O patriarca foi José Mariño García (1880-1947) que, a
principios do século XX cando tiña uns 22 anos, empezou como zapateiro pero foi
diversificando o negocio pouco a pouco, primeiro cunha tenda de alimentación,
logo un bar (bastante fastoso para a época comparado coas tabernas dos seus
competidores) e por suposto casa de comidas. Tamén participou como empresario
na chegada da electricidade á vila en 1922.
Dado
que foi nomeado fiscal municipal suplente en 1905 e foi cesado como concelleiro
en 1910 coa volta ao poder do cacique liberal Saturnino
Aller, e fácil conxeturar que estaba na órbita do Partido
Conservador, ao contrario que toda a elite ordense daquela época. Tamén foi o correspondente en Ordes de El
Ideal Gallego, un xornal que naceu en 1917 con ideoloxía católica e
agrarista. Remataría a súa carreira política volvendo a ser concelleiro en 1928 na
época da ditadura de Primo de Rivera e formando parte da Unión Patriótica, o
partido oficialista.
Casou con Soledad Vilela Chacón, filla ou irmá? de Ramón Vilela (m.1928), un dos dous xastres
que había en Ordes -o outro era Andrés Blanco-, e tiveron 5 fillos (Manuel,
Rafael, Carmen, Ángel e Francisco Mariño Vilela) antes de que ela morrera en 1918 por causa da epidemia de gripe española.
José
casaría entón en segundas nupcias con Ramona
Iglesias Noya (1899-1991), case 20 anos máis nova ca el, unha excelente
cociñeira que levaría a casa de comidas. Con ela tería 4 fillos máis: José, Rosa
(morta aos 3 anos), Mª de los Ángeles y Mª de las Mercedes Mariño Iglesias.
Manuel Mariño Vilela (1904-1998) foi o que continuou o negocio familiar en
Lagartos 11. Nos anos 40 e 50 era xunto coa de Mariano Amado a maior tenda da
vila e vendía desde alimentos e bebidas ata pienso ou fertilizantes. Casou con Esperanza García Villaverde (1914-2000) coa
que tivo 2 fillos: Pilar e José Manuel. Pilar casou en 1968 con Antonio Cristín
e foron pais de Pilar (a propietaria da farmacia do Recreo) e Santiago Cristín.
Rafael Mariño Vilela (1910-1983) sendo mozo estudou na escola de
radiotelegrafistas de Madrid pero unha enfermidade acabou coa súa estancia alí.
Tamén foi un experto electricista que axudaba coa iluminación eléctrica das
festas. Estableceuse no Recreo 24 onde tivo un ultramarinos e ferraxería e
ademais rexentaría algúns anos o salón de baile. Herdou a
vea política do seu pai, facéndose membro de Renovación Española (o partido de Calvo Sotelo) e máis tarde ingresando na Falange
(tiña gran amizade con Diego Salas Pombo, o xefe
provincial da Coruña) da que foi xefe local, pero desmarcouse da represión posterior
ao Alzamento e usou a súa influencia para protexer ás vítimas. Ocupou o posto de alcalde desde novembro de 1942 ata 1945
en que o sucedeu Manuel Verea Remeseiro.
Casou en 1935 con María Franqueira Regos (1911-1985),
filla do comerciante do Recreo Manuel Franqueira Martínez Manuel da Ponte (1876-1961) e de Carmen Regos
Caramelo. Con ela tería dous fillos:
Rafael e Mª del Carmen.
Rafael Mariño Franqueira, de novo Feluco,
estudou para perito industrial en Vigo e Valencia, carreira que rematou en 1960.
Como anécdota, durante o seu servizo
militar na Milicia Aérea Universitaria en Villafría (Burgos) e Tablada
(Sevilla) coñeceu e fixo amizade co Duque de Cádiz, don Alfonso de Borbón.
Traballou en Fenosa e casou con Mª Teresa Rodríguez Taboada, distinguida
filóloga e catedrática de lingua e literatura española no famoso instituto Eusebio da Guarda na Coruña.
Mª del Carmen de la Soledad Mariño
Franqueira casou en 1962 con José
Manuel Castro Ferreiro (1940-2017) dos Castro
do Recreo. Foron pais de Mª Carmen Castro.
Carmen Mariño Vilela (1911-1999) foi mestra e casou en 1935, en Sarandóns,
con Juan Chacón Blanco. Tiveron 3 fillos: Mª Luisa (m. 2005) que casou con
Antonio Astray Mariño, José e Jorge.
Ángel gañou praza no Corpo de Aduanas. Foi destinado ao País Vasco onde casou con Mª Blanca Sarasqueta Eguiazu e con quen tivo 4 fillos. Traballou en Irún, San Sebastián e Santoña. Francisco
(1915-1995) foi empregado do Banco Pastor. Instalouse en Cillero (Viveiro)
e casou con Delfina Sanjuán Gómez coa que tivo 3 fillos.
José Mariño Iglesias (1920-2003) traballou na ferraxería que había fronte a igrexa e logo emigrou a Venezuela pero volveu e rematou por instalarse na Coruña. Casou con Luisa Isabel Arias
del Valle coa que tivo 3 fillos.
Mª Ángeles Mariño
Iglesias (1925-2016) quedou en
Ordes. Do
seu matrimonio con Manuel Astray tería dous fillos:
Ángeles e Manuel Nel Astray.
Mª de las Mercedes Mariño
Iglesias viviu en Santiago e casou
con Ramón Ríos Silva (1927-1995) co que
tivo dous fillos, Mª Mercedes e José Ramón. Os últimos anos residiu en
Alfonso Senra ata a súa morte en 2019.
Hai máis
familias co apelido Mariño. Por exemplo, Manuel Mariño Martínez (1913-1978) dos Lagartos, máis coñecido como Mariño das
Corredoiras e casado con Dolores Veiras Bello dos Veiras de Pardiñas. Compartiu o mesmo
nome e apelidos que Mariño da Fraga (1912-1983) casado con Jesusa
del Río Grela. Outra familia que leva este apelido son os Mariños do Casal, descendentes de
José Mariño Rey e María Uzal Villaverde.
Angel Mariño Vilela ganó, muy joven al Cuerpo de Aduanas y fue destinado a Irún, San Sebastian y Santoña.En donde falleció.Tuvo 4 hijos: José Ángel, Mabel Francisco y Ana.
ResponderEliminarMaría del Carmen Mariño Franqueira, casada con José Manuel Castro Ferreiro, tiene una hija llamada Carmen Castro Mariño.
ResponderEliminarAgradecido polas súas aportacións. Un saúdo.
EliminarHola Xan,na familia dos Mariño do Casal Álvaro Mariño e Mónica Carballeiro teñen unha fermosa nena chamada Uxía de 6 anos.Moi bonita a paxina,un saudo
ResponderEliminarAgradecido polo comentario. Un saúdo.
Eliminar