
Aos varóns ensinoulles o oficio de zapateiro, pero Víctor, "rara
avis", sempre tivo ademais a vocación de escritor.
Desde moi novo gustáballe o teatro e, aos 23 anos, en 1944 escribiu a súa primeira
obra, "Un marido interino".
Escribía de noite cando remataba o seu traballo na zapataría e durmían os seus fillos, e non só escribía teatro porque tamén foi durante 25 anos corresponsal do xornal coruñés "El Ideal Gallego". "Non había nada que se lle escapara. Onde pasaba algo, alí estaba el para contalo", comentaba a súa muller Concepción Boquete Vilariño (1925-2016).
Xa con 24 anos logrouna representar no Teatro-cine
Troche o 8 de abril do 44. Por se fose pouco tamén interpretou ao
protagonista José Manuel de la Fuente. Repetiría dúas veces máis o
papel, o 2 de abril do 61 e en xullo do 74. Esta 3ª vez xa se atreveu tamén coa
dirección.
Outras
obras súas foron "El Tenorio resucita", "Juan de Grobas", "El juicio oral", "Amapola" ou "La pícara
hija del molinero". Tamén escribiu varios sainetes con títulos tan descritivos
como "Te quiero Lola", "Esta noche me emborracho", "Una señorita pobre", "Doña Mariquita de mi corazón"
ou "Toxos e froles".
Escribía de noite cando remataba o seu traballo na zapataría e durmían os seus fillos, e non só escribía teatro porque tamén foi durante 25 anos corresponsal do xornal coruñés "El Ideal Gallego". "Non había nada que se lle escapara. Onde pasaba algo, alí estaba el para contalo", comentaba a súa muller Concepción Boquete Vilariño (1925-2016).
Grazas á axuda e ao traballo dela, a súa tenda
de zapatos "O
Capitán" foi a de maior facturación da comarca. O matrimonio
tivo 5 fillos: Víctor, Margarita, Mª Fernanda, Jorge Víctor e Elvi.
Non imos mentir e dicir que fose Lope ou Calderón pero nunha época gris onde
apenas había acceso á cultura e era impensable poder ver unha obra de teatro en
vivo, o infinito entusiasmo e paixón de Víctor lograron poñer en pé repetidas
veces obras que arrancaban sorrisos aos seus conveciños. As recadacións ían
para a comisión de festas, aínda que iso remataba por ser algo secundario fronte ao
divertimento do público (e dos seus actores e actrices que tan ben o pasaban
ensaiando).
Pero ademais Víctor era un personaxe
cheo de anécdotas. Foi tan popular que ata apareceu no "Estudio
Abierto" de José Mª Íñigo, un dos programas máis vistos de TVE nos
anos 70.
Morreu o 15 de xuño de 1989 con 69 anos de idade.
Nove anos despois, en 1998, o Padroado de
Cultura homenaxeou a súa figura cunha representación da súa 1ª e máis popular
obra.
No ano 2000 puxéronselle nome a un gran número de rúas da vila que estaban sen
el. entre elas a rúa que une o Parque Municipal coa Rúa do Muíño e que os
veciños coñecían como "Rúa Nova" ou "Rúa do Cura". No ano 2002
foi inaugurada oficialmente nas festas patronais co nome do noso entusiasta
escritor local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario