Manuel Lois naceu en Vilaverde* (Ordes) o 22 de maio de 1912. A súa nai
era Dolores Lois
Villaverde que o tivo de solteira. O pai biolóxico foi
José Franqueira Ferreiro*, da Fraga da Galiña, preto de Ordes, que non o
recoñeceu.
Manuel viviu
coa nai e o avó materno, José
Lois García, de quen levaría os apelidos. Fronte ás
afirmacións do historiador Carlos Fernández Santander de que era triste e
analfabeto, sabemos que era un rapaz vital, que foi á escola ata os 12 anos e mesmo
foi sancristán na igrexa de Santa Mª de Ordes.
Aos 13 anos
morreu a súa nai, que casara con Ricardo Robado Mayoral co que tivera 6 fillos:
Rafael, José, Otilia, Elvira, Antonio e Ricardo Robado Lois.
A penuria
económica obriga a Lois a traballar de xornaleiro en varias casa labregas,
primeiro na de Uzal de Gosende e logo, entre outras, na de Louro en Ardemil, Na
de Martínez Martís do Casal, Juan Ríos Rada en Ordes e na de Manecho
de Parada.
A pesar de
que moitas mozas non querían bailar con el pola súa pobreza e baixa estatura,
en Cestaños coñeceu a Consuelo
Moure Silveira coa que iniciou unha relación e
tivo unha filla, Josefina, que morrería aos poucos meses en setembro de 1935.
Manuel Lois
fora excluído do servizo militar pola súa escasa talla (1,54 m), pero en tempos de guerra iso xa non importaba. Poucos días despois do Alzamento foi chamado a filas polo
que tivo que deixar traballo e noiva. As súas pertenzas quedaron na casa da súa
prima María Uzal Villaverde do Casal.
O 14 de
agosto de 1936 ingresou no Grupo de Infantería de Mariña de Ferrol. Despois dun
breve período de instrución, embarcou no cruceiro "Baleares"
ocupando o posto de telefonista ao pé do canón nº 4. Mentres estivo embarcado
mantivo correspondencia coa súa moza, co seu primo Manuel Mariño Uzal do Casal
e outros familiares.
O 7 de setembro de 1937, preto de Argel, o "Baleares" enfrontou a un convoi da mariña republicana e recibiu dous impactos de 15,24 cm por parte do cruceiro "Libertad" que produciron graves danos.
"Uno de los cascotes penetró por la parte alta de una caja de
urgencia, situada a babor a la altura del cañón 2, que contenía tres ó cuatro hileras de chilleras
con iluminantes, incendiando un cartucho de éstos cuyo proyectil hizo
explosión en el interior de la caja, en cuyo momento, el soldado de Infantería
de Marina Manuel Lois García, telefonista del
cañón 4,
con puesto inmediato a la caja, ve como sale humo de ella y se abomba por su
parte posterior, y dándose cuenta del peligro que una explosión probable de los proyectiles iluminantes y de
los de alto explosivo situados en las chilleras de debajo de aquellos puede
acarrear, se dirige a la caja y zafa la única tuerca que tiene echada la
puerta; al zafarse la tuerca, la presión interior abre la puerta con violencia
y una llamarada
grande,
da de lleno sobre el cuerpo del soldado Manuel Lois que recibe en el pecho el
paracaídas del iluminante que hizo explosión y no obstante empezarle a arder
las ropas se apodera de un proyectil que tira al agua, después, corre hacia
popa envuelto en llamas alcanzándole, a la altura del cuarto del cuarto del
Oficial de guardia dos Marineros del trozo de auxilio de proa que lo despojaron
de las ropas y lo entregaron al trozo de auxilio de popa. Conducido a la Enfermería y después de
curado, fue evacuado en una camareta en la que falleció por la noche del día
siguiente día”.
A noticia da súa morte chegou ao Casal a
través da Alcaldía de Ordes. Lois converteuse nun heroe do bando franquista e
foi soterrado no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (Cádiz). Meses
despois, en maio de 1939 o Ministerio de Defensa concedeulle a Cruz Laureada
de San Fernando (a maior distinción do exército español).
Anecdoticamente o seu pai, que nunca lle
fixera caso en vida, tentou acadar algún proveito económico despois da súa morte
pero foi despedido agremente por D. Arturo Pérez cando se achegou a el a
comentar o tema.
Lois recibiu varias homenaxes en Ordes, pero
a máis fastosa tivo lugar o 29 de xuño de 1965 cando os seus restos foron
trasladados á vila para ser soterrado definitivamente no cemiterio do Piñeiro,
onde repousa a carón do muro norte nun mausoleo cunha estatua do artista
madrileño Fernández Navarro.
Manuel Lois tivo unha vida moi dura pero o seu acto de valor converteuno no ordense máis distinguido. Concedéuselle a Laureada e a Medalla Naval máis as dignidades de ser Fillo Predilecto da Provincia da Coruña e Fillo Predilecto de Ordes (1988). Tamén levaba o seu nome un hospital de Huelva (xa desaparecido) e lévao a Alameda nunha placa, primeiro colocada na Casa do Concello e, desde agosto de 1988, nun curioso monolito na zona de aparcamento. Periódicamente o concello en colaboración co Tercio Norte da Armada fai homenaxes á súa figura.
FONTE: "Obradoiro da Historia"
José Franqueira Ferreiro (1881-1951) casaría con Remedios Viqueira Ferreiro (1887-1965), unha das irmás de Angustias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario