domingo, 25 de julio de 2021

Roteiro Rúa - Outeiro


   Ademais do que hai a carón do Río Mercurín, en Ordes hai outro roteiro sinalizado que se localiza no sur da parroquia de Buscás e o norte da de Poulo.
  A súa lonxitude é duns 7,1 km de baixa dificultade que podemos facer nunha hora e media andando a bo ritmo ou máis se tomamos as cousas con calma e paramos para poder observar os lugares de interese.
  O punto de partida é o patio do Local social da parroquia de Buscás (antiga escola unitaria) que funciona tamén como campo da festa. Alí podemos deixar o coche e consultar o panel informativo que nos ilustra sobre o roteiro.
 
  Antes de empezar podemos dar un curto paseo e ver o cruceiro, a carón da casa rural Dona María, e a moi interesante igrexa románica de San Paio. Tamén podemos tomar un refresco ou un café nalgún dos dous bares que hai na Rúa.
 

  Saímos polo camiño que vai cara ao leste. Ás veces, dependendo da estación, podemos atopar lama na zona máis baixa. Despois de andar uns 680 metros por unha zona de praderías chegamos a unha pista da parcelaría. Aquí collemos á dereita (cara ao sur) e andamos uns 550 metros de suave descenso pola pista. Ao chegar á encrucillada collemos de novo á dereita e seguimos por ese camiño uns 450 metros. Á nosa dereita está o Muíño de Vilariño, restaurado non hai moitos anos.
 
 
  Ao atravesar o Rego das Penedas xa estamos na parroquia de Poulo. Avanzamos uns 330 metros e neste punto (que é o máis baixo de todo o roteiro -arredor de 270 m-) enlazamos co Camiño Inglés. Este sobe en dirección SO uns 400 metros para logo dar un xiro de 90º e continuar ascendendo en dirección SE outros 400 ata chegar a un tunel por debaixo da estrada AC-524 Ordes-Lanzá. Uns 150 metros despois atopamos a casa rural Antón Veiras.
 
  Aquí é interesante saír fóra do roteiro e pasar a ver o Albergue de peregrinos (antiga reitoral) e a igrexa parroquial de San Xian que conta cunha espectacular cruz cumial de tempos medievais.
 

  Saímos do Camiño Inglés e continuamos cara ao leste pouco menos de 600 metros polo lugar coñecido como Canteira de Morazos, cheo hoxe de bosques de eucaliptos. Seguimos outros 600 metros a carón da estrada (momento no que estamos na zona máis alta do roteiro -uns 355 m-) ata que vemos unha pista que vai para o norte. Cruzamos a estrada e, despois de andar outros 600 metros, chegamos ás Pardiñas (berce da familia Veiras). Logo duns 500 metros de descenso chegamos ao Rego das Penedas e volvemos a entrar na parroquia de Buscás.
  Continuamos cara o norte subindo uns 450 metros por outra pista de concentración. Logo xiramos á esquerda (ao oeste) e todo recto volveremos ao punto de partida  percorrendo uns 950 metros.
 
  Obviamente podemos facer o roteiro en sentido inverso e tamén, se nos apetece, podemos engadir outros 1.100 metros opcionais se ao principio imos máis ao norte ata a estrada que vai dos Ramos ao Carballedo.

lunes, 19 de julio de 2021

O ano 1937

 
  1937 foi o ano en que Tolkien escribiu "The hobbit", no que se aprobou a Constitución de Eire e se fundou a Volkswagen en Alemaña, pero continuaba subindo a tensión en Europa. En Estados Unidos en maio explotou o dirixible Hindenburg pero ese mesmo mes inauguraron o Golden Gate e en decembro Disney estreou a marabilla animada "Snow White and the seven dwarfs". En Asía dentro da Guerra chinés-xaponesa estes últimos tomaron Pequín tras a batalla de Lugou Bridge, logo conquistaron Shangai e Nankín, onde houbo unha xigantesca masacre. Non obstante os ollos do mundo estaban postos en España que vivía o comezo dunha cruenta guerra civil.
 
EVOLUCIÓN DA GUERRA
 
  As cousas non ían ben para a República que trasladou a capitalidade a Valencia en xaneiro mentres na España Nacional se fundaba RNE. En febreiro, ao mesmo tempo que caía Málaga e había unha masacre na estrada desa cidade a Almería, tivo lugar a batalla do Jarama e logo en marzo a de Guadalajara onde os republicanos venceron ás forzas italianas, o que lles deu moita moral pero non un gran beneficio, pois só retrasaron un mes a ofensiva franquista do Norte. En abril Franco unificou os partidos que o apoiaban nun novo: a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e Guernica foi destruída pola Lexión Condor alemá.
  Se parecía que as cousas melloraban para a República, maio supuxo pegarse un tiro no pé: Barcelona espertou bañada en sangue polas loitas entre comunistas, trostkistas e anarquistas. En xuño morreu o xeneral Emilio Mola en accidente de aviación e caeu Bilbao, en xullo tivo lugar a sanguenta batalla de Brunete que non decidiu nada, en agosto caeu Santander e en outubro toda Asturias. Isto supuxo que os franquistas remataron o ano sen poder entrar en Madrid pero co control das minas de carbón e a industria e as fábricas de armas do País Vasco e cun mando totalmente unificado grazas a morte de Mola.
  En Galicia estableceuse en setembro a primeira liña aérea regular no aeroporto de Lavacolla.
 
E mentres tanto en Ordes?
XANEIRO: Morre Aurora Amado Ferreiro, nai de Kilé. Comeza a instaurarse o "Día del Plato único"
FEBREIRO: Fusilamentos en Boisaca. José López Figueroa nomeado recadador de contribucións da zona 1 de Ordes. Morre Mª Rodríguez Fuentes (84 anos).
MARZO: Voda de Celia del Río Castro (m.1998), irmá de Antonio -emparentado cos Sánchez Somoza- co funcionario do Banco Pastor Ángel Varela Jeannerat. O matrimonio viviría na Coruña e tería 5 fillos. Morreu un dos máis importantes hostaleiros da vila, Ricardo Trasmonte Mosquera, propietario da fonda "La Pinta".
ABRIL: Paseado Francisco Arroyo, veciño de Tordoia de 23 anos. Morreron Francisca Platas Piñeiro, mestra en moitas escolas das parroquias ordenses e cuñada de Ricardo Trasmonte, e Antonio Moar Varela de Pereira aos 77 anos.
MAIO: Falece no hospital de Santiago Manuela Rey Pazos (24 anos) solteira. Multa de 25 pesetas a José Iglesias Brandariz porque unha das súas fillas quitou un cartel sobre a "nova España" da fachada da súa casa.
XUÑO: Falece no hospital de Santiago Manuel González Álvarez (75 anos) viúvo.
XULLO: Multados con 500 pesetas por atesourar moedas de prata Domingo Antonio Moar e Segundo Ferreiro del Río.
AGOSTO: Multa de 500 pts a Domingo A. Moar por non descubrirse ao paso da bandeira e dicir palabras malsoantes ás señoritas encargadas da recadación do Auxilio Social. Nomeado recadador de cédulas persoais na zona de Ordes D. Jesús Gil Romaní. Consello de Guerra contra José Ríos Gómez (del Río Gómez?), acusado de rebelión militar co resultado de cadea perpétua.
SETEMBRO: Peregrinación a Santiago de Berreo de Arriba e de Abaixo. Multa de 100 pts a Antonio Martínez Boquete por rexeitar de forma ameazadora o emblema do Auxilio Social. Multa de 200 pts a José Faya Fernández por negarse a executar obras de hixiene nunha casa súa, ordenadas polo Fiscal da vivenda.
OUTUBRO: Consello de guerra contra veciños de Mesía e Ordes (Antonio Uzal Gaudeoso, José López Regueiro, Manuel Cernadas Ares, Manuel Sanjurjo Manteiga, José Sousa Hermida e Andrés García Sánchez). Accidente de tráfico no que morre Jack Caruncho. Morre o día 23 na Coruña Alejandro Nine Fraga e é soterrado en Ordes. Morre Pastor Stolle*. Heroica morte de Manuel Lois. Recóllense donativos para o Exército Nacional: 12 toneladas de patacas e 481,25 pesetas en metálico. Multa de 2.000 pesetas a Pedro Álvarez por vender a prezos superiores aos autorizados. 500 pts a Emilio Pérez Varela por pronunciar frases irrespetuosas para a Falange. 250 a Andrés Veiras Suárez e Andrés Varela Ferreiro.
NOVEMBRO: Multa de 50 pesetas a Antonio Maroño, Antonio Martínez, Antonio Carreiro e Carmen Mariño por "infracción de las normas del Subsidio Pro-combatientes en sus establecimientos". A mestra Francisca Cimadevila Anido enviada para a escola Nº 2 de Ordes. 
 
*Pastor Stolle García (m.1937): xefe da oficina de telégrafos de Ordes e Irmán de José Stolle, secretario en moitos concellos (Frades, Boqueixón, Padrón, Enfesta, Coristanco...). Casou con Ángela Ramos Botana en setembro de 1912 e tiveron dúas fillas: Ángela (que casou con Juan Liñares) e Elvira (con Rafael Álvarez Salgueiro).

viernes, 16 de julio de 2021

Xente de Ordes (Entroido)

   Velaquí unha páxinas feitas por un tal Antonio e polo escribán da notaría Maroño no Entroido do 1936 (antes do Alzamento). Aínda era tempo para as risas que se botaban a conta dos veciños daquela época. Están reproducidas respectando o castrapo que usaron.
 

ENTERRO DA SARDIÑA DO ANO DE 1936

O vinteseis de febreiro

morreu a señora sardiña

deixando ben repartido

todo canto ela tiña.

 

Deixou patacas, millo e trigo

muebles, louza e unha empanada

e tamén deixou a burra

casi toda escuartizada.

Deixou un testamento

firmado por dous testigos,

son os que reparten a herencia

e non queren que haxa líos.

 

Vamos a empezar o reparto

que ningún se vaia enfadar

que a todos lle deixou algo

dos seus bes pa disfrutar.

 

REPARTO

A Veiras e ó Rosquilleiro

que están aló no Paraíso

deixoulle un anaco de rabo

pra que fagan un bo giso.

 

Un anaco de embijo

deixoullo a Barbeito

e u outro anaco que queda

hai que darllo ó Caseto.

 

Manuel de Veiras foi

acompañado de Mirás

a reclamar lle deixaran

os cascos das patas de atrás.

 

E a Victorio deixoulle

un pouco de trigo e cebada

pa que fixese un bo pan

pra repartir a empanada.

 

Un anaco dunha orella

é pa Pedro de Monteiro

e un cacho do fuciño

para Antón do Remeseiro.

 

E a Segundo de Faya

deixoulle unha pouca roña

e un cacho de empanada

á costureira Ramona.

 

A Vilas tamén lle deixou

un aro dun caldeiro

e un cachiño de lengua

é pra Antón de Xan Ferreiro.

 

Deixoulle o seu camastro

ó señor de Todavía

e o que había no escusado

a Escolástica a Eirina.

 

Para Casilda de Prado

e pra Viuda de Astray

unha gata medio pelada

que heredou da súa nai.

 

Unha galiña choca

tocoulle a Fernanducho

e a mitá da rolada

pra botica e pra Tucho.

 

Un ollo medio fendido

é pro señor Latoneiro

e un anaco de fíjado

pra don Antonio Concheiro.

 

Hai que darlle a Toñito

un pouco de corazón

e para don Xacobo

as rentas que lle deixou.

 

Para Pedro do Café

e para o xastre Aller

media arroba de patacas

que repartan co Cuartel.

 

Para Ricardo Amor

un anaquiño de óso

e o testo dunha pota

hai que darllo a Areoso.

 

Unha filloa ataniscada

pro maestro Nicolás

e un cacho de unto roído

pra Moure que é bo rapás.

 

¿A donde levas Pegeiro

o sombreiro encantador?

é a herencia da sardiña

pra Mosqueira o aviador.

 

Alá vai o señor Francos

ca Lagorcia e a Portuxola,

van repartir a herencia

que lles deixou a difunta.

 

Pra Vasques da Espenica

e tamén para Bernalda

o pelexo todo do rabo,

o pelo para Santa Clara.

 

Para Juanito da Fabera

un pouco de excremento,

meu irmau ti que queres,

espérate un "momento".

 

Tamén é pro Latonero

un cacho de pan e empanada

e hai que darlle á Tarula

un pouco de merendada.

 

Para Cándido Seoane

un cachiño dunha teta

e un cacho de fuciño

para Carril e Loreta.

 

Para Pardo e pra Mirás

e para Antón de Luis

un anaquiño dun ollo

e outro cacho de narís.

 

Pra Pilara de Vieites

e pra Paco do Almacén

un paquetiño de grasa

e o rabo da sartén.

 

Para don Juan Liñares

e pro veciño do lado

unha ola chea de restos

que repartan co Escribano.

 

Darlle ó Padre Benito

un bo caldeiro de caldo

e que coma amodiño

que non vaia ó Veterinario.

 

Un pleito quela tiña

con Manuel o afeminado

deixou para resolvelo

a don Manuel o "Doitado".

 

Pras señoras de Valdés

e tamén po Fabricante

un cachiño dunha venta

e outro da man de diante.

 

Un anaco dunha pala

é pra Pepe do Ferreiro

e un pouco corazón

para Juanito o Porteiro.

 

Un anaco dunha sien

pra Raimundo do Rulé

e o nervio dunha orella

é pro amigo Malé.

 

Para Antonio Martínez

unha libra de canelas

e unha tripa ben grande

deixoulla para Penelas.

 

A Pedro e a Antona

que lle chaman os Vieites

tamén lle quixo deixar

hilera e media de dentes.

 

Un casco dun pé de diante

foi pro panadeiro Ribacho

e un anaco dunha venta

para Juanito do Nacho.

 

Un anaco de pescozo

foi para Ángel o Viejito

e un óso dunha pata

pra Adolfo o Manguito.

 

Un anaco dunha cacha

para Picho e o Serrador,

que non lle esquenza repartir

con Recouso e o Ferrador.

 

Para o Ferreiro de Castro

un anaco de cacheira

e dúas ou tres moas

que lles den ós de Veija.

 

Pro Lagoeiro do Recreo

e tamén pra Vidala

un pouquiño de pelexo

pra facer unha ensalada.

 

Pra Marcelino de Conde

e pra Carmen de Cachaza

un poiquiño de bormo

quela deixou nunha taza.

 

Un anaco dunha pala

é para Andrés de Blanco

e un cacho dun riñón

que llo leven ó Estanco.

 

Deixou pra Luis da Fábrica

un anaco dunha orella,

tamén lle deixou ó Ramecho

media libra de costilla.

 

Para o señor Abeijón

e pa Pepa do Carteiro

libra e media de carne

e un óso a Lelo do Corbeiro.

 

Un bo anaco de testa

para Regos o Ferreiro

que vaia a repartir

con Pedro o Maquieiro.

 

Unha rodilla de diante

para Pazos e Rogelio

e un cacho de bandullo

para "Cristo" o Relojero.

 

A Mosqueira de Villaverde

dúas libras de costila

e pra Rejos do Casal

solamente medi alibra.

 

Un cacho de piel da barriga

pra Barreiro do Casal

e o sentido da burra

pro "Castromil" de Vilar.

 

Para a Fonda "da Paloma"

un cabrito para asar

para que o vaian a comer

Antón da Fonte e o Xordo de Sar.

 

Pro Capatás das Casillas

un cesto vello sin aro,

e un cadeliño sin dentes

para a Coxa do Balado.

 

A Remuiñán do Casal

unha ben longuiña tripa

e todo que tiña dentro

pro Ribacho da Espenica.

 

 

A testa, un morro e outras cousas

pa Agrupación Musical,

o que a eles lles sobre

pro Ferreiro do Casal.

 

Todos os desta parroquia

que se quedaron sin nada

que non se queden con pena

que aínda hai pra unha fartada.

 

Pra que lle fajan bo enterro

deixou un raxo e un riñón,

queda todo el a cargo

do creguiño don Ramón.

FIN

A Pachiro e a Rosario

e tamén a Cancelada,

pra que fagan unha festa

un bo anaco de barbada.

 

A Pispa e ó Gorrión

e tamén a Leonardo

un anaco de bandullo

que non se vaian queixando.

 

Ó Niquete tamén lle deron

un bo anaco de falda

e foille dar un cacho

á señoriña Bernalda.

 

Tamén lle deixou ó Quinto

unha canela enteira

e o miolo de dentro

vai pra Pepa a Monteira.

 

Un anaco dunha tripa

e outro anaco de entreteto

tamén llo hai que dar

a Maroño e a Modesto.

 

A Golán e a Raposo

deixoulle unha ferradura

e a Chico e máis a Mingos

unha pouca Lavadura.

 

Temén lle deixou á Pesca

e máis á Latonera

un anaco de empanada

pra repartir con doña Estrella.

 

E a Dolores de Ramas

unha pouca alegría

e a Manuel de Mariño

un óso e unha bacenilla.

 

E para o señor Domingo

e tamén para Javierete

non vos iredes queixando

con un anaco de xarrete.

 

Un anaco dunha chambra

é pro señor Secretario

e unha fazula da cara

é pra Juanito de Calvo.

 

Un cachiño de alegría

pra don Domingo Moar,

un sombreiro de catro augas

pra Manolo o Capitán.

 

Pro Ayuntamiento do Pino

donde era oficiala

deixou dito que mandasen

o señor Mariño da Fraga.

 

Unha patiña dun galo

pros de Antonio o Zapateiro,

a gorxa dunha galiña

é para os do Vinculeiro.

 

Pra don Manuel de Carballo

un pito algo marelo,

unha pita media blanca

pro maestro do Recreo.

 

Pra don Manolo de Correos

unha pataca pelada

e as pelas que sobraron

pra Liñares da Calzada.

 

Pobre Pegeiriño

¿Seica non che deixou nada?

Ai, deixoume unha tripa

Pra min e pra Cancelada.

 

Unha botella de ribeiro

foi xuntiña pra Parente

meteixo de entremedario

o Caballería de Gosende.

 

Para Manolo Astray

e para Amigo o avogado

un cachiño de riñón

e un anaco de entrerrabo.

 

Un saquiño de carozos

para Ramón de Vilar,

que reparta co Pequeno

e con Farruco do Sar.

 

Para Ramón o Mandayo

e pra señora Levita

un anaco dunha perna

e que repartan con Rita.

 

Un cacho de óso marelo

é para a señora Ruquiña,

pra Vicente do Almacén

un bo lote de murriña.

 

Un anaco dun riñón

é pro maestro Pin Pan

e un cacho de fazula

hai que darllo a Julián.

 

Pra Manuel García Rivas

un anaquiño de fel

e unha pouca alegría

pro Teniente Coronel.

 

Para doña Juana Soto

e tamén pro Capitán

unha pouquiña de falda

e un casco pra Galán.

 

Pra don Ricardo Platas

e pra botica de abaixo

tamén lle quixo deixar

un bo anaco de raxo.

 

Un bo anaco de nervio

deixoullo ó Albardeiro

e unha miaja dun ollo

para don Julio Barreiro.

 

Tamén deixou pra Suares

un anaco de colchón,

outro anaco dunha orella

é pa Pedro do Mesón.

 

Á nosa amiga Pepucha

deixoulle un despertador

e un cacho dunha pata

tocoulle ó Banco Pastor.

 

Unha libra de óso sin carne

para Pantiona e Pedrito

e un anaco de pescozo

hai que darllo a don Pepito.

 

Un anaco dunha ingle

é pra Segundo o Barbeiro

e un estribo da burra

pra Ignacio o Carniceiro.

 

Un anaco de entrepeito

deixoullo ó señor Mariño,

enseguida foi o Notario

que lle dera un pouquiño.

 

Tamén ó xastre Ponte

deixoulle unha pouca crin,

a basura do pescozo

para Maruja de Pacín.

 

Tamén lle deixou a Teodoro

e a Lucía a Costureira

pra que non se vaian queixando

unha pouca tripa cagadeira.

 

Pa Ventura e pa Martís

un anaco de atefal

e unha pouquiña de gorxa

para o Toco e para Uzal.

 

Unha das ferraduras

hai que darlla ó Carteiro

pra que faga un talismán

e llo venda ó Cartuxeiro.

 

Unha poiquiña queixada

é pra Manolo da Ponte

e unha teta de burra

é pro veciño Vicente.

 

Para Juanito de Lopas

e Ramón o Relojero

un anaco de espiñazo

e outro cacho pro Perrero.

 

Dúas ou tres patacas

son pra Checho o Barbeiro

e un anaco de empanada

hai que darlla ó Churrero.

 

Para Moncho de Abeijón

e tamén pra Laureano

a bodega chea de viño

que ten cosecha do ano.

 

Libra e media de tripas

pra Xaquina e pra Ramón

e un anaco de pelexo

pra o señor Antón de Simón.

 

Para Antonio o Cotovío

e Joaquín o Carpinteiro

os zoquiños da difunta,

unha media pra Barreiro.

 

E para Antonio Rivas

outro caho atafal

e toda a tripa mainiña

para Martís do Casal.

 

E para o amijo César

unhos lentes de cristal

para que llos vaia probando

ó Catro Ollos do Sar.

 

Pra don Julio e don Pastor

de alegría libra e pico,

un pelexo dunha lebre

é para o amijo Lelico.

 

Pra Viqueira do Casal

media ola de viño tinto

pra facer unha festa

el, García e máis Chinto.

 

A Viqueira de Vilar

tamén lle deixou aljo,

un pucheiriño de barro

e unha estrepia para Jajo.

 

Pro Barreiro da Fraga

e Carballido do Piñeiro

un óso do espiñazo

que hai que coller cun angazo

pra botar no pucheiro.

 

Pro "Heraldo" e pra "Linterna",

un anaquiño de perna,

outro anaco dunha man

polas noticias que dan.

 

E si algún que proteste

porque sin nada quedou

pro ano se lle dará

polo menos doble ración.

 

Chámase un testigo OINOTNA

que firma con boa man

e acompáñalle outro

que lle chaman OÑORAM.

26 febrero de 1936