Gerardo Abad
naceu o 8 de agosto de 1881. Era
fillo do comandante da Garda Civil destinado en Ordes, así que naceu na nosa vila por casualidade e apenas estivo nela.
A familia marchou de Ordes, emigrou a Cuba e regresou a
España cando el tiña 8 anos de idade.
Nunha
entrevista de 1931 en "Vida Gallega"
o xornalista coméntalle:
- Yo le
creía a usted natural de La Coruña ...
- Nací en
Órdenes. En la montaña. No soy lobo de mar ... ¡Pero soy lobo de montaña! Y
gallego por todos los costados ...
O seu pai
morreu cando el era moi novo e tivo que manter aos seus irmáns menores. Na
Coruña licenciouse en Dereito e comezou unha próspera carreira académica que o
levaría a ocupar a Cátedra de Dereito Mercantil e Marítimo da Escola de
Comercio da Coruña e posteriormente a dirección da Escola Náutica da mesma
cidade. Casou cunha das fillas de Francisco Sevilla García, coruñés de boa
posición.
Con 27 anos comezou a súa carreira política
por diferentes partidos minoritarios ata que se integrou no Partido Republicano
Radical de Alejandro Lerroux. Aos 37 anos, chega a ser alcade da Coruña nos anos 1918 e 1919.
Pouco despois
foi iniciado na Masonería.
En 1931 logra saír deputado ao Congreso por Lugo e ocupa o escano ata o 9 de outubro
de 1933. Dunha maneira interina en varias curtas ocasións desempeña as funcións
de Ministro de Comunicacións durante a primavera do 1931. En decembro de 1933 é nomeado presidente
do Consello de Estado. No ano 1935 chega ao cume da súa carreira: logra ser Ministro
da Mariña, cargo que desempeñou desde o 24 de xaneiro ao 3 de
abril de 1935.
En agosto de 1935
é nomeado catedrático de Filosofía do Dereito da
Universidade de La Laguna
en Tenerife, pero tivo que renunciar polas presiones recibidas.
En febrero de 1936 presentouse novamente ás Eleccións
xerais pero non saiu elixido.
Despois do alzamento
do 1936 é detido
en Madrid e enviado ao cárcere de Porlier onde é asasinado o 10 de setembro por
gardas de asalto e milicianos.
O seu fillo Gerardo Abad-Conde Sevilla (1909 -
1988) foi tamén un notable avogado.
Gerardo Abad
é unha das figuras máis esquecidas da historia, incómoda tanto para a dereita
como para a esquerda. Pero aí queda o seu logro: é o ordense (aínda que sexa un
ordense "accidental") que máis alto chegou en política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario