Como a gran maioría dos antigos comerciantes
de Ordes tamén a familia Calvo, a da maior ferraxería da vila, veu de fóra,
concretamente de Vilariño en Buscás.
Ali viviu a principios do século XIX o
matrimonio formado por Jacobo Calvo
Rodríguez e Francisca Vieites
Naveira que tivo sete fillos: Rosendo, María, José, Lucas, Ramón, Josefa e
Rosa.
O quinto, Ramón
Calvo Vieites (1837-1916), foi o que se instalou na vila e montou xa nos anos 80 do século XIX un
establecemento chamado "Universal" que sería unha mestura de taberna, ultramarinos,
casa de comidas (como case todas naqueles tempos), fonda, ferraxería e, sorprendentemente,
ata funeraria (tamén vendía ataúdes! ademais de quincalla, carbón ou sal).
Casou nos anos 70 do século XIX con Inés Pérez del Río (1858-1928), 20 anos
máis nova ca el. O matrimonio tivo sete
fillos: Antonio, José, Ramón, Gumersindo, Juan, Manuel e Dolores. Ramón
morrería en 1916 e a súa muller en 1928 aos 70 anos de idade.
Antonio e José Calvo
Pérez morreron ambos os dous á idade de 29 anos (un en 1907 e outro en 1911), solteiros e sen descendencia.
Ramón Calvo Pérez (1886-1968)
estableceuse pola súa conta no Recreo 67 onde non lle foi nada mal (en 1931 era
o 46º maior contribuínte). Casou con
Balbina Abeijón Sánchez (1896-1979) -da familia Abeijón- coa que tivo 10 fillos.
Gumersindo emigrou a Arxentina e os que quedaron co negocio familiar, que logo
derivaría cara á ferraxería, foron os últimos dos fillos varóns: Juan e Manuel.
Juan Calvo Pérez (1892-1952) casou en 1924 (ano en que tamén chegaría
a concelleiro) con Gumersinda Carnota
Barreiro (1900-1972), unha moza do lugar de Parada de Arriba (Cerceda) de rica familia pois o seu pai
era o propietario e ex-alcalde Juan
Carnota. Unha irmá de Gumersinda, Cándida (1904-1997) que era mestra, instalouse
co seu marido Ismael Arcos Prado (1899-1967), veterinario titular de Ordes, no
soar ao sur da ferraxería. Este matrimonio non tivo fillos e ese soar rematou volvendo
á familia Calvo e posteriormente sería vendido.
Juan e Gumersinda tiveron 5 fillos: Carmiña,
Jesús, Ismael, Manuel e Mª Teresa (Marité).
Carmen Calvo Carnota (1925-2011), a filla maior, foi monxa na Compañía
de María e tamén docente. Estivo uns anos
de superiora en Cangas do Morrazo e logo no colexio en Vigo, exercendo de administradora. Os últimos anos foron no colexio da Coruña, cidade onde está
soterrada (no cemiterio de San Amaro).
Jesús (1927-1984), máis coñecido como Suso,
casou en 1958 con Juana Mosquera Veiras (m.2020) dos
Mosqueiras
de Montaos coa que tivo 7 fillos: Mª del Mar, Juan Jesús, Carlos,
Ana, Carmen Mª, Lucía e Irene. Morreu aos 57 anos nun accidente.
Ismael (1928-2019) casou con Herminia de
Faya (1930-2022) coa que tivo dous fillos: Ismael e Jaime Calvo Faya.
Manuel Mª e Marité casaron con dous irmáns: Julia e José
Santos Bermúdez.
Manuel
tivo tres fillos dos cales o máis coñecido é Manuel Anxo que é mestre no CEIP
Campomaior e que durante bastante tempo foi correspondente de La
Voz de Galicia en Ordes.
|
Manuel Calvo Pérez Malé (1897-1949),
excelente empresario, casou con María Castro del Río, da familia Castro, e non tiveron fillos. Foi o
irmán que morreu máis novo, aos 52 anos.
Dolores Calvo Pérez (1899-1989) casou en
Cabaleiros con Enrique García Iglesias e tiveron 12 fillos. Algúns deles
viñeron a Ordes e residiron durante bastante tempo cos seus tíos.
Teresa casou co canario José Perdomo Afonso co que tería tres fillos: Mª Teresa, Margarita
e José Enrique. Perdomo era un garda civil que vivía na bufarda da casa de Manuel dos
Ramos cando coñeceu a Teresa. Chegaría a
subteniente e morreu en Madrid en 1991 pero está soterrado en Cabaleiros
(Tordoia).
Segundo Suro aprendeu mecánica co seu tío político
Pedro de Castro e marchou para Curtis
onde instalou un coñecido taller e casou con María Sánchez, coa que tivo un
fillo.
Enrique
Quique
(1930-2004) casou con Hermosinda Pereiro e viviu en Pontepedra onde foi
empregado municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario