Manuel Concheiro naceu en Ordes no ano 1903. Foi o 3º dos 12 fillos do avogado
Pedro Concheiro Rodríguez e Juana García Mouriño que, á súa vez,
era filla do riquísimo propietario Manuel García Bermúdez, banqueiro
-corresponsal do Banco de España-, futuro alcalde (1921) e dono de
moitas terras e da afamada tenda de tecidos "Casa Carballo"
(onde agora está o supermercado Froiz).
Esta rama da familia Concheiro foi
maioritariamente de esquerdas (con eles vivía o seu curmán Manuel García Gerpe, xefe de Izquierda Republicana na vila) e tres
dos irmáns, Estrella, Ascensión Choncha e
Luciano, remataron no exilio.
En decembro de 1930 casou na Coruña con Elena
Barreiro Martínez coa que tivo 6 fillos, todos varóns: Alberto, Manuel María,
Jorge, Julio Mario, Juan Carlos e Gonzalo Concheiro Barreiro. Viviron nunha casa que existe aínda en Alfonso Senra 80.
No ano 1931
instálanse en Ordes o Banco de La Coruña
e o Banco Pastor. Manuel comeza a dirixir este último, ao principio en compañía
de Francisco Barreiro González, e a partir de maio de 1935 xa só.
Ademais de dirixir o Banco Pastor foi un
empresario de éxito. Tivo un quiosco que rexentaba Pilar Naveira Pilar da Ruca, viuva do "paseado"
Manuel del Río Mandayo -tamén deu traballo aos fillos deste-, e no ano 1960 instalou unha gasolineira no
centro da vila, onde hoxe está o supermercado Gadis. Isto foi o xerme de MACOGA (acrónimo do seu nome), unha das empresas máis importantes do
concello, que distribuía respostos para autos, pneumáticos Firestone, maquinaría
agricola (motoserras Dolmar), camións e motores Barreiros, coches Dodge e Simca... A principios dos 70 fabricou o primeiro compensador de dilatación e
instalouse en Leira, na súa actual ubicación. Hoxe en día é unha das empresas punteiras no seu sector.
En xuño de 1966 xubilouse voluntariamente do Banco Pastor para dedicarse só ao
traballo empresarial.
En 1969
Logrou a distribución en exclusiva para toda España da marca de maquinaría
agrícola Husqvarna, o que foi o xerme da empresa INTERNACO (1976).
Pouco a pouco foi abandonando as empresas nas
mans dos seus fillos.
Morreu o 16 de decembro de 1992 aos 89 anos de idade e o seu
enterro foi un dos máis concurridos na comarca (unhas 2.000 persoas segundo
crónicas da época).
O fillo maior, Alberto (m.2014), casou con Pilar Mariño
Cuevas e foi un prestixioso avogado en Coruña. Manuel María (m.2021), casado con Mª
Teresa Varela Nine, foi presidente de Internaco e comprou o Pazo do Peñasco
onde residiu. Jorge (m.2021), o propietario do estanco, e Mario, un dos responsables de Macoga, anecdoticamente casaron
tamén con dúas irmás: Mª del Pilar Pituca
e Gemma Liñares Stolle, fillas do alcalde dos 50, Juan Liñares Castro. Juan Carlos, tamén avogado e responsable de Macoga, casou con Matilde Álvarez del Castillo. O último dos seus fillos
é o famoso médico ortopédico Gonzalo Concheiro Barreiro, casado con María Pérez Hermida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario