sábado, 26 de septiembre de 2020

Francisco Ríos Seoane

   Se hai un ordense cunha vida chea de luces e sombras, digna dunha película de Hollywood, ese sería Francisco Ríos Seoane.

  Naceu en outubro de 1934 en Cestaños, un pequeno lugar da parroquia de Parada. Foi o fillo maior do matrimonio formado por Ricardo Ríos del Río (1908-1989) e Jesusa Seoane Noya (1911-1983), que logo terían outros 3 fillos máis: Manuel, Lino e Pilar.

  Como toda a súa xeración, Francisco viviu os durísimos anos 40 na pobreza, e para saír dela, como tantos outros, cando cumpriu os 18 anos de idade, en 1952, emigrou a Arxentina onde xa vivía unha tía súa.

  Os primeiros tempos foron duros, traballou lavando copas nun bar próximo ao Congreso e outros oficios mal pagados pero o seu espírito emprendedor fíxoo saír adiante. Pronto puxo unha confitería e logo outra, e outra ... chegou a ter 180. Tamén se introduciu noutros negocios como a construción e chegaría a ser propietario do Hospital Español. No ámbito sentimental casou con Silvia Freijo Varela coa que tería dous fillos: Fernando e Alejandro Ríos.

  Gran afeccionado ao fútbol fíxose socio en 1960 do Club Deportivo Español de Buenos Aires (fundado en 1956 no Centro Betanzos), o equipo co que durante décadas se identificou a emigración galega. En 1978 chegou á presidencia (na que estaría ata 1996). Esa década dos 80 foi máxica. Xa en 1979 o club foi campión de 1ªC. En 1981 construíu o Estadio España con capacidade para 18.000 espectadores. En 1984 quedou campión da 1ªB e ascendeu á 1ª división (onde estaría por 14 anos), tamén aumentou en 25.000 persoas a súa masa social. Ríos converteuse nunha figura pública admirada en Arxentina e España. Mesmo os presidentes Felipe González en 1987 e José Mª Aznar en 1994 acudiron a algunha das súas famosas festas. José Batista, mundialista uruguaio, ídolo daquel equipo, declaraba: "Nunca te negaba nada. Te podía organizar el cumpleaños de tus hijos, lo que le pidieras. Y cualquier inconveniente de salud de algún conocido, ponía a tu disposición el Hospital Español".

   Todo cambiou nos anos 90. Aí comezaron as sombras: O "self made man" que era admirado e mesmo idolatrado por moitos compatriotas e siareiros do club foi tamén aquel que figurou en máis de 30 procesos xudiciais por calumnias, lesións, quebra fraudulenta, estafa, fraude e ata homicidio!

   En xullo de 1994 Ignacio Torres, suboficial retirado da Armada e integrante da oposición na Comisión Directiva do club contra o que Ríos tivera fortes palabras, foi queimado mentres atendía un bar da súa propiedade. Roberto Bravos Llanos, empregado do club e do Hospital Español, propiedade de Ríos, foi o autor material. Ríos foi acusado de instigador e detido en abril de 1995 cando pretendía fuxir nunha lancha ao Uruguai. Pasou 87 días no cárcere pero non houbo probas suficientes e tivérono que soltar. Ata ingresou nun psiquiátrico alegando incapacidade mental antes de ser procesado. O caso aínda coleou un par de veces máis pero nunca se chegou a probar nada.

  Con toda esa mala publicidade en Arxentina, iniciou o desembarco na súa terra. Naquel mesmo ano 1994 a familia Lamas vendeulle Viriato SA polo simbólico prezo de 24 millóns de pesetas (a débeda coa Administración roldaba os 700 millóns). Tamén adquiriu os hoteis Ensenada de Vigo e Sada da Coruña e o Taller San Cristóbal. En 1995 compra a empresa asturiana Chocolates Cibeles. Pronto controlou un holding denominado Grupo Ríos con dúas sociedades "Cestaños SA" e "Alameda de Ordes SL" como cabeceiras de moitas empresas hostaleiras e inmobiliarias.

  En Arxentina as cousas continuaron indo mal. Quixo fusionar o Club Español con outras dúas entidades pero a operación non saíu adiante polas sospeitas de fraude fiscal. En 1997 foi suspendido pola Asociación de fútbol ao recoñecer que primara a outro equipo. En 1998 o Español entrou en quebra e baixou á 3ª división. Tivo que pechar no 2000 e estivo abandonado o campo moitos anos.

  Tampouco en España as cousas foron ben. As empresas xestionadas polos seus fillos non acabaron de funcionar e en 2011 a xusticia condenouno a pagarlle case un millón de euros a Juan Mosquera Veiras que, non obstante, non falaba mal: "Le hice un préstamo hace muchos años. Es un hombre que tuvo una vida muy ajetreada, cayo enfermo ... Yo lo conozco desde niño y espero cobrar algún día. Él incluso llegó a ofrecerme un edificio importante de Santiago y tierras. Tiene locales, viviendas y terrenos aquí aún".

  A súa saúde empeorou e ingresou nun psiquiátrico onde morreu o 23 de setembro de 2015 aos 80 anos de idade.

jueves, 24 de septiembre de 2020

Ordes en 1934

  No ano 1934 a principal noticia política en Galicia, ademais da celebración da 1ª edición do Mitin das Arengas, foi a integración da ORGA dentro de Izquierda Republicana, xunto co partido de Manuel Azaña (Acción Republicana) e o Partido Republicano Radical Socialista. En Ordes a consecuencia foi que Manuel García Gerpe, procedente da ORGA, sería o líder do novo partido. O goberno de Antonio Concheiro atopaba cada vez máis contestación entre os mozos de esquerdas da vila e os agrarios das parroquias. O que non cambiaba era o gusto polas festas (na foto a concorrida romaría de Leira dese ano) e o alto número de liortas e actos violentos varios. Tamén debemos destacar a aparición dunha taberna e ultramarinos que montou na antiga casa do alcalde García Rivas Ricardo Martínez Barros (1905-1975), un mozo de Vilacoba (Abegondo), casado con Mercedes Viqueira do lugar de Nogalláns en Trazo, así que o comercio levou o nome -cun pequeno erro ortográfico- de "Nogallás".

XANEIRO: Antonio Costa Muiño morto a paus en Xesteda na celebración do fin do Ano 1933. Nomeado recadador de contribucións D. Manuel de Artaza. Antonia Prieto Paz mestra en Ordes e Lisardo Castro Amor en Barbeiros. 
FEBREIRO: Fai unha parada en Ordes Gerardo Abad Conde. Jesús Lorenzo de Santiago fere na cabeza a Antonio Boquete Leira, 55 anos, de Ordes. Tamén o xornaleiro Jerónimo Figueiras Martínez agride e deixa sen sentido en Vista Alegre ao veciño de Parada Manuel Remuiñán Figueiras. Envorca un autobús preto do Mesón. Atacado con paos por varios mozos César Pol Crespo cando viaxaba no seu coche pola estrada a Carballo. Morre en Mercurín Ramón Franqueira.
MARZO: Crime en Beán, morre Pedro García de 25 anos. Cencerrada letal en Ardemil: José Blanco Remuiñán, 44 anos, sae iracundo e dispara contra os mozos que o molestan esa noite despois de casar, matando a Manuel Sánchez Gómez de 16 anos. Morre no asilo Manuela Ríos Castelo aos 72 anos. Xubílase Manuel Abeijón Suárez como alguacil do xulgado de Instrución. Nomeado fiscal municipal Manuel Mariño Vilela
 
ABRIL: Festa da Divina Pastora en Pereira. A "Juventud Católica" de Carballo ven representar unha obra teatral ao Salón Troche. Juan Campos Fernández, anteriormente secretario en Trazo, nomeado secretario do Concello de Ordes.
MAIO: Os socialistas, galeguistas e agraristas pretenden celebrar o 1º de maio pero o Concello non lles permite a propaganda nin o mitin púbico, así que ao final só fan unha festa popular e oen un discurso de Suárez Picallo. Xuízo contra Francisco Fraga Juncal por homicidio. José Concheiro García (a ovella negra da familia) detido por furto ao Dr. Villar Iglesias. Nomeado secretario do Concello o avogado madrileño Juan Campos Fernández que ocupará o posto ata a súa morte en 1939. Morreu Jesús Villaverde Mosquera de Leira aos 25 anos de idade.
XUÑO: Antonio García Varela, 37 anos, de Ordes, agride a 4 homes a bastonazos en Santiago. José Franqueira Recouso veciño da Fraga da Galiña deu varios estacazos na cabeza ao mozo Jesús Mariño Uzal (dos Mariños do Casal) que tiña entón 22 anos e quedou grave pero sobreviviu. Ricardo Silveira Sánchez, 18 anos, de Leira lesiona ao veciño de Ardemil Ricardo Caamaño Lata. Antonio Noya Villaverde de Gosende agride ao seu pai de 60 anos Manuel Noya Mosquera. Acaba a carreira de mestre José Ramón del Río Barros, fillo do mestre don Nicolás del Río. Gabino Amor Rivas auxiliar de recadador de contribucións.
 

MESTRES de ORDES en 1934

Julio Caamaño Fariña (Parada)

Nicolás del Río Castelo

José García Fernández

Alfonso Lesta Cernadas (Casal)

Lorenzo Rodríguez

Juana Caramelo Liste (Poulo)

Germán Doval García (Canedo)

Antonio Lesta Cernadas (Ardemil)

María Lesta Cernadas

Juana Soto Menlle

 
XULLO: No monte do Capizo foron mallados dous ladróns por varios veciños do Mesón que os descubriron roubando. O muiñeiro de Leira José Graña Blanco de 34 anos causou graves lesións ao seu veciño Jesús Pazos Juncal de 17. Un gamberro encheu de chatolas a estrada preto de Ordes na carreira ciclista Santiago-Coruña. Morreu o día 21 Isabel Castro Amor (1868-1934), mestra de Buscás desde 1904 e nai de Isabel, Antonio, Sara, Artemio, Celia e Manuel del Río Castro, familia con terras e casas preto da Fonte Estrei. En Albixoi tamén faleceu  Manuela Fandiño, nai do empresario Pedro Pardo.
AGOSTO: O venres 10 pasa por Ordes Niceto Alcalá Zamora, o presidente da República. Multados con 250 pesetas varios veciños de Céltigos e Añá (Frades) por levar armas cando foron cacheados pola Garda Civil ao ir a unha romaría en Xanceda. 
SETEMBRO: Oposicións a unha praza de oficial da Corporación Municipal, con soldo de 2.000 pesetas anuais, e outra para 2º oficial. Os irmáns José e Ricardo Bascoy Gómez déronlle unha malleira a Camilo Domínguez en Ardemil. Voda de Ricardo Couto Boquete de Leira con Jesusa Carballido Franqueira. Morre o comerciante noiés Antonio Amado, patriarca dos Amado, aos 65 anos e Ezequiel Astray, comerciante e perenne organizador das festas patronais.
OUTUBRO: En Campo, parroquia de Marzoa (Oroso), Santiago Sánchez Jarazo, 16 anos, ferido accidentalmente na cara dun disparo por Jacobo Rodríguez Pereiro.
NOVEMBRO: Jaime Concheiro Iglesias licenciouse en dereito. Aprobado como oficial 2º do Concello Andrés Blanco del Río (casou con María Rey Veiras e foi pai de José Mª e Andrés Fernando Blanco Rey).
DECEMBRO: Faleceron Manuel Fernández Bao aos 67 anos e Francisco Corbelle Liste de Montaos aos 77 anos.

1934: Yerma

   1934, o ano en que apareceu o primeiro cómic de "Flash Gordon", García Lorca publicou "Yerma" (así quedaría España en poucos anos).

  Europa seguía encamiñada cara ao desastre. En Alemaña Hitler, á morte de Hindenburg, noméase presidente, chanceler e dáse o título de Führer. En verán desata a "Noite dos coitelos longos" onde son asasinados un gran número dos seus antigos camaradas das SA. Nos Estados Unidos non estaban tan mal pero seguían notándose os efectos da depresión. James L. Cain publica The Postman Always RingsTwice e morreron baleados os compoñentes da banda de Bonnie & Clyde. En Nicaragua foi asasinado o xeneral Sandino e en China Mao Tsé Tung iniciaba a súa Longa Marcha.

 

  O ano 1934 amenceu en España co goberno de Alejandro Lerroux, líder do Partido Radical. As eleccións de novembro de 1933 deran 3,3 millóns de votos aos partidos de dereita, 2 millóns aos partidos de centro e 3,1 aos de esquerda. Nesta tesitura Lerroux necesitaba o apoio de parte da dereita. Logrou o da CEDA de José María Gil Robles que foi tachada de traidora polos monárquicos de Renovación Española e polos carlistas. Aí iniciáronse os contactos coa Italia fascista de Mussolini para que lles axudara a un posible golpe. En marzo fusiónanse Falange Española e as JONS. Doutra banda, os republicanos de esquerda consideraban incompatible cos valores da República que gobernase a dereita (aínda que gañase lexitimamente as eleccións) e o PSOE e a UGT (aínda menos democráticos) ameazaban coa súa revolución do proletariado.

 

  Lerroux non pretendía anular as reformas do primeiro bienio, senón «rectificalas», co obxectivo de acadar a adhesión á República da dereita «accidentalista» (a menos comprometida coas ideas monárquicas, ou sexa a CEDA e o Partido Agrario), pero perdeu a confianza do presidente Niceto Alcalá-Zamora, sendo substituído polo tamén radical Ricardo Samper. Mántivose a reforma militar pero intentando atraer aos militares descontentos, prorrogouse o prazo de peche dos colexios relixiosos pero non se logrou un acordo coa Santa Sede e foron parcialmente "rectificadas" as reformas socio-laborais do goberno de Largo Caballero coa conseguinte resposta obreira, de modo que 1934 contemplou unha gran cantidade de folgas convocadas conxuntamente pola UGT e CNT (por vez primeira desde a proclamación da República).

 

  Sobre a "cuestión agraria", respectouse o ritmo previsto de aplicación da Ley de Reforma Agraria polo que ese ano asentáronse máis campesiños que durante todo o bienio anterior, expropiándose 4 veces máis propiedades. A contrapartida foi que o intento de desmontar o "poder socialista" no campo trouxo outra serie de medidas favorables aos patróns e os soldos agrícolas volveron a caer. A resposta foi unha folga por parte da FNTT en xuño. O goberno declarou de "interés nacional" a recollida da colleita e houbo unha gran represión con máis de 10.000 detencións e unhas 200 corporacións de esquerda destituídas.

 

  Na "cuestión rexional”, o goberno neutralizou o impulso estatutario o que provocou graves tensións no País Vasco e Cataluña. Os deputados do PNV retiráronse das Cortes e, no verán, houbo unha rebelión institucional dos concellos que ocasionou o procesamento de máis de mil alcaldes e concelleiros.  Aínda peor foi Cataluña que promulgou en abril a Lei de Contratos de Cultivo que posibilitaba aos arrendatarios dos viñedos (rabassaires) a compra das parcelas despois de cultivalas durante quince anos. O TGC declarouna inconstitucional o que provocou a retirada dos 18 deputados de Esquerra Republicana de Cataluña e unha longa crise.

 

  Todo empeorou coa Revolución de Outubro, que iniciou como unha folga e acabou con graves disturbios en Cataluña, Castela-León, O Ferrol e, sobre todo, Asturias. Nesta provincia os revolucionarios mataron a bastantes relixiosos e queimaron numerosas igrexas. Os combates coas tropas e a represión posterior deixaron uns 1.400 mortos. O fracaso deixou a socialistas e anarquistas debilitados e á dereita máis temerosa de que España acabara sufrindo a "revolución bolchevique" como sucedera en Rusia.

domingo, 20 de septiembre de 2020

A Fortaleza de Folgoso

   A arqueóloga Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy, por certo descendente de Eduardo Pondal, investigou e publicou "Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos", varias delas na comarca ordense. Velaquí as liñas que dedica á desaparecida fortaleza de Folgoso. 

  Tras dejar atrás el castillo de Montaos y recorrer apenas unos 500 metros, se cruza el río de "A Ponte da Ribeira" por el puente de Pereira; junto al puente hay unas fincas que conservan el topónimo de "A Picota". Pasando el río, se continúa hacia el lugar de "A Calle". Antes de llegar a dicho lugar, se localiza sobre un cruce, el punto conocido como el “Carballo de Poulo”.

  Testigos llamados a declarar a raíz del pleito sobre las feligresías de tierra de Montaos que eran de la casa de Folgoso, sostenido entre el arzobispo don Pedro Sarmiento y el conde de Altamira, don Lope Osorio de Moscoso, entre los años 1539 y 1543, dicen que en ese lugar del Carballo “en el camino francés” se alzaba la picota de la torre de Folgoso y añaden que los presos eran conducidos desde la cárcel de la torre que estaba cerca, hasta el puente de Pereira y de allí al Carballo de Poulo, para ser finalmente ajusticiados. En el mismo pleito, otros testigos declaran que había una picota en la Pereira que está junto al puente Pereira en el camino real que va de Santiago a Coruña; con respecto a esto último ya se dijo líneas más arriba que actualmente se conserva el topónimo de “A Picota” referido a unas fincas que están junto al puente. En el pleito también se contiene que el camino francés pasaba por la tierra de Montaos, de la ciudad de Santiago a Betanzos y Coruña.

  En el Compendio del estado de Altamira de 1724 encontramos la siguiente información referida a esa misma torre: “La casa de Folgoso, fabricada en el año 1715, conserva el nombre de Torre, por la antigua que se arruinó en dicho año, y está situada á distancia de quatro leguas de la Ciudad de Santiago, y seis de la Coruña, á la vista del camino real, de vna á otra, en vna llanada rodeada de Montes, en sitio muy frio. Su jurisdicción se compone de “21 feligresias”. 

  El lugar de Folgoso se ubica en los límites de la feligresía de Santaia de Pereira con la de San Xiao de Poulo, muy cerca del camino que tratamos, sobre su margen derecha; sin embargo, no quedan en el lugar restos visibles de fortaleza alguna. Folgoso es actualmente una aldea con varias casas de labradores, donde ni siquiera en la toponimia existe recuerdo de la antigua torre y tampoco de la casa que según el Compendio del estado de Altamira se construyó al arruinarse ésta. 

  Por otro lado, Elisa Mª Ferreira Priegue nos habla de una torre de “Mende” que la autora sitúa en el lugar de Mendo, cerca de Pereira, lugar y feligresía que están próximas al puente de Pereira del que venimos hablando. Dice que a la altura de esta torre de Mende, mercaderes de Santiago que procedían de Coruña y Betanzos fueron asaltados por gente de la tierra de Montaos en 1469, por orden del conde de Altamira. Tampoco en el lugar de Mendo pudimos constatar la existencia de una torre o restos de ella. Cabe la posibilidad de que la torre de Mendo y la de Folgoso sean una misma fortaleza.

  Volviendo al camino y entrando ya en el lugar de A Calle, vemos como se mantiene la antigua estructura típica de un poblado de vereda, con las casas alineadas y extendidas en torno a las márgenes de la ruta. Desde A Calle se continuaba a San Xulián de Poulo donde hubo un hospital para pobres y peregrinos; poco más adelante se cruzaba el puente de Vilariño y de ahí se iba a San Paio de Buscás cuyo caserío lleva también el nombre de A Rúa en clara relación con el camino. 
Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy

domingo, 13 de septiembre de 2020

Plantas silvestres

 
  Velaquí unha lista de plantas silvestres na que non están incluídos arbustos e árbores, xa vistos noutros artigos do blog.
  A lista é un pouco aleatoria pois o número de especies vexetais existentes na comarca é enorme. Aquí só se citan algunhas poucas moi comúns sen ningún tipo de clasificación e só por orde alfabética. Os nomes en galego son orientativos porque hai moitas variantes lingüísticas e moita confusión cos nomes das plantas.
  Para os que queiran afondar máis no tema da flora galega hai varias páxinas moi interesantes como Plantas dos ríos galegos, Plantas e arbustos nos ríos ou Flora de Galicia.
 
(Hypericum perforatum)
hipérico
(Artemisia abrotanum)
abrótano macho
(Asphodelus albus)
asfódelo
(Rumex acetosa)
acedera
agrón, brizo
(Nasturtium officinale)
agrón, berro de agua
(Angelica archangelica)
angélica
arnica, herba cheirenta
(Arnica montana)
arnica
ballico, xoio
(Lolium perenne)
ballica, raigrás
(Helosciadium nodiflorum)
berra, berro, berraza
barredoiro, basallo
(Mercurialis annua)
mercurial
bodolo, pé de oso
(Heracleum sphondylium)
espondilio, branca ursina
borraxa
(Pentaglottis sempervirens)
buglosa, lengua de buey
brizo, barraza
(Apium nodiflorum)
berro
(Arundo donax)
caña común
(Onopordum acanthium)
cardo borriquero, toba
(Bryophyta s.e.)
musgo
celidonia, ceruda
(Chelidonium majus)
celidonia mayor
(Plantago major)
llantén mayor
(Plantago lanceolata)
llantén menor
chuchamel, lingua de boi
(Anchusa officinalis)
lengua de buey, buglosa
chuchamel, beldrastro
(Lamium album)
ortiga blanca
(Umbilicus rupestris)
ombligo de venus
dáctilo, cabezuda
(Dactylis glomerata)
dáctilo, pasto ovillo
(Typha latifolia)
acea, espadaña
(Chenopodium album)
Bledo, cenizo, quinhuilla
(Osmunda regalis)
helecho real
(Pteridium aquilinum)
helecho común
(Polypodium vulgare)
helecho
(Foeniculum vulgare)
hinojo
(Hedera helix)
hiedra
(Calystegia sepium)
correhuela mayor
(Ranunculus repens)
botón de oro
(Senecio vulgaris)
hierba cana
(Conyza canadensis)
erígero, hierba carnicera
(Caltha palustris)
calta, caléndula de agua
(Poa annua)
poa, espiguilla
(Jacobaea vulgaris)
hierba de Santiago
(Fumaria officinalis)
palomilla, sangre de Cristo
(Centaurea jacea)
cártamo silvestre
(Holcus lanatus)
heno blanco
(Rumex pulcher)
aceda, acedera, romaza
(Lemna minor)
lenteja de agua
(Anthoxanthum odoratum)
pasto de olor
(Malva sylvestris)
malva común
(Bellis perennis)
margarita
mexacán, leitarega
(Taraxacum officinale)
diente de león
mexacán, chantaxe
(Hypochaeris radicata)
falso diente de león
(Achilea millefolium)
milenrama
milicroque, estalote
(Digitalis purpurea)
digital, dedalera
(Digitaria sanguinalis)
digitaria, guarda rocío
(Echinochloa crus-galli)
pasto dentado, cenizo
muruxa
(Stellaria media)
pamplina, hierba gallinera
nébeda 
(Clinopodium nepeta)
calaminta
ortiga maior
(Urtica dioica)
ortiga mayor
(Urtica urens)
ortiga menor
(Oenanthe crocata)
nabo del diablo
saramago, ravo bravo
(Raphanus raphanistrum)
rabanillo
(Trifolium repens)
trébol blanco
(Trifolium pratense)
trébol rojo
(Sedum album)
uva de gato
(Verbascum sinuatum)
acigustre, gordolobo
verbasco, seoane
(Verbascum densiflorum)
gordolobo
(Echium vulgare)
viborera, buglosa
(Juncus)
junco