martes, 29 de diciembre de 2020

A familia Patiño

  Os Patiño foron unha das familias distinguidas de Ordes no século XIX e primeira metade do XX, pero hoxe quedan poucos descendentes na vila. Moitos dos varóns foron funcionarios en distintos xulgados. 
 
  O patriarca foi no século XIX Francisco Eulogio Patiño Pérez, escribán do xulgado, ou máis pomposamente actuario e secretario do goberno do xulgado de Ordes. Foi un personaxe importante, cabaleiro da Real Orde de Isabel a Católica, e membro do comité do Partido Conservador no noso distrito. Unha das súas irmás, Balbina (1857-1930), casou con Emilio Sánchez Somoza Rey, da familia do Pazo de Marzoa. Do matrimonio dutro irmán naceron os Patiño Castro: Ramón (m.1918), que foi xuíz municipal en Ordes e logo notable avogado na Coruña, Concepción (mestra en Ardemil e Xavestre), Teresa e Isabel Patiño Castro (mestra en Callobre). 
  Dun primeiro matrimonio, antes de vir a Ordes, Eulogio tivo polo menos dous fillos: Ricardo e Encarnación Patiño Esparís. Morta a súa muller, casou de novo con Francisca Remuiñán con quen tivo cinco fillos máis: Amadeo, Francisco, Manuel, Purificación e José Patiño Remuiñán. Morreu o 12 de agosto de 1879
 
  Sabemos que Ricardo Patiño Esparís foi mestre (exerceu en Ordes e na Gándara de Oroso nos anos 20), viviu en Santiago e casou con Isabel de Castro García (m.1929) coa que non tivo fillos. Encarnación casou en 1899 con Antonio Platas Piñeiro (m.1904) con quen tivo unha filla. Amadeo tamén aprobou en 1907 o exame para secretario de xulgado e Purificación casou en Ordes no ano 1913 con José Fernández Uzal, secretario do Concello de Trazo. Esa voda foi oficiada polo coadxutor José Barreiro Uzal (dos Barreiros de fronte á igrexa) que era familiar do noivo. 
 
 
  O que nos interesa, Manuel Patiño Remuiñán (1891-1938), tamén foi secretario de xulgado. Estivo en Mesía en 1925, en Cesuras en 1930, etc. Casou con Manuela Blanco Vázquez (1900-1988), coa que tivo 8 fillos: Eulogio, Amadeo, Hortensia, Pura, Antonio e Lourdes, máis outros dous, Manuel (1926) que só viviu 8 meses e Esther que debeu morrer moi nova. 
  Manuel morreu aos 47 anos en decembro de 1938 na época da Guerra Civil. Nese momento xa faleceran todos os seus irmáns e só lle sobrevivían os seus dous medios-irmáns. Manuela, a súa muller, faleceu na Coruña 50 anos despois, en 1988. 
 

  Eulogio Patiño Blanco (1920-1980), o fillo maior -do mesmo nome co avó- que estaba na guerra cando morreu o seu pai, fixo carreira no exército e traballou de chofer na Capitanía Xeneral da Coruña. Casou con María Prego coa que tivo dúas fillas. 
  Amadeo (1921-2004) casou con Manuela Gago Noya (m.2020), irmá do garda municipal Gago, da Fraga da Galiña que traballaba como criada na Coruña. Viviron durante algún tempo na casa de Daniel en Alfonso Senra e os rapaces poñíanse na beirarrúa para oír a súa radio (que case ninguén tiña no lugar). Traballou de funcionario no Xulgado e tivo 3 fillas (Pura, Teresa e Eva) e un fillo varón, tamén chamado Amadeo, pero máis coñecido como Chicho, que casou con Victoria da familia Castro
  Hortensia (1922-2003) casou con Ramón Vidal Pintor, que desde 1950 foi secretario do Sindicato Provincial do Combustible. Os últimos anos viviron en Maceda (Melide). 
  Purificación (1923-2009) casou con Laureano Varela Uzal, un dos fillos do rico indiano propietario da Casa Maldonado en Poulo. Viviron en Santiago, aínda que ela pasou os últimos anos en Ordes na Rúa Rosalía. Tiveron unha filla, tamén chamada Pura que casou co odontólogo José González Bahillo, profesor da Cátedra de patoloxía e terapéutica dental da USC. Ela foi profesora de Bioloxía animal e rematou por especializarse tamén en odontoloxía. 
  Antonio (1930-1993), coñecido como Tucho, seguiu a senda familiar traballando no Xulgado Nº 1 da Coruña. Casou con Marina Barreiro Pérez coa que tivo dous fillos. 
  Lourdes (1934-2016) casou en 1964 en San Pedro de Mezonzo con Francisco Pérez Núñez co que tivo dúas fillas.
 
FONTE: José Ángel Torrecilla

viernes, 25 de diciembre de 2020

Conto de Nadal

  O xornalista Pedro de Llano López, máis coñecido como Bocelo, escribía na última páxina de La Voz de Galicia unha columna, chamada "De sol a sol", moi seguida polos lectores. Dela rescato o artigo publicado o 24 de decembro de 1964 que reflicte as duras condicións de vida que aínda sufrían moitos rapaces de Ordes nos anos 60. 
 
  Brindo a mis lectores un breve cuento de Navidad. Inventemos un nombre al protagonista: Pongamos que se llama Pascual. Tiene unos diez años y vive a media docena de kilómetros de Órdenes, en Leira, cerca del Mesón del Viento, donde las viejas carrilanas cambiaban el tiro, camino de Santiago. Él sabe muy bien la distancia que lo separa de Órdenes, porque Pascual la recorre a diario para ir a la escuela cuando no está de vacaciones. Cuando vaca, procura hacerse con unas pesetillas brindando su simpática compañía a los cazadores. Él sabe donde la caza abunda, él puede con la mochila del cazador asmático, él es servicial y sabe donde encontrar en el momento oportuno un vaso de vino y un pedazo de pan acompañado de un chorizo.
  Los cazadores le premian estos elementales, pero interesantes servicios, con un puñado de pesetas y unas bromas cariñosas. Y con las bromas cariñosas en el alma y las pesetas en el bolsillo regresa a casa feliz por contribuir a la solución del duro problema del pan de cada día. 
  Pascual estudia ya primero de bachillerato*. Usted, lector, puede que lo haya visto alguna vez. Al regreso de Santiago, anochecido ya, a la vera del camino, aterido de frío, le ofrecerá en gesto cordial una liebre, unas perdices, algo, en fin, que le suponga unos duros. Porque en su casa quedan hermanos pequeños, y porque él necesita comprar libros, pues naturalmente, todavía no pudo hacerse con una beca. Tal vez legalmente no se la merece. 
  Hace diez o doce días, Pascual pasó un mal rato. Como siempre, ofreció una liebre a unos viajeros que detuvieron su automóvil. Quizás pareciéndole oportuno el momento para hacer un chiste, le cogieron la liebre, se volvieron al coche, y... se escaparon con ella sin pagarla. 
  Pascual no es tonto, y sabe el valor de cinco duros. El que le robó la liebre no consiguió llevar adelante su broma sin verse obligado a arrastrar unos metros al pequeño Pascual, que falto tal vez de sentido del humor, no se resignaba a perderla. Tuvo tiempo, eso si, para apuntar la matrícula del coche con el lápiz y el papel que lleva para anotar sus ventas, y formuló en la Guardia Civil la correspondiente denuncia. 
  ¿Qué les parece el cuento? Puede que les guste más si les aseguro que no se trata de un cuento, sino de una historia real. El hecho ocurrió el pasado día 9, y el desenlace todavía no lo conozco. Como no conozco el nombre auténtico del pequeño protagonista. Pero él allí está, al lado de la carretera ofreciendo su importante mercancía para conseguir unas pesetas que necesita mucho su familia. Si lo encuentras, lector, puedes confiar en él. Ayúdalo. Y si diera la casualidad de que me estuviese leyendo el desafortunado bromista, ya sabe como enmendar su enorme equivocación: desande el camino y ayúdelo con esplendidez. Porque siempre hay una manera de rectificar los errores cuando se tiene conciencia.

   Non sabemos se aquel "bromista" (a min ocórrenseme apelativos peores) se arrepentiu da súa acción, pero a historia tivo un final feliz. No xornal do día 29 de decembro Bocelo informou que acababa de recibir, destinado a "Pascual", un donativo de 200 pesetas dun doante anónimo da Graña, conmovido pola súa situación.

* Antes de 1970 a primaria obrigatoria duraba só 4 anos e logo comezaba o bacharelato elemental que duraba outros 4 anos, seguido do superior (5º e 6º). Pascual, por tanto, cursaría o que hoxe é 5º de Educación Primaria.

viernes, 18 de diciembre de 2020

A primavera de 1935

   A primavera de 1935 non foi tan conflitiva como a doutros anos pero non estivo exenta de problemas. Por exemplo, dous días antes do seu comezo oficial, o 19 de marzo, houbo a tradicional pelexa en Ardemil: Jesús Bao Bello tivo unha tan acalorada discusión con Juan Couto Sanjurjo que sacou un revólver que portaba (por suposto sen licenza) e disparoulle varios tiros para atemorizalo. O Xulgado de Instrución de Ordes incoou proceso contra el e foi xulgado na Coruña. O fiscal Rivero de Aguilar pediu dous anos, 11 meses e 11 días de prisión menor, pero despois da brillante alegación do avogado Joaquín Ozores a pena imposta acabou sendo unha multa de 250 pesetas. Por certo que o seu adversario, Juan Couto, volveu meterse en problemas e a finais de ano enfrontábase a un xuízo por agresión.

  Máis feliz foi o comezo da primavera na vila pois Antonio Troche Rivas prestou o Salón Cine Troche para que a Agrupación Artística Compostelana, dirixida nesa ocasión por Horacio Peñamaría, dese un espectáculo musical que compraceu ao entusiasmado público que encheu o local. Destacaron os irmáns Campos Gil que cantaron acompañados de guitarras "Cuatro Milpas", "En el silencio de la noche" e "La que murió en París". Algunhas das composicións eran de Bernardo del Río Parada, o director da Banda de Ordes.

  Ese mes tamén se constituíu o Consello Local de Primeiro Ensino que estaba presidido polo pai do alcalde, o médico Antonio Concheiro Rodríguez e composto polos mestres Antonio Lesta Cernadas (secretario), Concepción Moar Vázquez, e os pais de familia Rogelio Prado Carnota e Josefina Carballido Pol.

  Non pasou un mes sen que houbera unha nova liorta. A principios de abril na Poza, parroquia de Mercurín, a Andrés del Río, de 26 anos, saíronlle ao paso os seus conveciños Miguel del Río, Valentín Gestal e Ricardo Bermudez, de 26, 17 e 19 anos respectivamente, propinándolle unha gran malleira e causándolle lesións de carácter grave. O motivo, unha vez máis, foron rivalidades amorosas. En Ordes o precepto pascual estivo a cargo dos Padres Pasionistas que viñeron antes da Semana Santa porque esas datas tíñanas comprometidas en Carballo.

  Tamén en abril houbo que lamentar un accidente de trafico. En Vigo atracou o transatlántico "Orduña" do que por certo eran pasaxeiros o príncipe George de Inglaterra e a súa esposa Marina de Grecia, duquesa de Kent. Seis turistas ingleses viaxaron desde Vigo á Coruña en autobús, pero chocaron cun camión en Ordes e tres deles quedaron feridos de gravidade. Aínda así todos foron trasladados ao barco (non se debían fiar moito dos hospitais galegos). 

  O 1 de maio distaba de ser un día festivo como agora. As folgas e manifestacións obreiras estaban á orde do día pero, despois dos sucesos doutros anos, o de 1935 foi sumamente tranquilo. Na Coruña houbo un gran mitin ás 11 da mañá na praza de touros organizado por socialistas, comunistas e Socorro Rojo Internacional. Falaron o deputado socialista Ramón Lamoneda, Pedro Fajardo por Socorro Rojo, Fernando Claudín pola Juventud Comunista, José Andrés Manso tamén deputado socialista, Adriano Romero polo Partido Comunista e de novo Lamoneda para pechar o acto que acabou coas notas da Internacional. Non houbo ningún tipo de disturbio á saída. Todos os servizos públicos, transportes, comercios ... funcionaron con total normalidade en Galicia. Mesmo desembarcaron uns mil turistas do vapor inglés "Moldavia" que visitaron a cidade da Coruña sen ningún incidente e perfectamente atendidos.

 

  A finais de maio o centro de atención trasladouse a Madrid, porque aínda que as multas aos vehículos de tracción animal tiñan unha longa historia detrás, comezaron o día 25 a ser postas aos coches (e tamén aos peóns). O redactor de La Voz de Galicia, nun artigo do día 26, comentábao con humor: "Las multas de circulación entorpecen la circulación".

  Otro espectáculo que entretuvo grandemente al público fue el cobro por los guardias municipales de pequeñas multas de 25 y 50 céntimos a los infractores del reglamento de circulación, automovilistas o peatones que cruzan por la vía pública por lugares prohibidos o en momento inoportuno. Estas multas se hacen efectivas en el acto, y esto dio lugar a numerosos incidentes, ocasionando esto acumulaciones de público que los comentaba, dificultando con esto la circulación en forma desusada. De la cantidad de multas cobradas da idea el hecho de que siendo estas, como hemos dicho, de 25 y 50 céntimos, ayer por la mañana se recaudaron, solamente en la Puerta del Sol, 600 pesetas.

  Ese día 26 de maio houbo un multitudinario mitin de Manuel Azaña no Mestalla, o campo do Valencia FC. Miles de persoas dos partidos de esquerda foron desde toda España ata alí. En Madrid os taxis unificaron as súas tarifas cobrándolle aos pasaxeiros 40 pesetas pola viaxe de ida e volta. Ese mitin sería contestado por outro das dereitas o 30 de xuño conxuntamente no campo de fútbol e na praza de touros de Valencia.

martes, 15 de diciembre de 2020

Música tradicional

Esta é unha presentación que realizamos no CEIP Mesón do Vento cando recibimos ao grupo "Os Viqueiras" nun Día das Letras Galegas. O noso compañeiro e responsable da biblioteca, o lobo Ardemiro, explicoulles aos nenos dun xeito sinxelo diversos apectos da ...

MÚSICA TRADICIONAL 


Que é a música tradicional?
Son as cantigas e danzas que forman parte do folclore de Galicia e que durante moitos anos se conservaron de forma oral (sen transcribirse a unha partitura).
- As cancións tradicionais falaban dos oficios, das diversas celebracións (Nadal, Reis, Entroido...), temas relixiosos, xogos infantis ...
- As danzas bailábanse para divertirse e mocear. Antigamente nas festas patronais ata había competicións entre os mellores bailaríns e parellas.
O tipo de danza máis coñecido en Galicia é a muiñeira, porque se bailaba nos muíños cando se xuntaban mozos e mozas mentres esperaban a quenda para moer o trigo e o millo.
Se queres información máis completa, fai clic aquí

 

Os instrumentos tradicionais

Dous son os instrumentos principais: a gaita (vento) e a pandeireta (percusión). O bombo e o tambor, e tamén o tamboril, son outros dos instrumentos típicos dos grupos tradicionais.

Pero non sempre foron instrumentos accesibles a todos polo seu prezo. Por esta razón cunchas, tixolas, baldes de metal, unha botella de anís, unha lata de pimentón, un sacho golpeado cun seixo, paus ... servían de acompañamento habitual nos descansos do traballo e cando non se dispuña doutra posibilidade.


A gaita tradicional galega

A gaita é o instrumento tradicional por excelencia.

Normalmente facíase de madeira de buxo, arbusto que necesita moitos anos para medrar. Agora tamén se fan de pau santo e granadillo.

 

Estas son as partes dunha gaita. O fol permite que non haixa que soprar continuamente e que o gaiteiro poida respirar. Ata o século XIX non aparece o ronquillo e na 2ª metade do século XX aparece a ronqueta.

Actualmente tamén hai gaitas de inspiración escocesa que non son ben vistas polos músicos máis puristas.


O Bombo e o tambor 
Empregábase para eles madeira de bidueiro, faia, arce... e coiro de ovella ou cabra. Distínguense dos instrumentos modernos en que os seus sistemas de tensión están feitos de cordas e non de metal. Algo máis pequeno que o tambor é o tamboril.
 
Os cuartetos 
Os grupos máis tradicionais eran os cuartetos formados por dúas gaitas, un bombo e un tambor, aínda que se non había posibilidade económica de contar con eles calquera persoa cun instrumento valía para que houbera festa. Na nosa comarca era habitual que unha das gaitas fose substituída por un clarinete. 
 
A pandeireta e outros instrumentos
A pandeireta é o outro instrumento tradicional por excelencia. Usábase moito porque era moitísimo máis barata e fácil de facer ca gaita. Consta dun aro con ferreñas de latón (entre 9 e 13 pares) e unha pelica lateral.

Tócase dando golpes coas partes da man ou facendo vibrar o coiro cos dedos, acción que se chama repenicar ou triscar.

O pandeiro é un instrumento cadrado (aínda que nalgunhas zonas tamén era redondo) cun marco de madeira de 2-3 cm de groso e 40-50 cm de lado. A pelica acostumaba a ser de pel de cabra ou ovella (e se facemos caso ás cantigas tamén de can).

Outro instrumento moi usado pola súa abundancia son as cunchas de vieira.


Recorda!

Como din "Os Viqueiras":

- Non só debemos preocuparnos do idioma. A música e a danza tamén forman parte da nosa esencia e do que nos distingue como pobo.

Debemos protexelas e coidalas! 

sábado, 12 de diciembre de 2020

Zootopónimos de Ordes

   Ao contrario que os fitotopónimos -topónimos derivados de nomes de plantas- que son moi abundantes (máis do 20 % da toponimia maior no noso concello) os zootopónimos son bastante escasos a pesar da importancia de moitos animais na vida humana. De feito atopamos menos de 10 lugares cun nome procedente dun animal.

 

  As Pombas é unha pequena aldea ao oeste da Rúa de Buscás. Apenas hai 300 metros desde as súas casas á igrexa de San Paio. Está asentada nunha suave pendente que baixa ata o río Cabrón. Non é difícil imaxinar as leiras sementadas recibindo a visita destas aves, que sempre simbolizaron a paz desde a lenda de Noé no Antigo Testamento. A palabra procede do latín palumba "pombo, ave silvestre", pois os romanos chamaban ás domésticas columba. A distinción perviviu na lingua de Oc pero nas demais linguas romances só sobreviviu unha forma. En galego e castelán quedou palumba que derivou en pomba e paloma, mentres ás aves silvestres chámaselles pombo e paloma torcaz respectivamente.

  Tamén no oeste da parroquia de Buscás está A Tiopeira, a case 1.500 metros por estrada da igrexa e a uns 700 ao leste da estrada N-550. Tiopeira (toupeira en galego normativo) pode significar que era un lugar onde había moitas toupas ou que a orografía se asemella á do montículo de terra que eses animais sacan ao exterior cando escavan as súas galerías. A palabra toupa (que na variante local cambiou a tiopa - topia) procede do latín talpa.

 

  Na parroquia de Barbeiros atopamos a aldea de Coruxo. Situada nun antigamente importante camiño veciñal que unía Ordes con Frades, na segunda década do século XX era o núcleo máis poboado da parroquia con 48 habitantes (100 anos despois segue mantendo ese posto con algún habitante menos). Coruxo alude á curuxa (Tylo alba), ave de grande importancia na cultura popular, como todas as rapaces nocturnas, por ser considerada portadora de funestas novas. A etimoloxía de coruxa non está clara, podendo proceder do latín antigo *corugiam ou de *corusceam, derivado de coruscam, ‘resplandecente, brillante’, pola ollada característica desta ave.

  Na microtoponimia aparecen tamén As Cruxeiras en Beán, lindando con Pereira e un Riba das Cruxeiras no linde entre as parroquias de Pereira, Montaos e Deixebre. As cruxeiras son lugares altos e pedrosos coas características que adoitan elixir estas aves para vivir e aniñar. 
 
  A parroquia de Ordes conta coa Fraga da Galiña desde 1867, ano en que foi anexionada xunto con Guindiboo de Arriba (que ata ese momento pertencían a Pereira), Sar e a Espenica (que eran de Poulo). Parece un nome moi festivo que invita a inventar algunha fábula chusca para xustificalo. Non obstante a historia do lugar non foi tan alegre. En 1893 houbo unha mortandade tan grande que no Diario de Lugo escribían:  
  "En el lugar de la Fraga, a un kilómetro de esta villa han muerto casi familias enteras. Era, y es aún, desconsolador el triste cuadro que aquel lugar compuesto de poco más de una docena de casas nos ofrece. ¡El dolor y la miseria, viven allí en estrecho maridage! [...] ¡Ah! Es que aquellas miserables chozas destilan por sus cuatro ángulos materias antehigiénicas; es que los miasmas pútridos se han apoderado de aquellas viviendas y han creado una atmósfera mortífera; es que están enclavadas entre pantanos corrompidos, que producen el más insano paludismo [...]".
  E en 1936 outra estarrecedora noticia: unha nena de seis meses, filla de Jesusa Martínez, viúva e con 3 fillos, foi morta e en parte devorada por unha cocha (a única habitación da casa facía as veces de cociña, dormitorio e corte). 
 

  A parroquia de Ardemil, a máis grande de Ordes, tamén é a que máis zootopónimos contén. 

  Se hai algún animal que simbolice universalmente a astucia ese é o raposo, palabra que ven do latín rapu. O nome As Raposeiras, unha aldea situada uns 600 metros ao noreste do encoro de Vilasenín, case no límite con Cerceda, pode aludir á gorida do raposo ou tamén a que era un lugar cheo de matogueiras moi mestas onde este mamífero acostuma facer os seus tobos.

  A Piolla está preto do Mesón do vento na estrada que vai a Betanzos. Pode que se chame así por ser un topónimo festivo do estilo de Nugalláns en Trazo, quizais por unha veciña moi baixiña ou pode ser unha metáfora aludindo a unha terra pobre (a zona é un auténtico páramo). Tampouco hai que descartar que veña da “herba piolleira” (Pedicularis sylvatica). Menos probable é que teña que ver con outra acepción de piolla "manchas que saen na roupa branca cando se garda húmida". En todo caso os piollos en todas as sociedades formaron parte da vida cotiá ata hai moi pouco tempo.

  E por suposto non pode faltar o centro histórico da parroquia que ten o suxerente nome de Cabeza de Lobo. En tempos medievais debía haber lobos a esgalla por estas terras e tal vez algún perdeu aí a súa testa ou o topónimo pode aludir a algunha característica orográfica do terreo que recordase esa parte do corpo, pero parece máis probable que faga referencia á nobre casa dos Moscoso (cunha torre a un quilómetro escaso do lugar) que tiña como escudo heráldico a cabeza dun lobo chorreando sangue.
  Dado que en Bardaos (tordoia) está o lugar de Rabo de Lobo, resulta tentador entendelos como os dous extremos dos territorios dos Moscoso nalgún momento da historia, pero todo isto son só suposicións sen probas que as respalden.

 

  E deixamos para o final o problemático topónimo Moscoso que da nome a tres aldeas preto da antiga torre, a uns 300 metros do actual restaurante Chaussy II. Aparentemente o apelido e o topónimo derivan da mosca (do latim musca) pero como xa se dixo noutro artigo deste blog referido ao apelido Mosquera é máis fácil buscar outras orixes como por exemplo o musgo (latín muscu). En todo caso non se exclúe a posibilidade da procedencia animal. 

FONTE principal: ALDEIAS de ORDES, o blog de Carlos Calvo Varela.

viernes, 11 de diciembre de 2020

Loando a Liñares

  Juan Liñares Iglesias (1885-1951), da entón moi poderosa familia Liñares, foi empresario (xerente dos autobuses "El Noroeste" e da "Eléctrica de Órdenes"), banqueiro e tamén participou no xogo político. Durante anos, como case todos os VIP de Ordes, estivo na órbita do Partido Liberal. Logo pertenceu á Unión Patriótica (o partido único da Ditadura de Primo de Rivera) do que foi tesoureiro. Á caída da ditadura chegou a ser alcalde en 1930 e foi xirando cara ao republicanismo de centro. En 1934 entrou na Deputación provincial representando ao distrito de Arzúa-Órdenes. Este artigo publicado no xornal El Compostelano o 19 de febreiro de 1935 alaba o seu labor, o que pode parecer extraño porque era un xornal de dereitas, pero resulta bastante menos extraño se temos en conta que o correspondente era o mestre D. Nicolás del Río, antigo compañeiro de Liñares na Unión Patriótica. 
 
  Lo es sin duda alguna nuestro convecino D. Juan Liñares Iglesias, el cual en el poco tiempo que lleva representando a este distrito en la provincia, ha conseguido una subvención de la Diputación para ampliar el cementerio y la construcción de un lavadero público, ambas cosas muy necesarias en esta villa, pues, el primero resulta muy deficiente para la población, y el segundo viene a satisfacer los anhelos de la misma, ya que hoy se lava en pésimas y antihigiénicas condiciones de salubridad para las mismas personas que se dedican a tales menesteres, razón por la cual todos vemos con satisfacción estos adelantos, que redundan, además, en beneficio de la localidad.
  Por otra parte, sabemos que, aprovechando su estancia en Madrid, ha conseguido una radio para la escuela número 1, de niños, una subvención para las cantinas escolares, y gran cantidad de material docente para repartir entre todas las escuelas del distrito, lo cual unido a lo anterior tiene al pueblo muy contento deseando que llegue el momento de exteriorizarle su gratitud. 
  Con esto se viene patentizando la necesidad de continuar eligiendo representantes que conozcan las necesidades de los pueblos, rechazando los cuneros, que solo buscan su medro personal, y luego de conseguir el acta se olvidan de sus electores hasta que se convocan nuevamente las elecciones, durante cuyo periodo electoral se dedican a ofrecer lo que nunca conceden.
  Se me olvidaba consignar que también merced a sus acertadas gestiones se está adoquinando la Calle Nueva* de esta villa, dejando aquel ya populoso barrio en condiciones de tránsito inmejorables para el vecindario, recordando los tiempos del ex diputado D. Alfonso Senra Bernárdez, de tan grato recuerdo en esta circunscripción, y que las veleidades de la política no le permitieron seguir representándonos en Cortes, como era nuestro deseo.   Que pronto tengamos la ocasión de aplaudirle de nuevo, felicitándole por hoy por su acertadísima gestión en bien del distrito, que tan dignamente representa en la Diputación provincial. 
  Órdenes, 17 de febrero de 1935.
EL CORRESPONSAL
* A Calle Nueva era a actual Rúa dos Lagartos.

sábado, 5 de diciembre de 2020

Recordatorios de defuncións

  Os recordatorios, algo que as novas xeracións xa non coñecen, eran pequenas estampas impresas que se repartían especialmente nos funerais, aínda que tamén noutras conmemoracións relixiosas como as primeiras comuñóns ou vodas. 
  Contiñan os datos do defunto e familia (como as necrolóxicas) pero ademais había normalmente algunha imaxe de Xesucristo ou da Virxe e oracións e textos de inspiración relixiosa.

   Ao principio só as familias podentes podían permitirse gastar o diñeiro en luxos como os recordatorios, así que durante os anos 30, 40 e 50 eran bastante escasos en Ordes. Popularizáronse realmente nos anos 60 e 70 e nos anos 80 aínda eran habituais a pesar de que a publicación de necrolóxicas, principalmente en La Voz de Galicia, foi para eles unha competencia demasiado dura. Xa nos 90 case desapareceron de todo, pero aínda se repartiron ocasionalmente algúns despois do ano 2000.
 
 


viernes, 4 de diciembre de 2020

Publicacións sobre o C.I.

   As peregrinacións a Santiago case desapareceron no século XIX. Calcúlase unha media de apenas 130 peregrinos ao ano e a maioría peninsulares. No século XX limitábanse practicamente aos galegos e unicamente nos anos santos, pero estas excursións organizadas utilizaban as estradas, no noso caso a N-550, e non se preocupaban polos camiños tradicionais. Cara a 1975 as cousas cambiaron e comezaron a promocionarse de novo as peregrinacións revitalizando o antigo Camiño Francés. Despois, xa nos anos 90, tocoulle a quenda ao noso Camiño Inglés.

  Loxicamente, antes dese momento non había apenas bibliografía sobre os roteiros de peregrinación. No ano 1995 La Voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta publicou "Rutas y ciudades de Galicia y Caminos de Santiago" en fascículos que se repartían co xornal. Unha pequena parte do 4º fascículo estaba dedicada ao Camiño Inglés pero con moi pouco detalle. Ao ano seguinte, en 1996, Xosé Manuel Fernández Costas publicou en Vigo e en idioma galego "O Camiño Inglés" libro pioneiro no tema.

  Obviamente tampouco había libros dedicados a tramos específicos. A comarca de Ordes foi a primeira que tivo ese privilexio grazas, unha vez máis, a Manuel Pazos Gómez, o creador do "Obradoiro da Historia".
 En 1996 editou co apoio económico da empresa RAFRA 500 exemplares dun modesto libriño titulado "Os camiños antigos do Concello de Oroso". Un par de capítulos estaban dedicados ao antigo Camiño Inglés* pola comarca, o que era moi meritorio porque naqueles tempos nin sequera estaba delimitado e Pazos tivo que redescubrir algúns tramos.
 
  En 1999 o inquedo Pazos concibiu un novo proxecto: un mapa que reflectise con precisión o Camiño polos concellos da comarca e que resaltase os principais puntos e monumentos do roteiro. Para iso contactou co seu colaborador habitual Xan Ferreiro que se encargou do laborioso traballo gráfico. O tríptico foi financiado polo BNG local e repartido no medio dunha campaña electoral, así que os autores asinaron cos pseudónimos de Friam e O. Guía.
 

  No 2004 Pazos volveu á carga e, coincidindo cun novo ano Xacobeo, conseguiu que o Concello de Oroso patrocinase un tríptico titulado "Guía do Camiño Inglés no Concello de Oroso". 
  Finalmente no ano 2018 recorreu outra vez a Xan Ferreiro para crear unha especie de nova versión do mapa de 1999, esta vez en cor pero limitado a Oroso, que se repartiu a todos os escolares do concello e colocouse como póster nas páxinas centrais da revista "Memoria de Oroso" (Nº 2).
 
  A partir do ano 2004 en que Edicións do Cumio editou en Vigo "O Camiño Inglés en Galicia", o número de publicacións sobre este roteiro aumentou ao mesmo ritmo que o número de peregrinos. Entre estes libros hai un bo número publicados en inglés. Sería arduo citalos todos pero destacaremos do ano 2017 un novo achegamento ao tema de Manuel Pazos xunto coa estadounidense Trese Barton titulado "Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela / The English Way A Coruña to Santiago de Compostela", publicación que ten a peculiaridade de editarse en galego e inglés ademais de ser a primeira que describe o último itinerario delimitado oficialmente pola Xunta en 2014 e sinalizado 3 anos despois. 
 

* En varios artigos deste blog sobre o C.I. empreguei ese libro como fonte de información.

domingo, 29 de noviembre de 2020

A voda Mariño Franqueira

  En marzo de 1935 tivo lugar unha das vodas máis notables na vila de Ordes. Casaron o futuro alcalde Rafael Mariño e María Franqueira, filla do comerciante do Recreo Manuel Franqueira, máis coñecido como Manolo da Ponte e de Carmen Regos Caramelo. Os asistentes eran un "Quen é quen" do concello. Pero mellor leamos a noticia que apareceu publicada no xornal El Compostelano o día 13 escrita polo seu correspondente en Ordes, o mestre Nicolás del Río.

  En la iglesia parroquial de esta villa y ante el altar de la Inmaculada, previamente adornado con mucho gusto, se efectuó el matrimonial enlace de la bella y elegante señorita María Franqueira Regos con el culto joven comerciante D. Rafael Mariño Vilela, siendo apadrinados por D. José Mariño, padre del novio, y doña Estrella Regos Caramelo*, tía de la novia, quienes obsequiaron esplendidamente a los contrayentes. Firmaron el acta como testigos D. Guillermo Peinador Vega, juez de instrucción de este partido, D. Juan Liñares Iglesias, diputado provincial, D. Paco Pérez, ayudante de Obras Públicas, y D. Antonio del Río Castro, secretario judicial. Al terminarse la ceremonia, le dirigió la palabra nuestro digno párroco*, haciéndoles historia del sacramento del matrimonio, como también de las contrariedades del mismo, a fin de que siempre estuvieran dispuestos a soportarlas, no desmayando hasta conseguir su principal objetivo, que es la creación de la familia, exhortándoles a conducirla por el camino del bien y la verdad.

  A continuación fueron los comensales a la casa de la novia, donde se sirvió una suculenta comida, reinando la mayor fraternidad entre todos los concurrentes que sería difícil recordar, dado su número que se elevaba a 130, aunque, sin embargo, citaré los siguientes para que el lector forme juicio del banquete: don Manuel Rey Nión, médico de Trazo, D. Manuel Concheiro García y D. Francisco Barreiro, del Banco Pastor; don Enrique García Iglesias*, D. Alfonso Andrade, D. José Rodríguez, D. Emilio Fandiño, D. José Castro, D. Antonio Louro Parada, D. Horacio Pol y señora, don Manuel Verea Remeseiro, don Segismundo Viqueira Ramos, D. Pedro Graña, D. Juan Regos Caramelo, D. Laureano Iglesias García, D. Manuel Mariño Vilela, Dª Carmen Mariño Vilela, maestra de Sarandones y su esposo, D. Jesús Castro y familia, Dª Josefa Pena García, Patita Astray Troche, D. Benito Regos, D. Francisco Mariño Vilela, familia de Mirás, D. José Rodríguez, Dª María Esther Castro de Linares y su encantadora hija Pilar y D. Luis Linares Castro.

* Estrella Regos Caramelo (m. 1975) foi a nai de Ramón o Practicante.
O sacerdote de Ordes en 1935 era D. Ramón Mosteiro Ferro.
Enrique García Iglesias era secretario do xulgado no concello de Tordoia. Casado con Dolores Calvo, filla de Ramón Calvo, o propietario da ferraxería.

sábado, 28 de noviembre de 2020

Mestres pedichóns

  Se hai algo que permanece inalterable ao longo dos tempos é que todos os traballadores queren máis soldo e mellores condicións na súa profesión. Iso sucedía en 1935 cos mestres de octava categoría, defendidos pola deputada dereitista e mestra Francisca Bohigas, que reivindicaban 4.000 pesetas de soldo anual. Velaquí unha carta de varios mestres de Ordes publicada no xornal El Compostelano o 24 de abril dese ano e en El Ideal del Magisterio en maio.

  Con el epígrafe "A los maestros nacionales de la categoría octava", recibimos esta nota: 
  Compañeros: Alentados con el ejemplo del resto de las provincias de España, nos es muy grato manifestaros que también los de este partido judicial nos hemos reunido en el día de hoy en esta localidad con el fin de adherirse a este movimiento entusiasta, que tanto nos honra, para reivindicar nuestros derechos adquiridos al calor de servicios inmarcesibles e inmaculados en bien de la escuela, del niño y de la enseñanza, siguiendo el derrotero sacrosanto de la República. 
  En nuestra reunión, que pudiéramos llamar más bien una asamblea, reinó la más fraternal camaradería y unidad de criterio, considerando la legitimidad de nuestras justas aspiraciones, las cuales no dudamos serán pronto convertidas en ley, teniendo en cuenta las últimas declaraciones del nuevo Director General, persona muy versada y conocedora de esta cuestión por su abolengo profesional. 
  Después de una pequeña deliberación, se acordó remitir una instancia colectiva al Ministerio, razonando nuestra petición con textos legales, que seguramente moverá al legislador a concedernos lo que es de justicia, con lo cual trabajaremos con más entusiasmo en bien de la Patria, laborando por ella como el buen hijo por su cariñosa madre, hasta colocarla en el rango que le corresponde. 
  La razón está de nuestra parte, y como nuestra demanda no cuesta dinero al Estado, al menos de momento, como muy acertadamente demostró en el Congreso la señorita Bohigas, nuestra ilustre defensora, entre otros muchos diputados, se puede dar por descontado nuestro triunfo, que veremos plasmado en una ley en época no lejana, la cual será una efemérides muy simpática para el Magisterio, que animará para proseguir luchando en la ardua labor que nos está encomendada. 
  Compañeros: No desmayéis, ni perdáis de vista este acapital asunto, no olvidando que la unión es la fuerza y que después del martirio viene la palma, y mientras tanto recibid un fraternal saludo de los reunidos en este rincón. 
  Clotilde Stolle Liñares, Dolores del Río Barros, Enrique Isorna Couselo, Germán Doval García, Antonio Lesta Cernadas, Manuel Bascoy Pereira. 
  Órdenes, 21 de abril de 1935.

Clotilde Stolle Liñares: filla de José Stolle García, secretario do Concello de Boqueixón e logo do de Coristanco, nese momento era mestra en Santaia de Moar (Frades). Sería logo mestra en Padrón e morrería xunto con dúas fillas e oito vítimas máis nun tráxico accidente ferroviario en maio de 1952
Dolores del Río Barros (1912-1992): filla do mestre don Nicolás del Río, mestra en Albixoi (Mesía). 
Enrique Isorna Couselo (1907-1964): de Sar (Santiago), casaría en agosto dese mesmo ano con Ángela Artime Astray. Foi mestre en Portomouro. 
Germán Doval García (1906-1962): de Carral, mestre no Canedo. Chegou a ser brevemente alcalde de Ordes en 1936. Tivo que fuxir e estar agochado ata 1945. 
Antonio Lesta Cernadas (1906-1935): de Visantoña, fillo dos mestres José Mª Lesta e María Cernadas e irmán de Alfonso Lesta (mestre do Casal e do Recreo), morrería apenas tres meses despois, en xullo. 
Manuel Bascoy Pereira (1893-1970): mestre en Trazo. Casou con Carmen Liste, irmá de Fernanducho.

sábado, 21 de noviembre de 2020

A Fonte das Meigas

  As encantadas ou mouras son figuras mitolóxicas con aspecto de muller nova, fermosa, de longos cabelos louros e ollos claros. Posuidoras de moitas riquezas, peites, tesoiras de ouro, gando, vacas, porcos, etc. Xeralmente están encantadas ás beiras de ríos, fontes ou covas próximas a dolmens ou castros. 
  O seu carácter é ambiguo, nada que ver coas benévolas fadas que popularizaron as películas Disney. Neste caso poden ser moi benéficas con quen lles fai un favor e outorgarlle valiosos agasallos pero tamén poden ser en extremo rancorosas con quen as traizoa ou simplemente as desaira, provocándolle feridas ou mesmo matándoo. 
  Algunhas veces hai que levarlles un bolo de pan quente e enteiro, senón non producirá efecto e a encantada tomará represalias. Outras veces convértense en serpes monstruosas e será preciso darlles tres bicos para romper o feitizo.
 
  O termo mouro/moura é moi utilizado pero debemos entender que non garda ningunha relación cos árabes que invadiron a península Ibérica. No século XVII o viño mouro era o viño sen mesturar con auga, sen bautizar. A palabra xentil foi substituíndose pola palabra mouro (o sen bautizar) de forma paulatina, ata absorbela case por completo e confundirse cos mouros históricos, os pagáns por excelencia para o cristianismo medieval. Este proceso tamén se deu en Irlanda. Así os túmulos neolíticos obra dos Tuatha de Danann (as tribos da deusa Dana) segundo os relatos mitolóxicos, remataron por considerarse obra dos daneses, pobo invasor pagán de Irlanda. 


  En Ordes tamén temos a nosa propia lenda de encantadas. O lugar é o castro Ceidón preto da Espenica e unha fonte moi próxima ao castro, que recibe o nome de Fonte das Meigas (sen dúbida hai algo de confusión cos termos).
 
  Houbo unha vez un campesiño que atopou a un mouro no castro Ceidón. O mouro estaba moi triste e explicoulle que tiña tres fillas encantadas alí no castro (as mesmas que ían beber á fonte). Necesitaba a súa axuda para liberalas e ese labor consistiría en levar tres bolos de pan quente á fonte. Así o fixo o campesiño pero entroulle fame e comeu o cornecho dun dos tres bolos. Cando chegou á fonte alí estaban esperando as belas mouras. Os tres bolos de pan convertéronse en cabalos nos que elas se montaron e escaparon. As tres? ... Non! porque a un dos cabalos faltáballe unha pata! así que unha das mouras quedou atrapada para sempre na fonte onde segue aínda esperando que alguén a rescate. 
  A lenda non di que castigo recibiu o campesiño (ou quen ma contou non o lembra) pero dedica especial atención á tristeza do mouro que, laiándose, recitou este poema: 
                        Adeus Castro de Ceidón, 
                        aquí quedan as cordas do meu corazón.

martes, 17 de noviembre de 2020

Día sanguento en Tordoia

   As terras de Gorgullos (Tordoia) volveron ver correr o sangue, sendo de novo escenario dun homicidio. O día foi o 20 de xaneiro de 1935. Jesús Pallas Becerra, un campesiño do lugar, duns 45 anos de idade, volvía á súa casa acompañado da súa esposa e fillo. No camiño atopouse fortuitamente co seu veciño José Castro Ríos. Ambos mantiñan unha longa inimizade polas cuestións habituais e, ao verse, encerelláronse nunha violenta discusión. Chegaron ás mans e Pallas levou a peor parte pois José Castro asestoulle unha tremenda puñalada na rexión abdominal que deixou a Jesús tendido no chan ante o espanto da súa muller e fillo. Foi levado ao hospital, pero esa ferida con saída de todo o paquete intestinal era mortal de necesidade. Catro días despois faleceu. 

  Detido Castro, o Xulgado de instrución de Ordes incoou o consecuente proceso e o xuízo, ao que asistiu moito público da zona, tivo lugar en novembro dese mesmo ano. O fiscal foi Ramón Rivero de Aguilar, mentres que o avogado defensor foi o omnipresente Manuel Casás. Este rexeitou a pena de 14 anos de prisión e 15.000 pesetas de indemnización que pedía o fiscal e solicitou a libre absolución. 

  Unha vez máis o xurado popular emitiu veredicto de inculpabilidade, o que significou a liberdade para José Castro e moitas felicitacións para Manuel Casás. O xornal La Voz de Galicia subtitulou a noticia "Otro homicida absuelto" porque, evidentemente, non eran ningunha novidade esas sentenzas tan benévolas.

  Ese mesmo día na Sala Segunda foi o xuizo contra José Blanco Remuñán de Ardemil que matara a un dos mozos que foran a darlle unha cencerrada o ano anterior e que, por suposto, tamén saiu absolto.

  Na Sala Primeira houbo outra causa proveniente das terras de Ordes, pero esta menos tráxica. Juan Touriño Morlán o 13 de xullo discutiu con Jesús Suárez sobre a posesión dun acordeón que se sorteaba. Acabou sacando unha pistola e pegándolle un tiro aínda que a ferida non foi demasiado grave. O fiscal Pedro González Villamil solicitou para el 6 meses de arresto por tenencia ilicíta de arma de fogo e 20 días polas lesións causadas, pena á que finalmente o condenou a Sala.

domingo, 15 de noviembre de 2020

A Torre de Buscás

 A arqueóloga Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy, por certo descendente de Eduardo Pondal, investigou e publicou "Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos", varias delas na comarca ordense. Velaquí as liñas que dedica á desaparecida fortaleza de Buscás. 

   Desde A Calle se continuaba a San Xulián de Poulo donde hubo un hospital para pobres y peregrinos; poco más adelante se cruzaba el puente de Vilariño y de ahí se iba a San Paio de Buscás cuyo caserío lleva también el nombre de A Rúa en clara relación con el camino.

   El 27 de abril del año 1430, nos consta que Alonso de Mendoza recibió del arzobispo compostelano varias feligresías que, con anterioridad y en iguales condiciones, fueron concedidas en terraria a doña Constanza de Mesía y a don Lope de Mendoza. En tierra de Montaos, don Alonso obtuvo las feligresías de “San Lorenzo del Hospital” y “San Giao de Poulo” y el coto de “Buyocaz” [Buscás], lugares todos ellos situados sobre el camino frangíneo.


  Conocemos la existencia de una torre en Buscás por la toponimia y por sus restos arqueológicos; esta torre bien pudiera corresponder al coto de Buyocaz. Se encontraba unos 250 m. al nordeste del lugar de A Rúa, sobre la margen derecha del camino. Estaba emplazada en un terreno montuoso actualmente poblado por árboles caducifolios, entre los que se extiende la maleza; las fincas colindantes están dedicadas al cultivo y en su conjunto se denominan “Agra da Torre”. El enclave lo constituye una pequeña elevación situada en un meandro de la margen derecha del “Rego do Cabo”, afluente del río Cabrón. Por el Este existe una acusada caída hacia el fondo del arroyo, mientras que el lado Oeste constituye una zona sumamente accesible.

 
  La fortificación se organizaba en torno a una mota que conserva unos dos metros de altura, cuya parte superior constituye un recinto de planta cuadrangular de 25 metros de lado. Toda el área aparece socavada; posiblemente se extrajo de ahí piedra y canterías para ser reaprovechadas; a simple vista no se observan restos de ningún cercado que defendiese este recinto, aunque es muy probable que sí lo hubiese. Por el lado Este, el recinto se asoma al Rego do Cabo, mientras que por los restantes lados existe un foso que tiene por término medio unos 5 metros de ancho y en algunos puntos alcanza gran profundidad, a pesar de hallarse parcialmente colmatado. Antecede al foso una explanada que rodea el recinto central y que tiene unos 20 metros de anchura por término medio; la explanada se eleva entre 1,5 y 2 m. sobre el territorio circundante.

   Por lo que se puede ver en superficie, no es posible asegurar que esta explanada estuviese defendida por una muralla, sin embargo la notoria elevación del terreno al Norte y al Sur de la zona perimetral nos hace pensar en los restos de algún tipo de cercado. Este asentamiento no se menciona en la documentación medieval, ni conocemos reseña histórica alguna que se refiera a él.

   En un contexto y lugar indeterminado de la parroquia de San Paio de Buscás se encontró hace unos años un conjunto de 16 monedas de vellón de Alfonso IX de León, consistente en 14 dineros y dos óbolos de la ceca compostelana, hechos en plata y que han sido fechados en la primera mitad del siglo XIII. Las piezas se hallan hoy en parte confundidas con las de otro conjunto y con algún ejemplar suelto del mismo tipo de moneda, todas de procedencia desconocida y conservadas en el museo provincial de Lugo [Tesouriño de Buscás]. Quizá pudiera ponerse la torre de Buscás en relación con este hallazgo. 
Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy

sábado, 14 de noviembre de 2020

1935: Antes da batalla

   Comparado con outros anos, 1935 non foi demasiado malo. Houbo momentos de respiro: nos USA Wallace Carothers creou o nailon abaratando as imprescindibles medias femininas, comezou a venderse cervexa enlatada en Virginia, apareceu a 20th Century Fox e a xente podía divertirse vendo a Fred Astaire e Ginger Rogers en "Top hat" ou aos irmáns Marx en "A night at the opera". E ata se patentou o Monopoly!

   Por suposto Alemaña continuaba o seu camiño cara a guerra e ese ano anexionou o Sarre, creou a Wehrmacht incumprindo o Tratado de Versalles e promulgou unha lei que quitaba a nacionalidade aos xudeus. Mentres o seu aliado Mussolini comezaba a guerra de Etiopía. En Asia tampouco ían ben as cousas: Mao Zedong continuaba coa súa marcha mentres tropas xaponesas entraban en Beijing.
 
   España vivía a resaca da Revolución de Asturias. Seguiu habendo incidentes pero desde logo menos graves: en marzo houbo unha liorta entre falanxistas e esquerdistas que rematou traxicamente en Aznalcollar (Sevilla), en abril volveu a haber violentos enfrontamentos entre campesiños de Lorca (Murcia) pola escaseza de auga e en maio en Málaga seguiron as liortas con motivo da venda do xornal Patria. Ese mesmo mes Alejandro Lerroux formou o seu quinto goberno. A CEDA obtivo cinco carteiras e Gil-Robles foi nomeado ministro da Guerra. A esquerda foise reorganizando e a finais do ano constituíuse a Fronte Popular liderada por Manuel Azaña e formada por republicanos, socialistas, comunistas e nacionalistas vascos.
  Anecdoticamente en 1935 tivo lugar a 1ª Volta ciclista a España e comezou a haber multas de tráfico.
   En Galicia celebrouse a 2ª edición do polémico Mitin das Arengas. Outra nova importante foi o inicio da construción de Lavacolla, o 1º aeroporto, que empezaría a funcionar xa en plena Guerra Civil.
 
  En Ordes o alcalde Antonio Concheiro e a maioría dos seus concelleiros adheríronse á CEDA mentres Manuel García Gerpe comezou a organizar un "Bloque de la Juventud" (republicanos, socialistas, galeguistas ...) para atacar o férreo control da política municipal por parte da dereita. Ademais...
XANEIRO: A Deputación adxudica as obras do camiño Ordes - Portomouro na sección Ordes - Ponte Chonia ao contratista Manuel Baldomir Prego.
FEBREIRO: Consello de Guerra contra o sindicalista agrario Heriberto Pérez Proenza, de 50 anos, por agresión á forza armada do que saiu absolto. A Deputación aproba o proxecto do camiño Ordes - Pontecarreira.
MARZO: Segundo Ferreiro del Río, único opositor para a praza de depositario dos fondos municipais con soldo anual de 1000 pts máis 250 de gratificación. Voda do futuro alcalde Rafael Mariño Vilela con María Franqueira Regos. A Agrupación Artística Compostelana da unha representación no Teatro Troche. Breve parada na vila do ministro de Mariña, o ordense Abad Conde. 
 
ABRIL: Liorta entre os veciños de Ardemil Jesús Bao Bello e Juan Couto Sanjurjo. Liorta na Poza en Mercurín da que saiu malparado Andrés del Río Regueira, 26 anos, agredido por Ricardo Bermúdez Pena (19), Valentín Gestal (17) e Miguel del Río (26). Liorta en Leira por un aproveitamento de augas entre Andrés Mosquera e Manuel Vieites López que estaba acompañado do seu fillo José Vieites. Juan Liñares Castro (futuro alcalde) licénciase en Dereito.
MAIO: Manuel Concheiro, que era codirector con Francisco Barreiro González, queda como único xerente da sucursal do Banco Pastor en Ordes. Abelardo Cañedo absolto do delito de incendio.
XUÑO: Morre o médico Luciano Romero Quiroga, sogro do militar Arturo Pérez Loureiro. A Banda de Ordes toca en Santiago nas festas da Costa Vella polo San Xoán.
 
XULLO: Excursión de escolares de Ordes á Coruña. Morre o mestre da escola do Mesón do Vento Antonio Lesta Cernadas aos 25 anos de idade. Leonor Mareque Iglesias, de 35 anos, mordida nunha man pola súa veciña do Recreo Carmen Vidal.
AGOSTO: Polémica pola falta de símbolos republicanos nas festas patronais. Detidos José López Juncal, Manuel Fernández Rodríguez e Andrés Varela Regos por facer disparos no medio dunha liorta nunha romería en Lesta. Traspasábase o comercio de Ezequiel Astray (morto o ano anterior). Pedida de man de Sofía del Río Carballido para Jaime Concheiro. Morreu José Manteiga Mosquera en Poulo aos 65 anos e, no manicomio de Conxo, Carolina Castro Amor aos 53 anos.
SETEMBRO: 5 mulleres detidas na feira de Ordes por pagar con moeda falsa. O avogado santiagués Juan Jesús González volve a Ordes para dar unha conferencia sobre o dereito agrario da República en Galicia. Unha excursión de notables polo trazado da liña férrea celebra un banquete -servido pola "Fonda Mariño"- na estación da Pontraga.
 
OUTUBRO: Morre en Niveiro (Val do Dubra) o ex-deputado provincial Celestino Amigo Oreiro. Choque de autobuses en Oroso, sendo un deles conducido por Jesús Castro o Padre Benito. Morto a estacazos o mozo de Vilamaior Manuel Sanjurjo Rivas de 23 anos. Carmen Mariño Martínez golpea cunha pesa na cabeza a Manuel Botana. Xubílanse Juana Caramelo, mestra de Poulo, e Francisca Platas Piñeiro, mestra de Montaos, despois de 40 anos de traballo. Manuel Raposo Barreiro e Francisco Patiño encargados de cobrar o imposto sobre as cédulas personais pola vía de apremio en todo o partido xudicial de Ordes.
NOVEMBRO: Voda do xastre Manuel Ponte con Mª Carmen Rivas. Manuel Moure e Manuel Ríos agriden ao carpinteiro Laureano Vázquez Mandayo, de 28 anos, cunha fouce. Nomeado fiscal Manuel Calvo Pérez e suplente Jesús García Calvo. A Deputación concede 4.000 pesetas para facer un lavadoiro en Ordes e encarga a Juan Liñares a inspección.
DECEMBRO: Constitúese o Grupo Galleguista en Ordes. Manuel Ares Ríos dispara (sen darlle) a Manuel Castro Lavandeira nun baile. Antonio Ferreiro Juncal mallado a paus polos mozos Manuel Martínez García, José Areosa Bermúdez e os irmáns Manuel Andrés e Jesús Varela Regos. Ao cura de Vilamaior, don Vicente Monteagudo, Ángel Viqueira e outro home roubáronlle carne de porco por valor de 100 pesetas. Morre o rico propietario das Encrobas Manuel Ríos Barbeito.