martes, 29 de mayo de 2018

Visións de Ordes 1919-20

 
  A narración dunha viaxe desde Pontevedra á Coruña en 1919, por un tal MG para o Correo de Galicia de Buenos Aires, inclúe unha triste descrición da comarca de Ordes. O autor compáraa desfavorablemente coas zonas costeiras cheas de vitalidade e beleza. Quizá axude o feito de que esa viaxe se realizou en decembro, en pleno inverno, época na que os propios ordenses estamos aburridos do lugar.

[...] Bordeamos la monumental ciudad y dejando atrás el crucero de la Coruña cruzamos velozmente la Sionlla, Sigüeiro con su puente y una comarca triste, monótona, se ofrece a nuestra vista. Montes pardos en los que apenas el tojo se produce, gentes humildes a las que aún no es raro ver ataviadas con algo de lo que constituía el antiguo traje regional, vacas pequeñas y escuálidas que a nuestro paso alzan sus descarnadas cabezas mirándonos con ojos de medrosa inconsciencia, chiquillos con capas de paja de centeno y juncos, casucas terrosas. Todo sórdido y como impregnado de un algo indefinible que abruma y entristece.
  Chapoteando charcos y sorteando cerdos y gallinas, cruzamos Órdenes y al remontar la agria subida del Mesón del Viento parece como que, insensiblemente, se nos ensancha el ánimo. La bella perspectiva del valle de Barcia, vista de mil maneras a causa de las innumerable revueltas de la bajada de Herbes, vuelve por los fueros de la belleza y fertilidad de nuestra tierra. [...]

  Contrasta esta visión da comarca coa que dá José Mª Moar no xornal El Compostelano en abril de 1920.

  [...] El clima es benigno, aunque algo frío y húmedo y propenso a dolor de reuma.
  La feria de ganados y "feirón" que se celebran el tercer domingo de cada mes en Órdenes y las del segundo y último domingos también de cada mes en dicha villa y capital del partido son los que principalmente benefician sus ganados, aperos de labranza y frutos del país, a saber: centeno, maíz, trigo, avena, mijo menudo, habichuelas, aves de corral, patatas, ganados, y en sus temporadas, lino, castañas, quesos, caza, "cerros"*.
  Las mujeres particularmente las casadas, vense muy bien tratadas, no trabajan la tierra, pero se entretienen en la elaboración de quesos con cuajo artificial  y también de algunas mantecas [...] y en la elaboración también de telas de lino y lana, pues los labradores, con muy buen sentido, han vuelto a plantar el primero desde la guerra última para las necesidades de sus casas.

* Cerro: A mellor parte do liño, unha vez tascado, que se separa da estopa e que se usa para facer o lenzo.

domingo, 27 de mayo de 2018

O Cruceiro de Ordes

  Outra das pequenas xoias descoñecidas de Ordes, paradoxalmente está á vista de todo o mundo no adro da igrexa parroquial.

  O cruceiro da vila data do século XVII, época barroca, onde prevalecía o "horror vacui" -o medo ao espazo baleiro-, o que desembocaba nunha gran profusión de adornos. Así podemos ver distintos relevos no varal como unha santa face debaixo mesmo do capitel, un cáliz e unha hostia da que xorden raios como os solares, imaxes dun bispo, do Anxo da Garda...
  A cruz, resolta con grande calidade formal e compositiva, ten brazos con chafráns e remates con flores. No anverso (oeste) hai un Cristo crucificado e no reverso (leste) unha Virxe coroada e levando un rosario, ambos os dous sobre un capitel de volutas.


  No varal tamén hai unha inscrición coa data do ano 1631, o que o converte no máis antigo do concello por diante do de Mercurín (1646), pero non no máis antigo da comarca, honra que corresponde (que eu saiba) ao cruceiro próximo á igrexa parroquial de Campo (Trazo), datado en 1614.

  No libro "Geografía General del reino de Galicia" de Uxío Carré Aldao, a data que se lle dá ao cruceiro é 1681. Supoño que foi un erro e confundiron o 3 co 8, pero outra posibilidade -máis remota- é que algún golpe ao longo do tempo deformara o 8 e que agora nos pareza un 3. En todo caso, a estas alturas, 50 anos máis ou menos carecen de importancia.

  O cruceiro tivo unha vida bastante azarosa con moitos cambios de "domicilio". Erixiuse á beira da antiga igrexa parroquial (a Capela de Lourdes) e alí estivo 300 anos.

  O seu momento máis duro viviuno en xuño de 1936 coas tensións políticas prebélicas: foi derrubado e rompeu en tres anacos. Trasladado á parte norte da Alameda, posteriormente foi levado á zona norte do adro da actual Igrexa de Santa María. Nos anos 50 os mozos do pobo utilizaban o adro para xogar ao frontón (moi de moda entón) e o cruceiro servía para descansar aos que eran eliminados. Despois da reforma da igrexa, o cruceiro foi trasladado á parte sur do adro na zona central e por fin ao seu actual emprazamento preto da rúa.

  Se queredes ver máis fotos do cruceiro e a súa localización en google maps, podedes ir a Cruceiro de Ordes na excelente web Cruceiros de Galicia.
  Se queredes saber do resto dos cruceiros do concello: Cruceiros de Ordes.

  E se vos interesa coñecer onde están todos os cruceiros da comarca:
cruceiros de Cerceda
cruceiros de Frades
cruceiros de Mesía
cruceiros de Oroso
cruceiros de Tordoia
cruceiros de Trazo

martes, 22 de mayo de 2018

A voltas co reloxo

  Pifartos era, a finais do século XIX e principios do XX, un personaxe protagonista de chistes (como agora Jaimito) e foi tamén o pseudónimo do xornalista Javier Valcarce que escribía no xornal "El Ideal Gallego" unha sección satírica chamada "Prosas rimadas".
  Neste poema publicado o 16 de agosto de 1919 menciona o reloxo de Ordes e non é difícil notar a crítica ao inmovilismo que (segundo os conservadores) sufría o distrito de Ordes, perennemente gobernado polo liberal Saturnino Aller. 

AL ALCALDE DE ÓRDENES

  Mi estimado Alcalde,

mi querido amigo:

de esa hermosa villa

me escribe un vecino,

todo acongojado,

todo entristecido,

porque dice que hace

muy cerca de un siglo

que ese reloj público

ha enmudecido,

y además se encuentra

todo paralítico.

No toca, ni anda;

siempre está lo mismo,

muy grave, impertérrito,

marcando las cinco,

y de ahí no sale

ni con cuatro tiros.

Y, lo que me dice

el triste vecino:

un reloj de torre,

que no da ni pío,

y a mayor desgracia,

se encuentra tullido,

¿para qué demonios

sirve el pobrecillo?

  Hombre, se comprende

que si el relojito

fuese, tan siquiera,

un objeto artístico,

se le exhibiese,

de un modo continuo,

a los forasteros,

que al verlo en su sitio,

dirían, pasmados,

-¡Caray!.. ¡Qué bonito!

¡Lástima que sea

tan delicadillo!..

  Yo, señor Alcalde

lo contrario opino

Ese reloj público

es un simbolismo.

Así ser debieran

todos los políticos:

firmes, inmutables,

de ideales fijos,

sin cambios ni cálculos

acomodaticios,

siempre imperturbables,

y en el mismo sitio,

cual las manecillas

de ese relojito.

Señores, me asombra

su eterno mutismo,

su férrea firmeza

clavada en el disco.

¡Ni una "campanada"!

¡ni un nervio movido!

¡siempre inalterable

marcando las cinco,

así caigan chuzos

y rayos benditos!

Eso, amigo Alcalde,

¡es un heroísmo!

¡Qué reloj tan noble,

mi querido amigo!

  Hombre, una ideíca

que se me ha ocurrido.

Mande el reloj ese

a un museo antiguo

y ponga otro nuevo

en el mismo sitio.

Así ganan todos,

el Museo artístico,

el recuerdo histórico,

y ese distrito.

¿Hace la "ideíca"?

Pues, con su permiso,

saludo, me ofrezco,

y al fin me retiro.

                      PIFARTOS

domingo, 20 de mayo de 2018

1919-20: Resaca da Gran Guerra

  O ano 1919 comeza coa Conferencia de Paz de Versalles que celebraron os vencedores da 1ª GM (os vencidos non puideron asistir). O tratado, que se asinou en xuño, caracterizouse por un esaxerado ánimo de desquite: despezáronse os territorios dos perdedores e impuxéronselles cuantiosas indemnizacións de guerra. John Maynard Keynes, economista británico, advertiu que estas causarían estragos na economía mundial e que o Tratado en si, máis que un acordo de paz, era unha declaración de guerra. A hiperinflación alemá de 1923 e a depresión mundial de 1929 daríanlle a razón.
  Como contrapartida creouse a Sociedade de Nacións co utópico obxectivo de eliminar as guerras, mentres ao mesmo tempo en Moscova fundouse a III Internacional, co ben diferente obxectivo de propiciar a revolución mundial.
  En cambio foi un bo momento para as mulleres que viron como en decembro de 1919 a británica Nancy Astor obtivo un escano na Camara dos Comúns e, en agosto de 1920, lograron o voto nos Estados Unidos. Pero xa antes demostraron a súa forza sendo as principais impulsoras da Lei Volstead, a popular "Lei Seca" que propiciaría o gangsterismo no país.

  España, mentres tanto, seguía instalada na crise. A conflitividade social era enorme, sobre todo en Cataluña e aínda máis en Barcelona. En 1919 unha folga paralizou a cidade durante máis dun mes e foi un enorme éxito (especialmente para a CNT) pois cando finalizou conseguíronse melloras salariais, readmisión de obreiros, liberación de presos e ... unha xornada laboral de 8 horas.
  A reacción non se fixo esperar: peches patronais, "Lei de Fugas", pistoleirismo .. Aínda así as agrupacións obreiras seguían medrando pero tamén entre elas había tensións. En 1920 naceu o PCE ao escindirse do PSOE algúns integrantes da Federación de Juventudes Socialistas.
  Este estado de crise permanente impediu a estabilidade dos gobernos. Houbo eleccións en 1919 e en 1920 que gañaron as distintas faccións conservadoras pero ninguén era quen de resolver o problema de fondo.
  Non obstante non todo eran penas no país. Outubro de 1919 viu acabados os primeiros 2,5 km do metro madrileño entre a Porta do Sol e o barrio de Cuatro Caminos.
 

  En Galicia, as organizacións obreiras eran bastante débiles e o agrarismo estaba moi fragmentado. O nacionalismo era moi minoritario pero deu algún paso importante. En 1919 reuniuse en Santiago a Asemblea das Irmandades da Fala que acordou comezar a celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte. Aínda así houbo que esperar ata mediados dos anos 20 para que este día se celebrara en case toda Galicia e nos centros da emigración, principais difusores da ideoloxía galeguista e a tradición galega mediante a música e ás súas publicacións. Tamén en 1920 tivo lugar un fito do galeguismo: a aparición da revista "Nós" en Ourense.
  En xaneiro de 1919 a empresa Castromil, que o ano anterior comezara as viaxes de Santiago a Pontevedra, inaugura a súa liña Santiago-Coruña. Os castromiles desde 1924 serán os dominadores da principal estrada da Galicia atlántica.
  A cidade da Coruña sufriu a desaparición do seu maior referente no campo do lecer e a cultura: o moi recordado Pabellón Lino, que comezara a súa andaina no 1906, queimouse completamente en 1919, un ano despois da morte do seu fundador, o empresario Lino Pérez.
  No ano 1920 naceu en Santiago o xornal "El compostelano" de ideoloxía conservadora. Nel apareceron numerosas noticias de Ordes, pois o correspondente na vila era o mestre Nicolas del Río.
  A poboación galega nese 1920 era de 2,1 millóns de habitantes, o 9,9 % da española, que chegaba aos 21,4 millóns.  


  E en Ordes, concello no que vivían 7.600 almas, nada cambiou a nivel político. Saturnino Aller seguiu mandando placidamente a pesar de que os conservadores día tras día anunciaban a súa caída inminente. A repetición de eleccións só conseguía que o deputado Alfonso Senra viñese máis a miúdo ao distrito.
  En 1919 morreron en Montaos Josefa Mosquera Liste e, en Ordes, Dolores Platas* e o farmacéutico José Mª Carballido. O adro da Igrexa estaba tan cheo que ese ano decidiuse construír un cemiterio novo no Laranxal (o cemiterio do Piñeiro). En 1920 comezaron as obras. Tamén se arranxou o deteriorado tellado da igrexa grazas a unha dotación acadada (como non!) polo noso deputado. A finais do ano Manuel García construiu un edificio (onde hoxe está Froiz) que alugou ao Estado como novo cuartel da Garda Civil, un dos mellores nesa época. Fernando Liste Caramelo e Manuel Gª Franqueira compraron un camión para o traslado de mercancías.
 
  Ese mesmo ano morreu en Santiago o xornalista Vicente Carnota e en Mesía Estrella Rodríguez Alonso, matriarca da familia Concheiro. En Ordes faleceron o médico Augusto Carballido Pol, cuñado do farmacéutico Santiago del Río, e o mestre de Leira durante 40 anos José del Río Martínez. A voda notable foi a do avogado Domingo A. Moar Veiras con Pura Viqueira (1896-1990). Só uns días despois morrería o seu sogro, o comerciante José Viqueira Vieites (1871-1920).

  E, despois da terrible epidemia de gripe de dous anos antes, Ordes sufriu varios casos de encefalite letárxica (especialmente en Leira e Ardemil) que ocasionaron algunha vítima e dispararon todas as alarmas pero afortunadamente non tivo a mesma gravidade e pronto remitiu.

* Dolores Platas Piñeiro: irmá da mestra de Montaos Francisca Platas Piñeiro (m.1937) e muller de Ricardo Trasmonte Mosquera, dono da taberna e fonda "La Pinta". Foron pais de Ricardo e Rosita Trasmonte Platas (m. 1977 na Coruña).

viernes, 11 de mayo de 2018

Crenzas populares (1)

A SANTA COMPAÑA
  A Santa Compaña é indubidablemente a máis famosa das supersticións galegas, tanto que traspasou as nosas fronteiras. O folclorista Xesús Rodríguez López proporcionounos a descrición canónica do fenómeno no seu libro "Supersticiones de Galicia" (1895):
  La compaña es la reunión de almas del Purgatorio para un fin determinado. A las doce de la noche se levantan los difuntos, salen en procesión por la puerta principal, una persona viva va delante con la cruz y el caldero de agua bendita, y no puede, bajo ningún pretexto, volver la cabeza. Cada difunto lleva una luz que no se ve, pero se percibe claramente el olor de la cera que arde. La comitiva tampoco se ve, pero se percibe el airecillo que produce su paso. El desgraciado director solo puede dispensarse de tan tétrico cometido encontrando a otra persona y entregándole la cruz y el caldero, antes de que haga un círculo en la tierra, con lo cual queda libre de dirigir la compaña.

  Nos ambientes intelectuais, que defendían contra vento e marea o celtismo de Galicia, esta tradición foi citada innumerables veces aparecendo en contos, obras de teatro e poemas coma este.


A ESTADEA
  Por suposto había variantes segundo as zonas. Por exemplo nalgúns casos a Estadea ou Estantiga (palabra probablemente derivada do latín "hostis antiqua" [hoste antiga]) era un sinónimo de Santa Compaña, mentres noutros casos era unha pantasma de aspecto atemorizador que preguntaba ao transeunte que tiña a desgraza de cruzarse con el:
 - Por onde queres ir? Pola terra ou polo aire?
  Se a resposta era "por terra" a Estadea arrastraba ao infeliz a través de camiños, bosques e silveiras deixándoo totalmente maltreito, cheo de arañazos e mazaduras. Se a resposta era "polo aire" o comezo era máis doado pois levábao voando pero a caída era un perigo de morte e normalmente remataba magoado e completamente desorientado a bastante distancia da súa casa.
  Para librarse da pantasma podía facerse cunha vara un círculo na terra e outro no aire e meterse dentro deles. A pantasma entón amosaba unha caixa e había que depositar unha moeda con cruces nela. Isto tamén detiña á Estadea, ata que alguén quitara a moeda da caixa.


  Esta crenza perviviu ata épocas relativamente recentes. Nos anos 70 do século pasado Antonio Botana -Antón da Fonte (Estrei)- narroume, totalmente convencido, un encontro que tivo coa Estadea nos seus anos mozos e que lle deixara como recordo múltiples marcas no corpo.
  A posguerra diminuíu o medo ao sobrenatural e aumentou o medo a algunha bala ben real e tanxible que puidese vir dos "Foucellas" ou dos gardas civís que os perseguían. Pero a chegada da luz eléctrica ás aldeas foi o final definitivo da crenza. Como calquera que teña paseando de noite sabe perfectamente, é máis fácil ter medo cando non hai un farol preto.
  Doutra banda moitos dos encontros coa Estadea non eran imaxinacións. Está claro que había moitos mozos aburridos e dados ás bromas pesadas que aproveitaban para dar sustos aos máis crédulos e aos que levaban unha boa carga de alcol encima, cousa que axudaba a esa desorientación que algúns sentían. O feito de que era posible librarse da mala viaxe dándolle á aparición unha torta ou unha moeda de cobre aumenta a probabilidade de que esa pantasma fose un bromista disfrazado que de paso sacaba gañancia da broma.
Continúa en Crenzas populares (2)

martes, 8 de mayo de 2018

A familia Abeijón

  Outra das familias acomodadas de Ordes -da que case desapareceu o apelido- eran os Abeijón do Recreo.
  O patriarca foi no século XIX Ramón Abeijón Suárez (1869-1937) que, como varios zapateiros máis da vila, procedía de Noia, concretamente de San Pedro de Bea. Veu a Ordes co seu irmán José (m.1938) e aquí prosperou, converteuse nun adiñeirado comerciante e casou cunha dama de avoengo: dona Emilia Sánchez Somoza y Patiño (m.1928), da familia propietaria do Pazo de Marzoa. Logo sería tamén alguacil do xulgado para completar os seus ingresos.
  Eles foron os que deron orixe ás festas do Recreo en 1916 en agradecemento á Virxe de Lourdes pola volta do seu fillo Ramón da Guerra de Marrocos.
  O matrimonio tivo 5 fillos: Balbina, Ramón, Celia, Obdulia e José Abeijón Sánchez.

  Celia morreu relativamente nova (1949). Obdulia e José marcharon para Negreira. Obdulia (m.1969) casou en agosto de 1925 con Alfonso García Iglesias (1893-1963), oficial do xulgado, co que tivo 4 fillos. José Abeijón Sánchez (1913-1972) foi o membro máis destacado da familia. Ostentou a alcaldía de Negreira 26 anos, desde 1942 a 1967, ano en que foi elixido procurador en Cortes como representante dos municipios da provincia. Casou con Lourdes Caamaño Pose coa que tivo 4 fillos.

  Balbina (1896-1979), a irmá maior, casou con Ramón Calvo Pérez (1886-1968), da familia Calvo (propietarios dunha fonda e taberna que co tempo remataría sendo a maior ferraxería de Ordes). Ramón instalouse no Recreo despois da voda. O matrimonio tivo 10 fillos: Alfredo, Carmen, Mª Amable, Balbina, Emilia, Isabel, Josefina, Venancio e dous máis que morreron novos, Mª Luisa e Moncho (ela só viviu 4 meses no ano 1926 e él morreu en 1938 na Guerra Civil en Castellón).
  A maioría das fillas non casaron, agás Amable (1921-2012) -con Guillermo, fillo do Capitán- e Balbina (m.2000) -con Germán Trigo- e quedaron no Recreo.
  Alfredo viviu en Santiago e unha das súas fillas, Mª Jesús Calvo Sarandeses, foi durante bastante anos mestra no colexio do Mesón do Vento.
  Venancio que traballou en varios concellos (o último Frades) casou con Marina Lamas, a 5ª filla de Viriato Lamas (o vello Viriato), coa que viviu na Rúa dos Lagartos e tivo 4 fillos.

  Ramón Abeijón Sánchez que era funcionario no Concello, casou en 1924 con Aurora Amado Ferreiro, filla do rico comerciante (tamén procedente de Noia) Antonio Amado. O matrimonio tivo 4 fillos: Aurora, Ramón, José e Antonio.
  Pero comezaron unha longa serie de desgrazas: os dous morreron novos, primeiro Aurora (1937) e logo Ramón (1948), así que os seus fillos foron acollidos pola avoa materna, Josefa Ferreiro (dos Ferreiro do norte). Antonio, o máis novo, morreu afogado no Regato Mercurín e logo José, mecánico que estaba en Negreira co seu tío (o alcalde), tamén morreu afogado*.
  Aurora (1926-2013) fíxose cargo da mercería de Alfonso Senra 42 e casou xa maior cun camioneiro ourensán, Valentín Gónzalez Rodríguez.
  Ramón Abeijón Amado (1927-2021), o moi coñecido Kilé, tamén foi oficial do concello como o seu pai. Casou con Carmen Casas coa que tivo tres fillos, Juan de Dios, José Ramón -ambos os dous morreron de nenos- e Juan Francisco Abeijón Casas que herdou o alcume do pai, tivo un famoso pub nos anos 80-90 e logo iniciou o seu traballo na radio municipal.
 

* O dómingo 6 de xullo de 1954 a negra sombra visitou Negreira. Sinalou ao mozo ordense de 24 anos José Abeijón Amado, mecánico que estaba nesa vila co seu tío -tamén chamado José Abeijón-, alcalde do concello, traballando na empresa Naviera Compostelana. Aquela tarde fatídica, despois de comer, decidiu ir bañarse no Tambre. Ía acompañado dun neno de 11 anos que quedou na orilla. Este viu impotente como José pedía auxilio ata desparecer baixo a auga. Avisou a uns veciños pero xa nada se puido facer. Para maior desesperación da familia o cadáver pasou dous días na auga ata ser recuperado o martes día 8 polos buzos da Xunta de Obras do porto da Coruña.
  O seu enterro foi un das maiores manifestacións de dó da época con practicamente todo o pobo de Ordes esperando a chegada do seu cadáver na ponte. Logo acompañouno ao cemiterio do Piñeiro en silencio. Desde a casa de Rogelio, a súa moza, unha inconsolable Encarnación Prado xunto co seu pequeno fillo Carlos en brazos, viu entrar a comitiva na última morada e contan que os asistentes podían oír os seus xemidos a pesar da distancia.
  Parecía como se unha maldición pesase sobre esa familia, porque o seu irmán pequeno Antonio morrera tamén afogado anos atrás no regato Mercurín. Ramón, máis coñecido como Kilé, o irmán sobrevivente nunca máis se volveu a bañar nun río e pasou dos 90 anos de idade, así que todo é posible.

domingo, 6 de mayo de 2018

Sindicatos agrarios católicos

  Durante o século XIX o movemento obreiro foi crecendo de forma imparable baixo a inspiración das doutrinas marxistas e anarquistas principalmente. A Igrexa observaba con preocupación ese proceso que prexudicaba a orde social e prexudicábaa especialmente a ela porque esas doutrinas eran esencialmente ateas e identificábana como un dos inimigos da clase obreira.
  En 1891, o papa León XIII deu un xiro fundamental na postura da Igrexa católica con respecto á cuestión social, ofrecendo unha alternativa ao movemento obreiro desde posturas máis modernas. Publicou a encíclica Rerum Novarum, onde había unha carta de dereitos sociais e a primeira doutrina oficial clara da Igrexa nesta materia.
  Era consciente dos abusos que o sistema capitalista xeraba e de que non bastaba con pedir resignación aos obreiros e apelar á conciencia dos patróns, pero iso non significaba que se aceptase a loita de clases, que foi especialmente condenada. A propiedade privada era sacra e o socialismo era unha doutrina considerada errónea e materialista. Para conseguir a convivencia social había que apelar á xustiza pero tamén á caridade, como medios para resolver os conflitos. O Estado debía garantir os dereitos dos máis desfavorecidos, protexer o traballo e lexislar de forma social.
  Consecuentemente a Igrexa promoveu un sindicalismo católico que fixese competencia ao sindicalismo de clase. Así naceron os círculos, cooperativas e padroados católicos, organizacións impulsadas por personalidades eclesiásticas ou da dereita clerical, que se configuraron de forma interclasista cun marcado carácter paternalista e claramente vinculadas á patronal.
  O seu éxito foi relativo: nunca chegaron nin de lonxe ás cifras de asociados que tiveron os sindicatos de clase que os cualificaban de "amarelos", pero tampouco foron residuais e nalgúns lugares como en Castela tiveron unha alta implantación.
  Precisamente o agro foi o seu punto máis forte porque aos campesiños propietarios (por pequena que fose esa propiedade) estarrecíanlles as doutrinas socialistas. O agrarismo católico comezou a súa actividade ao redor de 1912 pero o seu momento de maior actividade foi de 1918 a 1920. Estímase que en 1920 o número de sindicatos católicos agrarios en Galicia era de 486, reunindo entre eles unha cifra de asociados que excederían os 45.000 campesiños e que en España alcanzaba o medio millón.

  As campañas de propaganda en Galicia comezaron en 1917 pero foi a finais de 1918 cando se intensificaron. Na comarca de Ordes houbo tres mitins.
  O domingo 29 de setembro tivo lugar o de Ordes. Á unha e media da tarde chegaron en automóbil o xesuíta Padre Nevares e Manuel Rey Gacio, profesor de Dereito na Universidade de Santiago. Foron recibidos polo rico propietario Joaquín Varela Tojo* e os seus fillos José e Fernando Varela. Ás 4 da tarde comezou o mitin coa introdución de Joaquín Varela, que deu paso aos dous oradores. Ambos explicaron o labor que levaban a cabo os sindicatos católicos e, por suposto, pediron aos numerosos asistentes (1.500 segundo El Ideal Gallego* -probablemente a cifra sexa esaxerada-) que se inscribisen. Rematado o mitin constituíuse o Sindicato de Ordes e sabemos que tamén se constituíu outro en Santa Cruz de Montaos.
  O 30 de setembro houbo outro mítin en Tordoia organizado por don Amadeo Ramos Antelo, párroco de Viladabade, e don Luís Liste Mourenza, párroco de Anxeriz. Este foi o que presentou aos oradores que se dirixiron a uns 1.000 asistentes (sempre segundo El Ideal Gallego). O alumno de Dereito José García Barros Lamas falou en galego antes do Pai Nevares. Ao acabar constituíuse o Sindicato de Viladabade con máis de 100 inscritos. Aínda houbo un mitin máis na comarca ao día seguinte, 1 de outubro, no Val do Dubra.

  Con todo en Ordes o sindicato católico tiña un forte competidor: a sociedade agrícola "La Honradez" con 11 anos de vida e ideoloxía non demasiado diferente se xulgamos pola súa xunta directiva de 1919, onde baixo a presidencia de Antonio Ferreiro (Antón de Xan Ferreiro), había xente como Juan Liñares (vicepresidente), Benito Regos Caramelo, Andrés Martínez, José Fraga del Río, José Blanco del Río, Manuel Franqueira, Juan Ferreiro, Jesús Garabato Mirás, Bernardo Regos, Juan Barreiro Ríos ou Ramón Fraga Fernández, varios deles vinculados aos partidos do réxime.

* Joaquín Varela Tojo (1859-1928) foi un avogado santiagués e propietario do Pazo do Peñasco. Casado con Pura Rendueles, sobre 1915 instalouse en Madrid, pero viña todos os veráns a pasar as vacacións a Ordes onde tiña unha vivenda.
  El Ideal Gallego -que se declaraba "católico, regionalista e independiente"- nacera o ano anterior, en 1917, e foi un dos principales propagandistas da sindicación católica. 

martes, 1 de mayo de 2018

Entroido de 1918

  Un artigo de "El Ideal Gallego" -diario católico, regionalista e independiente- do 17 de febreiro de 1918 permítenos saber como foi o Entroido daquel ano en Ordes e coñecer quen eran as mozas e mozos "distinguidos".

  Con animación extraordinaria se pasaron en esta villa los días de Carnaval, recorriendo las calles muchísimas máscaras y dos comparsas, compuestas una de ellas por el elemento obrero, y la otra por distinguidos jóvenes, dirigida esta última por el estudiante de Medicina don Manuel Iglesias Romero*, que como siempre demostró sus habilidades y gracia para entretener un buen rato al vecindario.
  Las noches del domingo, lunes y martes se celebraron en los espaciosos salones de la casa de don Pedro del Río* -elegantemente adornados- que puso a disposición de los jóvenes, bailes a los que asistieron lo más selecto de la sociedad recordando ver en los mismos a las señoritas Teresa y Balbina Iglesias*, Matilde Villardefrancos, Claudina y Rosita Trasmonte, Pilar Astray, Rita Castro, Piedad y Maruja Carnota, Carmen, Lola, Andrea y Elisa Barreiro, Marujita Concheiro, Carmen, Áurea y Teresa García, Maruja Amigo, Milagros Sánchez, Carmen, Julia y Paca Pol, Sara y Celia del Río y en representación del sexo fuerte los señores don Marcial Rodríguez, José Varela Montes, Ricardo Trasmonte, Antonio y Artemio del Río, José Castro, Manuel y Ezequiel Astray, José y Luis Barros, Manuel Iglesias, Juan Adrán, Augusto Carballido, Laureano Iglesias, Benigno Concheiro, Estanislao Rivas y muchos más que siento no recordar.
  Lucían disfraces caprichosísimos muchas señoritas, se hizo un verdadero derroche de confeti y serpentinas, siendo obsequiadas a la terminación con pastas y licores.

* Manuel Iglesias Romero (1897-1968), que tiña aquí 21 anos, era fillo do médico de Oroso Manuel Iglesias Rapela, personaxe moi importante na comarca. Sería longo tempo médico en Sigüiero, casaría con Celsa Amigo Lera (filla do comerciante de Portomouro Baldomero Amigo) e terían 9 fillos.
  Teresa e Balbina Iglesias eran dúas irmás súas. A fermosa Teresa comprometeuse por esas datas co adiñeirado mozo de Carballo Marcial Rodríguez, que tamén estaba nesa festa. A voda celebraríase en xullo.
  Probablemente Pedro del Río Caramelo, propietario e fiscal, que casou en 1922 Con Manuela Calviño Fraga coa que tería 5 fillos. Militaría en Izquierda Republicana e sería 1º tenente na corporación local durante a época republicana o que lle custou unha condea a cadea perpetua, pero en 1941 obtivo a liberdade provisional e en 1942 a definitiva.