sábado, 28 de octubre de 2023

Festas patronais de 1951

  As festas patronais de 1951 foron un punto e aparte. A pesar da dureza da época os ordenses botaron a casa pola fiestra e a celebración durou nin máis nin menos que 6 días!
 
  Pero ademais, aínda que moitos outros anos apareceran novas na prensa, este foi o primeiro ano no que un xornal lles dedicou varias páxinas. Ese xornal foi o vespertino santiagués La Noche, que o día 14 publicou un saúdo do alcalde, o programa, unha pequena descrición do lugar, moitos anuncios, e finalmente unha entrevista co alcalde Juan Liñares onde este falaba das melloras que se estaban realizando na vila (a Casa do Concello -aínda en obras- o comezo da rúa República Arxentina, o arranxo da iglesia, un lavadoiro, lastras no Recreo -entón José Antonio-, etc.).
 
 
Ese martes 14 as festas comezaron ás 12 da mañá con repenique de campás, bombas e gaiteiros percorrendo as rúas. Ás 6 da tarde fixo a súa entrada na vila a
Banda de Arca que ás 10 da noite sería a encargada de amenizar a primeira verbena nocturna na Alameda. Tanto esta como a rúa Alfonso Senra contaban cunha espectacular iluminación, instalada polo industrial pontevedrés Miguel Romero.
  Unha salva de potentes bombas anunciou o día grande das festas, o mércores 15. As dianas e alboradas estiveron a cargo da Banda de Arca e gaiteiros do país. Ás 9 e media da maña fixo a súa entrada na vila a laureada Banda do Rexemento de Infantería Zaragoza de Santiago. Ás 11 os xigantes e cabezudos pasearon polas rúas acompañando aos gaiteiros. Ás 12 tivo lugar a misa solemne cun orador invitado e logo a tradicional procesión onde se estreou a nova insignia parroquial. Ás dúas da tarde houbo concerto na Alameda onde se alternaron as dúas bandas, a de Arca e a dos militares. Tamén se elevou un "monumental" globo. Ás seis da tarde inaugurouse o campo de fútbol da Pinguela, a carón do río Cabrón, onde o Órdenes FC competiu cun "potente equipo forasteiro" para gañar un trofeo doado pola casa Terry. Ás 8 da tarde houbo un principio de verbena no que, xunto ás dúas bandas, tocou tamén para ledicia dos máis novos a Orquesta Spallant (máis coñecida como os Espallantes) co seu admirado vocalista, o guapo Álvaro Pita Alvarito. A verbena reanudouse ás 11 coas tres agrupacións, pero ademais cun espectáculo de lucería, fogos artificiais e elevación de "globos grotescos", obra dos famosos pirotécnicos de Oza dos Ríos, os irmáns Rocha.
  O xoves 16 iniciou como o anterior coas dúas bandas e os xigantes e cabezudos acompañando aos gaiteiros ás 10 da mañá. Ás 11 houbo unha carreira ciclista (exclusiva para corredores locais) co percorrido Ordes - Mesón - Ordes. Ás 12 tivo lugar a misa solemne na honra de san Roque e á unha o concerto das bandas. Pola tarde ás 5 foi o momento das carreiras de cintas na rúa Alfonso Senra, e ás 6 o das carreiras de relevos polas estradas próximas. Ás 8 e ás 11 de novo verbena coas bandas e os Espallantes, ademais doutra sesión de fogos, tracas e elevación de globos.
  O venres 17 houbo pasarrúas das bandas. De 12 a 3 paseo de moda e novo concerto a cargo das bandas. Ás 6 da tarde nova carreira ciclista, pero esta xa non estaba limitada a corredores locais e o percorrido alcanzaba os 45 Km, pois o itinerario era Ordes - Mesía - Mesón do Vento - Ordes. Ás 8 da tarde houbo o concurso de baile galego con importantes premios en metálico ás parellas gañadoras. Ás 11 da noite gran baile que rematou cunha sesión de fogos artificiais.
  O sábado 18 comezou ás nove con dianas e alboradas. De 12 ás 2 da tarde a sesión vermú na Alameda. Ás 6 da tarde tiveron lugar rifas dos números que se venderan pola Comisión de festas con "mágnificos regalos" para os gañadores. Ás sete unha carreira de cabalos do país. Ás oito festa polular e ás 11 a última verbena que rematou a "altas horas" coa habitual sesión de fogos artificiais.
  O domingo 19, aproveitando que era día de feira, houbo un concurso de gando do país con premios en metálico por valor de 7.500 pesetas. Seguiron os concertos e bailes como en días anteriores. E así remataron unhas das festas máis memorables da historia de Ordes.

martes, 24 de octubre de 2023

Gustav Henningsen

  Gustav Henningsen naceu no ano
1934 en Slagelse, unha vila de bo tamaño no oeste da illa de Selandia (Sjælland), a maior de Dinamarca. O seu pai fora emigrante a Arxentina pero volveu a Dinamarca e traballou como inspector nunha empresa de sementes e grans. Desafortunadamente morreu en 1941 deixando á súa muller viúva e con 35 anos. Para ir tirando, ela puxo na casa unha pensión para alumnos da Academia Sorana que quedaba preto. Deste modo os irmáns Henningsen criáronse con moitos amigos. Gustav tiña unha lixeira dislexia e foi un escolar lento. Mellorou no instituto, onde compartía aula con poucos alumnos porque escolleu a rama de linguas clásicas, e tivo de profesor a Henrik Haarløv polo que sentía gran admiración.
 
  Despois do bacharelato, en 1953 solicitou a bolsa Peter y Emma Thomsen, que lle foi concedida e da que recibiu cartos ata 1959. Na Universidade de Copenhague estudou lingua danesa e cristianismo. En 1954 a súa nai comprou unha casa na cidade, o que facilitou os seus estudos.
  O ano 1956 foi fundamental na súa vida. Na primavera Gustav e o seu amigo Bengt Holbek asistiron a un curso de narrativa popular do profesor Laurits Bødker que os impresionou. El traballaba no Instituto do Flolclore onde os contrataron aos dous como auxiliares. No verán coñeceu a Marisa Rey, unha española que estaba de vacacións e da que se fixo noivo. No Nadal prometéronse e casaron en maio de 1957. Nesta época aprendeu o idioma castelán, mentres Marisa aprendía o danés.
 
 
  En 1959 escribiu a súa tesina e publicou o seu primeiro artigo na revista Danske studier. No 1961 acadou o posto fixo no Instituto e en 1962 rematou a carreira. Antes diso, nunha viaxe á illa de Ærø en 1960 descubriu que alí a crenza nas bruxas seguía viva. Despois de escribir un artigo sobre o tema e de facer o servizo militar plantexouse escribir a súa tese comparando a bruxería en tres países: Dinamarca, España e Irlanda.
 
  En principio pretendía traballar no País Vasco pero Julio Caro Baroja recomendoulle que o fixera en Galicia. En 1964, equipado cunha gravadora Eltra que pesaba varios quilos e acompañado de Marisa, achegouse á romaría do Corpiño e alí quixo a sorte que coñecese ao panadeiro Andrés Blanco que o invitou a visitar Ordes. Despois dunha breve estancia de dúas semanas marchou e o primeiro que fixo foi mostrar as gravacións a Caro Baroja. En 1965 conseguiu unha bolsa de 3 anos e, despois de visitar a Carmelo Lisón Tolosana en Pontevedra e aprender dos seu métodos, volveuse a instalar en Ordes o 25 de agosto, en Vilar. Ordes era entón unha vila medio moderna e ben comunicada grazas á N-550 pero as parroquias vivían case como no século XIX. Gustav percorreunas, especialmente Ardemil, entrevistou ás súas xentes e logrou centos de fotografías que documentan as supersticións pero tamén as casas, os traballos, as festas... Este labor levouno a cabo sen especiais atrancos a pesar da reticencia inicial dos paisanos. Estivo en Ordes ata setembro de 1968 en que regresou temporalmente a Dinamarca.

 

  Ata 1972 estivo investigando en España sobre inquisición e bruxería. En homenaxe a Julio Caro Baroja publicou en 1978 un magnífico traballo sobre Alonso de Salazar y Frías. Tamén foi o tema da súa tese doctoral «The witches’ advocate» que defendeu en 1981. Unha síntese da mesma deu orixe ao libro "El abogado de las brujas. Brujería vasca e inquisición española" publicado en 1983 en castelán, un dos cinco idiomas nos que é posible atopalo.
 En 1992 realizou unha mostra itinerante, The European Witch Craze, Fact and Fiction, que foi presentada en Londres e nas catro capitais escandinavas.
  Xubilouse do Danish Folklore Archives en 2002 e desde ese momento o matrimonio residiu en España.
  No ano 2010, con motivo do 4º centenario do Auto de las Brujas efectuouse en Logroño unha versión española da mostra de 1992.
 
  No ano 2015 unha exposición no Museo do Pobo Galego descubriu ao gran público os seus anos en Ordes dos que practicamente ningún profano tiña coñecemento. Todo ese material con máis de 2.000 fotografías e máis de 250 gravacións sonoras foi doado ao Museo e está custodiado polo Instituto Galego da Lingua. Paralelamente editouse o libro "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido" e posteriormente "O danés curioso en Ordes", libros altamente recomendables para todo aquel que queira saber como era a vida cotiá dos campesiños ordenses nos anos 60.

 


  No ano 2021 doou o seu fondo documental e bibliográfico á Universidade Pública de Navarra, institución que lle rendeu homenaxe e que publicou en castelán o libro "En busca de la verdad sobre la brujería. Los memoriales del inquisidor Salazar y otros documentos relevantes sobre el auto de fe de 1610", ata ese momento só dispoñible en inglés.
  Morreu en Lyngby, un suburbio de Copenhague, o 18 de outubro de 2023.
 
 E non quero rematar sen unha reflexión: A pesar de ser un etnógrafo recoñecido de fama internacional con varios libros publicados, no momento de subir este artigo non existía biografía súa na Wikipedia, o que fala moi ben da súa humildade (el non se molestou en facelo) e mal dos responsables desa enciclopedia.

viernes, 20 de octubre de 2023

O apelido Gestal


   O apelido Gestal non é especialmente abundante. Hai algo máis de 1.400 portadores en 27 concellos de Galicia, pero o 60 % de todos eles en só 4: A Coruña, Ordes, Culleredo e Cambre. 
  Aínda que Carral é o concello con máis porcentaxe, tendo en conta a abundancia do apelido nas parroquias de Leira e Ardemil, case con toda seguridade aí ten a súa orixe. Contribúe a reforzar esta hipótese o feito de que debe provir dun topónimo que se refire a un xestal ou xesteira (lugar cheo de xestas), planta que era moi abundante nos altos páramos das nosas parroquias e non tanto nos agraciados vales de Carral.
  O portador máis relevante deste apelido non foi nativo da nosa comarca, senón coruñés. Falamos claro dun famoso humorista dos anos 60 e 70 do século pasado, Carlos Díaz Gestal o Xestal.
 

  En Leira, concretamente en Meitufe, viviron Tomás Gestal García e Manuela Gestal Vázquez, patriarcas da ampla familia Gestal Gestal. Tamén en Meitufe viviu Josefa Gestal Rama (1908-1978) nai dos 6 Liñares Gestal. Un dos seus irmáns, José, residiu na Espiñeira e foi pai dos 5 irmáns Gestal Regueira.
 
 
  En Loureda tivo a súa morada José Gestal Blanco (1904-1981), casado con Carmen Blanco Calvo e pai de Domingo e Jesús -cos mismos apelidos que el-. A súa irmá Mª Josefa casou para Pedre (Mercurín) e foi nai dos Pulleiro Gestal.
  Na porta do Nó viviron Andrés Gestal Louro (m.1961) e Manuela Villasenín Barral, pais de Valentín, Ricardo, Pilar e Jesús Gestal Villasenín. Tamén de Ardemil foron os sete irmáns Gestal Ramas.
 
 
En Mercurín naceron en Carracedo os 4 irmáns Gestal López (Ricardo, Domingo, Manuel e Jesús). O primoxénito Ricardo (m.1987) casou con Nieves Louro Barros (1918-1980) e foron pais dos sete irmáns Gestal Louro.
  O matrimonio formado por Isidro Gestal e a centenaria Jesusa Rama Louro (1885-1985) tivo varios fillos, entre eles José (1913-1971) que foi garda civil do mar e que morreu no Recreo, María (1914-1982) que viviu na Bailía, Andrés (1914-1999) que viviu en General Mola -hoxe rúa Galicia-,  Antonio (1917-1975) que traballou na Tabacalera da Coruña, Jesús, Rodrigo e Juan Gestal Rama.

martes, 17 de octubre de 2023

Parroquias ordenses en 1607

 
Jerónimo (ou Géronimo) del Hoyo foi un relixioso castelán que desde 1603 visitou e documentou a arquidiocese de Santiago de Compostela en nome do arcebispo Maximiliano de Austria. Levou a cabo unha descrición das parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida no libro Memorias del Arzobispado de Santiago de 1607. Aquí tedes os textos -no idioma orixinal- sobre as parroquias de Ordes (que entón aínda non existía como concello), tres do Arciprestado de
Barbeiros e dez do de Berreo de Arriba.
 
SANTA MARIA DE BEAN
  Esta felegresía tiene quarenta y siete feligreses. Los frutos se hazen dos partes: la una y un dezmero lleva la cura, que valdrá treinta cargas de todo pan y la otra por sincura que la tiene el canónigo Antonio de Cisneros. Cura y sincura son de presentación del Comendador de Porto Marín y tiene Gonçalo de Villar, procurador de la Audiencia Real, fuero, el qual fuero lo hizo el comendador por su vida y ciertas voces y así es presentación en nombre de la Encomienda y dixo el retor que a él le hizo también el comendador Don Martín de Ayala fuero de ciertos lugares por quatro cargas de centeno que paga a la Encomienda y dura el fuero por otras tres voces. La fábrica tiene de renta un sueldo de una casa y una cortiña que rentan tres ferrados de trigo y otra heredad que renta otro ferrado de centeno. Edificó el retor una capilla dentro de la iglesia, al lado del Evangelio, sin perjudicar al altar colateral con vocaçión de San Juan Baptista. Hay una hermita de San Silvestre papa, en un territorio que es de las monjas de Santa Clara de Santiago, y de los diezmos de ese lugar, lleva el monasterio las dos partes y la tercia solian llevar unos caseros, vecinos del mismo lugar, y concertáronse con el retor y danle cierta parte, así de esto como de los lacones y granos que se ofrecen el día del Sancto, porque le diga misa la qual se dice aquí solamente este día y el retor lleva ornamento y todo recado para decirla; está decente y el repararla está a cargo de las monjas (fol. 362, v.).
 
SANTA MARIA DE BARBEIROS
  Esta felegresía tiene treinta y tres feligreses. Los fructos se hazen tres partes: la una y un dezmero lleva la cura y las dos el Conde de Altamira. Vale la parte de la cura veinte y siete cargas de todo pan. Presentación del arçediano de Cornado*. La fábrica tiene veinte y tres ferrados de trigo y uno de centeno de quando dona el retor y lo dexó presente toda la fábrica y seis ducados que le dexó de renta en juro el racionero Frutuoso da Fonte que fué aquí retor. Hay una capilla en el cuerpo de la iglesia, a lado de la Epístola super judica al altar colateral que fundaron R. Jigero y su muger con cargo de catorce misas: dos el marido y doce la muger, y dexó al retor un lugar con tres ferrados de trigo y la muger dexó a la fábrica quinze (fol. 363, r.) ferrados de trigo, con cargo a las doze misas y del reparo de la capilla.
 
SANTIAGO DE VILAMAYOR
  Esta felegresía tiene sinquenta feligreses. Los fructos se hazen ocho partes: las dos y un dezmero la cura y las cinco, por sincura, Pedro Pardo de Riva de Neyra que a poco murió y está baca y la otra el Conde de Altamira. Vale la parte del retor catorce cargas de pan. Cura y sincura, son de presentación de legos. La fábrica tiene de renta dos ferrados de trigo y ciertas bacas y yeguas en parcería.
 
SANTA CRUZ DE MONTAOS
  Esta felegresía tiene quarenta feligreses. Los fructos todos a la cura, que valdrán, con los del anexo, cient cargas de pan, y casa del iglesario buenas, cave la iglesia. La presentación anda en pleito; preséntala legos, pero dizen ser eclesiástica. La fábrica tiene ciertas heredades que rentan quatro ferrados de trigo y tres de centeno y dos reales y medio en dinero; tiene otras tierras montesías, que, quando se labran, dan por ellas tres ferrados de trigo.
 
SANTA BAYA O EULALIA DE PEREIRO, ANEXO DE SANTA CRUZ
  Esta felegresía tiene treinta y cinco feligreses. Los fructos se hazen quatro partes: las dos y un dezmero llieva la cura y un quarto el cabildo y otros unos legos. Vale la parte del retor con la beca cient cargas de pan, porque tiene buen iglesario. La fábrica tiene de renta tres ferrados de trigo y dos reales en dinero de ciertas leiras de heredad.
 
SANTA MARINA DE PARADA
  Esta felegresía tiene quarenta y quatro feligreses. Los fructos se hazen seis partes: las cinco y un dezmero lleva la cura y la sexta, por sincura patrimonial, unos legos. Vale la parte de la cura cinquenta cargas de pan. Presentación de legos. La fábrica tiene de renta diez ferrados de trigo (fol. 389, v.).
 
SANTA MARIA DE ORDENES
  Esta felegresía tiene quarenta y quatro feligreses. Los fructos se hazen seis partes: las cinco lleva el Conde de Altamira y la una y un dezmero lleva la cura, que valdrá diez y ocho cargas de todo pan. Presentación del Conde de Altamira. La fábrica tiene de unas leiras nueve ferrados de trigo y nuebe y medio de centeno; tiene más de otras leiras que se paga el quinto quando se labran y ciertas caveças de ganado.
 
SAN GIAO O JULIAN DE POULO
  Esta felegresía tiene quarenta y ocho feligreses. Los fructos se hazen tres partes: la una y un desmero lleva la cura y las dos el cabildo de Santiago. Vale la parte del cura veinte y quatro cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín. La fábrica tiene de renta un ferrado de trigo y otro de centeno. Hay una hermita de Nuestra Señora questá dentro del lugar que edificó un feligrés Pedro Botana, labrador.
 
SAN PAYO DE BUSCAS
  Esta felegresía tiene sesenta y tres feligreses. Los fructos se hazen tres partes: la una y un dezmero lleva la cura y las otras dos Lope de Leis y sus herederos por fuero de San Martín. Vale su parte al retor veinte y quatro cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín La fábrica tiene de renta cinco ferrados y medio de trigo y tres y medio de centeno de renta de ciertas heredades. En este distrito caye la hermita de Sancta Eulalia de Faramillans, ques coto de por si que parece fué del monasterio de San Martín; no tiene pila baptismal ni Sanctisimo Sacramento. Hay cinco o seis vezinos, los quales van siempre a oir misa y rescevir los Santos Sacramentos a esta iglesia de Buscás como feligreses della.
 
SANTA MARIA DE LEIRA
  Esta felegresía tiene sesenta feligreses. Los fructos se hazen dos partes, la una y un dezmero lleva la cura y la otra el Conde de Altamira. Vale la parte de la cura quarenta y tres cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín, por razón de un priorato questá en la diocesis de Lugo, y tiénelo en fuero una señora. La fábrica tiene de renta unas heredades que rentan siete ferrados de trigo y otras montesías, que quando se labran dan el quinto. Hay una hermita de San Roque que tiene un ferrado de trigo de renta.
 
SAN CREMENCIO O CLEMENTE DE MERCURIN
  Esta felegresía tiene veinte y ocho feligreses. Los fructos se hazen seis partes: las quatro y dos dezmeros lleva la cura y un sexto el Collegio (fol. 390, v.) de Santiago y el otro Margarita de Sanjurjo. Vale la parte del retor como diez y seis cargas de todo pan. Presentación de legos. La fábrica tiene sesenta y un reales de renta de unas leiras.
 
SAN PEDRO DE ARDEMIL
  Esta felegresía tiene sesenta y tres feligreses. De los fructos, la una parte y un dezmero y un tercio y un quarto lleva la cura, y otro quarto la dignidad arçobispal y otro quarto el cabildo y otro quarto, menos un tercio, lo llieban Alvaro de Lea y Juan Pardo. La parte del retor vale como treinta cargas de todo pan. Presentación de legos. La fábrica tiene de renta ciertas leiras, tres ferrados de trigo y quatro de centeno. Hay una hermita que caye junto al camino.
 
* Cornado: Os arciprestados estaban agrupados en entidades superiores chamadas arcediagados (arcedianatos en castelán). O arcediagado de Cornado incluía 9 arciprestados que tiñan un total de 187 igrexas, entre eles os tres da comarca de Ordes, Berreo de Arriba (18), Berreo de Abaixo (22) e Barbeiros (36), máis Bama (12), Piloño (19), Insua de Loño (9), Benvexo (18), Ferreiros (20) e Sobrado (25). 

viernes, 13 de octubre de 2023

O ano 1951

  En 1951 o ano comezou coa inauguración oficial da sede da ONU en New York. Pero, contrastando con ese símbolo de paz, seguía a Guerra de Corea, agora con ventaxa para o Norte, e as dúas potencias detonaban cada dous por tres bombas atómicas de proba. Europa mentres tanto avanzaba cara á súa integración creando en abril a CECA (Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro). En Oriente medio continuaba a tensión coa morte en xullo do rei Abdullah Ibn Husayn de Xordania en Xerusalén e a loita de tropas inglesas coas exipcias na canle de Suez. Algo parecido pasaba máis ao leste co asasinato en outubro de Liaquat Ali Khan, o primeiro ministro da historia de Pakistán.
  Dentro dos aspectos positivos, en Arxentina votaron as mulleres por primeira vez (incluída unha enferma Eva Perón), William Shockley inventou o transistor de contacto de punto e en Alemaña apareceron os LPs, os discos de longa duración. Marguerite Yourcenar publicou "Mémoires d'Hadrien" e J.D. Salinger "The Catcher in the Rye", mentres o arxentino Fangio era campión por primeira vez de Fórmula I. Nese ano comezouse a emitir na televisión dos USA a serie "I love Lucy" que sería un éxito clamoroso nos anos 50.
 
  En España 1951 tamén foi contraditorio. Para o Réxime foi un ano triunfal despois do recoñecemento internacional, simbolizado en xaneiro pola primeira chegada ao porto de Barcelona dunha división da VI frota estadounidense. 
  A economía en cambio non acababa de funcionar. Igualouse a RPC de 1935 pero foi un ano de malas colleitas e o número de defuncións volveu subir de 300.000 (o máis alto desde 1946). As penosas condicións laborais e a inflación ocasionaron novos disturbios. En Barcelona a notable subida do prezo dos tranvías foi respondida o 1 de marzo cun boicot que logrou a anulación da medida. Logo seguiu unha folga xeral secundada por unhas 400.000 persoas no cinto industrial da cidade. O Capitan Xeneral de Cataluña, o monárquico Juan Bautista Sánchez, negouse a sacar as tropas á rúa. Aínda así houbo medidas de forza e a folga foi paralizada. Tamén houbo protestas e folgas en Zaragoza, Pamplona, o norte do País Vasco e un boicot aos transportes en Madrid. A reacción chegou en xullo e foi unha remodelación do goberno para cambiar en parte a política económica, se ben continuou o predominio dos sectores católicos. Por fin entrou Carrero Blanco como subsecretario da Presidencia e o reformista Ruíz Giménez en Educación. Creouse ademais un novo Ministerio de Información e Turismo e desdobrouse o de Comercio e Industria.
  Ese ano Camilo José Cela publicou en Arxentina "La colmena" e García Iranzo o primeiro caderno do cómic "El cachorro". Tamén apareceu unha das mellores e máis descoñecidas películas da nosa historia, "Surcos" de Nieves Conde, aínda que no favor do público gañoulle Carmen Sevilla que estreou "El sueño de Andalucía" con Luis Mariano. O futbolista arxentino Roque Olsen veu para o Real Madrid e o húngaro Ladislao Kubala (escapado do comunismo) para o FC Barcelona.
  Nunha Galicia onde emigraron ese ano 25.200 persoas, a nova máis destacada foi en setembro o incendio do Mosteiro de Samos provocado por unha explosión nas destilerías que deixou un morto e dous feridos. Só quedaron as paredes e a igrexa e perdéronse valiosos manuscritos do padre Feijóo. Outra mala nova foi a marcha da empresa ourensá Barreiros a Madrid onde nos dous anos seguintes transformaría uns 700 motores de gasolina a diesel.
 
 
E que pasaba en Ordes? O máis importante foi o inicio das obras para a nova Casa Consistorial, pero ademais...
XANEIRO: Correspodéronlle 10 toneladas de cemento á Delegación comarcal de Ordes. Morreon o día 3 en Lesta con 90 anos Manuel Caamaño González, o día 4 con 77 anos o sacerdote Vicente Monteagudo Fernández, párroco desde 1903 de Vilamaior (e de Olas que estaba anexa) e o día 17 aos 82 anos Antonio Ferreiro Pérez Antón de Xan Ferreiro.Tamén faleceu en Beán a mociña Obdulia Fernández con só 15 anos.  
FEBREIRO: Detido Antonio Barreiro por delito de deserción. Outras 5 toneladas de cemento para a Delegación comarcal de Ordes. Morreu en Leira Rosa Bello Uzal  aos 76 anos de idade.
MARZO: O xefe da Estación de Ordes Lázaro Moreno foi trasladado á de Rivadavia.
ABRIL: Novo xefe da Estación Constantino Calierno. Morreu o día 3 o empresario e ex-alcalde Juan Liñares Iglesias e o 18 José Franqueira Ferreiro, pai biolóxico de Manuel Lois, aos 70 anos. En Barbeiros morreu Ramón Noya aos 50 anos, en Leira Victoriano Bello Uzal e Carmen Brandariz Rivas aos 27 anos, e en Lesta Manuel Reboredo Castro aos 63 anos.
MAIO: O día 20 no asilo de San Castor e Santa Adelaida en Portomouro o sexaxenario Constantino Iglesias matou a Juan Varela dun navallazo.
XUÑO: Pedida de man de Mª Carmen Astray para o médico balear Bartolomé Siquier Serra. Voda de José Mª Liñares Castro (m.2003), irmán do alcalde, con Josefina Martínez Feal na igrexa de Santa Lucía na Coruña.
XULLO: Pasou a Volta a Galicia por Ordes que foi meta e punto de partida da contrarreloxo ata Santiago. O gañador foi Manuel Céspedes. Faleceu Narciso Correal y Freire de Andrade, que fora nomeado "Fillo adoptivo" de Ordes en 1925. Morreu en Buscás Pedro Moar Fuentes aos 58 anos.
AGOSTO: A Banda de Arca, a do Rexemento "Zaragoza" de Santiago e a Orquesta Spallant nas festas patronais. Morreu en Buscás o construtor Manuel Ruibal Vilela  aos 80 anos de idade.
SETEMBRO: Manuel Vieites inaugurou a súa tenda de calzado no Recreo. Morreu en Buscás Carmen Moar Gómez.
OUTUBRO: A sucursal da caixa celebrou a "Fiesta del Ahorro", sorteando premios para promocionarse. Morreu en Ardemil aos 20 anos Pedro Brandariz Gómez.
NOVEMBRO: Morreron Domingo Mosquera Viqueira aos 74 anos en Buscás e Manuel Veiras Suárez aos 60 en Poulo.
DECEMBRO: Detido na Coruña Ernesto Sotomayor que roubou 50 reloxos nun comercio de Ordes. Morreu en Pereira Francisco Bello Suárez, patriarca da familia Bello, aos 82 anos de idade.

martes, 10 de octubre de 2023

Buscando o castro Ceidón

   No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados á comarca de Ordes. Este foi publicado o 17 de decembro de 2022.
 
  Entra en el capítulo de lo probable que quien diseñó la nacional 550 a su paso por Ordes no tuviera ni idea de que la hacía discurrir entre dos aldeas prehistóricas: a la izquierda (dirección A Coruña), el castro de O Casal, y a la mano contraria, el del monte Ceidón. Que por cierto de monte tiene muy poco, es tan solo un otero muy arbolado en el que manda el eucalipto rodeado de tierras llanas descendentes por la que corre el río Cabrón. Al segundo castro es muy fácil llegarse: se toma la incompleta circunvalación a la entrada de Ordes y se abandona en la primera rotonda dirigiéndose a Ponte Carreira.
  Cuando acaban los bloques ya aparece a la derecha el desvío señalizado A Espenica, que hay que tomar. Esa pista, de nombre rúa García Gerpe, ancha y de buen firme, ascendente con muchas viviendas unifamiliares a diestra y siniestra va a completar un círculo, de manera que acaba de nuevo en la carretera a Ponte Carreira.
 

  La aldea prehistórica va a quedar siempre a la izquierda, pero se tarda en encontrar el acceso e incluso en algún tramo fue levantada una alambrada que lo impide y cartel que aconseja ni intentarlo. Antes se ven algunos hórreos sin interés, la propia aldea de O Castro y una zona de descanso pequeña, con contenedores y un parque infantil. Es esa zona buen lugar para reflexionar, y si procede, aprender, sobre la toponimia. Espenica debe ser una variación fonética de Espenuca, y esta procede de spelunca, palabra latina que significa cueva o un resguardo pedregoso.
  Este último resulta difícil imaginárselo en este paraje, pero la cueva puedo haber existido: una cavidad en las laderas sí es posible, lo cual no quiere decir que fuera el hogar de un eremita (así se dijo en otros lugares), ya que puede tratarse de una formación natural.
  ¿Y Ceidón? Si hubiera una leyenda por los alrededores, que quizás hubo y se perdió, el origen estaría claro. Pero incluso así lo más probable es que el gran estudioso gallego de la toponimia Fernando Cabeza tenga razón: Ceide es un arabismo procedente del nombre personal Zaide. Al menos abre una posibilidad apasionante: ¿qué hacía un moro por esos pagos? ¿Era enorme, ya que Ceidón es un aumentativo? ¿Gigante mítico?
  Pero volviendo al terreno, este es casi un castro sitiado. Claro que 300 metros después de esa zona de descanso arranca un acceso, ahora sí, que conduce al excursionista a esa auténtica selva que es el curuto del otero.
  De nuevo en la carretera, seguro que hay tiempo para ir a Sar. Pero no al río, sino a la pequeña aldea que se extiende a la derecha, previa desviación.
 

  ¿Y si hay ganas de andar? Entonces desde el castro la propuesta consiste en dar marcha atrás y justo antes de la zona de descanso girar a la izquierda, hacia A Castiñeira. Tras la última de las casas de este lugar parte un camino que va a conducir precisamente a la última de las casas de Sar, con la advertencia de que la primera mitad resulta cómoda y la segunda es más engorrosa porque el exceso de vegetación y el poco uso puede llevar a la pérdida, que en ningún caso es importante porque el camino es en total poco más de un kilómetro.
  En cualquier caso, luego hay que dirigirse (en coche) hacia el río Cabrón, que salva el puente de A Pinguela y se toma la desviación señalizada DP-5905. Al medio kilómetro un cartel a la diestra invita a descender a la Fonte da Mercede, cincuenta metros andando por zahorra para alcanzar una fuente muy conocida en toda la comarca, con mesa, bancos y cruceiro [que data de 1947],un entorno de notable alto que no alcanza el sobresaliente tan solo porque necesita unos poquitos cuidados.
Cristóbal Ramírez


INICIO: 43º04'17"N  8º23'53"W.
LA FOTO MÁS PERSONAL: En la Fonte da Mercede.
LA AVENTURA: Llegar al castro.
MAPA RECOMENDADO: Instituto Geográfico Nacional. 70-III.

sábado, 7 de octubre de 2023

Oficios: ferradores e latoeiros

  Ata mediados do século XX o campo non estaba mecanizado e o traballo era principalmente humano ou animal. As vacas non ficaban ociosas nas súas cortes senón que tiñan que traballar tirando do carro, dos arados e doutros apeiros. Os cabalos non eran demasiados porque só estaban ao alcance dos máis ricos pero abundaban os humildes asnos e as bestas, fillas de asnos e eguas, moi apreciadas porque xuntaban o tesón e a resistencia dos seus pais co tamaño e a forza das súas nais.
 
 
Todos eles debían ser calzados para evitar que o duro chan das corredoiras lles producise un desgaste excesivo que magoase os seus pés, e iso había que facelo cada poucos meses porque as ferraduras como calquera outro tipo de calzado íanse estragando co uso.
  Eran imprescindibles por tanto e moi demandados os ferradores. Este traballo nalgúns casos tamén era realizado polos ferreiros, que podían fabricar eles mesmos as ferraduras. Os ferradores en cambio comprábanas en gran cantidade xa feitas e logo adaptábanas. Para iso tiñan unha bigornia que era como a zafra pero máis pequena.
 
  Primeiro había que sacar a ferradura vella cun derrematador ou unhas tenaces e logo preparar o casco cun puxavante, recortándollo ben para a nova ferradura. Esta era cravada normalmente con seis cravos que saían fóra do casco para ser logo remachados. O ferrador repasaba o casco ao final coa coitela e a escofina.
  As vacas (e bois) tamén se ferraban, pero por mor do seu pezuño partido, as ferraduras eran diferentes e chamábanse canelos. Polo seu gran peso era un traballo algo máis difícil e había que poñer ao animal nun soporte para afianzalo.
  O ferrador máis coñecido de Ordes foi Manuel Viqueira Conde (1901-1976), primoxénito dos Viqueiras do Casal, que viviu no Recreo. No Mesón do Vento José Martínez Moar (1919-1975) desempeñou este oficio ademais de ter unha taberna que sería logo "Casa Victoria" -pola súa muller Victoria Veiras Candal (1927-2007)-. En Adrán na parroquia de Vilamaior traballou Jesús Mata Vieites (1922-2005) e na Grela de Parada Jesús Souto Franqueira (1930-2020), entre outros varios.
 
  Ademais de non haber tractores tampouco había plástico, así que unha gran cantidade de menaxe doméstico estaba feito de latón (unha aliaxe de cobre e zinc). Os ferreiros tamén podían facer algunhas veces pezas pequenas ou reparacións sinxelas, pero habitualmente ese oficio era exercido polos latoeiros.  
  Caldeiros, caldeiretas do leite, canadas para recoller o leite ao muxir, aceiteiras, empanadeiras, moldes de doces, moldes de flores do Entroido, candís, farois... facíanse de folla de lata fina. Outros como as chocolateiras e caldeiras máis grandes facíanse cun latón máis groso.
  As ferramentas eran un forniño, torno, soldador, zafra, mazos, martelos, tesoira, alicate, compás e ferros especiais.
  En Ordes chamábaselles latoneiros ou latoneros (como en castelán) e todos viñeron de fóra. José Pérez Sanmartín nacera na vila de Noia e desempeñou este oficio en Ordes ata o Alzamento. Logo sería encarcerado e finalmente fusilado en Boisaca en 1937. Manuel Vilariño Freire (1883-1972), casado con Consuelo Pérez Fernández (1879-1965), veu da zona de Curtis e estableceuse no norte de Alfonso Senra no que agora é un soar baleiro que fai esquina co camiño que vai á Fonteseca e ao río. Quizais máis coñecido foi Segundo Costa Lapido (1912-1997), procedente de Negreira, que viviu nos Lagartos 23 coa súa muller María Alfonsín Andrade. O seu único fillo varón, Manuel Costa Alfonsín Manolito do Latonero (1942-2016), xa traballou como fontaneiro.

martes, 3 de octubre de 2023

Os anos 50 en España

 POLÍTICA
  Se na segunda mitade dos anos 40 o réxime franquista se vira seriamente ameazado, iso cambiou totalmente nos 50. Eliminada case por completo a guerrilla, apagada a oposición e desaparecido o boicot comercial e político de Occidente pola Guerra Fría contra o bloque comunista, Franco iniciou a década totalmente consolidado e só tería problemas puntuais coa conflitividade social pola mala marcha da economía.
  Xa en 1950 a ONU revogou a condena ao franquismo e ese mesmo ano en novembro España ingresou na FAO, mentres que en 1952 ingresaría na UNESCO. En 1953 asinouse o Concordato co Vaticano e o Tratado bilateral cos Estados Unidos, que non trouxo moito beneficio económico pero que foi vendido como unha vitoria da diplomacia española. O país agora xa non era un paria senón "o bastión moral de occidente". Son os momentos de máximo esplendor do chamado Nacionalcatolicismo.
  En 1955 tivo lugar o ingreso na ONU como membro de pleno dereito xunto con outros 18 países, grazas á tregua que trouxo a morte de Stalin en 1953. Non houbo ningún voto en contra e só dúas abstencións, México e Bélxica. Era o final definitivo do illamento internacional.
  Con todo en 1956 España viviu novos problemas cos violentos altercados na Universidade. Os mozos que protestaban eran na súa maioría fillos dos vencedores da guerra. A oposición empezaba a nutrirse agora das novas xeracións. A crise provocou unha remodelación de goberno.
  En 1957 e 1958 os problemas volveron, agora en Marrocos coa Guerra de Ifni. A entrada dos tecnócratas supuxo a modernización do Réxime. Un deles, Laureano López Rodó foi o encargado de redactar en 1958 a Ley de Principios del Movimiento Nacional que definía a España como unha "monarquía tradicional, católica, social e representativa" alonxándoa de calquera connotación fascista.
  A década acabou ben para o Réxime coa inauguración do Valle dos Caídos en abril de 1959 e sobre todo coa visita en decembro do mesmo ano do presidente norteamericano Dwight Eisenhower, apoteose internacional da ditadura franquista.
 

ECONOMÍA
  A economía en cambio non acababa de funcionar. Si, 1951 volveu igualar a RPC de 1935 pero foi un ano de malas colleitas e o número de defuncións volveu subir de 300.000 (o máis alto desde 1946). As penosas condicións laborais e a subida de prezos ocasionaron folgas en Barcelona e o País Vasco e un boicot aos transportes en Madrid. Houbo unha remodelación do goberno para cambiar en parte a política económica.
  As cousas melloraron en 1952 e o índice de mortalidade baixou do 10 ‰  por 1ª vez na historia e xa nunca volvería subir (ata 2020, o ano do Coronavirus). De feito o 1 de xuño suprimíronse as cartillas de racionamento, co que de paso se acabou co mercado negro que orixinaran.
  A este menor intervencionismo engadíuselle a axuda americana desde 1953 e o comezo do éxodo rural. España seguía sendo en 1950 un país eminentemente agrícola pero os traballadores do sector primario xa eran menos do 50 %. En cambio o sector secundario subiu de forma consistente durante toda a década: a produción eléctrica pasou de 6.800 KWh en 1950 a máis de 18.600 en 1960, a produción de aceiro pasou das 815.000 Tm a dous millóns, os asteleiros de 26.000 Tm a 152.000, os coches de menos de 2.000 unidades a 40.000, etc. E ademais no sector terciario comezou o bum do turismo de sol pasando dos 500.000 visitantes aos 6 millóns de 1960.
 Como diciamos o sector primario viu descender, tamén de forma consistente, o número de traballadores. Moitos emigraron a América (e despois de 1958 a Europa) e outros ás cidades industriais que empezaron a ter os seus "cintos vermellos" de traballadores (nutrindo así ao sector secundario). Pola contra Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela transitaban polos primeiros chanzos da caída demográfica.
  Todo isto foi un alivio que funcionou relativamente nos primeiros 50 pero desde 1956 a inflación e o déficit na balanza de pagos subiron vertixinosamente e fixeron cada vez máis insostible a situación. En 1957 Franco remodelou o goberno erradicando o falanxismo e introducindo aos tecnócratas do Opus Dei (relixiosos pero economicamente liberais) que farían grandes cambios e comezarían a perfilar a senda do "desarrollismo". En 1959, ano no que estaban esgotadas as reservas de divisas e o país estaba rozando a bancarrota, os ministros Alberto Ullastres (Comercio) e Mariano Navarro Rubio (Facenda) elaboraron o Plan de Estabilización que foi recibido sen ningún entusiasmo polo resto do goberno (incluídos Franco e Carrero Blanco) pero que daría un xiro á economía española na seguinte década.
 
 
SOCIEDADE
  Os anos 50 foron testemuña de grandes cambios sociolóxicos. No ámbito musical comezaron dominados pola todopoderosa copla, pero houbo unha canción clave que marcaría un novo rumbo. Esta canción foi "Dos cruces" que se gravou como copla e como bolero, pero sería esta última versión a que triunfaría de modo abrumador.
  O cine viviu unha época de esplendor coa aparición de dous xenios como Berlanga e Bardem que esquivaban a censura e facían películas lixeiramente incómodas para o Réxime. Pero a nivel popular non competían coas estrellas femininas como Carmen Sevilla e Sara Montiel que o petou con "El último cuplé" en 1957 ou os actores infantís como Pablito Calvo -inesquecible Marcelino en 1954- ou Joselito "El pequeño ruiseñor" en 1956.
  Oficialmente o 28 de outubro de 1956 foi a primeira emisión da TVE desde o Paseo de La Habana pero eses primeiros anos apenas ninguén tiña televisores polo que a súa incidencia era mínima. A radio seguía sendo a distracción dominante e as voces de Matías Prats en toda España ou Enrique Mariñas en Galicia eran tan familiares como as do veciño da porta. A audiencia das radionovelas (o equivalente aos culebróns posteriores) era millonaria e o nome de Guillermo Sautier Casaseca, o autor das máis populares, e dos actores de voz Pedro Pablo Ayuso, Matilde Conesa, Matilde Vilariño ou Juana Ginzo era máis coñecido que o das estrelas máis de moda na actualidade. E xa non digamos o dun personaxe inexistente pero máis escoitado que o oráculo de Delfos: Elena Francis.
 
 
  Como non había pantallas mesmo a xente menos culta lía máis que hoxe. Así que había moitos autores que escribían centos de novelas publicadas en pequeno formato e devoradas polos públicos máis diversos. Os homes lían sobre todo novelas do Oeste. O autor máis coñecido foi Marcial Lafuente Estefanía, pero había moitos outros como Miguel Oliveros (Keith Luger) ou Francisco González Ledesma (Silver Kane) que firmaban cun pseudónimo inglés. As mulleres lían novelas románticas das que era raíña indiscutible Corín Tellado. Para os rapaces quedaban os cómics ou tebeos (polo nome da revista TBO). Aos xa existentes Roberto Alcázar e o "Guerrero del antifaz", uníronse en 1951 "El Cachorro" e en 1956 "El Capitán Trueno", pero ademais contaban cunha pleiade de personaxes de estilo cómico caricaturesco nados a finais dos 40 pero que vivirían o seu momento máis esplendoroso nos 50. Eran Carpanta, simbolizador da fame de posguerra, Zipi e Zape, Doña Urraca... 
 
 
  Os anos 50 tamén foron a apoteose do fútbol coa chegada de Ladislao Kubala ao FC Barcelona e de Di Stéfano ao Real Madrid de Santiago Bernabéu e das 5 copas de Europa. Os futbolistas eran tan famosos que ata interpretaron películas coas súas vidas. En cambio os touros, a outra paixón nacional, aínda que seguían moi fortes vían o seu trono en perigo. Seguía habendo figuras como Luis Miguel Dominguín (si, o pai de Miguel Bosé) ou Antonio Ordóñez pero ningún ídolo ao nivel de Manolete nos anos 40.