De propina tedes un par de vídeos propagandísticos da Mancomunidade de Ordes.
domingo, 7 de febrero de 2016
O escudo da mancomunidade
No ano 2009 creouse o escudo da Mancomunidade
de Ordes. Logo de que a proposta da Comisión Heráldica da Xunta fose aprobada
nunha asamblea o 3 de marzo, case nove meses despois foi publicada no DOG do 26
de novembro a orde pola que se aprobaba o escudo e a bandeira da Mancomunidade
de Ordes.
O
escudo ten unha ponte de ouro a dúas augas de sete ollos, mazonada, sobre ondas
de prata e azur superado dun carballo de ouro froitado de sete landras de
goles. Todo elo con coroa real pechada. A ponte cos seus sete ollos simboliza a
unión dos sete concellos que conforman a Mancomunidade. As ondas de azur e
prata representan o río Tambre e os
seus afluentes. A cor sinople e o carballo de ouro lembran a riqueza forestal,
agrícola e gandeira da comarca ordense mentras que as sete landras de goles
identifícanse con cada un dos termos municipais.
Na bandeira, máis simplificada, non aparecen
a ponte nin o río, soamente o carballo de ouro coas landras vermellas sobre fondo verde.
De propina tedes un par de vídeos propagandísticos da Mancomunidade de Ordes.
De propina tedes un par de vídeos propagandísticos da Mancomunidade de Ordes.
sábado, 6 de febrero de 2016
Lendas toponímicas
Lendas toponímicas son aquelas que o pobo
crea para xustificar o nome dun lugar. A vinculación afectiva con este lugar
fai que se desboten explicacións vulgares aínda que sexan lóxicas e se abracen as
máis novelescas. Estas lendas teñen un compoñente case relixioso porque se cre nelas
por fe, sen ningunha proba e, ás veces, coas probas en contra. En Ordes contamos
con tres destas lendas.
ARDEMIL: É a máis poética e quizais a máis antiga: Na Idade
Media eran moi frecuentes as incursións dos musulmáns en Galicia. Unha destas
partidas que contaba con mil homes foi perseguida polos cristiáns. Dispuxéronse
á loita pero os cristiáns prenderon lume ao lugar e alí morreron os mil. Destes
feitos ven o nome de ARDEMIL.
Na súa obra "Os nomes da terra" Celso de Baión explícao mellor coa súa florida prosa: "Viña unha tropa de mouros facendo todo o mal que podía pola terra adiante. Os galegos porparáronse a recibilos como merecían. Ben armados e fortecidos pola carraxe, caíron sobor dos mouros e vencéronos. Somentes mil alarbios conseguiron facerse fortes nunha aldea, cuio nome ninguén acorda. Os galegos cercaron o sitio, de onde xa os cristiáns tiñan fuxido, e prendéronlle lume. Ardéu a aldea, cos mil mouros. E logo que todo pasóu, tornaron as xentes a viviren no lugar, que xa non se chamóu coma denantes, senón Ardemil, poisque alí arderon os mil mouros da historia. ¡Coitados!".
Por suposto ninguén atopou os restos desa batalla, nin falta que fai. Tampouco temos outra explicación 100 % segura, aínda que é probable que sexa un nome de orixe sueva e que signifique algo así como "Terras de Ardemiro".
Na súa obra "Os nomes da terra" Celso de Baión explícao mellor coa súa florida prosa: "Viña unha tropa de mouros facendo todo o mal que podía pola terra adiante. Os galegos porparáronse a recibilos como merecían. Ben armados e fortecidos pola carraxe, caíron sobor dos mouros e vencéronos. Somentes mil alarbios conseguiron facerse fortes nunha aldea, cuio nome ninguén acorda. Os galegos cercaron o sitio, de onde xa os cristiáns tiñan fuxido, e prendéronlle lume. Ardéu a aldea, cos mil mouros. E logo que todo pasóu, tornaron as xentes a viviren no lugar, que xa non se chamóu coma denantes, senón Ardemil, poisque alí arderon os mil mouros da historia. ¡Coitados!".
Por suposto ninguén atopou os restos desa batalla, nin falta que fai. Tampouco temos outra explicación 100 % segura, aínda que é probable que sexa un nome de orixe sueva e que signifique algo así como "Terras de Ardemiro".
Hai outra etimoloxía popular relacionada con este gran incendio, a do lugar de Xanarde. “Arden
mil, arden mil!”, berraban os veciños desesperados, ata que nun pequeno
outeiro comezou a amainar o lume e unha veciña deu a boa nova: “Xa non arde, xa
n’arde!”.
MESÓN DO VENTO: Tamén na parroquia de Ardemil. A lenda é a
seguinte: En realidade non é Mesón do Vento, senón Mesón do BENTO (con b) porque
hai moitos anos había un mesón atendido por un señor que se chamaba así e
rematou por darlle nome ao lugar.
Esta lenda pasa por alto que o nome castelán
Benito da Bieito en galego -non como no caso do portugués- e que Domingo Fontán
que parou alí en 1822 non atopou a ese tal Bento e escribiu no seu diario
"Meson del Viento" (en castelán). Todo isto non impediu que a finais
do século XX esta lenda cobrara forza e ata o colexio empregara o nome "Bento" nos seus
escritos oficiais. Tamén o equipo de fútbol da localidade se
denominou así ata a súa desaparición.
ORDES: Segundo a lenda, a vila non
existía ata que en 1764 se fixo o "Camiño novo". Os habitantes da
capital, Poulo, tiñan que vir ata o lugar a buscar o correo, comunicacións e
ORDES. O nome viría desas ordes que viñan recoller.
Esta lenda foi defendida principalmente por Manuel Astray Rivas e causou que ao escudo heráldico do concello se lle engadise un
brazo cun pergamino. Posteriormente o entusiasmo baixou cando se descubriu que
Ordes existía xa no ano 1607 segundo documentos desa época. Hoxe non se ten
claro de onde ven o nome, pero disto xa falaremos noutro artigo.
viernes, 5 de febrero de 2016
Etnografía de Ardemil
miércoles, 3 de febrero de 2016
Cruceiros de Ordes
Hai moitos cruceiros en Galicia. Normalmente preto de cada igrexa parroquial hai un e, ás veces, máis. En Ordes tamén hai bastantes e algúns deles moi valiosos (sobre todo o da propia vila e o da parroquia de Mercurín).
Aquí tedes unha presentación moi sinxela onde podemos ver algunhas das súas características e onde nos son descritos -non vos asustedes!- dunha forma superficial.
CRUCEIROS DE ORDES
Se queredes en cambio unha descrición máis detallada, podedes clicar nas seguintes ligazóns.
Se queredes ver a súa localización en google maps e algunhas fotos, podedes clicar na sección CRUCEIROS de ORDES dentro da excelente web TODOS LOS CRUCEIROS DE GALICIA.
Se queredes ver só os cruceiros da comarca podedes clicar no concello que vos interese.
Se queredes ver só os cruceiros da comarca podedes clicar no concello que vos interese.
cruceiros de Cerceda
|
cruceiros de Frades
|
cruceiros de Mesía
|
cruceiros de Oroso
|
cruceiros de Tordoia
|
cruceiros de Trazo
|
martes, 2 de febrero de 2016
Moceando en tempos pasados
Á xeración dixital pode parecerlle medieval a frase "Ghastas pista?" que se usaba nos anos 80. Pois aínda imos máis atrás, aos tempos onde a frase clave era "Vés á palabra?". Podédelo ver neste estudo feito para a revista escolar Fontiña no ano 1993 por Silvia e Roberto Louro Fiaño cando estaban en 8º de EXB. MOCEANDO
CARÁCTERÍSTICAS XERAIS
CARÁCTERÍSTICAS XERAIS
Nas zonas rurais era moi distinto que en
cidades ou vilas grandes.
Que unha moza tivese relación con varios
pretendentes á vez era algo normal, pero co paso do tempo isto foi cambiando,
podendo unha moza manter relación cun único mozo durante un determinado tempo.
Nalgunhas ocasións as formas de conversación
entre moza e mozo consistían en cantarse coplas dirixidas, tanto á moza coma ao
mozo. Nisto consistía o parrafeo
entre os mozos. Nestas cantigas íase introducindo o nome da persoa á que se
dirixían.
Unha moza que era visitada por varios pretendentes tiña que casar cun
deles, que lle elixían os pais en función, sobre todo, da posición social. Esta
viña dada pola posesión de terras de labradío ou gando, porque así tiña asegurado
o sustento.
INTERESES FAMILIARES: HERDANZAS
No casamento, os intereses da familia centrábanse no tema das herdanzas.
O fillo que tiña "a millora" era considerado como de maior poder
dentro da súa casa e, por tanto, debía casar mellor.
Cando unha moza casaba cun millorado, debía ir vivir á casa deste.
Normalmente o millorado era un home e
moi poucas veces unha muller (só nos casos nos que non había descendencia
masculina).
Para que as herdanzas na hora das partixas
quedaran na familia era habitual o casamento entre curmáns. Unha vez tratada a voda había que ir a Santiago pagar
dispensas a Palacio para que o Bispo a permitise.
MATRIMONIOS DE CONVENIENCIA
Algúns matrimonios eran para conseguir unha mellora en posición social e
riqueza pero tamén os había para librar do servizo militar que, naqueles
tempos, duraba ata tres anos.
Un dos casos que me contaron foi o do mozo
maior dunha familia que casou cunha nena de 13 anos para poder librar ao irmán
pequeno da mili. O casamento realizouse
por "tratamento"
entre as dúas partes acordando que o mozo non durmiría nin mantería relacións
sexuais coa moza por ser aínda unha nena.
Outro caso foi o dunha moza "millorada"
que, entre os pretendentes, elixiu ao máis pobre a desgusto dos pais. O mozo era dunha familia media de catro fillos e aos
que lles ía tocar moi pouca partixa
no reparto da herdanza. Despois de non ser aceptado por 2ª vez, as familias
chegaron a un acordo. O pai da moza preguntoulle ao pai do mozo:
- Ti asegúraslle ao teu fillo tanto
como eu lle aseguro á miña filla?
- Eu asegúrollo e aínda máis: Heille
dar a millora ao meu fillo, aínda que
non lle corresponda por lei.
Cando non se chegaba a ningún acordo entre as dúas partes, podía suceder
que o mozo roubase á moza pola ventá para poder casar. Para isto un amigo do
noivo servía de intermediario entre os dous -a isto chamábaselle "andar por zapatillas"- para que o mozo a
roubase co consentimento dela.
As mozas roubadas eran levadas á casa do noivo pero pasando bastante
tempo sen casar. A moza era aceptada como unha máis da familia.
LUGARES
A casa
Os mozos ían xa de noite, despois de rematar
os traballos do día, á casa da moza. Ás veces tiñan que andar grandes
distancias a pé -ou a cabalo se eran ricos-.
Estaban coa moza en diversos lugares da casa:
-
Nun banco no exterior cando o clima da estación o permitía.
-
Nun banco no corredor, que era o máis habitual. Chamábase a isto "mocear entre portas".
-
Nun banco na lareira na cociña. Os pais levaban a cabo todas as tarefas
domésticas sen importarlles que estivesen alí os pretendentes da moza. O que lles importaba era a
súa posición económica.
-
Na porta da casa que tiña a parte de enriba aberta, estando a moza por dentro e
o mozo por fóra.
Ás veces o mozo non era do agrado da familia da
moza e chamaba á porta cunha moeda ou coa parte de atrás da navalla que todos
levaban para que só se decatara ela e non o resto da familia. A isto
chamábanlle "peta-peta".
Feiras
As feiras eran o lugar ideal para que os mozos
abordaran ás mozas que lles gustaban. Usaban
expresións como:
- Escoitas un palique, moza? - Vés á
palabra? - Mira unha palabra.
Se á moza lle gustaba o mozo ía pasear con el,
separándose do grupo de amigas co que normalmente ía.
Festas
As mozas sempre ían acompañadas de familiares ou amigas cando había
baile ou romaría. Os mozos tamén soían ir xuntos porque logo había que volver
andando de noite e era máis prudente ir acompañados.
"A cedida"
era o costume de pedirlle a bailar a unha moza que xa estaba bailando con outro
mozo. Usábanse expresións como:
-
Permítesme bailar coa moza? - Cédesme o
lote?
Ás veces a moza aceptaba con facilidade, outras
a desgusto e, moitas veces, o baile remataba cunha pelexa onde saían a relucir
garrotes ou navallas.
Os noivos
máis consolidados que non querían ceder á súa noiva, ían ao "retirado"
que era a zona máis apartada do centro do baile.
Adro da igrexa
O domingo era un día totalmente festivo e só
se levaban a cabo os labores imprescindibles (como dar de comer ao gando). A
misa dominical era punto de reunión da maioría da xente e, por suposto, da
mocidade.
O muíño
O
muíño era case o único sitio sin vixilancia familiar. Era o lugar onde ían "brincar" mozos e mozas. Como os muíños
eran comunais, había turnos para cada casa e era habitual que o turno fose de
noite. Cando
era así reuníanse no muíño mozos e mozas que tocaban a pandeireta e bailaban
ata altas horas da noite.
Pode dicirse que destas muiñadas saían o
maior número de fillos ilexítimos (fóra do matrimonio). O problema era que estes fillos logo non eran
recoñecidos polos pais nalgunhas ocasións. Podían pasar tres ou catro
anos antes de que houbera voda e foran recoñecidos ou non selo nunca.
Tarefas
agrícolas
Había varios labores do campo que eran feitos por moitos veciños en
colaboración. Ao remate acostumaba haber unha celebración:
- A tasca do liño: Cando remataban o
proceso de elaboración do liño, as rapazas empezaban a cantar para que as oísen
os mozos e logo estes viñan bailar e tocar a pandeireta.
- A esfolla do millo: O mozo que atopaba
unha espiga "reina" tiña o dereito de
bicar a unha moza. Pola noite mozos e mozas divertíanse cantando cantigas que se dedicaban uns a outros.
DÍAS
Os días laborables dedicados a mocear eran cara ao fin de semana.
Normalmente a partir do mércores. Cando remataban de traballar os mozos ían por
corredoiras e por montes á casa da moza e, despois de estar un pouco con ela,
volvían cedo.
O domingo, en cambio, no que só se realizaban as tarefas imprescindibles,
podíase estar máis tempo moceando, tanto pola mañá como pola tarde.
FORMALIZACIÓN DO NOIVADO
Cando a moza era "casadoira" tiña que escoller a un dos
pretendentes. Unha vez escollido e acordado, non podía ver ou falar con ningún
outro mozo.
O costume era que o pai do noivo fose pedir a man da noiva. Ningún dos
dous estaban presentes nesta reunión dos pais. A dote era unha especie de prezo
simbólico que os pais do noivo daban a noiva.
Fixado o día da voda, o pai do noivo ía ver ao cura para que publicara
na misa as amonestacións
(notificacións públicas) por se algunha persoa quixese manifestar algún
impedimento.
Silvia e Roberto
Louro Fiaño
Igrexas e capelas de Ordes
Velaquí unha presentación coas 22 igrexas e capelas do noso concello. Destaca entre todas a igrexa de San Paio de Buscás por ser das máis antigas e mellor conservadas. Outras, aínda que de orixe medieval, foron case totalmente reformadas hai un ou dous séculos.
Todas son bastante parecidas en tamaño, estrutura e forma. Soamente a da vila sobresae polas súas dimensións e polo seu estilo neoclásico en lugar do barroco habitual das demais.
Todas son bastante parecidas en tamaño, estrutura e forma. Soamente a da vila sobresae polas súas dimensións e polo seu estilo neoclásico en lugar do barroco habitual das demais.
Abaixo tedes a lista de todos os templos do concello de Ordes. Se queredes unha información máis detallada que na presentación, picade nas ligazóns.
Igrexa de San Pedro de Ardemil Igrexa de Sta María de Barbeiros Capela do Sto Cristo en Codeseda Igrexa de Santo André de Lesta |
Capela de San Antón en Guindibóo Igrexa de Sta Mariña de Parada Capela de San Pedro en Cestaños Igrexa de Santiago de Vilamaior Capela de San Pedro de Adrán |
lunes, 1 de febrero de 2016
PIB e paro en 2016
No ano 2015 o PIB da comarca de Ordes chegou aos 829 millóns de euros. Cerceda era o concello que máis aportaba cun 37 % do total grazas, claro, á Central Térmica de Meirama e a Sogama.
Os tres concellos centrais xuntos (Cerceda, Ordes e Oroso) aportaban o 75 % do PIB comarcal.
No PIB per cápita Cerceda alcanzaba uns estratosféricos 59.000 € (a media de Galicia eran 19.750). A sorpresa -relativa- estaba en que o outro concello que superaba a media era Mesía con case 21.000 € grazas, sobre todo, ás súas empresas de carpintaría.
No ano 2016 o PIB quedou en 817 millóns, é dicir baixou uns 12 millóns en termos absolutos. Non obstante esa baixada foi responsabilidade única do concello de Cerceda que descendeu 62 millóns e pasou de representar o 37 % do total comarcal ao 30 %. O resto dos concellos tiveron pequenas subas tanto en termos absolutos coma relativos.
A nivel galego 2016 significou a chegada ao Top 3 do concello de Arteixo (4.104 millóns de €, grazas a Inditex) só por detrás de Vigo (7.200 millóns) e A Coruña (6.552). Santiago, a capital galega, era o 4º concello da lista con 3.395 millóns de euros.
PARO NA COMARCA
Se estades interesados en temas económicos como paro, IPC, PIB ... podedes ir á paxina de Expansión / Datosmacro.com, onde ofrece unha gran cantidade de gráficos.
Neste caso veremos os datos do paro no concello de Ordes na última década e podemos observar que aínda nos mellores momento da economía española (ano 2007) chegaba case ao 11,3 %.
Coa crise aumentou ata o 21,8 % no ano 2012 e logo foi baixando lentamente (e tamén a poboación). Aquí abaixo tedes o gráfico. Respecto ás cifras do conxunto da comarca, no ano 2015 había case 2.500 desempregados, isto supoñía unha taxa de paro do 15,4 %.
Ordes era o concello con peores cifras. A súa taxa de paro era a máis alta (preto do 19 %, case 4 puntos por enriba de Frades, o 2º peor) e os seus máis de mil desempregados supoñían algo máis do 40 % do total comarcal.
O resto dos concellos, con menor peso demográfico, tiñan cifras que oscilaban entre o 13 e 14 %, por debaixo da media que subía só polo peso de Ordes.
Manuel del Río Menéndez
Na madrugada do 6 ao 7 de novembro de 1924,
un ordense atravesou os Pireneos con paquetes de pasquíns e un rifle vello.
Formaba parte dun grupo de anarquistas exiliados en Francia. Soñaban con botar
abaixo a ditadura de Primo de Rivera. Estaban convencidos de que a súa presenza
provocaría un estoupido revolucionario que se espallaría axiña por vilas e
cidades. Mais o único que atoparon ao chegar a Bera foi unha parella da Garda
Civil. Aquilo acabou peor que mal. No combate morreron os dous axentes e varios
expedicionarios resultaron gravemente feridos. Poucas horas despois, a maior
parte dos membros daquela partida foron detidos nos bosques da localidade
Navarra. Aquel episodio é coñecido nos manuais de historia como «Os sucesos de
Vera de Bidasoa (ou Bera)».
Que
naquela aventura había un veciño da comarca sóubeno hai pouco lendo unha
novela. O escritor catalán Pablo García Martín converteu aqueles feitos no
argumento central do seu libro El anarquista que se llamaba
como yo. Contra o final do mesmo, xa no epílogo, o autor cita o nome de
procedencia de todos os expedicionarios presos. Entre os mesmos aparece Manuel
del Río Menéndez, «natural de Órdenes (La Coruña )». No xuízo, segundo escribía a prensa da
época, declarou que se sumara á rebelión en París «instigado» por Miguel de
Unamuno, Ortega Gasset, Rodrigo Soriano e Blasco Ibáñez.
A
diferenza doutros compañeiros aos que lle foi aplicado o garrote vil, a el o
tribunal militar condenouno a doce anos de presidio. Cumpriría pouco máis da
metade. En 1931 saíu libre grazas a unha amnistía decretada polo novo goberno
republicano. Aínda que busquei e preguntei, non souben nada máis del. O seu
nome desaparece no océano infinito das intrahistorias. E lembro agora que estas
últimas, segundo deixou escrito o propio Unamuno, non son outra cousa que o
combustible que permite contar a outra Historia, a que si aparece moi
documentada nos libros.
Ramón Vilar Landeira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)