Un dos máis descoñecidos personaxes de Ordes. Que levante a man o que soubera dela antes de que aparecera o libro "A flor de piel" de Javier Moro.
Pouco sabemos
de Isabel Zendal. Os libros Sacramentais de Parada confirman que hai moitas ramas dos
Zendal. O libro de bautizo máis antigo que se conserva é do 26 de febreiro de 1773. Isabel foi a segunda de nove irmáns
-tres mortos prematuramente- e, con certeza, ela e a primoxénita Bernarda
naceron antes desa data. Tamén sabemos que eran moi pobres o que explica porque
Isabel tivo que emigrar á Coruña.
O 31 de xullo
de 1796 naceu o seu fillo Benito na
parroquia coruñesa de San Nicolás. Grazas á partida de nacemento deste coñecemos que a nai era
"Isabel Celdam Gómez, solteira, veciña da vila e natural de Sta Mª de
Parada - Ordes".
Os libros de
contas da Caixa de Expósitos precisan que Isabel
entrou a traballar como rectora da Inclusa o 24 de marzo de 1800.
Cobraba 50
reais e media libra diaria de pan de peneira. Co paso do tiempo, irá xuntando
máis extras: media libra diaria de pan polo seu fillo, media libra de carne ao
día e 16 reais ao mes por compoñer e remendar a roupa de uso dos expósitos.
O 30 de novembro de 1803 é a data que a fai pasar á historia: partiu con outras 36 persoas na "Real Expedición Filantrópica de la Vacuna".
Rematada a
campaña filipina, Isabel Zendal asentouse en agosto de 1807 na cidade mexicana de Puebla onde quedara o seu fillo. Aquí
percibía 500 pesos fortes anuais (uns 7.500 reais).
Alí morreu
nunha data que non podemos precisar.
Se queredes saber máis dela, premede neste enlace: ISABEL ZENDAL
En decembro de 2016 foi nomeada "Filla predilecta" de Ordes. Tamén ese mes presentouse un documental sobre ela titulado:
Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo
Grazas
á figura de Isabel Zendal irmandáronse a vila de Ordes e a cidade mexicana de Veracruz.
O acto de firma do irmandamento celebrouse o 4 de outubro de 2017 en Veracruz
onde se trasladou unha delegación ordense encabezada polo alcalde José luis
Martínez Sanjurjo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario