viernes, 29 de julio de 2022

Por fin chegou o tren!

 
   O 14 de abril de 1943 foi un dos días máis importantes na historia ordense. Despois de longos anos de espera completouse definitivamente a vía férrea entre Santiago e Coruña. A inauguración sería un evento espectacular organizado minuciosamente polo Réxime e contaría por suposto como principal protagonista co xefe do estado. 
 
  O Caudillo, que estaba na Coruña, trasladouse por estrada ata Santiago onde chegou ás cinco e 10 da tarde. Despois dunha rápida visita á catedral, ás cinco e 25 chegaba á estación onde foi recibido polas autoridades. Unha multitude, que ocupaba por completo as escaleiras de acceso e praza contigua, recibiuno, brazo en alto, con berros de "Franco! Franco! Franco!" e "Arriba España!". Alí pasou revista a unha batería do Rexemento de Artillería de guarnición na cidade e a unha compañía das Milicias Universitarias, que esperaban formadas na praza. Logo celebrouse a cerimonia de bendición oficiada polo arcebispo de Compostela doutor Muñiz de Pablos. Ao seu termo o Caudillo e o seu séquito entraron na nova estación e visitaron as diferentes dependencias da mesma.

  Ás seis menos cuarto o tren inaugural, composto por seis unidades arrastradas pola máquina número 4002, púxose en marcha. A locomotora ía adornada con bandeiras e grilandas, así como cos escudos de España, A Coruña e Santiago de Compostela, situados na súa fronte.
  Durante varios quilómetros grupos de veciños e membros das Mocedades Falanxistas comarcais masculinas e femininas aclamaron o paso do convoi. As doce estacións do percorrido estaban profusamente engalanadas con escudos, bandeiras, xugos e frechas, numerosos arcos de triunfo e inscricións de agradecemento alusivas á inauguración. Os veciños, autoridades, párrocos, nenos das Escolas Nacionais e do Frente de Juventudes cos seus mestres e instrutores á fronte, situáronse nas plataformas para aclamar o paso do tren en que viaxaba o Caudillo. Bandas de música, grupos de gaitas rexionais, raparigas da Sección Feminina vestidas con traxes galegos, disparos de bombas de palenque, repeniques de campás, continuos vivas a España e ao Caudillo e o incesante berro "Franco! Franco! Franco!" acompañaron ao tren durante a maior parte do traxecto.

 

  Velaquí un artigo do xornal El Ideal Gallego que nos conta como foi o recibimento en Ordes:
  Fue un verdadero acontecimiento la inauguración de nuestro anhelado ferrocarril, habiéndose trasladado a la estación el pueblo y sus aledaños en masa, al objeto de vitorear al Jefe del Estado, que supo culminar la obra de progreso más importante para esta comarca.
  Nuestro entusiasta y joven alcalde, Mariño, puso a disposición del público un coche ómnibus, el cual hizo varios viajes con las autoridades y vecindario.
  Después del paso por esta localidad para Santiago de las personalidades que habían de intervenir en tan grandioso acto, empezó el desfile hacia la Pontraga, en una forma tan incesante, que bien puede decirse que se cerraron todas las casas de esta villa, haciéndose difícil el tránsito por la carretera de acceso a la estación mencionada, la cual aparecía adornada con gusto.
  Al llegar el tren, el coro gallego interpretó varias composiciones bajo la dirección de su maestro, Viriato Lamas, ante el coche de Su Excelencia, el cual, con cara risueña, daba muestras de satisfacción, felicitando a esta afinada colectividad y al alcalde, con quien conversó unos instantes afablemente, y saliendo enseguida el convoy en medio de atronadores vítores y aplausos y de un verdadero bosque de brazos en alto, lamentando el corto espacio de tiempo transcurrido entre nosotros.

 

  Na Coruña o recibimento tamén foi apoteósico. Miles de coruñeses e xente dos municipios veciños esperaban a chegada do tren, que se produciu ás oito menos cuarto. Oíronse de novo aclamacións e aplausos. Os buques no porto fixeron soar as súas sirenas e disparáronse multitude de bombas de palenque. O Caudillo baixou e foi recibido polo alcalde accidental da Coruña Diego Delicado e todas as autoridades civís e militares habidas e por haber.

 

  E así rematou aquel día de alegría en medio de tempos moi duros. Non obstante o impacto que tivo o tren en Ordes foi menor do esperado e durou só unhas tres décadas. É verdade que o núcleo da Pontraga medrou e tivo moita actividade pero a vila de Ordes seguiu dependendo maioritariamente da estrada N-550. A finais dos 60, co aumento de automóbiles e dos horarios das liñas de autobuses, o uso da liña férrea foi cada vez máis reducido ata desaparecer case totalmente despois de 1980.
 

domingo, 24 de julio de 2022

A voltas coas velutinas


  Procedentes de Asia, as avespas velutinas chegaron a Europa probablemente en 2004. Uns seis anos despois, en 2010, entraron en España e pouco máis tardaron en chegar a Galicia. Levamos pois unha década convivindo con elas, pero hai moita xente que aínda non ten claro o seu nome. 
  Os operadores do 112 en Galicia, divertidos cos pequenos e ás veces extravagantes erros das persoas que os chaman, rexistraron todas esas variacións nunha lista.

"DENOMINACIÓNS"  da ESPECIE
africanas
ciáticas
velentinas
africanas de la hostia puta
colombianas
velotianas
africanizadas
comunistas
veluinas
alienígenas
elviras
velunias
avispas de famosos
estatinas
velutianas
asesinas
estranxeiras
velutintas
beduinas
galopinas africanas
ventolinas
bellotinas
ghalopinas africanisadas
vespertinas
bertulinas
porpurinas
vetolímicas
besupinas
siáticas
vetuleiras
betolinas
siberianas
vetulínicas
botalinas
soviéticas
vetupinas
brillantinas
valvulinas
volotinas
chinas
vekutinas
volotinias

  Como vedes, hai para todos os gustos. Na miña clase, con nenos de 6 e 7 anos, tamén saíu algunha vez o tema. Un rapaz chamoulles "asesinas" e eu comenteille que era a súa natureza depredadora e que non eran máis asasinas que un gato ou unha araña. O rapaz non quedou de todo convencido e acabou soltando esta frase lapidaria:
-Bueno, asesinas non serán, pero teñen moi mala hostia! 

martes, 19 de julio de 2022

O ano 1943

 

  No ano 1943 a guerra decantouse xa moi claramente cara ao bando aliado. Na fronte rusa rematou a batalla de Stalingrado en febreiro coa rendición de Friedrich Paulus. En xullo Alemaña volveu ao ataque en Kursk, a maior batalla de tanques na historia, pero as tropas soviéticas resistiron e a partir dese momento obtiveron unha supremacía militar que xa non perderían.

  No norte de África tamén foi derrotado o Africa Korps alemán. En xullo os aliados desembarcaron en Sicilia e, en setembro, fixérono na Italia continental, que se rendeu ás forzas anglo-estadounidenses o 8 de setembro. Só o norte, baixo un Mussolini xa completamente dependente dos alemáns, resistiría. 
  No Pacífico os xaponeses encadeaban derrotas: en febreiro retiráronse de Guadalcanal, en marzo a súa frota sufriu na batalla do Mar de Bismarck e en xullo perderon a illa de Saipan. 
  Quizais por esta deriva da guerra, 1943 foi un ano moi cruel: comezou coa execución masiva de xudeus por parte da Gestapo en Letichiv (Ucraína), continuou con bombardeos indiscriminados nas cidades alemás por parte dos aliados respondendo os bombardeos de Londres e Coventry, seguiu logo o levantamento e destrución dos Guetos de Cracovia e de Varsovia de marzo a maio, e a masacre de Changjiao (Hunan) en China onde morreron máis de 30.000 persoas. 
  En novembro tivo lugar a Conferencia de Teherán con Churchill, Roosevelt e Stalin tentando chegar a un acordo sobre as áreas de influencia de cada país logo da previsible derrota alemá. A conclusión é que a influencia chegaría onde chegaran os seus exércitos, o que provocaría unha auténtica carreira para ocupar a maior cantidade de territorio europeo posible. 
  A nivel máis anecdótico 1943 tamén foi o ano no que se inaugurou o Pentágono en Arlington, no que Albert Schatz descubriu a estreptomicina e no que Albert Hoffman experimentou os efectos do LSD.

  En España, que superou os 26 millóns de habitantes, a situación mellorou un pouco pero seguía sendo un país moi triste que comezaba a emitir o NO-DO e que a principios de marzo lembraba a prohibición de celebrar o entroido, prohibición que databa de 1937. Ese mesmo mes promulgouse a Lei de Rebelión Militar, pola que todos os delitos políticos serían xulgados en Consello de guerra. Con todo non faltaban puntuais momentos de alegría como a aparición da canción Raskayú que foi un gran éxito ese ano, aínda que non lle gustase moito ao Caudillo.
  O Réxime distaba de considerarse seguro. Continuaban os altercados entre as diversas familias, chegando a haber un atentado en febreiro contra un local da Falange en Madrid. Os monárquicos conspiraron -Manifesto dos 27-, buscando un regreso de don Juan de Borbón, pero Franco logrou contelos.
  E para complicar máis a situación especulábase cunha posible invasión británica. En agosto Samuel Hoare, embaixador inglés, entrevistouse con Franco e conseguiu que este retirase a División Azul da fronte rusa e que se comprometese a controlar a Falange. Estas promesas e máis o feito de que o Portugal de Salazar deixou utilizar as Azores aos aliados, descartaron a invasión.
  Ah! en xuño dese ano o Real Madrid gañou 11-1 ao FC Barcelona nun partido de copa, a maior victoria nun clásico e fonte de innumerables lendas. Tamén nese verán apareceu "El bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez.
  Para Galicia, se non contamos o preto que estivemos de ser campo de batalla, non foi un mal ano: en abril, mentres en Madrid aparecía o primeiro comercio de Galerías Preciados, inaugurouse a vía férrea Santiago-Coruña e en agosto a Escola Naval Militar en Marín, que anteriormente estivera en San Fernando (Cádiz). Ese mesmo mes Pedro Barrié fundou a empresa Fenosa. En Pontevedra naceu a Orquestra Poceiro, unha das máis famosas de Galicia nos anos 40 e 50.
 
  E... que pasaba en Ordes?
XANEIRO: Morreron a mestra Juana Caramelo* aos 75 anos, Andrea Barreiro* aos 48, e José Barbeito Veiras de Poulo, irmán do coadxutor don Domingo. Tamén morreu en Santiago o día 30 Antonio Varela Tojo. Manuel Vieites Vigo autorizado para abrir un serradoiro.

 

*Juana Caramelo Liste (1867-1943): mestra durante as dúas primeiras décadas do século na escola de Santaia de Gorgullos. En 1920 foi para a escola de Poulo. Estivo casada con  Bernardo García Suárez (1865-1938) que viviu no antigo Campo da Feira. Tiveron dúas fillas: Carmen, casada con Benigno Fernández Fernández, e Mª Milagros García Caramelo (1910-1986) que tamén foi mestra en Pereira.
*Andrea Barreiro Uzal (1894-1943): Era unha das fillas do rico comerciante e ex-alcalde Juan Barreiro Ríos. Casou co tamén comerciante Manuel Fernández Uzal, por certo membro do Partido Radical nos anos 30, co que tivo dous fillos: Manuel e Benito Fernández Barreiro.

 

FEBREIRO: Empezou a funcionar o Sanatorio Concheiro no edificio contiguo ao actual. Festa da Árbore presidida polo alcalde Mariño, o tenente de alcalde Verea e o secretario Ángel Concheiro Rodríguez (tío de Ángel Concheiro Iglesias).
MARZO: Morreron Carmela Álvarez Salgueiro, filla do farmacéutico, en Santa Cruz de Montaos, o ex-capataz de legoeiros Juan Mosquera Iglesias con 69 anos, e en Buscás José Martínez Ríos aos 57 anos e Pedro Presedo Vieites aos 71..
ABRIL: Inauguración da vía férrea polo mesmo Franco. Actuación do coro creado por Viriato o Vello ese mesmo ano.
MAIO: Morreu o día 18 Antonio Ramos Insua, propietario da pousada e home máis rico do Mesón do Vento.
XUÑO: Voda de Mª Jesús Moar, filla do avogado Domingo Antonio, co procurador e delegado de Abastos Carlos Ramón Ballesteros. Morre aos 68 anos o secretario do xulgado, procurador e ex-director do Banco de La Coruña en Ordes José Sánchez Somoza. José Mª Patiño Verea atacou cunha sacha ao seu cuñado Pedro Ares Calvo.
XULLO: Voda de Mª Carmen Verea Remeseiro co mestre José Bello Segade. Parricidio en Val do Dubra: José Ares Díaz, de 19 anos, matou á súa nai cunha macheta e soterrouna nunha leira de millo.
AGOSTO: O Conde de Altamira propuxo de sacerdote para Ordes a don Joaquín Andrade Orza. Tomaría posesión en xaneiro de 1944. Memorables festas patronais.
SETEMBRO: Peregrinacións do Arciprestado de Berreo de Arriba e o de Abaixo. Morreron Dolores del Río Botana, viúva de Fraga, aos 78 anos, Jesusa Vázquez Regos aos 28, e en Mercurín Manuela García Ríos aos 45.
OUTUBRO: Peregrinación a Santiago do Batallón do Tercio de Infantería de Mariña de Ferrol. O día 13 pernoctaron e fixeron misa e desfile en Ordes na honra de Manuel Lois. Saíron para Santiago o día 14. Pedida de man de Elvira Stolle para Rafael Álvarez.
NOVEMBRO: Motín contra o SNT en Tordoia.  Voda de Rafael Álvarez con Elvira Stolle. Morreu no hospital con 33 anos Mª Concepción Martínez Criado e en Leira Ángela Bascoy Pacheco, viúva de Francisco Pacheco Pedre, aos 65 anos.
DECEMBRO: O 31, último día do ano, morreu o avogado e concelleiro varios anos Jacobo Amor del Río. O seu enterro xa sería en xaneiro de 1944.
 
E non pode faltar a relación de multas:
XANEIRO: 500 pesetas a María Ureña Vila e 250 a José Mirás Gómez (pechar a deshoras os seus establecementos). 250 a Antonio Liste N e Francisco Rey Iglesias (escándalo).
FEBREIRO: 2.000 pesetas a Juan Calvo Pérez (venda de chaves de boca móbil a prezos abusivos). 1.000 a Manuel Pose Graña (tenencia de millo e venda a prezos abusivos). 250 Antonio García Varela (escándalo e blasfemia). 250 a Antonio Nouche Patiño (ter aberto o establecemento a deshoras).
MARZO: 25 pesetas a Carmen García Blanco (viaxar sen salvoconduto). 1 mes de arresto a Emilio Bermúdez Pedreira (infraccións na recollida de legumes).
ABRIL: 1.000 pesetas + incautación da mercancía e prohibición de comerciar en 3 meses a Pedro Fraga Rodríguez e 1.000 a Antonio Martínez Barros (infraccións na lei de taxas). 50 a María Moar Pérez (escándalo). 50 a Manuel Ríos Vilariño, José Ríos Vilariño e José Ríos Cabanas (escándalo e blasfemia).
XULLO: 8.000 pesetas a Juan Calvo Pérez* (compra-venda de ferro a prezos abusivos). 3.000 a Antonio Martínez Barros* (conducir madeira de forma clandestina). 50 a Manuel Liste Pena, Luis Caamaño Villaverde, Jesús Couselo del Río e Julio Caamaño Villasenín (embriaguez e escándalo na vía pública). 25 a Manuel Fuentes Noya (viaxar sen salvoconduto).
AGOSTO: 2.000 pesetas a Antonio Ferreiro Eirín (tenencia ilegal de fariña e elaboración de pan).
SETEMBRO: 2.500 pesetas a Ignacio López Pena (comercio clandestino e transporte ilegal de sola).
OUTUBRO: 1.500 pesetas a Manuel Eirín de la Fuente, 1.000 a Manuel Juncal e Pedro Graña Blanco (moer cereais ilegalmente). 1.000 a Andrés Blanco Calvo e Manuel Rama (infraccións da Lei de taxas). 25 a Leonor Gil Sanjurjo (viaxar sen salvoconduto).
NOVEMBRO: 5.000 pesetas a Antonio Ferreiro Eirín* (tenencia ilegal de fariña de trigo). 500 a Jesús Candal Fernández (ter xente embriagada e formando escándalo no seu establecemento a deshoras).
DECEMBRO: 25 pesetas a José García Rivas (viaxar sen salvoconduto).

domingo, 17 de julio de 2022

Festas en 1942

 
  1942, como de costume, estivo cheo de festas. Velaquí algunhas das que temos noticia pola prensa da época.

  O día 30 de maio, festividade de San Fernando (patrón do Frente de Juventudes), acudiron a misa os profesores de Ordes xunto cos seus alumnos que comulgaron prometendo "ser buenos defensores de nuestra querida patria y de su religión".
  O 31 remataron os cultos na honra da Inmaculada Concepción cunha misa ás 8 da mañá onde participaron as Fillas de María. Ás 12 tivo lugar a misa solemne oficiada por don José Barreiro Uzal. Pola tarde as nenas ofrendaron ramos de flores e poemas á Virxe. A organización correu a cargo das Fillas de María en combinación coa Xunta de Acción Católica, dirixida, como non, polo párroco don Ramón Mosteiro Ferro.
 
  O xoves 4 de xuño celebrouse o Corpus en Buscás e o domingo 7 en Ordes. Na vila o funcionista foi Manuel Rodríguez Vázquez, veciño de Merelle. A misa solemne ía contar co capuchino Padre Enrique María de Cevico, pero finalmente non puido acudir polo que tivo que disertar o párroco don Ramón Mosteiro. Cantou a misa don José Barreiro Uzal, asistido dos párrocos de Poulo, don José Mª Barreiro García, e de Parada, don Jesús Sánchez Verdeal. A procesión fixo o seu percorrido habitual portando a sagrada forma don José Barreiro Uzal baixo palio conducido por seis "prestixiosos" veciños: o avogado Juan Amigo, o mestre don Nicolás, o transportista Rogelio Prado Carnota, o carpinteiro José Iglesias Brandariz José da Calzada, o farmacéutico Rafael Álvarez Salgueiro e Pedro Concheiro García*. Na capela de Lourdes foi cantado un motete con acompañamento de armonio polo barítono santiagués Antonio García Giménez. Pola tarde houbo festa na Alameda amenizada pola Banda de Senra. O funcionista do ano seguinte sería Manuel Cancelada.
 
  En Montaos, despois do San Antón en Guindibóo, celebrouse o domingo 5 de xullo a festividade da Virxe do Carme. A ela acudiron, levados por un autobús, os nenos da vila que asistían á cataquese dominical acompañados polo párroco don Ramón Mosteiro e as señoras e mozas que a impartían. Alí estiveron na misa solemne e participaron na procesión onde se cantou diante do cruceiro a Salve pedindo pola paz no mundo. A continuación comeron de campo e volveron pola tarde, non sabemos se antes ou despois da romería.
  En Parada, parroquia da que era sacerdote don Jesús Sánchez Verdeal, tamén se celebrou o Carme e o día 18 a patroa Santa Mariña.
 
 As festas patronais duraron ese ano 1942 catro días, de 14 a 17 de agosto. Foron amenizadas pola Banda de San Mamede dos Anxos dirixida por Ramón Blanco Mañá* e unha orquestra. A Comisión estaba composta polos mozos Laureano Iglesias del Río, Amadeo Patiño Blanco, Antonio del Río Pampín e Antonio del Río Rial co seguinte programa:
Venres 14: Repenique xeral de campás e bombas de palenque ás 12 do mediodía. Ás 7 da tarde entrada da banda tocando alegres melodías. de 11 a 1 da noite verbena con iluminación á veneciana.
Sábado 15: Ás 8 da mañá dianas e alboradas. Ás 12 misa solemne cantada e procesión presidida polas autoridades. De 1 a 2 paseo de moda amenizado pola banda. Ás 5 da tarde carreiras pedestres con tres premios en metálico. De 7 a 10 bailes e de 11 a 1 da noite verbena na alameda profusamente iluminada.
Domingo 16: Mesmo programa do día anterior pero cambiando as carreiras por un partido de fútbol entre o Órdenes FC e un "famoso" conxunto forasteiro.
Luns 17: Repetición de bailes e fin de festa.
  Ese mes de agosto, o día 28, tamén se celebrou en Buscás o San Agostiño, festa preparada polo sacerdote don Manuel Martínez Iglesias. Houbo misa solemne e na procesión cantouse o Salve diante do cruceiro pedindo que chovera pois aquel tamén foi un verán de sequía.
 
  En setembro volveron as festas da Santa Cruz en Montaos que duraron tres días, do 13 ao 15. Logo, o día 19, empezou unha Santa Misión predicada por dous monxes capuchinos. En Barbeiros, parroquia rexentada por don Jesús Freiré Furelos, celebrouse o día 16 a Santa Eufemia con misa solemne, procesión e festa campestre amenizada por unha "afinada" banda de música. En Leira xa empezaron o día 15 con repenique xeral de campás ás 12 e bombas de palenque, máis solemnes vésperas ás 7 da tarde. O día 16 a banda e as gaitas do país anunciaron a festa con misas desde as 7 da mañá ás 11, hora en que tivo lugar a misa maior con acompañamento de orquestra e a intervención de don José Pérez Rajoán, profesor do Seminario de Santiago e irmán do párroco de Leira. Logo foi o turno da procesión e, pola tarde, o baile campestre.
 
* Ramón Blanco Mañá (1912-1992): Mozo de Calvente, fillo de Gregorio Blanco e irmán de Mª Josefa, casada en 1927 con Manuel Mirás Gómez, taberneiro e tratante de gando establecido no Recreo. Ramón tamén fora director da Banda da Garabanxa. Casou con Babila Veiras García e tivo dous fillos: Concepción e Ramón.
Pedro Concheiro García (1915-1962): 9º fillo de Pedro Concheiro Rodríguez e Juana García Mouriño. Morreu novo con só 46 anos.

miércoles, 13 de julio de 2022

Os Mariños das Corredoiras


   Na rúa dos Lagartos na primeira metade do século XX viviron dous importantes personaxes co mesmo apelido. Un deles foi o comerciante José Mariño García (1880-1947), patriarca dunha das familias máis coñecidas de Ordes, os Mariños dos Lagartos. 
  O outro, que vivía en fronte cruzando a beirarrúa, era Manuel Mariño Liste, un gran propietario con moitas terras que chegaban desde os Lagartos ao actual CEIP Castelao. O xornal El Ideal Gallego escribiu na súa necrolóxica "su vida estuvo dedicada al trabajo agrícola y a hacer cuanto bien pudo a sus vecinos necesitados". Casou con Carmen Martínez Castro, irmá de Andrés o patriarca dos Martís do Casal, e morreu no ano 1944 deixando catro fillos: María, Manuela, Carmen e Manuel Mariño Martínez. A abundancia de mulleres ocasionou que na actualidade queden poucos descendentes con este apelido.  
 
  A filla maior, María Mariño Martínez (m.1947), casou con José Mirás Gómez (1890-1969). Os Mirás procedían de Caboladrón, lugar da parroquia de Mesós en Frades. Despois de emigrar a Matanzas (Cuba) e traballar en "El Vaquerito", José e o seu irmán Manuel (1897-1983) volveron a Galicia e establecéronse en Ordes. Ambos os dous foron tratantes de gando e puxeron tabernas, José nos Lagartos e Manuel -ver cadro inferior- en 1929 no Recreo, ao fondo do antigo campo da Feira. Posteriormente os fillos de Andrés, outro irmán que morreu en Frades e que foi concelleiro durante a República, tamén viñeron para Ordes e establecéronse no Piñeiro.
  O matrimonio de José Mirás e María tivo 4 fillos: José, Mª Carmen, Elena e Manuel Mirás Mariño, todos viviron ou viven aínda nos Lagartos e zona próxima de Rosalía de Castro.  
 
  Manuela Mariño (1902-1948) casou con Manuel Villaverde Veiras (1898-1968) dunha familia coñecida como os Veiras da Espenica. Ao establecerse nos Lagartos esta rama familiar foron coñecidos como os Veiras dos Lagartos. O matrimonio tivo tres fillas: Concha, Jesusa e Carmen Villaverde Mariño. 
  A maior, Concepción Concha da Carnicería (1921-2011), foi a de vida máis interesante. De gran beleza, casou con Manuel Viaño Dono, fillo do comerciante Manuel Viaño Prado (m.1930) e de Casilda Dono. Manuel tiña unha carnicería no edificio que logo sería o Bar Juanito e tamén facía bailes no lugar. Con el tería catro fillos, pero quedaron na ruína e separáronse. Anos despois, en 1978, Manuel morreu en plena indixencia na vila da Estrada con 61 anos. Concha viuse obrigada a vivir en Reboredo e subsistir a duras penas coa compra-venda de fabas para Carlos Espiñeira Pellit. A súa sorte cambiou cando coñeceu ao arzuano Enrique López Lea (1913-1991), sobriño do carniceiro Ignacio López, e logo futuro propietario da carnicería Enrique. El tamén estaba separado e comezaron unha relación que ao principio non podía ser oficial por mor das leis daquela época. Con Enrique volveu á estabilidade económica e tivo outros catro fillos, aínda que o último morreu sendo neno.
  A segunda filla, Jesusa (1924-2007), non casou, pero dunha relación con Ramón o Practicante tivo unha filla, moi coñecida pola súa actividade na Igrexa, Mª Jesús Ferreiro. 
  Finalmente Carmen (1926-2019) casou con José Galán López (1923-1980), fillo do tenente da Garda Civil Policarpo Galán. José era funcionario do Xulgado e viviron no que hoxe é o Nogallas. Tiveron un único fillo, José Manuel, rexistrador da propiedade en Noia. 
 
  Carmen Mariño, que morreu en 1944 pouco despois do seu pai, casou con Juan Rodríguez Iglesias Juan de Carril (1898-1997), dunha moi ampla familia. Juan tiña un comercio xusto no cruce. O matrimonio tivo dous fillos: Esther e Juan. Juan (1942-2001), que morreu aos 59 anos, herdou a tenda que levaba ata hai pouco tempo a súa viúva Marisa Regueiro. Esther casou con Manuel Picallo Ameijeiras (1920-2005), coñecido mestre que foi o primeiro director do Colexio Castelao e, logo de xubilarse, promotor de vivendas na Rúa dos Lagartos, nos terreos da familia Mariño. 
 
  O que quedou na casa familiar foi Manuel Mariño Martínez Mariño das Corredoiras (1913-1978), que casou con Dolores Veiras Bello (1910-1993). Dolores viña tamén de rica familia, os Veiras de Pardiñas, pois era a 4ª filla de Jesús Veiras e Francisca Bello. O matrimonio tivo 3 fillos: Pepe, que casou cunha moza de Guindibóo, Carlos, que traballou no Banco de Santander, e Dolores Mariño Veiras.
 

sábado, 9 de julio de 2022

O Cabrón por Leira e Buscás

    No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados ao concello de Ordes. Este foi publicado o 26 de marzo de 2022.

  El indoeuropeo viene a ser una matriz, un paraguas lingüístico, del que se derivan los idiomas de Europa y buena parte de los de Asia. Kar procede de ahí, y significa piedra. Y de kar, cabrón. No el insulto, sino el nombre del río que nace prácticamente en Mesón do Vento y desciende formando un bonito y estrecho bosquete de ribera, para cruzar la Nacional 550 a la altura del kilómetro 30, a la entrada de la parroquia de Leira. Tierras de Ordes, por lo tanto.

 

  Hay donde aparcar el coche (una curva de la carretera vieja) y el excursionista sigue por la pista que marcha pegada a la nacional pero en dirección contraria. Es decir, hacia Mesón do Vento, hacia el nacimiento del Cabrón, y eso puede desorientar en un primer momento. Calma, porque a los pocos metros se toma la primera a la derecha girando en ángulo recto antes de llegar a la primera casa y se recupera la vecindad de la corriente, que va a quedar a la diestra.

 

  Por su parte, una vez que ha cruzado el asfalto el río ha dejado a la izquierda el Monte Vello, ampuloso nombre de una elevación que podría calificarse como un outeiro algo más grande que la mayoría, pero sin más. En un punto emboscado recibe las aguas de un humilde afluente que también nace en Mesón do Vento: el Rego de Portomanteiga.

 

  El avance resulta cómodo, con el Cabrón un poco más abajo a la derecha y casi pegado a la carretera. No hay que hacer caso de ninguno de los dos desvíos y la pista conducirá así a una cantera que realmente no puede decirse que embellezca el paisaje. La corriente, oculta en todo lugar por una muralla vegetal, seguía su curso en paralelo no solo a la nacional sino también a un camino que discurría entre ambas y que ya nadie recorre hoy en día, si bien indudablemente sí se hacía en el pasado: muestra de ello son los tres molinos construidos casi pegados al agua.

 

  De dos de esos molinos permanecen en pie restos difíciles de localizar -hay que repetir que la vegetación conforma una selva poco menos que impenetrable-, pero el tercero, al que se accede sin problemas, está siendo rehabilitado, por suerte, y su interior retrotrae al visitante a otros tiempos pasados que jamás volverán.

 

  Se ha cruzado el puente y ahora el río aparece a la izquierda. El tramo siguiente, pura repoblación de eucalipto y pino. La mala noticia es que no va a haber camino más o menos pegado, sino que el excursionista se aleja y se acerca constantemente, lo cual constituye un cierto engorro, sobre todo si se va andando en vez de en bicicleta. Alguna pista permite cruzar de una orilla a otra, pero el aventurero no se aparta en ningún momento demasiado de este río.

 

  No resulta fácil perderse, pero si se busca en un mapa una referencia, entonces hay que localizar Codeseda, que da acceso a la nacional en el supuesto de que no haya fuerzas para seguir. Pero si ese no es el caso, no se pasa por ese lugar excepto que se quiera ver su magnífica casa noble venida a menos, con hórreo que llama la atención, así como su sencillo templo.

 

  Y tras dos horas y media como mínimo desde el comienzo si se va andando, las pistas, siempre de tierra, desembocan en una carretera asfaltada: la que une la Nacional 550 con la iglesia románica-barroca de Buscás, previo paso por un castro (a la izquierda, muy cerca del templo) y con un montículo al frente que conserva un foso y los restos hoy invisibles de un castillo o torre medieval.

 

  La aldea más cercana es Pereira, ante los ojos, con algunas casas muy bien cuidadas, viviendas nuevas -alguna de atrevido diseño, sea dicho con tono positivo- y otras tradicionales. El conjunto no desentona en absoluto con el entorno natural, con el río corriendo allá abajo. El valle, por cierto, es precioso, sobre todo visto desde esa aldea, emplazada en una suave ladera.

 

  Para tener una idea de dónde se halla el visitante, la superficie del mar queda 279 metros más abajo en pura vertical. Un buen final de etapa.

Cristóbal Ramírez

COMIENZO: 43º07'51"N  8º23'32"W.

PEREIRA: 43º05'54"N  8º23'08"W.

LA MEJOR FOTO: En el molino rehabilitado.

EL DESAFÍO: Buscar los restos de los molinos.