viernes, 28 de julio de 2023

O Castro de Beán


  Unha vez máis este castro demostra o continuismo da poboación galega ao longo da historia porque localízase a menos de 400 metros ao nordés da igrexa parroquial de Santa María. Este é o motivo de que habitualmente se lle chame castro de Beán, a pesar de que na parroquia hai outros tres castros máis. É coñecido oficialmente como castro de Fonte da Viña, aldea da que dista uns 300 metros.
 
 
  Está situado nun outeiro bordeado na súa ladeira norte polo rego de Ulloa. Ao norte do rego hai unha zona de leiras ata a pista que vai a Fonte da Viña. Ao sur hai unha estreita franxa de brañas e logo unha gran masa de arboredo que cobre todo o castro e unha ampla zona circundante. Como é habitual, a gran cantidade de maleza fai practicamente imposible distinguir o castro ata chegar á croa. Esta, completamente circular, como podemos apreciar no plano lidar e no mapa de pendentes, debe estar entre os 70-80 metros de diámetro. Está rodeada por un parapeto duns 6 metros de altura que podería chegar a 12 metros de ancho na parte mellor conservada da metade leste, pero está rebaixada gradualmente na zona oeste. Un foso, que rodea o castro en todo o seu perímetro, complementa a defensa do parapeto, pero está moi alterado e case desaparecido no sector suroeste.
 

miércoles, 26 de julio de 2023

Poboación no Antigo Réxime

  Podemos saber a evolución da poboación galega nos séculos XVII, XVIII e XIX grazas a diversos estudos realizados nesa época.
 
JERÓNIMO del HOYO
Foi un relixioso castelán que entre 1603 e 1620 visitou a arquidiocese de Santiago de Compostela en nome do arcebispo Maximiliano de Austria. Levou a cabo unha descrición das parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida no libro Memorias del Arzobispado de Santiago. O problema é que rexistrou a poboación en vecinos, fuegos ou casas, non en habitantes individuais. Deste xeito hai que usar un índice de conversión do concepto de veciño ou casa en habitantes, índice que os demógrafos (aínda con dúbidas) acostuman fixar en 4,5 habitantes por casa ou veciño.
Segundo Jerónimo del Hoyo Buscás e Ardemil eran as dúas parroquias máis poboadas de Ordes con 63 veciños (283 habitantes). Leira tiña 60 veciños (270 habitantes). Vilamaior tiña 50 (225 habitantes). Poulo e Bean tiñan 48 veciños (216 habitantes). Ordes e Parada tiñan 44 veciños (198 habitantes). Montaos 40 veciños (180 habitantes). Barbeiros e Pereira 35 veciños (157 habitantes). Finalmente Mercurín baixaba a 28 veciños (216 habitantes) e Lesta a 20 (90 habitantes). Redondeando, todo o concello -que aínda non existía como tal- tería uns 2.600 habitantes dos preto de 700.000 que había en Galicia.
 
CATASTRO de la ENSENADA
A mediados do século XVII, desde 1647, foi ordenada polo rei Fernando VI unha minuciosa averiguación sobre os lugares da coroa de Castela (menos o País Vasco), a proposta do seu ministro Zenón de Somodevilla, o Marqués de la Ensenada. Os demógrafos non se poñen moi de acordo pero baixan o índice de conversión ata 3,8 habitantes por casa ou veciño en Galicia.
Ardemil e Ordes terían 90 veciños (345 habitantes). Vilamaior 68 veciños (260 habitantes). Beán 67 veciños (257 habitantes). Poulo 65 (249 habitantes). Buscás 63 (241 habitantes).
Parada 62 (237 habitantes). Leira 58 (222 habitantes). Barbeiros 52 (200 habitantes). Pereira 50 (192 habitantes). Mercurín 49 (188 habitantes). Finalmente Montaos e Lesta tiñan 34 veciños (130 habitantes). Redondeando, uns 3.000 habitantes dos case 1,3 millóns que tiña Galicia.
 
CENSO de ARANDA
O censo do Conde de Aranda, presidente do Consello de Castela realizouse entre 1768 e 1769. Foi encargado aos bispos, que á súa vez encomendáronlle o traballo aos párrocos. Neste caso xa aparece o número de habitantes, mesmo distinguindo por sexos.
Ardemil seguía sendo a parroquia máis poboada con 536 habitantes, seguida de Ordes con 459. Leira tiña 388, Buscás máis Faramilláns 385, Montaos 355, Beán 345, Poulo 318 e Vilamaior 311. Viñan logo Parada con 291 habitantes, Pereira con 269, Mercurín con 259 e Barbeiros con 241. Lesta era a última parroquia con só 170 habitantes. Redondeando, uns 4.300 habitantes.
 
DICCIONARIO de MADOZ
Entre 1845 e 1850 foi publicado o "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar" abreviado en Madoz. O seu autor Pascual Madoz dedicoulle case 16 anos e necesitou a axuda de máis de mil colaboradores.
A parroquia máis poboada era Parada con 882 habitantes, seguida de Ardemil con 750, Poulo con 600 e Buscás máis Faramilláns con 456. Logo viñan Montaos con 389, Ordes con 322, Mercurín con 259, Vilamaior con 250, Barbeiros e Leira con 246, Pereira con 228, e Beán con 204. Novamente Lesta era menos poboada con só 146 habitantes. En total o concello de Ordes chegaba case a 5.000 habitantes.
 
 
1603-20
1647
1768-69
1845-50
Ardemil
283
345
536
750
Barbeiros
157
200
241
246
Beán
216
257
345
204
Buscás
283
241
385
456
Leira
270
222
388
246
Lesta
90
130
170
146
Mercurín
216
188
259
259
Montaos
180
130
355
389
Ordes
198
345
459
322
Parada
198
237
291
882
Pereira
157
192
269
228
Poulo
216
249
318
600
Vilamaior
225
260
311
250
ORDES
2.600
3.000
4.300
5.000

Hai que considerar todos estes datos e mapas altamente hipotéticos porque, ademais da aleatoriedade do índice de conversión, a fiabilidade dos datos dependía da dos homes que os aportaban. Sorprende por exemplo no Madoz (traendo veciños e habitantes -almas-) que Vilamaior con 50 veciños teña 250 habitantes, mentres Poulo tamén con 50 veciños chegara aos 600 -o que daría uns 74 h/Km cadrado-, a mesma densidade que Parada, á que lle concedían con 56 veciños 882 habitantes. En cambio Montaos que era a parroquia que máis veciños tiña -68- só chegaba aos 389 habitantes.

lunes, 24 de julio de 2023

A Causa 400/47

  A Causa 400/47 iniciouse en agosto de 1947 e afectou a numerosas persoas da comarca. Por exemplo, o día 20 foron detidos 3 membros da familia do guerrilleiro Antonio Nouche Costa (os pais -Jesús Nouche García de 64 anos e Dolores Costa Liste de 58- e o irmán Manuel). Posteriormente serían trasladados á Prisión da Coruña pero os seus cargos serían desestimados e eles postos en liberdade o 2 de abril de 1948. Así mesmo dous irmáns do guerrilleiro Juan Couto Sanjurjo foron detidos, Manuel e Evangelina, pero esta última tamén sería posta en liberdade o 2 de abril.
 
  O xoves 4 de novembro de 1948 celebrouse na sala de Xustiza do Rexemento Isabel la Católica o consello de guerra contra 18 paisanos (moitos de Ordes) por delitos regulados na Ley de Represión de Bandidaje y Terrorismo. Os dous procesados por delitos máis graves eran os guerrilleiros José Santiago Temprano e Pedro Rodríguez Gómez Pedro do Serrador. Os outros 16 estaban acusados de ser enlaces ou de apoiar nalgunha ocasión aos guerrilleiros.
  Presidiu o tribunal o coronel de Infantería Ricardo Molezún Núñez, sendo vogais os capitáns de Infantería Tarsicio Roel Gerbolés e Antonio Vázquez Blanco, e o de Enxeñeiros Conrado de la Gándara Carrera. Leu o sumario o xuíz militar eventual José Santamaría Viso.
 
  Despois da lectura chegou o turno do fiscal, o tenente Antonio Martí Coll, que rematou por pedir para os dous principais acusados a pena de morte.
  Para Francisco Iglesias N, garda civil que proporcionaba municións e otras provisións aos guerrilleiros, Manuel Couto Sanjurjo (irmán do guerrilleiro Juan Couto), Teresa Pastoriza Moreira Marrota e Ramón Ponte Pedreira (irmán do guerrilleiro Manuel Ponte) pediu 6 anos.
  Para Jesús Bao Bello e Antonio Pastoriza Moreira, que prestaron os seus domicilios como punto de apoio á guerrilla, pediu 3 anos.
  Para María Remuiñán Barreiro (irmá do guerrilleiro José Remuiñán de Parada), Antonio Uzal Blanco, José Candal Bouzas, Andrés Sanjurjo Suárez, Javier Manuel Rodríguez Gómez (irmán de Pedro do Serrador) e Carmen Pan Riobóo (nai de Manuel Díaz Pan), por auxiliar aos guerrilleiros, pediu 2 anos.
  Finalmente para o resto dos 18 procesados, Benito Louro Candal, Francisco Rosende Boga, Andrés Gómez López e Carmen Vieito Baña, solicitou un ano de prisión.
  Actuaron de defensores os capitáns de Artillería José Naveiro Amor, Juan Antonio Quiroga de Abarca e José María Lage Vizoso, e o de Infantería Eugenio Pita Blanco. Alegaron inculpabilidade ou atenuantes polo que pediron nalgúns casos rebaixas de penas e noutros a absolución.
  Finalmente José Santiago foi condenado á pena de morte e Pedro Rodríguez a cadea perpetua, da que só cumpriu uns 10 anos. O resto saíu bastante mellor librado.

José Santiago Temprano Moisés (1916-1948): naceu na Coruña. De oficio carpinteiro, foi militante so Sindicato de Carpinteiros da CNT. Detido en 1937 e condenado a cadena perpetua, sería amnistiado en 1941. Incorporouse á guerrilla en xaneiro de 1946. Foi ferido en Cestaños no tiroteo no que morreu Antonio Recouso. Participou en accións como o atraco a unha parada de sementais en Gonzar e ao alcalde de Cerceda, no roubo de armamento ao Somatén da Baña, e finalmente no asalto ao cuartel de Vimianzo. En novembro de 1946 desertou e tentou chegar á fronteira francesa, pero foi detido. Xulgado nesta causa, sería condenado a morte e executado con garrote vil na prisión da Coruña o 9 de decembro de 1948.
Pedro Rodríguez Gómez Pedro do Serrador (1916-1977): naceu en Ordes e casou con Josefa Regos del Río (1925-2009) coa que tería dous fillos, Luisa e Manuel. Militante do Partido Comunista, foi detido acusado de escoitar Radio Moscú. Posto en liberdade en maio de 1946, uníuse á guerrilla. Participou no roubo ao alcalde de Cerceda e no do Somatén de Marcelle na Baña. Detido na Coruña en xullo de 1947, no Consello de guerra foi condenado a cadea perpetua, pero despois de 10 anos na Prisión Central de Burgos saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1959 e volveu a Ordes, onde morrería en 1977, tres meses despois da legalización do PCE.
Manuel Couto Sanjurjo: era barbeiro en Mámoas (Ardemil) e tiña 28 anos. Foi acusado de enlace coa guerrilla e de ser o introdutor de Pedro do Serrador nela. Finalmente sería condenado a 5 anos de prisión.
Ramón Ponte Pedreira: xastre coma o seu irmán Manuel, residente en Ordes e casado cunha irmá do xastre Pispa. Desterrado o 9 de marzo de 1947 a Villalón de Campos (valladolid) e detido o 9 de agosto. Trasladado á Prisión Provincial da Coruña, foi acusado de enlace e de ter no seu domicilio municións e outro material destinado á guerrilla. Sería finalmente condenado a 4 anos de prisión. Logo marcharía a Arxentina onde vivían outros 3 irmán seus: Andrés, Antonio e Gumersindo. En España quedaron outros 4: José, María, Elvira e Aurora.  

sábado, 22 de julio de 2023

Estreando a Vía Verde

  No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados á comarca de Ordes. Este foi publicado o 21 de maio de 2022.
 
  La vieja estación de Garga-Trasmonte es el punto de partida para continuar el recorrido por la Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle. O sea, para continuar pisando el mismo lugar donde hasta no hace mucho había vías y travesaños y por los que marchaba el tren. En unas semanas [el 4 de septiembre de 2022] tendrá lugar la inauguración oficial, y de hecho faltan algunos pequeños detalles -un toque de desperdicios aquí, un panel allá- si bien ya suman legión quienes se han lanzado a conocer ese itinerario con mucho encanto que comienza en Oroso (Santiago queda para la siguiente fase) y termina, por ahora, en Cerceda. Pero ojo: hay obras
.
 
  La vieja estación de Ordes-Pontraga -siguiente parada-, cerrada a cal y canto, va a ser recuperada. Y ello es una excelente noticia. Forma parte de un conjunto que también integran un magnífico depósito de agua (toda una obra de arte, teniendo en cuenta cuándo fue construido), zonas de descanso con mesas y bancos tanto a cubierto como sin protección ante el sol y la lluvia, y dos pequeños rocódromos.

  Y así se echa a andar por la caja del ferrocarril, todo llano, sin subidas ni bajadas. Lo aprovechan amigos de la bicicleta en una dirección y en otra. Algún paseante, sobre todo acompañado de un perro. El río Lengüelle, como inseparable compañero, está a centenar y medio de metros a la izquierda, mientras el caminante pasa una zona de brañas que se extiende a la diestra, con pequeños charcos y agua estancada. Quedan a un nivel inferior, así que no dificultan el paso en absoluto.

 

  Y si en kilómetros anteriores la Vía Verde marchaba por encima de un talud -otra obra de ingeniería- ahora es al contrario: está encajonada, a una respetable profundidad con relación a los bordes. Aunque apenas se nota, va describiendo una muy amplia curva a la derecha, con pequeña área de descanso incluida (una mesa, unos bancos, un panel y soportes para bicicletas) y al pasar por debajo del puente que permite el paso de una pista el excursionista está a la altura de la aldea de Liste, que se verá cuando se recorren doscientos metros más.
  Y si a la izquierda queda un minúsculo valle formado por los aluviones del Lengüelle, al frente el territorio es bosque puro, y la presencia de los montes permite intuir que algo habrá que ascender, siempre con la corriente de agua como compañera.
 
 
  En efecto, ahí, en Liste, se acaba el terreno liso y llano. Porque toca subir, y, durante tres centenares de metros, de manera acusada. O al menos de eso avisan las piernas, con el consejo obvio: si alguien empieza la etapa ahí debe ir despacio hasta que los músculos entren el calor.
  Esa subida se va a mantener durante varios kilómetros, sin interrupción, pero ya con pendientes muy moderadas. El Lengüelle se tiene siempre a la izquierda, si bien con tanta vuelta y reviravuelta que son consecuencia de los meandros va a dar la impresión de que en algún punto se abandona para siempre. Una y otra vez sorprende acercándose, recuperando el bosque de ribera muy delgado de especies autóctonas, espacio que a veces intenta invadir el omnipresente eucalipto.
 
 
  En todo momento las barandillas de madera están muy bien integradas en el paisaje, y no se ha ahorrado material: son todo lo largas que tienen que ser para que el paseo sea seguro. Y es que originalmente la caja del tren se construyó en el límite del terraplén que va a dar al río, reforzando este para evitar descarrilamientos.
  En conjunto fue una obra sobresaliente, máxime si se tiene en cuenta que la principal herramienta era pico y pala. Porque los taludes de hasta ocho metros que a una mano y otra va a dejar al peregrino dan idea de cuánto hubo que abrirse paso.
Cristóbal Ramírez
EL INICIO: 43º00'53"N  8º27'25"W.
LA FOTO MÁS PERSONAL: Ante el depósito de agua de la estación.
PARA NIÑOS: La subida no tiene gran dificultad para ellos.

jueves, 20 de julio de 2023

Curacións milagreiras

   Velaquí un artigo aparecido en El Diario de Galicia o 13 de decembro de 1895, polemizando a conta das sorprendentes curacións que ao parecer facía o notario de Ordes Florencio Pol. O xornal, que se subtitulaba "periódico católico e independiente", dedicoulle varios artigos ese ano. Neste opónse á La Voz de Galicia (de ideoloxia liberal) á que acusaba de promover a figura do curandeiro ordense.
   
¡Y sigue la chifladura!
  «A título de información, dice La Voz de Galicia de ayer, publicamos las siguientes cartas respecto a asunto que sigue llamando tan poderosamente la atención en la actualidad como el referente a las curaciones realizadas por D. Florencio Pol.»
  Y publica cartas: del procurador del juzgado de Órdenes D. Juan Carnota*, afirmando que por medio de los pases magnéticos fue curada su esposa; del alférez retirado de la Guardia Civil D. Domingo Rodríguez, curado del asma también por los pases; del cantero Policarpo Bello*, curado de hidropesía y de Luis Ferreiro curado de la locura, ambos por medio del agua de D. Florencio; de Manuel Castro que refiere la curación de un hijo suyo una vez por medio del agua y otra de los pases; y del herrero Juan Castro que desahuciado en el Hospital de Santiago le curó D. Florencio con su agua.
  Todos estos son de Órdenes, al menos firman allí.
  Y en una de las cartas se afirma que llenarían muchos pliegos las notas de los muchísimos curados en la provincia y fuera de ella. Y siga la chifladura.
 
  Pero vamos a cuentas, ¿están en este mundo seguros muchos de que gozan de cabal juicio?
  Que se tomasen en serio ciertas afirmaciones, ni aún a título de información, nunca cupo en cabezas medianamente organizadas, y sin embargo ahora sucede.
  ¿Qué se proponen los que tales cosas afirman dada su mayor edad? No lo sabemos, aunque sabemos que la edad avanzada tiene sus cosas, como sucede con D. Florencio, el cual había ofrecido al gobierno, según hemos oído, hacer volar el casco del vapor "Cabo Machichaco" por medio de las sopladuras de su fluido espiritual, como también, según cuentan, se había propuesto descubrir un tesoro oculto en Santiago, y hechas al efecto ciertas perforaciones en una casa resulto un lío; y si a estas y otras muchísimas chifladuras añadimos lo de la aparición de la Virgen a unos niños en un monte que D. Florencio tiene en Órdenes y en el cual hizo el consabido enterramiento impío, no cabe duda acerca de la formalidad de todas esas cosas que cuentan a La Voz y de las que se ríen principalmente todas las personas sensatas de Órdenes, donde tienen efecto esas maravillas.
 
   Pero ya que tanto poder tiene el fluido espiritual de D. Florencio, ¿por qué no se traslada a la Coruña y con sus soplos cura a tantos enfermos que aquí tenemos, librándonos además de esta epidemia, purificando la atmósfera con las sopladuras y el agua de su magnetismo.
  La cosa es bien fácil aquí. Véngase D. Florencio, le facilitaremos la Fábrica del Gas, y metido en el gasómetro puede enviar por todas las cañerías su fluido a la población entera y curarlas en un momento, y seguidamente magnetizar las fuentes, cuya agua bebemos.
  A soplar, pues, aquí invitamos a D. Florencio.
  El momento es oportuno; jamás se le presentará mejor ocasión para ejercer sus facultades caritativas, y a La Voz para hacer después la apoteosis de su milagroso santón.
 
* Juan Carnota Calvo (1830-1905): Nacido en Frades, de oficio procurador. Alcalde de Ordes nos anos 70 do século XIX. Casado coa ordense Lucía Pérez Soneira (n.1838), foron pais do xornalista Vicente Carnota e do tamén procurador José Carnota. 
O mestre canteiro Policarpo Bello estaba casado con María Blanco Carballido.