sábado, 30 de enero de 2016

Apelidos de Ordes (Comarca)

  Velaquí os apelidos máis frecuentes na comarca de Ordes*. Como podedes ver, nove dos dez primeiros son os típicos apelidos rematados en "ez" comúns a toda España, con García no 1º posto (nisto parecémonos máis a España que á propia Galicia onde os que mandan son Rodríguez e Fernández -este último na comarca está nun discreto 9º lugar-).
  Só rachan esa dinámica o apelido Mosquera no 7º posto, e logo Fraga, Iglesias e Rey dentro dos 15 primeiros.


  Se nos fixamos en cada concello individualmente empeza a haber máis diferenzas e aparecen apelidos máis enxebres con seguro nacemento na comarca. Aínda que só vendo a lista é difícil decatarse, hai unha clara dicotomía entre os concellos orientales (Frades e Mesía) e os occidentales (Tordoia e Trazo), mentres os tres centrais comparten máis apelidos coas outras dúas zonas.
  En Frades e Mesía predomina o apelido Sánchez e hai outros como Manteiga, Carro, Botana, Uzal ou Quindimil.
  En Tordoia e Trazo hai unha maior variedade de apelidos típicos da zona. En Tordoia, Fraga encabeza a súa lista e atopamos outros apelidos como Cancela, Costa, Calviño, Lamas, Señarís, Liñares, Liste ...
  En Trazo non é o máis destacable que Noya encabece a súa lista, senón que García non aparece ... ata o 12º posto! Ten apelidos como Domínguez (raros na comarca) e despois dos 15 primeiros aparecen outros como Liste, Mallo, Landeira, Muiño ...


* Os datos da primeira táboa están recollidos do ILG (Instituto da Lingua Galega) na súa páxina Cartografía dos apelidos de Galicia, mentres que as listas da segunda táboa foron feitas a partir dos datos da páxina do IGE (Instituto Galego de Estatística).

No hay comentarios:

Publicar un comentario