martes, 30 de enero de 2018

Informe meteorolóxico 2017

   Se buscáramos un adxectivo para definir o ano 2017, probablemente o elixido sería "seco" ou mellor aínda "sequísimo". Non obstante, contra a percepción xeral, 2017, cos seus máis de 1.300 litros de auga por metro cadrado na maioría da comarca, non foi o ano máis seco dos últimos tempos, nin sequera estivo entre os 3 primeiros. De feito só foi o 5º máis seco dos últimos 25 anos. En 1990, 2007 (o lider negativo), 2011 e 2015 choveu menos.

  Que sucedeu entón? Pois que se xuntaron os últimos 6 meses do ano 2016 -que xa foran anormalmente secos- cos outros tamén secos de 2017 (agás os sorprendentes case 280 litros de febreiro e os húmidos marzo e maio). De xullo a setembro foron secos e outubro e novembro moi secos, Esta falta de choiva levou a declarar a alerta por parte da Xunta. De feito non choveu a metade dos días do ano (un 53% que aumenta a 60% se engadimos días de choiva case inapreciable).

  Os 270 litros por metro cadrado de decembro afastaron a pantasma. Precisamente o 10 de decembro a tormenta Ana provocou o día máis chuvioso do ano con 100 litros en só un día. O día 26 Bruno tamén deixou grandes cantidades de auga.
  Na nosa comarca, nos tres concellos centrais baixouse dos 1.200 litros por metro cadrado, pero os catro concellos periféricos superaron, como dixemos antes, os 1.300 litros.

  As temperaturas medias, en cambio, non saíron do normal. O día máis frío foi o 25 de xaneiro e o máis caloroso o 21 de agosto. Non obstante houbo grandes oscilacións con bruscas subidas e baixadas de temperatura en maio e xullo. Setembro, rompendo a norma, foi o máis frío dos últimos 20 anos.

   As horas de sol, en cambio, si aumentaron extraordinariamente. 2017 con 2.350 horas de sol (máis de 210 días completos) batiu o cercano record que tiña 2016 con 2.290 horas.
  Tamén 2017 rexistrou o maior número de lóstregos desde que se comezaron a contabilizar en 2010. O 20 de maio alcanzouse a cifra máis alta cun total de 9.562 raios. Ordes estivo entre os 20 concellos galegos que máis tormentas sufriron con 12 días nos que caeron lóstregos no seu territorio.

sábado, 27 de enero de 2018

O Entroido en 1915

  Como era o Entroido hai 100 anos? Pois non demasiado distinto ao actual, aínda que con menos medios, está claro.

  Nas aldeas, mozos e mozas buscaban uns farrapos e cubríanse con eles para non ser recoñecidos (o típico disfrace de choqueiro) e andaban gastando bromas e meténdose cos que atopaban. Tamén era moi sococorrido o de que os homes se disfrazaran de muller e viceversa (disfrace fácil e barato).
  Algúns mozos das cidades e vilas grandes xuntábanse en gran número formando comparsas con todos eles disfrazados igual (aínda que os disfraces eran moi sinxelos comparados cos actuais). Moitas comparsas levaban un estandarte e ás veces coplas impresas en papeis que podían cantar ou ler. O público seguíaas no seu accionar. Ás veces ata podían ir a outras cidades, por exemplo algunhas comparsas de Vigo viaxaban a Pontevedra en tren e desfilaban tamén alí.
  As clases altas reuníanse nos casinos (ou en casas dalgún particular notable nas vilas) e celebraban animados bailes onde, sobre todo as damas, presumían de caros disfraces de fantasía e de exquisito bo gusto que contrastaba coa ordinariez das clases populares.
   Porque efectivamente o pobo podía ser moi ordinario: bromas de dubidoso gusto como arrastrar animais mortos, lanzar barro, borralla e outro tipo de substancias que por pudor non nomeo estaban á orde do día. Algúns concellos publicaban bandos prohibindo estes comportamentos, ademais de prohibir tamén ofender a institucións como o exército ou a Igrexa (aos que se engadiu durante a Primeira Guerra Mundial facer alusión aos combatentes nela para non ferir susceptibilidades neses países), pero non parece que estas prohibicións tivesen demasiado efecto.

  Quizais o que máis cambiou é que, no canto de promocionar o entroido como agora, moitas cidades ... poñíanlle impostos! Santiago en 1915 cobraba unha tarifa de 50 céntimos por disfrace individual e 5 pesetas a unha comparsa. Sospeito que non todo o mundo pagaría e a maioría lanzaríanse ás rúas cos seus disfraces ilegalmente. En Ferrol, tamén en 1915, recadouse por este concepto só 37 pesetas en total.

  O que nunca cambia nin pasa de moda son as queixas pola moral. Como dicía o "Noticiero de Vigo": «Hay muchos bailes indecentes, indecorosos e inmorales en los que se exhibe, con descaro y desvergüenza, modas libres, pseudovestidos y trasparencia cuya vista debiera sonrojar a los espectadores, si tuvieran algún principio de educación y sana moral. [...] ¿No es verdad que estaría mejor que las niñas y pollitas se presentasen más tapadas y menos coquetas, aunque no fuera por otra causa que evitar el frío propio de la estación?»

  E en Ordes? Pois o mesmo, como podemos ver neste artigo de "La Voz de Galicia" do 13 de marzo de 1916: «Durante los tres días de Carnaval hubo en Órdenes animados grupos de humorísticas máscaras, especialmente dos hermosas comparsas, tituladas la una "La Payasada alegre", formada por la clase obrera, y la otra que ostentaba como título "Los murguistas", compuesta por el elemento escolar de esta localidad. Tanto una como otra resultaron lucidísimas.
   Por la noche hubo animados bailes, uno en casa de D. Ramón Faya*, en el cual vimos multitud de disfraces y muchas mujeres bonitas. Entre las jóvenes que allí concurrieron recordamos haber visto a Paquita y Ramona Faya, Manuela y Lola Calviño, María, Antonia, Carmen y Encarnación Vaamonde, Manuela Blanco, Marujita Villar, Celia y Obdulia Abeijón, Milagritos Sánchez, María López, Lola del Río, Estrella Regos, Lola y Carmen Caramelo, Consuelo Iglesias y muchas más que no recordamos.
  Hubo bailes también durante las tres noches en la casa escuela particular de D. Antonio Pernas Manteiga a donde concurrió la buena sociedad de esta villa, y donde tuvimos ocasión de admirar caprichosos disfraces. Recordamos a las bellísimas señoritas Pilar Astray, María Gil, Carmen, Julia y Paquita Pol, Carmen, Aurita y Teresa García, hijas del notario de esta villa; Sarita del Río, Milagros y Eugenia del Río, Claudina y Rosita Trasmonte, Carolina Carballal, Marujita Concheiro y otras muchas.
   Damos nuestra felicitación a las comisiones gestoras de estos festejos.»

* Ramón Faya era o propietario da fábrica de curtidos que había no que hoxe é a Rúa Mirón.

miércoles, 24 de enero de 2018

A peregrinación de 1915

  O luns 13 de setembro de 1915, un espléndido día de sol, tivo lugar a peregrinación das parroquias do Arciprestado de Berreo de Arriba. En inspirada crónica do habitualmente anticlerical La Voz de Galicia "Mil quinientos romeros montañeses, sanos de cuerpo y alma, en los cuales reside el noble y vigoroso espíritu de la raza nuestra, saturado de continuo por el balsámico aroma de los pinos y de los retamares, que constituyen la nota peculiar de su montuoso y agreste país, a pocas leguas de la compostelana urbe [...] hombres recios y fuertes para las labores campesinas, mujeres sanas y robustas para la cooperación de ellas, las dejaron por un día, solo con el religioso deseo de dar cumplimiento a las devociones de su católica fe. Y en brillante caravana cerca de dos millares de estos buenos labradores montañeses acaban de contribuir también ellos, muy gozosos, a las esplendideces de este Año Santo".
  Curiosamente o moito máis clerical El Correo Gallego reduciu as cifras a 1.300 persoas, o que de todas formas seguía sendo un número considerable, tendo en conta que Berreo de Arriba só contaba con 16 parroquias (13 matrices máis 3 filiais): Ardemil, Buscás, Cerceda, Deixebre+Trasmonte, Encrobas, Leira, Meirama, Mercurín+Lesta, Montaos+Pereira, Poulo, Ordes, Oroso e Queixas.
  Por certo que as outras 3 parroquias ordenses (Barbeiros, Beán e Vilamaior) pertencían ao arciprestado de Barbeiros que comprendía tamén o leste de Oroso, Frades, Mesía e parte de Cesuras.

  Ás dúas da noite saíron cara a Santiago numerosos peregrinos a pé, aínda que outros desprazáronse en autobuses de Sanjurjo Badía e coches. Ás 10 da mañá comezou a organizarse a comitiva na rúa de San Roque, fronte ao convento de Santa Clara, onde foron a recibilos algúns concelleiros santiagueses como Pintos Reino, Amenedo e Souto, máis unha comisión do clero composta polos presbíteros Borobio, Costas e Vidal Vecino.
  Ás 11 púxose en marcha a numerosa masa de peregrinos. Estaba presidida polo arcipreste (o sacerdote de Ordes don Nemesio Morgade Portela* que tamén fora a pé) ao que acompañaban representacións dos concellos de Cerceda, Ordes e Oroso e a comisión do de Santiago.

  Saturnino Aller, o presidente da Deputación Provincial e cacique ordense, conducía o estandarte do grupo de homes, flanqueado por Domingo Antonio Moar Veiras e o médico forense Antonio Concheiro Rodríguez, que levaban as cintas. O estandarte feminino portábao Carmen Mato (viúva de Astray López) xunto con Asunción Iglesias Rapela (muller de Antonio Concheiro) e Josefa García Rodríguez (muller do tamén médico Ignacio Castro) que levaban as cintas. Entre os ordenses tamén ían algunhas persoas distinguidas veraneantes na vila, entre elas Joaquín Varela Tojo e a señora Carmen Sanjurjo Neira.

  Entre homes e mulleres ía a Banda Municipal de Santiago acompañando musicalmente aos peregrinos que entoaban o himno do Apóstolo. Como era costume disparáronse foguetes e bombas e houbo repique xeral de campás.
  O xentío peregrino fixo o percorrido habitual (San Roque, Algalia de Arriba, Cervantes, Acibechería e Praza da Inmaculada), entrando na Basílica pola porta do Obradoiro. O Cardeal Arcebispo José Mª Martín de Herrera, que presenciaba a procesión desde unha das xanelas do seu palacio, recibiunos na catedral cunha comisión do Cabildo, composta polos cóengos Caeiro, Camba e Tafall.

  A misa foi celebrada polo cura de Ardemil, o polémico don Pascual Couce Pico*, e dirixiu o rezo do rosario o de Leira, don Jesús Mansilla Fernández. Logo subiu ao púlpito o cardeal que saudou aos peregrinos e encomiou as peregrinacións "que servirán para escribir una página de gloria de la historia de Galicia y de la España católica". Rematou bendicindo aos peregrinos.
  Non podía faltar o voo solemne do botafumeiro que "cruzaba gallardo por las naves del transepto", mentres os peregrinos entoaban o himno "resaltando notablemente un afinado coro de señoritas que dirigía la presidenta de Hijas de María de Órdenes, señorita Carmen Barreiro Uzal".
  O Arcebispo recibiu despois ás comisións e sacerdotes aos que felicitou polo seu labor. Estes ademais tiveron un premio extra: foron invitados a unha opípara comida por Saturnino Aller. Un gran final para aquel día.

* Nemesio Morgade (1874-1931) foi o cura principal de Ordes durante 18 anos ata a súa morte. 
  Pascual Couce (m. 1937) foi protagonista de episodios conflitivos: ese mesmo ano tivo varios pleitos xudiciais cun fregués (José Gaudeoso) co que se levaba moi mal, e posteriormente, en 1933, sufriu un atentado por parte doutros veciños de Ardemil, membros da Sociedade Agraria da parroquia.

sábado, 20 de enero de 2018

Parroquia de Mercurín


  A parroquia de Mercurín está situada ao noroeste do concello de Ordes, entre Lesta e Leira. A súa extensión é de 11,09 km² segundo a páxina web oficial do Concello, pero outras fontes outorgábanlle 14,37 km².
  Todo o seu territorio supera os 300 m de altura pero é máis elevado na súa zona central chegando ás súas cotas máis altas aos 437 m no Alto do Faro e aos 428 no Monte de Mercurín.
  Numerosos cursos fluviais teñen o seu nacemento nestes outeiros, como o rego da Uceira, o de Pepín, o de Lesta, o de Loureda e o regato Mercurín que é o que pasa pola vila de Ordes.
  No sur da parroquia, onde se concentra a poboación, abundan os prados que dan paso ás matogueiras no noroeste, para ir mesturándose co arboredo cara ao concello de Cerceda.
 

  Hai 16 lugares habitados, todos agás Pepín e Perra, no cuadrante sueste da parroquia. A súa densidade de poboación é escasa (roldando os 20 h/km²), a menor do concello xunto con Lesta e Barbeiros. Na primeira década deste século baixou dos 300 habitantes (niveis dos anos 70 do século XIX). No ano 2021 a poboación era de 251 habitantes.
 
LUGARES: Carracedo, O Cruceiro, Guntín, A Igrexa, Mañufe, Pedre, Pepín, Perra, O Piñeiro, A Poza, O Seixo, O Souto, Tras o Río, Trasmil, O Vilar, Zampaño.
 

  Conta con fermosas paisaxes ao longo do regato Mercurín, coa igrexa parroquial de San Clemente e un notable cruceiro barroco do século XVII no antigo campo da festa.
  Aínda que San Clemente (23 de novembro) é o patrono da parroquia, a festa máis importante é a de Santa Lucía que se celebra o Luns de Pascua en primavera. Tamén o 2º domingo de setembro celébrase o Santísimo Sacramento.


  No Antigo Réxime Mercurín pertencía á xurisdición de Folgoso e era de señorío do Conde de Altamira a quen pagaban impostos. 
  No século XVII, nas "Memorias del Arzobispado de Santiago" (1607) de Jerónimo del Hoyo aparece o seu número de veciños que eran 28 (uns 126 habitantes), só por enriba dos 20 veciños que tiña Lesta. No ano 1666 consta unha confraría dedicada ao Santísimo Sacramento e a Santa Lucía.
  Segundo o Catastro del Marqués de La Ensenada do século XVIII xa había 49 veciños, dos que só 4 eran "pobres de solemnidade" -na parroquia de Ordes eran un terzo-. Tamén había 4 muíños e unha soa taberna que rexentaba Eusebio Seoane.
  O "Catastro" xa mencionaba a existencia de montes comúns, 1.300 ferrados de terreo dos que 80 eran de 1ª calidade, 600 de 2ª e 620 de 3ª.
  A principios do século XIX o Diccionario Geográfico-Estadístico de Miñano fala de 38 veciños (199 habitantes). O Diccionario de Madoz en 1848 menciona 53 veciños (259 habitantes). O clima era "sano si bien se experimentan fiebres inflamatorias". Producía produtos agrícolas (centeo, trigo, legumes, pastos e combustible) e gando vacún, cabalar e lanar. Tamén había caza de perdices, lebres e xabarís. Como industria había 2 muíños fariñeiros e algúns teares.
  En 1876 a poboación de Mercurín era de 299 habitantes (máis que na actualidade).
 
  A principios do século XX moitas propiedades da parroquia pertencían ao terratenente Manuel Batanero Maseda, residente en Madrid, de quen era apoderado o compostelán Leis Carlés. O alcalde pedáneo era Domingo Gestal, o párroco don Manuel Torres e a mestra Elvira Troche. Tamén había un zapateiro que era Juan lópez.
  O século non lle sentou ben á parroquia, cada vez máis pobre e illada: as estradas daban pena, pero o máis indignante era que, mentres que a electricidade chegou á vila a mediados dos anos 20, algúns lugares de Mercurín estiveron sin ela... ata finais dos anos 70!!! Os mozos doutras parroquias chamábanlles "crouchos" -espigas inmaduras e pequenas- a pesar de ser tan brutos coma os demais.
  Mesmo as súas mulleres se manexaban ben nas liortas: en 1962 doce veciñas apedraron a obreiros do Patrimonio Forestal que entraron no monte "Inxerio". Afortunadamente foron absoltas.
 
  A partir dos anos 80 Mercurín foise equiparando co resto das parroquias do rural ordense. Aínda así segue sendo coñecida por cousas negativas: o alto índice de suicidios (4 nunha mesma familia!) ou algún terrible accidente (3 membros da familia Gómez atropelados) en agosto do ano 2011.
 

PÁRROCOS E ENCARGADOS DA PARROQUIA

Juan Ignacio Recarey Bermúdez (finais do século XVIII ata 1816)

Antonio Rodr. Carnicero 1817-1843

Pedro Calvo Lema 1843-1862

José Antonio Pena 1862

Manuel Martínez 1862-1897

Manuel da Torre 1897-1907

José Carrillo 1909-1922

Jesús Castro Naya 1922-1927

Emilio Regueiro 1927

Juan Pena 1927

Diego Pereira 1927

Juan Simal Fernández 1927-1940

Ramón Pérez Rajoán 1940-42-47

Lino Caramés García 1942-1946

Ramón Seco Pérez 1961-1962

J L Bermúdez de Castro Ozores 62-67

Manuel Regueira López 1967-1987

Paulino Rodríguez Guerra 1987-1988

Santiago Miramontes 1988-1991

Albino Verdía Arcay 1991

 

jueves, 18 de enero de 2018

A festa de San Antón

  Mentres en Europa morrían homes a milleiros na "Gran Guerra", en España gozábase dunha relativa tranquilidade. Velaquí a literaria crónica social dun xornalista da Gaceta de Galicia que firma como "El de los lentes" sobre un baile en Ordes o día de San Antonio de 1915.

  Era la fiesta del gran taumaturgo de Padua. El día, aunque no muy seguro, no se presentaba del todo malo. Unos cuantos amigos decidímonos a dejar la ciudad de piedra y en efecto, tomando un coche de alquiler, dejamos muy pronto a nuestras espaldas la anchurosa calle de San Roque, el barrio de la Pastoriza y, carretera adelante, entre el tintineo de los cascabeles con que adornados caminaban los tres rocines del flamante tiro y el rasgueo de las guitarras y el plañido de los laúdes, llegamos en fraternal compañía a la pintoresca villa de Órdenes que extiende a lo largo de una calle toda su pujanza y bizarría.
  El agua, menuda y penetrante, aplastaba lentamente el rebelde polvo de los caminos; pero a la vez iba depositando sobre nuestros respectivos indumentos una levísima capa de rocío; pero ¿qué importaba? a nuestra edad no para uno la atención en cosas de poco momento.
  No bien hubimos divisado una pequeña ermita* en donde la fiesta se celebra invariablemente el mismo día, una cara muy conocida entre los escolares sonrionos con cierta satisfacción no exenta de cumplido: era Pepito García Barros*, el notabilísimo panderetólogo, diestro en el baile, rápido en la conquista, audaz, galante, dicharachero.
  - Estoy harto, hartísimo de Ulpiano, de Gayo, de Próculo, de la Instituta y del verbo amar; pero amigos de lo que no me doy nunca por satisfecho es de admirar a mis hermosas vecinitas que valen un mundo.
  Así nos habló nuestro simpático camarada que en lides amorosas da ciento y raya al más pintado.
  Nos dábamos ya a todos los diablos, renegando del punto y hora en que hubimos de emprender nuestra aventura, cuando caímos en la piadosa tentación de entrar en la iglesia parroquial para, de esta suerte, endulzar nuestro fastidio. Pero ¡Oh manes venturosos! aquello fue un acierto.
  Al pie del altar un sacerdote* salmodiaba unos latines enrevesados que nuestro amable cicerone Barros atribuía a Virgilio y a Salomón. En un ángulo el sacristán manejaba reposado y solemne balanceo un artístico incensario.
  Un atiplado coro de voces femeniles entonaba un himno al santo del día; dirigimos la vista al lugar de donde partía aquel armonioso torrente y nunca tal hubiésemos hecho: el himno quebróse por mitad uniéndose al resto por una cadena de risas entrecortadas, de frases rápidas, sibilantes. Aquello era tentar a Dios y salimos.
  Ya fuera esperamos el desfile de aquel haz seductor. Barros, nuestro inseparable compañero, hizo las presentaciones con soltura y corrección. Rubias, morenas; altas, diminutas, de todo había en aquel templo; pero entre ellas hubiera sido difícil empresa buscar una cara de la que Dios se hubiese olvidado: todas bellas, muy bellas y además muy simpáticas.
  Barros no mentía; era verdad tanta belleza.
  Encaminámonos en dirección a la fiesta; una notabilísima charanga pasando de un vals a una muiñeira con la misma facilidad que de esta a una polka amenizaba el baile.
  Bien pronto imitamos a las aldeanas parejas y bailamos ¡vaya si bailamos!
  Aun ahora me bailan los ojos al recordar los de una rubia incomparable, de mirada enigmática, dulce, ensoñadora ...
  Cuando el sol, ocultando su áurea faz entre abigarradas nubes, corría hacia su ocaso, custodiando a tan lindas amistades, dimos vuelta hacia el pueblo.
  El cieguezuelo mitológico hizo de las suyas; en cada corazón puso una flecha y en alguno dos o tres.
  Aproximábase la hora de la cena y dijimos adiós a tan gentiles amigas no sin antes haber concertado un asalto para después de las diez.
  El asalto celebróse en un amplio salón de la casa del Sr. notario del partido, don José García Álvarez*, que con marcada galantería brindó su morada para tan agradable menester.
  La señora de la casa con sus bellas hijas Carmen, Áurea y Teresa hicieron primorosamente los honores de la misma.
  Entre los concurrentes recordamos a las señoras Dª Estrella Carnota, Dª Francisca Platas y Dª María Amor del Río.
  Señoritas asistieron muchas y muy bonitas; Teresita Iglesias Romero*, ataviada con elegante y sencilla toaleta (?), cautivaba el alma de cuantos la admiraban (que éramos todos): de finísimas facciones, de rubia cabellera que orlaba su rostro angelical, expresivo; sus ojos son el más acabado complemento de su belleza; tiene esa abandonada distinción de las princesitas del Rhin; si habla, fascina; si mira, enloquece... Piedad Carnota* es un encanto; sus ojos son de fuego; su talle, esbeltísimo; regio, su continente. Y por el estilo, de áureos o negros cabellos, son las otras que con su presencia dieron las más alta nota de hermosura, gracia y finura.
  A mi memoria vienen los nombres de las señoritas Pilar Astray Mato*, una rubia seductora, María Concheiro García, una angelical criatura de catorce abriles, Carmen Pol, Milagros del Río Troche, Andrea y Carmen Barreiro Uzal, hermanas de nuestro distinguido amigo el joven médico D. Juan; Sara Rivas Marzoa, Claudina Trasmonte, Isabel del Río Castro, María Carnota Soto y Aurorita Castro.
  Algunas quedan sin citar; a ellas pide el cronista benevolencia, pues es harto difícil retener tanto nombre.
  De muchachos había una buena representación, los hermanos Astray, muy simpáticos y atentos; Juan Amigo Iglesias*, la bondad y la cortesía personificadas; Barreiro Uzal, nuevo licenciado en medicina; Iglesias Romero, Luis García, Augusto Carballido*, todos ellos hijos de Minerva.
  José García Barros, alumno de la Facultad de Derecho, lució en un vals, de panderas, original del renombrado compositor señor García Jiménez, sus habilidades, adquiridas en esas clásicas estudiantinas de Compostela, evocadoras de la joyante bohemia escolar, culta y alegre.
  En una palabra; a pesar de lo improvisado de la reunión, no quedó ni un solo detalle que llenar. Débese esto en primer término al obsequioso proceder de los señores de García Álvarez y a las animadísimas señoritas de la localidad. Y porqué no decirlo, también nosotros contribuimos con nuestro buen humor al éxito de la misma.
  En suma; la fiesta de San Antonio (con quien suelen estar las niñas en muy buenas relaciones) ha resultado gratísima y tarde habremos de olvidarla.
  A las cuatro de la mañana regresamos con honda pena del para nosotros nuevo paraíso.
  Por nuestra mente iban sucediéndose una a una las dulces impresiones recibidas, mientras el auriga -de algo ha de servir la sinonimia- hacía restallar el látigo sobre el Pinto, el Lucero y el Moreno, que cual a los suyos Alejandro, el Cid y D. Quijote, también a sus caballos había puesto nombre nuestro bienhadado conductor.   EL DE LOS LENTES.

* Ermida de San Antón en Guindiboo.
José García Barros era un avogado santiagués, por certo tamén xornalista da "Gaceta", instalado en Ordes onde foi algunha vez xuíz municipal. Morrería 8 anos despois, en 1923.
Nemesio Morgade Portela, sacerdote de Ordes desde había dous anos.
José García Álvarez, o notario, natural de Avilés, morrería 10 anos despois en 1925, o 1º falecido (que saibamos) en accidente de tráfico en Ordes. A súa muller, Carmen del Río -de Mesía-, e a súa filla Carmen morrerían antes, en 1918, na célebre epidemia de gripe "española".
Teresa Iglesias Romero (1895-1978): filla do médico Manuel Iglesias Rapela (cuñado de Antonio Concheiro Rodríguez), dono da Casa Grande de Deixebre e de Babila Romero Astray. 3 anos despois casou co mozo Marcial Rodríguez González, apoderado do Banco Pastor en Carballo.
Piedad Carnota Soto (m. 1953): sobriña do xornalista Vicente Carnota, filla do procurador Jose Carnota e da mestra Juana Soto Menlle (doña Juanita).
Pilar Astray Mato: irmá do avó de Nel Astray.
Juan Amigo Iglesias: sobriño de Manuel Iglesias Rapela e curmán de Teresa. Foi avogado e deputado provincial. Un dos seus netos é o coñecido xogador de fútbol, Juanito.
Augusto Carballido Pol: irmán de Josefina e cuñado do farmacéutico Santiago del Río, morrería 5 anos despois en 1920. 
 

lunes, 15 de enero de 2018

José Seoane Regueiro

  Nacido en 1914 na parroquia de Santaia de Gorgullos (Tordoia), José Seoane non foi o primeiro compoñedor da súa familia (nin o último) pero si o máis famoso no século XX.

 Comezou moi pronto, arredor de 1925 (cando tiña 11 anos) o seu labor curativo e así seguiu durante máis de medio século ata practicamente a súa morte.
  Ao contrario que outros menciñeiros que tamén se dedicaban ás faenas do campo ou a outros traballos, José Seoane tivo dedicación exclusiva: era o seu traballo e a súa paixón.
  José puxo no mapa a parroquia de Gorgullos, a onde se achegaban diariamente ducias de persoas para ser atendidas das súas dores e que pagaban a "voluntá" pois non había tarifa fixa. El aseguraba que o promedio diario era duns 100 pacientes. Estaba orgulloso de que entre estes houbera algúns médicos especializados en doenzas óseas.
  Tamén viña á feira de Ordes e atendía na casa Mirás.
  A súa fama foi tanta que ata unha prima do Caudillo acudiu á súa consulta. Quedou tan contenta dos resultados que se mostrou moi xenerosa e ademais fíxolle propaganda. Isto valeulle para que durante algún tempo lle chamaran "O curandeiro dos Franco" e para que a súa fama traspasara os límites da comarca (ata apareceu no xornal madrileño ABC).
  Casou con Antonia Fraga Raña (1914-1982) coa que tivo 7 fillos: Carmen, Valentina, Jesusa, María José, José María, Andrea e Estrella.
  Morreu o 3 de novembro de 1983, ano e medio despois da súa muller, con 69 anos de idade.

  A súa filla maior, Carmen Seoane Fraga (n.1943), sen más formación que a que lle transmitiu o seu pai, continuou a tradición familiar, comezando as curacións antes de cumprir 10 anos, a principios dos 50.
  A rutina de Carmen é simple: examina o lugar lastimado e, cando o paciente está distraído, mete as xemas dos seus dedos no tendón ferido e nun segundo proclama: "Xa está!", di os días de recuperación e pide ao seguinte que pase.
  A aglomeración é grande os fins de semana pois as innumerables ligas de fútbol e fútbol sala proveen dunha multitude de xoves pacientes acompañados normalmente dos seus pais, á súa vez antigos clientes. "A min xa me traía o meu pai en tractor hai 40 anos" comenta un, chegado de Carballo co seu fillo. Algúns fanse ver antes por un médico, pero outros veñen directamente.
  Carmen asegura que non hai maxia, só coñecemento. "Non tratamos roturas nin facemos milagres. Ao que ten algo roto derivámolo ao médico".
  Os 20 euros por consulta permitíronlle acumular un bo patrimonio.

  O oficio saltou unha xeración: Antonia Regueiro Seoane, a filla de Carmen e do seu marido Jesús Regueiro Padín, non se dedicou a el, pero si a filla desta, Patricia Lamas Regueiro (n.1983) que vive en Vilagudín. Patricia empezou aos 14 anos, a finais dos 90. Recorda perfectamente o seu primeiro paciente, un adolescente como ela. "A miña avoa propúxome arranxarlle o nocello. Guioume, fíxeno ben e para min foi o máis do máis. Agora traballo nisto e moita xente sorpréndese ao verme porque esperaban a alguén de máis idade".
  Pero a tradición mestúrase co moderno: Patricia xa está dada de alta na Seguridade Social como autónoma e masaxista profesional.
  Ela é a última (polo momento) da saga dos compoñedores de Tordoia.
FONTES: "ABC" e "El País"

jueves, 11 de enero de 2018

Vellos alcumes de Ordes (2)

   Moitos alcumes tiñan que ver co LUGAR de PROCEDENCIA do portador:
  Antonio Rivas Couto (1904-1982) naceu na Casabella, unha pequena aldea preto da Rúa de Buscás. Estableceuse na vila e edificou unha casa fronte ao camiño ao cemiterio vello. O seu alcume, Casabella, rematou por transferirse ao lugar. Hoxe o camiño ao cemiterio é a Rúa Casabella.
  Tamén de Buscás, concretamente do lugar dos Ramos, era Manuel Moar Pérez (1906-1975), que tiña xunto coa súa muller Estrella Martínez Viqueira -de Vilar (Mercurín)- unha tenda de ultramarinos en Alfonso Senra 62. Era coñecido como Manuel dos Ramos. O seu único fillo, Manuel Xosé Moar Martínez, é Manolito de Ramos.
  Así mesmo José Iglesias Brandariz (1899-1970) que tiña unha carpintería en Alfonso Senra onde máis tarde o seu fillo máis novo, Higinio, montou unha tenda de ultramarinos era coñecido como José da Calzada debido á súa procedencia (a Calzada ao norte da Rúa de Buscás).
  José García Freire (1905-1988), tratante de gando e logo posuidor dunha carnicería a carón da igrexa, era máis coñecido como Pepe de Betanzos. Os seus fillos eran os de Betanzos, igual que a familia Concheiro Iglesias eran os de Carballo, aínda que neste caso o alcume viña do nome dunha tenda de teas que o avó materno tiña en Alfonso Senra, onde hoxe está o supermercado Froiz.
  Ao tratante de madeiras José González Insua, marido de Concepción Amado Ferreiro, chamábanlle Pepe de Cambre, pois procedía dese concello próximo á Coruña.
  Ricardo Martínez Barros (1905-1975) era Nogallás, coma o seu bar. Neste caso o alcume é enganoso porque Ricardo veu de Vilacoba (Abegondo). A que procedía de Nogalláns en Berreo (Trazo) era a súa muller Mercedes Viqueira Veiras (1915-2003).
  Jesús Louro Raposo (1922-2015) naceu na Fraga (Ardemil) e tocou xunto aos seus tres irmáns no grupo de música tradicional "Os da Fraga". Foi o máis coñecido na vila porque rematou montando unha taberna na Rúa Reconciliación no edificio da esquina. Era Suso da Fraga ou simplemente Fraga.
  Tamén Manuel Viqueira Noya, o fillo maior de Manuel Viqueira (o gaiteiro de Vilaverde) era chamado nos seus anos mozos Ghosende, aludindo a aldea onde naceu.
  Así mesmo o taxista Jesús Manteiga Míguez (1942-2021) era coñecido como o Escaravelleiro debido ao seu lugar de nacemento: a Escaravelleira (na parroquia e concello de Mesía).
   Asunción Copa Lago (1896-1969), que tiña unha taberna no campo da feira do Mesón do Vento co seu marido, era a Lughesa. Os seus fillos Manuel e Ricardo Candal Copa e as súas familias foron -e son- os da Lughesa.
  Do "barco máis grande do mundo" -o Barco de Valdeorras- veu Carlos González Rodríguez (1923-2011) o Orensanocasado con Leonarda Trincado, que tiveron un coñecido bodegón no Recreo.
  No caso de Manuel Mosquera Rilo (1932-2012), coñecido como o Vasco (igual que o seu exitoso bar), o alcume non se debe a nacer en Euzkadi senon en ter emigrado alí.
  E non podía faltar Esteban González Espada (1929-2012) o Estremeño que montou o bar do mesmo nome ao lado do Rego de Loureda nunha gran curva da N-550 hoxe desaparecida coa remodelación da estrada.

  Ás veces a procedencia era do LUGAR de TRABALLO ou dunha rama familiar.
  Ramón Faya Fernández (m. en 1945) montou unha fábrica de curtidos no Recreo. Todos os seus descendentes na vila eran denominados os da Fábrica. Parente político seu foi Manuel González Romero o Capitán, pai do coñecido zapateiro e escritor Víctor González Faya. Tamén esta familia son coñecidos como os do Capitán.
  Pedro Fernández Mareque (1931-1979), Pedro do paraghüeiro (porque o seu pai viñera de Ourense), era un electricista do Recreo que casou cunha filla de Luis da Fábrica, Hortensia, e traballou co seu cuñado, Roberto Faya. Posteriormente traballaría na fábrica de Viriato. Tiña un curioso alcume: Cursino.
  A nai do panadeiro José Ferreiro Rama (1894-1980) e o seu apelido Rama foi a orixe dos Ramechos, coñecida familia do Recreo.

  Falando de panadeiros, Juana Noya Candal (1879-1965) de Codeseda (Leira) tiña unha panadería na Rúa Alfonso Senra -onde está hoxe o comercio de roupa de Pazos-, por iso lle chamaban Juana do Forno. Un dos seus fillos foi o coñecido panadeiro José Fuentes Noya (1910-1983), Pepe de Juana. Outro dos fillos, Manuel (1913-2002), foi o Bolichero, porque repartía botellas de gasosa (naqueles tempos chamábaselles "boliches" pola bola que tiñan na tapa).
   Andrés Gaudeoso Pazos, que tiña unha panadería ao lado do antigo cárcere, nunha casa moi estreita que foi derrubada cando se fixo a Casa consistorial nos anos 50, era coñecido como o Loreta. O seu fillo maior, Ramiro Gaudeoso Bascoy, por ser máis culto e benfalado que a maioría, era o Carrizo (os nenos na escola metíanse con el chamándolle "Carrizo llan llan"). Por certo que todos os irmáns, agás Carmiña (casada con Rodrigo Robado), emigraron a Brasil.
  O outro panadeiro da Rúa Alfonso Senra, Andrés García Calvo (1902-1975), era Lanoche -como o xornal compostelán- porque sempre pasaba co carro moi tarde cando xa todo o mundo rematara a xornada. Pero o nome da súa muller, Alfreda García Gende (1910-2001), transformado en "Frieira" e logo en "Fleira" foi o alcume que herdaron os fillos, o máis coñecido dos cales é Fausto de Fleira.
Continúa en Vellos alcumes (3).