domingo, 27 de noviembre de 2022

Retorno do ciclo sanguento

  En 1944 a inminente vitoria dos aliados na 2ª GM fixo crer á resistencia antifranquista que o fin do Réxime era posible. Así que moitos, ilusionados, volveron ao monte e en outubro crearon o Ejercito Guerrillero de Galicia, dividido en varias agrupacións das que a IV sería a que operaría polas terras de Ordes. 
  En 1945 o sangue regou de novo a comarca, iniciando un fatídico proceso que durou varios anos máis. 
 
  O día 5 de febreiro caeu Antonio Martínez Boquete Martís de 47 anos e residente na parroquia de Lesta. Ía camiño da feira da Adina porque era o encargado de cobrar os impostos municipais. En Vilar (Mercurín) foi atacado e morto a paus. Falouse de dous irmáns que vingaran deste xeito a morte do seu pai na que el estivera implicado. 
 
  Esta foi unha acción independente e máis persoal que política, polo tanto o tiro de saída por así decilo, a primeira acción realmente organizada pola IV Agrupación da guerrilla foi a morte do garda civil Manuel López Bello en Curtis. 
 
 
Ata alí foi o día 15 de febreiro unha partida formada por Manuel Ponte o Xastre, Benigno Andrade Foucellas, Lisardo Freijo López Tenente Freixo, Emilio Pérez Vilariño o Claudio Feas e Manuel Pena Camino o Flores. Ao parecer só ían coa intención de conseguir víveres e diñeiro á conta dun tratante de gando, pero cambiaron de plans cando se deron conta de que López Bello estaba no bar de Domingo Fandiño.
 
  Manuel era cabo da Brigadilla de Información e era un dos máis empeñados na captura de Foucellas, a quen coñecía persoalmente porque ambos os dous eran orixinarios de Cabrui. 
  Ás 11 da noite mentres o cabo da Benemérita charlaba amistosamente cos donos e outros fregueses na cociña do establecemento, Lisardo Freijo disparoulle a través da xanela cunha pistola metralladora e matouno. 
  Foi unha acción rechamante. A Garda Civil trasladou algúns destacamentos a Curtis, detivo a varias persoas para interrogalas, fixo batidas... pero non logrou nada. 
 
  Tres meses despois, en maio, o que morreu foi o guerrilleiro Manuel del Río Botana. Manuel tiña 26 anos. Era natural de Sar (Ordes), fillo de Constantino del Río e Francisca Botana. Simpatizante da Fronte Popular, participou na defensa de Ordes durante o Alzamento. Foi detido e xulgado a finais de 1936 xunto con outros esquerdistas, 11 dos cales serían fusilados en Boisaca. Manuel foi condenado a 12 anos e un día, pero en 1941 nunha amnistía xeral saíu de prisión. Pouco despois contactou con Manuel Ponte e integrouse como enlace na guerrilla. 
 
 
O 15 de maio estaban na casa de Juan Penedo en Queis (Montaos) catro guerrilleiros cando chegou a Garda Civil. Houbo un tiroteo e os outros tres conseguiron escapar, pero Manuel caeu nunha canteira e alí foi abatido. Posteriormente sería soterrado en Ordes. 
  Os seus restos xacen no panteón dos Maroño, xa que a súa irmá María del Río Botana (1917-1986) estaba casada con Antonio Maroño Rodríguez (1914-1984), tamén veciño de Sar.
  Juan Penedo, o propietario dunha das dúas casas que usaban os guerrilleiros (a outra era a de Castro), fuxiu ao monte e, como non se entregou, a súa familia foi desterrada a Soria.
FONTE: "A Guerra Silenciada" de Manuel Pazos Gómez.

miércoles, 23 de noviembre de 2022

O cruceiro de Ardemil


  O cruceiro de Cabeza de Lobo está uns 40 metros ao norte da igrexa de San Pedro, a carón do Camiño Inglés. 
  É claramente antigo, aínda que o varal, cadrado e con chafráns, de dous metros e medio de altura, está fabricado en formigón. Isto evidencia que o orixinal rompeu nalgún momento a principios do século XX e foi substituído polo actual. 
  Sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos, cunha mesa acaroada a ela, repousa o varal. Na parte superior conecta cun capitel cuadrangular moldurado. 
  A cruz é moi grande (supera o metro de altura) e voluminosa. Está recrucetada e ten nos brazos e na cabeceira un remate forquillado e con bólas, rasgo moi pouco común
  Posúe dúas figuras. O habitual Cristo crucificado no leste, á vista dos peregrinos, ten a cabeza inclinada cara ao seu ombro dereito, sen coroa, e pano dobre. Vese claramente o INRI. Ao oeste hai unha Virxe coroada sobre unha peaña coas mans orando. 
  Todo o conxunto sobrepasa un pouco os 4 metros de altura.
  Para ver máis fotos e unha vista de rúa preme en Cruceiro de Cabeza de Lobo da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.
 

sábado, 19 de noviembre de 2022

O apelido Amor

   O apelido Amor non é especialmente abundante en Galicia nin tampouco na comarca de Ordes. Segundo o ILG os concellos con máis portadores son A Coruña con 481 e Ferrol con 114. Ordes ocupa o 5º lugar en termos absolutos con 79 e Cerceda o 8º con 57. 
 

  A pesar desa escaseza houbo varios personaxes destacados con este apelido.
  O máis importante pero hoxe totalmente esquecido foi o médico Jacobo Amor Labrada (m.1885). Jacobo era un dos irmáns do que foi alcalde de Santiago Benito Amor, dunha distinguida familia emparentada co intelectual ferrolán Lucas Labrada.
 
  Jacobo foi alcalde e secretario do concello de Ordes nás décadas dos 50 e 60 do século XIX. Comprou moitas terras ao sur da Fonte Estrei, tantas que antigamente o lugar era chamado o "Agro de Amor". Casado con Melchora del Río Liste (m.9-3-1914), tiveron unha numerosa prole. Unha das fillas foi Clotilde que casou con Francisco Gil Prieto. María Amor del Río foi a segunda muller de Julio Pol Caamaño e nai de Horacio, Marina e Elisa Pol. Generosa, muller do mestre Pedro Álvarez Villaverde, foi nai dos 4 Álvarez Amor. Ascensión, muller do médico de Trazo Joaquín Castro Amor, foi nai de Amparo e Lisardo Castro e avoa do avogado e profesor Julio Castro Pol.
 
  Entre os varóns estaban o médico Eduardo (m.30-4-1909), o sacerdote de Lardeiros Enrique (m.1923), o avogado Jacobo (1866-1943) que foi concelleiro durante a ditadura de Primo de Rivera, o celador de telégrafos Eliseo e Vicente (1876-1942) que viviu na parroquia de Calvente (Oroso). Jacobo e Eliseo viviron en Alfonso Senra, a carón da tenda "Calzados Mallorca". Cuidábaos unha sobriña que logo casaría cun forasteiro alcumado o Pisajuevos.
  O máis coñecido da familia foi Ricardo Amor del Río, recadador de contribucións. Casou en 1900 con Adolfina Rivas Durán (1873-1947), filla de Policarpo Rivas Godoy, que vivía fronte á igrexa parroquial. Nesta casa instalouse en 1927 a Central telefónica. Tiveron dous fillos, Gabino (1906-1947) e Manuel, e varias fillas que quedaron solteiras: Mª Carmen (1900-1990), Josefa (1902-1991), Maura (1903-1990) e Claudina Amor Rivas (m.1967). Gabino tamén foi recadador e ía cobrar ás casas das aldeas subido nunha montura que guiaba Luis de Xaniño. As súas irmás fixéronse cargo do comercio de Ezequiel Astray, cando este morreu, ademais da Central telefónica. O herdeiro actual da casa é Juan Manuel Amor Bouza, director durante moitos anos do colexio Galaxia de Santa Uxía. O único membro da familia que queda (que eu saiba) é Ricardo Amor Carreró, o fillo maior de Gabino e da mestra Mª Concepción Carreró Cerecedo Maruja Carreró (1913-2008), pois as outras dúas fillas, Mª José e Margarita, marcharon da vila.
 
 
  Moi coñecido no século XX en Ordes foi Gabriel Amor Candal o Churrero (1892-1960) que tiña unha churrería detrás do antigo cárcere. Casou con Antonia Rodríguez Botana coa que tivo 8 fillos: Gabriel Velo, Vicente, Ricardo Cancho, José, Josefa, Estrella, Florindo ou Florentino e Antonio Antón Amor Rodríguez. A que continuou co negocio foi Josefa Amor Rodríguez Pepita da Churrería (m. 2005). Pepe -un gran pescador- e Estrella, que viviron na parte norte de Alfonso Senra, apenas podían falar así que eran coñecidoso como os Mudos.
 
 
  No Canedo (Ardemil) viviu José Amor Santos (1882-1945), casado con María Fariña Gianzo, e pai de Leonor, Antonio, Carmen e Ricardo Amor Fariña.
  Na parroquia de Mercurín no lugar de Pepín naceron Manuel, Pedro, Esperanza e María Amor Gestal. Manuel Amor Gestal Amor de Pepín (1917-1990) foi o máis coñecido. Chegou a ser concelleiro nos anos 40 e logo tamén ostentou o cargo de "alcalde de barrio" da parroquia. Casado con Carmen Barbeito Gende, tivo 12 fillos! Estrella, Pedro, Teresa, María, Lourdes, Manuel, Mª Carmen, Marisa, José Ángel, Mª Jesús, Albina e Carlos Amor Barbeito. A máis coñecida na vila é Mª Carmen, muller do ex-alcalde Manuel Viqueira, fillo de Mundito. 
 
  Tamén en Leira había Amores. En Castrelos viviu Pedro Amor García (1895-1953) que  con Juana Veiras Manteiga (1895-1975) foron os pais dos 8 Amor Veiras de Castrelos (María, Manuel, Ramona, Adelaida, Isidora, Andrea, Andrés e Antonia). Andrés sería o que se establecería no Piñeiro.
  Máis coñecidos aínda eran os Amor de Codeseda chamados os da Máquina de mallar. Xa o patriarca Ramón Amor García (1896-1984) andaba polas aldeas da contorna, incluídas as aforas da vila de Ordes, coa máquina.
  Casou con Carmen Noya López (1901-1976) coa que tivo 7 fillos: Generosa, Manuel, José, Antonia, Adolfina -ou Dolfina- e Andrés Amor Noya. Deles, José, que gañou moito diñeiro emigrando a Maracaibo, foi o primeiro en morrer, no ano 1977 nun accidente na Brea cando conducía o tractor. Adolfina emigrou a Caracas, mentres María casou para Santa Comba. O que quedou na casa familiar foi Manuel.
 

domingo, 13 de noviembre de 2022

Rafael Mariño Vilela

   A partir do ano 1944 a previsible victoria aliada fronte ao Eixo na 2ª Guerra Mundial foi un estímulo para os opositores ao rexime franquista. A Ordes tamén chegou esta corrente de esperanza de poder cambiar o Statu quo e varios esquerdistas botáronse ao monte. O alcalde, Rafael Mariño, tentou unha mediación que non chegou a bo porto.

  Rafael Mariño Vilela naceu en Ordes arredor do ano 1909. Foi o segundo dos 5 fillos do comerciante e empresario asentado na "Calle Nueva" (hoxe rúa dos Lagartos) José Mariño García (1880-1947) e da primeira muller deste, Soledad Vilela, filla dun dos xastres da vila. Era unha familia con posibles, pois durante os anos 20 José estaba entre os 10 maiores contribuíntes do concello.
  Tendo Rafael 8 anos, el e os seus irmáns sufriron unha dorosa perda: a súa nai morreu en 1918 a causa da epidemia de gripe española. O seu pai volvería a casar con Ramona Iglesias Noya, coa que tería 4 fillos máis.
  Sendo mozo estudou na escola de radiotelegrafistas de Madrid pero unha enfermidade acabou coa súa estancia alí. Tamén foi un experto electricista que axudaba coa iluminación eléctrica das festas.
  Estableceuse no que hoxe é o Recreo 24 e alí montou un comercio de ultramarinos e ferraxería. En marzo de 1935 casou con María Franqueira Regos (1911-1985), filla do tamén comerciante Manuel Franqueira Manolo da Ponte e de Carmen Regos Caramelo. Con ela tería dous fillos: Rafael e Mari Carmen Mariño Franqueira.
  Paralelamente Rafael herdou do seu pai o interese pola política. Primeiro foi membro de Renovación Española, o partido de Calvo Sotelo, do que era un gran admirador, e logo integrouse na Falange.
  Esas simpatías ocasionáronlle moitos problemas durante o goberno da Fronte Popular. Ao principio da guerra agochouse tres meses en Carral, temendo pola súa vida. Tamén a súa muller levou os fillos a Buscás.
  Despois do Alzamento, ao revés doutros dereitistas, non participou na represión dos vencidos. Polo contrario, destacou protexendo dentro do posible aos seus veciños. En novembro de 1942 foi nomeado alcalde.
  Eran tempos moi duros pero aproveitou a súa amizade con Diego Salas Pombo, o xefe provincial da Falange da Coruña, para axudar aos veciños máis necesitados. Tamén logrou traer ás festas de 1943 e 1944 á Banda da Infantería de Mariña de Ferrol que era a maior atracción posible naquela época. O seu labor na alcaldía non foi do agrado de Antonio Concheiro e o seu círculo e tampouco de varios panadeiros que o criticaron. 
 
  E chegamos a finais de 1944 e principios de 1945. Rafael Mariño contactou con Manuel Ponte e propúxolle unha reunión na súa casa. Pretendía que os fuxidos renunciaran á loita naquel momento no que non estaban aínda acusados de delitos de sangue. Como acostuma suceder cando un segredo o coñece moita xente, houbo un chivatazo (o propio Ponte contouno nunha taberna de Pontecarreira). A Garda Civil, enterada da reunión, chegou á súa casa disparando, pero el non abriu a porta ata que todos os asistentes lograran escapar por onde puideron. Ata atoparon despois os gardas unha bomba sen detonar.
  Esa actuación custoulle por suposto a detención. Pasou un mes no cárcere de Santiago e outro no da Coruña e foi destituído da alcaldía, posto que recaería interinamente en Manuel Verea Remeseiro. Rafael tivo, iso si, a satisfacción de ver que varias persoas intercederon por el, o primeiro de todos o párroco don Joaquín Andrade, e sempre agradeceu o bo trato que lle mostrou o garda Quintela no seu traslado.
  Finalmente, grazas aos seus contactos, nin sequera foi procesado, pero no seu expediente constou sempre ese feito. Só debía presentarse no cuartel da Garda Civil en Ordes, pero non quixo e foi ao da Coruña (só dúas ou tres veces).
  Hoxe é inevitable pensar que podería ter sucedido se aquela reunión non fose interrompida, aínda que probablemente tampouco chegasen a un acordo. A realidade é que pouco tempo despois as súas previsións cumpríronse e todos aqueles guerrilleiros tiveron un tráxico final.
 
  Rafael Mariño deixou a política co orgullo de saír máis pobre do que entrou nela, e dedicouse só á familia e ao seu traballo que tamén incluíu logo organizar bailes no antigo Salón Troche, que colleu para poder cobrar unha débeda que tiñan con el Julián Marcos e Viriato o Vello. 
  Morreu o 18 de febreiro de 1983 e está soterrado no cemiterio do Piñeiro.

domingo, 6 de noviembre de 2022

Un paseo por Pereira

    No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados ao concello de Ordes. Este foi publicado o 20 de marzo de 2021.

  Carretera N-550 a A Coruña. Recta de llegada a Ordes. Bar Orense a la derecha. Y pegada a él arranca una pista ni ancha ni estrecha, con excelente firme descendente. Ese es el comienzo de una excursión por tierras de Ordes donde contagiarse del covid -sí, esto no ha terminado y no hay que bajar la guardia- semeja imposible. Aire libre, naturaleza, historia y patrimonio.
  En fin, se alcanza una vega muy fértil y relajante, regada por el río Fraga (a algo menos de un kilómetro), y se siguen otros 1.400 metros en suave ascenso -ojo a una magnífica casa de piedra a la derecha- para llegar a un cruce. Ahí a la izquierda ya hay un espacio muy amplio, cercado, para que los más pequeños correteen un rato y, de paso, admiren un original y notable ejemplar de cruceiro. Al otro lado queda la iglesia de Santa Eulalia de Pereira, de tamaño respetable, finalizada cuando remataba 1890, según explica una larga inscripción en su sobria fachada. A pesar de su evidente modernidad, los cuatro contrafuertes le dan una imagen más antigua.
 
 
  Una vez hecha la parada, de frente, descendiendo. Medio kilómetro más adelante aparece una amplia área con barbacoas, mesas y bancos. Quizás precise un corte de hierba, pero el verano aún no llegó.
  Y 50 metros después se cruza el Rego da Ponte. O para ser más exactos, no se cruza. Se aparca el coche y se desciende hasta el agua para ver el puente medieval de Pereira, descrito en más de una ocasión por peregrinos que recorrían el Camino Inglés. Porque en efecto, a partir de ahí se sigue esa ruta jacobea. Pero en fin, uno piensa en quién fue el chapuzas que permitió que el puente nuevo esté prácticamente encima del que suma varios cientos de años, en una muestra de evidente desprecio por la historia de este país. Y desde luego, cómo la Dirección Xeral de Patrimonio lo consintió.
 
 
  Dos centenares de metros más allá un mojón invita a desviarse por pista más estrecha a la diestra, y a los 500 metros -ojo al precioso bosque de la izquierda- un segundo mojón obliga a aparcar y andar. Y ante los ojos, un largo tramo medieval que ha desaparecido como tal entre ese principio y el fin. O sea, cuando discurre entre la repoblación de pinos.
  Ese aroma medieval se vuelve a respirar al ascender tras la pequeña corriente y ganar la pequeña aldea de As Carrás (ojo a la casa con horno) y subir 450 metros por una congostra impresionante. Al llegar a arriba de todo se pisa el ayuntamiento de Oroso. Y todo ello, muy accesible para los más pequeños de la familia.
  Para no tener que desandar lo andado hay una solución: seguir el Camino Inglés diez minutos, hasta la parada de bus de Baxoia, y que alguien del grupo no haya puesto un pie delante del otro sino que con el coche se hubiera dirigido a Santiago y en Deixebre se desviara a la izquierda, bordeando la gasolinera, y siguiera todo recto: dará en Baxoia, justo en la parada de bus.
Cristóbal Ramírez 
COMIENZO: Bar Orense 43°03’28’’ N 8°24’56’’ W
LA AVENTURA: Explorar el bosque medieval.
LA FOTO MÁS PERSONAL: En el puente Pereira. 
EL PASADO: El puente y el tramo medieval vieron pasar a la primera inglesa peregrina de la que hay noticia, Margery Kempe, en 1417.

martes, 1 de noviembre de 2022

A familia Areoso (Gorita)

  Segundo o ILG o apelido Areoso (moitas veces pronunciado "Arioso") é moi pouco frecuente, apenas 94 portadores en Galicia, dos que 57 están en Ordes, 14 na Coruña, outros 14 en Tordoia e Cerceda e 9 en Santiago. Obviamente debeu nacer no concello de Ordes e probablemente teña unha orixe toponímica ou unha relación co traballo da construción. 
  A familia máis numerosa estaba establecida a principios do século XX na Gorita (Buscás) onde tiñan un parada cun boi (un touro semental). O matrimonio formado por Ramón Areoso Golán (1895-1966) e Josefa Noya Uzal tiveron 9 fillos: Manuel, Jesús, José, Avelino, Severino, Antonio, Marina, María e Ramiro Areoso Noya.
 
  Manuel, o fillo maior, casou con Elisa Roca Santomil en Santomil, Laraño. Tiveron dous fillos, Manuel, mecánico en Talleres Roca da Avenida de Lugo en Santiago, e José.

Jesús Areoso Noya
(1922-2008), canteiro de oficio, casou con Concha Fernández dos Fernandez das Casillas coa que tivo dous fillos. Emigraron a Brasil nos anos 50.
José (1924-2002) Tivo unha filla con Jesusa do Xestal dos Murís pero casou con María Villaverde dos Villaverde do Piñeiro, lugar onde viviron. Tiveron unha única filla, Mari Carmen Areoso que estudou maxisterio e foi moi coñecida porque organizou durante varios anos as festas do Piñeiro.
 
Avelino (1925-2014) casou con Mª Teresa Santos coa que tivo unha filla, Pilar, que casou con Carlos Espiñeira López da familia dos de Ignacio. Pasou os seus últimos anos en Vigo.
Severino Areoso Noya (1929-2011) foi o de vida máis interesante. Tamén tivo unha filla antes do matrimonio cunha das Laghorcias de Reboredo, pero logo casou con Josefa Villaverde (irmá da súa cuñada María). Emigraron a Brasil nos anos 50 e alí viviron cos fillos. Logo el volveu para vender algunhas propiedades e xa non regresou, iniciando unha relación con Manuela Veiras.
 
Domingo Antonio (1930-2021) casou con Carmen Martínez (m.2023), unha filla de Lelico, coa que viviu no Piñeiro e coa que tivo 3 fillas: Josefa, Mª del Mar e Chus. Esta última casou con Alberto, fillo do construtor José Moar Figueira (1947-2022).
Manuela Marina Areoso Noya (1931-2019) tivo un fillo de solteira co famoso gaiteiro Flor da Maquía. Casaría logo con Jesús Sánchez co que tería outros dous fillos: José Ramón e Mari Carmen. JR estivo casado coa segunda das fillas de Jesús Losada Prado Renfe (1931-1988), Mª Elena Losada (1960-1996) que morreu moi nova. Logo iniciaría unha relación con Ana Pereira.
María, coñecida como Maruja, casou con Manuel Barreiro Loureiro (1922-2014) co que viviu na Coruña.
Ramiro Areoso Noya (1935-2017) casou para Leira con Isabel Rodríguez, coa que tivo unha filla tamén chamada Isabel.
 

  No Balado tamén houbo Areosos. José Areoso Golán (1888-1961), que non sei se era irmán de Ramón, casou coa filla maior de Ghorecho de Vilaverde, María Villaverde Veiras (1892-1974), e tiveron tres fillos: Jesús Areoso Villaverde (1927-2002) que foi capataz de legoeiros e acabou vivindo na Coruña, Jesusa (1932-2020) que casou con Manuel García Varela e foi nai do actor Manuel José García Areoso e de Ismael José, e a profesora do Instituto San Clemente Mª del Carmen Areoso Villaverde (1933-2019) casada co veterinario Vicente Fojo Salgueiro.
  Irmá de José era Manuela Areoso Golán (1895-1962) que ao casar con Juan Liste Castro (1880-1964) converteuse na matriarca da familia Liste -os de Gholán do Balado-.
  Tamén houbo Areosos en Merelle, por exemplo Felisa e Antonio Areoso Vieites o Churrero (1904-1977). Este casou con Carmen Bello Uzal e foron pais do contratista José Areoso Bello, quizais o Areoso máis coñecido na actualidade.
  Máis ao norte, en Merelle 23 viviu José Areoso Martínez (1903-1967), pai de Manuel (1932-1992) e Asunción Areoso Ríos, muller de Matías Grela Graña.,
  Na parroquia de Lesta, no Camiño, quizais procedente de Merelle estableceuse Pedro Areoso Pena (1880-1963) que chegou a ser concelleiro en 1923. Casado con Generosa Bermúdez, tiveron 6 fillos: Manuel (1901-1988), María, Francisca, Josefa, Jesusa e José. Este último, José Areoso Bermúdez (1916-2004), casado con Jesusa Ríos Grela, foi o patriarca dos Areoso Ríos de Vilartarreo na parroquia de Santaia de Gorgullos (Tordoia). 
  Agradecementos a Guillermo Mariño pola información sobre os emigrantes a Brasil e a Manuel Areoso.