domingo, 27 de agosto de 2017

Ordes en 1860

  De 1860 a 1865 existiu unha publicación chamada "Galicia. Revista Universal de este Reino", publicada na Coruña e dirixida polo escritor compostelán Antonio Mª de la Iglesia, afincado na cidade herculina. No seu Nº 10  (15 de febreiro de 1861) aparece un escrito do seu director datado o 20 de novembro de 1860 e relativo ás terras de Ordes, que fala sobre a paisaxe, os produtos do campo ... e que, aínda que algo farragoso, é moi interesante para imaxinarnos como podía ser a nosa comarca a mediados do século XIX.

  "Mis queridos amigos: La agri­cultura de Órdenes y su comarca se parece a la de nuestras mon­tañas ya descrita. Hay sus estiva­das de trigos y con más frecuen­cia, en un mismo terreno, que allá en otros tiempos, lo cual es ori­ginado por el aumento de población y trae de suyo la falta de tojo para alimento del ganado, pa­ra el abono y el combustible.
  Se va conociendo la necesidad de arbolado y se van viendo al­gunos pinares sembrados recien­temente y se dan bien. El roble vive aquí, lo mismo que el laurel y el castaño. El "vidueiro" o "vedugo" como acá llaman, es pre­cioso y se eleva galantemente con sus troncos blancos que parecen pintados a propósito. Los arroyos tienen "ameneiros" a sus márge­nes. Las retamas cierran las chousas; pero así y todo escasean mu­cho las leñas y maderas. Y es muy de lastimar esto porque no hay canteras de piedra berroqueña, si­no a leguas de distancia y las construcciones se hacen con mar­cos de madera en las ventanas. Las canteras que hay son de pi­zarra, aunque fuerte, de la que se construían firmes torres y cas­tillos como el de Mesía. Hay fá­bricas también de ladrillo y teja.
  La necesidad de combustible es tan grande que apenas crece un poco el "tojo" del monte o la "queiroa” saltan encima con un maldito instrumento llamado "monda", que es como una azu­ela con largo mango de azadón, y va rapando la montaña deján­dola tan limpia que hasta la flor de la tierra se llevan, y de aquí sa­can para el hogar y el horno y para lo que llaman "louza", que colocan en el podridero para los abonos.
  La "queiroa" o "carpazo" es de calidad tal, que pronto florece y fructifica después de su nacimien­to; pero no así el tojo. Cuando la "monda" asesta sus golpes y se lleva hasta las raíces, las cápsulas de la flor seca de queiroa, despi­den con abundancia sus menuditas semillas o "nebiña"; pero el tojo no, que apenas alcanza su florecimiento, cuando la monda fatal lo arranca de cuajo, así es que los labradores que después quieren tener tojo van a comprar su simiente a Bergantiños y con el trigo que siembran en la esti­vada, la mezclan, y de recogido el trigo, queda el tojo tan verde y lo­zano como los pinos.

  Debido a la acción de la mon­da, es que estos montes se vean casi todos ya desprovistos de to­jos, siendo un vegetal que crece más que la queiroa, por ésta ser de naturaleza bajita; pero como la necesidad acosa, no permiten al tojo siquiera llegar a su dorada florescencia; y se aniquilan has­ta, como hemos dicho, las raíces y así desaparece del todo tan precioso vegetal.
  Causa dolor ver cómo la monda se lleva todas cuantas plantas hay, grandes, medianas y pequeñas y aún las pequeñitas que acaban de nacer y no sólo esto, sino las raíces de todo y la tierra misma que la sustentaba. Sólo por una excesi­va necesidad, debía permitirse semejante instrumento que lo barre todo en los montes, como en la mar las redes prohibidas.

  Se dan hortalizas muy sabrosas y he visto árboles pavías de poco tiempo que causan admiración y viven al desabrigo, pues si se cui­dara de arbolar convenientemente, se darían frutales tan delicados como aquéllos o más; pero ni de frutales, ni de arbolado se cuida casi nada en muchos sitios. Si Ordenes llegase a ser, como puede, una villa grande, se explo­taría toda esta comarca en el ra­mo agrícola, como es capaz, y se tendrían productos tan estimados como vienen a venderse a las gran­des poblaciones; pero acostumbra­dos como estamos a ver nuestras riberas y "mariñas", nos parece que nuestras montañas nada valen, como si estuviesen sus poblaciones colocadas en la región de las nie­ves perpetuas.
  Todos las cercados de estas huertas, agros, chousas y montes podían estar sostenidos, pues son de terrones, con "vedugos" árbo­les que aquí se desarrollan con prontitud, y sólo esto seria una riqueza por las maderas y otro por el aumento de producción de­bido al temple más suave que darían­ a la tierra. Causarían al mismo tiempo una belleza a la vista que atraería gente sin duda en el estío a estos parajes de aire tan re­galado y sano e impresionarían en toda estación al viajero que cruza la montaña entre Santiago y La Coruña con toda la ilusión de los valles.
  Los habitantes de Ordenes, ca­beza de partido judicial y Ayun­tamiento, donde hay por precisión muy competentes personas, serán los que impulsarán la agricultu­ra, fomentando la enseñanza, es­merándose con el arbolado, abrien­do feria y campo a los productos, cuidando de los paseos al lado de las carreteras que se cruzan por la mitad del pueblo, acompañán­dolas de árboles y ensanchando, en fin, sus edificios públicos y construyendo lo que falta para que en su mercado, en todo, haya la comodidad y ornato que otras capitales de partido, en la pro­vincia, estarán quizá más lejos de conseguir, por hallarse más atra­sadas. Con esto la agricultura adquiri­ría un estímulo nuevo, y no teme­ré decir que el menor elemento para lograrlo no ha de ser aquel que provenga del fomento que se de aquí a la educación de la infan­cia y el premio y distinción al hombre laborioso y emprendedor.
  Hay, como en todas partes, bue­nas praderías y podría haberlas mejores, no desperdiciando tantas aguas como se dejan ir por "corredoiras" y "regatos", haciendo intransitable el paso muy a me­nudo.
  El impulso mejor para esto y para muchas más cosas, sería el ferrocarril en Galicia; pero como ustedes me notician, la mira de los especuladores se fija por hoy a la parte de Portugal. Bueno es al­go; pero así, no queda la Galicia bien atravesada, dejando a un la­do y otro, mitades iguales, esa gran arteria del camino de hierro, y si el país no se enardece, por mucho tiempo acaso, habremos de esperar a que el capital extranjero llame a nuestras puertas. Debía excitarse parroquia por parroquia y no dejar paralizados los caminos vecinales, ni las ca­rreteras ordinarias, para tener el país convenientemente preparado el día de Ferrocarril; pero esta gente se duerme comúnmente y se necesitaría una fuerza poderosa y desconocida hasta aquí para des­pertarla. De ustedes, affmo. amigo y com­pañero, ANTONIO DE LA IGLESIA.

lunes, 21 de agosto de 2017

A familia Regos (os de Angustia)

  Unha das máis coñecidas familias da vila foron os de Angustia (ou Angustias). Todos os varóns foron carpinteiros e varias mulleres costureiras.
  Por vía paterna proceden dunha liña dos Regos (un dos apelidos máis habituais en Ordes) e dos Caramelo (apelido que, polo contrario, desapareceu totalmente do concello). Concretamente o patriarca foi Benito Regos Regos (m.1936), rico comerciante -e alcalde nalgunha ocasión- que tivo 6 fillos con María Caramelo, entre eles Carmen, sogra do alcalde Rafael Mariño, Estrella, nai de Ramón o Practicante, e Manuel Regos Caramelo (1897-1961) propietario dun serradoiro desde os anos 30 e casado con María Faya Vilariño (1904-1932).
  Por vía materna proceden dos Viqueira (outro dos apelidos máis habituais con máis de 300 portadores) e dos Ferreiro, concretamente de María del Carmen Ferreiro Pérez (1854–1892), a filla maior de Xan Ferreiro.

  Angustia(s) Viqueira Ferreiro (1888-1979) foi unha dos 4 fillos do matrimonio. A sú vida foi complicada, orfa de nai (morta ao dar a luz) e de pai cando aínda era nena. De maior casou con Juan Regos Caramelo (1888-1960), excelente carpinteiro que estivo moito tempo emigrado. Con el tivo 9 fillos (máis 3 que non viviron), 5 seguidos e os outros 4 despois doutro tempo de emigración de Juan. Vivían no Recreo, no lugar onde hoxe está a cervexaría Solera.

  Os tres fillos varóns tamén foron carpinteiros e no taller do maior, que estaba onde hoxe é a farmacia de Pilar Cristín Mariño, aprenderon moitos outros carpinteiros da vila como José Villaverde Prego Pepe da Pandareta ou Manuel del Río Manoliño do Carteiro. Eran lentos pero o seu traballo era de calidade.

  Manuel Regos Viqueira (1917-1971) era como se dicía entón "fraco coma un arenque". Tamén se dedicou a construción pero caeulle unha casa no Recreo e o edificio que fixo para o "Frente de Juventudes" a carón da alameda non se lle pagou, quedou a medias e só serviu para que os rapaces fixeran trasnadas nel ata que foi derrubado. Morreu moi novo aos 54 anos.
  Do seu matrimonio con Ana Ángela Calviño Collazo (1927-1981), unha moza que veu de Arxentina, tivo 4 fillos: Angélica, que emigrou a Andorra e vive agora en Sitges, Manolo, Osvaldo e Francisco Javier. Esta rama da familia son chamados os do Caseto.
  Juan (1918-1996) casou e marchou para A Coruña. Tivo dous fillos: Ricardo e Juan Manuel.
  José (1928-1996) emigrou a Brasil onde estivo 11 anos e logo a Stuttgart outros 2 anos. Cando volveu casou con Mª Carmen Ferreiro Caramelo a Morena (da familia dos de Luis) coa que tivo 2 fillos: José e Águeda. Traballou logo cos seus sobriños.

  Antonia Regos Viqueira (1915-1988), a irmá maior, foi costureira. Non casou e exerceu de nai suplente do resto dos irmáns. Quedou na casa xunto coa outra irmá solteira, Juana (1926-2021).
  María casou con Antonio Buyo, un mozo de Betanzos, carniceiro, que veu a Ordes con Pepe de Betanzos. Independizado deste, montou a carnicería da Rúa dos Lagartos 5. Tiveron 2 fillos: Teresa e Antonio.
  Esther casou co zapateiro chegado de Noia Emilio Agraso Olveira (1921-1994). O seu fillo Emilio foi oficial da Mariña. Logo traballou en Repsol.
  Josefa, quizais a mellor costureira da familia, casou cun albanel de Carral e marchou para Monte Alto na Coruña. Non tiveron fillos.
  Finalmente, a irmá menor, Dolores, casou e vive na Coruña.
 

viernes, 18 de agosto de 2017

Viriato Lamas Fernández

  Viriato Lamas naceu no ano 1901 na cidade de Pontevedra
  Foi o 8º de 9 fillos do matrimonio formado por Víctor Lamas Lama e Matilde Fernández Villaverde (que, por certo, morrerían xuntos en xaneiro de 1939 cun día de diferencia!). Un dos seus irmáns maiores, Víctor, sería o pai de Viriato Lamas Gutiérrez, o coñecido empresario téxtil.
  En Pontevedra traballou para o rico comerciante Aquilino García Estévez. 

  En 1925 casou con María García Calvo (1899-1973), entón mestra en Mondariz, coa que tivo 6 fillos: Mª Elvira, Ángel, César, Rafael, Marina e Jesús.
  O seu episodio máis turbio tivo lugar en 1933: foi detido xunto con varios traballadores de comercio máis por un atentado contra os Almacenes Olmedo, aínda que posteriormente foron exculpados
  Veu por primeira vez a Ordes en 1922, pero instalouse definitivamente despois de 1936. Viviu na Rúa dos Lagartos (entón Calvo Sotelo) 28.
  Viriato destacou especialmente porque era un namorado das artes, sobre todo da música, aínda que tamén lle daba ao teatro. Na súa xuventude pontevedresa participou no coro "La Artística", na "Polifónica de Pontevedra" e foi actor afeccionado.

  Esa paixón pola música (tiña unha espléndida voz de tenor) levouno a crear en 1943 o 1º Coro Gallego de Órdenes -de canto e baile- onde participou Juanjo Liñares. Pouco durou este coro que tivo orixe nas festas do Recreo en honor da Virxe de Lourdes.
  Isto non o desanimou e volveu crear o Coro Ordense que tivo unha vida máis longa e mesmo actuou fóra da vila, pero que rematou por desaparecer por motivos económicos.
  Inasequible ao desánimo aínda volveu crear unha 3ª asociación: A Masa Coral Polifónica. Foi a que máis durou, pero rematou por correr a mesma sorte cas outras.
  Aínda tivo tempo de ser socio fundador de "Sementes do Arte" no ano 1970.
  No ano 1975 a Comisión de Festas rendeulle unha merecida homenaxe porque el tiña sido parte durante moitos anos das comisións de calquera celebración.
  O 4 de abril de 1980, aos 78 anos, morreu Viriato Lamas.


  No ano 1984, a "V Mostra do Folklore Galego" organizada por "Sementes do Arte" foi dedicada, como caso excepcional ao vello Viriato (como era coñecido desde que o seu sobriño -22 anos menor- destacou na vila).
 

lunes, 14 de agosto de 2017

O consistorio novo

  No  ano 2010 comezou a construción do consistorio novo (aínda que oficialmente só é unha ampliación do vello). Neste caso quizais é máis interesante a súa xénese que o edificio en si.

  Todo empezou en maio do ano 2007 coa chegada ao poder de Manuel Regos, á fronte dunha heteroxénea coalición de goberno. Disposto a deixar a súa pegada no concello, emprendeu, xunto a Roberto González (edil de Urbanismo), unha política de grandes obras como a remodelación da alameda ou o paseo do río Mercurín.

  A pesar da crise económica que pesaba no ambiente, considerou prioritario ampliar o vello consistorio para convertelo "nun edificio do século XXI adaptado ás necesidades dos veciños de Ordes".
  O proxecto presentouse en outubro de 2008. O seu custo era de 1,38 millóns de euros (600.000 achegados pola Consellería de Presidencia). O 50 % aproximadamente sería para o novo edificio de case 890 m2 que integraría paneis solares de aforro enerxético e eliminaría todas as barreiras arquitectónicas.
  Este consistorio con soto e tres plantas (con ascensor), comunicadas por pasarelas co vello inmoble, albergaría os diversos servizos de atención ao público, quedando aquel para a parte gobernamental e protocolaria do Concello.

  A oposición clamou contra  o proxecto pero iso era esperado e non inmutou a Regos. O primeiro problema real foi que o novo edificio implicaba un cambio nas normas subsidiarias de Ordes, pois o lugar constaba como zona verde. Así que en febreiro de 2009 houbo un pleno para cambialas e logo a Xunta aprobou ese cambio.
  En setembro de 2010 comezaron as obras. A oposición, que sostiña que eran un "ataque neurálxico ao centro do pobo", gastou o último cartucho: Gonzalo Castro (BNG) presentou unha moción na que instaba a Regos a volverse atrás e reorientar o investimento. Jesús Pampín, concelleiro do PSOE, uniuse ao BNG e ao PP, pero, nun deses típicos xiros da política ordense, José Luis Díaz Hermida (PP) tamén rompeu a disciplina de partido e votou co goberno, así que a moción foi rexeitada.


  En 1911 as obras do novo edificio xa estaban rematadas e ía comezar a rehabilitación do vello inmoble que deparou desagradables sorpresas, xa que a estrutura estaba máis deteriorada do que ninguén podía imaxinar ... pero esa xa é outra historia. 

sábado, 12 de agosto de 2017

Arbustos de Ordes: o toxo

  Realmente debemos falar de toxos en plural, porque son dúas as especies, aínda que a súa distinción é difícil: o toxo maior ou arnal (Ulex europaeus) que, como o seu nome indica, pode alcanzar grandes alturas e o toxo menor ou toxo femia (Ulex gallii)
  Ambos os dous configuraban a paisaxe da comarca, a súa estrutura e mesmo a súa cor grazas ás rechamantes flores amarelas que posuen (o toxo maior durante o inverno e a primavera e o menor, máis tardío, na primavera e o verán).

  Antigamente o toxo tiña unha enorme importancia económica. De feito, sementábase como outra planta calquera. No verán íase ao monte para cortar o toxo, levando un gabillo e unha galleta. Co gabillo cortábanse as puntas do toxo porque era onde tiña máis nabiña (semente). Agrupábanse en feixes e despois cargábanse no carro coa galleta. Ao chegar ás casas poñíanse as legumes do toxo nunha manta a secar. Unha vez seca, mállabase para gardar a semente.
  Os montes sachábanse cun legón moi pesado. Era un traballo durísimo (os homes máis fortes podían sachar ata medio ferrado ao día -pero eran poucos-). Logo queimábanse os terróns (rozas) para que a borralla abonara a terra. Alí plantábase o trigo e, despois de recollelo, sementábase toxo e piñeiros.
  Coa necesidade que había, o toxo non se deixaba medrar demasiado. Cortábase cando era tenro e usábase para estrar as cortes dos animais. Mesturado cos excrementos convertíase no esterco, o único abono que se empregaba.
  Cada certo tempo baleirábanse as cortes e levábase o esterco ás leiras co carro. Alí esbardallábase (espallábase por todo o terreo) para alimentar ata o último recuncho da finca.
  Este ciclo era respectuoso coa natureza. Aproveitaba ao máximo todos os recursos e non desperdiciaba nada. Isto durou ata os anos 50-60 do pasado século.

  Pero os tempos cambiaron. Coa modernización do campo (introdución de maquinaria, novos abonos -o famoso "nitramón"-, chan de formigón nas cortes ...) o toxo foi perdendo progresivamente a súa importancia. Xa non era necesario como estrume. Abandonado á súa sorte, igual que a maioría do territorio, o toxo medrou sen control ata alturas desmesuradas, dominou os montes e converteuse no principal combustible dos incendios forestais. De ser imprescindible pasou a ser un problema.

  A antiga ditadura do toxo na comarca hoxe está en discusión. Segue sendo abundante loxicamente pero xa é difícil ver as extensas toxeiras de outrora. Non parece convivir tan ben co eucalipto como o facía cos piñeiros e claramente vai a menos en todas partes.

  Para os que vivimos esta decadencia do toxo é sumamente sorprendente ver que tamén emigrou -galego coma nós ao fin e ao cabo- e que lle vai ben noutros lugares. Iso si, non é un inmigrante querido: está na lista das "100 especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo". Coñecido en América Latina como retamo espinoso causa bastantes problemas á flora local como podedes ver neste vídeo da televisión colombiana.

martes, 8 de agosto de 2017

Eleccións de 1910

  Foron convocadas polo liberal ferrolán José Canalejas o 8 de maio. Por suposto, como era habitual, o partido do goberno gañou mentres os conservadores perderon un gran número de escanos. O terceiro partido foi unha coalición republicano-socialista comandada polo famoso escritor Benito Pérez Galdós que permitiu que Pablo Iglesias Posse conseguise un histórico primeiro escano para o PSOE.

  En Ordes foron unhas das eleccións máis rifadas da historia porque Saturnino Aller aínda non lograra o control total do distrito.
  En principio presentábanse 8 candidatos, entre eles o propio Aller, os irmáns Rafael e José Gasset, Linares Rivas, Celestino Amigo Oreiro e José Pérez Neu, todos eles para facer vulto porque a loita era entre dous homes: o actual deputado, o conservador José Lombardero Franco, e o protexido de Gasset, o avogado malagueño Francisco Prieto Mera.
  No concello de Ordes, que fora baleirado de concelleiros conservadores, Prieto gañou por 739 votos a 268, pero no total do distrito Lombardero gañou con 4.418 votos por 2.937 de Prieto a pesar de todas as falcatruadas de Aller.

  Non obstante o tema non acabou aquí: Lombardero tamén se presentara polo distrito de Pontedeume ... e tamén gañou. Por sorteo tocoulle ser deputado por Pontedeume, así que a praza por Ordes quedou vacante.

  Non quedou máis remedio que convocar outras eleccións parciais que tiveron lugar o 25 de decembro. Os conservadores tremeron ... e con razón. Nese medio ano Saturnino Aller seguira manobrando, poñendo xente nos concellos que aínda non controlaba e o resultado final foi moi distinto.
   Presentábanse nesta ocasión dous candidatos moi similares aos das anteriores eleccións: o conservador Julio Wais Sanmartín (avogado coruñés que estudara a carreira en Santiago) contra o liberal cunero (era alacantino) Joaquín Chapaprieta y Torregosa. 
  Sospeitosamente en concellos nos que 7 meses atrás arrasara o candidato conservador agora sucedía ao revés. Por exemplo, en Trazo (o caso máis extremo) pasouse de 573-8 a un sorprendente 8-379 e en Oroso de 366-75 pasouse a 154-553. Estes concellos foron a base dunha apurada remontada liberal.
  Ao final na reunión da Xunta electoral do censo, entre acusacións de tongo, proclamouse a vitoria de Chapaprieta por 3.163 votos contra os 2.928 de Wais. Quedou sen escrutar (para desesperación de Wais) Tordoia, feudo conservador, por diversas irregularidades.

  Unha vez máis o nome de Ordes chegou a Madrid. O deputado Sanjurjo protestou vehementemente no Congreso polos atropelos cometidos no distrito. Unha vez máis non valeu de nada.
  Chapaprieta ocupou o escano e Wais quedou sen el (entraría un par de anos despois, casualmente polo distrito de Pontedeume, substituíndo a Lombardero), pero o verdadeiro vencedor foi Saturnino Aller.
  Durante os seguintes 13 anos ninguén podería sacudir o seu xugo na comarca de Ordes. 

sábado, 5 de agosto de 2017

O rexurdimento de Aller

  1910 foi o ano do cometa Halley que, como cada 75 anos, pasou preto da Terra sen producir a catástrofe que moita xente esperaba.
  En España era presidente o liberal Segismundo Moret que, perdida a confianza do rei Alfonso XIII, viuse obrigado a dimitir e foi substituído polo tamén liberal Canalejas. Durante o goberno deste tomáronse decisións como permitir que as mulleres estudasen na Universidade (8 de marzo) e permitir o culto público de calquera relixión (11 de xuño) o que causou enorme malestar entre o clero católico e os elementos máis reaccionarios.
  En Madrid iniciábanse os traballos para a construción da Gran Vía.

  En Galicia continuaba a axitación agraria. Especialmente na zona de Betanzos os solidarios tiñan gran apoio pero as súas vitorias nas eleccións municipais eran despois anuladas pola comisión da Deputación.

  En Ordes a gran noticia de 1910 foi o retorno de Saturnino Aller ao poder. Lembremos que, por mor da súa vitoria nas eleccións de 1905, Aller púxose a mal coas dúas familias do seu partido na provincia, os monteristas e os gassetistas. A vinganza foi inmediata: os seus partidarios nos concellos foron destituídos e a fonte do seu poder quedou moi danada. Pero en política tres anos son moitos e o inimigo de onte é o teu mellor amigo hoxe. Aller, á súa volta de Madrid, fíxose perdoar porque era un activo impagable para o Partido Liberal. Esquecidos os agravios, foi recompoñendo aos poucos a súa rede de contactos, colocando partidarios seus nos concellos do distrito.
  1910 marca o fin da súa travesía polo deserto. En xaneiro a comisión da Deputación, dominada polos liberais, anula votos e actas dos concelleiros conservadores no concello de Ordes, o que implica a entrada neste de varios concelleiros alleristas.
  Por certo que unha das primeiras decisións desta corporación foi suprimir a iluminación pública que custaba 600 pesetas anuais. Con ironía tomaron algúns a medida: "Para ver ciertas cosas es mejor vivir a oscuras".
  Para acabar de redondear a faena, antes das eleccións de maio foron suspendidos de funcións os concelleiros conservadores e postos no seu lugar concelleiros interinos (tamén en Cerceda outra corporación interina tomou o mando). 
  José Faya Fernández, irmán do propietario da fábrica de curtidos, logrou chegar á alcaldía, collendo o posto de Antonio Moar Veiras pero non lle duraría moito a alegría.
  Posteriormente tamén se destituíu ao secretario, Jesús Cubeiro, que foi substituído por Pedro Concheiro Rodríguez e houbo un cambio de alcalde: Faya viuse obrigado a deixar o seu posto a Juan Barreiro Ríos, rico negociante e banqueiro que tiña un comercio fronte á igrexa.
  As eleccións de decembro demostraron que Saturnino Aller xa era de novo, sen ningún asomo de dúbida, o home máis poderoso do distrito.

  Como curiosidade, nese ano Manuel Bascoy Pedreira foi nomeado mestre interino da escola de Mercurín cun soldo anual de 311,50 pesetas! (a maioría de escolas do rural tiñan ese soldo porque eran dadas aos mestres máis baixos no escalafón).
   Para que teñamos referencias, en España, de media, un quilo de pan de centeo valía 29 céntimos (o de trigo 37), un de patacas 15 céntimos e un de arroz 59. O quilo de carne de vaca valía 1,73 pesetas e o de porco 2 pesetas, mentres que unha ducia de ovos valía 1,10 pesetas.
  para rematalo, Galicia era unha das rexións máis caras, onde os prezos podían ser ata un 60 % máis altos ca media nacional. Claramente a frase "pasar máis fame ca un mestre de escola" non era ningunha esaxeración.

martes, 1 de agosto de 2017

A familia (Xan) Ferreiro

  Estudo realizado por Xorxe de Xan Ferreiro (JLP) coa colaboración de membros da familia, especialmente Antonio Ferreiro Recouso (Tonecho do barbeiro).

  A orixe da familia Ferreiro en Ordes é moi antiga. Remóntase aos albores do século XIX e comeza nunha casa, que aínda existe, na parte de atrás de Moda Xovén A Ferreiro, na Rúa da Igrexa. Alí vivía o matrimonio formado por Antonio de Noya (nacido na Espenica) e Inés Fernández, nacida nesa casa (o 10 de xuño de 1794). O primeiro Ferreiro que se instalou alí foi Pascual Ferreiro Gómez, fillo de Jacobo Ferreiro e María Gómez (ambos os dous naturais de Poulo), quen casou con Josefa Joaquina de Noya Fernández, filla de Antonio e Inés.
  O matrimonio tivo 8 fillos: Ventura, Vicenta Antonia, Francisco, Francisca Antonia, Buenaventura, Juán, José María e Fernando Ferreiro de Noya.

  O que permaneceu na casa paterna foi Juan Ferreiro de Noya Xan Ferreiro (1828-1885) que casou con Jacoba Pérez Soneira (1835-1913). Son a orixe da maioría dos ferreiros da vila (os da zona norte descenden do seu irmán José).
  Tamén tiveron 8 fillos: María del Carmen, Francisca, Casilda, Dominga, Jesús, José, Antonio e Francisco Ferreiro Pérez. Deles, o herdeiro da casa paterna foi Antonio Antón de Xan Ferreiro (1867-1951) quen casou con Dolores del Río Lorces (1869-1949).
  Este matrimonio tivo 11 fillos: José, Mª Josefa, Elvira, Secundino, Augusto, Jesús, Evaristo, Estrella, Dolores, Antonio e Manuel Ferreiro del Río (os xanferreiros do século XX).

  Deles, Antonio seguiu a carreira militar en Zaragoza e Augusto e Evaristo establecéronse na Coruña. O resto permaneceu en Ordes ou na comarca (José foi garda civil en Sigüeiro). Casaron con coñecidas familias como os Conde, Carballido, Castro ...
  O membro máis destacado da familia foi Ramón Ferreiro Regos Ramón o practicante (1923-2006), un dos Fillos Predilectos de Ordes.
  Tamén Manuel Lois García, o soldado Lois, compartía estirpe pois era de dominio público que o seu pai era Pepe de Dominga, a 3ª filla de Xan Ferreiro.