martes, 29 de octubre de 2019

Festas en 1930

  En 1930, ademais do Entroido nas rúas, como era habitual, os mozos e mozas distinguidas tiñan o "Salón Troche" para reunirse. Aquel ano déronlle premios ás parellas que mellor bailaban, e o martes, o día do baile de máscaras, tamén houbo premio para os mellores disfraces.

  En xuño celebrouse o San Antonio nas Casillas. No xornal El Ideal Gallego atopamos unha relación de xente que aportou ata 271,50 pesetas para as festas. Foron:
  Manuel Areoso, Manuela Martínez, Antonio Franqueira, Bernarda Liste, José del Río, José Rey, Antonio Mariño, Salvador da Fraga, Antonio Ríos, Francisco Rey, Francisco Martínez, Grela do Mato e Antonio Rivas, todos do lugar da Fraga; José Nogareda e Ángel Ríos da Castiñeira; e Evaristo Fernández, Jacinto Fernández, José Liste, Ricardo Fernández e José Fernández das Casillas.

  O sábado 21 de xuño tivo lugar a solemne función do Corpus en Buscás. A misa foi celebrada polo sacerdote don Manuel Martínez Iglesias, que xa levaba 16 anos na parroquia (e aínda botaría 39 máis!). Alí concorreron tamén moitas familias da vila para gozar da romería nas fragas do lugar.
  Ao día seguinte, domingo 22, foi o turno de Ordes. O funcionista foi o rico propietario de Vilaverde Manuel Mosquera Barreiro que contratou unha "afinada banda" e unha gran cantidade de fogos de artificio.

  En Parada, parroquia da que era párroco don Manuel Lomba Vidal, celebraron o 18 de xullo a festa de Santa Mariña e, de paso, outra para San Roque custeada polos veciños da Grela. Ao día seguinte nova festa dedicada á Virxe do Carme, custeada como era habitual polo rico propietario Balbino del Valle, e outra máis para San Roque, custeada por varios veciños. Os dous días foron amenizados pola Banda da Garabanxa e non faltaron fogos de varias clases.

   As festas patronais duraron os habituais catro días. Para ter unha idea de como eran podedes ler este artigo aparecido en El Compostelano e La Voz de Galicia.
  La simpática y progresiva villa de Órdenes propónese celebrar las tradicionales solemnidades­ de su Patrona Santa María y del glorioso San Roque, con inu­sitada brillantez, a cuyo fin, se ha con­feccionado el estupendo programa, que a continuación publicamos, cuyos núme­ros sin duda alguna atraerán allí a nume­rosos contingentes, en los días 14, 15, 16 y 17 del corriente.
Día 14: Al atardecer harán su entra­da las bandas que amenizarán las fiestas, las que recorrerán las calles de la villa interpretando alegres composiciones, que con el disparo de bombas de palenque y repique general de campanas, anuncia­rán que dan comienzo los festejos. De once a dos de la noche, gran ver­bena amenizada por las referidas bandas, en la Alameda, donde lucirá una artística iluminación.
Día 15: A las once de la mañana, dia­nas y alboradas y disparo de 21 bombas de palenque. A las doce, misa solemne en honor de Santa María, con acompañamiento de coro y orquesta, a cuya terminación se­guirá una lucida procesión con asistencia de autoridades y entidades de la villa. A las dos de la tarde gran paseo de mo­da en la Avenida de Alfonso Senra. A las cinco, gran partido de fútbol en­tre el equipo de esta localidad y un fo­rastero de gran valía. De siete a nueve, gran concierto musi­cal a cargo de dos afamadas bandas. De once a dos de la madrugada, monu­mental verbena en la Alameda, luciendo una original iluminación eléctrica. A las doce de la noche, se celebrará una magnífica sesión, de fuegos artificia­les, que tendrá gran éxito por su novedad.
Día 16: De diez, a doce de la mañana, ejecución do escogidas composiciones a cargo de las referidas bandas. A las doce, gran función religiosa en honor al glorioso San Roque, seguida de su correspondiente procesión, durante la cual se elevarán caprichosos globos y fuegos voladores. A las dos de la larde, paseo de moda en la Alameda.
A las cinco carreras pedestres para las que hay inscriptos gran número de co­rredores “amateurs”. De siete a nueve, gran concurso de bai­les regionales adjudicándose dos premios. De once a dos de la noche, original y pintoresca verbena donde lucirán su belleza distinguidas señoritas, ataviadas con el clásico mantón de manila y claveles. En el transcurso de ella se dispararán profusamente fuegos de aire y se elevarán globos con tracas.
Día 17: En este día se celebrará una pequeña Feria-Exposición de productos del país y sus derivados, consistentes en cereales, quesos, mantecas, aves de co­rral y ganado. De doce a tres de la tarde, sesión dedi­cada única y exclusivamente para bailes regionales, amenizado por las bandas. A las seis, carreras de cintas. A las siete, concurso de belleza feme­nina entre las aldeanas de estas comar­cas, seguido de un gran baile hasta las nueve. De once a dos de la madrugada, cuar­ta verbena donde lucirá una iluminación diferente a la de los días anteriores.

 En setembro a festa máis importante era a multitudinaria romería de Santa Eufemia en Leira que contou para a ocasión coa Banda de Pontedeume ao mando do mestre Pita.
 Tamén era o mes das festas do Recreo (entón "Avenida de Saturnino Aller") que se celebraron os días 20 e 21 (o habitual 3º fin de semana).
  Comezaron o sábado 20 ás 12 do mediodía con repenique de campás e gran descarga de bombas de palenque. Ás 5 da tarde a Banda de Corme dirixida por Manuel López paseou polas rúas tocando "alegres melodías". Ás 7 houbo a procesión da imaxe da virxe desde a Capela de Lourdes á Igrexa de Santa María e logo gran sesión de fogos artificiais. Por fin, a partir das 10 da noite tivo lugar a "animada verbena".
  O domingo houbo diana a 1ª hora e o inevitable disparo de bombas. Ás 11 don Nemesio Morgade celebrou misa na Igrexa de Sta María con sermón a cargo de don Manuel Romero (da familia dos de Julián) que anos despois sería sacerdote en Rianxo. Logo tivo lugar a procesión da virxe, esta vez en sentido inverso (da parroquial á Capela de Lourdes). Ás cinco da tarde sorteouse un enorme año e logo houbo o tradicional concurso de baile galego con premio á mellor parella, sendo os xurados Manuel Franqueira e Manuel Castro del Río. Rematou a festa coa acostumada verbena. 

jueves, 24 de octubre de 2019

Onde chove máis?

EUROPA
  Se por norma chove máis no norte, nas zonas altas e na costa, o lugar máis chuvioso de Europa non sorprenderá a ninguén: é a franxa occidental de Noruega, moi coñecida polos seus fermosos fiordos entre os cales se elevan montañas que alcanzan os 2.000 metros.
  «Nestas montañas, situadas na cara oeste dos Montes Escandinavos, rexístranse os valores máis altos de precipitación de toda Europa, superando amplamente os 3.000 mm por ano. A cidade de Bergen é unha das máis chuviosas de Europa, con 2.250 mm de media» indica o físico da USC Damián Insua.
  O segundo posto é para o norte de Escocia. Nas Highland (Terras Altas) a choiva é xenerosa. Entre as súas montañas acumúlanse cada ano máis de 2.000 mm. «Rexistra cantidades moi similares ás de Galicia, especialmente na marxe occidental. Na vila de Fort William, por exemplo, a cantidade media de precipitación é case a mesma que nas cidades de Santiago e Vigo, en torno aos 1.800 mm», apunta Insua. 
  O terceiro posto si é sorprendente: Montenegro. Pero os datos non deixan lugar a dúbidas. Trátase dunha das zonas máis húmidas de Europa. «Na parte sur do país, bañada polo Mediterráneo, roldan os 2.000 mmA cidade de Cetinje, unha das dúas capitais do estado, que está situada ao pé dos Alpes Dináricos, rexistra de media 3.300 mm cada ano, un valor realmente extraordinario».
  No cuarto posto atópanse os Alpes. Debido á súa gran elevación, que supera nalgúns puntos os 4.000 metros, as precipitacións son frecuentes. «As copiosas nevadas do inverno xunto coas frecuentes tormentas do verán, fan que os valores medios de precipitación na parte máis alta da cordilleira sexan moi grandes, superiores aos 2.000 milímetros».
  E por fin, no quinto posto atópase Galicia cos seus 1.200 mm de precipitacións aínda que as provincias occidentais (A Coruña e Pontevedra) superan amplamente esta media.
  Iso si, Europa non ten nada que facer fronte a lugares como Mawsynram na India onde as precipitacións poden superar os 10.000 mm anuais.

ESPAÑA
  España destaca a nivel europeo por ser un dos países máis secos, xa que os valores medios anuais en moitos lugares están por debaixo dos 500 litros por metro cadrado como ocorre en Madrid. Pero, por suposto, ten varias zonas chuviosas e mesmo moi chuviosas.
  A serra de Grazalema, na provincia de Cádiz, ten fama de ser o lugar máis chuvioso de España. Segundo o Atlas Climático Ibérico elaborado con datos de precipitación rexistrados entre 1971 e o 2000, a media anual ascende a 2.103 litros por metro cadrado, debido á choiva orográfica que se produce pola elevación do lugar. «Tratáse dun valor realmente alto, pero está moi lonxe dos rexistrados noutras zonas. Asegurar que Grazalema é o sitio máis chuvioso de España é unha afirmación rotundamente falsa», asegura Damián Insua.
  De feito o mesmo atlas climático sinala que o sitio máis chuvioso do Estado atópase na localidade coruñesa de Rois, cunha media anual de 2.959 mm. Isto representa un corenta por cento máis de auga da que se recolle na serra gaditana. Un dato que desmonta por completo o falso mito. «De feito, os valores rexistrados en Grazalema non só se ven superados en Galicia, senón tamén noutros lugares, como en Goizueta (Navarra) con 2.562 mm, Oiartzun (Guipuzcua), 2.561 mm, ou Soba (Cantabria) 2.384», engade o físico do mesmo grupo de investigación, Martín Senande.
  Agora ben, se ampliamos o foco a toda a Península Ibérica, Galicia ten un duro competidor no país veciño. «No norte de Portugal, concretamente na Serra de Gerês, as precipitacións que se recollen son realmente cuantiosas, iguais ou superiores ás que se recollen nos puntos máis chuviosos de Galicia. Por exemplo, a estación situada en Portela do Homem, coñecido paso fronteirizo entre Ourense e Portugal, rexistra precipitacións medias anuais superiores aos 3.000 mm», destaca Damián Insua.
  En anos especialmente chuviosos, como os que se rexistraron na década dos 60, medíronse mesmo valores de 5.000 mm, o triplo do que adoita caer en Santiago de Compostela. «É moi probable que os dous puntos máis chuviosos da Península se sitúen nos cumios da serra pontevedresa do Suído e da serra portuguesa do Gerês. Están orientados cara o océano e polo tanto moi expostos á chegada das frontes atlánticas. Debido a que a Serra do Gerês presenta elevacións superiores ás do Suído, os valores de precipitación máis extremos da Península quizais se rexistren nalgún dos picos da serra portuguesa», explica Senande.


GALICIA
  Ademais, aínda que o Atlas Climático Ibérico sosteña que Rois é o lugar máis chuvioso iso non implica necesariamente que o sexa. «En realidade non o podemos saber con total certeza, porque a nosa rede de estacións meteorolóxicas non é suficientemente densa. Rois aparece como o punto máis chuvioso porque alí hai instalada unha estación dende hai moitos anos. Estamos ante un problema de medida. Se tivésemos un pluviómetro instalado nos cumios máis altos da serra do Barbanza sería moi probable que o valor de 2.959 mm se vise superado», comenta Senande.
  Os modelos dos que dispón a comunidade científica indican que a zona máis chuviosa de Galicia é a Serra do Suído (Pontevedra). «Aí dispoñemos de estacións en Fornelos de Montes onde se superan os 2.500 de media. Pero sería necesario ter datos dos picos máis altos da serra, en torno aos 1.000 metros, para atopar valores máis elevados, por riba dos 3.000 mm de media», comenta Insua.
 Outros puntos onde a auga cae en abundancia son os Montes das Paxareiras, entre Carnota, Muros e Mazaricos «Carecen de estacións, polo que sería moi interesante que se instalase alí algunha. Na Serra do Barbanza, que se eleva por riba dos 600 metros tamén chove moito. A estación de Muralla supera os 3.000 mm anuais. Non obstante, aínda non ten unha serie temporal o suficientemente longa como para calcular medias climáticas, polo que é cedo para afirmar se é ou non o lugar máis chuvioso de Galicia».
Xavier Fonseca. La Voz de Galicia.


ORDES
  A comarca de Ordes é bastante chuviosa xa que se enclava nunha zona de clima oceánico hiperhúmido. Non obstante as precipitacións non son homoxéneas senón que aumentan normalmente de leste a oeste, porque os ventos que traen a chuvia son os que veñen do suroeste -do Océano Atlántico-. Por tanto as parroquias máis occidentais como Anxeriz (Tordoia), Monzo, Restande e Benza (Trazo) son as máis chuviosas da comarca. Probablemente (pero sen certeza absoluta) o punto máis chuvioso sexa o Cotón da Voutureira, na parroquia de Monzo, que une á súa situación no suroeste da comarca unha gran altura de 512 metros.

sábado, 19 de octubre de 2019

O Terruño

  A asociación Cultural "O Terruño" naceu en Ordes no ano 1975 e legalizouse dous anos despois. Os seus fundadores foron un grupo de mozos amigos nados na década dos 50, estudantes na USC e próximos a grupos de esquerda florecentes naqueles tempos como o PSG, a LCR ou o PC. Entre eles estaban Santiago Amado Señarís (da familia Amado) que residía en Santiago pero pasaba os veráns en Ordes, Arturo Rivas, Dolores Ferreiro ou Xesús Pedreira (o futuro concelleiro do PSOE local). 
  O nome (proposto por Pedreira) tomárono do xornal anticaciquil "El Terruño" que se publicou en Ordes durante o ano 1903 e do que Manuel Moar Manolito de Ramos gardaba un exemplar.

  Na segunda metade dos 70 Ordes contaba con dúas asociacións: o "Círculo Cultural y Recreativo" (o Casino), fundado en 1965, que tiña ben pouco de cultural, funcionando máis ben coma outro dos moitos bares da vila (só que un pouco máis elitista cos demais) e "Sementes do Arte", o grupo de baile galego fundado en 1970 polo bailarín Juanjo Linares e dirixido por José Manuel Verea Rumbo.
  Moitos dos compoñentes do Terruño tamén formaban parte das outras dúas asociacións polo que a colaboración foi fácil. De feito, a sede era a mesma que a do casino, o 1º piso de Alfonso Senra 96.

  O Terruño sacou 5 números dunha revista, escrita integramente en galego, que tivo pouca repercusión porque era un boletín interno que non se comercializaba ao público xeral.
  Os contidos eran os habituais neste tipo de publicacións: estudos sobre historia e cultura galegas, opinións, reivindicacións e queixas varias, información das moitas actividades realizadas, etc. Por exemplo, no número 2, informábase da protesta que a asociación efectuara contra FENOSA pola carencia de luz na parroquia de Mercurín e que lle valeu para aparecer na prensa por primeira vez.

  Tamén foi publicado un número especial con motivo das Letras Galegas de 1979 onde aparecía como colaboración un par de poemas do mozo do Casal José Luis Rodríguez Pampín (falecido en 2014).

  Ao longo de varios anos o Terruño levou a cabo múltiples actividades a pesar da falta de locais axeitados (ata tivo que usar o ximnasio do colexio). Houbo representacións teatrais, mostras de etnografía (olería, tecidos ...), exposicións de obras dalgún artista, conferencias, debates sobre temas entón tan candentes coma o aborto ...
  Agás casos moi concretos, a asistencia nunca foi alta.

  Caso distinto foron as tres edicións da Feira da Cultura Popular Galega que se celebraron no verán dos anos 1979, 1980 e 1984, conxuntamente organizadas con "Sementes do Arte" e co Casino, e que tiveron un gran éxito de público. 
  Incluían exposición e venta de variados produtos artesáns e pola tarde actuacións musicais nas que chegaron a tocar grupos tan famosos como Doa ou Milladoiro. Os folletos e carteis publicitarios contaban con bonitos debuxos de Antonio Castro Tonecho de Lola, (especialmente o primeiro e máis icónico).

  Pasados os cinco primeiros anos, en maio de 1980 escolleuse unha xunta directiva que presidía Dolores Ferreiro Díaz con Antón Martínez de vicepresidente, Ramón Calvo de secretario, Luis Viqueira de tesoureiro e Pedreira, Bris Álvarez e Manolo Franqueira de vocais. Despois de celebrar a 2ª Feira da Cultura houbo unha crise na asociación. Como sucede a miúdo coas organizacións xuvenís, o pasar dos anos coa chegada do traballo, as responsabilidades ou simplemente novos intereses fan abandonar a moitos. A última feira de 1984 foi o canto do cisne do Terruño que desapareceu pouco despois.

martes, 15 de octubre de 2019

A feira en 1930

  Tedes aquí un interesante artigo de La Voz de Galicia do 8 de xullo de 1930 sobre a actualidade de Ordes e a súa feira que remata mencionando un curso de bordado.

  Hace días el alcalde de esta villa, don Juan Linares, dictó un bando encargando al vecindario entre otras cosas, que se retirasen del frente de las casas toda clase de objetos, impidiendo también se arrojasen a la vía pública aguas y sustancias que ensuciasen la misma.
  Produjo honda satisfacción a dicho alcalde que no tuvo que acudir a medios siempre molestos, para que los cultos vecinos, dándose perfecta cuenta de la mejora de saneamiento que se producía con las medidas adoptadas, procediesen inmediatamente a cumplirlas.
  Por la misma autoridad y con empleados a sus órdenes, venimos observando la buena distribución que ha hecho en las ferias que se celebran en la localidad, separando del centro del campo las tiendas que antes molestaban al campesino que trae las distintas especies a vender, buscándole sitio adecuado y poniéndolas en todo orden que hoy ofrecen un aspecto grandioso por la línea que les hace guardar y lo bien distribuidas que han quedado.
  Se nos asegura también que el Ayuntamiento en breve aumentará y allanará el campo de la feria que hoy se hace ya pequeño por el numeroso público que asiste a los mercados que son el factor más importante de la vida de este pueblo. De ser esto cierto, que no lo dudamos, dadas las iniciativas del señor Linares, reciben por anticipado todos los señores concejales del Ayuntamiento y su digno secretario, don Antonio Louro, que coopera a todas estas mejoras, nuestra felicitación más cordial. Sigan sin descanso la obra empezada de engrandecimiento de la villa, imitando al hijo de la misma, el prestigioso farmacéutico don Manuel Álvarez del Río, que desde que fue nombrado hace años farmacéutico municipal puso todo su sueldo a la disposición de las mejoras locales, únicas que hasta la fecha existen y acuérdese el Ayuntamiento de dar un voto de gracias a dicho benefactor en la primera sesión plenaria. Con ello se verá complacido todo el pueblo ya que no puede (porque él no lo acepta) rendirle otro homenaje.

  Desde el día primero del corriente la tan acreditada Compañía Singer estableció en el primer piso de la Casa-Ayuntamiento un curso de lecciones con objeto de enseñar gratuitamente a bordar y confeccionar prendas a las jóvenes de la localidad, las que en número superior a cincuenta, acuden diariamente, saliendo satisfechísimas de la forma en la que se les enseña, teniendo cada una a su disposición una preciosa máquina para tales labores.
  Felicitamos a todo el personal Singer que ya así lo han hecho personalmente las autoridades, pues no reparó en medios de hacer un verdadero alarde de exhibición de riquísimas labores que se hacen bajo la dirección de la competente y cultísima señorita Mercedes Gómez Prego de Oliver, a quien acompaña el celoso inspector don Victoriano Espinosa Campos, mereciendo también el representante de esta villa, hijo de la misma, digno y simpático industrial don Manuel Calvo Pérez*, los más merecidos plácemes por ayudar a que este pueblo disfrutase de una obra tan cultural como la que la compañía nos brindó.

* Manuel Calvo Pérez Malé de Calvo (1897-1949), da familia da ferraxería Calvo, casou con María Castro del Río e non tiveron fillos.

sábado, 12 de octubre de 2019

Xacementos arqueolóxicos

  Aquí abaixo tedes unha lista con todos os xacementos arqueolóxicos que hai no concello de Ordes, na súa maior parte castros e túmulos funerarios (mámoas ou medorras).
  O número é moi alto pero non vos emocionedes, varios están destruídos ou desaparecidos e a gran maioría bastante alterados.
  Dalgúns deles podedes conseguir máis información clicando na ligazón que leva á páxina PATRIMONIO GALEGO. Nela podedes ver bastantes bens culturais da Comarca de Ordes ou só do Concello de Ordes.

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE ORDES
PARROQUIA
LUGAR
NOME
Ardemil
A Brea
Fosa de Camposo
Ardemil
A Brea
Mámoa de Campos
Ardemil
O Castro
Medorra do Castro
Ardemil
O Castro
Castro do Castro
Ardemil
O Castro
Medorra de Ribao
Ardemil
Cruz do Coto - O Castro
Castro de Ardemil
Ardemil
Mesón do Vento
O Coto (R. prehistóricos e outros)
Ardemil
Morgade
Ardemil
Moscoso
Ardemil
O Porto - O Campo
Castro do Coto da Croa
Barbeiros
Baltares
Castro de Barbeiros
Barbeiros
Os Mandaios
Medorra de Mandaios
Barbeiros
O Uzal
Castro da Devesa ou de Uzal
Beán
Aldea de Abaixo
As Medorras (8)
Beán
O Areal
Castro de Nouche
Beán
Campos - Pontelos
Mámoas da Chousa de Mosquera (2)
Beán
Requián - Fonte da Viña
Beán
Souto - Aldea de Abaixo
Castro de Souto
Beán
Vilasuso
Castro de Vilasuso ou As Cenicas
Buscás
A Ameixeira
Castro da Ameixeira
Buscás
A Canle
Medorras da Canteira pequena (2)
Buscás
O Monte
As Cavadas (R. Idade de Bronce)
Buscás
Os Ramos - A Rúa
Buscás
Os Ramos - Agra da Torre
Buscás
As Uzás
Medorra de Faramilláns
Leira
A Altiboia
Castro da Altiboia
Leira
A Castiñeira
Castro da Castiñeira
Leira
Gouzón
Castro de Gouzón
Leira
Meitufe
Castro de Meitufe
Leira
Meitufe
Mámoa do Muíño Vello
Leira
Meitufe
Mámoas Tras dos Prados (2)
Leira
A Pedreira
Medorra da Pedreira
Lesta
O Couto
Castro de Reboredo
Lesta
A Igrexa
Castro das Medorras
Mercurín
Meitufe
Mámoas do Couto (2)
Mercurín
Meitufe
Medorra do Toxal ou do Rego
Mercurín
O Souto
Castro de Mercurín
Mercurín
O Vilar
Os Castros
Mercurín
Vitoria
Castro de Piñeiro ou de Portela
Montaos
Os Carrás
Castro de Carrás
Montaos
O Chan - A Igrexa
Castro do Dono
Montaos
Fosado
Castrelo
Montaos
Fosado
Medorras de Fosado (3)
Montaos
A Sobreira - Sta Cruz
Mámoa das Medorras de Sta Cruz
Ordes
O Casal
Ordes
Ceidón
Parada
A Agrela
Castro da Medorra de Gavión
Parada
A Carballeira
A Cortiña (R. cerámicos)
Parada
Castenda
Castro de Castenda
Parada
Castro
Castro de Parada
Parada
Cestaños
Albarís (R. cerámicos)
Parada
Cestaños
Castro de Cestaños
Parada
Cestaños
Coto da Medorra
Parada
Cestaños
Foxas do Petón da Areeira (2)
Parada
O Empalme
Foxa do Empalme
Parada
O Empalme
Medorra de Chousas Vellas
Parada
Piñón
As Medorras (7)
Parada
Pumariño
Castro de Pumariño
Pereira
A Casanova
Castro de Pereira
Pereira
Cercedo
Medorras de Cercedo (4)
Pereira
O Carballo
Chousa do Carballo (R. romanos)
Pereira
O Carballo
Medorra do Carballo
Pereira
A Eirexe
Eira da Igrexa (R. romanos)
Pereira
A Igrexa - Mendo
Poulo
A Aruxiña - As Pardiñas
A Croa
Poulo
Sar
(R. prehistórico)
Poulo
A Senra
Castro de Poulo
Vilamaior
Adrán
Medorra de Adrán
Vilamaior
O Castro
Castro de Vilamaior