sábado, 30 de junio de 2018

José Ferreiro Recouso

  Hoxe vou recordar un dos membros da miña familia que, como tantos outros ordenses, tivo que emigrar e labrarse un futuro fóra, aínda que el tivo a sorte -ou a obstinación- de vivir en Galicia.
  José Ferreiro Recouso -dos Faberos, non dos Ramechos- naceu o 20 de outubro de 1892 en Vilar. Foi o primeiro dos 6 fillos de Juan Ferreiro Franqueira e Manuela Recouso del Río.

  José tivo dúas cualidades que destacaron sobre as demais: unha xenética privilexiada que lle permitiu chegar aos cen anos sen case ter enfermidades e un carácter firme e serio que impoñía respecto.
  As duras condicións de vida da época axudárono a forxar ese carácter. Xa contei que nalgunha ocasión tivo que vir da Coruña a Ordes a pé e que chegara case ao mesmo tempo que a Ferro-carrilana. A economía na súa casa non estaba ben e viuse obrigado a emigrar sendo un mozo de 20 anos. Estivo en Buenos Aires (onde coincidiu co seu pai), en Montevideo, en Brasil e case dous anos e medio en Cuba. Pero ningún destes lugares o convenceu. A pesar de ter a 4 dos seus irmáns tamén emigrados en Arxentina, el decidiu volver.
  Instalouse na Coruña onde logrou traballar en Telégrafos e logo no Ministerio de Facenda e por pouco tempo en Agricultura.
  Casou con Mª Concepción Taboada coa que tivo 6 fillos: Juan, Manola, José, Roberto, María e José Antonio. Pese ao seu carácter adusto encantáballe bailar, especialmente o vals, e sempre recordou con agarimo as funcións no Pavillón Lino.
  Cando tiña 33 anos comezou a traballar de bedel no instituto Eusebio da Guarda, onde viviu e criou á familia. No instituto traballou ata a súa xubilación aos 70 anos, converténdose nunha figura sumamente coñecida entre varias xeracións de coruñeses que lle tiñan máis medo a el que aos profesores e ao director.
  Longos paseos pola cidade e partidas de dominó (que era a súa maior afección) no Círculo Recreativo de Artesanos ocuparon os seus últimos anos.
  Cando era centenario os antigos alumnos e profesores do instituto ofrecéronlle unha homenaxe multitudinaria que aceptou "por cortesía" e que demostrou que conservaban o seu recordo a pesar das moitas décadas pasadas.
  Un ano despois, en 1993, faleceu aos 101 anos de idade.

  Xa faleceran dous dos seus fillos: José, enrolado na División Azul, morreu na 2ª Guerra Mundial en Alemaña, e Juan, que seguiu a carreira militar, en Zaragoza.
  Manola e José Antonio "Chucho" emigraron a Cuba, pero despois da revolución, trasladáronse a Miami. Roberto "Cuco" foi un trotamundos e rematou por instalarse en Santander.
  María "Piruca" foi a única que quedou na Coruña e a que coidou del os últimos anos. Cando era moza, nos anos 40-50, viña a miudo a Ordes de vacacións e traía a todos os mozos de cabeza. Por que sería? 

martes, 26 de junio de 2018

Rueiro de Ordes

  O rueiro da vila de Ordes (que podedes descargar en formato pdf da páxina web do concello -ou tamén aquí: RUEIRO de ORDES) ten 86 rúas, travesías ou paseos. Isto inclúe varias proxectadas pero que aínda non están feitas.

  A maioría levan o nome popular polo que se coñecía ese lugar da vila pero hai un número importante (31) que están dedicadas a PERSONAXES.

  15 destas 31 rúas levan o nome de 14 personaxes locais. Curiosamente quen da nome a dúas rúas, Antonio Rivas Couto Casabella (1904-1982), é porque construíu alí a súa casa e a xente comezou a chamar así ao lugar -ou sexa, é máis ben un nome popular-.

  Outras 14 rúas levan nomes de 13 importantes personaxes galegos, case todos relacionados coas artes: escritores, escultores, músicos ...
  Finalmente 2 rúas levan nomes de grandes médicos españoles (ambos os dous asturianos): Francisco Grande Covián e Severo Ochoa.
  E aquí o dato descorazonador: dos 31 personaxes só dous son mulleres: as habituais Concepción Arenal e Rosalía de Castro
  Este desequilibrio está algo xustificado en que ata hai pouco tempo non había case profesionais femininas, pero é inexplicable que haxa dúas rúas dedicadas a mestres e ningunha a Doña Juanita, Doña Moncha ... e tantas outras que tamén educaron varias xeracións de nenas da vila.

miércoles, 20 de junio de 2018

A peregrinación de 1920

  O luns 20 de setembro de 1920 tivo lugar a peregrinación do arciprestado de Berreo de Arriba. Uns 2.000 peregrinos segundo "El Ideal Gallego" (ou 3.000 facendo caso a "La Integridad") achegáronse a Santiago. Se outras veces a comitiva xa se organizaba nas rúas da cidade bastante cedo, ese ano non foi así porque unha avaría no autobús que levaba ao arcipreste (o sacerdote de Ordes don Nemesio Morgade Portela) e a outros 30 peregrinos importantes ocasionou un inesperado retraso.
  Acudiron a recibir á comitiva en Santa Clara os concelleiros santiagueses Rafael Otero Ramos e Vicente Goyanes Cedrón, o ecónomo de San Miguel dos Agros, don José Limia Rodríguez e o coadxutor de San Félix de Solovio, don José García Fernández.
  O deputado a Cortes polo distrito, Alfonso Senra, portaba o estandarte do grupo de homes, flanqueado por Pedro Concheiro Rodríguez e Juan Liñares Iglesias, que levaban as cintas. As portadoras do estandarte feminino eran as mesmas de 5 anos atrás: Carmen Mato (viúva de Astray López) xunto con Asunción Iglesias Rapela (muller de Antonio Concheiro) e Josefa García Rodríguez (muller do tamén médico Ignacio Castro) levando as cintas.
  Como era costume a Banda Municipal de Santiago ía acompañando musicalmente aos peregrinos que entoaban o himno do Apóstolo. Desde a balconada da Sala Capitular presenciou o desfile pola Praza de Alfonso XII o ilustrísimo Antonio Manuel Pereira Ribeiro, bispo de Funchal (Madeira), que tamén viñera visitar a tumba do Apóstolo e gañar o xubileo. Así que aproveitaría logo para escoitar a misa acompañado do seu secretario don Manuel Salvador e do padre José Marqués da Silva, mestre de cerimonias da catedral de Lisboa.


  Preto da unha da tarde fixeron os peregrinos a súa entrada na catedral onde foron recibidos por D. Emilio Macía Ares, D. Antonio Tobío Mayo e D. Santiago Tafall.
  A misa foi celebrada polo ecónomo de Poulo, don Celso Balo Porto, e dirixiu o rezo do rosario o sacerdote de Leira, don Jesús Mansilla Fernández.
  Esta vez o sermón correu a cargo de don Emilio Macía Ares loando o fervor relixioso dos "montañeses" e animándoos a perseverar no mesmo. Concluíu bendecindo as imaxes e obxectos piadosos dos romeiros. 
   
  Voou solemne o botafumeiro mentres os peregrinos entoaban o Himno Xacobeo. 
  Por certo que, para evitar dar o cante, este himno (con letra de Juan Barcia e música de Manuel Soler) fora ensaiado as noites precedentes na igrexa de Ordes. Baixo a batuta do polifacético Julio Pol (que servía tanto para un roto como para un descosido) un coro composto por Rita e Aurora Castro Bao, Pilar Romero, Sara e Clara Rivas, Carmen Barreiro, Piedad Carnota, Celia e Sara del Río Castro, Teresa e Sara Álvarez, Pilar Astray, Carmen del Río Barros e as fillas do director, Julia e Paca Pol, intentaron que a xente as seguira sen desafinar demasiado. Non sabemos se finalmente o lograron.

  O Arcebispo recibiu despois á comisión directiva e sacerdotes parroquiais de Berreo de Arriba aos que felicitou polo seu labor. 


  As parroquias de Barbeiros, Beán e Vilamaior-Olas pertencían a Barbeiros onde era arcipreste o párroco de Mesía don José Moscoso Carro. Eles fixeran a súa peregrinación varios meses antes, concretamente o mércores 13 de abril.

sábado, 16 de junio de 2018

Crenzas populares (2)

AS SAGRADAS ÁNIMAS
  As ánimas (mellor as Sagradas Ánimas ou Ánimas Benditas -conviña aplacalas eloxiándoas ata no nome) eran outra das crenzas (e temores) máis arraigadas entre o pobo. Descríbeo xenialmente Elena Quiroga na súa novela "Viento del Norte":

  El temor a las ánimas afinca en el alma de todos los aldeanos. En la colecta de las parroquias, aprisa, vuelven aflojando la faltriquera, para depositar la moneda que, a buena hora, de no mediar el temor a lo sobrenatural, soltarían. Pasa el chiquillo, revestido con un alba arrugada sobre la deslucida sotanilla. Descarado y socarrón mueve el platillo canturreando con acompañamiento del sonido de las monedas: "Para las ánimas benditas". Las manos  se empujan para llegar antes. Don Antonio ha desistido de pedir para el culto y clero o para los pobres de la parroquia, porque entonces continúan impávidos sus feligreses, mirando para el altar, como si absortos en sus oraciones no oyeran al monaguillo que les reclama. Por eso, avezado al fin en el conocimiento de aquellos lugareños, Don Antonio ha dado la consigna: "Para las ánimas". Solo el nombre causa pavor, y se miran unas a otras, deseosas de que el momento pase. Sueltan la moneda aprisa, aprisa, no sea que las ánimas se venguen, y con ellas, la Santa Compaña ...

  As ánimas do purgatorio aparecían en forma de luces despois de que as campás tocasen por elas nas igrexas. Se unha persoa as vía, tiña que descubrirse (se era un home), persignarse e rezar coas mans unidas por elas.
  Por suposto preferían as igrexas máis apartadas nas cales as aparicións abundaban moito máis. Os cadáveres dos enterrados no adro, cuxa alma estaba no purgatorio, espertaban e subían ao campanario para tocar a misa de ánimas. Se estaban no inferno laiábanse con horribles berros. Normalmente, se eran vistas, pedían algún tipo de favor, algo que deixaron de facer en vida ou algo que lles axudaría a abandonar o purgatorio. Unha das peticións podía ser rachar o hábito do defunto de determinada maneira e baixo certas cerimonias, o que permitiría a este baixar ao inferno para cumprir a súa condena.

  Ademais dos fogos fatuos nos adros e as queixas dos defuntos berrándolle aos vivos, había veces que nas casa próximas chegaban a caer pedras polas chemineas e a través do tellado.
  Unha vez máis hai que apuntar que non todos os casos foron produto da imaxinación e que había moitas persoas bromistas que se divertían coa credulidade dos demais, sen descartar que nos casos de caída de pedras houbese tamén veciños que se levasen mal e aproveitasen a ocasión.

  Algúns tamén podían ver pantasmas de xente viva que ía morrer proximamente. Este tipo de procesión eran os xans. Para velos había que ser unha persoa moi especial que cumprira a condición de que no momento do seu bautizo se producira algún destes erros: que o padriño rezase mal o credo ou que o sacerdote confundira os santos óleos, usando os da extrema unción no canto dos do bautismo.
  Actualmente máis ben diriamos que a condición sería estar algo desequilibrado.
  Este caso deuse na miña familia, pois a miña avoa materna, Celia Candal Seijas, posuía esta habilidade. A miña nai contaba que, sendo nena, moitas veces ao chegar a unha encrucillada de camiños pedíalle que se apartase para deixar pasar ás pantasmas.
  Afortunadamente non herdei ese don!
Continúa en Crenzas populares (3)

martes, 12 de junio de 2018

Os Rapelas e Castro

  Dúas familias de Oroso, emparentadas entre si, xogaron un importante papel no Ordes de principios do século XX. Foron a familia Iglesias e a familia Castro.


  A familia Iglesias Rápela eran coñecidos popularmente como Rapela ou Rapelas e vivían na casa grande de Vilar de Abaixo (Deixebre) preto dos Carballos. O patriarca foi Jacobo Iglesias Moscoso (1814-1884), "licenciado en derecho civil y canónico" como fixo poñer orgullosamente na súa tumba. Foi alcalde de Oroso durante moitos anos e deputado provincial. Do seu matrimonio con Teresa Rápela Varela (1839-1890) que era 25 anos máis nova ca el tiveron varios fillos, algúns dos cales como Juan morreron moi cedo. As súas fillas (bastante fermosas, se damos crédito ás crónicas da época) casaron con membros de varias familias de posición da comarca.
  Encarnación morreu en 1893, pero Carmen casou con José Castro Rosende, Concepción con Celestino Amigo -tamén deputado provincial-, Pilar con G. Liñares e Asunción con Antonio Concheiro Rodríguez.

  Tamén tiveron tres fillos varóns (polo menos). Jaime, avogado e xuíz, tivo ademais inquietudes literarias (de feito foi membro da RAG) que o levaron a editar a revista "Claroscuro" e xa en Ordes o xornal "La Tribuna". Morreu en 1917. Tamén avogado foi Santiago do que só sabemos que tivo que deixar o cargo de xuíz municipal de Ordes en 1909 por prevaricación.
  Manuel Iglesias Rapela (1859-1924), médico, foi un home influente na política local de Oroso e Ordes. Casou con Babila Romero Astray (1869-1936) coa que tivo catro fillas, Teresa, Ángela (que foi monxa), Babila e María, e dous fillos varóns tamén médicos, Manuel que permaneceu en Sigüeiro e Jaime Iglesias Romero (m. 1977) que casou en 1933 con María Lugrís Porto e residiu na Coruña, abandonando a comarca.
  Manuel Iglesias Romero (1897-1968) exerceu en Sigüeiro e casou con Celsa Amigo Lera (da familia Amigo de Val do Dubra) coa que tivo 9 fillos. A filla máis nova, Celsa, está casada co coñecido empresario da construción Eulogio Viñal Fernández.


  José Castro Rosende foi xuíz municipal de Oroso a finais do século XIX e propietario do Pazo de Meimixe en San Mamede dos Anxos. Emparentou cos Rapela polo seu matrimonio con Carmen Iglesias. A parella tivo varios fillos (dos cales dous tiveron relación con Ordes).

  Francisco Castro Iglesias foi o herdeiro do pazo (e tamén do cargo como xuíz municipal de Oroso, labor que exerceu nos anos 20). Do seu matrimonio coa fermosa Concepción Ramos Botana* (1891-1971) tivo 10 fillos, os Castro Ramos (un par deles foron mestres), que xa non viviron en Oroso, senón en Santiago, aínda que a maioría foron soterrados na parroquia dos Anxos.

  A súa irmá Encarnación casou en 1923 co procurador (e logo avogado) Manuel García Rivas -alcalde de Ordes de 1925 a 1929 e tío de Domingo García Sabell. Viviron, antes de marchar para Santiago, na que fora casa de Saturnino Aller e hoxe o bar Nogallás. 
 Ignacio Castro Iglesias (m. 1965) foi médico de Ordes máis de 15 anos, por iso os sete fillos do seu matrimonio con Mª Josefa García Rodríguez naceron na vila. A familia trasladouse a Santiago en 1925. Mª Carmen, Javier, Mª Teresa, Jaime, Ignacio, Luis e Antonio seguiron distintos camiños. Os máis destacados foron o avogado e xuíz Jaime "de" Castro e o tamén avogado Antonio Castro que chegou a ser alcalde de Santiago.
  Jaime Castro Iglesias, tamén médico, casou con Mª Silva Martínez (1898-1985).
  Ramiro, o irmán máis novo, oficial de teléfonos, despois de casar en 1922 coa moza de Curtis (do pazo de Vilarullo) María Vázquez García e enviuvar en 1924, casou  de novo en 1926 con Mª Santa María e foi destinado a Madrid.
 
* Os Ramos eran unha rica familia dos Anxos: Concepción era irmá de Josefa, muller de Antón de Simón e nai de Mundito, de Ángela, muller do xefe de telégrafos de Ordes Pastor Stolle García, de Segunda, de Celsa e do mestre Antonio Ramos Botana.

viernes, 8 de junio de 2018

A familia Sánchez Somoza

  Na historia recente da nosa comarca houbo varias familias de Oroso que xogaron un papel bastante importante, como os Rapela -ou "Rapelas"- e os Castro.

  Os Sánchez Somoza foron outra desas familias. Durante os séculos XIX e XX estiveron vinculados ao pazo de Marzoa, aínda que anteriormente o lugar fora propiedade da familia Suárez, descendentes dos Torrechanos, unha liñaxe moi estendida polas terras de Santiago, Mesía e Folgoso.

  No século XIX, José María Sánchez Somoza Arias (m.1874), natural de Santa Olalla de Agrón (Melide), casou con Jacinta Rey Meijide de San Mamede dos Anxos (Oroso) -a propietaria do pazo-. Cando Jacinta morreu en 1851, casou coa súa irmá María Rey. Era un home de posición, Avogado dos Reais Consellos, Cabaleiro da Real Orde Americana de Isabel a Católica, xuíz de Instancia e promotor fiscal do Partido Xudicial de Ordes.
  Do seu primeiro matrimonio tivo unha filla chamada Elvira, que casaría con Cayetano Rey e serían pais do farmacéutico Emilio Rey Sánchez-Somoza. Froito do matrimonio deste con Melania Romero López nacería Emilio Rey Romero que casaría con Mª Victoria Fernández Latorre (filla de Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia), matrimonio que tería tres fillos: Emilio, Paloma e Santiago.
 
 
Do segundo matrimonio tivo varios fillos. Unha foi Ignacia Carolina, que, casada con Casimiro Torre Castro, catedrático de Medicina na Universidade de Santiago, foi nai do tamén catedrático de medicina Casimiro Torre e do membro máis destacado da familia, o catedrático de dereito e alcalde de Santiago Lino Torre Sánchez Somoza (1866-1921). Outra filla, Luisa (m. 1930), casou co médico de Frades José Souto Maroño e un dos seus fillos, Lino Souto, foi un coñecido avogado a principios do século XX. Mercedes casou con Andrés Ramos Suárez de Castro, Amalia Dolores con Vicente Paredes e Mª Dolores quedou solteira.
 
  A propiedade do pazo pasou ao fillo varón Emilio Sánchez Somoza Rey (m.1887) que casou con Balbina Patiño Pérez (1857-1930), irmá do escribán do Xulgado Eulogio Patiño. O matrimonio tivo dúas fillas (Sofía e Emilia) e catro fillos varóns (José, Carlos, Amadeo e Emilio).

  Mentres Sofía, casada con José Costas, marchou a Lugo, Emilia (m. 1928), casada con Ramón Abeijón Suárez -o patriarca da familia Abeijón- permaneceu en Ordes.
  José Sánchez Somoza Patiño (m. 1941), que debía ser de armas tomar porque estivo implicado en varios incidentes que acabaron a paus, foi secretario de xulgado en Ordes e herdeiro do pazo. Como non tivo fillos no seu matrimonio con Clotilde Viqueira Fuentes (tía de Mundito) e os seus irmáns varóns Carlos (1880-1931) -enfermo mental-, Amadeo -emigrado a América- e Emilio (1888-1924) -tamén secretario de xulgado en Oroso- morreron antes ca el, deixou as propiedades aos netos varóns deste último.

  Emilio tivo dous fillos: Emilio e Milagros.
  Emilio Sánchez Álvarez Miluco (1901-1957), bastante afeccionado á bebida, traballou no Banco de La Coruña e morreu solteiro aos 56 anos de idade.
  Milagros Sánchez Somoza y Álvarez (m. 1971) casou en agosto de 1925 con Domingo Antonio del Río Castro (1896-1973), de distinguida familia ordense*. Antonio foi secretario do Concello de Cerceda, logo secretario do xulgado comarcal de Betanzos e por fin volveu a Ordes. O matrimonio tivo 6 fillos: Antonio, Mª Milagros, Emilio, Mª Isabel, Ana María e José Manuel. Eles foron a última xeración que levaron o apelido Sánchez-Somoza e viviron na vila.

  Antonio del Río Sánchez Somoza o Chulito, o herdeiro do pazo, foi todo un personaxe. Xunto co seu irmán Emilio o Carozo (ou Emilito) traballaban no Banco de La Coruña, pero cando herdaron a fortuna familiar metéronse en diversos negocios que acabaron bastante mal. Antonio puxo unha granxa de galiñas leghorn e cando a xente lle dicía que "Ave de pico no hace a su amo rico" el contestaba "... si este es un borrico". Puxo tamén unha fábrica de punto e foi concelleiro en Oroso. Emilio, que vivía preto da Fonte Estrei, compartiu inversións con Areoso e o Churreiro pero o seu alto tren de vida pasoulles factura.


  Ambos os dous tiveron gran influencia na actual configuración da vila pois o que hoxe é a Rúa Mundito era propiedade deles ata que venderon eses terreos.
  Antonio, casado coa profesora Inés Mª de Juan Verea Neche, morreu en 1988 sen fillos. A súa muller vive coa sobriña, tamén profesora, Mª Dolores Santos de Juan. Emilio (1930-1985) casou con Luisa, unha irmá do bailarín Juanjo Linares, e tiveron 4 fillas.
  Mª Milagros Minucha (m.2004 e única soterrada en Ordes) casou co veterinario Guillermo Represa Rodríguez co que viviu en Betanzos. O seu fillo maior, Guillermo Represa del Río, é montador de cine e estivo nominado aos premios Goya en 1995. 
  Isabel del Río non casou e abriu unha coñecida tenda de roupa en Alfonso Senra chamada "La Novedad", agora desaparecida.
  Ana Mª (1928-1995) casou en 1959 con outro veterinario, Manuel Pedreira Vázquez, co que tivo 3 fillos.
  O menor dos irmáns, José Manuel, é procurador na zona da Coruña.
 

*Os del Río Castro (Isabel, Antonio, Artemio, Sara, Celia e Manuel) eran unha adiñeirada familia ordense que tiña moitas propiedades na Fonte Estrei (onde agora está Couselo e arredores). Eran fillos de Manuel del Río Rúa (m.1908) e de Isabel Castro Amor (1868-1934), mestra de Buscás desde 1904.
Isabel del Río Castro (m.1970), a maior, igualmente traballou na docencia, casou en 1928 co tamén mestre Federico García Expósito. Deu clase en varios lugares ata chegar á Coruña onde foi profesora e directora do Montel Touzet. Tivo dous fillos, Isabel e Jesús Mª Fefé (futbolista no Ordes dos 50).
Antonio (m.1973) foi o que emparentou coa familia Sánchez Somoza.
Artemio emigrou, posiblemente a América e non se volveu a saber del.
Sara (m.2002) quedou solteira e vivía fronte da Couselo xunto cunha prima, Marina Castro Amor (m.1995) que logo ocuparía a casa do lado.
Celia del Río Castro (m.1998) tamén mestra, casou en 1937 con funcionario do Banco Pastor Ángel Varela Jeannerat co que tivo 5 fillos: Josefina, Carmen, Isabel, Mª Elena e Ángel Roberto Varela del Río.
Manuel tamén viviu na Coruña.

miércoles, 6 de junio de 2018

As festas de Ordes en 1920

  En 1916 Ramón Abeijón, en agradecemento pola volta do seu fillo san e salvo da guerra de Marrocos, creou as festas do Recreo na honra da Virxe de Lourdes, que se consolidaron con rapidez. A imaxe doada por Manuel Álvarez Varela espertaba ademais gran devoción. Iso si, gran parte da festa tiña lugar na Alameda.
  En 1919 a comisión composta polo capelán Pedro Fernández Otero, Joaquín Varela Tojo e Ramón Astray conformou o habitual programa de festexos: O día 27 ás doce houbo unha salva de bombas e percorreron rúas e rueiras a música de Arca e as gaitas do país. De doce a dúas paseo de moda na Alameda amenizado pola banda e ás 4 baile campestre con fogos, globos e outras diversións. Logo ás 8 da noite misa na capela. O día 28 houbo procesión da imaxe á capela, pola tarde festa campestre e pola noite iluminación na Alameda, rematando os festexos coa elevación dun globo de grandes dimensións e o disparo de 21 bombas.

  Non obstante non opacaban as festas patronais que eran cada vez máis concorridas.
   En 1920 a comisión presidida polo sacerdote Nemesio Morgade contaba co comerciante e fiscal Juan Linares, o avogado e xuíz municipal Manuel Astray Mato, Alfonso García e José Castro que obtiveron fondos do deputado a Cortes Alfonso Senra, dos deputados provinciais e do público en xeral. Con eles organizaron tres días de festas.
  O día 14 de agosto comezaron co repenique xeral de campás ao mediodía e as habituais bombas de palenque (dúas ducias), logo pecorreu as rúas a banda de San Ourente de Entíns (que levaba vindo varios anos). Ás 8 comezou a velada con iluminación á veneciana, liberación de globos -pedidos a Betanzos- e fogos artificiais.
  O día 15 dianas pola banda e tres gaitas do país ... ás 7 da mañá! Ás 11 a solemne misa cantada con predicación do coengo santiagués D. Salustiano Portela Pazos e procesión presidida polas autoridades locais. De unha a dúas de tarde houbo o "paseo de moda" na Alameda que se repetiu de 6 a 9. Entre as 4 e as 6 houbo cucañas e diversos xogos no "pintoresco" campo da feira (o actual parque) e á beira do río para goce dos forasteiros.
  O día 16, houbo unha misa moi solemne a San Roque pola especial devoción que lle tiña o vicario D. Pedro García Franqueira que tamén levou o estandarte na procesión. Logo de 12 a 2 o paseo de moda e polas tardes as clásicas merendiñas con música. De noite chegou o final das festas con outra iluminación na fachada da igrexa e na Alameda.
  La Voz de Galicia dedicoulles un artigo onde mencionaba aos visitantes máis distinguidos: 
  Jamás se observó tal afluencia de forasteros durante nuestras fiestas patronales como este año, debido sin duda al carácter atrayente de las mismas, cuyo programa se cumplió exactamente por la comisión ges­tora. Entre las distinguidas familias que con tal motivo aquí se congregaron recuerdo al culto secretario de la Diputación de Lu­go D. Marcelino Dafonte, que vino con el fin de acompañar a su gentil hija María Luisa en el día de su fiesta onomástica, la cual veranea en esta localidad con su esposo el acaudalado  propietario de Vigo don José Varela Nuñell.
  Asimismo, y con análogo motivo, vino la familia del Sr. Bruzos, propietario de la empresa de automóviles “El Noroeste”, que se hospedó en casa del Sr. Liñares, en don­de se celebró el santo de su bondadosa se­ñora doña María Castro Liste, con gran animación y regocijo. Allí también se congregaron el popular alcalde de Trazo D. Gumersindo Linares, su hijo D. Francisco, médico de Frades, su hija Carmen, maestra de Cee y su  yerno D. Manuel Rivas, médico de Cerceda, con sus respectivas familias, sumando 50 personas a la mesa.
  En casa de don Antonio Concheiro, prestigioso médico local, hubo también amable reunión con el fin de celebrar el santo de su amable señora, doña Asunción Iglesias Rapela, siquiera la fiesta fuese en familia debido al luto reciente por la muerte de su inolvidable madre*.
  Y siguiendo la lista de forasteros, hemos visto al inteligente médico de Oroso D. Ma­nuel Iglesias Rapela y familia; D. Juan Amigo y hermanos, D. Enrique Codesido y señora, señora viuda de Rovira Carreró e hijo, D. Joaquín Varela Tojo y familia, las elegantes señoritas de Camba y Bernárdez, D. Juan Barreiro médico de Ares y señora, D. José Stolle secretario de Frades y señora, D. Jesús Cubeiro secretario de Narón e hijos,­ señores de Castro Iglesias con sus res­pectivas familias, D. Carlos Troche veterinario de La Coruña, el bizarro capitán del Ejército Sr. Rivera con su hermana Con­cepción y su esposa doña Julia Pérez y hermana.
  Durante las sesiones musicales se forma­ron animadísimos bailes en el pintoresco paseo de la Alameda, que estaba profusa­mente engalanado, luciendo allí sus galas todas las señoritas de este pueblo y sus cercanías, y llamando justamente la aten­ción por su belleza y elegancia: Encarnación Castro, Maruja Amor, Pilar Astray, Sara Camba, Maruja Concheiro, Maruja Amigo, Maruja Iglesias Rapela, Celia del Río, Auro­ra Castro, las cuales rivalizaron en jotas y muiñeiras de una forma admirable.
  Por último, he de hacer constar que también tuvimos entre nosotros al muy querido alcalde de Santiago don Máximo de la Riva, que vino acompañando al orador sagrado D. Salustiano Portela Pazos, canónigo dignísimo de la catedral de Santiago e insigne sociólogo, el cual predicó con elocuentísimo sermón que fue justamente elogiado.
  Plácemes mil merece la comisión organizadora. Las fiestas fueron brillantísimas y a su mayor éxito ayudó el hermoso tiempo que disfrutamos. Igualmente merece plácemes la bien afi­nada banda de música de San Orente de Entines, que ejecutó un sinnúmero de piezas de su selecto repertorio, siendo muchas de ellas aplaudidísimas.
  Con el fin de que el año próximo revistan las fiestas aún mayor solemnidad, si cabe, constituyóse ya una comisión con el fin de ir arbitrando recursos por medio de rifas de objetos.

* Estrella Rodríguez Alonso, muller do alcalde de Mesía, Benigno Concheiro, morrera o 3 de febreiro de 1920.

sábado, 2 de junio de 2018

A elite ordense en 1920

  Unha carta publicada no xornal La Voz de Galicia o 15 de maio de 1920 en apoio do xuíz Marcial del Río Díaz (que estivo só 3 anos en Ordes, de maio de 1918 a xullo de 1921) permítenos coñecer á maioría de personaxes importantes da época -aínda que hai significativas ausencias como Pedro Pardo, Ramón Faya ou José Mariño-. En cor marrón engado máis información.

EN ELOGIO DE UN JUEZ
  Suscrita por las más significadas personalidades del término municipal de Orde­nes, cuyos nombres se consignan a conti­nuación, le ha sido elevada al presidente de la Audiencia territorial de La Coruña una instancia, en la que, volviendo por los fueros de la Justicia, y poniéndose al lado de la verdad, se exponen los altos merecimientos del actual juez de instrucción de este partido, D. Marcial del Río, y se afir­ma que éste es un funcionario probo, dili­gente y recto, que constituye la más fir­me garantía para todo el vecindario, por su laboriosidad, por su caballerosidad y por el buen tacto y acierto con que trata todas las cuestiones que caen bajo su jurisdicción.
  Firman dicho documento, que es el mejor galardón que puede ofrecerse al dignísimo juez de este partido ante los injustos ata­ques de que le hizo objeto un periódico de esa localidad, los señores siguientes:

Julio Pol, oficial del Ejército. Alcalde en 1924, bisabuelo de los Souto Pol.
Ricardo Amor del Río, recaudador de Contribuciones.
Pe­dro Concheiro Rodríguez, procurador y propietario. Padre de los Concheiro García (de Carballo).
Domingo A. Moar, abogado y registrador interino. Cacique ordense.
Nicolás del Río Castelo, maestro nacio­nal.
José García Álvarez, notario. Abogado nacido en Avilés.
Santiago del Río, farmacéutico. Abuelo de Pedro Carrasco (farmacia de arriba).
José Sánchez Somoza, procurador y propietario. Pazo de Somoza en Marzoa.
Manuel Gar­cía Rivas, procurador. Alcalde en 1925, familiar de Gª Sabell.
Laureano Iglesias García, industrial. Propietario del "Bar Laureano".
Pedro García Franqueira, registrador sustituto.
Manuel García, banquero y representante de la Compañía de Tabacos. Suegro de Pedro Concheiro, abuelo de García Gerpe, Manuel Concheiro, Choncha...
Manuel Astray Mato, abogado. Juez, diputado provincial, abuelo de Nel Astray.
Antonio Concheiro Rodríguez, médico. Padre del alcalde Antonio Concheiro.
Ignacio Castro Iglesias, médi­co. De la familia del Pazo de Meimixe (Oroso).
Manuel Álvarez del Rio, farmacéutico. Propietario de la farmacia de abajo.
Pastor Stolle García, oficial de Telégrafos. Suegro del alcalde Juan Liñares.
Manuel Bernárdez Ojén, administrador de Correos.
Juan Linares, propietario, comer­ciante y fiscal. Padre del alcalde Juan Liñares y abuelo del famoso bailarín Juanjo Linares.
Antonio Viqueira, indus­trial. Padre de Mundito y abuelo del alcalde Manuel Viqueira.
Fernando Liste Caramelo, propietario. Padre de Fernanducho.
Manuel Franqueira Martínez, industrial y propietario. Manolo da Ponte, suegro de Rafael Mariño, m. 1961.
José Romero Faya, industrial. Abuelo de los de Julián.
Elíseo Amor del Río, ce­lador de Telégrafos.
Eduardo Mato González. Jefe de la prisión, tío de Manuel Astray Mato, m. 1929.
José Castro Bao, industrial. Cuñado de Juan Linares, m. 1923.
Juan Barreiro Ríos, co­merciante. Alcalde en 1910. Tienda frente a la iglesia, propietario de un molino, m. 1929.
Manuel Barreiro Uzal, industrial. Hijo del anterior, casado con Manuela Mirás.
Manuel Ruibal Vilela, contratista de obras. De Buscás (A Maquía).
Benito Regos, maestro carpintero y contratista ­de obras. Suegro de Angustias.
Manuel Patiño Remuiñán, industrial. Padre de Amadeo y abuelo de Chicho Patiño.
Andrés Villar Santos, procurador. En Ordes desde 1904, m. en 1922.
José García Barros, abogado. De Santiago, en Ordes desde 1913, m. en 1923.
Vicente Pérez Ríos, procurador. ­