O apelido Rodríguez é un dos máis correntes
en Ordes (de feito é o 4º con máis portadores). Unha das familias que máis
contribúe a este elevado número é a coñecida como os de Carril, que como tantas
outras non é orixinaria do noso concello senón de Oroso.
Na parroquia de San Martiño de Oroso viviron
o acomodado propietario Eduardo
Rodríguez González Carril e a súa muller Manuela Iglesias Varela. Do seu
matrimonio a finais do século XIX naceron varios fillos, dos que chegaron á
idade adulta Ramón, Juan, Concepción, Flora, José, Milagros, Víctor e Dámaso Rodríguez Iglesias.
O maior, Ramón, emigrou aos Estados Unidos e faleceu en New York.
O maior, Ramón, emigrou aos Estados Unidos e faleceu en New York.
Juan Rodríguez Iglesias (1898-1967) instalouse en Ordes e montou unha tenda
nunha pequena casa no cruce. A posguerra foi dura para el pois sufriu a dobre
presión de ser de esquerdas e comerciante (estaban todos moi controlados pola Fiscalía
de Tasas), así lle caeron multas como unha de 1.500 pesetas en 1942 por "tenencia ilícita de tabaco",
porque a tenda era naquela época un bazar onde se atopaba desde tabaco a
petardos. A pesar deses tempos duros, Juan progresou e substituíu arredor de 1958 a vella casa polo
primeiro edificio de 3 pisos da vila.
Do seu matrimonio con Carmen de Mariño (das Corredoiras) tivo
dous fillos, Esther e Juan.
Juan (1942-2001),
que morreu aos 59 anos, herdou a tenda que logo levou a súa viúva Marisa
Regueiro. Esther casou con Manuel Picallo Ameijeiras (1920-2005),
coñecido mestre que foi o primeiro director do Colexio Castelao e, logo de
xubilarse, promotor de vivendas na Rúa dos Lagartos, nos terreos da familia Mariño.
Concepción (1899-1989) e Flora Rodríguez (1900-1982) permaneceron vivindo en
Oroso. Esta última casou con Manuel Otero Calvo e tivo 7 fillos, familia que era
coñecida como os
de Calvo de Oroso.
A segunda filla, Carmiña, casou con Juan Viqueira (que rexentaba o "Bar Juanito") e o último, Manuel Otero Rodríguez (1929-2003), foi párroco de Buscás -desde 1968- e Poulo, personaxe apreciado e moi coñecido nas súas parroquias e na vila pois vivía na casa do "Bar Puente" no Recreo.
A segunda filla, Carmiña, casou con Juan Viqueira (que rexentaba o "Bar Juanito") e o último, Manuel Otero Rodríguez (1929-2003), foi párroco de Buscás -desde 1968- e Poulo, personaxe apreciado e moi coñecido nas súas parroquias e na vila pois vivía na casa do "Bar Puente" no Recreo.
José (1904-1993) Carril do Bidueiro, casou con Josefa Varela (1910-1994), filla de
Manuel Varela, e tiveron 10 fillos, 8 deles varóns. Agás o primeiro, Enrique,
que emigrou a América, o resto quedou na zona, a maioría no Recreo onde son moi
coñecidos. O penúltimo fillo, Carlos, continuou no Bidueiro. Manolo (1935-1997)
e José Mª Pepe da Agraria (1939-2008) xa
faleceron. Ata tres membros desta rama familiar foron ou son policías
municipais.
Milagros (1906-1990) casou con Francisco Regos Golán (1899-1977) e estableceuse en Darefe. O máis
coñecido foi o terceiro dos seus fillos, Manuel Regos Rodríguez (1930-2008),
propietario do "Bar Regos" e pai do alcalde Manuel Regos Boquete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario