Foi o 8º de 9 fillos do matrimonio formado por Víctor
Lamas Lama e Matilde Fernández Villaverde (que, por certo, morrerían xuntos en
xaneiro de 1939 cun día de diferencia!). Un dos seus irmáns maiores, Víctor,
sería o pai de Viriato Lamas Gutiérrez,
o coñecido empresario téxtil.
En Pontevedra traballou para o rico
comerciante Aquilino García Estévez.
En 1925 casou con María García Calvo (1899-1973), entón mestra en Mondariz, coa que tivo 6 fillos: Mª Elvira, Ángel, César, Rafael, Marina e Jesús.
En 1925 casou con María García Calvo (1899-1973), entón mestra en Mondariz, coa que tivo 6 fillos: Mª Elvira, Ángel, César, Rafael, Marina e Jesús.
O seu episodio máis turbio tivo lugar en
1933: foi detido xunto con varios traballadores de comercio máis por un
atentado contra os Almacenes Olmedo,
aínda que posteriormente foron exculpados
Veu por primeira vez a Ordes en 1922, pero
instalouse definitivamente despois de 1936. Viviu na Rúa dos Lagartos (entón
Calvo Sotelo) 28.
Viriato destacou especialmente porque era un
namorado das artes, sobre todo da música, aínda que tamén lle daba ao teatro.
Na súa xuventude pontevedresa participou no coro "La Artística", na "Polifónica
de Pontevedra" e foi actor afeccionado.
Esa paixón pola música (tiña unha espléndida
voz de tenor) levouno a crear en 1943 o 1º Coro Gallego
de Órdenes -de canto e baile- onde participou Juanjo Liñares. Pouco durou
este coro que tivo orixe nas festas do Recreo en honor da Virxe de Lourdes.
Isto non o desanimou e volveu crear o Coro Ordense que tivo unha vida máis
longa e mesmo actuou fóra da vila, pero que rematou por desaparecer por motivos
económicos.
Inasequible ao desánimo aínda volveu crear
unha 3ª asociación: A Masa Coral Polifónica. Foi a que máis durou, pero rematou por correr
a mesma sorte cas outras.
Aínda tivo tempo de ser socio fundador de
"Sementes do Arte" no ano 1970.
No ano 1975 a Comisión de Festas rendeulle unha
merecida homenaxe porque el tiña sido parte durante moitos anos das comisións
de calquera celebración.
O 4 de abril de 1980, aos 78 anos, morreu Viriato Lamas.
No ano 1984, a "V Mostra do
Folklore Galego" organizada por "Sementes do Arte" foi dedicada,
como caso excepcional ao vello Viriato (como era coñecido desde que o
seu sobriño -22 anos menor- destacou na vila).
No hay comentarios:
Publicar un comentario