martes, 27 de febrero de 2024

O roubo dos chourizos

  En 1915 publicouse "La casa de la Troya" do escritor Alejandro Pérez Lugín, famosa pola súa descrición do ambiente estudiantil compostelán. No primeiro capítulo, unha das escenas máis populares e graciosas é o roubo dos chourizos na pousada do Mesón do Vento onde parou a dilixencia. Esa casa de postas, que existiu na realidade, estaba rexentada por Andrés Ramos (m.1910) e a súa muller Adelaida Insua nos tempos en que Lugín pasou por ela -estudou en Santiago entre 1886 e 1893-. Sen dúbida son a inspiración para o matrimonio protagonista, e posiblemente Carmen (a filla maior) a da rapaza de 12 anos. El mesmo dirixiría en 1925 unha película muda (na que esta escena está no minuto 10 pero non foi rodada no Mesón). Tampouco na versión máis coñecida, a de 1959 con Arturo Fernández de protagonista, se rodou no Mesón, senón nunha casa a 10 km da Coruña.
 
 
  En el Mesón del Viento bajó Gerardo del coche para desentumecer las piernas mientras mudaban el tiro a la diligencia. Los alegres viajeros del «interior» descendieron también y con mucha bulla se metieron en una taberna, toda mugre y moscas, que ofrecía al apetito de los viandantes salchichón antediluviano, mohosas latas de sardinas, pan que fue blanco años atrás y un delicioso vinillo del Ribero, cuyo aroma, sabor y frescura disimulaba la roña secular de los vasos y tazas en que era servido.
  Gerardo no entró. Estuvo paseando por la carretera. Le inspiraban invencible repugnancia las casucas negras de la aldea y la gente sucia y triste, según él, que en ellas entraba y salía. ¿Cómo era posible vivir tras esas piedras habiendo en el mundo adobes y ladrillos, sogas y yeso con que levantar gentiles edificios? Pensando en Herodes, miraba con odio a los chiquillos que pululaban por la carretera descalzos, despeinados y puercos, como si no hubiese visto el mismo descuido y suciedad en la chiquillería de los barrios bajos madrileños, en la de los medios y hasta en la de los otros más elevados.
  Entretanto, los estudiantes pedían cosas en la taberna con mucha seriedad y gran algazara, en unas lenguas ininteligibles.
—¿Espiniquilinguilis, madam?
—¿Alterum nom loedere salchichonorum?
—¿On trompiliman de las consecans madapolan?
—¿Son ingleses, miña nai? —preguntó a la tabernera una rapaza de doce años.
—Sonche pillos. Abre'o ollo. Llama a tu padre, que esta es mala gente, así Dios me salve.
—Es, señora, es. Tenga cuenta con ellos —asintió un joven seminarista, también viajero, que, bondadosamente,  prestóse  a  servir de intérprete entre la vendedora y los compradores.
  Cuando el mayoral grita de nuevo «¡Al coche!» abandonaron todos la taberna  precipitadamente,  con una algarabía de doscientos mil demonios, y se metieron en la diligencia con gran prisa.
  No habían concluido de acomodarse en sus asientos, cuando la tabernera salió a la puerta dando voces:
—¡Mi pan!... ¡Mis chourisos!... ¡Ladrones! ¡Roubáronme o pan e os chourisos!... ¡Ay, Manoel!... ¡Manoel!... ¡Ay, Manoel!... ¡Corre, que nos roubaron os chourisos!... ¡Aaaay, Manoel!...
—¡Ay, Manolé! ¡Ay, Manolé!...
  La mujer llegó furiosa, imponente, hasta la portezuela del interior, que, en vano, pugnó por abrir.
—Tenga cuenta no se haga mal, que va a arrancar el coche —le advirtió cariñoso y suavemente el seminarista intérprete, que sentábase junto a la ventanilla.
—¡Pillos! ¡Ladrones! ¡Y usted es el peor de todos! ¡Rillote! —le escupió la tabernera.
—¿Quién yo? ¡Ay, Señora; mire lo que habla!
—¡Rillote! ¡¡Rillote!!
—Pero, ¿y luego? ¿No le dije a usted que tuviese cuenta? Yo ya la avisé.
—¡Ay, Manoel! —clamó la mujer a un hombre gordo que, en mangas de camisa, apareció por la carretera corriendo, o figurándose que corría—. ¡Anda ligero, que estos pillos roubáronnos o pan e os chourisos!
  Manuel entróse en la taberna y volvió a salir en seguida empuñando un pavoroso fungueiro. Inútil el heroico esfuerzo. En aquel mismo punto arrancó la Carrilana, y aunque Manuel y su cónyuge intentaron seguirla, no les fue posible y tuvieron que conformarse con insultar a los del coche, acompañados del coro general de vecinos que habían acudido a la algazara:
—¡Estudiantes d'a fame!
—¡Rillotes!
—¡Estudiantes del hambre!
—¡Famentos! —rugía Manuel agitando la estaca—. ¡Ya os daría yo...!
—¡Que lle den! ¡Que lle den bertorella!... —alejáronse cantando los diablos de la Carrilana.
—¿Ti, ves? —chilló la tabernera al marido, volviendo contra él toda su ira—. Si estuvieses en casa como es obligación... ¡Maldito sea el tute y quien lo trujo, e o tu demo dos estudiantes famentos, amén Jesús, Dios me perdone!
—Calla, mujer. ¿Qué te llevaron?
—Lleváronme dos molletes grandes, ¡así se afoguen con eles!, más catorce chourisos que tenía aquí colgados.
—¿De los buenos?
—¡Ay, hom! ¿Y luego iba yo a poner ahí de los buenos? Non, home, non. Fueron de los arrasidos, los del puerco que murió. ¡Así revienten ellos!
—¡Ay, eso bien! ¿Y qué te pagaron?
—Diéronme cuarenta y siete reales de doce chiquitas del Ribero, tres jaseosas, dos cervezas, nueve perros gordos de salchichón y una peseta, un real y tres cadelas de pan.
—¡Boh! Pues entonces déjalos ir, que inda ganamos nueve reales.
—Y más también, once; pero si tú no estuvieras jugando al maldito tute, en vez de atender a tus obligaciones, no se llevan los chourisos y el pan, y ganábamos mais.
  Entretanto, ajena al conflicto matrimonial que dejaba en la taberna, la Carrilana  corría carretera adelante, seguida de una nube de chiquillos harapientos y sucios, que trotaban incansables durante una larguísima e inverosímil carrera, porfiando a los viajeros la miseria de una perra chica.
 

viernes, 23 de febrero de 2024

Nacemento da S.D. Órdenes

  1953 foi un ano crucial para o fútbol en Ordes. Cambiou a directiva do club e rematou a construción do novo campo de Vista Alegre.
 
 
  Comezou a súa etapa presidencial o home forte da vila, o médico Antonio Concheiro Iglesias. Precisamente el tivo moito que ver, dada a súa ascendencia sobre o alcalde Juan Liñares Castro, en que o Concello afrontase os gastos de adquirir o terreo e construír o estadio. O vicepresidente sería o tamén médico e primo do alcalde Fernando Concheiro García, un dos solteiros de ouro da vila que casaría ese ano no mes de outubro. O secretario técnico era Segismundo Viqueira Mundito, director da sucursal do Banco de La Coruña en Ordes e anterior presidente do equipo. Os tres foran futbolistas do Órdenes FC, Antonio e Mundito nos anos 20 e 30 e Fernando Concheiro nos 40 pois tiña apenas 30 anos.
  O adestrador era Ignacio Castro Ramos que xogara no Santiago* a principos dos 40 e de quen Manuel Astray opinaba que lle faltaba algo de carácter. A liña defensiva estaba composta polo porteiro Lito, Pedro Losa, Janito e Julián Marcos. Os volantes eran dous xogadores reconvertidos: o pequeno Luis Astray, antes defensa lateral dereito, e Antonio Álvarez, antigo interior ou dianteiro centro. Na dianteira destacaban o lonxevo extremo esquerdo Antonio del Río Pampín Toniño (o capitan do equipo) que tamén xogara no Sporting Ciudad da Coruña, o coruñés con raíces ordenses Jesús Mª García del Río Fefé e Chicho Losa que tiña tal calidade que posteriormente xogaría no Arenal e no Pontevedra do "Hai que roelo".
  Os equipos rexionais participaban entón en numerosas competicións semi-oficiais e era habitual que algúns xogadores doutros equipos os reforzaran de forma puntual.
 
  O 15 de agosto de 1953, día grande das festas patronais, inaugurouse, aínda sen rematar de todo, o campo de fútbol Vista Alegre. Disputábase a un só partido o 2º Trofeo Viriato (doado polo entón recentemente chegado comerciante Viriato Lamas Gutiérrez). Era unha proba de lume, aínda que o rival fose o FC Bergantiños, naquel tempo un equipo non demasiado potente. Para a ocasión o Órdenes FC reforzouse cos xogadores santiagueses Milucho, procedente do Santiago e anteriormente da Ponferradina, e Carlos Rodríguez Martínez Chispa, vinculado ao Vista Alegre. Non defraudaron e tiraron do carro coa súa calidade. O partido acabou cunha vitoria rotunda por 4-0. Álvarez e Fefé fixéronse os donos do medio campo e enlazaron á perfección co interior Chispa. Os 4 goles foron obra de Chispa, Pepiño, Gelos e Toniño.
  Ao día seguinte, San Roque, xogouse o trofeo Monplet. Nesta ocasión o rival era un Arzúa FC moito máis duro porque tamén incluía reforzos alleos. O Ordes xogou practicamente co mesmo equipo, cambiando na portería a Milucho por Lito e a Gelos por Losa II. Novamente a estrela foi Chispa que cunha asistencia a Losa II despois de sortear a varios contrarios propiciou o primeiro gol. O partido acabou con 2-1.
  O Ordes seguiu xogando contra outros equipos como o Riveira SD ao que venceu por 0-4 en Frións ou o Club Deportivo Pazos de Padrón ao que gañou 2-1. Pero o partido amiglable máis importante foi o que o enfrontou ao Arenal de Santiago (equipo co que se ía atopar logo na competición oficial). Aí tería lugar a presentación dos seus novos xogadores: o definitivamente contratado porteiro Milucho, os defensas Nando e Vila, o medio Cuca e os dianteiros Félix e Moncho. O partido tamén se saldou con vitoria por 0-2 e foi unha subida de autoestima e a confirmación de que poderían competir sen defraudar na categoría. Aínda chegaría posteriormenete un novo xogador, Mauro Rodríguez Ferreiro Merrellas, tamén procedente do Vista Alegre compostelán.
 
  E chegou por fin a inscrición na Serie A Rexional -Grupo Norte- (o que hoxe sería unha 4ª división) e iniciou así a historia oficial da SD Ordes (aínda que naquel tempo non se usaba o de SD e sempre se falaba do Órdenes). Participaban 10 equipos: Astano e Esteiro do Ferrol, Numancia de Ares, Villalbés de Vilalba, Eumesa de Pontedeume, Brigantium de Betanzos, Fabril da Coruña, Órdenes, Arenal de Santiago e Flavia de Padrón.  
  O primeiro partido oficial do equipo foi tamén o primeiro do novo campo Vista Alegre. Tivo lugar o domingo 6 de decembro de 1953 comezando ás tres e cuarto da tarde despois da bendición do estadio polo párroco D. Joaquín Andrade.
  O campo estaba abarrotado e podíase dicir que o pobo enteiro pechara as portas das súas casas e estaba presente para ver o debut do seu equipo. O Ordes aliñou para a ocasión a Milucho, Janito, Nando, Vila, Luis Astray, Cuca, Félix, Merrellas, Moncho, Álvarez e Toniño. O rival foi un durísimo Astano que puxo en tantos apuros ao equipo local que o máis destacado foi o defensa Nando. Aínda así o primeiro gol oficial caeu na conta do Ordes aos 22 minutos cun certeiro cabezazo de Moncho. Pouco durou a alegría porque o interior Ricardo empatou rapidamente. A partir de aí dominou o Ordes pero de forma infrutuosa e ese primeiro partido acabo 1-1.
  O seguinte domingo, día 13, o Ordes visitou Santiago para enfrontar en Santa Isabel ao Arenal, equipo que contaba agora co ex-ordense Chicho Losa, que aproveitou para meternos un gol. Outra vez o partido rematou 1-1, grazas a un gol de Astray tirando unha falta.
  O domingo 20 o Ordes recibiu a visita do Flavia de Padrón e para a historia quedou a primeira vitoria en competición oficial por 3-2. Neste partido debutou del Río (ex-Brigantium) e marcou os tres goles (e outro anulado) do Ordes que bailou ao Flavia no primeiro tempo pero que acabou "pedindo a hora" no segundo.
  A visita a Vilalba saldouse con outro empate 1-1 con gol de Pedro Losa e outro recibido do vilalbés a tres minutos do final, e así rematou ese ano 1953.
 
  Esa primeira tempada oficial sería bastante boa. O equipo ordense estivo imbatido durante moitas xornadas pero logo acusaría as lesións e o cansazo e concluiría no 7º posto. O gañador sería o Fabril da Coruña.
 
*No 1953 o Santiago era o club máis importante da cidade compostelá e competía no primeiro grupo da terceira división, pero non lle ía moi ben. O Arenal xogaba en categoría rexional. O actual Compostela non existía naqueles tempos pois desaparecera nos anos 30. En 1962 renaceu (despois da desaparición do Santiago) e fusionouse co Arenal, que pasou a ser o seu filial. Outro club moi coñecido da cidade, o Vista Alegre, a principios dos 50 era un equipo da liga de modestos, pero nel apareceron moitos xogadores que aproveitarían outros equipos como Chispa, Merrellas, Cuca, Nando...

martes, 20 de febrero de 2024

Capela do Bidueiro


   Na aldea do Bidueiro, a carón do pazo que pertenceu aos López Rioboo, achamos esta sinxela capela de pequeno tamaño e planta rectangular. Dado que no Bidueiro a festa grande é o San Xoán tamén é chamada habitualmente capela de San Xoán. Ao ser un templo vinculado ao pazo non ten a orientación habitual, e a cabeceira, no canto de dar ao leste, da ao NO.
 

  Mide aproximadamente uns 5,40 metros de fachada por uns 8,70 de lonxitude, ou sexa arredor de 45 metros cadrados, só por enriba das capelas de San Pedro en Cestaños e de San Antón en Guindibóo. Os muros son maiormente de cachotaría revocada e pintada de cor branca, agás os esquinais e marcos de portas e fiestras que están feitos de perpiaños. As xuntas destes están cubertas e pintadas tamén de cor branca. Iso e a disposición asimétrica dos perpiaños laterais crean un efecto estético moi destacable.
 
 
A cuberta é a dúas augas con rematado de tella do país sobre armazón de madeira. Á fronte unha espadana de granito dun solo oco rematada en arco de medio punto aloxa unha campá, feito que non era moi habitual nas capelas pacegas ás que os señores podían ir cando querían.
  Enriba da porta principal de lintel recto atopamos un escudo de pedra. É moi parecido ao que hai no pazo pero con dous cuarteis menos. Nel podemos ver varias becerras, obvio símbolo da familia Becerra, rodeando 6 cuarteis que representan ás familias Torre, Moscoso, Bermúdez, Caamaño, Rioboo e Varela.
 
  O interior é bastante sombrío porque só hai unha pequena fiestra no muro sur e unha simple bufarda no norte. Destaca un sobrio retablo neoclásico con catro columnas de fuste liso pintadas de cor rosa e varias imaxes, a máis grande dunha Virxe sostendo ao neno Xesús. A finais do 2023 ou principios de 2024 colocouse diante do retablo un pequeno e estreito altar de granito.
  Na actualidade o seu estado de conservación non é demasiado bo, estando algo descoidada.
  E agora vexamos como Manuel Rodríguez García conta en "Historia viva" as festas do século XX e algunha anécdota máis sobre esta capela.
 
  No día 23, na véspera de San Xoán, faise unha boa cacharela diante da capela que dura ata cerca do día, animada con pandeiretas e gaitas de fol. Xúntase moita xente para saltar a cacharela que se hai que afumar contra as meigas e desfrutar da foliada. Ao outro día misa grande na capela e procesión pola Avenida dos Castiñeiros, acompañada pola banda de música de Ordes, e recóllese outra vez na capela. De seguido os bailes da saída da misa e, á tarde, toca a banda ata a noite no campo da romaría, que hai un bo poseo pola Avenida dos Castiñeiros.
  Esta avenida está nomeada na Real Historia de Galicia. Fraga grande chea de carballos e corticeiras. O campo de San Xoán cheo de bidueiros vellos, todos aliñados ao longo, ao ancho e ao sesgo, augas minerais no rapadoiro que, no devalo da lúa de agosto, ía moita xente tomalas, entre eles o ferreiro do Casal, Bernaldo, que viñera achacoso da guerra de Cuba.
  A capela de San Xoán ten a entrada cara ao nacente e o altar cara ao poñente e así dise a misa ao revés de todas as igrexas da zona.
 
  Para coñecer outros templos do concello preme en Igrexas e capelas de Ordes.

sábado, 17 de febrero de 2024

Vodas en 1953

   No ano 1953 houbo un par de vodas destacadas que apareceron na prensa e curiosamente ningunha das dúas se celebrou en Ordes.
 
  A primeira tivo lugar en agosto na bonita igrexa de Santa María de Arbo. Os noivos eran Dolores Caamaño García, unha xove mestra filla do practicante compostelán José Caamaño Lojo e de Laura García Doeste, que decidiu casar nesa preciosa paisaxe co mozo de Oroso, pero funcionario da sucursal en Ordes da Caixa de Aforros de Santiago, Ángel Raña Dafonte.
 
  Bendiciu a unión o párroco don Francisco Lariño Tojo e actuou de mestre de cerimonias o coengo da Colexiata da Coruña doutor Lago Varela, estando a misa de velacións a cargo do arcipreste do Xiro da cidade de Santiago, don Bernardo Louro, que dirixiu aos contraentes unha "emotiva plática" relativa (adiviñádelo?) ao seu novo estado. Foron padriños o maior da Mariña Antonio Lariño Varela e dona Dolores Dafonte, viúva de Raña, mentres as testemuñas foron Amador Espiñeira Pellit, o avogado Jose Lado París e os industriais José Seoane Castro e Domingo Lariño Varela. Representou á lei o letrado de Muros José Fabeiro.
  O banquete tivo lugar na casa da noiva. Na lúa de mel percorreron diversas cidades españolas. Ao seu regreso viviron en Ordes onde estiveron moitos anos e onde naceron os seus tres fillos: Loló, José Ángel e César. Logo establecéronse en Oroso onde Ángel morreu no ano 2003 aos 77 anos de idade.
 
 
A outra voda tivo lugar na espectacular igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa o sábado 3 de outubro ás 5 da tarde. A noiva era a fermosa Mª Esther Abal Barral, filla de Roberto Abal Vázquez (1902-1989), industrial vilagarcián, e de Camila Barral Blanco (1905-1993), familia que veraneaba habitualmente en Ordes. O noivo era o médico Fernando Concheiro García, o irmán máis novo dos 12 -menos José, xa falecido- que compoñían a familia Concheiro (a rama coñecida como os de Carballo). Tiña 31 anos, cumpridos a principios de agosto, mes no que tivo lugar a pedida de man.
 
  A noiva con "elegante traje de raso y encaje" ía da man do seu pai, mentres o noivo ía acompañado pola súa nai Juana García Mouriño, viúva desde había 30 anos do procurador Pedro Concheiro. O oficiante foi o sacerdote da parroquia don Francisco Chantada Carro que dirixiu aos contraentes unha "sentida plática". Soaron durante a cerimonia os compases do Ave María de Gounod.
  Estendeu a acta matrimonial o xuíz José Samuel Roveres García, presidente da Sala do Civil da Audiencia da Coruña. Asinaron como testemuñas da noiva o avogado Manuel Silva Núñez, o seu irmán Manuel Isidoro que era médico, e os seus primos: o mestre Leopoldo Ruibal Abal, o funcionario do INE Eduardo Miranda Lamas, o tenente Manuel Casalderrey Calvo e o propietario Horacio Gamarra García. Por parte do noivo asinaron o profesor da Facultade de Medicina da USC Ángel Jorge Echeverri, o médico forense e curmán seu Antonio Concheiro Iglesias, o avogado e alcalde ordense Juan Liñares Castro, o industrial compostelán José Gónzalez Criado (esposo da súa irmá María), o médico Bartolomé Burguera García e os seus irmáns Manuel Concheiro, director do Banco Pastor, e Francisco Concheiro, funcionario no mesmo banco.
  Despois da cerimonia os noivos e os seus máis de 300 invitados tomaron unha merenda no Círculo Artístico Mercantil de Vilagarcía e a festa amenizada por unha orquestra durou ata a madrugada.
  A parella saíu de lúa de mel por España e o estranxeiro. Á súa volta establecéronse en Ordes, en Alfonso Senra (a carón da casa da familia Calvo) e tiveron dous fillos, Fernando e Juan Miguel. O matrimonio durou case 40 anos pois Fernando Concheiro morreu en marzo de 1993. Mª Esther continuou vivindo en Ordes.  

miércoles, 14 de febrero de 2024

A voltas por Mercurín

   No xornal La Voz de Galicia aparecen habitualmente uns artigos de Cristóbal Ramírez onde descobre lugares naturais pouco coñecidos e interesantes para percorrer a pé ou en bicicleta. Hai varios deles dedicados á comarca de Ordes. Este foi publicado o 26 de agosto de 2023.

  Las tierras del este de Ordes son muy conocidas porque por ahí pasa el Camino Inglés a Santiago. Tierras donde el eucalipto gana terreno a marchas forzadas y donde hay algunos carteles rebelándose contra la implantación de macromolinos eólicos.
  Las tierras del oeste de Ordes son mucho menos conocidas porque por ellas no caminan peregrinos jacobeos. Tierras donde el eucalipto gana terreno a mucha menos velocidad, donde perviven espléndidos bosques de especies autóctonas y donde se ven algunos carteles rebelándose contra la implantación manu militari de molinos eólicos.
  Por estas últimas se ha diseñado y homologado una ruta que tiene como eje el río Mercurín y que consta de dos partes. Es la más norteña la que fija su referencia en la pequeña y nada interesante aldea de Mañufe, que se convierte en un buen punto de partida para recorrer un itinerario que en parte coincide con esa ruta de senderismo oficial y en parte no. O parece que no, puesto que las señales amarilla y blanca o están muy desvaídas en la mayor parte del trayecto o bien han desaparecido y en varios cruces el excursionista podría no saber por dónde tirar en caso de que quisiera seguir.
  De manera que a Mañufe, donde es posible aparcar el coche. Ahí se llega cogiendo a la salida de Ordes, en la rotonda, la carretera de la izquierda que conduce a Cerceda. Por supuesto, no hay que ir tan lejos, puesto que al arribar a la parroquia de Mercurín un desvío a la izquierda, mal señalizado, anima a ir a Pedre y algo más adelante otro más, a la misma mano, sí aclara que por ahí se va a Mañufe.
 
 
  Así que una vez olvidado el coche procede hacer caso a un letrero de dimensiones inversamente proporcionales a lo que indica: una bonita fuente local a la que se llega, no sin cierta sorpresa, descendiendo por cemento. Y una vez acabado el cemento, y hay que repetir sin señal alguna, se alcanza una pista ancha de tierra muy cómoda entre campos de maíz.
  ¿Paseo corto? A la izquierda, para cruzar el Mercurín. Por un lado se ve ancho, aguas cristalinas y va bajo por la sequía. Por el contrario no se ve nada porque aquello es una auténtica selva. Se gana otra pista y se elige siempre la izquierda hasta ganar el asfalto. Y ahí hay dos posibilidades: la diestra -aunque después haya que dar marcha atrás- para conocer el único molino que se mantiene en pie en esa zona, por cierto, al pie del río Mercurín, por supuesto. O la siniestra, que conduce en pocos minutos hasta el coche.
  Pero si hay ganas de andar más -o de darle a los pedales-, entonces cuando se acaba el cemento se elige la derecha, en suave y continuado ascenso para encontrarse ante una vivienda, Barreiro, y dejarla a la derecha para irse introduciendo en un bosque al que la calificación de matrícula de honor le viene escasa.
 

  Y ahí el caminante se mete en plena vegetación cuando elige la primera a la izquierda. Si va en vehículo sin motor de dos ruedas, debe tener una cierta experiencia, porque esa corredoira va a convertirse primero en congostra y luego en puro sendero. Decir que ese descenso entre carballos es maravilloso es poco, y el final de ese tramo entra en la categoría de lo espectacular: ahí está el río Mercurín, corriendo alegremente, con un moderno pasal que permite cruzar al otro lado.
 
 
  Toca ascender, lógicamente, hasta un punto donde se encuentra con la primera parte de la ruta oficial. De hecho allí hay varias señales en madera, y en las cercanías se alzan las indicaciones de que eso es un PR-G. A partir de ahí no resulta fácil orientarse, pero tomando siempre la izquierda y sin volver a cruzar el río se vuelve a pisar el asfalto que da acceso a Mañufe.
Cristóbal Ramírez
INICIO: 43º06'02"N 8º25'32"W
LA FOTO MÁS PERSONAL: En el "pasal".
EN BICICLETA: Ruta idónea con algún tramo para expertos.
PARA NIÑOS: Mejor el recorrido por el itinerario corto.

sábado, 10 de febrero de 2024

Festas patronais de 1953

  As festas patronais de 1953 duraron 4 días e contaron coa actuación da histórica Banda de Música de Merza (Vila de Cruces) fundada en 1928. Tamén veu a Orquesta Poceiro de Pontevedra, unha gran formación fundada en 1943 por Benito Poceiro e que estaba constituída por 13 sensacionais músicos. Aínda existía co nome de Poceiro Big Band en 2017, ano no que cesou a súa actividade.
 
 
  O venres 14 ás 12 da mañá as festas deron inicio oficialmente con repenique de campás e salvas de bombas, mentres gaiteiros do país percorrían as rúas ao son das gaitas. Ás 7 da tarde fixo a súa entrada na vila a Banda de Merza con alegres pasarrúas. Ás 10 da noite na Alameda, iluminada como outros anos polo industrial pontevedrés Miguel Romero, comezou a verbena amenizada pola banda e anunciada con estrondo por "infinidade" de bombas e foguetes.
  O sábado 15, día grande, ás 8 da mañá unha salva de potentes bombas espertou aos ordenses. Unha hora despois a banda de Merza e gaiteiros do país percorreron as rúas tocando alegres dianas e alboradas. Ás 11 os gaiteiros acompañaron aos xigantes e cabezudos paseando polas rúas. Ás 12 tivo lugar a misa solemne que acabaría coa procesión presidida polas autoridades. Ás 2 da tarde tivo lugar o concerto da banda e da Orquestra Poceiro na Alameda.
  Ás 6 da tarde houbo un gran evento: o primeiro partido no novo estadio (aínda en obras) Vista Alegre. Era o 2º Trofeo Viriato polo que competiron o FC Bergantiños de Carballo co equipo local. A semi-inauguración non puido ser mellor pois, no medio do delirio do público, o equipo local fulminou por 4-0 ao Bergantiños.
  A continuación na Alameda houbo festa vespertina coa banda e a orquestra. Despois de parar para cear, ás 11 da noite reiniciou de novo a música e o baile.
  O domingo 16, día de San Roque, copiou ao anterior. Ás 9 volveu saír a banda e ás 11 os xigantes e cabezudos. Misa solemne tamén ás 12 pero a música xa se adiantou á unha. Ás 6 da tarde houbo de novo partido de fútbol. Nesta ocasión disputouse un trofeo doado pola casa Monplet e o equipo rival sería o Arzúa FC, un equipo máis forte que puxo en apertos ao Órdenes pero que acabou sucumbindo tamén por 2-1, o que alegrou aos seareiros. Ás 8 repetiuse o baile. A festa nocturna contou ademais con fogos artificiais dos famosos industriais irmáns Rocha de Oza dos Ríos. Como en días anteriores multitude de bombas e elevación de globos grotescos anunciaron o final da verbena.
  O luns 17 a banda xa saíu ás 10 da maña e a sesión vermú adiantouse ás 11. A tarde quedou reservada para os divertidos xogos daquela época: carreiras de cintas, de sacos... e outras varias que facían a delicia dos asistentes. Ás 11 da noite a última verbena despediu aquelas alegres festas.
 
 
  En 1953 por primeira vez La Voz de Galicia dedicou un especial ás  festas patronais de dúas páxinas completas. Nelas, ademais do programa, aparecía a típica entrevista co alcalde Juan Liñares, unha descrición da vila e as súas novas construcións, unha reportaxe sobre o equipo de fútbol, a habitual colaboración de Manuel Astray e algunhas curiosidades como un apuntamento sobre Manolo do Nacho e unha sección chamada "Encantiños Ordinenses" con fotos de dúas belezas da época das que non pon o nome, así que premio para quen as recoñeza.
 

jueves, 8 de febrero de 2024

Consello de guerra a Couto

  Podemos considerar 1952 como o ano do fin da guerrilla en Galicia xa que foron abatidos José Galán e Manuel Ramiro, detido Juan Couto e tamén detido, xulgado e executado o mítico Foucellas. Pero aínda houbo unha posdata en 1953 e foi o xuízo de Juan Couto.
 
  O luns 6 de xullo de 1953 na sala de actos do cuartel do Rexemento de Infantería Isabel la Católica da Coruña tivo lugar o consello de guerra. Presidiu o tribunal o tenente coronel de Infantería Juan Batllé Vázquez. Foron vogais os capitáns de Infantería José Domenech Arias, Antonio Vázquez Blanco e Manuel Bethencourt Morales, así como o de Artillería Luis Reija López. O vogal relator foi o capitán xurídico Fernando Bartolomé Martínez e o instrutor da causa o comandante de Artillería José Santamaría Viso (o mesmo que no xuízo de Foucellas). O fiscal foi o tenente auditor Jaime Hervada Fernández-España e o avogado defensor o capitán César Silva fernández.
  Asistiu numeroso público formado sobre todo por parentes e veciños de Ardemil. Couto, de estatura máis ben baixa, ancho e forte, presentouse ben vestido con chaqueta azul, pantalón gris e zapatos de cor. Destacaban as súas lentes de sol que usaba para disimular a falta dun ollo. Mostrouse nervioso ao principio pero logo acougou e contestou con tranquilidade ás preguntas que lle formularon.
  Aberto o consello, procedeuse á lectura do sumario que incluía numerosos roubos pero só un delito de sangue: o asasinato do párroco de Viós (Abegondo).
 
Xaneiro de 1946: despois de estar en contacto coa guerrilla e auxiliar ao guerrilleiro Remuiñán, o día 13 botouse ao monte e integrouse na partida de Ponte. Ese mesmo mes participou no roubo de mil pesetas ao paradista Marcote en Fervenzas (Aranga).
Desde febreiro de 1946 participou en numerosos atracos: dobre roubo de 8.000 pesetas a Cacheiro de Precedo (Abegondo), 10.000 ao porqueiro de Landeiros (O Pino) -que foi extorsionado en máis ocasións-, 10.000 a Baltasar de Castelo (Trazo), 60.000 ao cura de Castrelo, 25.000 a Fidel Cacheiro...
Marzo de 1946: disfrazados de soldados, desarmaron aos membros do Somatén de Marcelle (A Baña) aos que subtraeron 9 fusís con municións e 14.000 pesetas. Roubaron ao paradista de Gondar 40.000 pesetas e outras 25.000 ao alcalde de Cerceda.
Abril de 1946: Couto reuniu a 14 veciños de Ardemil e o día 13 cortaron 18 postes da liña telefónica, 14 de telégrafos e voaron ademais 2 postes de alta tensión. En Negreira participou no asalto a un sacerdote. Tamén no atraco a un veciño de Malpica ao que roubaron 25.000 pesetas.
Xuño de 1946: entran en casa de Jesús Candal ao que lle esixen 4.000 pesetas que este non pode reunir. Marchan deixándolle unha bandeira republicana ao seu fillo. Atraco a unha persoa indeterminada á que roubaron 10.000 pesetas.
Novembro de 1946: o 24 dese mes varios guerrilleiros asaltan a casa do párroco de Viós (Abegondo), ao que sacaron ao patio e asasinaron.
Ano 1948: en Beldoña (Abegondo) a Garda Civil ten un encontro coa súa partida, onde resulta ferida Carmen Temprano que os acompañaba.
Novembro de 1951: Couto únese á partida de Galán e Ramiro coa que seguiu cometendo diversos delitos ata a súa detención o 22 de xuño de 1952.
 
  Interrogado Couto, declarou que o alcume Simeón foi unha broma e que os compañeiros sempre lle chamaban o Couto. Botouse ao monte porque axudara ao guerrilleiro Remuiñán e tiña medo de que o prenderan por iso. Integrouse na partida de Manuel Ponte, na que tamén estaban Remuiñán e Nouche. Perdeu o ollo o 13 de decembro de 1946 porque veciños de Oíns (Arzúa) lles dispararon cunha escopeta cando ían buscando comida. Errou polo monte desconectado da partida e facéndose as curas el mesmo. Sempre segundo as súas declaracións non participaba nas accións da partida e os guerrilleiros axudábanlle e dábanlle de comer. Manifestou sentirse coaccionado por Remuiñán que lle comentaba que o matarían. Preguntado sobre se recibía cartos produto dos roubos dos guerrilleiros, negouno (aínda que a súa sinatura aparecía nun recibo que levaba enriba Nouche). Cando foi capturado na acción na que morreron Galán e Ramiro el quedou na corte sen disparar.
 
 
O realmente relevante era dilucidar a súa participación ou non no asasinato do sacerdote don 
Juan Díaz Manso (1900-1946). Este que levaba desde 1927 sendo párroco de San Salvador de Viós (e de Leiro que estaba anexa) foi tiroteado a noite do día 24 por varios guerrilleiros. 
  Afortunadamente para Couto, as testemuñas declararon ao seu favor. Tanto a sobriña do cura como Manuela Carro, a criada, non recoñeceron a Couto como un dos participantes no asasinato. Así mesmo o xastre Antonio Varela e o labrador Manuel Barro, que estaban na casa do primeiro e que se viron obrigados a levar aos asaltantes á casa do cura, tampouco recordaban a súa cara. 
  O fiscal tentou establecer dúbidas, debido ao tempo pasado (6 anos), a que o feito fora de noite e a casa estaba iluminada por unha pobre luz de carburo, pero non o logrou.
 
  Couto tamén recibiu o meritorio apoio de dous veciños, Jesús Bao e Manuel Louro. O primeiro aloxouno un ano despois da perda do ollo e declarou que nese tempo se portara "marabillosamente" e non tivo noticia de que fixese algo malo. O segundo afirmou coñecelo de toda a vida e que sempre fora un "excelente muchacho" e non tivera actividade política algunha.
  O fiscal, obviamente, non estivo de acordo. Pediu para el a pena de morte, 40.000 pesetas de indemnización para os herdeiros do párroco, e a restitución das cantidades roubadas nos atracos.  
  Foi logo o turno do avogado defensor que resaltou a boa conduta de Couto antes da guerra, que combateu logo cos Nacionais (no bando franquista) e que mesmo tentou entrar na Garda Civil onde foi rexeitado por escaseza de talla. Recordou que o seu pai fora detido e que el escapou ao monte instado polos veciños que crían que tamén remataría no cárcere.
- Couto puede ser un engañado pero nunca un malvado - falou con dramatismo.
  Recordou que os seus veciños de Ardemil tíñano por moi boa persoa e que non estaba probada en absoluto a súa participación na morte do párroco de Viós. Só lle eran imputables delitos de pouca importancia, polos que pedía unha pena de 12 anos e un día de reclusión.
 
  Aínda que a pena foi de morte, a sentenza foi conmutada de inmediato pola de cadea perpetua. Non obstante o Rexime xa non se sentía ameazado e esa perpetua rematou por durar menos que o que pedía o avogado defensor. En 1963 Couto foi definitivamente liberado despois de pasar 10 anos nos cárceres da Coruña, Dueso, Alcalá de Henares, Carabanchel e Guadalajara.
  Morrería o 12 de outubro de 1999 en Buscás e no seu cemiterio parroquial está soterrado.

sábado, 3 de febrero de 2024

10 anos de velutinas


  O primeiro avistamento de avespas asiáticas en Europa tivo lugar en Aquitania no ano 2004. Un cultivador de bonsais detectounas na súa veciñanza. Ademais estableceu unha hipótese: posiblemente chegaran en caixas de cerámica chinesa que importaba de forma regular. El xa vira esas avespas en China e constatou no inverno de 2004 a existencia de dous niños preto da súa casa. Disparoulles e creu que os eliminara. Non sabía que as avespas estaban mortas, pero xa enxamearan.
  Con todo o primeiro en informar da súa presenza en Francia foi no ano 2005 o entomólogo afeccionado Jean-Pierre Bouguet. Chamoulle a atención unha avespa que se alimentaba do froito dun caqui no seu xardín. A pesar dos seus coñecementos nunca antes vira un insecto como aquel en Nérac, no departamento francés de Lot-et-Garonna. Informou ao especialista Jean Haxaire, que o identificou como "Vespa velutina" a partir de fotos na internet.
  No mesmo departamento pero en Tombeboeuf un veciño observou a construción dun niño na terraza da súa casa, sen saber de que especie se trataba. Un familiar deste home recorreu ao Museo Nacional de Historia Natural, onde identificaron eses exemplares como machos de velutina: era a primeira nidificación desta especie que se documentaba en Francia.
  Nese momento creuse que se trataba dunha introdución accidental de obreiras chegadas de Asia que quizais construíran un niño e se reproduciran, pero cuxos descendentes eran exclusivamente machos, de maneira que a especie non tería éxito. Pero en abril do 2006 capturáronse novas femias de velutina en trampas colocadas a uns trinta quilómetros de Nérac. A aclimatación confirmábase: a especie era capaz de crear niños e reproducirse, e tamén de que raíñas fundadoras hibernasen para crear novas colonias ao ano seguinte. Foi nese momento que o cultivador de bonsais informou de que xa as detectara no ano 2004.
  Hoxe sabemos que probablemente a súa aparición aínda foi anterior. Seguramente unha ou varias raíñas fecundadas chegaron desde China en barco, nun contedor onde pasaron o inverno. Os estudos xenéticos realizados polo CNRS (Centro Nacional de Investigación Científica de Francia) mostraron que a liñaxe da avespa invasora en Europa orixinouse nunha rexión próxima a Shanghái en China, onde se fabrica esa cerámica para o cultivo de bonsais, polo que aquela primeira hipótese é certa case con total seguridade. Doutra banda, os estudos xenéticos demostraron que o máis probable é que a liña invasora proveña dunha soa raíña fecundada por varios machos.
  No ano 2006 xa se estendera, posto que as condicións climáticas da súa -entón potencial- rexión de orixe en China eran moi parecidas ás de Francia. A abundancia de colmeas no país e a falta de depredadores naturais favoreceu a súa expansión. En apenas 4 anos a metade oeste do país foi ocupada polo insecto.
 
 
  A posibilidade de que chegase a España estivo moi presente desde o ano 2006 porque houbo avistamentos preto dos Pireneos. Juli Pujade, da Universidade de Barcelona foi informado de que prestase atención. Pero é moi difícil detectar os primeiros niños, polo que non foi ata o ano 2010 cando se confirmou a súa presenza en España.
  En Galicia foron avistados os primeiros exemplares na costa de Lugo no ano 2011. Á comarca de Ordes tardaron outros tres anos en chegar pero en 2014 foron vistos nos concellos de Cerceda e Ordes. Na actualidade, desde o seu punto de partida francés, a velutina xa puxo o pé en 10 países europeos (e os que quedan!).
 
  Claire Villemant, investigadora do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, formaba parte do equipo que identificou as primeiras velutinas e documentou a súa aclimatación en Francia. Na súa opinión a velutina xa é imposible de erradicar e o que queda é protexer as colmeas o mellor posible (colocando trampas nas súas inmediacións) e utilizar buceiras para manter aos avispóns afastados da entrada da colmea e así permitir que as recolectoras renoven a súa actividade, porque máis que a depredación é a parálise das obreiras á entrada da colmea e o cesamento da procura de alimento o que provoca a maior mortalidade das colmeas.
  Doutra banda as abellas asiáticas (Apis cerana) saben defenderse das velutinas e as abellas europeas (Apis mellifera) que viven en Asia desde hai moitas décadas mostran agora o mesmo tipo de comportamento aínda que menos eficiente. Algúns apicultores observaron algo parecido en Francia, especialmente coa abella negra (Apis mellifera mellifera), a variedade local. Así que é posible que a longo prazo as abellas europeas tamén aprendan a defenderse, aínda que a costa dunha gran mortalidade.
  En todo caso, o que é seguro é que debemos estar preparados para compartir a nosa vida futura coas velutinas.