viernes, 22 de septiembre de 2023

Ordes 1951-1975

Comezo das obras da Casa do Concello. Voda de Mª Carmen Astray con Bartolomé Siquier. A Banda de Música do Rexemento de Infantería "Zaragoza" nas festas. Morren Antón de Xan Ferreiro, o sacerdote D. Vicente Monteagudo, Juan Liñares, Manuel Ruibal e Francisco Bello.
Comezan as obras do campo de fútbol Vista Alegre. Federouse a SD Órdenes. Atrapado o último guerrilleiro: Juan Couto. Axustizado na Coruña Benigno Andrade. Morreron Juan de Calvo e Pedro Graña Blanco.
Inauguración oficial do campo de fútbol. Voda do médico Fernando Concheiro en Vilagarcía de Arousa. Xuízo contra o guerrilleiro Couto. Morreron a matriarca dos Astray, Carmen Mato, e Felisa Uzal Varela da Calle de Poulo.
Inauguración da Casa do Concello. Peregrinación a Santiago. Multitudinario (+ de 1000 nenos) acto de confirmación polo cardeal Quiroga Palacios. Morreron o mozo José Abeijón e Manuel Castro del Río.
Homenaxe a Vicente Carnota. Chegada da imaxe da Virxe de Fátima. Veu a Ordes o secretario xudicial Jesús Cristín Castro (ata 1971). Morreron Josefa Ramos, nai de Mundito, e José García, patriarca dos Garcías do Casal.
Lolita Iglesias creou o Keike. Casa de Pepe do Ribacho. Ascenso do equipo de fútbol a 3ª División. Foise á Coruña don Joaquín Andrade. Don Francisco Nimo Castro nomeado ecónomo da parroquia de Ordes. Visita do Padre Peyton e do Cardeal Tisserant. Morreu Ramón Prado.
Novo párroco, don José Fuentes FernándezJosé Neira Duro funda Autos Grabanxa. Morreron Purificación Rendueles, viúva de Varela Tojo, e Emilio Sánchez Patiño.
Naceron Ciudad Jardín e o edificio Carril. Voda de Jesusa Areoso Villaverde con Manuel Gª Varela e de Juana Mosquera con Suso de Calvo. Morren Josefa Ferreiro, viúva de Amado, o comerciante da Pontraga Ramón Cores Marzoa e o veterinario Carlos Troche.
Inauguración da escola de Parada e dun lavadoiro no Mesón do Vento. En liberdade Pedro do Serrador. Morren o sacerdote de Numide e Parada don Jesús Sánchez Verdeal e Pedro Graña Faya.
1960
Inauguración do matadoiro. Gasolineira MACOGA en Alfonso Senra. Substitución do alumeado por outro de vapor mercurio. Buján pasa a ser "Valle del Dubra". Vodas de Ofelia del Amo, Mª Carmen Regos, Pilar Cristín, Mª Jesús Liñares e Pilar Yrago.
1961
Chega a electricidade a Poulo e Lesta. Voda de Antonio Concheiro Carro con Mª Pilar Coello en Poio. Morreron Manuel Regos Caramelo, Pepe Bello, María Castro Bao (nai do alcalde Juan Liñares) e Manolo da Ponte. Creación dun novo equipo de fútbol, o Rayo FC.
1962
Veciñas de Mercurín apedraron a obreiros de Patrimonio Forestal. Rematan as obras de ampliación da igrexa parroquial de Ordes. Voda de José Castro Ferreiro con Marisol Mariño Franqueira e Manuel Mª Concheiro con Maite Varela Nine. 2 mortos nun pozo en Guindibóo.
1963
Gran nevada en febreiro. Instalación dun centro emisor de radio e antena no Mesón do Vento. Saíu do cárcere o guerrilleiro Juan Couto Sanjurjo. Veu para Montaos o mestre Manuel Gamallo.
1964
III Concurso provincial de tractoristas en Ordes. Voda de Mario Concheiro con Gemma Liñares e en Betanzos do mestre do Mesón Roberto Forján. Morren a mestra do Mesón Mª Candal Garaboa (atropelada) e Antonio Ramos en accidente de avioneta. Construción da igrexa do Mesón.
1965
Solemne traslado dos restos do soldado Lois. Peregrinación a Santiago. Inaugurouse o "Círculo Cultural y Recreativo". A comisión de festas foi presidida por unha muller. Gustav Henningsen en Ordes. Morreu Eduardo Somoza del Río.
1966
Morreron Rogelio Prado, Elvira Ferreiro del Río, Manuel González Corbelle e o sacerdote don Eulogio Ramos Gangoso, tío de Tasina.
1967
Electra Maruxa de Vilamaior aumentou as súas liñas. Talouse a 1ª ringleira de plataneiros da alameda. Voda de Manuel Liñares Stolle con Mª Ángeles Vieites Villaverde. Morreu José Mosquera Bello (Mosqueiras da Costa).
1968
De novo na alcaldía Antonio Concheiro. Instalouse a SEAT en Ordes (Talleres Soneira) en outubro. Voda de J.A. Cristín con Pilar Mariño García. Morreron Ángela Stolle e a mestra Doña Moncha.
1969
Crime en Mesos (Frades). Voda de Mª Carmen Somoza con Jesús Cristín Pérez. Morreu Juana Gª Mouriño.
1970
Comezaron as expropiacións para o novo Campo da Feira. Fundación de "Sementes do Arte". Morreu Antonio Verea Fandiño.
1971
Peregrinación a Santiago. Gonzalo Concheiro campión galego de tiro. Morreron Euduvigis Carro, muller do alcalde Concheiro (que entrou na Deputación ese mesmo mes), e o carpinteiro Manuel Regos Viqueira.
1972
Construción do Colexio Comarcal. Morreu D. José Mª Barreiro García, cura de Poulo durante moitos anos.
1973
Comezo das clases no Colexio Comarcal (hoxe CEIP Castelao). Rematouse o edificio de 10 pisos. Morreron Visitación Pardo, Antonio del Río Castro, Francisco Concheiro Gª e Fernando Conde do Bidueiro.
1974
Ataques de lobos preto da vila. Inauguración de Órdenes 2000. Morreron o reloxeiro Manuel Ferreiro López, pai de Mitito, Rafael Álvarez Salgueiro e Manuel Cancelada Villaverde. Inaugurado o Colexio de Ponte Carreira.
1975
Inauguradas as instalacións da feira. Construción do Centro Médico. Naceu a asociación "O Terruño". Oroso cambiou a súa capitalidade a Sigüeiro. Sala de festas Josfer no Mesón do Vento. Morreu Ricardo Martínez Nogallás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario