viernes, 1 de noviembre de 2019

Os Veiras de Pardiñas

  O apelido Veiras é o duodécimo máis habitual no concello de Ordes con 400 portadores, a maioría deles na parroquia de Poulo (Pardiñas, o Outeiro, a Calle, Lavandeira ...). Probablemente aí tivo a súa orixe e logo estendeuse tamén ás parroquias veciñas como Buscás, Barbeiros ou Ordes (a Espenica, a vila ...).
  De todos eles, a familia máis coñecida son os chamados Veiras de Pardiñas.
 
 
  O primeiro membro da familia de quen temos noticia foi José Veiras Sánchez, propietario dunha parada de cabalos e asnos sementais, casado con Margarita Camba y Agra de Sta María de Villadavil de Arzua (1809-1879), irmá do sacerdote José María Camba (m.1873) moi coñecido naqueles tempos. Con ela tivo 4 fillos: José, Domingo, Antonio e Jesusa.
 
Domingo Veiras Camba (m.1887 de tuberculose) casou con Pilar Veiras Viqueira da Blanca. Foron os bisavós de Gumersindo de Pardiñas.
Antonio Veiras Camba (1845-1930) -concelleiro en 1910- e María Mosquera Uzal (m.1925), irmá do patriarca dos Mosqueiras da Costa, foron os bisavós de Concha Veiras, herdeira da casa rural Antón Veiras.
María Jesusa (m.1915) casou para Buscás con Andrés Moar del Río (m.1876) da rica familia Moar dos Ramos e sería nai de varios fillos, un deles o famoso avogado Domingo Antonio Moar Veiras. Tamén é a bisavoa de Manuel Moar Martínez Manolito de Ramos.
 
 O maior, José Veiras Camba (m.1914), herdeiro da casa familiar, casou con Josefa Pérez Souto da rica familia Pérez (os Peres de Barbeiros), coa que tivo 10 fillos.
 
José Veiras Pérez, o primoxénito, morreu en 1890.
Mª Josefa casou con Pedro Sánchez Sánchez de Xanceda (Mesía).
María casou en 1894 con Jerónimo Villaverde da Espenica e tiveron 2 fillos.
Dolores con Manuel Villasenín Mosquera da Aldeíña (Barbeiros) e tiveron 3 fillos.
Jesús Veiras Pérez foi o herdeiro da casa familiar pola morte do primoxénito.
Manuel casou en 1908 con Josefa Suárez Mosquera de Barbeiros.
Pedro casou con Margarita Martínez Rey de Carballedo (Buscás).
Jesusa casou con Ricardo Viqueira de Nogalláns (Trazo), patriarca dos Nogallás.
Margarita casou con Manuel Castro Juncal de Tordoia.
Mª Antonia casou con Vicente Cancelada de Carballedo e non tiveron fillos.
 
  Jesus Veiras Pérez (1877-1954) casou en febreiro de 1901 con Francisca Bello Suárez (1875-1950) doutra rica familia campesiña, os Bello de Pereira. O matrimonio tivo 5 fillas e un único e último fillo varón: José.


A maior, María Josefa (1902-1985), casou co seu curmán por parte materna José Mosquera Bello, herdeiro da familia Mosqueira da Costa de Poulo que vivía a escasos 1.500 metros de Pardiñas. Tiveron 7 fillos.
A segunda, María (1906-2002), viviu no Casal despois do seu matrimonio con José Martínez Martís (1901-1992) con quen tivo 6 fillos. Un dos seus netos é o actual alcalde de Ordes.
Dolores (1910-1993) casou con Manuel Mariño Martínez Mariño das Corredoiras (1913-1978) co que tivo 3 fillos.
A máis nova das catro, Mª Carmen (1912-2010), volveu unir o sangue familiar cos Peres de Barbeiros. Viviu nos Mandaios co seu marido Jesús Pérez Cea co que tivo dous fillos.
Houbo outra irmá, Jesusa, que morreu moi nova en 1921.

José Veiras Bello (1915-1994), coñecido como Veiras de Pardiñas ou o Pardiñao, non foi o típico propietario que viviu das súas terras. Tamén foi empresario, propietario do "Salón Veiras" (naquel tempo chamábanlle salóns ás salas de festas) que estivo aberto entre os anos 1965 e 1972, ubicado ao lado dun edificio en Alfonso Senra 96 que tamén era seu -sede durante moito anos do "Centro cultural e recreativo", o casino-.
José casou con Dolores Pérez Cea (m.2020) -irmá do seu cuñado Jesús, ou sexa: houbo dobre unión cos Peres-. Con ela tivo 3 fillos: Mª Carmen, Jesusa e Jesús. Estes dous últimos casaron para Curtis e Noia, sendo a primeira, Mª Carmen Veiras e o seu marido José Baleato, quen viven agora na casa familiar.
 FONTE: Francisco Javier Baleato Veiras e Manuel Moar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario