Naceu en 1824. Era o 4º de cinco fillos de Juan Pol, pertencente á distinguida familia dos Pol de Lermo de Santiago (emparentados cos propietarios do pazo de Codeseda en Leira). Juan fora xuíz de primeira instancia en Xallas "y estuvo despreciado de su familia por casar con una hermosa y gentil aldeana llamada Manuela Ramos".
Desde 1852 (aos 28 anos) foi notario en Ordes. Tiña unha considerable fortuna e gran cantidade de terreo no que hoxe é a parte norte da vila.
Casou con Francisca Caamaño y Quiroga, tamén de moi distinguida familia, os Caamaño de Andeiro (o seu pai era o importante militar José Mª de Caamaño Sotomayor y Romero). Con ela tivo 10 fillos: Carmen, Sofía, Clotilde Elisa, Pastora, Rita, Julio, Carlos, Aurora e dous varóns chamados Florencio como el e mortos sendo nenos.
En xeral, os fillos herdaron as súas ideas progresistas, participando en loxas masónicas.

A súa evolución política foi
contraditoria: coa chegada da I
República (1873), participa na constitución dun comité federal na
localidade, pero 15 anos máis tarde viaxa a Barcelona para apoiar a Romero Robledo, un político
conservador.
No ano 1873 é cando empeza a dar
mostras do seu lado máis estrafalario: Forma un Grupo espiritista en Ordes. Doutra banda tamén
fundou unha Sociedade de Excursións científicas na que tiña a presidencia
honoraria o ex deputado Antonio del Río Castro (tamén conservador e romerista).
No ano 1891 achégase á Teosofía,
un movemento esotérico que funde elementos de varias relixións. De feito el non
era ateo e unha das súas afeccións era estudar a Biblia, libro do que tiña un
profundo coñecemento.
Nestes anos morre a súa esposa,
que é soterrada na súa finca O Laranxal de forma civil, e unha das
fillas, Clotilde Elisa, mestra en Parada.
Pero, indubidablemente, o máis
rechamante da súa biografía foron as súas curacións "magnéticas". Efectivamente, era un recoñecido curandeiro
e ademais non cobraba por ese traballo. E ata magnetizaba botellas de auga! Supoño
que son esaxeradas e autopropagandísticas as cifras de miles de pacientes, pero
fixo algunhas actuacións públicas que aínda a prensa escéptica tivo que
recoñecer.
GACETA DE GALICIA: 14 de marzo de 1890.
Hemos tenido el gusto de saludar
en esta población (Santiago) al opulento e ilustrado notario de la villa de
Órdenes D. Florencio Pol España [...] Presenciamos una sesión de magnetismo
improvisada por varios alumnos de medicina y por un distinguido médico [...]
Presentáronse al Sr. Pol varios enfermos y llámanos grandemente la atención ver
como dicho señor valiéndose de los pases magnéticos calmaba los intensos
dolores que los pacientes sufrían casi instantáneamente.
No somos partidarios de las
doctrinas del Sr. Pol, antes por el contrario las repelemos, pero debemos
confesar que nos produjo impresión ver los satisfactorios resultados que en sus
experimentos obtuvo [...] Conste que los señores que lo presenciaron instaron al
Sr. Pol a que de nuevo repitiese sus ensayos y esta es para nosotros una prueba
de que alguna atención merece su estudio. Sin que por esto nos mostremos
partidarios de las doctrinas de este señor, le felicitamos, puesto que sus
estudios los emplea en conseguir el alivio de los que se someten a su cuidado
sin admitir retribución alguna.
GACETA DE GALICIA: 17 de septiembre de 1896
«Leemos en un periódico coruñés:
Imposibilitado por una indisposición catarral, don Florencio Pol, para una sesión
teórico práctica de magnetismo curativo, limitaráse de tres a siete de la tarde
del 14 del corriente a saturar de fluido vital, en el local que se designara,
las botellas que se le presenten llenas de agua, bien encorchadas y cubiertas
de papel azul ajustado con goma, por o a nombre y para uso de enfermos desahuciados,
acompañando tarjeta de algún señor médico o persona de satisfacción».
Faleceu na Coruña, na rúa Real,
28 (e non en Ordes, como se ten dito) o 3 de xuño de 1902. E, por suposto, o seu enterro foi civil, no “cemiterio de disidentes”.
O seu fillo Carlos Pol (n.1862), procurador, mestre, escritor e xornalista, casado con Josefa Crespo Puente emigrou a Arxentina en 1906. Alí viven a maioría dos seus descendentes.
A súa filla Sofía Pol casou co farmacéutico José Mª Carballido. Foron pais de Josefina Carballido Pol que casaría co tamén farmacéutico Santiago del Río Seoane, orixe da familia del Río Carballido.
Para saber máis de tan especial personaxe tedes este artigo de Carlos Pereira Martínez.

Julio Pol Caamaño (1860-1941), militar e fiscal municipal, foi un personaxe moi importante na historia comarcal e ostentou brevemente a alcaldía de Ordes.
Para saber máis de tan especial personaxe tedes este artigo de Carlos Pereira Martínez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario