viernes, 18 de agosto de 2017

Viriato Lamas Fernández

  Viriato Lamas naceu no ano 1901 na cidade de Pontevedra
  Foi o 8º de 9 fillos do matrimonio formado por Víctor Lamas Lama e Matilde Fernández Villaverde (que, por certo, morrerían xuntos en xaneiro de 1939 cun día de diferencia!). Un dos seus irmáns maiores, Víctor, sería o pai de Viriato Lamas Gutiérrez, o coñecido empresario téxtil.
  En Pontevedra traballou para o rico comerciante Aquilino García Estévez. 

  En 1925 casou con María García Calvo (1899-1973), entón mestra en Mondariz, coa que tivo 6 fillos: Mª Elvira, Ángel, César, Rafael, Marina e Jesús.
  O seu episodio máis turbio tivo lugar en 1933: foi detido xunto con varios traballadores de comercio máis por un atentado contra os Almacenes Olmedo, aínda que posteriormente foron exculpados
  Veu por primeira vez a Ordes en 1922, pero instalouse definitivamente despois de 1936. Viviu na Rúa dos Lagartos (entón Calvo Sotelo) 28.
  Viriato destacou especialmente porque era un namorado das artes, sobre todo da música, aínda que tamén lle daba ao teatro. Na súa xuventude pontevedresa participou no coro "La Artística", na "Polifónica de Pontevedra" e foi actor afeccionado.

  Esa paixón pola música (tiña unha espléndida voz de tenor) levouno a crear en 1943 o 1º Coro Gallego de Órdenes -de canto e baile- onde participou Juanjo Liñares. Pouco durou este coro que tivo orixe nas festas do Recreo en honor da Virxe de Lourdes.
  Isto non o desanimou e volveu crear o Coro Ordense que tivo unha vida máis longa e mesmo actuou fóra da vila, pero que rematou por desaparecer por motivos económicos.
  Inasequible ao desánimo aínda volveu crear unha 3ª asociación: A Masa Coral Polifónica. Foi a que máis durou, pero rematou por correr a mesma sorte cas outras.
  Aínda tivo tempo de ser socio fundador de "Sementes do Arte" no ano 1970.
  No ano 1975 a Comisión de Festas rendeulle unha merecida homenaxe porque el tiña sido parte durante moitos anos das comisións de calquera celebración.
  O 4 de abril de 1980, aos 78 anos, morreu Viriato Lamas.


  No ano 1984, a "V Mostra do Folklore Galego" organizada por "Sementes do Arte" foi dedicada, como caso excepcional ao vello Viriato (como era coñecido desde que o seu sobriño -22 anos menor- destacou na vila).
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario