domingo, 31 de enero de 2016

Isabel Zendal Gómez

  Un dos máis descoñecidos personaxes de Ordes. Que levante a man o que soubera dela antes de que aparecera o libro "A flor de piel" de Javier Moro.

  Pouco sabemos de Isabel Zendal. Os libros Sacramentais de Parada confirman que hai moitas ramas dos Zendal. O libro de bautizo máis antigo que se conserva é do 26 de febreiro de 1773. Isabel foi a segunda de nove irmáns -tres mortos prematuramente- e, con certeza, ela e a primoxénita Bernarda naceron antes desa data. Tamén sabemos que eran moi pobres o que explica porque Isabel tivo que emigrar á Coruña.
  O 31 de xullo de 1796 naceu o seu fillo Benito na parroquia coruñesa de San Nicolás. Grazas á partida de nacemento deste coñecemos que a nai era "Isabel Celdam Gómez, solteira, veciña da vila e natural de Sta Mª de Parada - Ordes". 
  Os libros de contas da Caixa de Expósitos precisan que Isabel entrou a traballar como rectora da Inclusa o 24 de marzo de 1800.
  Cobraba 50 reais e media libra diaria de pan de peneira. Co paso do tiempo, irá xuntando máis extras: media libra diaria de pan polo seu fillo, media libra de carne ao día e 16 reais ao mes por compoñer e remendar a roupa de uso dos expósitos.
  O 30 de novembro de 1803 é a data que a fai pasar á historia: partiu con outras 36 persoas na "Real Expedición Filantrópica de la Vacuna"
  Rematada a campaña filipina, Isabel Zendal asentouse en agosto de 1807 na cidade mexicana de Puebla onde quedara o seu fillo. Aquí percibía 500 pesos fortes anuais (uns 7.500 reais).
  Alí morreu nunha data que non podemos precisar.
  Se queredes saber máis dela, premede neste enlace: ISABEL ZENDAL

  En decembro de 2016 foi nomeada "Filla predilecta" de Ordes. Tamén ese mes presentouse un documental sobre ela titulado:
Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo


  Grazas á figura de Isabel Zendal irmandáronse a vila de Ordes e a cidade mexicana de Veracruz. O acto de firma do irmandamento celebrouse o 4 de outubro de 2017 en Veracruz onde se trasladou unha delegación ordense encabezada polo alcalde José luis Martínez Sanjurjo.

Personaxes de Ordes

  Velaquí unha selección de personaxes notables de Ordes. Como se adoita dicir: non están todos os que son, nin son todos os que están. Máis información sobre moitos deles nas ligazóns. [A data de nacemento pode ter un erro de +- 1 ano].

Pedro Vellón (Sec. XVI): xesuíta.
Isabel Zendal (Sec. XVIII-Sec. XIX): enfermeira.
Florencio Pol (1824-1902): notario, curandeiro.
Ramón Calvo Vieites (1837-1916): comerciante.
Pedro Pérez Souto (1844-1927): rico propietario de Barbeiros.
Manuel Astray López (1845-1902): comerciante.
Antonio del Río Castro (1846-1907): político, gobernador en Filipinas.
Saturnino Aller (1852-1923): cacique ordense case 30 anos.
Vicente Carnota (1855-1920): xornalista.
Manuel García Bermúdez (1857-1944): banqueiro, comerciante, alcalde.
Julio Pol Caamaño (1860-1941): militar, escritor, político, alcalde.
Juana Soto Menlle (1864-1942): mestra.
Ramón Faya Fernández (1869-1945): fundador da fábrica de curtidos.
José Romero Faya (1869-1933): comerciante.
Domingo A. Moar Veiras (1871-1939): avogado, político.
Arturo Pérez Loureiro (m.1950): militar, alcalde.
Santiago del Río Seoane: farmacéutico, alcalde.
Antonio Viqueira Fuentes (1874-1938): comerciante, pai de Mundito.
Pedro Concheiro Rodríguez (1874-1922): procurador, político.
Nicolás del Río (1874-1948): mestre, político.
Nemesio Morgade Portela (1874-1931): sacerdote en Ordes.
Antonio Concheiro Rodríguez (1876-1942): médico, forense, político.
Alfonso Senra (1877-1951): varias veces deputado polo distrito.
Jesús Veiras Pérez (1877-1954): rico propietario de Pardiñas (Poulo).
Manuel Pérez Rivas (1878-1940): reloxeiro.
Policarpo Galán Pérez (1878-1938): tenente da Garda Civil.
Juana Noya Candal (1879-1965): panadeira.
Ramón Mosteiro Ferro (1880-1960): sacerdote de Ordes de 1933 ata 1943.
José Mariño García (1880-1947): comerciante.
Gerardo Abad (1881-1936): político, ministro.
Leandro del Río Carnota (1882-1957): sacerdote en Pontevedra.
Francisco Liñares Iglesias (1882-1941): médico.
Antonio Verea Fandiño (1883-1970): comerciante, taxista.
Juan Liñares Iglesias (1885-1951): empresario, político, alcalde.
Pedro Pardo Fandiño (1887-1971): empresario de obras públicas.
Antonio Álvarez "Cotovío" (1888-1963): empresario de transportes.
Joaquín Andrade Orza (1889-1984): párroco de Ordes nos anos 40 e 50.
Javier Verea Fandiño (1892-1978): encargado da prisión, alcalde.
Juan Calvo Pérez (1892-1952): comerciante (Ferraxería Calvo).
Lisardo Castro Amor (1896-1986): mestre.
Juan Amigo Iglesias (1896-1967): avogado, político.
Jesús Castro Castro (1896-1977): empresario "Talleres Castro SL".
José Ferreiro Rama (1894-1980): panadeiro.
Manuel Calvo Pérez (1897-1949): comerciante (Ferraxería Calvo).
Juan Rodríguez "Carril" (1898-1967): comerciante.
Francisco Vilar "o Chocolateiro" (1898-1994): comerciante.
Ramón Prado "da Ponte" (1900-1956): empresario.
Fernando Liste "Fernanducho" (1901-1985): propietario, comerciante.
Viriato Lamas Fernández (1901-1980): dinamizador cultural.
Rogelio Prado Carnota (1902-1966): empresario de transporte.
Manuel Concheiro García (1903-1992): director do Banco Pastor, empresario.
Antonio Concheiro Iglesias (1904-1991): médico, político, alcalde.
Manuel Mariño Vilela (1904-1998): comerciante.
José Fernández Fuentes (1906-1990): sacerdote de Ordes nos 60 e 70.
Alfonso Lesta Cernadas (1907-1978): mestre no Casal.
Manuel del Río Mandayo (1907-1936): ebanista, músico, político.
Manuel García Gerpe (1908-1949): político, exiliado.
Concepción Moar Vázquez (1908-2000): mestra e doutora.
Juan Liñares Castro (1909-1989): avogado, alcalde.
Ángel Concheiro Iglesias (1909-1993): secretario do concello.
Mariano Amado Ferreiro (1909-1980): comerciante.
Rafael Mariño Vilela (1909-1983): comerciante, alcalde.
Antonio Recouso Boquete (1909-1946): guerrilleiro.
Rafael Álvarez Salgueiro (1910-1974): farmacéutico.
Pilar Naveira "da Ruca" (1910-2009): estanqueira.
Alfreda García Gende "Fleira" (1910-2001): panadeira.
Manuel Ponte (1911-1947): xastre, guerrilleiro.
José Remuiñán Barreiro (1911-1949): guerrilleiro de Parada.
Segismundo Viqueira "Mundito" (1911-1974): director do Banco da Coruña.
Mª Carmen Nouche Porro (1911-2022): lonxeva campesiña.
Manuel Lois (1912-1937): xornaleiro, heroe de guerra.
Genaro González González (1912-1990): médico, alcalde.
Ascensión Concheiro "Choncha" (1913-2013): exiliada.
Jaime Castro García (1913-2010): avogado, xuíz.
Juan Mosquera Candal (1913-2018): capataz OP e meteorólogo afeccionado.
Belia Ángela Fernández Fuentes "doña Belia" (1913-1994): mestra.
Mª Concepción Carreró "doña Maruja Carreró" (1913-2008): mestra.
Manuel Verea Remeseiro (1914-1996): comerciante, taxista, alcalde.
Pedro Rodríguez "do Serrador" (1916-1977): guerrilleiro.
Juan Couto Sanjurjo (1917-1999): guerrilleiro de Ardemil.
Lourenzo Louro (1917-1987): músico.
Pilar "do Sanatorio" (1917-2007): enfermeira.
Ramona Pérez Arcay "doña Moncha" (1917-1968): mestra.
Adolfo Pérez Graña (1917-1981): tallista.
Manuel del Río Botana (1918-1945): guerrilleiro antifranquista.
Luciano Concheiro García (1919-1972): exiliado.
Domingo Calviño (1920-2004): músico.
Víctor González Faya (1920-1989): zapateiro, escritor.
Manuel Picallo Ameijeiras (1920-2005): mestre, director do Castelao.
José Mª Riveira Pego (1922-2010): fotógrafo.
José Rama Louro "Meigo"  (1922-2005): curandeiro.
Ramón Ferreiro "o Practicante" (1923-2006): enfermeiro.
Antonio Nouche Costa (1924-1948): guerrilleiro de Deixebre.
Samuel Mayo Méndez (1924-1950): guerrilleiro de Olas.
Manuel Astray Rivas (1924-1994): funcionario, escritor.
Viriato Lamas Gutiérrez (1924-1933): empresario téxtil.
Antonio Castro García (1925-2011): alcalde de Santiago.
Juan Viqueira "Juanito" (1925-2003): propietario do Bar Juanito.
Ramón Abeijón "Kilé" (1927-2021): funcionario municipal.
Anastasia Pisonero (1927-2023): empresaria téxtil.
José López Bao (1928-2015): músico, construtor de gaitas.
Manuel E. Gamallo (1928-2007): mestre.
Eduardo Veiras Boquete (1928-2015): músico.
Florentino Ruibal "Flor" (1928-2020): canteiro, músico.
Manuel Otero Rodríguez (1929-2003): sacerdote de Buscás e Poulo.
Manuel Viqueira "o Gaiteiro de Vilaverde" (1929-2015): construtor, músico.
Manuel Garea (1930): garda civil.
Alejandro Ferreiro "Janito" (1932-2017): futbolista, seguros.
Juanjo Linares (1933-2009): bailarín, coreógrafo, folclorista.
Gonzalo Castro Faya (1933): administrador de Gonzacar SL.
Javier Alfonso Candal (1934-2010): comerciante.
Gustav Henningsen (1934-2023): etnógrafo.
Manuel Prado Moure (1934-2011): construtor.
Francisco Ríos Seoane (1934-2015): emigrante, empresario.
Víctor Maroño Pena (1935-2021): sacerdote.
Manuel Candal Candal (1935-2009): alcalde de Vilamartín de Valdeorras.
Fernando Carvajal López (1936-2011): fotógrafo, adestrador.
Ramón García Francos (1937-2021): carpinteiro, empresario.
Ramón Carro Romero (1938-2012): empresario CRC.
José Manuel Piñeiro Amigo (1938-2021): secretario do Concello, deputado.
Arturo Ríos Vázquez (1938-2023): propietario da Marisquería Ríos.
Luis Concheiro Carro (1940): médico forense.
Javier Veiga (1940-2004): funcionario do Concello.
Teodosio Martino (1944): funcionario, político, alcalde.
Concepción Liñares Seoane "Chita" (1945-2010): hostaleira.
Euloxio Rodríguez Ruibal (1945): escritor.
Antonio Moar Viqueira: empresario hostaleiro (Ordenes 2000).
José Manuel Verea Rumbo (1947-2016): empregado de banca, folclore.
Gonzalo Concheiro Barreiro (1948): médico ortopédico, traumatólogo.
Jesús Codesido Ben (1950): sacerdote en Ordes.
Leonardo Recouso (1950-1998): pintor e gravador.
Ángel Concheiro Nine (1951): catedrático de Farmacia.
Ricardo Moar "Richard" (1953): futbolista de 1ª división.
Manuel Viqueira Verea (1955): axente de seguros, político, alcalde.
Manuel Regos Boquete (1958): funcionario, político, alcalde.
Esther Couto Rivas (1960): deputada polo PSOE de 2004 a 2008
Ramiro Recouso Liste (1968-2015): axente, político no BNG.
Francisco Prado Vilar (1970): historiador da Arte.
Alberto Bouzas Mosquera (1977): cardiólogo
Iván Raña Fuentes (1979): deportista.

sábado, 30 de enero de 2016

Hórreos de Ordes

  Os hórreos da nosa zona non poden compararse en espectacularidade e beleza cos doutros lugares de Galicia, pero non por iso son menos interesantes.
  Velaquí un pequeno estudo sobre os do noso concello.
                             HÓRREOS DE ORDES

Apelidos de Ordes (Comarca)

  Velaquí os apelidos máis frecuentes na comarca de Ordes*. Como podedes ver, nove dos dez primeiros son os típicos apelidos rematados en "ez" comúns a toda España, con García no 1º posto (nisto parecémonos máis a España que á propia Galicia onde os que mandan son Rodríguez e Fernández -este último na comarca está nun discreto 9º lugar-).
  Só rachan esa dinámica o apelido Mosquera no 7º posto, e logo Fraga, Iglesias e Rey dentro dos 15 primeiros.


  Se nos fixamos en cada concello individualmente empeza a haber máis diferenzas e aparecen apelidos máis enxebres con seguro nacemento na comarca. Aínda que só vendo a lista é difícil decatarse, hai unha clara dicotomía entre os concellos orientales (Frades e Mesía) e os occidentales (Tordoia e Trazo), mentres os tres centrais comparten máis apelidos coas outras dúas zonas.
  En Frades e Mesía predomina o apelido Sánchez e hai outros como Manteiga, Carro, Botana, Uzal ou Quindimil.
  En Tordoia e Trazo hai unha maior variedade de apelidos típicos da zona. En Tordoia, Fraga encabeza a súa lista e atopamos outros apelidos como Cancela, Costa, Calviño, Lamas, Señarís, Liñares, Liste ...
  En Trazo non é o máis destacable que Noya encabece a súa lista, senón que García non aparece ... ata o 12º posto! Ten apelidos como Domínguez (raros na comarca) e despois dos 15 primeiros aparecen outros como Liste, Mallo, Landeira, Muiño ...


* Os datos da primeira táboa están recollidos do ILG (Instituto da Lingua Galega) na súa páxina Cartografía dos apelidos de Galicia, mentres que as listas da segunda táboa foron feitas a partir dos datos da páxina do IGE (Instituto Galego de Estatística).

viernes, 29 de enero de 2016

O Clima en Ordes

  O clima de Ordes é oceánico, caracterizado por unhas temperaturas suaves (aínda que con picos baixos en inverno) e as altas precipitacións (que superan moitos anos os 1.500 mm anuais) agás nos meses de verán que poden ser bastante secos.

 Como podedes ver o lugar máis frío e chuvioso do concello é o Mesón do Vento, que tamén é o máis alto, mentres os máis cálidos son a vila de Ordes e Sta Cruz de Montaos. De todas formas, as diferencias, como é lóxico debido á pouca distancia, son mínimas.
  Se estades interesados en coñecer máis detalles, ide á web CLIMATE-DATA.ORG que trae información sobre case todos os lugares do mundo. Premede no enlace e veredes o climograma de Ordes. Logo podedes acceder ao de numerosas localidades próximas.
CLIMA DE ORDES
  E se xa queredes un informe moi, moi completo, podedes ir  á páxina de WEATHER SPARK.

jueves, 28 de enero de 2016

Comarca de Ordes

  Tedes aquí un pequeno pero bastante completo estudo sobre a nosa comarca: o seu relevo, clima, hidrografía, poboación e economía (con datos bastante actualizados). Hai tamén un somero informe dos sete concellos que a integran, deténdonos un pouco máis no concello central: Ordes.

  Tamén podedes ver unha excelente presentación de Adela Leira e Mon Daporta máis centrada sobre o entorno natural: flora, fauna, ríos ...
  
  E, por último, dispoñedes dun paquete de actividades sobre a comarca creadas co programa javaclic. Están pensadas para rapaces de primaria (de 9 a 12 anos) polo que son bastante fáciles. Se non tedes instalado o programa, cousa moi probable, só tedes que clicar onde pon "verlo HTML5".
  Tede en conta que, a pesar de que foi subido en abril de 2017 á rede, o paquete foi creado antes de 2010 polo que as partes que tocan a poboación ou a economía poden estar bastante desfasadas.

miércoles, 27 de enero de 2016

Ardemil, Buscás e Leira

Velaquí tres presentacións con imaxes das parroquias que envían aos seus alumnos ao CEIP Mesón do Vento.

lunes, 25 de enero de 2016

Presentación: Imaxes de Ordes

Aquí tedes unha presentación sobre o concello de Ordes. Non están representadas todas as parroquias pero si cremos que aparecen os lugares de interese xeral, comezando pola vila e rematando polo rural.

IMAXES de ORDES

E aquí outra presentación só da vila e arredores.