Eduardo Veiras Boquete, tamén coñecido como Eduardo da Poza,
naceu no ano 1928 en Cercedo (parroquia de Pereira), pequeno lugar a uns 600 metros ao leste da autoestrada.
Eduardo foi un de tantos músicos que
amenizaban as festas dos anos 40 e 50. Era bastante polivalente e tocaba a
gaita, o clarinete e o acordeón. O seu primeiro grupo foi un terceto -formación
non demasiado habitual- onde el tocaba a gaita acompañado por Ramón Rey tocando a
caixa e Rufino de Boquete o bombo.
Casou con Mª Nieves Varela Liste (1935-2014)
coa que tivo unha extensa familia de once fillos que alimentar.
Nos
anos 60 emigrou a Holanda e Alemaña. Levou con el a gaita para seguir tocando
nas festas que facían os emigrantes. En Amsterdan gravaron unha escolma das súas
pezas nunha cinta magnetofónica que hoxe, xa dixitalizada, forma parte do
arquivo sonoro de Galicia.
Retornado da emigración volveu instalarse en
Cercedo ata a súa morte en maio de 2015.
Esta soterrado no cemiterio parroquial de Pereira.
FONTE: "Vilaverde" (Os Viqueiras)
De propina podes oír a Muñeira de Cercedo, peza que el deu a coñecer, premendo aquí: Folkoteca Galega. Abaixo tes a versión do grupo Os Viqueiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario