ella surgieron aquí aquellas cuestiones con motivo de la aplicación del R.D. de 11 de septiembre de 1918*, y el cacique "tuvo que suspender las obras hasta que cobrase el consumo". Se repartió y cobró el consumo pero la piedra que los vecinos de Bembibre trajeron para hacer su camino continúa en el mismo estado obstruyendo el tránsito de vehículos y personas.
  Bien está, don Alfonso, que usted conceda al cacique un camino vecinal para ir él cómodamente hasta su casa -que otra utilidad no ha de prestar- pero de paso, a usted poco le cuesta pedir más pesetas para hacer el de Bembibre, incomparablemente más barato, más útil e interesante que aquel. Y los vecinos de aquí y los de fuera, por ser Bembibre punto céntrico de la extensa y rica comarca comprendida entre Santiago, Órdenes, Carballo y Negreira, le recibirán como a su hijo predilecto el día que sepan que a usted le deben un camino que, siguiendo la vereda de referencia, al llegar al centro del poblado se bifurque en dos: uno a Páramos, a enlazar con la carretera de Vimianzo, y el otro a Malvárez con la carretera en construcción de Carballo a Santa Comba.
  Mientras tanto, don Alfonso, no le extrañe que el pueblo de Buján le reciba con apatía y frialdad, y hasta con desconfianza, como a un desconocido: este pueblo es gueno*, es leal, es viril; pero es un pueblo que por unos y por otros ha vivido siempre sumido en el abandono, en el oprobio, siendo escarnecido, vilipendiado y envilecido por todos aquellos que han venido a hablar de su felicidad y redención: esto justifica su desconfianza.
Bujan, agosto de 1923  UN VECINO.

* Decreto do político conservador Augusto González Besada que pretendía limitar o poder dos caciques á hora de cobrar os impostos. O cacique era Celestino Amigo Oreiro e o alcalde de "Buján", desde había moitos anos, era José Gándara Parcero.
  Escrito así no orixinal.

martes, 27 de noviembre de 2018

O temporal de 1987

  Os galegos estamos afeitos a longos meses de choivas que habitualmente son rapidamente absorbidas polo noso acedo chan. Pero tampouco é raro que unha gran acumulación de precipitacións varios días seguidos dificulten esa absorción e se produzan inundacións. Os máis vellos lembran que lugares como Padrón ou Caldas saían a miúdo nos partes por este motivo e, na nosa comarca, lugares como Sigüeiro sufrían unha ou máis enchentes case todos os anos.
  De feito no século XX houbo nove anos nos que se produciron inundacións de bastante consideración (1927, 1951, 1957, 1962, 1977, 1978, 1987, 1989 e 1991). Unhas das maiores foron as de 1987.

 
  Tres anos case exactos despois de padecer o Hortensia (3-4 de outubro de 1984), Galicia volveu sufrir unha gran adversidade meteorolóxica: un dos maiores temporais de choiva e vento combinados das últimas décadas.
  Outubro de 1987 xa estaba a ser un mes chuvioso, cousa nada rara, pero a partir do martes 13 cumpriuse o dito "choveu sobre mollado". As choivas fixéronse máis fortes e os dous días seguintes foron de carácter torrencial con rexistros récord como os 218 litros por m2 no aeroporto de Lavacolla ou os 361 acumulados en Santiago entre os días 15 e 16. A iso engadíronse fortes ventos que superaron os 100 km por hora, chegando en momentos puntuais aos 120.

  A acumulación de auga fixo que a maioría dos ríos galegos, e especialmente o Tambre, Ulla e Umia baixaran completamente desbordados, deste xeito producíronse as maiores inundacións que se lembraban en Padrón onde tiveron que ser evacuadas unhas 300 persoas cara a Santiago. Na provincia de Pontevedra, as vilas de Caldas e Redondela sufriron tamén inundacións de consideración e varias persoas foron evacuadas da primeira por unidades da Escola Militar de Marín. Ao final o número de evacuados totales roldou os mil, non faltando a típica escena dun matrimonio de anciáns que se negou se non levaban tamén con eles a vaca.
  Na cidade de Pontevedra o servizo de auga potable quedou interrompido á unha da tarde debido ao desbordamento do río Lérez que levou por diante a canalización da auga e a estación de bombeo.
  En Ponte Maceira a auga case subiu 2 metros por enriba do nivel de desbordamento.

  A acción combinada da auga e do vento provocou varios accidentes. O que deixou máis feridos produciuse na noite do mércores cando descarrilou o Talgo Madrid-A Coruña nas proximidades de Santiago de Compostela. O maquinista resultou ferido de gravidade e 11 pasaxeiros tiveron lesións leves. Peor o levou o pescador Antonio Sánchez Otero que desapareceu na Ría de Pontevedra.

  As comunicacións víronse moi afectadas. O xoves 15 estiveron pechados os tres aeroportos galegos e numerosas estradas da Coruña, Pontevedra e Lugo permaneceron cortadas polas riadas de auga, desprendementos de terra e caídas de árbores. Loxicamente a nacional 550 sufriu cortes en Padrón, Caldas e Redondela. O mesmo lle sucedeu á vía férrea Santiago-Vigo tamén interrompida nestes tres lugares, mentres a de Madrid-A Coruña estivo cortada á altura de Santiago. As clases, por suposto, foron suspendidas en toda Galicia.

  E Ordes?
  A nosa comarca tamén sufriu o temporal. As riadas e a caída de árbores dificultaron o tránsito en gran parte dos concellos. Sigüeiro (Oroso) foi como era costume a vila máis afectada. A Casa Consistorial quedou asolagada e tiveron que ser evacuados algúns veciños residentes nas proximidades do río Tambre. Tamén en Oroso, no lugar da Igrexa, caeu o teito dunha escola que afortunadamente non estaba ocupada.
  Case toda a comarca de Ordes quedou sen luz desde a unha da noite do día 14 e prolongouse esta situación todo o día 15.
  No concello de Ordes houbo derrubamentos de muros, chemineas, persianas, tellas e árbores. Un veciño perdeu dúas vacas que resultaron electrocutadas ao producirse un curtocircuíto. As augas do río Mercurín (ou Mirón), canalizado na vila, chegaron aos bordos o que puxo dos nervios aos residentes na zona. A ponte Guindibó, estivo pouco transitable, aínda que non se asolagou ningunha casa das proximidades do río.
  En Tordoia estiveron cortadas varias estradas pola caída de árbores e desbordamento do río Pontepedra.
  O día 17 a situación estabilizouse pero só Frades podía considerarse en condicións normais. Gran parte do concello de Cerceda continuaba sen electricidade e os outros cinco concellos sen servizo telefónico.

sábado, 24 de noviembre de 2018

Morte no Balado

  En tempos violentos, como os anos 20, as discusións acababan moitas veces en agresión física e, dado que os homes adoitaban ir armados, era inevitable que se producisen mortes. Como ocorre hoxe cos accidentes de coche, era algo previsible que cada certo tempo alguén morrese violentamente.

  O domingo 3 de xuño de 1923 tocoulle a quenda a Ordes. O suceso foi especialmente lamentable porque os implicados eran membros da mesma familia, os Recousos de Vilar (que por certo tamén era a miña familia, pois Antonio Recouso era irmán da miña bisavoa Manuela Recouso, muller de Juan Ferreiro).
  A vítima foi José Recouso Noya* un mozo labrador de 29 anos, que ás seis e media da tarde estaba no lugar chamado Revolta da Fraga no Balado. Alí comezou unha discusión co seu curmán, Antonio Recouso del Río, labrador nacido en Vilar de 41 anos, pero que vivía no Recreo coa súa muller Rosa Boquete. Este recriminoulle que unha vacas propiedade do pai de José entraran nun prado seu.
  A discusión foi medrando en intensidade ata que Antón completamente enfurecido sacou a súa gran navalla de Albacete e deulle unha puñalada no peito que lle causou a morte case inmediata a José. Logo, sen saber ben que facer, fuxiu do lugar.
  O Xulgado de Ordes constituíuse pouco despois de ocorrer o homicidio no Balado para comezar a investigación, pero non tivo demasiado traballo porque ao día seguinte ás seis da tarde Antón presentouse na casa cuartel para confesar e ser detido. Curiosamente o encargado do cárcere negouse a detelo, ata que chegou a orde do Xulgado.

  O xuízo tivo lugar case un ano despois, a finais de xuño de 1924. Antón foi defendido polo prestixioso avogado coruñés Manuel Casás, enfrontado ao fiscal substituto señor Pardo e ao avogado da familia señor Suárez Carrero que pedían 14 anos, 8 meses e un día de reclusión e unha indemnización de 10.000 pesetas. Como acostumaba pasar, Antonio non saíu moi malparado pois tívose en conta a eximente de arrebato e obcecación, non ter intención de causar tanto dano e provocación da vítima.
 
* Nalgúns xornais, como El Ideal Gallego, aparece como José Recouso Carballido. Noutros como El Compostelano, Galicia e El Progreso é o homicida e Antonio a vítima.

Antonio Recouso del Río Antón tivo 4 fillos con Rosa Boquete Villaverde:
Antonio Recouso Boquete (1909-1946): garda de asalto en Barcelona. Logo, en Ordes uniuse as guerrillas anti-franquistas e foi abatido na parroquia de Parada en xuño de 1946.
José Recouso Boquete (1914-1996): polo contrario, estaba na escolta de Franco, da que tivo que saír por culpa do irmán. Traballou de xardineiro para Viriato e estivo casado con Carmen Fernández Barreiro -dos Fernández das Casillas-. Non tiveron fillos.
Marina Recouso Boquete (1919-2012): casada con Ramón Noya Bermúdez -irmán do municipal Cachorro- co que viviu no Recreo e con quen tivo unha única filla, Marina.
América Recouso Boquete (1921-1985): casada con Ramón Ferreiro Juncal -dos Ferreiros do Casal- foi a que quedou na casa familiar no Recreo. Tivo dous fillos, Milagros e José Antonio.

martes, 20 de noviembre de 2018

Sector forestal en Galicia

  Un informe encargado pola Axencia da Industria Forestal á Universidade de Vigo constata que no ano 2017 a facturación do sector forestal galego (máis de 2.200 millóns de €) logrou superar por fin a de 2008, ano que supuxo o inicio da crise económica.
 Con relación ao ano 2015 (no 2016 non se realizou o estudo) medraron todos os subsectores: rematantes (+7%), serradoiros (+16%), pasta-taboleiros e segunda transformación. Esta última foi a que máis subiu grazas especialmente á fabricación de mobles.
  Tamén marcou un récord a exportación (máis de 860 millóns de euros) coa zona euro como principal compradora.


  O informe tamén revela o bo rendemento en orixe, no monte. O exercicio de 2017 marca un récord no que respecta ao volume de madeira cortada en Galicia, ao superarse por primeira vez a cifra de 8,5 millóns de metros cúbicos, o que supón o 47 % de toda a madeira cortada en España.
  Por especies, o eucalipto segue a ser o rei indiscutible (representa o 59 % de toda a madeira cortada, aumentando desde o ano 2015 nun 14 %). As coníferas aínda son o 38 % pero declinan cunha caída do 9 %. As frondosas permanecen estancadas con menos dun 3%.


  A zona máis madeireira é o norte de Galicia (provincias da Coruña e Lugo). A comarca de Ordes non é das máis destacadas (a súa porcentaxe de 50 % de solo forestal está lonxe da media galega que é de 65 %). Aínda que o concello que máis terreo dedica ao monte é Trazo, o que ten maior produción é Frades, mentres que o que menos produce é Oroso.

sábado, 17 de noviembre de 2018

Adeus Aller

  O suceso máis relevante de 1923 na comarca de Ordes foi a morte de Saturnino Aller.
  O gran home levaba tempo batallando contra unha grave enfermidade. O mércores 25 de abril xa non puido asistir ao fastoso banquete na honra do deputado a Cortes do distrito Alfonso Senra (aloxado na súa casa), que contou con 300 comensais de toda a comarca e unha serenata da Banda Municipal de Santiago a noite anterior. Aller aínda resistiu catro días máis ata a tarde do domingo 29 de abril en que faleceu.

  Aínda que esperada, a súa morte causou a natural conmoción nas terras de Ordes. Fóra, os xornais conservadores mencionárona de pasada e con frialdade. Só Nicolás del Río, mestre en Ordes e correspondente de El Compostelano, saíu da norma e eloxiou a "nuestro buen amigo y jefe político" dicindo que "su muerte causará gran trastorno en esta comarca donde contaba tantas simpatías por su carácter altamente simpático, y por los múltiples servicios que había prestado al país".

  En cambio La Voz de Galicia, xornal liberal, deu gran importancia á noticia e publicou un longo panexírico no que o definía como "profundamente encariñado con su tierra [...] muy culto e inteligente aunque a primera vista no revelase su aspecto al hombre de gustos refinados y selecto espíritu que era [...] servicial y simpático, de afable trato, contaba con numerosos y buenos amigos que sentirán hondamente su pérdida". Tamén destacaba como tiña "colmado de beneficios" ás terras ordenses.

  O 1 de maio, tivo lugar o enterro, perfectamente documentado por La Voz de Galicia.
  Organizouse o cortexo diante da súa casa de Ordes (actual Nogallás). Recollían as cintas que pendían do féretro os seus excompañeiros de Deputación Rafael Llamas Tojo, Ángel Aperribay, Antonio del Moral Sanjurjo e Alejandro Barreiro. Encabezaban o dó o subsecretario de Fomento e deputado a Cortes Alfonso Senra que veu desde Vigo, o fillastro de Aller, Carlos Puga Pequeño, o seu sobriño Ramón Aller (sacerdote e ilustre matemático), o presidente da Depu­tación Ramón Vilas González, o inspector provincial de Sanidade Rafael Fernández e os seus amigos Luis Cornide e Jesús Santaló, director dos establecementos de beneficencia. Logo un nutrido grupo de personalidades de Ordes e comarca.

  Un xentío inmenso enchía a estrada. Á saída da vila foi depositado nun automóbil o cadaleito, levado aos ombreiros dalgúns caseiros do defunto ata alí. O coche fúnebre, seguido de varios autobuses e coches particulares, emprendeu a marcha ata a afastada parroquia de Castro en Mesía, onde foi soterrado. A misa foi oficiada polo párroco de Vilamaior D. Vicente Monteagudo, aínda que a oración fúnebre estivo a cargo de D. Nemesio Morgade. Outros 15 sacerdotes estiveron presentes, entre eles o de Gorgullos, D. José Varela Aller, sobriño seu. O seu irmán Pedro Aller, que vivía en Ponteceso, recibiu xunto a outros parentes as condolencias dos asistentes.

  Por suposto non faltou a elite de Ordes transportada para a ocasión en dous autobuses de "El Noroeste". Alí estaban o alcalde Manuel García Bermúdez, Antonio Concheiro, José Carnota, José Mariño, Anto­nio Verea, Juan Linares, Manuel Patiño, Ezequiel, Ramón e Ma­nuel Astray, Antonio Viqueira, José Romero, Fernan­do Liste, Manuel García Rívas, Ri­cardo Amor, Ignacio Castro, Ma­nuel Concheiro, Nicolás del Rio, Domingo Moar, Augusto Abella, José Sánchez Guisande, Elíseo e Jacobo Amor, Julio Pol, José Gar­cía e José Sánchez Somoza.

  Outros asistentes foron o propietario Balbino García del Valle e o mestre Julio Caamaño desde Parada, o alcalde Gumersindo Liñares e o secretario José Maceiras Fernández desde Trazo, Jaime Veiga, Emilio Sánchez Álvarez e o secretario Emilio Sánchez So­moza desde Oroso e Ángel Concheiro, Camilo Iroma, José Varela Varela, o mestre José María Lesta, o médico Jesús Gómez Aparicio e Ce­lestino Mosquera, sobriño de Aller, desde Mesía.


  Non esqueceu o correspondente de La Voz de Galicia o oco que quedaba na comarca e rematou deste xeito a súa crónica: «Descanse en paz tan buen amigo, y Dios quiera iluminar el “cónclave” de primates (sic) para elegir el nuevo jefe del distrito».
  Por suposto ignoraba que estaba asistindo ao fin dunha era. Apenas tres meses despois Miguel Primo de Rivera iniciaría a súa ditadura que poñería patas arriba toda esta clase política que medrara coa restauración.