El tamén traballou na Administración de
Rendas no distrito de Ordes a onde chegou no ano 1871 con 25 anos. Despois dun breve matrimonio con Elisa Núñez y
Prego (que morreu moi nova en xuño de 1876) casou con Elena Carnota Pérez, irmá do famoso xornalista local Vicente Carnota. Con ela tivo 7 fillos (5 na vila, un deles Leandro del Río).
  Tamén foi axente do Banco de España en Ordes,
o que, unido ao feito de que o seu irmán maior Ángel José del Río Castro (1842-1897) fose alcalde do concello,
deulle un gran prestixio e influencia.
  En 1878 publica "El Fomento" un
xornal que se caracteriza pola denuncia da situación do país e polos seus
ataques ao poder do clero. Isto último ocasiónalle un par de suspensións ata
que en 1880 outra longa suspensión engadida a unha excomuñón do propio cardeal Payá remata con el.
  Nese momento comezou seriamente na política e
durante 10 anos sería o home forte do distrito. En 1884 entrou na Diputación Provincial e en novembro de 1885 conseguiu a presidencia -durante
menos dun mes-, o que é o punto máis alto da súa carreira política nesta fase.
Foi un fiel seguidor de Romero Robledo,
político conservador na órbita de Cánovas.
| 
   GACETA DE GALICIA: 9-11-1888 
  [...]
  El 2 del actual salieron de estos contornos para La Coruña y de allí a
  Barcelona, con objeto de asistir al banquete proyectado en honor del Sr. Romero
  Robledo, los siguientes correligionarios romeristas: 
    Señores D. Ángel García Varela, juez
  municipal de Órdenes; don Ángel del Río Castro, alcalde presidente de Órdenes;
  don Juan Carnota Calvo, segundo alcalde y procurador de Órdenes; D. Antonio
  del Río Castro, exdiputado provincial; D. Florencio Pol Ramos, notario; D. Augusto
  Barreiro, alcalde de Oroso y don Antonio Caneda, alcalde de Cerceda.  
   | 
 
As eleccións provinciais de setembro de 1888 supuxeron o comezo do seu declive. A pesar do poder que tiña nos concellos do partido, quedou 5º e non logrou praza para a Deputacion.
  En 1890
fixou a súa residencia na Coruña, despois da súa perda de
influencia en Ordes que quedou confirmada novamente nas eleccións de 1891: O seu protexido, o tamén romerista Luciano Puga só logrou uns 300 votos fronte a Manuel Linares Astray, logo popular escritor. En Ordes había xa un novo xefe, o cacique por excelencia: Saturnino Aller.
  Pero Romero Robledo, agora ministro de
Ultramar, noméao en 1892 gobernador da provincia de La Unión. Volveu a España en 1893
coincidindo coa morte da súa nai. En 1898
outra vez en Filipinas, sendo gobernador de La Laguna, viviu a derrota española. Formou parte, xunto co
comandante de Estado Mayor Enrique
Toral, da comisión que negociou a devolución dos prisioneiros co mesmo Emilio Aguinaldo, xefe dos insurrectos
filipinos, que lle regalou unha bandeira como recordo (logo exhibida orgullosamente na Coruña). A súa intervención nestes eventos tróuxolle bastante celebridade. En
abril dese ano volveu a España.
  En 1900 recibe unha homenaxe dos seus
partidarios en Ordes onde seguiu manifestando a súa adhesión a Romero Robledo.
  No ano 1903
volveu ás Filipinas por motivos persoais e alí morreu de febres tifoideas en
xaneiro do ano 1907. Está soterrado en Manila, a capital.
  Ordes dedicou a fonte da Alameda á súa memoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario