sábado, 25 de septiembre de 2021

Ramón Carro Romero

   Ramón Carro Romero naceu o 19 de setembro de 1938. Os seus pais eran Ramón Carro Fernández (1902-1979), procedente de Xanceda, e Gloria Romero Leis (1910-1984), matrimonio que tivo 4 fillos: Dolores, Josefa, Carmen e Ramón.
  Viviron pobremente nunha pequena casa preto da Fonte Estrei. A súa sorte cambiou cando Ramón pai comezou a traballar en 1927 con Pedro Pardo Fandiño (1887-1971) que tiña unha empresa de obra civil. No ano 1940 voou pola súa conta, creando a súa propia empresa. A súa primeira obra (a Ponte da Trapa no concello de Boimorto valeu 5.227,20 pts da época).
 
   Ramón fillo comezou a traballar co seu pai en 1954 aos 15 anos. Casou con Aurora Nouche Mosquera, a segunda das tres fillas do coñecido hostaleiro Enrique Nouche (da Casa Enrique onde agora está a farmacia), e non tiveron fillos.
 
  En 1977 xa se puxo á fronte da empresa, dous anos antes da morte do seu pai.
  Baixo o seu mandato CRC Obras y sevicios SL comezou unha expansión cara a outras comunidades e ampliou o seu campo tamén a obras eléctricas. O punto de inflexión deste crecemento foi, nos anos 90, a obra da estrada a Lanzá cun presuposto inicial de 458 millóns de pesetas da época.
  No ano 2006 a empresa CRC integrouse no grupo Civis Corporación co que a dirección técnica pasou a Cataluña.
 
  Paralelamente Carro, moi afeccionado ao fútbol, tamen ostentou a presidencia do Club Ordes un par de anos desde xullo de 1991, despois da marcha de José González Pardo Pariente, que deixou ao equipo en 3ª División (e na Liga Galega de xuvenís).
 
  Aínda que os problemas entre os dous xa viñan de bastante atrás, en marzo do ano 2005 tivo un enfrontamento co alcalde Teodosio Martino que acabou nunha denuncia xudicial deste a Carro. Isto levouno a apostar decididamente por Manuel Regos Boquete. Nas eleccións municipais de 2007 o seu apoio económico e a súa influencia foron decisivos para a victoria da nova formación, UXO, sobre o PP de Martino.
 
 
  O 8 de maio de 2010 recibiu a homenaxe da corporación e foi nomeado Fillo Predilecto de Ordes (o 6º en acadar tal honor). Aínda que soaba a pago polo seu apoio, ninguén discutiu a xustiza do nomeamento posto que a súa empresa era unha das máis importantes fontes de emprego e de riqueza da comarca. Destacou a imaxe dun impávido Martino aplaudindo con cortesía pero con evidente falta de entusiasmo.
  O 2010 tamén lle trouxo a boa noticia de que o Tribunal Supremo desestimou a demanda de Martino.
  Morreu o 30 de decembro de 2012 aos 74 anos de idade.
  

  No 8º aniversario do seu pasamento, en decembro de 2020, o ano do COVID, o tramo da Rúa Nova onde el viviu as últimas dúas décadas, popularmente coñecida como "Calle dos árboles" recibiu o seu nome. No acto participou o propio presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, a súa viúva Aurora xunto con boa parte da familia, a corporación municipal e diversos representantes públicos e da sociedade civil de Ordes e comarca.
 

miércoles, 22 de septiembre de 2021

1938: A Guerra dos Mundos

 
   1938 tampouco foi un bo ano. Ata o tempo foi peculiar, cun inverno dos máis xélidos da historia. Mesmo houbo unha aurora boreal en latitudes tan meridionais como España (para que falemos agora de cambio climático!).
  Si, naceu un coñecido coello, Bugs Bunny, e o extraterrestre máis famoso de todos os tempos chegou ao noso planeta procedente de Krypton. Tamén naceu en Suíza a primeira fábrica de café instantáneo (Nescafé), o químico Roy J. Plunkett descubriu o teflón nun laboratorio da empresa DuPont en Texas, o químico suízo Albert Hofmann nos laboratorios Sandoz de Basilea sintetizaba o LSD e Otto Hahn, director de química do Instituto Kaiser Wilhelm de Berlín, logrou a primeira fisión nuclear da historia (estas dúas últimas non sei se foron tan boas novas).
  Ah! e tamén foi o ano en que Orson Welles aterrorizou aos USA coa súa emisión radiofónica de "The War of the Worlds".
  Pero maioritariamente as cousas seguiron indo moi mal. Mentres na URSS se constituía o novo Soviet Supremo e Trotski creaba a IV Internacional, en Alemaña Hitler continuaba coa súa agresiva política. En febreiro autoproclamábase comandante supremo das forzas armadas, en marzo anexionaba Austria (o chamado Anschluss) e en outubro os Sudetes checos. En novembro tiña lugar a "Noite dos cristais rotos". O camiño cara á gran guerra europea era imparable.
  Tampouco en Oriente medio había paz e en outubro produciuse a masacre de Tiberíades (70 palestinos asasinaron a 19 colonos xudeus, 11 dos cales eran nenos). Só en América do Sur mellorou a situación coa finalización da Guerra del Chaco entre Bolivia e Paraguay.
 


   En España a guerra civil continuaba e xa se albiscaba un gañador. Puido haber dúbidas ao reconquistar a República Teruel pero disipáronse cando ao mes seguinte os nacionais entraron de novo na cidade facendo máis de 14.000 prisioneiros. Franco, asumidos oficialmente os cargos de Xefe de Estado e de Goberno, decidiu pospoñer o ataque a Madrid e concentrar os seus esforzos na ofensiva de Aragón. En abril as tropas franquistas, comandadas por Alonso Vega, ocuparon Vinaroz, dividindo a España republicana en dúas partes e illando Cataluña.
  Algúns políticos republicanos xa comezaron a pensar en negociacións para unha rendición (discurso de Azaña o 18 de xullo en Barcelona "Paz, piedad y perdón") mentres outros confiaban en resistir esperando un inminente estalido da guerra europea que lles brindase a hipotética axuda do RU e de Francia.

  Franco decidiu atacar Valencia pero foi interrompido polo último cartucho republicano: unha furiosa ofensiva atravesando o río Ebro en xullo. Catro meses despois, a vitoria franquista na máis longa e cruenta batalla de toda a guerra deixou á República sentenciada. O ano acabou cos nacionais entrando en Cataluña que apenas ofreceu resistencia.

  Ese ano 1938 foi o 2º do século XX con máis defuncións en España. Morreron 484.940 persoas, 19 de cada 1.000 habitantes. Só foi superado polo lendario 1918 (o ano da gripe).

 

 En Galicia ese ano El Correo Gallego, un xornal que nacera no Ferrol en 1878 (sendo por tanto o máis antigo da rexión) fusionouse con El Eco de Santiago trasladándose á cidade compostelá. E como se non houbera guerra celebrouse o Campionato Galego de Fútbol que gañou o Racing de Ferrol. Tamén foi o ano no que naceu unha agrupación musical mítica: Los Satélites.


 En Ordes era alcalde o militar Arturo Pérez Loureiro, xuíz de 1ª instancia José Samuel Roberes García e secretario do xulgado Ubaldo Rivas Martínez.

  A represión continuaba e agora tocoulle o turno a José Areoso Vieites, un labrego do Bidueiro de 45 anos, que fora militante do Partido Galeguista e síndico no Goberno municipal da Fronte Popular. Foi xulgado en febreiro por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpétua, que lle sería conmutada no ano 1941.

 Outra forma de represión eran as multas que ademais aportaban apoio económico ao réxime. Así, por exemplo, Cayetano García Gestal pagou unha de 2.000 pesetas "por hacer manifestaciones improcedentes".

  Houbo en Xaneiro unha Festa da Árbore en 10 das parroquias. En Ordes os mestres Nicolas del Río, Conchita Moar Vázquez, Maruja Cimadevila Anido e Piedad Carnota Soto levaron aos nenos e nenas ao lugar da plantación cantando himnos e acompañados de todas as autoridades locais (aínda que o alcalde, enfermo, foi substituído polo secretario municipal Juan Campos Fernández).

 A boa noticia foi a voda de Juan Liñares Castro, futuro alcalde, con Ángela Stolle, entón mestra de Visantoña. O enlace foi moi discreto porque ela estaba de loito pola morte do seu pai, Pastor Stolle, xefe da oficina de telegráfos. En setembro naceu Ramón Carro fillo.

  Houbo unha gran cantidade de mortes de personaxes importantes: o xefe local da Falange Policarpo Galán Pérez, o notario César Antonio Sánchez PaniaguaJosé Concheiro García en Pontevea, o comerciante Antón de Simón*, Manuel Patiño, Manuel Mosquera de Vilaverde (en marzo aos 67 anos), Benardo García Suárez (marido da mestra Juana Caramelo) e José Abeijón Suárez, irmán de Ramón, o patriarca dos Abeijón. Tamén varias mulleres: a moi xoven Emilia Pardo con 21 anos, a madura Aurora Graña con 56 e a mestra Mercedes Castro Amor. Así mesmo os mozos Joaquín Verea Remeseiro, Ramón Calvo Abeijón e Jesús Mosquera Candal (dos Mosqueiras de Montaos) faleceron na fronte.

 

*Antonio Viqueira Fuentes Antón de Simón (1874-1938): comerciante que viviu na rúa Alfonso Senra (hoxe a panadería de Nogallás). Casou con Josefa Ramos Botana coa que tivo 5 fillos: Arturo, Mª Carmen, Segismundo Mundito, Clotilde e Mª del Olvido.

 

 O ano rematou cunha visita de Franco a Galicia. Pasou por Ordes no seu traxecto da Coruña a Santiago e foi a primeira de moitas veces que se vivirían escenas de "adhesión inquebrantable" con escolares axitando pequenas bandeiras e xente "entusiasmada" co brazo en alto e berrando vivas a España e ao seu caudillo.

 

domingo, 19 de septiembre de 2021

A Rúa do Muíño

 

   A Rúa do Muíño xa é cincuentenaria. Naceu a principios dos anos 70 no século XX (sendo alcalde Antonio Concheiro), cando se cambiou o antigo campo da feira (o que hoxe son os Parques Municipais) polo actual, creado na ribeira do río Mercurín.

  O río foi tapado e sobre el eran descargadas dos camións as vacas e os porcos que serían vendidos nas dúas naves construídas na parte norte da feira e que hoxe xa non existen. O que aínda permanece é o edificio que servía de taberna e polbeira e que na actualidade é a sede da Banda de Música.

  Ao redor do campo da feira apareceron dúas rúas: a rúa do Mercado ao oeste e a rúa do Muíño ao leste. Esta última tomou o nome do que entón era chamado muíño da Silva, onde antigamente ían moer o gran os veciños do Casal e do sur da vila, mentres os da parte alta ían ao muíño da Braña que está uns 400 metros máis ao norte.

  Xa en 1970 a primeira casa foi a máis meridional, a do policía municipal Alfonso Noya Cachorro. Como eran anos de bum inmobiliario a rúa medrou con rápidez.

  En 1974 o hostaleiro Antonio Moar Viqueira inaugurou a sala de festas "Órdenes 2000" que marcaría profundamente o destino da rúa e mesmo da vila. Nesa inauguración actuou a cantante Karina e logo virían os mellores artistas da época (Tony Landa, Juan Camacho, Al Bano, Los Chichos, Miguel Gallardo, Juan Pardo, Raffaella Carrá ...) e ata un espectáculo erótico festivo da raíña do destape, Susana Estrada, en 1980. Tamén foi o lugar das celebracións de Entroido, das representacións teatrais de Víctor González Faya, dos mitins políticos máis multitudinarios e ata de ceas baile.

 


 
  Arredor de 1980 foi inaugurada a piscina municipal "El Molino", da que por certo tamén tiña a concesión Antonio Moar. Isto ata creou unha crise no goberno municipal en setembro 1984 porque Nel Astray do PSOE estaba descontento do servizo que prestaba Moar do CDS, ambos os dous partidos socios da CG do alcalde Mundito. Aquel pleno foi un dos máis concorridos da historia.

  Os anos 80 foron unha época de decadencia para Moar que rematou por pechar a sala, pero en febreiro de 1990 volveu a abrir con novos propietarios e novo nome: LP45 ("Lepe 45" en chiste da época), agora sen orquestras e transformada nunha macrodiscoteca. Ao calor de LP naceron outros locais que converteron todo o campo da feira no lugar de festa máis popular de Galicia durante 20 anos. Na rúa do Muíño apareceron os míticos Tahití e Bambú (máis de estar sentados), Desórdenes e Papaluz (de baile) e os lugares de repostaxe como Maral, A Bolera e Sparky's. Todos estes sitios e moitos outros máis forman parte das mellores lembranzas dun par de xeracións (e non só da xente de Ordes).

  LP xa no século XXI cambiaría de emprazamento trasladándose a outro edificio máis ao norte, mentres o anterior se convertía nun supermercado Eroski, o de máis facturación da vila, ao aproveitar o seu tamaño e a gran superficie de aparcamento que ofrece o campo da feira.

 

  Na primeira década do século XXI a movida estivo cada vez máis desfasada provocando moitos incindentes e pelexas, pero arredor de 2010, no cambio de década, desapareceu en moi pouco tempo, marchando a xente a outros lugares como Santa Comba. Así remataron por pechar moitos daqueles locais míticos mentres outros cambiaron de nome e de propietario. Permaneceron os sitios de comidas e algún máis atendendo aos clientes do barrio e aos asistentes á feira. Nos últimos anos revitalizouse de novo a zona, pero sen achegarse a aqueles vellos tempos da gran movida.

 


  En xuño de 2021, sendo alcalde José Luis Martínez, houbo unhas obras que custaron case 157.000 euros e que cambiaron totalmente media rúa. Nestas obras "de humanización" a rampla de acceso desde os parques desapareceu convertida en escaleira e todo o tramo sur foi cortado aos coches deixando unha superficie de máis de 4 metros e medio de anchura para as terrazas dos locais, outros 4 metros para paseo e 3 para o paso ocasional de vehículos.

  Ademais, como toque "cool", no pavimento de formigón gris escuro delimitado por laxas de granito pódese ver o escudo de Ordes e ler "Rúa do Muíño" (e tamén pola noite porque o bordo das letras leva unhas luces led).

domingo, 12 de septiembre de 2021

As trapalladas de Aller

   A finais do século XIX Saturnino Aller, o cacique ordense, a pesar de militar anteriormente nos fusionistas (o Partido Liberal), pasou ao bando conservador. Isto gañoulle grandes críticas dos que antes eran os seus admiradores (e que volverían a selo cando cambiase de bando outra vez). Vede aquí como demostración un artigo publicado o 19 de xuño de 1895 no xornal La Voz de Galicia.
 
¿PARA QUE SIRVE LA POLÍTICA EN ÓRDENES?
  Un colega local publicó hace dos días sabrosísimos trozos de una carta que le dirigieron desde la villa de Órdenes, en la cual carta se muestra para que sirve la política en aquel desventurado distrito, y como lo explota quien por conservar allí su dominio no repara en actuar de Judas con sus amigos de ayer, haciendo contra ellos lo que sus mismos adversarios de siempre no hacen, por razones de hidalga cortesía.
  La necesidad de diferir la continuación de esta crónica de escándalos, nos impidió reproducir aquellos trozos antes, pero lo celebramos porque así podemos añadirles un apunte que recibimos ayer.
  El aludido colega se expresa así:
  «Entre las cartas que han llegado últimamente a nuestras manos, hay una de Órdenes, cuyo contexto recomendamos a los lectores, ya que no lo hacemos con los que pudieran corregir abusos y enmendar faltas gravísimas, porque en la política provincial de La Coruña, en la militante, ya no hay prestigios ni independencia; ya se acabaron las personalidades que pudieran infundir confianza realizando con actos de justicia desde los elevados puestos que ocupan, obras de regeneración y moralidad administrativa, que los colocasen a un nivel superior,
  A propósito de la desastrosa obra económica de la Diputación provincial, escríbennos desde Órdenes, entre otras cosas que suprimimos, lo siguiente:
  "Nos ha llenado de estupefacción la enmienda del diputado Sr. Aller, pidiendo economías, de una manera tenue, cuando este Ayuntamiento, el de Órdenes, que dicho señor representa, inspira y maneja, viniendo a constituir una cosa así como un bajalato o un feudo suyo, está agobiadísimo con tanta carga.
  Para comprobar lo que decimos basta leer estas partidas.
  Un oficial primero de secretaría con sueldo anual de 900 pesetas.-Antonio Viqueira Fuentes, criado de D. Manuel Astray y ni siquiera que es tal empleado, a pesar de figurar percibiendo dicha cantidad.
  Un ordenanza del Ayuntamiento con 365 pesetas anuales.-Antonio Villaverde del Río es el que aparece cobrando, aunque es el criado que tiene en su casa de La Coruña el Sr. Aller.
  Un depositario de fondos municipales con 1.500 pesetas.-D. Juan Aller, padre del diputado del mismo apellido, es quien dicen que cobra el sueldo, pero lo que si es cierto es que en todo el año no se le ve en Órdenes. Vive, según parece, en La Coruña.
  Alquiler de la Casa Ayuntamiento, mil pesetas. Idem de local para oficina del Registro civil, cuatrocientas pesetas. Ambas están en dos habitaciones de la planta baja de la casa del Sr. Aller, quien además, por otra habitación contigua (donde se halla la oficina de telégrafos), percibe del presupuesto carcelario 547,50 pesetas.
  Gastos de escritorio 2.000 pesetas o sea cinco pesetas con cincuenta céntimos diarios para papel, pluma, tinta y sellos.
  ¡Ni el Ayuntamiento de La Coruña!
  Para mobiliario, 500 pesetas.
  ¿Quieren saber ustedes que mobiliario tiene el Ayuntamiento de Órdenes? Pues cuatro bancos viejos y una mesa, que trajo de Santa Comba el Sr. Aller.
  Imprevistos, 1.000 pesetas.
  Gratificación a la maestra de Parada, 200 pesetas.
....................................
  Así podrían citarse muchas partidas del presupuesto municipal de Órdenes, donde hay un exceso de gastos de un 75 por 100 cuando menos.
  Todas estas inmoralidades conócenlas quienes pudieron cortarlas de raíz, haciendo una obra que quedaría grabada en el corazón de todos los vecinos de este pobre país. »
....................................
  Ahora un ruego que nos hacen para que lo transmitamos al Sr. Moreda. Es el siguiente:
  "¿Por qué no ordena el señor Gobernador civil la publicación de las cuentas trimestrales del Ayuntamiento de Órdenes en el Boletín Oficial, así como también del extracto de los acuerdos de dicho municipio?
  Es esta una formalidad muy en harmonía con el sistema de publicidad oficial que tanto conviene, sobre todo, cuando la suspicacia de las gentes da lugar a ciertas afirmaciones que molestan o deben molestar."
 
  A nosotros se nos dice en carta suscrita por vecinos de Órdenes:
  «El Anunciador de hoy dice que por el alquiler de la casa, o mejor expresado, de tres habitaciones de la planta baja de la casa de Aller, percibe del municipio 1.400 pesetas y del partido 547,50.
  Pero aquel periódico no sabe lo que vamos a decir a usted, Sr. Director, por si quiere añadirlo a aquella información deficiente...
  Esa casa de Aller cuyas habitaciones, o cuadras, producen hoy 1.947,50 pesetas anuales de renta, fue propiedad del partido judicial, y siendo él secretario del Ayuntamiento la vendió a un criado suyo por 855 pesetas. El acta de la subasta, así como todo el expediente, puede usted verlo original cuando guste, y observará que está autorizado todo por ese Godoy de guardarropía.»
  No entendemos bien lo de Godoy.
  Lo demás si lo entendemos, desgraciadamente.
  Y a propósito: ¿Cómo puede ser diputado quien evidentemente está comprendido en las causas de incapacidad que enumera el artículo 38 de la ley provincial?